SlideShare a Scribd company logo
1 of 42
Música: Berrogüetto – “ Vilalbalcan I”




MOSTEIROS E CONVENTOS
     DE GALICIA
MOSTEIROS E CONVENTOS DA
  PROVINCIA DA CORUÑA

 •   San Xoán de Caaveiro
 •   San Salvador de Bergondo
 •   San Francisco de Betanzos
 •   Santa María de Monfero
 •   San Domingos de Trasouto
 •   Santa María A Real do Sar
 •   San Martín Pinario
 •   Santa María Sobrado dos Monxes
San Xoán de Caaveiro




Na comarca do Eume, no medio da solitaria e impresionante
paisaxe que constitúen as fragas do río Eume, mantéñense aínda
en pé os restos deste antigo mosteiro románico do século XII. O
conxunto consta de: Adro de entrada, arco de entrada e torre
barroca do século XVIII, casa de Quintáns, sacristía e unha
igrexa románica, de finais do século XII.
San Salvador de Bergondo




Ao noroeste da comarca da Coruña, moi preto da costa, case lindando
coa de Betanzos, é dicir, en pleno corazón das Mariñas dos Condes,
encóntranse os restos deste antigo mosteiro benedictino. Hoxe quedan
poucos restos do antigo mosteiro que se organizan arredor dun patio no
lugar que debeu ocupar o primitivo claustro regular, situado ao sur da
igrexa. A igrexa é un fermoso exemplar de arquitectura románica da
segunda metade do século XII, ten planta basilical con tres naves e tres
ábsidas semicirculares.
San Francisco de Betanzos




Na zona antiga do concello de Betanzos, formando un
conxunto monumental coa igrexa de Santa María de
Azogue, encóntrase a igrexa gótica de San
Francisco, único resto que queda do antigo convento
franciscano. Aínda que o convento foi fundado no
1219, a igrexa foi rematada no 1387 polo señor da
cidade no seu momento de máximo esplendor, Fernán
Pérez de Andrade, segundo reza a inscrición do seu
sepulcro, que se encontra no interior. A igrexa
constitúe un bo exemplar do oxival galego da segunda
metade do século XIV, aínda que con tradicións
románicas na ornamentación, Ten planta de cruz
latina, cunha soa nave, capelas laterais, cruceiro e tres
capelas absidais.
Santa María de Monfero




Nunha das zonas máis agrestes da comarca do
Eume, no concello de Monfero, dominando un
extenso val, encóntranse os restos deste
mosteiro cisterciense do século XII, aínda
que se pretende fundado no século X por San
Rosendo. A igrexa e un enorme templo
barroco       clasicista      do      século
XVII, reemprazando ao románico do século
XII. O Claustro Reglar e galerías coas
bóvedas estreladas son do século XVI.
San Domingos de Bonaval




Este convento dominico encóntrase moi achegado á Porta
do Camiño, en Santiago de Compostela. Hoxe dedicado a
Museo do Pobo Galego e Panteón de Galegos Ilustres, é
veciño do Centro Galego de Arte Contemporánea. A
tradición atribúe a súa fundación ao propio San Domingos
de Guzmán, da familia galega dos condes de Traba, que
peregrinou a Compostela en 1219. A maioría dos edificios
conservados foron construídos en estilo barroco a finales
del siglo XVII y comienzos del XVIII.
San Lorenzo de Trasouto




O mosteiro de San Lourenzo de Trasouto encóntrase ao sudoeste da cidade de
Santiago, contiguo ao campus universitario, no medio dunha paisaxe de carballos
centenarios que xa cantou Rosalía de Castro. Fundado no século XIII por don
Martín Arias, bispo de Zamora, pasou no século XIV a depender dos
franciscanos. Da obra orixinal mantéñense en pé fundamentalmente a igrexa e o
claustro. Estas dependencias foron moi transformadas ao converterse en pazo
dedicado á restauración. A igrexa é de planta de cruz latina, cunha única nave de
catro tramos, curto cruceiro e capela maior de planta sensiblemente cadrada.
Santa María A Real do Sar




A colexiata de Santa María do Sar, antigo mosteiro dos
Cóengos Regulares de San Agostiño, encóntrase situada nas
aforas do antigo casco histórico de Santiago de
Compostela, nas marxes do río Sar. A súa fundación
corresponde ao Arcebispo Diego Gelmírez no século XII. Das
antigas construccións medievais só queda a igrexa e a á norte
do antigo claustro. A igrexa, de arquitectura románica, é de
planta basilical con tres naves que se prolongan en tres
ábsidas poligonais. A progresiva inclinación, acentuada no
século XVII, motivou as obras de consolidación realizadas no
1732,    consistentes    fundamentalmente      nos   grandes
arcobotantes apoiados nos primitivos contrafortes que agora
caracterizan a igrexa.
San Martín Pinario




Este mosterio benedictino encóntrase no casco
histórico da cidade de Santiago de Compostela.
Foi fundado no século X. Ao longo da Idade
Media este monasterio creceu de tal forma que a
finais do século XV converteuse no mosteiro máis
rico e poderoso de Galicia o que conlevou a que
fose reconstruído en estilo barroco no século
XVII, polo que o conxunto arquitectónico
presenta unha variedade de estilos. O mosteiro
ten dous claustros. A igrexa rematada a finais do
século XVI ten unha impresionante fachada
plateresca, ten planta de cruz latina con tres
naves    no    brazo principal e      unha     no
transversal, recorridas por unha tribuna. Na
actualidade é sede do seminario maior da
arquidiócese compostelana.
Santa María Sobrado dos Monxes




Este mosteiro cisterciense encóntrase situado ao norte da comarca da Terra de Melide, no concello de Sobrado dos
Monxes, ao lado da lagoa do mesmo nome, que desauga no río Tambre. Foi fundado no século X e no século
XII, incorpórase ao Cister. Aínda que a súa orixe é medieval, actualmente e tras as reformas dos séculos XVI ao XVIII é
un dos principais monumentos de barroco galego. A fachada barroca da igrexa é do 1676
MOSTERIROS E CONVENTOS DA
    PROVINCIA DE LUGO


  •   Santo Estevo de Chouzán
  •   Santa María de Ferreira de Pallares
  •   San Salvador de Lourenzá
  •   Convento de San Francisco Lugo
  •   Santa María de Meira
  •   Santa María de Ferreira de Pantón
  •   San Xulián de Samos
  •   Nosa Señora de Valdeflores
  •   San Francisco de Viveiro
Santo Estevo de Chouzán




Este antigo mosteiro feminino levantábase na ladeira occidental do río Miño ao seu paso
pola comarca de Chantada, no profundo val hoxe inundado polo encoro dos Peares.
Actualmente só se conserva a igrexa convertida en parroquial, trasladada máis arriba ao
realizarse o embalse, no concello de Carballedo. A igrexa foi construída no século
XII, aínda que ten reformas nos séculos XIV, XVIII e XX.
Santa María de Ferreira de Pallares




Ao sur da comarca de Lugo, na parroquia de Ferreira de Pallares, concello de Guntín, no
fértil val que forma o curso do río Ferreira, encóntrase este antigo mosteiro
 .
benedictino, hoxe igrexa parroquial. Trátase dun mosteiro cunha das orixes máis
antigas das que se ten constancia documental. Os seus descendentes restaurárono e
entregárono aos monxes benedictinos a principios do século XII. A igrexa é románica,
de finais do século XII, ten unha soa nave rectangular, dividida en catro tramos con
teitume de madeira apoiada en arcos lixeiramente apuntados. Ao lado da ábsida hai
unha capela funeraria gótica.
San Salvador de Lourenzá




Na comarca da Mariña Central, no val de Lourenzá, ao occidente
da serra da Cadeira, encóntrase Vilanova, capital do concello de
Lourenzá, formada arredor do antigo mosteiro benedictino de San
Salvador. Mosterio de estilo barroco fundado no século X polo
Conde Osorio Gutiérrez. O seu maior apoxeo chegou nos séculos
XVII e XVIII, nos que se substituíu completamente o primitivo
mosteiro medieval, do que a penas quedan restos. O conxunto da
edificación consta da igrexia monasterial e parroquial, capella de
  .
Valdeflores,    capela   da    Virxen    de    Valbanera,     dous
claustros, cámara abacial e portería, convento, patio do Conde
Santo e Museo de Arte Sacro. O máís impresionante da obra é a
fachada barroca da igxexa planteada a modo de retablo de pedra
flanqueado por dúas torres.
Convento de San Francisco de Lugo




