A Estrada   Cormac McCarthy
A Estrada     Cormac McCarthy




Cormac McCarthy                      (Rhode Island, EUA, 1933)

         Naceu no seo dunha familia católica estadounidense. É
o terceiro de seis irmáns. Con poucos anos de idade a súa
familia trasladouse a      Tennesse, onde creceu e estudou.
Empezou a carreira de Humanidades na universidade, pero
non a deu rematado, e acabou alistándose nas Forzas Aéreas
onde pasou catro anos.

         Os premios en concursos literarios e os guións
escritos ofrecéronlle a posibilidade de adicarse en exclusiva á
literatura.

         Non se coñece moito máis da súa biografía, xa que apenas concede entrevistas.
Chamoume a atención un detalle non moi coñecido. Cambiou o seu nome orixinal (Charles)
polo do rei irlandés nalgún momento da súa xuventude. Non se sabe se por iniciativa propia
ou familiar.

         É un dos mellores novelistas estadounidenses da actualidade. Entre os moitos premios
que recibiu, destaca o Pulitzer en 2007 pola obra aquí analizada, “The Road”.


PRODUCIÓN LITERARIA

Novelas
     • O garda do verxel (The Orchard Keeper) (1965) ISBN 0-679-72872-4
     • A escuridade exterior (Outer Dark) (1968) ISBN 0-679-72873-2
     • Fillo de Deus (Child of God) (1974) ISBN 0-679-72874-0
     • Suttree (1979) ISBN 0-679-73632-8
     • Meridiano de sangue Blood Meridian Or the Evening Redness in the West (1985) ISBN 0-679-
       72875-9
     • Triloxía da fronteira:
             • All the Pretty Horses (1992) ISBN 0-679-74439-8
             • The Crossing (1994) ISBN 0-679-76084-9
             • Cities of the Plain (1998) ISBN 0-679-74719-2
     • Non é terra para vellos (No Country for Old Men) (2005) ISBN 0-375-70667-4
     • A estrada (The Road) (2006) ISBN 0-307-38789-5
     • O pasaxeiro (The Passenger, libro en proceso, TBA)

Guións
     • O fillo do xardineiro (The Gardener's Son) (1976) ISBN 0-88001-481-4

Obras Teatrais
     • The Stonemason (1995) ISBN 978-0-679-76280-5
     • The Sunset Limited (2006) ISBN 0-307-27836-0
A Estrada         Cormac McCarthy




ANTECEDENTES E CONDICIONANTES
          Os Estados Unidos son un país relativamente xove, e é posible que o factor que máis
determine a súa cultura é o feito migratorio. Foi a emigración europea (nun primeiro
momento) a que sentou as bases da súa cultura1. O proceso de poboamento do país,
determinado polo anterior, produciuse de leste a oeste, marcando un camiño material e
inmaterial, unha ruta cultural que inflúe de feito determinante o seu sentido da vida.

          Jack Querouac como máximo expoñente da xeración beat2, recolle este legado
adaptándoo como xeito de fuxir do establecido na súa novela “On the road”(1957). Esta
novela, considerada entre as mellores da historia, relata as aventuras do autor e amigos ao
longo das estradas estadounidenses, sendo clave para mitificar a lendaria Ruta66. A historia,
iconificada pola xuventude dos 60-70 inflúe no cine e na literatura mundial, practicamente
funda o xénero das “road-movies”, dentro do que se podería encadrar, con algúns matices,
“A estrada” (The Road).

          Segundo declarou nunha entrevista Cormac McCarthy a inspiración para esta novela
chegoulle durante unha visita co seu fillo no 2003 a El Paso, na fronteira dos E.U.A. con
México. Imaxinando como podería ser esa cidade no futuro, visualizou os montes de arredor
queimándose, e pensou sobre o seu fillo. Tomou algunhas notas iniciais pero non retomou a
idea ata algúns anos despois, en Eire. Alí, a idea fluíu rapidamente a para cristalizar no que
agora nos ocupa, dedicándollo ao seu fillo, John Francis McCarthy.

