SlideShare a Scribd company logo
DOG Núm. 239 Luns, 15 de decembro de 2014 Páx. 51096 
ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia 
III. OUTRAS DISPOSICIÓNS 
CONSELLERÍA DE FACENDA 
DECRETO 154/2014, do 11 de decembro, polo que se aproba a oferta de emprego 
público correspondente a prazas de persoal funcionario da Administración da 
Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2014. 
O artigo 21 da Lei 22/2013, do 23 de decembro, de orzamentos xerais do Estado para 
o ano 2014, dispón que durante o exercicio 2014 non se procederá no sector público auto-nómico 
á incorporación de novo persoal, agás o que poda derivar da execución de ofertas 
de emprego público de exercicios anteriores. 
Non obstante, sempre que se respecten as dispoñibilidades orzamentarias do capítu-lo 
I, o artigo 21.2 exceptúa da anterior limitación determinados sectores e colectivos de 
marcado carácter prioritario respecto dos cales a taxa de reposición de efectivos se fixa 
ata un máximo do 10 %. Para estes efectos, consideraranse efectivos aqueles que veñan 
desempeñando a súa actividade en servizos que teñen carácter permanente na Comuni-dade 
Autónoma. 
Entre estes sectores, a lei inclúe o control e a loita contra a fraude fiscal, laboral, as sub-vencións 
públicas, o asesoramento xurídico, a xestión e o control da asignación eficiente 
dos recursos públicos e ás prazas correspondentes ao persoal dos servizos de prevención 
e extinción de incendios e de salvamento. Para atender a estes sectores, a Comunidade 
Autónoma de Galicia conta con corpos e escalas de administración xeral e especial. 
O artigo 70 do Estatuto básico do empregado público establece a posibilidade de que a 
oferta de emprego conteña, non só o referente á incorporación de persoal de novo ingreso, 
senón tamén outras medidas derivadas da planificación de recursos humanos. 
O artigo 31.6 do texto refundido da Lei da función pública de Galicia, aprobado polo 
Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, establece o procedemento de autorización da 
oferta de emprego público, que corresponde ao Consello da Xunta de Galicia por proposta 
da consellería competente en materia de función pública. 
Pola súa banda, o artigo 13 da Lei 11/2013, do 26 de decembro, de orzamentos xerais 
da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2014, exixe o informe favorable da Di-rección 
Xeral de Planificación e Orzamentos. 
CVE-DOG: seqcift7-tg04-5kw2-ijx2-hpmuoz6m6av7
DOG Núm. 239 Luns, 15 de decembro de 2014 Páx. 51097 
ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia 
Con respecto á reserva da cota para persoas con discapacidade, aínda que xa se aca-dou 
o 2 % dos efectivos totais nesta Administración pública e a normativa de función públi-ca 
permite que a porcentaxe de reserva mínima sexa dun 5 %, esta Administración consi-dera 
conveniente manter a porcentaxe do 7 % das vacantes, que se distribuirá segundo se 
establece no anexo das prazas obxecto desta oferta. 
En cumprimento do disposto no punto 5 da disposición adicional sétima do texto refun-dido 
da Lei da función pública de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/2008, do 13 
de marzo, non serán de aplicación os números 3 e 4 da dita disposición. 
Neste marco e tendo en conta os postos de traballo vacantes en distintos corpos e 
escalas de administración xeral e especial desta comunidade autónoma que afectan ao 
funcionamento dos servizos públicos esenciais, de conformidade co previsto no artigo 13 
da Lei 11/2013, do 26 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de 
Galicia para o ano 2014, así como co artigo 21 da Lei 22/2013, do 23 de decembro, de 
orzamentos xerais do Estado para o ano 2014, cómpre a aprobación da oferta de emprego 
público relativa ao persoal funcionario de escalas de administración xeral e especial do ano 
2014 e o establecemento dos criterios en que debe enmarcarse esta oferta. 
Na súa virtude, unha vez consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa 
Xeral de Negociación de Empregados Públicos, logo do informe da Dirección Xeral de 
Planificación e Orzamentos e da Comisión de Persoal, e de conformidade co establecido 
no artigo 13.8 do texto refundido da Lei da función pública de Galicia, aprobado polo De-creto 
lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, por proposta da conselleira de Facenda e logo de 
deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día once de decembro de 
dous mil catorce, 
DISPOÑO: 
Artigo 1. Aprobación da oferta de emprego público 
De conformidade co disposto no artigo 31.6 do texto refundido da Lei da función pú-blica 
de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo; no artigo 70 
da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público; no artigo 21 da 
Lei 22/2013, do 23 de decembro, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2014, así 
como no artigo 13 da Lei 11/2013, do 26 de decembro, de orzamentos xerais da Comuni-dade 
Autónoma de Galicia para o ano 2014, apróbase a oferta de emprego público corres- 
CVE-DOG: seqcift7-tg04-5kw2-ijx2-hpmuoz6m6av7
DOG Núm. 239 Luns, 15 de decembro de 2014 Páx. 51098 
ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia 
pondente a distintas escalas de administración xeral e especial da Xunta de Galicia para o 
ano 2014, nos termos que se establecen neste decreto. 
Artigo 2. Cuantificación da oferta de emprego público 
A oferta de emprego público 2014 inclúe as necesidades de recursos humanos, con 
asignación orzamentaria, que deban proverse mediante a incorporación de persoal de 
novo ingreso. 
Tal e como establece o Estatuto básico do empregado público, a oferta de emprego 
público, como instrumento de planificación dos recursos humanos dispoñibles, define e 
cuantifica os efectivos en función das necesidades e prioridades derivadas da planificación 
xeral dos recursos humanos. 
A distribución realizarase de conformidade co disposto nos artigos e no anexo deste 
decreto, tendo en conta o disposto no artigo 63 do texto refundido da Lei da función públi-ca 
de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, e a disposición 
transitoria segunda da Lei 7/2007, do 12 de abril, polo que se aproba o Estatuto básico do 
empregado público. 
Artigo 3. Criterios xerais de aplicación nos procesos selectivos 
1. De acordo coa Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público, 
sinálanse os seguintes principios reitores para o acceso ao emprego público e a adquisi-ción 
da relación de servizo: 
a) Na selección do seu persoal, a Administración da Comunidade Autónoma de Galicia 
garantirá, ademais dos principios constitucionais de igualdade, mérito e capacidade, os 
principios de: 
– Publicidade das convocatorias e das súas bases. 
– Transparencia. 
– Imparcialidade e profesionalidade dos órganos de selección e dos seus membros. 
– Independencia e discrecionalidade técnica na actuación dos órganos de selección. 
– Adecuación entre o contido dos procesos selectivos e as funcións e tarefas que hai 
que desenvolver. 
CVE-DOG: seqcift7-tg04-5kw2-ijx2-hpmuoz6m6av7
DOG Núm. 239 Luns, 15 de decembro de 2014 Páx. 51099 
ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia 
– Axilidade, sen prexuízo da obxectividade, nos procesos selectivos. 
b) Os procesos selectivos terán carácter aberto e garantirán a libre concorrencia, sen 
prexuízo do establecido para a promoción interna e das medidas de discriminación positiva 
previstas neste decreto. 
c) A composición dos tribunais de selección do persoal da Administración pública galega 
será paritaria para o conxunto da oferta pública de emprego, tanto se se trata de acceso 
ao emprego como se se trata de promoción interna, de acordo co disposto no artigo 36 
da Lei 7/2004, do 16 de xullo, para a igualdade de mulleres e homes, modificado pola 
Lei 2/2007, do 28 de marzo, do traballo en igualdade das mulleres en Galicia. 
d) Os procesos selectivos que prevexan a realización de probas con respostas alterna-tivas, 
farán públicos os cadros de respostas na páxina web da Xunta de Galicia, ademais 
de nos lugares que se estipulen na convocatoria. 