Este antigo convento franciscano encóntrase case
no centro do recinto amurallado da cidade de
Lugo, na praza da Soidade. O antiguo convento foi
fundado durante o xéculoo XII e conserva a
cociña, o refectorio e o claustro. A igrexa ten
  .
planta de cruz latina, cunha soa nave no brazo
maior e outra no cruceiro, ao que se abre unha
cabeceira composta por tres ábsidas poligonais; a
fachada é gótica de finais do século XIV e de
principios do XV. O claustro tamén é gótico pero
con peminiscencias románicas. Actualmente é unha
das sedes do Museo Provincial de Lugo.
Santa María de Meira




Este mosteiro cisterciense localízase no centro da pequena vila de Meira, situada
ao oeste da Serra de Meira (Lugo), xusto ao lado onde nace o río Miño . O
mosteiro posiblemente foi fundado, entre 1151 e 1154. Do antiguo mosterio só se
conserva o tramo sobre a porta que da á nave sur del Claustro das
Procesións, parte do Claustro renacentista e a súa igrexa en bon estado. A igrexa
abacial é un dos mellores exemplos da arquitectura románica cisterciense, ten
planta de cruz latina con tres naves lonxitudinais de nove tramos, cruceiro dunha
soa nave con brazos de dous tramos, e cabeceira de cinco ábsidas.
Santa María de Ferreira de Pantón




Este mosteiro feminino cisterciense encóntrase na
comarca da Terra de Lemos e na beira do río Carabelos,
que discorre polo centro do fermoso e fértil val de Lemos
ata desembocar no Sil. Aínda que se pretende fundado a
principios do século X, incorpórase ao Cister no século XII.
Sufre importantes reformas nos séculos XVI e XVIII. A
igrexa, románica, constitúe a parte máis antiga do
conxunto, Foi rematada na segunda metade do século XII.
.
É de nave única rectangular, cun fermoso artesonado de
madeira baixo a cuberta a dúas augas, solución inusual en
Galicia de inspiración mudéxar, con entrelazados de tipo
xeométrico pero tamén con motivos vexetais moi
estilizados, podería datarse entre finais do século XVI.
San Xulián de Samos




Este mosteiro benedictino atópase no concello
de Samos pertencente á comarca de Sarria. Foi
fundando no século VI. Nos seus moitos anos
de historia (séculos VI- XVII), foi un colexio
de Teoloxía e Filosofía, ao mesmo tempo, que é
unha parada indispensable no Camiño de
Santiago, xa que conta cunha hospedaxe. No
conxunto     monástico    podemos     recoñecer
distintos   estilos    arquitectónicos:   gótico
tardío, renacentista e barroco, aínda que o
denominador común en toda a obra é a búsqueda
da grandiosidade, ao mesmo tempo que destaca
pola sobriedade na decoración.
Nosa Señora de Valdeflores




Este antigo convento dominico localízase nas
aforas de Viveiro, na costa da comarca da
Mariña Occidental. A súa fundación é do
século XIV, renóvandose nos séculos XVI e
XVII. As dependencias do convento
organízanse arredor dun único claustro
clasicista de planta cadrada. A igrexa data
de finais do século XIV e consta dunha soa
nave rectangular coa cabeceira tamén
rectangular. No exterior, destaca a porta da
igrexa, situada na fachada sur, de tipo
románico-oxival con dobre arquivolta, moi
lixeiramente     apuntada,  apoiada    sobre
columnas pareadas acobadadas con capiteis
de decoración vexetal.
San Francisco de Viveiro




O convento da orde mendicante de San Francisco
encóntrase no centro da vila de Viveiro. A igrexa que
actualmente está destinada a igrexa parroquial, é obra
gótica de finais do século XIV. A planta da igrexa é de
cruz latina, cunha única nave lonxitudinal composta de
seis tramos e unha transversal de tres, a cabeceira por
unha ábsida heptagonal. Sufriu varias reformas de
importancia nos séculos XVII e XVIII, que
fundamentalmente afectaron ás bóvedas, ao cruceiro e
á torre campanario. No lado sur da igrexa sitúanse
dúas importantes capelas. O convento conserva un
claustro renacentista tardío, do século XVII.
MOSTERIROS E CONVENTOS DA
  PROVINCIA DE OURENSE

  •   San Salvador de Celanova
  •   San Pedro de Rocas
  •   San Clodio de Leiro
  •   Santa María de Melón
  •   Santa María de Montederramo
  •   Santo Estevo de Ribas de Sil
  •   San Francisco de Ourense
  •   San Domingos de Ribadavia
  •   Santa María de Oseira
  •   Santa María de Xunqueira de Ambía
  •   Santa María de Xunqueira de Espadañedo
San Salvador de Celanova




Este antigo mosteiro benedictino atópase
na vila de Celanova. Foi fundado por San
Rosendo no sñeculo X. O mosteiro
conserva elementos monumentais de tres
estilos principais, mozárabe, románico e
renacentista. A capela mozárabe de San
Miguel, unha pequena xoia do século X, é o
único resto da época de fundación do
mosteiro. A actual igrexa monástica, é
barroca cunha remodelación no século
XVIII . A igrexa ten planta de cruz latina
composta de tres naves de tres tramos e
cruceiro. A fachada constitúe a porta do
mosteiro.
San Pedro de Rocas




No concello de Esgos, na Ribeira Sacra, encóntrase unha extraordinaria paraxe de exuberante vexetación coñecida
como Rocas. Ábrese sobre a foz do río Rebordoverde, afluente do Loña, na cunca fluvial do Miño. Neste
lugar, totalmente integrado nunha paisaxe de redondeadas formas graníticas que afloran por todas partes, levántase
un dos mosteiros de orixe máis antiga de Galicia, cunha igrexa rupestre escavada nunha das rocas que o caracterizan.
Posiblemente existise a finais do século IV vida eremítica na zona, nalgunha cova natural que despois daría orixe a un
primeiro mosteiro, composto de varias celas ou capelas primitivas escavadas na roca. Estas serían ampliadas
posteriormente para darlles o seu actual aspecto románico, probablemente xa no século XII. O conxunto actual
componse de dous edificios, o correspondente á igrexa e o do priorado do século XVII. O da igrexa componse á súa
vez doutros dous, a igrexa rupestre escavada na roca coa súa fachada do século XII, e a chamada igrexa nova, situada
transversalmente á anterior de forma que oculta a súa fachada
San Clodio de Leiro




Ao norte da comarca do Ribeiro, no extenso val que
forma o río Avia, afluente do Miño, a metade de
camino entre Rivadavia e Carballiño, encóntrase este
mosteriro cisterciense. As orixes sitúan o mosteiro a
finais do século VI, integrándise no século XIII na
orden do Cister . A igrexa abacial é de planta
basilical, construída entre finais do século XII e
principios do XIII, está composta de tres naves de
catro tramos e cabeceira con tres ábsidas
semicirculares. Ten dous claustros: Procesións (século
XVI) e Portería (s. XVII). A portada do mosteiro é do
século XVIII Este mosteiro foi recentemente
restaurado para fins hoteleiros.
Santa María de Melón




Os restos deste mosteiro encóntranse na comarca do Ribeiro, concello de Melón, ao lado
da desembocadura do río Cortella dentro da conca fluvial do Miño. Foi fundado a
mediados do século XII, a instancias de Afonso VII, pero o proxecto románico foi
rápidamente sustituíido por outro máis acorde co gusto cisterciense e cercano á
sensibilidade gótica. Da construcción inicial do século XII, soamente se conservan a
cabeceira e a parte do claustro e as naves. Merecen especial mención as magníficas
bóvedas de crucería, o claustro renacentista así como a elegante xirola que rodea a
capela maior. Coa desamortización de Mendizábal e os danos ocasionados por unha
tormenta a finais do século XIX, este mosteiro queda prácticamente en ruínas ata os
nosos días.
Santa María de Montederramo




