SlideShare a Scribd company logo
ROAD MOVIES: CINE SOBRE RODAS                               Renata Otero, Febreiro 2011

Literalmente, “road movies” significa filme de carreteras, así , en xeral, este tipo de
películas versa sobre persoas que durante unha viaxe voluntaria ou forzosa, se
descubren a si mesmas, ou que evolucionan de calquer outro xeito. Deste xeito o
desplazamento físico convírtese nunha experiencia formadora onde nada quedará coma
antes de partir.
Ainda que xa Búster Keaton fixo co Maquinista da xeral (The general, Búster Keaton,
1927 ), unha road movie en tren, e por exemplo en A Dilixencia ( Stagecoach, John
Huston, 1939), a estructura, é a clásica deste tipo de traballos, suponse que o xénero
nace bastante despois. Para moitos xurde paralelo ao movemento beat, nos USA dos
anos sesenta, no pais das freeways (estradas con numerosos carriles de ida e volta) e da
mítica Ruta 66, estrada tradicional que cruza os USA de lado a lado, e que foi ensalzada
na célebre novela Na Estrada (On the road, 1951) de Jack Keruac.
Para os críticos de cine máis puristas só serían road movies as películas que realmente
se filman en base a un desprazamento fisico real durante a rodaxe, que parten dun guíón
mínimo e que se van construíndo a medida que se vai rodando. Un exemplo de este tipo
de apostas experimentales sería Fritzcarraldo (Werner Herzog, 1982) onde se narraba o
excéntrico intento dun magnate do caucho peruano apasionado da ópera que pretendeu
facer un teátro de ópera no medio da selva amazónica no século XIX…. A rodaxe foi
moi complicada, e á súa vez daría lugar ao filme Mi enemigo íntimo (Mein Liebster
Feind, Werner Herzog, 1999, póstuma); moito máis recente, pero na misma liña de
experimentación cara o road movie primigenio, podemos falar da notable E tamén a
choiva (Y también la lluvia, Itziar Bollaín, 2010).
Sen pornos tan estrictos, as road movies, en xeral, teñen unha estructura episódica onde
cada segmento da narración enfrenta aos protagonistas a un desafío. Dentro deste
esquema hai modelos de resolución moi diferentes. En moitas ocasións o viaxe acada o
resultado desexado (o final feliz): a chegada a destino é o triunfo do heroe, coa
conseguinte victoriosa volta ao fogar; noutras o desplazamento descubre un novo fogar,
no lugar de destino; algunhas veces o destino do protagonista e continuar cun viaxe
infinito e en certosa casos a personaxe descubre que con todo o aprendido na súa viaxe,
xa non quere, nin pode, voltar atrás, escollendo por tanto a morte ou o exilio definitivo
do seu lugar de orixe.

Son centos as películas que abordan esta estrutura, e moitas máis se ampliamos un
pouco as miras e non nos limitamos só á viaxe por estrada e o ampliamos a traxectos
que incluien o camiño a pé, sobre raís ou por mar…
Non pretendo agora ser exhaustiva porque a mera enumeración de tódolos filmes
serviría para encher os 60 minutos cos que conto para esta exposición.
Ademais Internet está pragado de listados dese tipo que podedes consultar con
facilidade, se as miñas palabras despertan o voso interese.
Así pois, prefiro metervos as ganas de saber. Vouvos facer unha especie de surtido
catálogo que sirva pra coñecer algúns dos títulos máis interesantes, e sempre co ánimo
de que a miña disertación vos empurre a buscar e visionar estes títulos con avidez. (Por
certo, lembrade que moitos deles estan na nosa surtida biblioteca…)
Como vos contaba, nas road movies, dun xeito ou outro, o desplazamento físico,
convÍrtese en motivo de convivencia, e como consecuencia de tal factor, contribúe a que
os seus protagonistas resolvan ou polo menos saquen á luz os seus conflictos personais.
Para entender a variedade de filmes que poderiamos atopar dentro das road movies,
paga facer un pequeño repaso. Por exemplo poderíamos falar de:

1. Aqueles filmes onde o traxecto en carretera forma parte dun estilo de vida itinerante:
A estrada1 (La Strada, Federico Fellini, 1954), Buscando o meu destino2 (Easy rider,
Dennis Hopper, 1969), Viaxe a ningures3 (Viaje a ninguna parte, Fernando Fernán
Gómez, 1986), Drugstore cowboy4 (Gus Van Sant, 1989) e Os Viaxeiros da Noite5
(Near dark, Kathryn Bigelows, 1987) son alguns exemplos ben dispares deste tipo de
traballos.

2. En ocasións os protagonistas teñen que desplazarse en busca da supervivencia, tal
como lles acontece aos persoaxes principales de As uvas da ira (The grapes of wrath,
John Ford, 1940) ou da recente 14 kilómetros6 (14 kilómetros, Gerardo Olivares, 2007)

3. Noutros casos o motivo da viaxe é o reencontro con algún ser querido que pode ser a
parella, tal como acontecía en París, Texas7 (Paris Texas, Wim Wenders, 1984); o irmán
descoñecido de Rain Man8 (Rain Man Barry Levinson,1988); a nai que nos abandoou
de pequechos en O meu Idaho privado9 (My own private Idaho, Gus Van Sant,1991), en
O verán de Kikujiro10 (Kikujiro no natsu, Takeshi Kitano, 1998) ou en Viaxe a
Darjeeling 11('The Darjeeling Limited',Wes Anderson, 2007); o pai que se desentendeu



1
   Gelsomina (Giuletta Masina, musa e esposa do director), é unha noviña fea, sin cartos a quen súa nai
vende por catro patacos para ser a axudante do forzudo, Zampano (Anthony Quinn) que se gana a vida
facendo un espectáculo cirquense na rúa. Gelsomina será unha muller namorada do seu maltratador, o
desconsiderado home-espectáculo.
2
  En plena efervescencia do movemento hippie, Hopper retrata a dous amigos (él mesmo e Henry Fonda)
que participan dese estilo de vida alternativo, sen traballo, vagabundeando e vivindo do tráfico de
sustancias ilegales, sen compromiso, nin destino, gozando da vida en total liberdade, sen ataduras civiles
ou relixiosas. No seu percorrido en moto polos estados sureños de América, terán un grave choque
cultural cos “pescozos vermellos”: agricultores ultraconcervadores e agresivos cos hippies.
3
  A principios do seculo XX seguimos a unha modesta compañía teatral no seu duro devir profesional de
aldea en aldea, e coa competencia do cine como divertimento.
4
  Un grupo de amigos politoxicomanos van roubando de pobo en pobo as farmacias para autoabastecer as
súas adiccións.
5
   Un grupo de vampiros percorre os USA en busca de presas, ata que un día topan co xoven Caleb
(Adrian Pasdar) e nada voltará a ser como antes.
6
  Por mor da fame prevese que para o século XXI milleiros de persoas se veran na obriga de inmigrar de
Occidente a Europa. Neste filme seguimos desde a primeira fila a un puñado de emigrantes subsaharianos
que tratan de entrar en Europa a través de Gibraltar. Mágoa que moitos quedarán polo camiño…
7
  Travis é un home que aparece no medio do deserto de Texas con amnesia. Pouco a pouco irá lembrando
o motivo polo que a súa fermosa muller o abandonou e tratará de reencontrase con ela.
8
  Charles (Tom Cruise) é un xoven que se dedica a vivir ben, desde que seu pai o votou da casa. Tras a
morte do seu proxenitor entérase de que ten un irmán autista (Dustin Hofman) do que se debe ocupar.
Ainda que, ao comenzo, o único interés que ten Charles polo irmán discapacitado é a posibilidade de
herdar, en breve xurdirá o afecto entre ambos.
9
  Un chapeiro gay e narcoléptico (River Phoenix) inicia unha viaxe sin retorno en busca da súa nai, en
compañía do seu compañeiro (Keaneu Reeves). O filme é unha adaptación moi libre da primeira parte de
Enrique IV de William Shakespeare.
10
   Masao, é un neno de nove anos que vai pasar as vacacións de verán coa súa aboa, desde aló decide ir a
coñecer á sua nai. Nesta aventura, sin apenas cartos nin recursos, acompañarao o violento Kikujiro
(Takeshi Kitano), un antiguo jacuza.
11
   Tres irmáns viaxan en tren pola India para atopar á súa nai: unha muller evasiva e ausente.
de nós en Estación Central do Brasil12 (Central Station, Walter Salles, 1998) ou a filla
en Flores rotas13 (Broken Flowers, Jim Jarmusch, 2005), por citar algunhas…

