OS PIRATAS!
Aula de infantil.
CEIP San Clodio
Curso 2014-15
Xustificación
 Este proxecto levóuse a cabo no 1º
trimestre na aula de infantil con nen@s
de 3 a 5 anos. Para inicialos na
metodoloxía de traballo por proxectos
na que aprenden de maneira máis
motivadora porque son copartícipes na
elección, realización e toma de
decisións sobre as tarefas e actividades
que se realizan.
ALAAA… UN COFRE DO TESOURO!
Un bo día cando
chegamos á nosa
clase tiñamos enriba
da mesa unha
sorpresa. Era un cofre
do tesouro!.
Enviáranolo a nosa
amiga Moura a fada do
outono xunto co seu
libro de recordos.
O CONTIDO DO BAÚL
Abrímolo e vimos que
dentro había unha
morea de cousas
interesantes: un barco
pirata, un conto,
disfraces, un caderno
de bitácora, unha
botella cunha mensaxe,
xogos mariños,
cunchas….
DIALOGAMOS NA ASEMBLEA
Falando,
falando…
decidimos
investigar sobre
aqueles regaliños
e o que máis nos
gustou foi a idea
de aprender
cousas sobre
piratas.
EMPEZAMOS!
Para empezar
estivemos
averiguando que
sabíamos xa sobre
piratas. E pouco a
pouco foron
aparecendo
algunhas cousiñas
máis que queríamos
saber.
CARTA ÁS FAMILIAS
Decidimos poñernos a
buscar información,
obxectos e cousas
relacionadas cos
piratas en libros e
contos, na biblioteca da
aula, en internet, en
pelis…. E entre todos
redactamos e
escribimos unha carta
para pedirlles axuda ás
nosas familias.
RECANTO DOS PIRATAS
Aos poucos días xa tiñamos
unha morea de obxectos
para o recanto dos piratas
que montamos na aula:
libros que contan cousas da
vida e dos barcos piratas,
roupas e complementos de
piratas, a bandeira negra
cos ósos e a caveira, armas,
películas, e contos,
mooooitos contos de Piratas,
Peter Pan…
A BIBLIOTECA PIRATA
 Chegaronnos
tantos libros,
pelis, xogos e
documentos que
montamos unha
biblioteca pirata
na aula, e
investigando
aprendemos un
montón de
cousas novas.
CARTA DO PIRATA METEPATA
Na seguinte semana
chegou á nosa clase unha
carta do pirata Metepata
contándonos que sabía
pola súa amiga
“Campanilla”, a dos contos
de Peter Pan, que
estabamos interesados en
saber cousas sobre a vida
dos piratas. Así que nos
invitaba a convertirnos en
piratas e formar parte da
súa tripulación.
XURAMENTO E CARNET DE PIRATA
Para iso tiñamos
que facer o
xuramento pirata
e cambiar os
nosos nomes por
outros máis
axeitados para os
piratas. E así
fixemos o noso
carnet de piratas.
O NOSO BARCO PIRATA
Convertémonos
en Piratas e
subímonos ao
noso barco,
navegando
rumbo aos
mares do Sur.
Na procura de
aventuras!.
MENSAXE NUNHA BOTELLA
Logo duns días máis
chegou á clase unha
mensaxe nunha
botella. Era a
mensaxe dun
náufrago,
contándonos que os
piratas o abandonaran
nunha illa deserta
onde tiñan agochado
un tesouro.
Cada un de nós fixo a
súa propia e un
mensaxe segredo
para meter na botella.
BEBERAXE CONTRA O ESCORBUTO
A nosa amiga a pirata Malapata
escribíunos unha mensaxe
contándonos que estaba enferma
debido ás malas condicións da
vida que levan os piratas no mar.
Pois como pasan tanto tempo no
barco comen moi mal, e xa que
non probou verduras nen froitas
en moitos meses enfermou de
ESCORBUTO e agora non pode
navegar.
Como está preocupada por nós
envióunos unha receita para que
nós preparemos na clase unha
beberaxe contra esta terrible
enfermidade á que todos os
piratas temen.
E así o fixemos!: con mel e zume
de laranxa repleto de vitamina C
non temos medo ningún a pillar o
escorbuto.