Este mosterio cisterciense encóntrase na comarca de Terra de Caldelas, xunto ó río Mao, na
Ribeira Sacra. Foi fundado en 1124 por Teresa de Portugal e a mediados do século XII pasa á
Orde del Císter. O mosteiro componse da igrexa, dous claustros e as correspondentes
dependencias monacais. A igrexa orixinal tardorrománica del siglo XII foi completamente
sustituida por otra en 1598, agás un ventanal románico aparecido na última restauración no
muro sur da igrexa. A nova igrexa renacentista do século XVI é de planta de cruz latina e
cabeceira de cinco ábsidas, presenta pilares estriados rematados con capiteis xónicos e
bóvedas de crucería góticas arcaizantes. A igrexa é parroquial e as antigas dependencias do
convento acollen hoxe aínda un colexio público, unha panadería, un bar, vivendas, etc., aínda
que están en marcha as labores de restauración.
Santo Estevo de Ribas de Sil




Este antigo mosteiro benedictino encóntrase no concello
de Nogueira de Ramuín, na escarpada pero fermosa
ladeira meridional do río Sil, en pleno centro da Ribeira
Sacra, espacio natural de orixinal beleza. A existencia do
mosterio está probada no século X, se ben a súa orixe
parece remitirse aos séculos VI e VII. Neste mosteiro
alternanse estilos desde o románico ao barroco e cabe
destacar os tres claustro de estilos románico, gótico e
renacentista. A igrexa abacial, de orixe inicial románica
de finais do século XII, pero con modificacións
posteriores, é de planta basilical, con tres naves e a
cabeceira está formada por tres ábsidas semicirculares
Na actualidade este mosteiro é un Parador Nacional
San Francisco de Ourense




O convento de San Francisco de Ourense
encóntrase situado na parte alta da cidade, na
atalaia de Vista Alegre. A igrexa, trasladada a
principios do século XX, encóntrase agora na
praza de San Lázaro, no centro da cidade.
Considérase que foi fundado a mediados do
século     XIII,     aínda    que     o     actual
convento, inicialmente composto pola igrexa e as
dependencias       arredor       do       claustro
gótico, construíuse no século XIV. A antiga
igrexa conventual, hoxe encaixada entre
edificios     que      desmerecen       a      súa
importancia, mantén da primitiva unicamente a
cabeceira, a portada e o rosetón da fachada
San Domingos de Ribadavia




O antigo mosteiro de Santa María de Valparaíso, máis tarde de San Domingos, encóntrase no casco antigo de
Ribadavia, capital da comarca do Ribeiro e antiga capital do reino independente de Galicia. A igrexa e o convento fundáronse
no século XIII. O único que se mantén do primeiro edificio do mosteiro é unha portada de arquivoltas sostidas por
columnas con capiteis que representan motivos vexetales. O templo sufriu dous incendios e estivo en período de
reconstrución ata o século XVIII. A igrexa é de planta basilical, con tres naves e un cruceiro que as prolonga, a cabeceira
está formada por tres ábsidas poligonais. O conxunto actual está formado pola igrexa e o que queda das antigas instalacións
conventuais, moi modificadas, que cerran o patio unicamente por dous lados. Tamen forma parte do conxunto a capela da
Santa María de Oseira




Este monasterio cisterciense está situado no concello de Cea. Foi a primeira fundación do Císter en Galicia. A súa
construcción desenvólvese ao longo de diferentes séculos e con diferentes estilos, dende o século XII co románico ao
XVIII co barroco, pasando polo gótico e o renacentista. A igrexa abacial é do estilo románico oxival, comezada a finais do
século XII, é de planta de cruz latina. A fachada principal da igrexa é do século XVII. O conxunto está formado pola
igrexa coa capela de San Andrés pegada, os tres claustros coas súas dependencias anexas, dous corpos sobresaíntes (o
do dormitorio de anciáns e o da hospedaría coa biblioteca) e dúas construccións exentas (o muíño e a tafona)
Santa María de Xunqueira de Ambía




Este antigo mosteiro da Orde de Cóengos Regulares de San
Agostiño atópase no concello de Xunqueira de Ambía, na
comarca de Allariz-Maceda, no val formado polo río Arnoia.
Foi fundado no século XII. A igrexa colexiata, da metade
do século XII constitúe un dos exemplos más importantes
da arte románica en Galicia. É de planta basilical, composta
de    tres    naves    rematadas     con    tres      ábsidas
semicirculares, Actualmente consérvanse, do primitivo
conxunto, a igrexa, o claustro coas súas dependencias e o
antigo palacio prioral, que foi utilizado tamén como
residencia de verán polos bispos ourensáns.
Santa María de Xunqueira de Espadañedo




Este antigo mosteiro cisterciense encóntrase no concello de Xunqueira de Ambía, ao
norte da comarca de Allariz-Maceda, na Ribeira Sacra. O mosteiro fundouse no século
XII, en plena época medieval pero ao longo da historia sufriu numerosas ampliacións e
modificacións de estilo renacentista, barroco e neoclásico. A igrexa abacial ten planta
basilical, con tres naves de cinco tramos, a central de maior anchura, e cabeceira de
tres ábsidas semicirculares. Actualmente a igrexa converteuse en parroquial e as
dependencias do mosteirro foron rehabilitadas e están ocupadas polo Concello para
sede de diversas dependencias municipais
MOSTERIROS E CONVENTOS DA
 PROVINCIA DE PONTEVEDRA

   •   Santa María de Acibeiro
   •   Santa María de Armenteira
   •   Santa María de Oia
   •   San Xoán de Poio
   •   San Domingos de Pontevedra
   •   San Francisco de Pontevedra
   •   San Salvador de Lérez
   • San Lourenzo de Carboeiro
Santa María de Aciveiro




Este mosteiro cisterciense encóntrase no concello de Forcarei na comarca de
Terra de Montes. É un mosteiro medieval cisterciense que vertebrou a vida
económica e social da Terra de Montes dende a súa fundación, no século
XII, ata a exclaustración producida pola desamortización no século XIX. A
igrexa é de planta basilical, con tres naves de cinco tramos remadas por tres
ábsidas que constitúen a cabeceira. Na actualidade a igrexa serve como igrexa
parroquial mentres que as dependencias monacais foron obxecto de
restauración e acollen un hostal-monumento.
Santa María de Armenteira




Este mosteiro cisterciense encóntrase no concello
de Meis, na rica comarca vinícola do Salnés, moi
cerca da ría de Pontevedra. O mosterio presenta
numerosos engadidos dos séculos XVI-XVII, pero
aínda conserva a igrexa románica. O conxunto foi
cuidadosamente restaurado. A A antiga igrexa
abacial constitúe un valioso exemplo da arquitectura
románica da segunda metade do século XII e consta
de planta de cruz latina con tres naves e remata
nunha cabeceira de triple ábside. Destaca a fachada
coronada por un gran rosetón.
Santa María de Oia




Este mosteiro cisterciense encóntrase no concello
de Oia, na comarca do Baixo Miño. Foi fundado a
finais do século XII. Podemos considerar tres
importantes etapas constructivas no actual
conxunto monacal: románica, renacentista e
barroca. A antiga igrexa abacial é románica de
transición de finais do século XII. Ten planta de
cruz latina composta de tres naves e a cabeceira
está formada por cinco capelas rectangulares
escalonadas. A fachada é de estilo barroco de
finais do S. XVIII. Actualmente a igrexa é
parroquial e o mosterio é propiedade particular.
San Xoan de Poio




Este mosteiro benedictino encóntrase no concello
de Poio, moi cerca da ría de Pontevedra. A actual
igrexa abacial, do s. XVII-XVIII que integra
elementos renacentistas e barrocos, sustituiu ó
primitivo templo medieval. O exterior destaca a
fachada principal da igrexa, obra clasicista de
finais do século XVII e principios do XVIII. O
claustro do século XVI ten unha fonte barroca e
unha orixinal escalera.     Na actualidade está
dedicado a convento e hospedería turística rexida
por monxas.
San Domingos de Pontevedra




As ruínas deste antigo convento dominico dos
séculos XIV-XV encóntranse no centro histórico
da cidade de Pontevedra, e na actualidade forma
parte do Museo de Pontevedra. A súa igrexa era
o maior dos templos dominicanos galegos, tiña
nave única e cuberta de madeira a dúas
augas, cruceiro con resalte e teito de madeira, e
tres ábsidas poligonais con bóvedas nervadas e
ventanais resgados, amainelados e apuntados.
Consérvanse en pé as cinco ábsidas abovedadas
da cabeceira, o transepto e boa parte da sala
capitular
San Francisco de Pontevedra