4. Noutros casos a road movie fala da viaxe como parte dunha despedida de solteiro,
presentando o trayecto como o último rito iniciático antes da asumpción da voda adulta.
Para ilustralo podemos referinos á exitosa producción española Airbag 14( Juanma Bajo
Ulloa, 1996)o ou auoscarizada Entre copas15 (Sideway, Alexander Payne, 2004).

5. Outras veces o viaxe describe a fuxida da autoridade:
Tal era o caso de Corazón salvaxe 16(Wild at Heart, David Lynch, 1990), Thelma e
Louise 17(Thelma and Louise, Ridley Scott, 1991), Amor a queimarroupa 18 (True
Romance, Tony Scott, 1993) (guion de Tarantino) e Tolos en Alabama 19(Crazy in
Alabama, Antonio Banderas, 1999).

6. En moitas ocasións o filme arranca coa noticia de que ao protagonista lle queda
pouco tempo por diante, e por elo decide iniciar a súa última viaxe:
Este é o punto de arranque por ejemplo da celebérrima: E a tua nai tamén20 (Y tu mamá
también, Carlos e Alfonso Cuarón, 2001).
Dentro deste epígrafe e como exemplo extremo, poderiamos falar de diversos títulos
que versan sobre a necesidade de levar o cadáver do difunto ao lugar onde poda
12
   Na Estación Central de Brasil, unha antiga mestra axúda a escribir cartas a persoas analfabetas. Tras a
morte de unha das suas pacientes a mestra decide encargarse do fillo da difunta e levalo a casa do seu pai.
13
   Bill Murray retrata a un home maduro que descubre que tivo unha filla moitos anos atrás e viaxa para
coñecela.
14
   Un grupo de amigos durante a despedida de solteiros dun deles, acuden de borracheira a un club de
alterne donde o anel de boda queda “perdido”. Para recuperalo o grupo terá que percorrer un número
importante de burdeles, perseguidos por mafiosos, narcotraficantes, chulos e pistoleiros que persiguen un
alixo escondido no coche dos protagonistas.
15
   Miles (Paul Giamatti) e Jack (Thomas Haden Church) son dous amigos que aproveitan a última semana
antes da boda de Jack para recorrer unha colección de bodegas. Todo se complica cando coñecen a dúas
mulleres coas que inician sendos romances.
16
   Lula (Laura Dern) e Saylor (Nicolas Cage) son amantes, pero a nai de ela tenlle unha intensa xenreira a
Saylor. Como consecuencia dun accidente fatal, Taylor asesina a un home e a parella inicia unha fuxida
polos EEUU, camiño a México. O filme áltamente transgresor polas súas altas doses de sexo e violencia,
conta con importantes paralelismos co conto de O Mago de Oz e foi o traballo mais popular do seu
director.
17
   Thelma (Geena Davis) é unha aburrida ama de casa, esposa dun déspota machista que non a valora en
absoluto; Louise (Susan Sarandon) é a súa millor amiga, unha camarera aburrida da súa vida, cun mozo
músico que teme o compromiso. Louise decide convencer a Thelma para fugarse un fin de semana en
busca de esparcimento, pero durante a primeira noite de festa un home case viola a TELAM. Louise
salvaa, pero acaba disparando ao agresor. A partir de entonces ambas inician unha fuxida cara México
perseguidas pola policía.
18
   Clarence (Christian Slater) é un solitario. O día do seu cumpleanos un amigo contrata a unha prostituta
para que finxa ter unha aventura casual con él. A rapaza é Alabama (Patricia Arquette), e nesa noite os
dous namoraranse. Cando Clarence intenta persuadir ao proxeneta de Alabama para que lle deixe
abandoar a prostitución, este resístese e finalmente morre deixandolle á xoven parella unha maleta chea
de cocaina que non dudarán en aproveitar para a sua fuxida.
19
   Foi o primeiro filme dirixido por Banderas, nel unha muller farta de sufrir os malos tratos do seu cruel
marido, asasinao e fuxe. Na súa escapada levará como compañía a cabeza do difunto, co que manterá
delirantes dialogos, mentras un dos seus fillos é testigo activo dos problemas raciales no estado sureño
dos USA.
20
   Unha muller infelizmente casada descubre que ten cancer terminal e decide viaxar por México. Alí
conocerá a dous amigos (Gael García Bernal e Diego Luna) cos que establecerá unha profunda amizade.
descansar en paz. Tal era o caso da divertidisima Guantamera (Tomás Gutierrez Alea,
1995) ou a tráxica Retorno a Hamsala (Chus Gutierrez 2008).

7. En algúns casos o viaxe reflexa unha viaxe histórica que paga a pena sembrar:

Nesta liña, citemos, por ejemplo A marcha do millón de homes21 (Get on the bus, Spike
Lee, 1996) ou o filme Diarios de motocicleta22 (Diarios de motocicleta ,Walter Salle,
2004), que describe a experiencia viaxeitra que convertiu ao Che Guevara no
revolucionario que pasou á historia.

8. Ata o cine infantil e de animación emprega a estructura da road movie en moitas
ocasións:

Sembremos as exitosas Buscando a Nemo23 (Finding Nemo, Andrew Stanton
Lee Unkrich 2003) ou A idade de xeo I24 (Ice Age I, Chris Wedge e Carlos Saldanha,
2002) por citar dous casos ben populares.

9. Por último tamén a comedia se sirve da estructura do road movie con resultados tan
diversos coma:
Priscilla, raiña do deserto25 (The adventures of Priscilla. Queen of desert, Stephan
Elliott, 1994), Medo e noxo nas Vegas26 (Fear and Loathing in Las Vegas, Terry
Gilliam, 1998) , Borat27 ( Borat, Larry Charles, 2006), Pequena Miss Sunshine (Little
Miss Sunshine28, Jonathan Dayton y Valerie Faris, 2006) ou a recente Salidos de
cuentas29 (Due Date, Todd Phillips, 2010).