e) O funcionamento e a actuación dos tribunais de selección axustaranse ás instrucións 
ditadas para o efecto polo órgano competente. 
2. Se nun determinado corpo, escala, subgrupo ou categoría da Administración pública 
galega se verificase a infrarrepresentación do sexo feminino, entendendo por infrarrepre-sentación 
cando exista unha diferenza porcentual de, polo menos, vinte puntos entre o 
número de mulleres e o número de homes, de existir méritos iguais entre dous ou máis 
candidatos ao finalizar o proceso selectivo e antes da proposta de nomeamento dos candi-datos 
aprobados, deberá aplicarse como primeiro criterio de desempate a preferencia das 
mulleres, salvo se, de considerar obxectivamente todas as circunstancias concorrentes 
nos candidatos de ambos sexos, existen motivos non discriminatorios para preferir o home, 
de acordo co artigo 37 da Lei 7/2004, do 16 de xullo, para a igualdade de mulleres e homes. 
Artigo 4. Persoas con discapacidade 
1. Nos procesos serán admitidas as persoas con discapacidade nos termos previstos 
neste artigo e demais normativa aplicable. 
As convocatorias non establecerán exclusións por limitacións psíquicas e/ou físicas sen 
prexuízo das incompatibilidades co desempeño das tarefas ou funcións correspondentes. 
2. De conformidade co previsto no artigo 59 do Estatuto básico do empregado público 
e na disposición adicional sétima do texto refundido da Lei da función pública de Galicia, 
CVE-DOG: seqcift7-tg04-5kw2-ijx2-hpmuoz6m6av7
DOG Núm. 239 Luns, 15 de decembro de 2014 Páx. 51100 
ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia 
reservarase unha cota do 7 % das vacantes ofertadas para seren cubertas por persoas con 
discapacidade, considerando como tales as definidas no artigo 1.2 da Lei 51/2003, do 2 de 
decembro, de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal 
de persoas con discapacidade, sempre que superen os procesos selectivos e acrediten a 
súa discapacidade, así como a compatibilidade no desempeño das súas funcións, de xeito 
que, progresivamente, se acade o 2 % dos efectivos totais da Administración da Xunta de 
Galicia. 
Non obstante, e ao terse acadado nesta Administración o obxectivo do 2 % dos efectivos 
totais, pola quenda de discapacitados, non será de aplicación o disposto nos números 3 
e 4 da disposición adicional sétima do texto refundido da Lei da función pública de Galicia, 
aprobado polo Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo. 
A reserva farase sobre o cómputo total das vacantes incluídas na oferta de emprego 
público, segundo figura no anexo. 
3. A opción a prazas reservadas terá que formularse na solicitude de participación nas 
convocatorias con declaración expresa dos interesados de reunir a condición exixida ao 
respecto, que se acreditará, se obtiveren praza, mediante certificación dos órganos com-petentes. 
As probas selectivas terán idéntico contido e realizaranse en condicións de igual-dade 
co resto dos aspirantes, garantindo, en todo caso, o carácter individual dos procesos; 
dándolles un tratamento diferenciado ás dúas quendas durante o procedemento selectivo, 
no que se refire ás relacións de admitidos e excluídos, aos chamamentos, aos exercicios 
e á relación de aprobados. Non obstante, ao finalizar o proceso, elaborarase unha relación 
única na cal se incluirán todos os candidatos que superasen todas as probas selectivas, 
ordenados pola puntuación total obtida, con independencia da quenda pola que participen. 
A dita relación será a determinante para a petición e a adxudicación de destinos, agás o 
previsto no punto 7 deste artigo, de acordo co previsto no Real decreto 2271/2004, do 3 
de decembro, polo que se regula o acceso ao emprego público e a provisión de postos de 
traballo das persoas con discapacidade. 
Se na súa realización lle xurdiren dúbidas ao órgano de selección respecto da capa-cidade 
do/da aspirante para o desempeño das actividades habitualmente desenvolvidas 
polos funcionarios/as do corpo ou escala a que se opta, poderán solicitar o correspondente 
ditame do órgano competente. 
4. Nas probas selectivas, incluíndo os cursos de formación ou os períodos de prácticas, 
estableceranse, para as persoas con discapacidade que o soliciten, as adaptacións e os 
CVE-DOG: seqcift7-tg04-5kw2-ijx2-hpmuoz6m6av7
DOG Núm. 239 Luns, 15 de decembro de 2014 Páx. 51101 
ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia 
axustes razoables necesarios, de tempo e medios para a súa realización, de acordo co 
disposto na Orde PRE/1822/2006, do 9 de xuño, pola que se establecen criterios xerais 
para a adaptación de tempos adicionais nos procesos selectivos para o acceso ao empre-go 
público de persoas con discapacidade, para asegurar que estas persoas participen en 
condicións de igualdade. Nas convocatorias indicarase expresamente esta posibilidade, 
así como que os interesados deberán formular a correspondente petición concreta na so-licitude 
de participación. 
Para tal efecto, os tribunais ou a comisión de selección poderán requirir informe e, se 
é o caso, colaboración dos órganos técnicos da Administración laboral, sanitaria ou dos 
órganos competentes. 
5. Con anterioridade ao nomeamento e unha vez superado o proceso selectivo, a con-sellería 
competente en materia de función pública requirirá, respecto das persoas que 
acceden por esta cota de reserva, ditame do órgano competente sobre a compatibilidade 
do/da candidato/a para o posto de traballo ou sobre as adaptacións deste último. 
6. Os procesos selectivos deberán incluír a posibilidade de que nas convocatorias en 
que se estableza unha cota de reserva para persoas con discapacidade, unha vez cubertas 
as prazas desta cota, os aspirantes que superasen a fase de oposición pero non obteñan 
praza pola cota de reserva, poidan optar, en igualdade de condicións, ás prazas do sistema 
xeral, tanto no caso de acceso por promoción interna como no de quenda libre. 
7. Tras superar o proceso selectivo, as persoas que ingresen en corpos ou escalas de 
persoal funcionario e que fosen admitidas na convocatoria ordinaria con prazas reservadas 
para persoas con discapacidade poderanlle solicitar ao órgano convocante a alteración da 
orde de prelación para a escolla das prazas dentro do ámbito territorial que se determine 
na convocatoria, por motivos de dependencia persoal, dificultades de desprazamento ou 
outras análogas, que deberán ser debidamente acreditados. O órgano convocante deci-dirá 
a dita alteración cando estea debidamente xustificada e deberase limitar a realizar a 
mínima modificación na orde de prelación necesaria para posibilitar o acceso ao posto da 
persoa discapacitada. 
Disposición derradeira primeira. Desenvolvemento do decreto 
Facúltase a persoa titular da consellería competente en materia de función pública para 
ditar, dentro das súas competencias, as normas precisas para o desenvolvemento do pre-sente 
decreto. 
CVE-DOG: seqcift7-tg04-5kw2-ijx2-hpmuoz6m6av7
DOG Núm. 239 Luns, 15 de decembro de 2014 Páx. 51102 
ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia 
Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor 
Este decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de 
Galicia. 
Santiago de Compostela, once de decembro de dous mil catorce 
Alberto Núñez Feijóo 
Presidente 
Elena Muñoz Fonteriz 
Conselleira de Facenda 
ANEXO 
Prazas correspondentes á oferta para o ingreso nas escalas 
de administración xeral e especial do ano 2014 
1. Administración xeral Discapac. (7 %) 
Corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia (subgrupo A2) 
– Escala técnica de finanzas 7 1 
Corpo administrativo da Xunta de Galicia (subgrupo C1) 
– Escala de subinspectores/as de consumo 3 
2. Administración especial 
Corpo facultativo superior da Xunta (subgrupo A1) 
– Escala de biólogos/as 
– Escala de químicos/as 
– Escala de enxeñeiros/as industriais 
– Escala de veterinarios/as 
9 
3 
4 
6 
2 
1 
Corpo facultativo de grao medio da Xunta (subgrupo A2) 
– Escala de enxeñeiros/as técnicos/as industriais 7 
Corpo axudantes facultativos (subgrupo C1) 
– Escala de axentes facultativos ambientais 10 
Total 49 4 
Total xeral 53 
CVE-DOG: seqcift7-tg04-5kw2-ijx2-hpmuoz6m6av7