          Ata esta historia, os personaxes de McCarthy eran tenebrosos ,escuros. Cun pasado
ou un presente que condiciona as súas accións. Nesta, dunha situación de destrución
sácalles a humanidade preparándolle unha serie de sorpresas. Case como un deus vingativo,
que os pon en situacións límite para darlle no derradeiro momento unha saída momentánea,
para prorrogar o seu sufrimento (vida), dándolle novos azos para continuar o camiño.

          A relixión está presente ao longo de todo o libro. Quizais sexa un paso lóxico cando
un perde todo depositar a confianza na existencia dun Máis Alá. O do padecemento na terra
para desfrutar da vida eterna. Porén, débese ter en conta a educación relixiosa recibida polo
autor e o entorno social no que se criou e vive (O sur profundo dos dos Estados Unidos).
Xa na segunda páxina (páx.10) Ben=fillo. Mal= ao resto. A loita contra a maldade dominante
reforza a dignidade do pai, como obxectivo en si mesmo, máis alá da supervivencia.



1A “migración”(forzosa) dos escravos africanos configurou o “poder negro” de mediados do século pasado que fai que na
actualidade teñan un presidente negro .Agora é a inmigración do sur a que se está a destacar con importancia.

2 Movemento cultural estadounidense de mediados do século pasado, composto entre outros por Jack Querouac ou William
   Burroughs que se caracteriza por loitar contra os valores tradicionalistas e puritanos de Estados Unidos, e promover a liberación
   espiritual.
A Estrada    Cormac McCarthy




ESTILO LITERARIO
       Nesta historia non existe unha presentación formal dos protagonistas. Vémonos
somerxidos no seu drama, no seu contexto histórico, sen anestesia, “a saco”, sen ningunha
introdución previa que atenúe o impacto.

       A escritura de McCarthy, xa de por si amiga de pouco barroquismo, é neste libro
precisa, tensionada, evocadora e concisa ata a omisión. Está chea de silencios que
transmiten (tensión, tristura, fartura, etc.). Céntrase na descrición de elementos simples para
evocar a súa realidade primixenia (cinza, neve, choiva, po, frío, fame, sede...), o seu ancestral
obxectivo da supervivencia.

       As imaxes son crúas , pero non histéricas nin preciosistas en detalles, facendo da
narración case unha expresión nihilista. Invítanos a evadirse dun mundo destruído por unha
guerra nuclear para apreciar a beleza do sombrío, da dor e do sufrimento dos dous
protagonistas.

       Pai e fillo saben o que está a pensar cada un en cada intre. Froito diso os diálogos
limítanse a comentar factores externos ou a tentar cambiar o estado de ánimo de outro. Son
curtos e ,frecuentemente rematan cun silencio incómodo e resignado entre os dous.

       O relato desenvólvese dun xeito cíclico. A estrutura repítese cambiando certos
matices. Segundo van camiñando e pasan os días esgótanselle os recursos, o que fai que a
súa saúde vaia mermando pouco a pouco, ata que nunha situación límite atopan algo que
lles permite continuar a súa viaxe; xa sexa unha casa apartada con víveres dentro, un búnker,
un barco encallado, a aparición d'alguén, etc. Son picos de tensión que salpican a historia
facéndoa máis atractiva, e que á súa vez, se van facendo cada vez máis estremos, ata
rematar na morte do pai.
A Estrada   Cormac McCarthy




VALORACIÓN PERSOAL
      Unha historia é unha narración de eventos nos que se integran uns protagonistas, as
súas accións e os seus conflitos. Os conflitos que lle ocorren aos personaxes serven para
que (pola empatía innata no ser humano), nos vexamos implicados na accións que alí
ocorren. A priori, pode dar a sensación de ser unha narración fría e sen sentimento. Ao
contrario. Con este estilo logra conmover coa dureza do relatado.