21
   No 1995, o reverendo Farrakhan convocou a un millorn de varóns afroamericanos para celebrar unha
marcha multitudinaria en Washington D.C. reclamando os dereitos como cidadans americanos da minoria
negra. No filme, un grupo destes homes, provinte de Los Ángeles organiza un viaxe en bus para participar
na xuntanza. Polo camiño iranse pondo de manifesto as súas ideologías, pretensións, sentimentos…
22
   Plasma a viaxe por sudamérica que fixo Ernesto Guevara co seu amigo Alberto Granado no 1952. Un
trayecto no que o tímido estudiante de medicina xerminaría como o futuro Che, o gran revolucionario,
transformado polas suas observacions dese aprimeira lñiña , xunto aos empobrecidos campesinos
indígenas. Unha realidade que descoecía no seu fogar burgués natal.
23
   Nemo é un peixe paiaso que un día discute co seu pai, para retalo achégase demasiado aos humanos e
como consecuencia é capturado e feito preso nun acuario particular en Australi. O seu pai percorrerá toda
a corrente transoceánica en busca do seu fillo.
24
   Fai 20.000 anos durante a era glaciar os animales migran hacia o sur, para salvar a vida. Só Manny (un
mamut), Sid (un perezoso) e Diego (un dentes de sable), iran en direccion contraria mentres tratan de
devoltarlle un bebé humano ao seu pai.

25
   Tres drug queens atravesan o deserto australiano en busca de novos estímulos.
26
   Adaptación da novela homónima de Hunter S. Thompson (Johnny Deep) que describe o viaxe físico e –
sobretodo-psicodélico- que o xornalista fixo á cidade cargado de multitude de sustancias alucinóxenas,
mentras trataba de cubrir un artigo para a prestigiosa publicación Rolling Stone.
27
    Falso documental sobre Borat (a cargo da estrela televisiva da BBC Sacha Baron Cohen), o
supostamente segundo periodista mais famoso de Kazajistán. O filme segue a este persoaxe no seu
periplo polos EEUU, unha desculpa que serve para criticar descarnadamente o estilo de vida americano,
os seus valores e a sú visión do mundo. Na mesma liña paródica de Borat, anos despois Sacha Baron
Cohen protagonizou Bruno (Duv Maizer, 2009). Donde interpretaba a Bruno Gehard, un xornalista
austriaco especializado en moda que viaxa aos USA.

28
   Os Hoover son unha familia con problemas, Olive e chamada para presentarse a un concurso de beleza
o cal cambiará a vida desta familia dun xeito impensable.
10. Por último , como outro subxénero dentro das road movies, cabe falar dunha
variante do xénero de terror, onde determinados psicópatas teñen como lugar operandis
a estrada:
O demo sobre rodas30 (Duel, Steven Spielberg, 1971), Estrada ao inferno31 (Carretera al
infierno Robert Harmon, 1986) ou Death Proof32 (Michael Tarantino, 2007) son bos
exemplos.

11. Como un caso aparte dos “estilos de vida” e moi próximo ao xénero de terror en
alguns casos, existe un bo número de road movies que teñen como protagonistas a
asasinos reales ou ficcionados, que como consecuencia das súas desfeitas, deben pasar
bó tempo ao volante:
Como exponentes de este subgénero, servennos sobradamente: Bonnie e Clyde33
(Bonnie and Clyde, Arthur Penn, 1957), Asasinos natos34 (Asesinos natos, Oliver Stone,
1994), Perdita Durango35 (Perdita Durango, Alex de la Iglesia, 1997) ou Non é país
para vellos36 (No Country for Old Men, hermanos Coen, 2007)

12. Para rematar val a pena considerar algúns filmes que refrexan o desprazamento por
auga, pero que comparten moito co plantexamento formal das road movies ao que nos
referiamos na introducción.
Neste caso val a pena apuntar dous clásicos da historia do cine como son: A raiña de
África37 (The African Queen, John Huston, 1951) ou Apocalipsis Now38(Francis Ford
Coppola, 1979).




29
   Meter (Robert Downey Jr.) é un home que espera ilusionado ser pai por primeira vez en poucos días.
Cando se dispón a voar para acompañar á súa muller no parto, vese obligado a desplazarse en coche co
delirante Ethan (Zach Galifianakis), un aspirante a actor chiflado co que cruzarán os USA de costa a
costa.
30
   Un comercial inicia unha longa viaxe por unha autopista californiana.Polo camiño adiantalle a un
camión, logo e o camión quen o adianta, e en breve iniciase un inquedante acoso entre o transporte
pesado e o aterrorizado conductor do utilitario.
31
   Jim recolle na autoestrada a un home que lle confesa ser un asasino. Despois dunha lirota o psicópata
deixao tirado nunca cuneta e segue cos asasinatos inculpando agora a Jim dos mesmos.
32
   Filme que fai tributo aos muscle cars, e os xéneros de explotation e slasher. Un antiguo especialista de
cine (Kurt Rusell), escolle fermosas noviñas para asasinalas nun coche especialmente tuneado para elo.
Farao impunemente ata que se cruza con varias conductoras experimentadas que lle darán o seu merecido.
33
   O filme narra a vida dos atracadores Bonnie Parker (Warren Beatty) e Clyde Barow (Faye Dunaway),
desde que se namoran ata que percorren o Medio Oeste, Oeste e Sur dos USA, deixando tras de si un
rastro de difuntos e de delitos (especialmenbte atracos armados a bancos), levando de cabeza á policia
estadunidense.
34
   Unha parella de psicópatas (Woody Harrelson e Juliette Lewis) percorren o país matando e cometendo
crímenes a esgalla, mentras os noticieiros sensacionalistas os convirten en estrelas mediáticas.
35
   Javier Bardem e Rosie Pérez encarnan a dous amantes psicópatas na fronteira mexicana que entre
outras cousas, trafican con fetos, secuestran a parexas adolescentes e levan a cabo rituales satánicos.
36
   Un cazador descubre unha sanguenta escena na fronteira entre México e Texas. Trátase dun axuste de
contas por droga. Na escena do crime atopa unha maleta con diñeiro pola que será perseguido por un
perigosísimo psicópata que intentará matalo.
37
   Un capitán adicto a bebida e unha misioneira puritana terán que mellorar a sua relación para poder
sobrevivir mentras fuxen río abaixo, cruzando África.
38
   O capitán Willard é enviado a Camboya mar adentro a cumplir unha misión, a de matar ao coronel
Kurtz que perdeu o xuizo.