Este convento franciscano encóntrase situado no antigo casco histórico de Pontevedra, na praza da Ferrería. Trátase
dun edificio construído entre los séculos XIV y XV de estilo ojival tardío. A igrexa é de planta de cruz latina, e a
cabeceira está composta de tres ábsidas poligonais.
San Salvador de Lérez




Este antigo mosteiro benedictino encóntrase nun alto das aforas da cidade
de Pontevedra, sobre o outro lado do río Lérez. Foi fundado a principios do
século X e durante os séculos seguintes aumenta a súa importancia, ata
alcanzar o seu maior auxe ó século XII. A penas quedan restos do antigo
conxunto románico e o que chegou aos nosos días pertence ao renacemento
e ao barroco. Do claustro renacentista do século XVI unicamente se
mantén en pé a ala norte, pegada á igrexa. A actual igrexa é dunha soa
nave, con ábsida rectangular. A fachada, moi sobria, presenta elementos
do barroco de placas, e foi rematada no século XVIII. Está constituída
por un corpo central enmarcado por dúas esveltas torres.
San Lourenzo de Carboeiro




Estratexicamente situado sobre un escarpado promontorio nunha volta do río Deza, no concello de Silleda, levántase
este antigo mosteiro benedictino do século X. A súa igrexa do século XII é unha xoia románico-gótica. É de planta de
cruz latina cunha gran cabeceira constituída por un deambulatorio con tres capelas radiais formando a ábsida e dúas
máis pequenas abertas directamente ó transepto. No século XIX coa desamortización quedou totalmente en ruínas.
Recentemente foi restaurado a igrexa e o que queda do antigo mosteiro sitúase no lado norte da igrexa.

More Related Content

What's hot

Callobre
CallobreCallobre
Callobrenonpodo
 
San SandurniñO
San SandurniñOSan SandurniñO
San SandurniñOInesytta
 
A arquitectura románica en España
A arquitectura románica en EspañaA arquitectura románica en España
A arquitectura románica en Españaprofesor historia
 
Exemplo. tres epocas, tres estilos
Exemplo. tres epocas, tres estilosExemplo. tres epocas, tres estilos
Exemplo. tres epocas, tres estilosvictorefisica1
 
Santa maría a real de oseira
Santa maría a real de oseiraSanta maría a real de oseira
Santa maría a real de oseiraYolandaseara
 
O mosteiro de Oseira
O mosteiro de OseiraO mosteiro de Oseira
O mosteiro de Oseiramercedesdans
 
Lamas de moreira
Lamas de moreiraLamas de moreira
Lamas de moreiraSon Sabela
 
Catedral de Santiago de Compostela
Catedral de Santiago de CompostelaCatedral de Santiago de Compostela
Catedral de Santiago de Compostelalourdes herrero
 
San miguel de celanova
San miguel de celanovaSan miguel de celanova
San miguel de celanovaYolandaseara
 
Características xerais da arquitectura románica
Características xerais da arquitectura románicaCaracterísticas xerais da arquitectura románica
Características xerais da arquitectura románicaprofesor historia
 
Comarca Ourense
Comarca OurenseComarca Ourense
Comarca Ourensemonadela
 
Trabajo fragas do eume (copia)andrea
Trabajo fragas do eume (copia)andreaTrabajo fragas do eume (copia)andrea
Trabajo fragas do eume (copia)andreaceipdeandrade4
 
Viaxe a un pasado milagreiro
Viaxe a un pasado milagreiroViaxe a un pasado milagreiro
Viaxe a un pasado milagreirosatelite1
 
PresentacióN1
PresentacióN1PresentacióN1
PresentacióN1ardillas
 
O románico en betanzos (1)
O románico en betanzos (1)O románico en betanzos (1)
O románico en betanzos (1)mackerel100
 

What's hot (20)

Betanzos
BetanzosBetanzos
Betanzos
 
Callobre
CallobreCallobre
Callobre
 
Callobre
CallobreCallobre
Callobre
 
Callobre
CallobreCallobre
Callobre
 
San SandurniñO
San SandurniñOSan SandurniñO
San SandurniñO
 
A arquitectura románica en España
A arquitectura románica en EspañaA arquitectura románica en España
A arquitectura románica en España
 
Exemplo. tres epocas, tres estilos
Exemplo. tres epocas, tres estilosExemplo. tres epocas, tres estilos
Exemplo. tres epocas, tres estilos
 
Santiago De Compostela
Santiago De CompostelaSantiago De Compostela
Santiago De Compostela
 
Santa maría a real de oseira
Santa maría a real de oseiraSanta maría a real de oseira
Santa maría a real de oseira
 
O mosteiro de Oseira
O mosteiro de OseiraO mosteiro de Oseira
O mosteiro de Oseira
 
Lamas de moreira
Lamas de moreiraLamas de moreira
Lamas de moreira
 
Catedral de Santiago de Compostela
Catedral de Santiago de CompostelaCatedral de Santiago de Compostela
Catedral de Santiago de Compostela
 
San miguel de celanova
San miguel de celanovaSan miguel de celanova
San miguel de celanova
 
Características xerais da arquitectura románica
Características xerais da arquitectura románicaCaracterísticas xerais da arquitectura románica
Características xerais da arquitectura románica
 
Tema 6 románico
Tema 6 románicoTema 6 románico
Tema 6 románico
 
Comarca Ourense
Comarca OurenseComarca Ourense
Comarca Ourense
 
Trabajo fragas do eume (copia)andrea
Trabajo fragas do eume (copia)andreaTrabajo fragas do eume (copia)andrea
Trabajo fragas do eume (copia)andrea
 
Viaxe a un pasado milagreiro
Viaxe a un pasado milagreiroViaxe a un pasado milagreiro
Viaxe a un pasado milagreiro
 
PresentacióN1
PresentacióN1PresentacióN1
PresentacióN1
 
O románico en betanzos (1)
O románico en betanzos (1)O románico en betanzos (1)
O románico en betanzos (1)
 

Viewers also liked

Viewers also liked (19)

Godsgoddessess
GodsgoddessessGodsgoddessess
Godsgoddessess
 
Montaje cuba
Montaje cubaMontaje cuba
Montaje cuba
 
Opinion essay
Opinion essay Opinion essay
Opinion essay
 
Pablo Lorenzo story-8,5
Pablo Lorenzo story-8,5Pablo Lorenzo story-8,5
Pablo Lorenzo story-8,5
 
Volcanes
VolcanesVolcanes
Volcanes
 
Characters
CharactersCharacters
Characters
 
Homework primero-c
Homework primero-cHomework primero-c
Homework primero-c
 
Romeii
RomeiiRomeii
Romeii
 
Nuria lópez 1ºb clothes
Nuria lópez 1ºb clothesNuria lópez 1ºb clothes
Nuria lópez 1ºb clothes
 
Cuadros famosos
Cuadros famososCuadros famosos
Cuadros famosos
 
Modalesprimero
ModalesprimeroModalesprimero
Modalesprimero
 
Commaface
CommafaceCommaface
Commaface
 
Comparatives
ComparativesComparatives
Comparatives
 
ANA KARLA-MODAL AUXILIARIES
ANA KARLA-MODAL AUXILIARIESANA KARLA-MODAL AUXILIARIES
ANA KARLA-MODAL AUXILIARIES
 
My house
My houseMy house
My house
 
Fairy Tales Project
Fairy Tales ProjectFairy Tales Project
Fairy Tales Project
 
Tenses.pptx
Tenses.pptxTenses.pptx
Tenses.pptx
 
school rules
school rulesschool rules
school rules
 
GRAMMAR EXPLANATION
GRAMMAR EXPLANATIONGRAMMAR EXPLANATION
GRAMMAR EXPLANATION
 

Similar to Mosteiros de Galicia

Mosteiro de santa catalina de montefaro
Mosteiro de santa catalina de montefaroMosteiro de santa catalina de montefaro
Mosteiro de santa catalina de montefaroYolanda Castro
 
PRC 3 ZOE MARTA.pdf
PRC 3 ZOE MARTA.pdfPRC 3 ZOE MARTA.pdf
PRC 3 ZOE MARTA.pdfabelena
 
