1. Plástica : Libros Flipbook Este ano o concurso de contos quedou
substituído por un concurso de flipbooks. É un traballo de clase, o único
requisito para participar no concurso era que o tema do libriño fosen as
viaxes. Agora témolos expostos nos recreos na Biblioteca. Son moi
divertidos. Animádevos a pasar pola biblioteca nos recreos e votarlles
unha ollada.