More Related Content

What's hot

Georges Méliès
Georges MélièsGeorges Méliès
Georges Méliès
filmotecaforum
 
Recomendacións de lectura. Blogue. Vran 2017
Recomendacións de lectura. Blogue. Vran 2017Recomendacións de lectura. Blogue. Vran 2017
Recomendacións de lectura. Blogue. Vran 2017
iessalvabiblio
 
RECOMENDACIÓNS LECTORAS
RECOMENDACIÓNS LECTORASRECOMENDACIÓNS LECTORAS
RECOMENDACIÓNS LECTORAS
aesperela
 
Os mellores do humor
Os mellores do humorOs mellores do humor
Recomendacións
RecomendaciónsRecomendacións
Recomendacións
amaliasuarezpu
 
Suxestións libros nadal 2017- 18 ED. INFANTIL
Suxestións libros nadal 2017- 18  ED. INFANTILSuxestións libros nadal 2017- 18  ED. INFANTIL
Suxestións libros nadal 2017- 18 ED. INFANTIL
NuriaRodrguezDomnguez
 

What's hot (7)

Georges Méliès
Georges MélièsGeorges Méliès
Georges Méliès
 
Campana De Nadal 2009 Lectura
Campana De Nadal 2009 LecturaCampana De Nadal 2009 Lectura
Campana De Nadal 2009 Lectura
 
Recomendacións de lectura. Blogue. Vran 2017
Recomendacións de lectura. Blogue. Vran 2017Recomendacións de lectura. Blogue. Vran 2017
Recomendacións de lectura. Blogue. Vran 2017
 
RECOMENDACIÓNS LECTORAS
RECOMENDACIÓNS LECTORASRECOMENDACIÓNS LECTORAS
RECOMENDACIÓNS LECTORAS
 
Os mellores do humor
Os mellores do humorOs mellores do humor
Os mellores do humor
 
Recomendacións
RecomendaciónsRecomendacións
Recomendacións
 
Suxestións libros nadal 2017- 18 ED. INFANTIL
Suxestións libros nadal 2017- 18  ED. INFANTILSuxestións libros nadal 2017- 18  ED. INFANTIL
Suxestións libros nadal 2017- 18 ED. INFANTIL
 

Viewers also liked

Self study presentation
Self study presentationSelf study presentation
Self study presentation
Matiullah Khan
 
GEPAN EN LA SEMANA
GEPAN EN LA SEMANAGEPAN EN LA SEMANA
GEPAN EN LA SEMANA
Alberto Cardenas Jimenez
 
Tecnologia
TecnologiaTecnologia
Tecnologia
David Narvaez
 
Καθολική εκκλησία
Καθολική εκκλησίαΚαθολική εκκλησία
Καθολική εκκλησία
kougiou
 
2eso2trimestre 2014 15
2eso2trimestre 2014 152eso2trimestre 2014 15
2eso2trimestre 2014 15
nurati
 
Νερό.Το πολυτιμότερο δώρο της φύσης
Νερό.Το πολυτιμότερο δώρο της φύσηςΝερό.Το πολυτιμότερο δώρο της φύσης
Νερό.Το πολυτιμότερο δώρο της φύσης
Ιωάννης Λιόντος
 
Γάτες
ΓάτεςΓάτες
Γάτεςadam dim
 
Debate iv
Debate ivDebate iv
Debate iv
Darlie Azevedo
 
Seminario 9
Seminario 9Seminario 9
Seminario 9
sangarram
 
Empleo y desempleo
Empleo y desempleoEmpleo y desempleo
Empleo y desempleo
PerezYohana
 
Nuestra forma de estar en el mundo
Nuestra forma de estar en el mundoNuestra forma de estar en el mundo
Nuestra forma de estar en el mundo
rosatuc111
 
Texto Marlene Carvalho
Texto Marlene CarvalhoTexto Marlene Carvalho
Texto Marlene Carvalho
Luciana
 
An{Alisis Retotico
An{Alisis RetoticoAn{Alisis Retotico
An{Alisis Retotico
lenguajeliceonacional
 
Excel
ExcelExcel
Ασία
ΑσίαΑσία
Ασία
kougiou
 
Salud No Física
Salud No FísicaSalud No Física
Salud No Física
Monica Avila
 
VII Congreso Dircom, Stephan Fuetterer: "Comunidades generadoras de clientes"
VII Congreso Dircom, Stephan Fuetterer: "Comunidades generadoras de clientes"VII Congreso Dircom, Stephan Fuetterer: "Comunidades generadoras de clientes"
VII Congreso Dircom, Stephan Fuetterer: "Comunidades generadoras de clientes"
Asociación de Directivos de Comunicación
 
el control de los sistemas técnicos de la
el control de los sistemas técnicos de lael control de los sistemas técnicos de la
el control de los sistemas técnicos de la
martinezmtz
 

Viewers also liked (20)

πραξεις ρητων αριθμων
πραξεις ρητων αριθμωνπραξεις ρητων αριθμων
πραξεις ρητων αριθμων
 
Self study presentation
Self study presentationSelf study presentation
Self study presentation
 
GEPAN EN LA SEMANA
GEPAN EN LA SEMANAGEPAN EN LA SEMANA
GEPAN EN LA SEMANA
 
Tecnologia
TecnologiaTecnologia
Tecnologia
 
Καθολική εκκλησία
Καθολική εκκλησίαΚαθολική εκκλησία
Καθολική εκκλησία
 
2eso2trimestre 2014 15
2eso2trimestre 2014 152eso2trimestre 2014 15
2eso2trimestre 2014 15
 
Νερό.Το πολυτιμότερο δώρο της φύσης
Νερό.Το πολυτιμότερο δώρο της φύσηςΝερό.Το πολυτιμότερο δώρο της φύσης
Νερό.Το πολυτιμότερο δώρο της φύσης
 
Γάτες
ΓάτεςΓάτες
Γάτες
 
Debate iv
Debate ivDebate iv
Debate iv
 
Seminario 9
Seminario 9Seminario 9
Seminario 9
 
Empleo y desempleo
Empleo y desempleoEmpleo y desempleo
Empleo y desempleo
 
Nuestra forma de estar en el mundo
Nuestra forma de estar en el mundoNuestra forma de estar en el mundo
Nuestra forma de estar en el mundo
 
Texto Marlene Carvalho
Texto Marlene CarvalhoTexto Marlene Carvalho
Texto Marlene Carvalho
 
An{Alisis Retotico
An{Alisis RetoticoAn{Alisis Retotico
An{Alisis Retotico
 
Excel
ExcelExcel
Excel
 
Ασία
ΑσίαΑσία
Ασία
 
Salud No Física
Salud No FísicaSalud No Física
Salud No Física
 
VII Congreso Dircom, Stephan Fuetterer: "Comunidades generadoras de clientes"
VII Congreso Dircom, Stephan Fuetterer: "Comunidades generadoras de clientes"VII Congreso Dircom, Stephan Fuetterer: "Comunidades generadoras de clientes"
VII Congreso Dircom, Stephan Fuetterer: "Comunidades generadoras de clientes"
 
Deserción1
Deserción1Deserción1
Deserción1
 
el control de los sistemas técnicos de la
el control de los sistemas técnicos de lael control de los sistemas técnicos de la
el control de los sistemas técnicos de la
 

Similar to Ok road movies._ies_ames_2011

Comentario de "The Road" de Cormac McCarthy
Comentario de "The Road" de Cormac McCarthyComentario de "The Road" de Cormac McCarthy
Comentario de "The Road" de Cormac McCarthy
Ricardo Bermúdez Piñeiro
 
A consolidación do cinema
A consolidación do cinemaA consolidación do cinema
A consolidación do cinema
filmotecaforum
 
Papeis de muller, mulleres de papel
Papeis de muller, mulleres de papelPapeis de muller, mulleres de papel
Papeis de muller, mulleres de papel
tudense
 
Recomendacións lectoras
Recomendacións lectorasRecomendacións lectoras
Recomendacións lectorasBiblioBece
 
Chantal Akerman
Chantal AkermanChantal Akerman
Chantal Akerman
filmotecaforum
 
16 18
16 1816 18
Guía de lecturas_veran 14
Guía de lecturas_veran 14 Guía de lecturas_veran 14
Guía de lecturas_veran 14 aesperela
 