Pdf mosteiro
Pdf mosteiroPdf mosteiro
Pdf mosteiroantiapev
 
Pdf mosteiro
Pdf mosteiroPdf mosteiro
Pdf mosteiroantiapev
 
Catedral de santiago_Touro2015
Catedral de santiago_Touro2015Catedral de santiago_Touro2015
Catedral de santiago_Touro2015danieyago
 
CONCELLO DE POTECESURES
CONCELLO DE POTECESURESCONCELLO DE POTECESURES
CONCELLO DE POTECESURESarandelahb
 
Santa olalla de lubre.
Santa olalla de lubre.Santa olalla de lubre.
Santa olalla de lubre.Yolanda Castro
 
Igrexas parroquiais en Porto do Son: de Queiruga a As Pardiñas
Igrexas parroquiais en Porto do Son: de Queiruga a As PardiñasIgrexas parroquiais en Porto do Son: de Queiruga a As Pardiñas
Igrexas parroquiais en Porto do Son: de Queiruga a As PardiñasSonia Ces
 
Santiago_Touro
Santiago_TouroSantiago_Touro
Santiago_TouroTalogo
 
A arquitectura románica en Europa
A arquitectura románica en EuropaA arquitectura románica en Europa
A arquitectura románica en Europaprofesor historia
 
O noso patrimonio.Santa Olalla de Lubre
O noso patrimonio.Santa Olalla de LubreO noso patrimonio.Santa Olalla de Lubre
O noso patrimonio.Santa Olalla de LubreYolanda Castro
 

Similar to Mosteiros de Galicia (18)

Mosteiro de santa catalina de montefaro
Mosteiro de santa catalina de montefaroMosteiro de santa catalina de montefaro
Mosteiro de santa catalina de montefaro
 
PRC 3 ZOE MARTA.pdf
PRC 3 ZOE MARTA.pdfPRC 3 ZOE MARTA.pdf
PRC 3 ZOE MARTA.pdf
 
Pdf mosteiro
Pdf mosteiroPdf mosteiro
Pdf mosteiro
 
Pdf mosteiro
Pdf mosteiroPdf mosteiro
Pdf mosteiro
 
Catedral de santiago_Touro2015
Catedral de santiago_Touro2015Catedral de santiago_Touro2015
Catedral de santiago_Touro2015
 
CONCELLO DE POTECESURES
CONCELLO DE POTECESURESCONCELLO DE POTECESURES
CONCELLO DE POTECESURES
 
Santa olalla de lubre.
Santa olalla de lubre.Santa olalla de lubre.
Santa olalla de lubre.
 
A Guarda
A GuardaA Guarda
A Guarda
 
A historia de Caldelas
A historia de CaldelasA historia de Caldelas
A historia de Caldelas
 
Igrexas parroquiais en Porto do Son: de Queiruga a As Pardiñas
Igrexas parroquiais en Porto do Son: de Queiruga a As PardiñasIgrexas parroquiais en Porto do Son: de Queiruga a As Pardiñas
Igrexas parroquiais en Porto do Son: de Queiruga a As Pardiñas
 
Melide
MelideMelide
Melide
 
A arte románica
A arte románicaA arte románica
A arte románica
 
Santiago_Touro
Santiago_TouroSantiago_Touro
Santiago_Touro
 
Arcos De Furco
Arcos De FurcoArcos De Furco
Arcos De Furco
 
Lourenza
LourenzaLourenza
Lourenza
 
Lourenza
LourenzaLourenza
Lourenza
 
A arquitectura románica en Europa
A arquitectura románica en EuropaA arquitectura románica en Europa
A arquitectura románica en Europa
 
O noso patrimonio.Santa Olalla de Lubre
O noso patrimonio.Santa Olalla de LubreO noso patrimonio.Santa Olalla de Lubre
O noso patrimonio.Santa Olalla de Lubre
 

More from ladymandona

Carolinaparis1 b
Carolinaparis1 bCarolinaparis1 b
Carolinaparis1 bladymandona
 
Alvaro nuñez tokio
Alvaro nuñez  tokioAlvaro nuñez  tokio
Alvaro nuñez tokioladymandona
 
Athens valentina
Athens valentinaAthens valentina
Athens valentinaladymandona
 
Alberto ámsterdan redacción
Alberto ámsterdan redacciónAlberto ámsterdan redacción
Alberto ámsterdan redacciónladymandona
 
Mario espiñeira. my town (1)
Mario espiñeira. my town (1)Mario espiñeira. my town (1)
Mario espiñeira. my town (1)ladymandona
 
Handba lsergio.group.1b
Handba lsergio.group.1bHandba lsergio.group.1b
Handba lsergio.group.1bladymandona
 
Francia1c anagroup
Francia1c anagroupFrancia1c anagroup
Francia1c anagroupladymandona
 
Three little pigs daniel lópez 1º eso a
Three little pigs daniel lópez 1º eso aThree little pigs daniel lópez 1º eso a
Three little pigs daniel lópez 1º eso aladymandona
 
MYTHS AND LEGENDS-HINTS-
MYTHS AND LEGENDS-HINTS-MYTHS AND LEGENDS-HINTS-
MYTHS AND LEGENDS-HINTS-ladymandona
 
Myths and legends activity
Myths and legends activityMyths and legends activity
Myths and legends activityladymandona
 
El universoantón
El universoantónEl universoantón
El universoantónladymandona
 
Readingconflictresolution
ReadingconflictresolutionReadingconflictresolution
Readingconflictresolutionladymandona
 

More from ladymandona (20)

Carolinaparis1 b
Carolinaparis1 bCarolinaparis1 b
Carolinaparis1 b
 
Alvaro nuñez tokio
Alvaro nuñez  tokioAlvaro nuñez  tokio
Alvaro nuñez tokio
 
Athens valentina
Athens valentinaAthens valentina
Athens valentina
 
Alberto ámsterdan redacción
Alberto ámsterdan redacciónAlberto ámsterdan redacción
Alberto ámsterdan redacción
 
Mario espiñeira. my town (1)
Mario espiñeira. my town (1)Mario espiñeira. my town (1)
Mario espiñeira. my town (1)
 
Timetable 1 a
Timetable 1 aTimetable 1 a
Timetable 1 a
 
Handba lsergio.group.1b
Handba lsergio.group.1bHandba lsergio.group.1b
Handba lsergio.group.1b
 
Francia1c anagroup
Francia1c anagroupFrancia1c anagroup
Francia1c anagroup
 
Camelias
CameliasCamelias
Camelias
 
Swit 1-c
Swit 1-cSwit 1-c
Swit 1-c
 
HORARIO2C
HORARIO2CHORARIO2C
HORARIO2C
 
Ltthanxo
LtthanxoLtthanxo
Ltthanxo
 
Three little pigs daniel lópez 1º eso a
Three little pigs daniel lópez 1º eso aThree little pigs daniel lópez 1º eso a
Three little pigs daniel lópez 1º eso a
 
Onceuponatime.
Onceuponatime.Onceuponatime.
Onceuponatime.
 
MYTHS AND LEGENDS-HINTS-
MYTHS AND LEGENDS-HINTS-MYTHS AND LEGENDS-HINTS-
MYTHS AND LEGENDS-HINTS-
 
Myths project.
Myths project.Myths project.
Myths project.
 