More Related Content

Viewers also liked

Informatica
InformaticaInformatica
Informaticaam30147
 
Sistema digestivo
Sistema digestivoSistema digestivo
Sistema digestivo
Sloggy Vanessa Montoya
 
Analu_ava_principioeducativoecientifico
Analu_ava_principioeducativoecientificoAnalu_ava_principioeducativoecientifico
Analu_ava_principioeducativoecientifico
Analu Santo
 
0123 resolucion egresados_oficiales0001
0123 resolucion egresados_oficiales00010123 resolucion egresados_oficiales0001
0123 resolucion egresados_oficiales0001sutevalle
 
SISTEMA DE PLANTIO DIRETO EM AGRICULTURA ORGÂNICA
SISTEMA DE PLANTIO DIRETO EM AGRICULTURA ORGÂNICASISTEMA DE PLANTIO DIRETO EM AGRICULTURA ORGÂNICA
SISTEMA DE PLANTIO DIRETO EM AGRICULTURA ORGÂNICAfeiraagroecologica
 

Viewers also liked (7)

Informatica
InformaticaInformatica
Informatica
 
Sistema digestivo
Sistema digestivoSistema digestivo
Sistema digestivo
 
Analu_ava_principioeducativoecientifico
Analu_ava_principioeducativoecientificoAnalu_ava_principioeducativoecientifico
Analu_ava_principioeducativoecientifico
 
0123 resolucion egresados_oficiales0001
0123 resolucion egresados_oficiales00010123 resolucion egresados_oficiales0001
0123 resolucion egresados_oficiales0001
 
Rodolfo Albino 35
Rodolfo Albino 35Rodolfo Albino 35
Rodolfo Albino 35
 
Prácticas Geografía Urbana. Selección P.A.U.
Prácticas Geografía Urbana. Selección P.A.U.Prácticas Geografía Urbana. Selección P.A.U.
Prácticas Geografía Urbana. Selección P.A.U.
 