Centenario de Ousmane Sembène
Centenario de Ousmane SembèneCentenario de Ousmane Sembène
Centenario de Ousmane Sembène
filmotecaforum
 
Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017
 Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017  Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017
Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017
Xenza
 
Guia lectura verán_2017
Guia lectura verán_2017Guia lectura verán_2017
Guia lectura verán_2017
iessalvabiblio
 
Lupita Tovar (1910-2016)
Lupita Tovar (1910-2016)Lupita Tovar (1910-2016)
Lupita Tovar (1910-2016)
filmotecaforum
 
Charles Chaplin
Charles ChaplinCharles Chaplin
Charles Chaplin
filmotecaforum
 
á Brisa da lectura-- guía lectura verán 2016 (mozos%2 fas e adultos%2fas)
 á Brisa da lectura-- guía lectura verán 2016 (mozos%2 fas e adultos%2fas) á Brisa da lectura-- guía lectura verán 2016 (mozos%2 fas e adultos%2fas)
á Brisa da lectura-- guía lectura verán 2016 (mozos%2 fas e adultos%2fas)
Xenza
 
Lecturas recomendadas
Lecturas recomendadasLecturas recomendadas
Lecturas recomendadas
vorusky
 
DirectorAs: Dorothy Arzner
DirectorAs: Dorothy ArznerDirectorAs: Dorothy Arzner
DirectorAs: Dorothy Arzner
filmotecaforum
 
Boletín nadal 15
Boletín nadal 15Boletín nadal 15
Boletín nadal 15
maria
 
Guía diversidade sexual_BibliotecaProvincialDaCoruña
Guía diversidade sexual_BibliotecaProvincialDaCoruñaGuía diversidade sexual_BibliotecaProvincialDaCoruña
Guía diversidade sexual_BibliotecaProvincialDaCoruña
Bibliotecadicoruna
 
Erros e tanatos
Erros e tanatosErros e tanatos
Erros e tanatos
normalizacioniesn1ordes
 
Guía de lectura dos Premios de Narrativa Torrente Ballester
Guía de lectura dos Premios de Narrativa Torrente BallesterGuía de lectura dos Premios de Narrativa Torrente Ballester
Guía de lectura dos Premios de Narrativa Torrente Ballester
Bibliotecadicoruna
 
Crítica de cine
Crítica de cineCrítica de cine
Crítica de cine
Vanesa Oliveira
 

Similar to Ok road movies._ies_ames_2011 (20)

Comentario de "The Road" de Cormac McCarthy
Comentario de "The Road" de Cormac McCarthyComentario de "The Road" de Cormac McCarthy
Comentario de "The Road" de Cormac McCarthy
 
A consolidación do cinema
A consolidación do cinemaA consolidación do cinema
A consolidación do cinema
 
Papeis de muller, mulleres de papel
Papeis de muller, mulleres de papelPapeis de muller, mulleres de papel
Papeis de muller, mulleres de papel
 
Recomendacións lectoras
Recomendacións lectorasRecomendacións lectoras
Recomendacións lectoras
 
Chantal Akerman
Chantal AkermanChantal Akerman
Chantal Akerman
 
16 18
16 1816 18
16 18
 
Guía de lecturas_veran 14
Guía de lecturas_veran 14 Guía de lecturas_veran 14
Guía de lecturas_veran 14
 
Centenario de Ousmane Sembène
Centenario de Ousmane SembèneCentenario de Ousmane Sembène
Centenario de Ousmane Sembène
 
Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017
 Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017  Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017
Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017
 
Guia lectura verán_2017
Guia lectura verán_2017Guia lectura verán_2017
Guia lectura verán_2017
 
Lupita Tovar (1910-2016)
Lupita Tovar (1910-2016)Lupita Tovar (1910-2016)
Lupita Tovar (1910-2016)
 
Charles Chaplin
Charles ChaplinCharles Chaplin
Charles Chaplin
 
á Brisa da lectura-- guía lectura verán 2016 (mozos%2 fas e adultos%2fas)
 á Brisa da lectura-- guía lectura verán 2016 (mozos%2 fas e adultos%2fas) á Brisa da lectura-- guía lectura verán 2016 (mozos%2 fas e adultos%2fas)
á Brisa da lectura-- guía lectura verán 2016 (mozos%2 fas e adultos%2fas)
 
Lecturas recomendadas
Lecturas recomendadasLecturas recomendadas
Lecturas recomendadas
 
DirectorAs: Dorothy Arzner
DirectorAs: Dorothy ArznerDirectorAs: Dorothy Arzner
DirectorAs: Dorothy Arzner
 
Boletín nadal 15
Boletín nadal 15Boletín nadal 15
Boletín nadal 15
 
Guía diversidade sexual_BibliotecaProvincialDaCoruña
Guía diversidade sexual_BibliotecaProvincialDaCoruñaGuía diversidade sexual_BibliotecaProvincialDaCoruña
Guía diversidade sexual_BibliotecaProvincialDaCoruña
 
Erros e tanatos
Erros e tanatosErros e tanatos
Erros e tanatos
 
Guía de lectura dos Premios de Narrativa Torrente Ballester
Guía de lectura dos Premios de Narrativa Torrente BallesterGuía de lectura dos Premios de Narrativa Torrente Ballester
Guía de lectura dos Premios de Narrativa Torrente Ballester
 
Crítica de cine
Crítica de cineCrítica de cine
Crítica de cine
 

More from Eva Brañas

Presentacionabalar
PresentacionabalarPresentacionabalar
PresentacionabalarEva Brañas
 
Basesfotoconicas
BasesfotoconicasBasesfotoconicas
BasesfotoconicasEva Brañas
 
Basesfotoconicas
BasesfotoconicasBasesfotoconicas
BasesfotoconicasEva Brañas
 
Rebético
RebéticoRebético
Rebético
Eva Brañas
 
Murena 1
Murena 1Murena 1
Murena 1
Eva Brañas
 
Epicuro
EpicuroEpicuro
Epicuro
Eva Brañas
 
Epicuro
EpicuroEpicuro
Epicuro
Eva Brañas
 
Iliada
IliadaIliada
Iliada
Eva Brañas
 
El héroe
El héroeEl héroe
El héroe
Eva Brañas
 
Edipo en corinto
Edipo en corintoEdipo en corinto
Edipo en corinto
Eva Brañas
 
Doce trabajos
Doce trabajosDoce trabajos
Doce trabajos
Eva Brañas
 
Asterixobelix
AsterixobelixAsterixobelix
Asterixobelix
Eva Brañas
 
Tiresias
TiresiasTiresias
Tiresias
Eva Brañas
 
Recomendaciones lectura verano
Recomendaciones lectura veranoRecomendaciones lectura verano
Recomendaciones lectura verano
Eva Brañas
 
Club lectura imagenes
Club lectura imagenesClub lectura imagenes
Club lectura imagenes
Eva Brañas
 
Club lectura imagenes
Club lectura imagenesClub lectura imagenes
Club lectura imagenes
Eva Brañas
 
My exchange report
My exchange reportMy exchange report
My exchange report
Eva Brañas
 

More from Eva Brañas (20)