Myths and legends activity
Myths and legends activityMyths and legends activity
Myths and legends activity
 
The frog prince
The frog princeThe frog prince
The frog prince
 
El universoantón
El universoantónEl universoantón
El universoantón
 
Readingconflictresolution
ReadingconflictresolutionReadingconflictresolution
Readingconflictresolution
 

Mosteiros de Galicia

  • 1. Música: Berrogüetto – “ Vilalbalcan I” MOSTEIROS E CONVENTOS DE GALICIA
  • 2. MOSTEIROS E CONVENTOS DA PROVINCIA DA CORUÑA • San Xoán de Caaveiro • San Salvador de Bergondo • San Francisco de Betanzos • Santa María de Monfero • San Domingos de Trasouto • Santa María A Real do Sar • San Martín Pinario • Santa María Sobrado dos Monxes
  • 3. San Xoán de Caaveiro Na comarca do Eume, no medio da solitaria e impresionante paisaxe que constitúen as fragas do río Eume, mantéñense aínda en pé os restos deste antigo mosteiro románico do século XII. O conxunto consta de: Adro de entrada, arco de entrada e torre barroca do século XVIII, casa de Quintáns, sacristía e unha igrexa románica, de finais do século XII.
  • 4. San Salvador de Bergondo Ao noroeste da comarca da Coruña, moi preto da costa, case lindando coa de Betanzos, é dicir, en pleno corazón das Mariñas dos Condes, encóntranse os restos deste antigo mosteiro benedictino. Hoxe quedan poucos restos do antigo mosteiro que se organizan arredor dun patio no lugar que debeu ocupar o primitivo claustro regular, situado ao sur da igrexa. A igrexa é un fermoso exemplar de arquitectura románica da segunda metade do século XII, ten planta basilical con tres naves e tres ábsidas semicirculares.
  • 5. San Francisco de Betanzos Na zona antiga do concello de Betanzos, formando un conxunto monumental coa igrexa de Santa María de Azogue, encóntrase a igrexa gótica de San Francisco, único resto que queda do antigo convento franciscano. Aínda que o convento foi fundado no 1219, a igrexa foi rematada no 1387 polo señor da cidade no seu momento de máximo esplendor, Fernán Pérez de Andrade, segundo reza a inscrición do seu sepulcro, que se encontra no interior. A igrexa constitúe un bo exemplar do oxival galego da segunda metade do século XIV, aínda que con tradicións románicas na ornamentación, Ten planta de cruz latina, cunha soa nave, capelas laterais, cruceiro e tres capelas absidais.
  • 6. Santa María de Monfero Nunha das zonas máis agrestes da comarca do Eume, no concello de Monfero, dominando un extenso val, encóntranse os restos deste mosteiro cisterciense do século XII, aínda que se pretende fundado no século X por San Rosendo. A igrexa e un enorme templo barroco clasicista do século XVII, reemprazando ao románico do século XII. O Claustro Reglar e galerías coas bóvedas estreladas son do século XVI.
  • 7. San Domingos de Bonaval Este convento dominico encóntrase moi achegado á Porta do Camiño, en Santiago de Compostela. Hoxe dedicado a Museo do Pobo Galego e Panteón de Galegos Ilustres, é veciño do Centro Galego de Arte Contemporánea. A tradición atribúe a súa fundación ao propio San Domingos de Guzmán, da familia galega dos condes de Traba, que peregrinou a Compostela en 1219. A maioría dos edificios conservados foron construídos en estilo barroco a finales del siglo XVII y comienzos del XVIII.
  • 8. San Lorenzo de Trasouto O mosteiro de San Lourenzo de Trasouto encóntrase ao sudoeste da cidade de Santiago, contiguo ao campus universitario, no medio dunha paisaxe de carballos centenarios que xa cantou Rosalía de Castro. Fundado no século XIII por don Martín Arias, bispo de Zamora, pasou no século XIV a depender dos franciscanos. Da obra orixinal mantéñense en pé fundamentalmente a igrexa e o claustro. Estas dependencias foron moi transformadas ao converterse en pazo dedicado á restauración. A igrexa é de planta de cruz latina, cunha única nave de catro tramos, curto cruceiro e capela maior de planta sensiblemente cadrada.
  • 9. Santa María A Real do Sar A colexiata de Santa María do Sar, antigo mosteiro dos Cóengos Regulares de San Agostiño, encóntrase situada nas aforas do antigo casco histórico de Santiago de Compostela, nas marxes do río Sar. A súa fundación corresponde ao Arcebispo Diego Gelmírez no século XII. Das antigas construccións medievais só queda a igrexa e a á norte do antigo claustro. A igrexa, de arquitectura románica, é de planta basilical con tres naves que se prolongan en tres ábsidas poligonais. A progresiva inclinación, acentuada no século XVII, motivou as obras de consolidación realizadas no 1732, consistentes fundamentalmente nos grandes arcobotantes apoiados nos primitivos contrafortes que agora caracterizan a igrexa.
  • 10. San Martín Pinario Este mosterio benedictino encóntrase no casco histórico da cidade de Santiago de Compostela. Foi fundado no século X. Ao longo da Idade Media este monasterio creceu de tal forma que a finais do século XV converteuse no mosteiro máis rico e poderoso de Galicia o que conlevou a que fose reconstruído en estilo barroco no século XVII, polo que o conxunto arquitectónico presenta unha variedade de estilos. O mosteiro ten dous claustros. A igrexa rematada a finais do século XVI ten unha impresionante fachada plateresca, ten planta de cruz latina con tres naves no brazo principal e unha no transversal, recorridas por unha tribuna. Na actualidade é sede do seminario maior da arquidiócese compostelana.
  • 11. Santa María Sobrado dos Monxes Este mosteiro cisterciense encóntrase situado ao norte da comarca da Terra de Melide, no concello de Sobrado dos Monxes, ao lado da lagoa do mesmo nome, que desauga no río Tambre. Foi fundado no século X e no século XII, incorpórase ao Cister. Aínda que a súa orixe é medieval, actualmente e tras as reformas dos séculos XVI ao XVIII é un dos principais monumentos de barroco galego. A fachada barroca da igrexa é do 1676
  • 12. MOSTERIROS E CONVENTOS DA PROVINCIA DE LUGO • Santo Estevo de Chouzán • Santa María de Ferreira de Pallares • San Salvador de Lourenzá • Convento de San Francisco Lugo • Santa María de Meira • Santa María de Ferreira de Pantón • San Xulián de Samos • Nosa Señora de Valdeflores • San Francisco de Viveiro
  • 13. Santo Estevo de Chouzán Este antigo mosteiro feminino levantábase na ladeira occidental do río Miño ao seu paso pola comarca de Chantada, no profundo val hoxe inundado polo encoro dos Peares. Actualmente só se conserva a igrexa convertida en parroquial, trasladada máis arriba ao realizarse o embalse, no concello de Carballedo. A igrexa foi construída no século XII, aínda que ten reformas nos séculos XIV, XVIII e XX.
  • 14. Santa María de Ferreira de Pallares Ao sur da comarca de Lugo, na parroquia de Ferreira de Pallares, concello de Guntín, no fértil val que forma o curso do río Ferreira, encóntrase este antigo mosteiro . benedictino, hoxe igrexa parroquial. Trátase dun mosteiro cunha das orixes máis antigas das que se ten constancia documental. Os seus descendentes restaurárono e entregárono aos monxes benedictinos a principios do século XII. A igrexa é románica, de finais do século XII, ten unha soa nave rectangular, dividida en catro tramos con teitume de madeira apoiada en arcos lixeiramente apuntados. Ao lado da ábsida hai unha capela funeraria gótica.
  • 15. San Salvador de Lourenzá Na comarca da Mariña Central, no val de Lourenzá, ao occidente da serra da Cadeira, encóntrase Vilanova, capital do concello de Lourenzá, formada arredor do antigo mosteiro benedictino de San Salvador. Mosterio de estilo barroco fundado no século X polo Conde Osorio Gutiérrez. O seu maior apoxeo chegou nos séculos XVII e XVIII, nos que se substituíu completamente o primitivo mosteiro medieval, do que a penas quedan restos. O conxunto da edificación consta da igrexia monasterial e parroquial, capella de . Valdeflores, capela da Virxen de Valbanera, dous claustros, cámara abacial e portería, convento, patio do Conde Santo e Museo de Arte Sacro. O máís impresionante da obra é a fachada barroca da igxexa planteada a modo de retablo de pedra flanqueado por dúas torres.
  • 16. Convento de San Francisco de Lugo Este antigo convento franciscano encóntrase case no centro do recinto amurallado da cidade de Lugo, na praza da Soidade. O antiguo convento foi fundado durante o xéculoo XII e conserva a cociña, o refectorio e o claustro. A igrexa ten . planta de cruz latina, cunha soa nave no brazo maior e outra no cruceiro, ao que se abre unha cabeceira composta por tres ábsidas poligonais; a fachada é gótica de finais do século XIV e de principios do XV. O claustro tamén é gótico pero con peminiscencias románicas. Actualmente é unha das sedes do Museo Provincial de Lugo.