      Nesta novela o autor condúcenos con un fío de fraxilidade incómoda. É dicir,
catalogámola como unha obra de ciencia-ficción catastrofista, pero...o que se conta
debemos ser conscientes de que podería ocorrer nun futuro non moi afastado no tempo,
polo que debéramos facer o unha obra literaria de anticipación?

      A relación entre o pai e o fillo é o eixo baixo o que se move todo o relato. sérvelles
aos dous de apoio mutuo para non renderse. O neno sitúase como motor do pai, como
acicate para non renderse e chegar á costa. Case un recordo do ancestral obxectivo da
supervivencia dos xenes, do futuro da especie.       Nesta novela, como no noso propio
acontecer, a inmobilidade simboliza a morte, mentres que o movemento, o seu camiño, é a
vida. Un camiño que as veces realízase de forma errática , seguindo coa metáfora, e ten un
destino incerto, sen un rumbo fixo que seguir, como lle sucede aos protagonistas.

      Da historia gústame especialmente a figura do pai. É a personalidade máis traballada.
É unha figura atormentada, que coñeceu o mundo anterior (o noso mundo), con todas as
comparacións e reflexións que iso conleva, pero a diferencia da súa xa defunta muller, non
se rendeu, e segue a vivir unicamente polo seu fillo, polo seu deber moral. Aínda así hai
momentos nos que se plantexa morrer e así deixar de sufrir.

      Son os recordos do pai os que lle serven ao neno para construír a súa propia versión
do mundo anterior, xa que el naceu no mundo xa destruído. Estes recordos fanlle albergar
esperanzas de que alí a onde se dirixen ese mundo está presente dalgunha forma, a través
da paisaxe, da presenza humana, etc.

      Cando finalmente o pai morre, extráese do relato unha sensación de fracaso, pois
parécese adiviñar a mesma sorte para o fillo. Sen embargo, a aparición providencial do
home que ferira ao pai anteriormente, fai que se todo remate cun final “feliz”, dentro da súa
situación, xa que o neno atopa novos coidadores ao tempo que compañía, o seu máis
grande anhelo ao longo do relato.

      É esta unha gran historia, non porque sucedan grandes cousas, xa que é máis unha
novela de reflexión que de acción. Se non porque o que vai sucedendo sérvelle ao autor
para plasmar interesantes reflexións sobre a soidade, o silencio ou a desesperanza.
A Estrada   Cormac McCarthy




RECURSOS WEB E BIBLIOGRÁFICOS UTILIZADAS


  •   McCarthy, Cormac ( Tradución de Eva Almazán). A estrada (The Road). Kalandraka
      Editora. Pontevedra, 2010. 189 páxs. ISBN: 978-84-96957-80-0


  •   Bergström, Bo ( Tradución de Xavi Faraudo). Tengo algo en el ojo (Essentials of Visual
      Communication). Promopress. Barcelona, 2009. 240 páxs. ISBN: 978-84-934881-9-9


  •   http://en.wikipedia.org/wiki/Cormac_McCarthy
      (última consulta, 22 novembro 2010)


  •   http://es.wikipedia.org/wiki/Cormac_McCarthy
      (última consulta, 22 novembro 2010)


  •   http://en.wikipedia.org/wiki/The_Road
      (última consulta, 10 decembro 2010)


  •   http://gl.wikipedia.org/wiki/Xeraci%C3%B3n_beat
      (última consulta, 16 de decembro 2010)


  •   http://gl.wikipedia.org/wiki/On_the_Road
      última consulta, 16 de decembro 2010)


  •   http://stalker.hautetfort.com/archive/2008/11/23/la-carretera-de-cormac-
      mccarthy.html
      (última consulta, 10 decembro 2010)


  •   http://elarteinutil.blogspot.com/2007/12/la-carretera-de-cormac-mccarthy.html
      (última consulta, 10 de decembro 2010)