Presentacionabalar
PresentacionabalarPresentacionabalar
Presentacionabalar
 
Basesfotoconicas
BasesfotoconicasBasesfotoconicas
Basesfotoconicas
 
Basesfotoconicas
BasesfotoconicasBasesfotoconicas
Basesfotoconicas
 
Rebético
RebéticoRebético
Rebético
 
Murena 1
Murena 1Murena 1
Murena 1
 
Epicuro
EpicuroEpicuro
Epicuro
 
Epicuro
EpicuroEpicuro
Epicuro
 
Iliada
IliadaIliada
Iliada
 
El héroe
El héroeEl héroe
El héroe
 
Edipo en corinto
Edipo en corintoEdipo en corinto
Edipo en corinto
 
Doce trabajos
Doce trabajosDoce trabajos
Doce trabajos
 
Asterixobelix
AsterixobelixAsterixobelix
Asterixobelix
 
300
300300
300
 
Tiresias
TiresiasTiresias
Tiresias
 
Plástica
PlásticaPlástica
Plástica
 
Recomendaciones lectura verano
Recomendaciones lectura veranoRecomendaciones lectura verano
Recomendaciones lectura verano
 
Augapintura
AugapinturaAugapintura
Augapintura
 
Club lectura imagenes
Club lectura imagenesClub lectura imagenes
Club lectura imagenes
 
Club lectura imagenes
Club lectura imagenesClub lectura imagenes
Club lectura imagenes
 