O NOSO COFRE DO TESOURO!
Todo bo pirata ten o
seu cofre particular.
Nós non imos ser
menos, así mans á obra
con materiais de
reciclaxe e adornos
sinxelos creamos o
noso propio.
Nel iremos gardando
aqueles pequeniños
tesouros que día a día
imos xuntando na
escola.
O BARCO NINJAGOU
 Despois de investigar
sobre como se fan os
barcos decidímonos a
construir o noso propio,
así foi como nos
embarcamos nun
proxecto matemático
para construilo na
clase.
O BARCO NINJAGOU
MURAL DOS PIRATAS
Cada día somos piratas
máis expertos. E como
xa sabemos tantas
cousas decidimos facer
un mural con todo o
que fomos vendo e
aprendendo, onde
recollemos información
sobre ónde viven, cómo
visten, qué comen,
nomes de piratas
famosos, tipos de
piratas…
O LIBRO DOS PIRATAS
Ademais con toda a
información imos
completando unha
morea de páxinas
coas que creamos o
noso propio libro de
piratas.
CONTOS PIRATAS:
El tesoro de Barba Negra
e O Pirata xigante
Unha das cousas que
máis nos gustan son os
contos.
Atopamos un ben
fermoso e moi chistoso.
Tanto no gustou que
nos puxemos a inventar
outros novos a partir
deste e logo a ilustralos
cos nosos propios
debuxiños e pasámolo
en grande facéndoo.
RIMAS PIRATAS
 Como o conto se
nos deu bastante
ben decidimos
logo intentalo
coas rimas. E foi
así como co noso
nome pirata cada
un de nós
inventou a súa
rima coa axuda
dos compañeiros.
A COLECCIÓN DE CUNCHAS
Como mariños que
somos gústannos
moito as cunchas do
mar e dedicámonos
a facer unha
colección na nosa
aula, para iso
tivemos que
contalas, agrupalas,
ordenalas,
clasificalas por
tamaños, formas ...
Estamos xa a piques de rematar.
Esta foi unha grande aventura.
Agora é tempo de marchar pero non vos
preocupedes que en novas historias nos
volveremos atopar.
ATA LOGO!

Os piratas de infantil

  • 1.
    OS PIRATAS! Aula deinfantil. CEIP San Clodio Curso 2014-15
  • 2.
    Xustificación  Este proxectolevóuse a cabo no 1º trimestre na aula de infantil con nen@s de 3 a 5 anos. Para inicialos na metodoloxía de traballo por proxectos na que aprenden de maneira máis motivadora porque son copartícipes na elección, realización e toma de decisións sobre as tarefas e actividades que se realizan.
  • 3.
    ALAAA… UN COFREDO TESOURO! Un bo día cando chegamos á nosa clase tiñamos enriba da mesa unha sorpresa. Era un cofre do tesouro!. Enviáranolo a nosa amiga Moura a fada do outono xunto co seu libro de recordos.
  • 4.
    O CONTIDO DOBAÚL Abrímolo e vimos que dentro había unha morea de cousas interesantes: un barco pirata, un conto, disfraces, un caderno de bitácora, unha botella cunha mensaxe, xogos mariños, cunchas….
  • 5.
    DIALOGAMOS NA ASEMBLEA Falando, falando… decidimos investigarsobre aqueles regaliños e o que máis nos gustou foi a idea de aprender cousas sobre piratas.
  • 6.
    EMPEZAMOS! Para empezar estivemos averiguando que sabíamosxa sobre piratas. E pouco a pouco foron aparecendo algunhas cousiñas máis que queríamos saber.
  • 7.
    CARTA ÁS FAMILIAS Decidimospoñernos a buscar información, obxectos e cousas relacionadas cos piratas en libros e contos, na biblioteca da aula, en internet, en pelis…. E entre todos redactamos e escribimos unha carta para pedirlles axuda ás nosas familias.
  • 8.
    RECANTO DOS PIRATAS Aospoucos días xa tiñamos unha morea de obxectos para o recanto dos piratas que montamos na aula: libros que contan cousas da vida e dos barcos piratas, roupas e complementos de piratas, a bandeira negra cos ósos e a caveira, armas, películas, e contos, mooooitos contos de Piratas, Peter Pan…
  • 9.
