2. De que imos falar?
• Redes Socias
• Recapitulación da clase anterior
• Networking Profesional
3. Que coñecemos das Redes Socias?
• Social Media ou Web 2.0.
• Principais Redes Sociais galegas.
– Chuza, Latrica, Cabozo, Galego Lab.
• Principais Redes Sociais.
– Facebook, Twitter, Delicious, Xing, LinkedIN
• A interrelación das Redes Sociais.
– Blogs, feeds…
• Profesións en auxe coas Redes Sociais.
– Employer branding, Social Media Manager, community
manager,…
5. Networking Personal
EXERCICIO: Ir ao buscador Google e escribir
entre comiñas:
A: nunha pestaña: “nome apelido1 apelido2”
B: outra pestaña: “apelido1 apelido2 nome”
Que información atopades sobre vós mesmos?
6. Networking Personal
Que é Networking?
O ‘networking’, defínese como o proceso voluntario polo
cal, a través de intermediarios, un individuo ponse en
contacto con outros que dispón de información ou de poder
de decisión no concernente a un posto de traballo.
É suficiente afondar nos traballos especializados en
recursos humanos para convencerse da importancia do
networking, da explotación e do mantemento dunha rede
de contactos profesionais; esta rede é, en efecto, un
aspecto esencial da procura de emprego, pois os anuncios
só corresponden á parte visible do iceberg de postos
vacantes.
7. Networking Personal
Que é Networking?
Nun contexto de penuria, as empresas, cada vez
máis, ofrecen aos seus empregados unha prima
de captación si aportan un contacto fructuoso
para un perfil interesante.
Sácalle partido a túa rede de contactos!
8. Networking Personal
As claves do 'networking' profesional
@rosauralastruey
1) Actuar con xenerosidade
2) Pensar estratéxicamente
3) Darse tempo
4) Convertelo nunha filosofía de vida
5) Ser proactivo
9. Networking Personal
As claves do 'networking' profesional
@rosauralastruey
6) Atopar o equilibrio perfecto
7) Dominar o arte da comunicación (verbal e
non verbal).
8) Dispor dunha boa axenda de actividades
9) Aumentar o valor da nosa web
10)Reforzar con tecnoloxía
10. Networking Personal
1.- Actuar con xenerosidade
Comece cando se comece, hai que facelo sempre
"sementando“ e sen agardar nada a cambio, ou
como os networkers din: "dar para recibir".
Actuar por puro interese e amais baixo un punto de
vista individual é unha estratexia posible, pero nada
recomendable. Hai que lembrar que o mundo é
moi pequeno -un pano :)- e aínda que este
comportamento poida parecer que funciona, á
larga verase que é totalmente contraproducente.
11. Networking Personal
2.- Pensar estratéxicamente
Facer contactos é, ou parece, unha tarefa moi doada.
Parece tan sinxelo como facer un clic co rato do noso
ordenador. Pero facelo de xeito metódico e produtivo é
bastante diferente. O traballo de rede sempre debe
rexirse por un fio conductor chamado "estratexia"
que, amais, debe ser persoal e intransferible.
A creación desta estratexia debe basearse en:
a) saber que teño (análise),
b) preguntarse para que o quero (reflexión)
c) planificar como o vou facer (obxectivos).
12. Networking Personal
3.- Darse tempo
Hai que ter claro que os resultados non van ser
inmediatos. Ou, cando menos, aqueles que se obtén a
curto prazo (que, evidentemente, tamén os hai) só son
a punta do iceberg dos que permiten que a rede
empece a "funcionar soa".
E cando pasa iso? Moi fácil, cando son os outros os que
falan de ti e do bos que son os teus servizos ou
cualidades profesionais.
Iso só se consegue demostrando "o que se vale" e
obtendo a confianza dos demais, que por certo, costa
moito gañar e moi pouco perder.
13. Networking Personal
4.- Convertelo nunha filosofía de vida
O bo network nunca pode prantexarse isto como
unha actividade de carácter "extraescolar".
Ao igual que as boas ideas non ten horario fixo,
os bos contactos poden xurdir no momento ou
situación menos pensada.
Polo tanto, debe formar parte de nosa vida
diaria. E para iso, o máis importante é entender
que se require este "cambio de chip".
14. Networking Personal
5.- Ser proactivo
Aínda que a algunhas persoas lles poida costar máis
que a outras, é moi importante "deixar a timidez na
casa". Se o que se coñece como "flor de
parede", isto é, querer observar máis que ser
observado non é unha postura atractiva nin
produtiva.
No traballo de rede hai que
buscar, investir, localizar, explicar, coñecer, contactar
e navegar. É dicir, crear e provocar continuamente
novas situacións de network.
15. Networking Personal
6.- Atopar o equilibrio perfecto
Non esquezamos que as redes de contactos ten un
elemento básico: as persoas. Polo tanto, nunca se
pode perder o contacto persoal, que amais é innato
á persoa humana. É máis, o contacto virtual mellora
exponencialmente tras un contacto presencial. Polo
tanto, nin se pode facer todo o traballo de xeito
virtual nin tampouco de maneira presencial. Hai
que buscar e atopar o equilibrio perfecto.
16. Networking Personal
7.- Dominar o arte da comunicación (verbal e
non verbal).
Unha cosa que debemos ter clara é que os "demáis" non
están aí para escoitarnos eternamente. É máis, a veces non
fai nin falla.
Os dez primeiros segundos de establecemento de contacto
son suficientes para crearse "a impresión" que logo o rexirá
todo.
Hai que aprender a controlar tódolos aspectos
comunicativos que nos rodean.
A nivel verbal, por suposto, con presentacións
concisas, diferentes e orixinais. E a nivel non verbal, a
controlar todos aqueles aspectos que sen lugar a dubida
inflúen.
17. Networking Personal
8.- Dispor dunha boa axenda de actividades
Os eventos presenciais son unha fonte inestimable de
obtención de novos contactos. Hai que ter claro que non se
pode asistir a todos.E de feito, tampouco sería produtivo.
Ter unha boa e completa axenda, con periodicidade
mensual si se pode, que recolla as citas que mellor encaixen
coa estratexia é realmente imprescindible para un correcto
networking.
Amais, unha boa axenda non se debe limitar aos eventos de
network puro, senón que debe tamén contemplar eventos
temáticos e sectoriais, así como outros que nos permitan
mellorar as nosas habilidades comunicativas e personales.
18. Networking Personal
9.- Aumentar o valor da nosa web
Sexa cal sexa o seu tamaño, hai que potenciar esa
riqueza. E para facelo, o mellor é esforzarse en
presentar os nosos contactos a terceiros. Estes non se
poden ver unicamente como un tesouro persoal. Deste
xeito, todos saímos gañando.
19. Networking Personal
10.- Reforzar con tecnoloxía
Internet e as ferramentas tecnolóxicas que actualmente
están a nosa disposición axúdanos a xestionar mellor o
noso traballo de rede.
Desde directorios profesionais virtuais a plataformas on-
line específicas de network propias da Web 2.0, a súa
utilización non só nos aforra tempo senón que sobre todo
nos aporta posibilidades antes inexistentes.
Iso si, estas ferramentas sempre deben ser vistas como un
reforzo ou complemento e non como un substituto do
contacto presencial.
20. Networking Personal
Conclusión: os aspectos fundamentais para facer
un bo networking son:
-Coñecer as redes sociais máis utilizadas no
ámbito territorial ou profesional ao que nos
diriximos.
-A intercomunicación entre as diferentes redes
-Ter unha estratexia establecida