My exchange report
My exchange reportMy exchange report
My exchange report
 

Ok road movies._ies_ames_2011

  • 1. ROAD MOVIES: CINE SOBRE RODAS Renata Otero, Febreiro 2011 Literalmente, “road movies” significa filme de carreteras, así , en xeral, este tipo de películas versa sobre persoas que durante unha viaxe voluntaria ou forzosa, se descubren a si mesmas, ou que evolucionan de calquer outro xeito. Deste xeito o desplazamento físico convírtese nunha experiencia formadora onde nada quedará coma antes de partir. Ainda que xa Búster Keaton fixo co Maquinista da xeral (The general, Búster Keaton, 1927 ), unha road movie en tren, e por exemplo en A Dilixencia ( Stagecoach, John Huston, 1939), a estructura, é a clásica deste tipo de traballos, suponse que o xénero nace bastante despois. Para moitos xurde paralelo ao movemento beat, nos USA dos anos sesenta, no pais das freeways (estradas con numerosos carriles de ida e volta) e da mítica Ruta 66, estrada tradicional que cruza os USA de lado a lado, e que foi ensalzada na célebre novela Na Estrada (On the road, 1951) de Jack Keruac. Para os críticos de cine máis puristas só serían road movies as películas que realmente se filman en base a un desprazamento fisico real durante a rodaxe, que parten dun guíón mínimo e que se van construíndo a medida que se vai rodando. Un exemplo de este tipo de apostas experimentales sería Fritzcarraldo (Werner Herzog, 1982) onde se narraba o excéntrico intento dun magnate do caucho peruano apasionado da ópera que pretendeu facer un teátro de ópera no medio da selva amazónica no século XIX…. A rodaxe foi moi complicada, e á súa vez daría lugar ao filme Mi enemigo íntimo (Mein Liebster Feind, Werner Herzog, 1999, póstuma); moito máis recente, pero na misma liña de experimentación cara o road movie primigenio, podemos falar da notable E tamén a choiva (Y también la lluvia, Itziar Bollaín, 2010). Sen pornos tan estrictos, as road movies, en xeral, teñen unha estructura episódica onde cada segmento da narración enfrenta aos protagonistas a un desafío. Dentro deste esquema hai modelos de resolución moi diferentes. En moitas ocasións o viaxe acada o resultado desexado (o final feliz): a chegada a destino é o triunfo do heroe, coa conseguinte victoriosa volta ao fogar; noutras o desplazamento descubre un novo fogar, no lugar de destino; algunhas veces o destino do protagonista e continuar cun viaxe infinito e en certosa casos a personaxe descubre que con todo o aprendido na súa viaxe, xa non quere, nin pode, voltar atrás, escollendo por tanto a morte ou o exilio definitivo do seu lugar de orixe. Son centos as películas que abordan esta estrutura, e moitas máis se ampliamos un pouco as miras e non nos limitamos só á viaxe por estrada e o ampliamos a traxectos que incluien o camiño a pé, sobre raís ou por mar… Non pretendo agora ser exhaustiva porque a mera enumeración de tódolos filmes serviría para encher os 60 minutos cos que conto para esta exposición. Ademais Internet está pragado de listados dese tipo que podedes consultar con facilidade, se as miñas palabras despertan o voso interese. Así pois, prefiro metervos as ganas de saber. Vouvos facer unha especie de surtido catálogo que sirva pra coñecer algúns dos títulos máis interesantes, e sempre co ánimo de que a miña disertación vos empurre a buscar e visionar estes títulos con avidez. (Por certo, lembrade que moitos deles estan na nosa surtida biblioteca…) Como vos contaba, nas road movies, dun xeito ou outro, o desplazamento físico, convÍrtese en motivo de convivencia, e como consecuencia de tal factor, contribúe a que os seus protagonistas resolvan ou polo menos saquen á luz os seus conflictos personais.
  • 2. Para entender a variedade de filmes que poderiamos atopar dentro das road movies, paga facer un pequeño repaso. Por exemplo poderíamos falar de: 1. Aqueles filmes onde o traxecto en carretera forma parte dun estilo de vida itinerante: A estrada1 (La Strada, Federico Fellini, 1954), Buscando o meu destino2 (Easy rider, Dennis Hopper, 1969), Viaxe a ningures3 (Viaje a ninguna parte, Fernando Fernán Gómez, 1986), Drugstore cowboy4 (Gus Van Sant, 1989) e Os Viaxeiros da Noite5 (Near dark, Kathryn Bigelows, 1987) son alguns exemplos ben dispares deste tipo de traballos. 2. En ocasións os protagonistas teñen que desplazarse en busca da supervivencia, tal como lles acontece aos persoaxes principales de As uvas da ira (The grapes of wrath, John Ford, 1940) ou da recente 14 kilómetros6 (14 kilómetros, Gerardo Olivares, 2007) 3. Noutros casos o motivo da viaxe é o reencontro con algún ser querido que pode ser a parella, tal como acontecía en París, Texas7 (Paris Texas, Wim Wenders, 1984); o irmán descoñecido de Rain Man8 (Rain Man Barry Levinson,1988); a nai que nos abandoou de pequechos en O meu Idaho privado9 (My own private Idaho, Gus Van Sant,1991), en O verán de Kikujiro10 (Kikujiro no natsu, Takeshi Kitano, 1998) ou en Viaxe a Darjeeling 11('The Darjeeling Limited',Wes Anderson, 2007); o pai que se desentendeu 1 Gelsomina (Giuletta Masina, musa e esposa do director), é unha noviña fea, sin cartos a quen súa nai vende por catro patacos para ser a axudante do forzudo, Zampano (Anthony Quinn) que se gana a vida facendo un espectáculo cirquense na rúa. Gelsomina será unha muller namorada do seu maltratador, o desconsiderado home-espectáculo. 2 En plena efervescencia do movemento hippie, Hopper retrata a dous amigos (él mesmo e Henry Fonda) que participan dese estilo de vida alternativo, sen traballo, vagabundeando e vivindo do tráfico de sustancias ilegales, sen compromiso, nin destino, gozando da vida en total liberdade, sen ataduras civiles ou relixiosas. No seu percorrido en moto polos estados sureños de América, terán un grave choque cultural cos “pescozos vermellos”: agricultores ultraconcervadores e agresivos cos hippies. 3 A principios do seculo XX seguimos a unha modesta compañía teatral no seu duro devir profesional de aldea en aldea, e coa competencia do cine como divertimento. 4 Un grupo de amigos politoxicomanos van roubando de pobo en pobo as farmacias para autoabastecer as súas adiccións. 5 Un grupo de vampiros percorre os USA en busca de presas, ata que un día topan co xoven Caleb (Adrian Pasdar) e nada voltará a ser como antes. 6 Por mor da fame prevese que para o século XXI milleiros de persoas se veran na obriga de inmigrar de Occidente a Europa. Neste filme seguimos desde a primeira fila a un puñado de emigrantes subsaharianos que tratan de entrar en Europa a través de Gibraltar. Mágoa que moitos quedarán polo camiño… 7 Travis é un home que aparece no medio do deserto de Texas con amnesia. Pouco a pouco irá lembrando o motivo polo que a súa fermosa muller o abandonou e tratará de reencontrase con ela. 8 Charles (Tom Cruise) é un xoven que se dedica a vivir ben, desde que seu pai o votou da casa. Tras a morte do seu proxenitor entérase de que ten un irmán autista (Dustin Hofman) do que se debe ocupar. Ainda que, ao comenzo, o único interés que ten Charles polo irmán discapacitado é a posibilidade de herdar, en breve xurdirá o afecto entre ambos. 9 Un chapeiro gay e narcoléptico (River Phoenix) inicia unha viaxe sin retorno en busca da súa nai, en compañía do seu compañeiro (Keaneu Reeves). O filme é unha adaptación moi libre da primeira parte de Enrique IV de William Shakespeare. 10 Masao, é un neno de nove anos que vai pasar as vacacións de verán coa súa aboa, desde aló decide ir a coñecer á sua nai. Nesta aventura, sin apenas cartos nin recursos, acompañarao o violento Kikujiro (Takeshi Kitano), un antiguo jacuza. 11 Tres irmáns viaxan en tren pola India para atopar á súa nai: unha muller evasiva e ausente.
  • 3. de nós en Estación Central do Brasil12 (Central Station, Walter Salles, 1998) ou a filla en Flores rotas13 (Broken Flowers, Jim Jarmusch, 2005), por citar algunhas… 4. Noutros casos a road movie fala da viaxe como parte dunha despedida de solteiro, presentando o trayecto como o último rito iniciático antes da asumpción da voda adulta. Para ilustralo podemos referinos á exitosa producción española Airbag 14( Juanma Bajo Ulloa, 1996)o ou auoscarizada Entre copas15 (Sideway, Alexander Payne, 2004). 5. Outras veces o viaxe describe a fuxida da autoridade: Tal era o caso de Corazón salvaxe 16(Wild at Heart, David Lynch, 1990), Thelma e Louise 17(Thelma and Louise, Ridley Scott, 1991), Amor a queimarroupa 18 (True Romance, Tony Scott, 1993) (guion de Tarantino) e Tolos en Alabama 19(Crazy in Alabama, Antonio Banderas, 1999). 6. En moitas ocasións o filme arranca coa noticia de que ao protagonista lle queda pouco tempo por diante, e por elo decide iniciar a súa última viaxe: Este é o punto de arranque por ejemplo da celebérrima: E a tua nai tamén20 (Y tu mamá también, Carlos e Alfonso Cuarón, 2001). Dentro deste epígrafe e como exemplo extremo, poderiamos falar de diversos títulos que versan sobre a necesidade de levar o cadáver do difunto ao lugar onde poda 12 Na Estación Central de Brasil, unha antiga mestra axúda a escribir cartas a persoas analfabetas. Tras a morte de unha das suas pacientes a mestra decide encargarse do fillo da difunta e levalo a casa do seu pai. 13 Bill Murray retrata a un home maduro que descubre que tivo unha filla moitos anos atrás e viaxa para coñecela. 14 Un grupo de amigos durante a despedida de solteiros dun deles, acuden de borracheira a un club de alterne donde o anel de boda queda “perdido”. Para recuperalo o grupo terá que percorrer un número importante de burdeles, perseguidos por mafiosos, narcotraficantes, chulos e pistoleiros que persiguen un alixo escondido no coche dos protagonistas. 