  •   http://unlibroabierto.wordpress.com/2009/10/20/la-carretera-cormac-mccarthy/
      (última consulta, 10 de decembro 2010)

Comentario de "The Road" de Cormac McCarthy

  • 1.
    A Estrada Cormac McCarthy
  • 2.
    A Estrada Cormac McCarthy Cormac McCarthy (Rhode Island, EUA, 1933) Naceu no seo dunha familia católica estadounidense. É o terceiro de seis irmáns. Con poucos anos de idade a súa familia trasladouse a Tennesse, onde creceu e estudou. Empezou a carreira de Humanidades na universidade, pero non a deu rematado, e acabou alistándose nas Forzas Aéreas onde pasou catro anos. Os premios en concursos literarios e os guións escritos ofrecéronlle a posibilidade de adicarse en exclusiva á literatura. Non se coñece moito máis da súa biografía, xa que apenas concede entrevistas. Chamoume a atención un detalle non moi coñecido. Cambiou o seu nome orixinal (Charles) polo do rei irlandés nalgún momento da súa xuventude. Non se sabe se por iniciativa propia ou familiar. É un dos mellores novelistas estadounidenses da actualidade. Entre os moitos premios que recibiu, destaca o Pulitzer en 2007 pola obra aquí analizada, “The Road”. PRODUCIÓN LITERARIA Novelas • O garda do verxel (The Orchard Keeper) (1965) ISBN 0-679-72872-4 • A escuridade exterior (Outer Dark) (1968) ISBN 0-679-72873-2 • Fillo de Deus (Child of God) (1974) ISBN 0-679-72874-0 • Suttree (1979) ISBN 0-679-73632-8 • Meridiano de sangue Blood Meridian Or the Evening Redness in the West (1985) ISBN 0-679- 72875-9 • Triloxía da fronteira: • All the Pretty Horses (1992) ISBN 0-679-74439-8 • The Crossing (1994) ISBN 0-679-76084-9 • Cities of the Plain (1998) ISBN 0-679-74719-2 • Non é terra para vellos (No Country for Old Men) (2005) ISBN 0-375-70667-4 • A estrada (The Road) (2006) ISBN 0-307-38789-5 • O pasaxeiro (The Passenger, libro en proceso, TBA) Guións • O fillo do xardineiro (The Gardener's Son) (1976) ISBN 0-88001-481-4 Obras Teatrais • The Stonemason (1995) ISBN 978-0-679-76280-5 • The Sunset Limited (2006) ISBN 0-307-27836-0
  • 3.
    A Estrada Cormac McCarthy ANTECEDENTES E CONDICIONANTES Os Estados Unidos son un país relativamente xove, e é posible que o factor que máis determine a súa cultura é o feito migratorio. Foi a emigración europea (nun primeiro momento) a que sentou as bases da súa cultura1. O proceso de poboamento do país, determinado polo anterior, produciuse de leste a oeste, marcando un camiño material e inmaterial, unha ruta cultural que inflúe de feito determinante o seu sentido da vida. Jack Querouac como máximo expoñente da xeración beat2, recolle este legado adaptándoo como xeito de fuxir do establecido na súa novela “On the road”(1957). Esta novela, considerada entre as mellores da historia, relata as aventuras do autor e amigos ao longo das estradas estadounidenses, sendo clave para mitificar a lendaria Ruta66. A historia, iconificada pola xuventude dos 60-70 inflúe no cine e na literatura mundial, practicamente funda o xénero das “road-movies”, dentro do que se podería encadrar, con algúns matices, “A estrada” (The Road). Segundo declarou nunha entrevista Cormac McCarthy a inspiración para esta novela chegoulle durante unha visita co seu fillo no 2003 a El Paso, na fronteira dos E.U.A. con México. Imaxinando como podería ser esa cidade no futuro, visualizou os montes de arredor queimándose, e pensou sobre o seu fillo. Tomou algunhas notas iniciais pero non retomou a idea ata algúns anos despois, en Eire. Alí, a idea fluíu rapidamente a para cristalizar no que agora nos ocupa, dedicándollo