    A BIBLIOTECA PIRATA Chegaronnos tantos libros, pelis, xogos e documentos que montamos unha biblioteca pirata na aula, e investigando aprendemos un montón de cousas novas.
  • 10.
    CARTA DO PIRATAMETEPATA Na seguinte semana chegou á nosa clase unha carta do pirata Metepata contándonos que sabía pola súa amiga “Campanilla”, a dos contos de Peter Pan, que estabamos interesados en saber cousas sobre a vida dos piratas. Así que nos invitaba a convertirnos en piratas e formar parte da súa tripulación.
  • 11.
    XURAMENTO E CARNETDE PIRATA Para iso tiñamos que facer o xuramento pirata e cambiar os nosos nomes por outros máis axeitados para os piratas. E así fixemos o noso carnet de piratas.
  • 12.
    O NOSO BARCOPIRATA Convertémonos en Piratas e subímonos ao noso barco, navegando rumbo aos mares do Sur. Na procura de aventuras!.
  • 13.
    MENSAXE NUNHA BOTELLA Logoduns días máis chegou á clase unha mensaxe nunha botella. Era a mensaxe dun náufrago, contándonos que os piratas o abandonaran nunha illa deserta onde tiñan agochado un tesouro. Cada un de nós fixo a súa propia e un mensaxe segredo para meter na botella.
  • 14.
    BEBERAXE CONTRA OESCORBUTO A nosa amiga a pirata Malapata escribíunos unha mensaxe contándonos que estaba enferma debido ás malas condicións da vida que levan os piratas no mar. Pois como pasan tanto tempo no barco comen moi mal, e xa que non probou verduras nen froitas en moitos meses enfermou de ESCORBUTO e agora non pode navegar. Como está preocupada por nós envióunos unha receita para que nós preparemos na clase unha beberaxe contra esta terrible enfermidade á que todos os piratas temen. E así o fixemos!: con mel e zume de laranxa repleto de vitamina C non temos medo ningún a pillar o escorbuto.
  • 15.
    O NOSO COFREDO TESOURO! Todo bo pirata ten o seu cofre particular. Nós non imos ser menos, así mans á obra con materiais de reciclaxe e adornos sinxelos creamos o noso propio. Nel iremos gardando aqueles pequeniños tesouros que día a día imos xuntando na escola.
  • 16.
    O BARCO NINJAGOU Despois de investigar sobre como se fan os barcos decidímonos a construir o noso propio, así foi como nos embarcamos nun proxecto matemático para construilo na clase.
  • 17.
  • 18.
    MURAL DOS PIRATAS Cadadía somos piratas máis expertos. E como xa sabemos tantas cousas decidimos facer un mural con todo o que fomos vendo e aprendendo, onde recollemos información sobre ónde viven, cómo visten, qué comen, nomes de piratas famosos, tipos de piratas…
  • 19.
    O LIBRO DOSPIRATAS Ademais con toda a información imos completando unha morea de páxinas coas que creamos o noso propio libro de piratas.
  • 20.
    CONTOS PIRATAS: El tesorode Barba Negra e O Pirata xigante Unha das cousas que máis nos gustan son os contos. Atopamos un ben fermoso e moi chistoso. Tanto no gustou que nos puxemos a inventar outros novos a partir deste e logo a ilustralos cos nosos propios debuxiños e pasámolo en grande facéndoo.
  • 21.
    RIMAS PIRATAS  Comoo conto se nos deu bastante ben decidimos logo intentalo coas rimas. E foi así como co noso nome pirata cada un de nós inventou a súa rima coa axuda dos compañeiros.
  • 22.
    A COLECCIÓN DECUNCHAS Como mariños que somos gústannos moito as cunchas do mar e dedicámonos a facer unha colección na nosa aula, para iso tivemos que contalas, agrupalas, ordenalas, clasificalas por tamaños, formas ...
  • 23.
    Estamos xa apiques de rematar. Esta foi unha grande aventura. Agora é tempo de marchar pero non vos preocupedes que en novas historias nos volveremos atopar.
  • 24.