15 Miles (Paul Giamatti) e Jack (Thomas Haden Church) son dous amigos que aproveitan a última semana antes da boda de Jack para recorrer unha colección de bodegas. Todo se complica cando coñecen a dúas mulleres coas que inician sendos romances. 16 Lula (Laura Dern) e Saylor (Nicolas Cage) son amantes, pero a nai de ela tenlle unha intensa xenreira a Saylor. Como consecuencia dun accidente fatal, Taylor asesina a un home e a parella inicia unha fuxida polos EEUU, camiño a México. O filme áltamente transgresor polas súas altas doses de sexo e violencia, conta con importantes paralelismos co conto de O Mago de Oz e foi o traballo mais popular do seu director. 17 Thelma (Geena Davis) é unha aburrida ama de casa, esposa dun déspota machista que non a valora en absoluto; Louise (Susan Sarandon) é a súa millor amiga, unha camarera aburrida da súa vida, cun mozo músico que teme o compromiso. Louise decide convencer a Thelma para fugarse un fin de semana en busca de esparcimento, pero durante a primeira noite de festa un home case viola a TELAM. Louise salvaa, pero acaba disparando ao agresor. A partir de entonces ambas inician unha fuxida cara México perseguidas pola policía. 18 Clarence (Christian Slater) é un solitario. O día do seu cumpleanos un amigo contrata a unha prostituta para que finxa ter unha aventura casual con él. A rapaza é Alabama (Patricia Arquette), e nesa noite os dous namoraranse. Cando Clarence intenta persuadir ao proxeneta de Alabama para que lle deixe abandoar a prostitución, este resístese e finalmente morre deixandolle á xoven parella unha maleta chea de cocaina que non dudarán en aproveitar para a sua fuxida. 19 Foi o primeiro filme dirixido por Banderas, nel unha muller farta de sufrir os malos tratos do seu cruel marido, asasinao e fuxe. Na súa escapada levará como compañía a cabeza do difunto, co que manterá delirantes dialogos, mentras un dos seus fillos é testigo activo dos problemas raciales no estado sureño dos USA. 20 Unha muller infelizmente casada descubre que ten cancer terminal e decide viaxar por México. Alí conocerá a dous amigos (Gael García Bernal e Diego Luna) cos que establecerá unha profunda amizade.
  • 4. descansar en paz. Tal era o caso da divertidisima Guantamera (Tomás Gutierrez Alea, 1995) ou a tráxica Retorno a Hamsala (Chus Gutierrez 2008). 7. En algúns casos o viaxe reflexa unha viaxe histórica que paga a pena sembrar: Nesta liña, citemos, por ejemplo A marcha do millón de homes21 (Get on the bus, Spike Lee, 1996) ou o filme Diarios de motocicleta22 (Diarios de motocicleta ,Walter Salle, 2004), que describe a experiencia viaxeitra que convertiu ao Che Guevara no revolucionario que pasou á historia. 8. Ata o cine infantil e de animación emprega a estructura da road movie en moitas ocasións: Sembremos as exitosas Buscando a Nemo23 (Finding Nemo, Andrew Stanton Lee Unkrich 2003) ou A idade de xeo I24 (Ice Age I, Chris Wedge e Carlos Saldanha, 2002) por citar dous casos ben populares. 9. Por último tamén a comedia se sirve da estructura do road movie con resultados tan diversos coma: Priscilla, raiña do deserto25 (The adventures of Priscilla. Queen of desert, Stephan Elliott, 1994), Medo e noxo nas Vegas26 (Fear and Loathing in Las Vegas, Terry Gilliam, 1998) , Borat27 ( Borat, Larry Charles, 2006), Pequena Miss Sunshine (Little Miss Sunshine28, Jonathan Dayton y Valerie Faris, 2006) ou a recente Salidos de cuentas29 (Due Date, Todd Phillips, 2010). 21 No 1995, o reverendo Farrakhan convocou a un millorn de varóns afroamericanos para celebrar unha marcha multitudinaria en Washington D.C. reclamando os dereitos como cidadans americanos da minoria negra. No filme, un grupo destes homes, provinte de Los Ángeles organiza un viaxe en bus para participar na xuntanza. Polo camiño iranse pondo de manifesto as súas ideologías, pretensións, sentimentos… 22 Plasma a viaxe por sudamérica que fixo Ernesto Guevara co seu amigo Alberto Granado no 1952. Un trayecto no que o tímido estudiante de medicina xerminaría como o futuro Che, o gran revolucionario, transformado polas suas observacions dese aprimeira lñiña , xunto aos empobrecidos campesinos indígenas. Unha realidade que descoecía no seu fogar burgués natal. 23 Nemo é un peixe paiaso que un día discute co seu pai, para retalo achégase demasiado aos humanos e como consecuencia é capturado e feito preso nun acuario particular en Australi. O seu pai percorrerá toda a corrente transoceánica en busca do seu fillo. 24 Fai 20.000 anos durante a era glaciar os animales migran hacia o sur, para salvar a vida. Só Manny (un mamut), Sid (un perezoso) e Diego (un dentes de sable), iran en direccion contraria mentres tratan de devoltarlle un bebé humano ao seu pai. 25 Tres drug queens atravesan o deserto australiano en busca de novos estímulos. 26 Adaptación da novela homónima de Hunter S. Thompson (Johnny Deep) que describe o viaxe físico e – sobretodo-psicodélico- que o xornalista fixo á cidade cargado de multitude de sustancias alucinóxenas, mentras trataba de cubrir un artigo para a prestigiosa publicación Rolling Stone. 27 Falso documental sobre Borat (a cargo da estrela televisiva da BBC Sacha Baron Cohen), o supostamente segundo periodista mais famoso de Kazajistán. O filme segue a este persoaxe no seu periplo polos EEUU, unha desculpa que serve para criticar descarnadamente o estilo de vida americano, os seus valores e a sú visión do mundo. Na mesma liña paródica de Borat, anos despois Sacha Baron Cohen protagonizou Bruno (Duv Maizer, 2009). Donde interpretaba a Bruno Gehard, un xornalista austriaco especializado en moda que viaxa aos USA. 28 Os Hoover son unha familia con problemas, Olive e chamada para presentarse a un concurso de beleza o cal cambiará a vida desta familia dun xeito impensable.
  • 5. 10. Por último , como outro subxénero dentro das road movies, cabe falar dunha variante do xénero de terror, onde determinados psicópatas teñen como lugar operandis a estrada: O demo sobre rodas30 (Duel, Steven Spielberg, 1971), Estrada ao inferno31 (Carretera al infierno Robert Harmon, 1986) ou Death Proof32 (Michael Tarantino, 2007) son bos exemplos. 11. Como un caso aparte dos “estilos de vida” e moi próximo ao xénero de terror en alguns casos, existe un bo número de road movies que teñen como protagonistas a asasinos reales ou ficcionados, que como consecuencia das súas desfeitas, deben pasar bó tempo ao volante: Como exponentes de este subgénero, servennos sobradamente: Bonnie e Clyde33 (Bonnie and Clyde, Arthur Penn, 1957), Asasinos natos34 (Asesinos natos, Oliver Stone, 1994), Perdita Durango35 (Perdita Durango, Alex de la Iglesia, 1997) ou Non é país para vellos36 (No Country for Old Men, hermanos Coen, 2007) 12. Para rematar val a pena considerar algúns filmes que refrexan o desprazamento por auga, pero que comparten moito co plantexamento formal das road movies ao que nos referiamos na introducción. Neste caso val a pena apuntar dous clásicos da historia do cine como son: A raiña de África37 (The African Queen, John Huston, 1951) ou Apocalipsis Now38(Francis Ford Coppola, 1979). 29 Meter (Robert Downey Jr.) é un home que espera ilusionado ser pai por primeira vez en poucos días. Cando se dispón a voar para acompañar á súa muller no parto, vese obligado a desplazarse en coche co delirante Ethan (Zach Galifianakis), un aspirante a actor chiflado co que cruzarán os USA de costa a costa. 30 Un comercial inicia unha longa viaxe por unha autopista californiana.Polo camiño adiantalle a un camión, logo e o camión quen o adianta, e en breve iniciase un inquedante acoso entre o transporte pesado e o aterrorizado conductor do utilitario. 31 Jim recolle na autoestrada a un home que lle confesa ser un asasino. Despois dunha lirota o psicópata deixao tirado nunca cuneta e segue cos asasinatos inculpando agora a Jim dos mesmos. 32 Filme que fai tributo aos muscle cars, e os xéneros de explotation e slasher. Un antiguo especialista de cine (Kurt Rusell), escolle fermosas noviñas para asasinalas nun coche especialmente tuneado para elo. Farao impunemente ata que se cruza con varias conductoras experimentadas que lle darán o seu merecido. 33 O filme narra a vida dos atracadores Bonnie Parker (Warren Beatty) e Clyde Barow (Faye Dunaway), desde que se namoran ata que percorren o Medio Oeste, Oeste e Sur dos USA, deixando tras de si un rastro de difuntos e de delitos (especialmenbte atracos armados a bancos), levando de cabeza á policia estadunidense. 34 Unha parella de psicópatas (Woody Harrelson e Juliette Lewis) percorren o país matando e cometendo crímenes a esgalla, mentras os noticieiros sensacionalistas os convirten en estrelas mediáticas. 35 Javier Bardem e Rosie Pérez encarnan a dous amantes psicópatas na fronteira mexicana que entre outras cousas, trafican con fetos, secuestran a parexas adolescentes e levan a cabo rituales satánicos. 36 Un cazador descubre unha sanguenta escena na fronteira entre México e Texas. Trátase dun axuste de contas por droga. Na escena do crime atopa unha maleta con diñeiro pola que será perseguido por un perigosísimo psicópata que intentará matalo. 37 Un capitán adicto a bebida e unha misioneira puritana terán que mellorar a sua relación para poder sobrevivir mentras fuxen río abaixo, cruzando África. 38 O capitán Willard é enviado a Camboya mar adentro a cumplir unha misión, a de matar ao coronel Kurtz que perdeu o xuizo.