SISTEMA DE PLANTIO DIRETO EM AGRICULTURA ORGÂNICA
SISTEMA DE PLANTIO DIRETO EM AGRICULTURA ORGÂNICASISTEMA DE PLANTIO DIRETO EM AGRICULTURA ORGÂNICA
SISTEMA DE PLANTIO DIRETO EM AGRICULTURA ORGÂNICA
 

Similar to XUNTA DE GALICIA. OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO

Subvencion contratación indefinida
Subvencion contratación indefinidaSubvencion contratación indefinida
Subvencion contratación indefinidaOscar Feijoo
 
Subvencion para constitución de sociedades
Subvencion para constitución de sociedadesSubvencion para constitución de sociedades
Subvencion para constitución de sociedadesOscar Feijoo
 
Novas da Xustiza abril 2017
Novas da Xustiza abril 2017Novas da Xustiza abril 2017
Novas da Xustiza abril 2017
CCOOXustiza
 
Anuncio g2018 041213-0002-gl
Anuncio g2018 041213-0002-glAnuncio g2018 041213-0002-gl
Anuncio g2018 041213-0002-glCharo García
 
Novas da xustiza 1060
Novas da xustiza 1060Novas da xustiza 1060
Novas da xustiza 1060
CCOOXustiza
 
Novas da xustiza 1060
Novas da xustiza 1060Novas da xustiza 1060
Novas da xustiza 1060
CCOOXustiza
 
Bases animador socio cultural
Bases animador socio culturalBases animador socio cultural
Bases animador socio culturalodesvanmarita
 
Novas nº 1039
Novas nº 1039 Novas nº 1039
Novas nº 1039
CCOOXustiza
 
Novas da xustiza 1058
Novas da xustiza 1058Novas da xustiza 1058
Novas da xustiza 1058
CCOOXustiza
 
Oferta formativa 2014 2015
Oferta  formativa  2014 2015Oferta  formativa  2014 2015
Oferta formativa 2014 2015gelesmaral
 
Anuncio g0164 180214-0005-gl
Anuncio g0164 180214-0005-glAnuncio g0164 180214-0005-gl
Anuncio g0164 180214-0005-glCharo García
 
Manifesto para o día 13 de xuño
Manifesto para o día 13 de xuñoManifesto para o día 13 de xuño
Manifesto para o día 13 de xuñooscargaliza
 
ORDENANZA FISCAL DA TAXA POR PRESTACIÓN DE SERVICIOS DE INSPECCIÓN, DIRECCIÓN...
ORDENANZA FISCAL DA TAXA POR PRESTACIÓN DE SERVICIOS DE INSPECCIÓN, DIRECCIÓN...ORDENANZA FISCAL DA TAXA POR PRESTACIÓN DE SERVICIOS DE INSPECCIÓN, DIRECCIÓN...
ORDENANZA FISCAL DA TAXA POR PRESTACIÓN DE SERVICIOS DE INSPECCIÓN, DIRECCIÓN...
PSOE A BAÑA
 
Novas da xustiza nº 1055
Novas da xustiza nº 1055Novas da xustiza nº 1055
Novas da xustiza nº 1055CCOOXustiza
 

Similar to XUNTA DE GALICIA. OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO (17)

Subvencion contratación indefinida
Subvencion contratación indefinidaSubvencion contratación indefinida
Subvencion contratación indefinida
 
Subvencion para constitución de sociedades
Subvencion para constitución de sociedadesSubvencion para constitución de sociedades
Subvencion para constitución de sociedades
 
Sergas
SergasSergas
Sergas
 
Novas da Xustiza abril 2017
Novas da Xustiza abril 2017Novas da Xustiza abril 2017
Novas da Xustiza abril 2017
 
Anuncio g2018 041213-0002-gl
Anuncio g2018 041213-0002-glAnuncio g2018 041213-0002-gl
Anuncio g2018 041213-0002-gl
 
Anuncio g2018 041213-0002-gl
Anuncio g2018 041213-0002-glAnuncio g2018 041213-0002-gl
Anuncio g2018 041213-0002-gl
 
Novas da xustiza 1060
Novas da xustiza 1060Novas da xustiza 1060
Novas da xustiza 1060
 
Novas da xustiza 1060
Novas da xustiza 1060Novas da xustiza 1060
Novas da xustiza 1060
 
Bases animador socio cultural
Bases animador socio culturalBases animador socio cultural
Bases animador socio cultural
 
Novas nº 1039
Novas nº 1039 Novas nº 1039
Novas nº 1039
 
Novas da xustiza 1058
Novas da xustiza 1058Novas da xustiza 1058
Novas da xustiza 1058
 
Becas parlamento galicia 0ct13
Becas parlamento galicia 0ct13Becas parlamento galicia 0ct13
Becas parlamento galicia 0ct13
 
Oferta formativa 2014 2015
Oferta  formativa  2014 2015Oferta  formativa  2014 2015
Oferta formativa 2014 2015
 
Anuncio g0164 180214-0005-gl
Anuncio g0164 180214-0005-glAnuncio g0164 180214-0005-gl
Anuncio g0164 180214-0005-gl
 
Manifesto para o día 13 de xuño
Manifesto para o día 13 de xuñoManifesto para o día 13 de xuño
Manifesto para o día 13 de xuño
 
ORDENANZA FISCAL DA TAXA POR PRESTACIÓN DE SERVICIOS DE INSPECCIÓN, DIRECCIÓN...
ORDENANZA FISCAL DA TAXA POR PRESTACIÓN DE SERVICIOS DE INSPECCIÓN, DIRECCIÓN...ORDENANZA FISCAL DA TAXA POR PRESTACIÓN DE SERVICIOS DE INSPECCIÓN, DIRECCIÓN...
ORDENANZA FISCAL DA TAXA POR PRESTACIÓN DE SERVICIOS DE INSPECCIÓN, DIRECCIÓN...
 