  • 17. Santa María de Meira Este mosteiro cisterciense localízase no centro da pequena vila de Meira, situada ao oeste da Serra de Meira (Lugo), xusto ao lado onde nace o río Miño . O mosteiro posiblemente foi fundado, entre 1151 e 1154. Do antiguo mosterio só se conserva o tramo sobre a porta que da á nave sur del Claustro das Procesións, parte do Claustro renacentista e a súa igrexa en bon estado. A igrexa abacial é un dos mellores exemplos da arquitectura románica cisterciense, ten planta de cruz latina con tres naves lonxitudinais de nove tramos, cruceiro dunha soa nave con brazos de dous tramos, e cabeceira de cinco ábsidas.
  • 18. Santa María de Ferreira de Pantón Este mosteiro feminino cisterciense encóntrase na comarca da Terra de Lemos e na beira do río Carabelos, que discorre polo centro do fermoso e fértil val de Lemos ata desembocar no Sil. Aínda que se pretende fundado a principios do século X, incorpórase ao Cister no século XII. Sufre importantes reformas nos séculos XVI e XVIII. A igrexa, románica, constitúe a parte máis antiga do conxunto, Foi rematada na segunda metade do século XII. . É de nave única rectangular, cun fermoso artesonado de madeira baixo a cuberta a dúas augas, solución inusual en Galicia de inspiración mudéxar, con entrelazados de tipo xeométrico pero tamén con motivos vexetais moi estilizados, podería datarse entre finais do século XVI.
  • 19. San Xulián de Samos Este mosteiro benedictino atópase no concello de Samos pertencente á comarca de Sarria. Foi fundando no século VI. Nos seus moitos anos de historia (séculos VI- XVII), foi un colexio de Teoloxía e Filosofía, ao mesmo tempo, que é unha parada indispensable no Camiño de Santiago, xa que conta cunha hospedaxe. No conxunto monástico podemos recoñecer distintos estilos arquitectónicos: gótico tardío, renacentista e barroco, aínda que o denominador común en toda a obra é a búsqueda da grandiosidade, ao mesmo tempo que destaca pola sobriedade na decoración.
  • 20. Nosa Señora de Valdeflores Este antigo convento dominico localízase nas aforas de Viveiro, na costa da comarca da Mariña Occidental. A súa fundación é do século XIV, renóvandose nos séculos XVI e XVII. As dependencias do convento organízanse arredor dun único claustro clasicista de planta cadrada. A igrexa data de finais do século XIV e consta dunha soa nave rectangular coa cabeceira tamén rectangular. No exterior, destaca a porta da igrexa, situada na fachada sur, de tipo románico-oxival con dobre arquivolta, moi lixeiramente apuntada, apoiada sobre columnas pareadas acobadadas con capiteis de decoración vexetal.
  • 21. San Francisco de Viveiro O convento da orde mendicante de San Francisco encóntrase no centro da vila de Viveiro. A igrexa que actualmente está destinada a igrexa parroquial, é obra gótica de finais do século XIV. A planta da igrexa é de cruz latina, cunha única nave lonxitudinal composta de seis tramos e unha transversal de tres, a cabeceira por unha ábsida heptagonal. Sufriu varias reformas de importancia nos séculos XVII e XVIII, que fundamentalmente afectaron ás bóvedas, ao cruceiro e á torre campanario. No lado sur da igrexa sitúanse dúas importantes capelas. O convento conserva un claustro renacentista tardío, do século XVII.
  • 22. MOSTERIROS E CONVENTOS DA PROVINCIA DE OURENSE • San Salvador de Celanova • San Pedro de Rocas • San Clodio de Leiro • Santa María de Melón • Santa María de Montederramo • Santo Estevo de Ribas de Sil • San Francisco de Ourense • San Domingos de Ribadavia • Santa María de Oseira • Santa María de Xunqueira de Ambía • Santa María de Xunqueira de Espadañedo
  • 23. San Salvador de Celanova Este antigo mosteiro benedictino atópase na vila de Celanova. Foi fundado por San Rosendo no sñeculo X. O mosteiro conserva elementos monumentais de tres estilos principais, mozárabe, románico e renacentista. A capela mozárabe de San Miguel, unha pequena xoia do século X, é o único resto da época de fundación do mosteiro. A actual igrexa monástica, é barroca cunha remodelación no século XVIII . A igrexa ten planta de cruz latina composta de tres naves de tres tramos e cruceiro. A fachada constitúe a porta do mosteiro.
  • 24. San Pedro de Rocas No concello de Esgos, na Ribeira Sacra, encóntrase unha extraordinaria paraxe de exuberante vexetación coñecida como Rocas. Ábrese sobre a foz do río Rebordoverde, afluente do Loña, na cunca fluvial do Miño. Neste lugar, totalmente integrado nunha paisaxe de redondeadas formas graníticas que afloran por todas partes, levántase un dos mosteiros de orixe máis antiga de Galicia, cunha igrexa rupestre escavada nunha das rocas que o caracterizan. Posiblemente existise a finais do século IV vida eremítica na zona, nalgunha cova natural que despois daría orixe a un primeiro mosteiro, composto de varias celas ou capelas primitivas escavadas na roca. Estas serían ampliadas posteriormente para darlles o seu actual aspecto románico, probablemente xa no século XII. O conxunto actual componse de dous edificios, o correspondente á igrexa e o do priorado do século XVII. O da igrexa componse á súa vez doutros dous, a igrexa rupestre escavada na roca coa súa fachada do século XII, e a chamada igrexa nova, situada transversalmente á anterior de forma que oculta a súa fachada
  • 25. San Clodio de Leiro Ao norte da comarca do Ribeiro, no extenso val que forma o río Avia, afluente do Miño, a metade de camino entre Rivadavia e Carballiño, encóntrase este mosteriro cisterciense. As orixes sitúan o mosteiro a finais do século VI, integrándise no século XIII na orden do Cister . A igrexa abacial é de planta basilical, construída entre finais do século XII e principios do XIII, está composta de tres naves de catro tramos e cabeceira con tres ábsidas semicirculares. Ten dous claustros: Procesións (século XVI) e Portería (s. XVII). A portada do mosteiro é do século XVIII Este mosteiro foi recentemente restaurado para fins hoteleiros.
  • 26. Santa María de Melón Os restos deste mosteiro encóntranse na comarca do Ribeiro, concello de Melón, ao lado da desembocadura do río Cortella dentro da conca fluvial do Miño. Foi fundado a mediados do século XII, a instancias de Afonso VII, pero o proxecto románico foi rápidamente sustituíido por outro máis acorde co gusto cisterciense e cercano á sensibilidade gótica. Da construcción inicial do século XII, soamente se conservan a cabeceira e a parte do claustro e as naves. Merecen especial mención as magníficas bóvedas de crucería, o claustro renacentista así como a elegante xirola que rodea a capela maior. Coa desamortización de Mendizábal e os danos ocasionados por unha tormenta a finais do século XIX, este mosteiro queda prácticamente en ruínas ata os nosos días.
  • 27. Santa María de Montederramo Este mosterio cisterciense encóntrase na comarca de Terra de Caldelas, xunto ó río Mao, na Ribeira Sacra. Foi fundado en 1124 por Teresa de Portugal e a mediados do século XII pasa á Orde del Císter. O mosteiro componse da igrexa, dous claustros e as correspondentes dependencias monacais. A igrexa orixinal tardorrománica del siglo XII foi completamente sustituida por otra en 1598, agás un ventanal románico aparecido na última restauración no muro sur da igrexa. A nova igrexa renacentista do século XVI é de planta de cruz latina e cabeceira de cinco ábsidas, presenta pilares estriados rematados con capiteis xónicos e bóvedas de crucería góticas arcaizantes. A igrexa é parroquial e as antigas dependencias do convento acollen hoxe aínda un colexio público, unha panadería, un bar, vivendas, etc., aínda que están en marcha as labores de restauración.
  • 28. Santo Estevo de Ribas de Sil Este antigo mosteiro benedictino encóntrase no concello de Nogueira de Ramuín, na escarpada pero fermosa ladeira meridional do río Sil, en pleno centro da Ribeira Sacra, espacio natural de orixinal beleza. A existencia do mosterio está probada no século X, se ben a súa orixe parece remitirse aos séculos VI e VII. Neste mosteiro alternanse estilos desde o románico ao barroco e cabe destacar os tres claustro de estilos románico, gótico e renacentista. A igrexa abacial, de orixe inicial románica de finais do século XII, pero con modificacións posteriores, é de planta basilical, con tres naves e a cabeceira está formada por tres ábsidas semicirculares Na actualidade este mosteiro é un Parador Nacional
