APELACIÓN CIVIL

     A Audiencia Provincial   de Ourense constituída polos Señores,
Don Fernando Alañón Olmedo,   Presidente, Dona Ángela Irene
Domínguez Viguera Fernández   e Dona Josefa Otero Seivane,
Magistrados, pronunciou, en   nome do Rei, a seguinte

                         SENTENZA NÚM
    Na cidade de Ourense a dezaseis de outubro de dous mil sete.

     VISTOS, por esta Audiencia Provincial, actuando como Tribunal
Civil, os autos de Anulación de Laudo Arbitral, seguidos co rollo
de sala núm. 43 1/07, entre partes, como demandante Telefónica de
España SAU, representada pola Procuradora Dona María Jesús Santana
Penín, baixo a dirección do Letrado Don Alejandro Pérez Garrido e,
como demandado Don Xosé Antón Vázquez Dorrío, representado pola
procuradora Dona Eva Álvarez Coscolín, baixo a dirección do
Avogado Don José Carlos González Fernández. É poñente a Ilma. Sra.
Dña. Ángela-lrene Domínguez-Viguera Fernández.

    1 - ANTECEDENTES DE FEITO
     PRIMEIRO.- Por Telefónica de España SAU, presentouse demanda
de anulación de laudo arbitral contra laudo de data 17 de abril de
2007.

     SEGUNDO.- Notificado o laudo, interpúxose por Telefónica de
España SAU recurso de anulación.

     TERCEIRO.- Na tramitación deste recurso cumpríronse as
correspondentes prescricións legais.

    II. FUNDAMENTOS DE DEREITO
     PRIMEIRO.- Procede estimar a pretensión de nulidade de laudo
ditado polo Colexio de Consumo de Ourense en data 17 de Abril de
2007, en primeiro término, porque na data en que se prantexou o
campionato de “Blogs” ao que resulta vinculado o premio cuxo
cumprimento se reclama polo socilicitante de Arbitraxe, a entidade
ofertante "TERRA NETWORKS ESPAÑA SAU" non formaba parte da
entidade apelante "Telefónica de España SAU", o que tivo lugar con
posterioridade, no 15 de xullo de 2003, ao producirse a fusión
pola absorción de ambas sociedades. E si, en virtude da mesma,
"Telefónica de España" asumiu as obrigas e responsabilidades que
naquela data correspondían á sociedade absorbida, éo, mantendo as
mesmas condicións xurídicas asumidas por "Terra" ao tempo da
oferta, determinantes do ámbito do pacto. E entre elas, non se
encontraba a submisión ao sistema arbitral, ao que non se atopaba
adherida "Terra", polo que todas as vicisitudes xurídicas
derivadas de tal oferta e o seu coñecemento, quedaba substraído ao
Arbitraxe.

     En segundo término, a oferta de participación nun campionato
de "blogs" a través de internet, como a participación en calquera
outro "foro", non se enmarca nun contrato de prestación de
servizos, nin resulta vinculado ao mesmo, como non o era no caso,
posto que, o accionante no mantiña con Terra ningún Contrato de
arrendamento de servizos, polo que, a resulta desnaturalizada con
arrego ao artigo 1°, apartado 2º da Lei para a defensa dos
consumidores e usuarios.

     Por outra parte, a ampla interpretación que o término
“plantilla” realiza o Laudo impugnado, supón determinar, a
existencia dun vínculo de natureza laboral entre as partes, e
resolver sobre una cuestión de orden laboral, que está excluída do
ámbito de aplicación da Lei de arbitraxe. Consideracións que
conducen a deixar sen efecto o laudo recorrido, sen prexuízo dos
dereitos que asistan ao reclamante para exercelos en legal forma.

     SEGUNDO.- De conformidade co disposto nos artigos 394 e 397
LEC ao participar da natureza revisora dos recursos devolutivos,
non se efectúa unha expresa imposición de costas.


    FALLO: Estímase o recurso de anulación formulado pola
representación procesual de Telefónica de España SAU contra o
"Laudo" ditado polo Colexio Arbitral de Consumo de Ourense en 17
de abril de 2007, en expediente nº 31.608 cuxa resolución se anula
e deixase sen efecto. Sen efectuar unha expresa imposición de
costas.

     Ao notificarse esta resolución ás partes, fágase as
indicacións a que se refire o art. 248-4 da Lei Orgánica do Poder
Xudicial.