Novas da xustiza nº 1055
Novas da xustiza nº 1055Novas da xustiza nº 1055
Novas da xustiza nº 1055
 

More from Area de Orientación Laboral USC

Boletin 29dec
Boletin 29decBoletin 29dec
Contratos en investigacion postdoc y predoctorales
Contratos en investigacion postdoc y predoctoralesContratos en investigacion postdoc y predoctorales
Contratos en investigacion postdoc y predoctorales
Area de Orientación Laboral USC
 
BOLSAS DO MINISTERIO DE AGRICULTURA, ALIMENTACIÓN Y MEDIO AMBIENTE
BOLSAS DO MINISTERIO DE AGRICULTURA, ALIMENTACIÓN Y MEDIO AMBIENTEBOLSAS DO MINISTERIO DE AGRICULTURA, ALIMENTACIÓN Y MEDIO AMBIENTE
BOLSAS DO MINISTERIO DE AGRICULTURA, ALIMENTACIÓN Y MEDIO AMBIENTE
Area de Orientación Laboral USC
 
Contratos en investigacion postdoc y predoctorales
Contratos en investigacion postdoc y predoctoralesContratos en investigacion postdoc y predoctorales
Contratos en investigacion postdoc y predoctorales
Area de Orientación Laboral USC
 
PhD Position at the Environmental Engineering and Bioprocesses Research Group...
PhD Position at the Environmental Engineering and Bioprocesses Research Group...PhD Position at the Environmental Engineering and Bioprocesses Research Group...
PhD Position at the Environmental Engineering and Bioprocesses Research Group...
Area de Orientación Laboral USC
 
BOLSAS DO CONSEJO SUPERIOR DE DEPORTES
BOLSAS DO CONSEJO SUPERIOR DE DEPORTESBOLSAS DO CONSEJO SUPERIOR DE DEPORTES
BOLSAS DO CONSEJO SUPERIOR DE DEPORTES
Area de Orientación Laboral USC
 
Enfermeiras/os para o Reino Unido
Enfermeiras/os para o Reino UnidoEnfermeiras/os para o Reino Unido
Enfermeiras/os para o Reino Unido
Area de Orientación Laboral USC
 
Profesores interinos
Profesores interinosProfesores interinos
Profesores interinos
Area de Orientación Laboral USC
 
Oposicións ao Corpo Superior de Inspectores de Facenda do Estado
Oposicións ao Corpo Superior de Inspectores de Facenda do EstadoOposicións ao Corpo Superior de Inspectores de Facenda do Estado
Oposicións ao Corpo Superior de Inspectores de Facenda do Estado
Area de Orientación Laboral USC
 
Boletín Ponteemprego
Boletín PonteempregoBoletín Ponteemprego
Boletín Ponteemprego
Area de Orientación Laboral USC
 
Enxeñeiro Junior en Informática ou Telecomunicacións
Enxeñeiro Junior en Informática ou TelecomunicaciónsEnxeñeiro Junior en Informática ou Telecomunicacións
Enxeñeiro Junior en Informática ou Telecomunicacións
Area de Orientación Laboral USC
 
BOLSAS DO INSTITUTO CERVANTES
BOLSAS DO INSTITUTO CERVANTESBOLSAS DO INSTITUTO CERVANTES
BOLSAS DO INSTITUTO CERVANTES
Area de Orientación Laboral USC
 
Convocatoria 6ª edicion emprende tus practicas
Convocatoria 6ª edicion emprende tus practicasConvocatoria 6ª edicion emprende tus practicas
Convocatoria 6ª edicion emprende tus practicas
Area de Orientación Laboral USC
 
Becas Fundación AMA 2014/2015
Becas Fundación AMA 2014/2015Becas Fundación AMA 2014/2015
Becas Fundación AMA 2014/2015
Area de Orientación Laboral USC
 
Bolsas do Parlamento de Galicia
Bolsas do Parlamento de GaliciaBolsas do Parlamento de Galicia
Bolsas do Parlamento de Galicia
Area de Orientación Laboral USC
 
Ofertas contratación bolsas investigación
Ofertas contratación bolsas investigaciónOfertas contratación bolsas investigación
Ofertas contratación bolsas investigación
Area de Orientación Laboral USC
 
Ofertas contratación bolsas investigación
Ofertas contratación bolsas investigaciónOfertas contratación bolsas investigación
Ofertas contratación bolsas investigación
Area de Orientación Laboral USC
 
Prepara un cv eficaz dec 2014
Prepara un cv eficaz dec 2014Prepara un cv eficaz dec 2014
Prepara un cv eficaz dec 2014
Area de Orientación Laboral USC
 
Nota charlas decembro 2014 (2)
Nota charlas decembro 2014 (2)Nota charlas decembro 2014 (2)
Nota charlas decembro 2014 (2)
Area de Orientación Laboral USC
 

More from Area de Orientación Laboral USC (20)

Boletin 29dec
Boletin 29decBoletin 29dec
Boletin 29dec
 
Oportunidades bolsas investigación
Oportunidades bolsas investigaciónOportunidades bolsas investigación
Oportunidades bolsas investigación
 
Contratos en investigacion postdoc y predoctorales
Contratos en investigacion postdoc y predoctoralesContratos en investigacion postdoc y predoctorales
Contratos en investigacion postdoc y predoctorales
 
BOLSAS DO MINISTERIO DE AGRICULTURA, ALIMENTACIÓN Y MEDIO AMBIENTE
BOLSAS DO MINISTERIO DE AGRICULTURA, ALIMENTACIÓN Y MEDIO AMBIENTEBOLSAS DO MINISTERIO DE AGRICULTURA, ALIMENTACIÓN Y MEDIO AMBIENTE
BOLSAS DO MINISTERIO DE AGRICULTURA, ALIMENTACIÓN Y MEDIO AMBIENTE
 
Contratos en investigacion postdoc y predoctorales
Contratos en investigacion postdoc y predoctoralesContratos en investigacion postdoc y predoctorales
Contratos en investigacion postdoc y predoctorales
 
PhD Position at the Environmental Engineering and Bioprocesses Research Group...
PhD Position at the Environmental Engineering and Bioprocesses Research Group...PhD Position at the Environmental Engineering and Bioprocesses Research Group...
PhD Position at the Environmental Engineering and Bioprocesses Research Group...
 