ao seu fillo, John Francis McCarthy. Ata esta historia, os personaxes de McCarthy eran tenebrosos ,escuros. Cun pasado ou un presente que condiciona as súas accións. Nesta, dunha situación de destrución sácalles a humanidade preparándolle unha serie de sorpresas. Case como un deus vingativo, que os pon en situacións límite para darlle no derradeiro momento unha saída momentánea, para prorrogar o seu sufrimento (vida), dándolle novos azos para continuar o camiño. A relixión está presente ao longo de todo o libro. Quizais sexa un paso lóxico cando un perde todo depositar a confianza na existencia dun Máis Alá. O do padecemento na terra para desfrutar da vida eterna. Porén, débese ter en conta a educación relixiosa recibida polo autor e o entorno social no que se criou e vive (O sur profundo dos dos Estados Unidos). Xa na segunda páxina (páx.10) Ben=fillo. Mal= ao resto. A loita contra a maldade dominante reforza a dignidade do pai, como obxectivo en si mesmo, máis alá da supervivencia. 1A “migración”(forzosa) dos escravos africanos configurou o “poder negro” de mediados do século pasado que fai que na actualidade teñan un presidente negro .Agora é a inmigración do sur a que se está a destacar con importancia. 2 Movemento cultural estadounidense de mediados do século pasado, composto entre outros por Jack Querouac ou William Burroughs que se caracteriza por loitar contra os valores tradicionalistas e puritanos de Estados Unidos, e promover a liberación espiritual.
  • 4.
    A Estrada Cormac McCarthy ESTILO LITERARIO Nesta historia non existe unha presentación formal dos protagonistas. Vémonos somerxidos no seu drama, no seu contexto histórico, sen anestesia, “a saco”, sen ningunha introdución previa que atenúe o impacto. A escritura de McCarthy, xa de por si amiga de pouco barroquismo, é neste libro precisa, tensionada, evocadora e concisa ata a omisión. Está chea de silencios que transmiten (tensión, tristura, fartura, etc.). Céntrase na descrición de elementos simples para evocar a súa realidade primixenia (cinza, neve, choiva, po, frío, fame, sede...), o seu ancestral obxectivo da supervivencia. As imaxes son crúas , pero non histéricas nin preciosistas en detalles, facendo da narración case unha expresión nihilista. Invítanos a evadirse dun mundo destruído por unha guerra nuclear para apreciar a beleza do sombrío, da dor e do sufrimento dos dous protagonistas. Pai e fillo saben o que está a pensar cada un en cada intre. Froito diso os diálogos limítanse a comentar factores externos ou a tentar cambiar o estado de ánimo de outro. Son curtos e ,frecuentemente rematan cun silencio incómodo e resignado entre os dous. O relato desenvólvese dun xeito cíclico. A estrutura repítese cambiando certos matices. Segundo van camiñando e pasan os días esgótanselle os recursos, o que fai que a súa saúde vaia mermando pouco a pouco, ata que nunha situación límite atopan algo que lles permite continuar a súa viaxe; xa sexa unha casa apartada con víveres dentro, un búnker, un barco encallado, a aparición d'alguén, etc. Son picos de tensión que salpican a historia facéndoa máis atractiva, e que á súa vez, se van facendo cada vez máis estremos, ata rematar na morte do pai.
  • 5.
