Consellos para
comezar a
traballar coas TIC
IES Primeiro de Marzo
Formación do profesorado
As TIC son ferramentas de
traballo ao noso servizo
➔ Son un recurso máis, que convive cos
libros, o caderno, etc. Non sempre teñen
que substituílos.
➔ Non son un fin, son un medio.
➔ Utilízaas cando te resulten útiles.
➔ Primeiro fixa uns obxectivos de traballo,
e logo busca a ferramenta máis axeitada
para acadalos, e non ao revés.
As TIC non fan milagres nin
van solucionar os
problemas da educación
Pero serven para:
➔ Proporcionarnos interesantes recursos e información.
➔ Facer as clases máis activas e participativas.
➔ Aumentar a motivación do alumnado.
➔ Mellorar a competencia dixital.
➔ Conectarnos co mundo, relacionarnos,
compartir.
➔ Aprender, actualizarnos.
Investiga, consulta,
planifica, experimenta,
practica e comparte
➔ Hai infinitas posibilidades de uso
das TIC, todas as que te propoñas.
➔ Investiga e aprende pola túa conta.
Ante as dúbidas pide axuda, pero hai
que traballar con autonomía. Atrévete!
➔ Comparte o teu traballo na rede e crea
a túa comunidade docente.
Transforma
progresivamente a túa
metodoloxía
➔ Mantén o método de sempre onde dea bos
resultados, e comeza a mudar aquelas
cousas nas que os resultados non son bos.
➔ Comeza con pequenos obxectivos e vai
creando hábitos.
➔ Planifica as actividades, analiza o
resultado e revisa o modelo para melloralo.
Traballa as competencias
básicas
➔ Coas TIC trabállanse todas as
competencias, e non só a dixital.
➔ O alumnado debe adquirir un papel activo,
creador, e non só receptor de información.
➔ Comeza con actividades dirixidas, pero
pouco a pouco incorpora actividades máis
abertas, que estimulen a creatividade e o
traballo en equipo.