BOLSAS DO CONSEJO SUPERIOR DE DEPORTES
BOLSAS DO CONSEJO SUPERIOR DE DEPORTESBOLSAS DO CONSEJO SUPERIOR DE DEPORTES
BOLSAS DO CONSEJO SUPERIOR DE DEPORTES
 
Enfermeiras/os para o Reino Unido
Enfermeiras/os para o Reino UnidoEnfermeiras/os para o Reino Unido
Enfermeiras/os para o Reino Unido
 
Profesores interinos
Profesores interinosProfesores interinos
Profesores interinos
 
Oposicións ao Corpo Superior de Inspectores de Facenda do Estado
Oposicións ao Corpo Superior de Inspectores de Facenda do EstadoOposicións ao Corpo Superior de Inspectores de Facenda do Estado
Oposicións ao Corpo Superior de Inspectores de Facenda do Estado
 
Boletín Ponteemprego
Boletín PonteempregoBoletín Ponteemprego
Boletín Ponteemprego
 
Enxeñeiro Junior en Informática ou Telecomunicacións
Enxeñeiro Junior en Informática ou TelecomunicaciónsEnxeñeiro Junior en Informática ou Telecomunicacións
Enxeñeiro Junior en Informática ou Telecomunicacións
 
BOLSAS DO INSTITUTO CERVANTES
BOLSAS DO INSTITUTO CERVANTESBOLSAS DO INSTITUTO CERVANTES
BOLSAS DO INSTITUTO CERVANTES
 
Convocatoria 6ª edicion emprende tus practicas
Convocatoria 6ª edicion emprende tus practicasConvocatoria 6ª edicion emprende tus practicas
Convocatoria 6ª edicion emprende tus practicas
 
Becas Fundación AMA 2014/2015
Becas Fundación AMA 2014/2015Becas Fundación AMA 2014/2015
Becas Fundación AMA 2014/2015
 
Bolsas do Parlamento de Galicia
Bolsas do Parlamento de GaliciaBolsas do Parlamento de Galicia
Bolsas do Parlamento de Galicia
 
Ofertas contratación bolsas investigación
Ofertas contratación bolsas investigaciónOfertas contratación bolsas investigación
Ofertas contratación bolsas investigación
 
Ofertas contratación bolsas investigación
Ofertas contratación bolsas investigaciónOfertas contratación bolsas investigación
Ofertas contratación bolsas investigación
 
Prepara un cv eficaz dec 2014
Prepara un cv eficaz dec 2014Prepara un cv eficaz dec 2014
Prepara un cv eficaz dec 2014
 
Nota charlas decembro 2014 (2)
Nota charlas decembro 2014 (2)Nota charlas decembro 2014 (2)
Nota charlas decembro 2014 (2)
 