    A Estrada Cormac McCarthy VALORACIÓN PERSOAL Unha historia é unha narración de eventos nos que se integran uns protagonistas, as súas accións e os seus conflitos. Os conflitos que lle ocorren aos personaxes serven para que (pola empatía innata no ser humano), nos vexamos implicados na accións que alí ocorren. A priori, pode dar a sensación de ser unha narración fría e sen sentimento. Ao contrario. Con este estilo logra conmover coa dureza do relatado. Nesta novela o autor condúcenos con un fío de fraxilidade incómoda. É dicir, catalogámola como unha obra de ciencia-ficción catastrofista, pero...o que se conta debemos ser conscientes de que podería ocorrer nun futuro non moi afastado no tempo, polo que debéramos facer o unha obra literaria de anticipación? A relación entre o pai e o fillo é o eixo baixo o que se move todo o relato. sérvelles aos dous de apoio mutuo para non renderse. O neno sitúase como motor do pai, como acicate para non renderse e chegar á costa. Case un recordo do ancestral obxectivo da supervivencia dos xenes, do futuro da especie. Nesta novela, como no noso propio acontecer, a inmobilidade simboliza a morte, mentres que o movemento, o seu camiño, é a vida. Un camiño que as veces realízase de forma errática , seguindo coa metáfora, e ten un destino incerto, sen un rumbo fixo que seguir, como lle sucede aos protagonistas. Da historia gústame especialmente a figura do pai. É a personalidade máis traballada. É unha figura atormentada, que coñeceu o mundo anterior (o noso mundo), con todas as comparacións e reflexións que iso conleva, pero a diferencia da súa xa defunta muller, non se rendeu, e segue a vivir unicamente polo seu fillo, polo seu deber moral. Aínda así hai momentos nos que se plantexa morrer e así deixar de sufrir. Son os recordos do pai os que lle serven ao neno para construír a súa propia versión do mundo anterior, xa que el naceu no mundo xa destruído. Estes recordos fanlle albergar esperanzas de que alí a onde se dirixen ese mundo está presente dalgunha forma, a través da paisaxe, da presenza humana, etc. Cando finalmente o pai morre, extráese do relato unha sensación de fracaso, pois parécese adiviñar a mesma sorte para o fillo. Sen embargo, a aparición providencial do home que ferira ao pai anteriormente, fai que se todo remate cun final “feliz”, dentro da súa situación, xa que o neno atopa novos coidadores ao tempo que compañía, o seu máis grande anhelo ao longo do relato. É esta unha gran historia, non porque sucedan grandes cousas, xa que é máis unha novela de reflexión que de acción. Se non porque o que vai sucedendo sérvelle ao autor para plasmar interesantes reflexións sobre a soidade, o silencio ou a desesperanza.
  • 6.
    A Estrada Cormac McCarthy RECURSOS WEB E BIBLIOGRÁFICOS UTILIZADAS • McCarthy, Cormac ( Tradución de Eva Almazán). A estrada (The Road). Kalandraka Editora. Pontevedra, 2010. 189 páxs. ISBN: 978-84-96957-80-0 • Bergström, Bo ( Tradución de Xavi Faraudo). Tengo algo en el ojo (Essentials of Visual Communication). Promopress. Barcelona, 2009. 240 páxs. ISBN: 978-84-934881-9-9 • http://en.wikipedia.org/wiki/Cormac_McCarthy (última consulta, 22 novembro 2010) • http://es.wikipedia.org/wiki/Cormac_McCarthy (última consulta, 22 novembro 2010) • http://en.wikipedia.org/wiki/The_Road (última consulta, 10 decembro 2010) • http://gl.wikipedia.org/wiki/Xeraci%C3%B3n_beat (última consulta, 16 de decembro 2010) • http://gl.wikipedia.org/wiki/On_the_Road última consulta, 16 de decembro 2010) • http://stalker.hautetfort.com/archive/2008/11/23/la-carretera-de-cormac- mccarthy.html (última consulta, 10 decembro 2010) • http://elarteinutil.blogspot.com/2007/12/la-carretera-de-cormac-mccarthy.html (última consulta, 10 de decembro 2010) • http://unlibroabierto.wordpress.com/2009/10/20/la-carretera-cormac-mccarthy/ (última consulta, 10 de decembro 2010)