     Así por esta nosa sentenza, da que en unión aos autos
orixinais remitirase certificación ao Xulgado de procedencia para
a súa execución e demais efectos, xulgando en segunda instancia,
pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

Terra ap galego_branco

  • 1.
    APELACIÓN CIVIL A Audiencia Provincial de Ourense constituída polos Señores, Don Fernando Alañón Olmedo, Presidente, Dona Ángela Irene Domínguez Viguera Fernández e Dona Josefa Otero Seivane, Magistrados, pronunciou, en nome do Rei, a seguinte SENTENZA NÚM Na cidade de Ourense a dezaseis de outubro de dous mil sete. VISTOS, por esta Audiencia Provincial, actuando como Tribunal Civil, os autos de Anulación de Laudo Arbitral, seguidos co rollo de sala núm. 43 1/07, entre partes, como demandante Telefónica de España SAU, representada pola Procuradora Dona María Jesús Santana Penín, baixo a dirección do Letrado Don Alejandro Pérez Garrido e, como demandado Don Xosé Antón Vázquez Dorrío, representado pola procuradora Dona Eva Álvarez Coscolín, baixo a dirección do Avogado Don José Carlos González Fernández. É poñente a Ilma. Sra. Dña. Ángela-lrene Domínguez-Viguera Fernández. 1 - ANTECEDENTES DE FEITO PRIMEIRO.- Por Telefónica de España SAU, presentouse demanda de anulación de laudo arbitral contra laudo de data 17 de abril de 2007. SEGUNDO.- Notificado o laudo, interpúxose por Telefónica de España SAU recurso de anulación. TERCEIRO.- Na tramitación deste recurso cumpríronse as correspondentes prescricións legais. II. FUNDAMENTOS DE DEREITO PRIMEIRO.- Procede estimar a pretensión de nulidade de laudo ditado polo Colexio de Consumo de Ourense en data 17 de Abril de 2007, en primeiro término, porque na data en que se prantexou o campionato de “Blogs” ao que resulta vinculado o premio cuxo cumprimento se reclama polo socilicitante de Arbitraxe, a entidade ofertante "TERRA NETWORKS ESPAÑA SAU" non formaba parte da entidade apelante "Telefónica de España SAU", o que tivo lugar con posterioridade, no 15 de xullo de 2003, ao producirse a fusión pola absorción de ambas sociedades. E si, en virtude da mesma, "Telefónica de España" asumiu as obrigas e responsabilidades que naquela data correspondían á sociedade absorbida, éo, mantendo as
  • 2.
    mesmas condicións xurídicasasumidas por "Terra" ao tempo da oferta, determinantes do ámbito do pacto. E entre elas, non se encontraba a submisión ao sistema arbitral, ao que non se atopaba adherida "Terra", polo que todas as vicisitudes xurídicas derivadas de tal oferta e o seu coñecemento, quedaba substraído ao Arbitraxe. En segundo término, a oferta de participación nun campionato de "blogs" a través de internet, como a participación en calquera outro "foro", non se enmarca nun contrato de prestación de servizos, nin resulta vinculado ao mesmo, como non o era no caso, posto que, o accionante no mantiña con Terra ningún Contrato de arrendamento de servizos, polo que, a resulta desnaturalizada con arrego ao artigo 1°, apartado 2º da Lei para a defensa dos consumidores e usuarios. Por outra parte, a ampla interpretación que o término “plantilla” realiza o Laudo impugnado, supón determinar, a existencia dun vínculo de natureza laboral entre as partes, e resolver sobre una cuestión de orden laboral, que está excluída do ámbito de aplicación da Lei de arbitraxe. Consideracións que conducen a deixar sen efecto o laudo recorrido, sen prexuízo dos dereitos que asistan ao reclamante para exercelos en legal forma. SEGUNDO.- De conformidade co disposto nos artigos 394 e 397 LEC ao participar da natureza revisora dos recursos devolutivos, non se efectúa unha expresa imposición de costas. FALLO: Estímase o recurso de anulación formulado pola representación procesual de Telefónica de España SAU contra o "Laudo" ditado polo Colexio Arbitral de Consumo de Ourense en 17 de abril de 2007, en expediente nº 31.608 cuxa resolución se anula e deixase sen efecto. Sen efectuar unha expresa imposición de costas. Ao notificarse esta resolución ás partes, fágase as indicacións a que se refire o art. 248-4 da Lei Orgánica do Poder Xudicial. Así por esta nosa sentenza, da que en unión aos autos orixinais remitirase certificación ao Xulgado de procedencia para a súa execución e demais efectos, xulgando en segunda instancia, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.