XUNTA DE GALICIA. OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO

  • 1. DOG Núm. 239 Luns, 15 de decembro de 2014 Páx. 51096 ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia III. OUTRAS DISPOSICIÓNS CONSELLERÍA DE FACENDA DECRETO 154/2014, do 11 de decembro, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal funcionario da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2014. O artigo 21 da Lei 22/2013, do 23 de decembro, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2014, dispón que durante o exercicio 2014 non se procederá no sector público auto-nómico á incorporación de novo persoal, agás o que poda derivar da execución de ofertas de emprego público de exercicios anteriores. Non obstante, sempre que se respecten as dispoñibilidades orzamentarias do capítu-lo I, o artigo 21.2 exceptúa da anterior limitación determinados sectores e colectivos de marcado carácter prioritario respecto dos cales a taxa de reposición de efectivos se fixa ata un máximo do 10 %. Para estes efectos, consideraranse efectivos aqueles que veñan desempeñando a súa actividade en servizos que teñen carácter permanente na Comuni-dade Autónoma. Entre estes sectores, a lei inclúe o control e a loita contra a fraude fiscal, laboral, as sub-vencións públicas, o asesoramento xurídico, a xestión e o control da asignación eficiente dos recursos públicos e ás prazas correspondentes ao persoal dos servizos de prevención e extinción de incendios e de salvamento. Para atender a estes sectores, a Comunidade Autónoma de Galicia conta con corpos e escalas de administración xeral e especial. O artigo 70 do Estatuto básico do empregado público establece a posibilidade de que a oferta de emprego conteña, non só o referente á incorporación de persoal de novo ingreso, senón tamén outras medidas derivadas da planificación de recursos humanos. O artigo 31.6 do texto refundido da Lei da función pública de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, establece o procedemento de autorización da oferta de emprego público, que corresponde ao Consello da Xunta de Galicia por proposta da consellería competente en materia de función pública. Pola súa banda, o artigo 13 da Lei 11/2013, do 26 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2014, exixe o informe favorable da Di-rección Xeral de Planificación e Orzamentos. CVE-DOG: seqcift7-tg04-5kw2-ijx2-hpmuoz6m6av7
  • 2. DOG Núm. 239 Luns, 15 de decembro de 2014 Páx. 51097 ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia Con respecto á reserva da cota para persoas con discapacidade, aínda que xa se aca-dou o 2 % dos efectivos totais nesta Administración pública e a normativa de función públi-ca permite que a porcentaxe de reserva mínima sexa dun 5 %, esta Administración consi-dera conveniente manter a porcentaxe do 7 % das vacantes, que se distribuirá segundo se establece no anexo das prazas obxecto desta oferta. En cumprimento do disposto no punto 5 da disposición adicional sétima do texto refun-dido da Lei da función pública de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, non serán de aplicación os números 3 e 4 da dita disposición. Neste marco e tendo en conta os postos de traballo vacantes en distintos corpos e escalas de administración xeral e especial desta comunidade autónoma que afectan ao funcionamento dos servizos públicos esenciais, de conformidade co previsto no artigo 13 da Lei 11/2013, do 26 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2014, así como co artigo 21 da Lei 22/2013, do 23 de decembro, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2014, cómpre a aprobación da oferta de emprego público relativa ao persoal funcionario de escalas de administración xeral e especial do ano 2014 e o establecemento dos criterios en que debe enmarcarse esta oferta. Na súa virtude, unha vez consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación de Empregados Públicos, logo do informe da Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos e da Comisión de Persoal, e de conformidade co establecido no artigo 13.8 do texto refundido da Lei da función pública de Galicia, aprobado polo De-creto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, por proposta da conselleira de Facenda e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día once de decembro de dous mil catorce, DISPOÑO: Artigo 1. Aprobación da oferta de emprego público De conformidade co disposto no artigo 31.6 do texto refundido da Lei da función pú-blica de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo; no artigo 70 da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público; no artigo 21 da Lei 22/2013, do 23 de decembro, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2014, así como no artigo 13 da Lei 11/2013, do 26 de decembro, de orzamentos xerais da Comuni-dade Autónoma de Galicia para o ano 2014, apróbase a oferta de emprego público corres- CVE-DOG: seqcift7-tg04-5kw2-ijx2-hpmuoz6m6av7
  • 3. DOG Núm. 239 Luns, 15 de decembro de 2014 Páx. 51098 ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia pondente a distintas escalas de administración xeral e especial da Xunta de Galicia para o ano 2014, nos termos que se establecen neste decreto. Artigo 2. Cuantificación da oferta de emprego público A oferta de emprego público 2014 inclúe as necesidades de recursos humanos, con asignación orzamentaria, que deban proverse mediante a incorporación de persoal de novo ingreso. Tal e como establece o Estatuto básico do empregado público, a oferta de emprego público, como instrumento de planificación dos recursos humanos dispoñibles, define e cuantifica os efectivos en función das necesidades e prioridades derivadas da planificación xeral dos recursos humanos. A distribución realizarase de conformidade co disposto nos artigos e no anexo deste decreto, tendo en conta o disposto no artigo 63 do texto refundido da Lei da función públi-ca de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, e a disposición transitoria segunda da Lei 7/2007, do 12 de abril, polo que se aproba o Estatuto básico do empregado público. Artigo 3. Criterios xerais de aplicación nos procesos selectivos 1. De acordo coa Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público, sinálanse os seguintes principios reitores para o acceso ao emprego público e a adquisi-ción da relación de servizo: a) Na selección do seu persoal, a Administración da Comunidade Autónoma de Galicia garantirá, ademais dos principios constitucionais de igualdade, mérito e capacidade, os principios de: – Publicidade das convocatorias e das súas bases. – Transparencia. – Imparcialidade e profesionalidade dos órganos de selección e dos seus membros. – Independencia e discrecionalidade técnica na actuación dos órganos de selección. – Adecuación entre o contido dos procesos selectivos e as funcións e tarefas que hai que desenvolver. CVE-DOG: seqcift7-tg04-5kw2-ijx2-hpmuoz6m6av7