  • 29. San Francisco de Ourense O convento de San Francisco de Ourense encóntrase situado na parte alta da cidade, na atalaia de Vista Alegre. A igrexa, trasladada a principios do século XX, encóntrase agora na praza de San Lázaro, no centro da cidade. Considérase que foi fundado a mediados do século XIII, aínda que o actual convento, inicialmente composto pola igrexa e as dependencias arredor do claustro gótico, construíuse no século XIV. A antiga igrexa conventual, hoxe encaixada entre edificios que desmerecen a súa importancia, mantén da primitiva unicamente a cabeceira, a portada e o rosetón da fachada
  • 30. San Domingos de Ribadavia O antigo mosteiro de Santa María de Valparaíso, máis tarde de San Domingos, encóntrase no casco antigo de Ribadavia, capital da comarca do Ribeiro e antiga capital do reino independente de Galicia. A igrexa e o convento fundáronse no século XIII. O único que se mantén do primeiro edificio do mosteiro é unha portada de arquivoltas sostidas por columnas con capiteis que representan motivos vexetales. O templo sufriu dous incendios e estivo en período de reconstrución ata o século XVIII. A igrexa é de planta basilical, con tres naves e un cruceiro que as prolonga, a cabeceira está formada por tres ábsidas poligonais. O conxunto actual está formado pola igrexa e o que queda das antigas instalacións conventuais, moi modificadas, que cerran o patio unicamente por dous lados. Tamen forma parte do conxunto a capela da
  • 31. Santa María de Oseira Este monasterio cisterciense está situado no concello de Cea. Foi a primeira fundación do Císter en Galicia. A súa construcción desenvólvese ao longo de diferentes séculos e con diferentes estilos, dende o século XII co románico ao XVIII co barroco, pasando polo gótico e o renacentista. A igrexa abacial é do estilo románico oxival, comezada a finais do século XII, é de planta de cruz latina. A fachada principal da igrexa é do século XVII. O conxunto está formado pola igrexa coa capela de San Andrés pegada, os tres claustros coas súas dependencias anexas, dous corpos sobresaíntes (o do dormitorio de anciáns e o da hospedaría coa biblioteca) e dúas construccións exentas (o muíño e a tafona)
  • 32. Santa María de Xunqueira de Ambía Este antigo mosteiro da Orde de Cóengos Regulares de San Agostiño atópase no concello de Xunqueira de Ambía, na comarca de Allariz-Maceda, no val formado polo río Arnoia. Foi fundado no século XII. A igrexa colexiata, da metade do século XII constitúe un dos exemplos más importantes da arte románica en Galicia. É de planta basilical, composta de tres naves rematadas con tres ábsidas semicirculares, Actualmente consérvanse, do primitivo conxunto, a igrexa, o claustro coas súas dependencias e o antigo palacio prioral, que foi utilizado tamén como residencia de verán polos bispos ourensáns.
  • 33. Santa María de Xunqueira de Espadañedo Este antigo mosteiro cisterciense encóntrase no concello de Xunqueira de Ambía, ao norte da comarca de Allariz-Maceda, na Ribeira Sacra. O mosteiro fundouse no século XII, en plena época medieval pero ao longo da historia sufriu numerosas ampliacións e modificacións de estilo renacentista, barroco e neoclásico. A igrexa abacial ten planta basilical, con tres naves de cinco tramos, a central de maior anchura, e cabeceira de tres ábsidas semicirculares. Actualmente a igrexa converteuse en parroquial e as dependencias do mosteirro foron rehabilitadas e están ocupadas polo Concello para sede de diversas dependencias municipais
  • 34. MOSTERIROS E CONVENTOS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA • Santa María de Acibeiro • Santa María de Armenteira • Santa María de Oia • San Xoán de Poio • San Domingos de Pontevedra • San Francisco de Pontevedra • San Salvador de Lérez • San Lourenzo de Carboeiro
  • 35. Santa María de Aciveiro Este mosteiro cisterciense encóntrase no concello de Forcarei na comarca de Terra de Montes. É un mosteiro medieval cisterciense que vertebrou a vida económica e social da Terra de Montes dende a súa fundación, no século XII, ata a exclaustración producida pola desamortización no século XIX. A igrexa é de planta basilical, con tres naves de cinco tramos remadas por tres ábsidas que constitúen a cabeceira. Na actualidade a igrexa serve como igrexa parroquial mentres que as dependencias monacais foron obxecto de restauración e acollen un hostal-monumento.
  • 36. Santa María de Armenteira Este mosteiro cisterciense encóntrase no concello de Meis, na rica comarca vinícola do Salnés, moi cerca da ría de Pontevedra. O mosterio presenta numerosos engadidos dos séculos XVI-XVII, pero aínda conserva a igrexa románica. O conxunto foi cuidadosamente restaurado. A A antiga igrexa abacial constitúe un valioso exemplo da arquitectura románica da segunda metade do século XII e consta de planta de cruz latina con tres naves e remata nunha cabeceira de triple ábside. Destaca a fachada coronada por un gran rosetón.
  • 37. Santa María de Oia Este mosteiro cisterciense encóntrase no concello de Oia, na comarca do Baixo Miño. Foi fundado a finais do século XII. Podemos considerar tres importantes etapas constructivas no actual conxunto monacal: románica, renacentista e barroca. A antiga igrexa abacial é románica de transición de finais do século XII. Ten planta de cruz latina composta de tres naves e a cabeceira está formada por cinco capelas rectangulares escalonadas. A fachada é de estilo barroco de finais do S. XVIII. Actualmente a igrexa é parroquial e o mosterio é propiedade particular.
  • 38. San Xoan de Poio Este mosteiro benedictino encóntrase no concello de Poio, moi cerca da ría de Pontevedra. A actual igrexa abacial, do s. XVII-XVIII que integra elementos renacentistas e barrocos, sustituiu ó primitivo templo medieval. O exterior destaca a fachada principal da igrexa, obra clasicista de finais do século XVII e principios do XVIII. O claustro do século XVI ten unha fonte barroca e unha orixinal escalera. Na actualidade está dedicado a convento e hospedería turística rexida por monxas.
  • 39. San Domingos de Pontevedra As ruínas deste antigo convento dominico dos séculos XIV-XV encóntranse no centro histórico da cidade de Pontevedra, e na actualidade forma parte do Museo de Pontevedra. A súa igrexa era o maior dos templos dominicanos galegos, tiña nave única e cuberta de madeira a dúas augas, cruceiro con resalte e teito de madeira, e tres ábsidas poligonais con bóvedas nervadas e ventanais resgados, amainelados e apuntados. Consérvanse en pé as cinco ábsidas abovedadas da cabeceira, o transepto e boa parte da sala capitular
  • 40. San Francisco de Pontevedra Este convento franciscano encóntrase situado no antigo casco histórico de Pontevedra, na praza da Ferrería. Trátase dun edificio construído entre los séculos XIV y XV de estilo ojival tardío. A igrexa é de planta de cruz latina, e a cabeceira está composta de tres ábsidas poligonais.
  • 41. San Salvador de Lérez Este antigo mosteiro benedictino encóntrase nun alto das aforas da cidade de Pontevedra, sobre o outro lado do río Lérez. Foi fundado a principios do século X e durante os séculos seguintes aumenta a súa importancia, ata alcanzar o seu maior auxe ó século XII. A penas quedan restos do antigo conxunto románico e o que chegou aos nosos días pertence ao renacemento e ao barroco. Do claustro renacentista do século XVI unicamente se mantén en pé a ala norte, pegada á igrexa. A actual igrexa é dunha soa nave, con ábsida rectangular. A fachada, moi sobria, presenta elementos do barroco de placas, e foi rematada no século XVIII. Está constituída por un corpo central enmarcado por dúas esveltas torres.
  • 42. San Lourenzo de Carboeiro Estratexicamente situado sobre un escarpado promontorio nunha volta do río Deza, no concello de Silleda, levántase este antigo mosteiro benedictino do século X. A súa igrexa do século XII é unha xoia románico-gótica. É de planta de cruz latina cunha gran cabeceira constituída por un deambulatorio con tres capelas radiais formando a ábsida e dúas máis pequenas abertas directamente ó transepto. No século XIX coa desamortización quedou totalmente en ruínas. Recentemente foi restaurado a igrexa e o que queda do antigo mosteiro sitúase no lado norte da igrexa.