  • 4. DOG Núm. 239 Luns, 15 de decembro de 2014 Páx. 51099 ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia – Axilidade, sen prexuízo da obxectividade, nos procesos selectivos. b) Os procesos selectivos terán carácter aberto e garantirán a libre concorrencia, sen prexuízo do establecido para a promoción interna e das medidas de discriminación positiva previstas neste decreto. c) A composición dos tribunais de selección do persoal da Administración pública galega será paritaria para o conxunto da oferta pública de emprego, tanto se se trata de acceso ao emprego como se se trata de promoción interna, de acordo co disposto no artigo 36 da Lei 7/2004, do 16 de xullo, para a igualdade de mulleres e homes, modificado pola Lei 2/2007, do 28 de marzo, do traballo en igualdade das mulleres en Galicia. d) Os procesos selectivos que prevexan a realización de probas con respostas alterna-tivas, farán públicos os cadros de respostas na páxina web da Xunta de Galicia, ademais de nos lugares que se estipulen na convocatoria. e) O funcionamento e a actuación dos tribunais de selección axustaranse ás instrucións ditadas para o efecto polo órgano competente. 2. Se nun determinado corpo, escala, subgrupo ou categoría da Administración pública galega se verificase a infrarrepresentación do sexo feminino, entendendo por infrarrepre-sentación cando exista unha diferenza porcentual de, polo menos, vinte puntos entre o número de mulleres e o número de homes, de existir méritos iguais entre dous ou máis candidatos ao finalizar o proceso selectivo e antes da proposta de nomeamento dos candi-datos aprobados, deberá aplicarse como primeiro criterio de desempate a preferencia das mulleres, salvo se, de considerar obxectivamente todas as circunstancias concorrentes nos candidatos de ambos sexos, existen motivos non discriminatorios para preferir o home, de acordo co artigo 37 da Lei 7/2004, do 16 de xullo, para a igualdade de mulleres e homes. Artigo 4. Persoas con discapacidade 1. Nos procesos serán admitidas as persoas con discapacidade nos termos previstos neste artigo e demais normativa aplicable. As convocatorias non establecerán exclusións por limitacións psíquicas e/ou físicas sen prexuízo das incompatibilidades co desempeño das tarefas ou funcións correspondentes. 2. De conformidade co previsto no artigo 59 do Estatuto básico do empregado público e na disposición adicional sétima do texto refundido da Lei da función pública de Galicia, CVE-DOG: seqcift7-tg04-5kw2-ijx2-hpmuoz6m6av7
  • 5. DOG Núm. 239 Luns, 15 de decembro de 2014 Páx. 51100 ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia reservarase unha cota do 7 % das vacantes ofertadas para seren cubertas por persoas con discapacidade, considerando como tales as definidas no artigo 1.2 da Lei 51/2003, do 2 de decembro, de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal de persoas con discapacidade, sempre que superen os procesos selectivos e acrediten a súa discapacidade, así como a compatibilidade no desempeño das súas funcións, de xeito que, progresivamente, se acade o 2 % dos efectivos totais da Administración da Xunta de Galicia. Non obstante, e ao terse acadado nesta Administración o obxectivo do 2 % dos efectivos totais, pola quenda de discapacitados, non será de aplicación o disposto nos números 3 e 4 da disposición adicional sétima do texto refundido da Lei da función pública de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo. A reserva farase sobre o cómputo total das vacantes incluídas na oferta de emprego público, segundo figura no anexo. 3. A opción a prazas reservadas terá que formularse na solicitude de participación nas convocatorias con declaración expresa dos interesados de reunir a condición exixida ao respecto, que se acreditará, se obtiveren praza, mediante certificación dos órganos com-petentes. As probas selectivas terán idéntico contido e realizaranse en condicións de igual-dade co resto dos aspirantes, garantindo, en todo caso, o carácter individual dos procesos; dándolles un tratamento diferenciado ás dúas quendas durante o procedemento selectivo, no que se refire ás relacións de admitidos e excluídos, aos chamamentos, aos exercicios e á relación de aprobados. Non obstante, ao finalizar o proceso, elaborarase unha relación única na cal se incluirán todos os candidatos que superasen todas as probas selectivas, ordenados pola puntuación total obtida, con independencia da quenda pola que participen. A dita relación será a determinante para a petición e a adxudicación de destinos, agás o previsto no punto 7 deste artigo, de acordo co previsto no Real decreto 2271/2004, do 3 de decembro, polo que se regula o acceso ao emprego público e a provisión de postos de traballo das persoas con discapacidade. Se na súa realización lle xurdiren dúbidas ao órgano de selección respecto da capa-cidade do/da aspirante para o desempeño das actividades habitualmente desenvolvidas polos funcionarios/as do corpo ou escala a que se opta, poderán solicitar o correspondente ditame do órgano competente. 4. Nas probas selectivas, incluíndo os cursos de formación ou os períodos de prácticas, estableceranse, para as persoas con discapacidade que o soliciten, as adaptacións e os CVE-DOG: seqcift7-tg04-5kw2-ijx2-hpmuoz6m6av7
  • 6. DOG Núm. 239 Luns, 15 de decembro de 2014 Páx. 51101 ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia axustes razoables necesarios, de tempo e medios para a súa realización, de acordo co disposto na Orde PRE/1822/2006, do 9 de xuño, pola que se establecen criterios xerais para a adaptación de tempos adicionais nos procesos selectivos para o acceso ao empre-go público de persoas con discapacidade, para asegurar que estas persoas participen en condicións de igualdade. Nas convocatorias indicarase expresamente esta posibilidade, así como que os interesados deberán formular a correspondente petición concreta na so-licitude de participación. Para tal efecto, os tribunais ou a comisión de selección poderán requirir informe e, se é o caso, colaboración dos órganos técnicos da Administración laboral, sanitaria ou dos órganos competentes. 5. Con anterioridade ao nomeamento e unha vez superado o proceso selectivo, a con-sellería competente en materia de función pública requirirá, respecto das persoas que acceden por esta cota de reserva, ditame do órgano competente sobre a compatibilidade do/da candidato/a para o posto de traballo ou sobre as adaptacións deste último. 6. Os procesos selectivos deberán incluír a posibilidade de que nas convocatorias en que se estableza unha cota de reserva para persoas con discapacidade, unha vez cubertas as prazas desta cota, os aspirantes que superasen a fase de oposición pero non obteñan praza pola cota de reserva, poidan optar, en igualdade de condicións, ás prazas do sistema xeral, tanto no caso de acceso por promoción interna como no de quenda libre. 7. Tras superar o proceso selectivo, as persoas que ingresen en corpos ou escalas de persoal funcionario e que fosen admitidas na convocatoria ordinaria con prazas reservadas para persoas con discapacidade poderanlle solicitar ao órgano convocante a alteración da orde de prelación para a escolla das prazas dentro do ámbito territorial que se determine na convocatoria, por motivos de dependencia persoal, dificultades de desprazamento ou outras análogas, que deberán ser debidamente acreditados. O órgano convocante deci-dirá a dita alteración cando estea debidamente xustificada e deberase limitar a realizar a mínima modificación na orde de prelación necesaria para posibilitar o acceso ao posto da persoa discapacitada. Disposición derradeira primeira. Desenvolvemento do decreto Facúltase a persoa titular da consellería competente en materia de función pública para ditar, dentro das súas competencias, as normas precisas para o desenvolvemento do pre-sente decreto. CVE-DOG: seqcift7-tg04-5kw2-ijx2-hpmuoz6m6av7
  • 7. DOG Núm. 239 Luns, 15 de decembro de 2014 Páx. 51102 ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor Este decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Santiago de Compostela, once de decembro de dous mil catorce Alberto Núñez Feijóo Presidente Elena Muñoz Fonteriz Conselleira de Facenda ANEXO Prazas correspondentes á oferta para o ingreso nas escalas de administración xeral e especial do ano 2014 1. Administración xeral Discapac. (7 %) Corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia (subgrupo A2) – Escala técnica de finanzas 7 1 Corpo administrativo da Xunta de Galicia (subgrupo C1) – Escala de subinspectores/as de consumo 3 2. Administración especial Corpo facultativo superior da Xunta (subgrupo A1) – Escala de biólogos/as – Escala de químicos/as – Escala de enxeñeiros/as industriais – Escala de veterinarios/as 9 3 4 6 2 1 Corpo facultativo de grao medio da Xunta (subgrupo A2) – Escala de enxeñeiros/as técnicos/as industriais 7 Corpo axudantes facultativos (subgrupo C1) – Escala de axentes facultativos ambientais 10 Total 49 4 Total xeral 53 CVE-DOG: seqcift7-tg04-5kw2-ijx2-hpmuoz6m6av7