Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.
A ARQUITECTURA ROMÁNICA ESPAÑOLA

O ROMÁNICO NA PENÍNSULA: CATALUÑA No  s. XI ,  os condados cataláns , practicamente illados do resto da península, miran a...
Igrexa de San Vicente de Cardona (1040) A igrexa presenta un  exterior  de volumes ordenados con simplicidade xeométrica; ...
Interior de San Vicente de Cardona A nave central, máis ancha cas laterais, cóberse con  bóveda de canón ; as naves latera...
Plano do recinto do antigo mosteiro románico de Sant Pere de Rodes (1022) É un exemplo de transición entre as tradicións p...
Igrexa do mosteiro de Sant Pere de Roda A torre de San Miguel, cos seus catro andares de planta cadrada, dá a súa silueta ...
Interior da igrexa do mosteiro de Sant Pere de Roda Os piares teñen unha estrutura complexa. As súas bases son rectangular...
Mosteiro de Santa María de Ripoll (s. XI)
Cabeceira do mosteiro de Santa María de Ripoll

Fachada e cabeceira de Santa María, La Seo de Urgel . O corpo central da fachada atópase flanqueado por recios con...

Cabeceira de Santa María, La Seo de Urgel . Detalle dunha xanela onde se mostra o  taqueado xaqués , un motivo dec...
ROMÁNICO DO PIRINEO San Clemente de Tahull, a influencia lombarda
Igrexa de San Clemente de Tahull (Lleida)

Planta basilical de tres naves e tres ábsidas. O máis interesante son as...
Igrexa de Santa María de Tahull (Lleida)
ARAGÓN SAN JUAN DE LA PEÑA Recolle a herdanza dalgúns dos primeiros monxes de tradición hispana que acolleron a nova litur...
Claustro do mosteiro  de san Juan de la Peña
CATEDRAL DE XACA (S.XI) Moitos dos templos do Camiño repetirán a súa articulación do espazo
NAVARRA A  ermida de Eunate , de planta poligonal, esta arrodeada dun claustro sen cuberta que segue o perímetro do templo...
O CAMIÑO DE SANTIAGO O CAMIÑO DE SANTIAGO E A DIFUSIÓN DO ROMÁNICO NA PENÍNSULA IBÉRICA
AS IGREXAS DE  PEREGRINACIÓN

Este tipo de igrexas debían  congregar grandes multitudes  e permitir  o desenvolveme...
O CAMIÑO QUE VÉN DE FRANCIA Saint Sernin de Toulouse (1080-1120)
Considerada como o  punto de partida das igrexas de peregrinación , viviu o seu apoxeo grazas ás reliquias de Santa Fe No ...
San Martín de Frómista (iniciada en 1066), Palencia

O edificio comprende  tres naves prolongadas por tres ábsidas ...
San Martín de Frómista (iniciada en 1066), Palencia

No  exterior  destacan as dúas torres circulares, de sobriedad...

É un dos exemplos máis antigos que seguen o modelo da catedral de Xaca

A súa  planta , cun  tran...
San Martín de Frómista: cabeceira e nave interior
Colexiata de Santo Isidoro de León (fins s. XI) Esta basílica construiuse con tres naves, cruceiro saínte e cabeceira de t...
Panteón dos Reis en Santo Isidoro de León
Reconstrución da catedral románica de Santiago de Compostela (1075-1128) Aínda que os  impulsores das obras foron os dous ...
Fachada barroca da catedral de Santiago A catedral de Santiago é a xoia que depara o final do camiño. Neste templo finaliz...

Fachada oeste da catedral de Santiago de Compostela: o  Pórtico da Gloria, construído entre 1188 e 1200 . Artícula...
Planta da Catedral de Santiago de Compostela

Esta catedral presenta  planta de cruz latina , cunha ampla  nave cen...
Interior da Catedral de Santiago No espazo interior prima a sensación de verticalidade e esveltez, potenciada polos  22 m ...
Interior da Catedral de Santiago O alzado  articúlase en  dous niveis: As arcadas e unha tribuna   moi desenvolvida Os arc...
Interior de la catedral de Santiago de Compostela
O ROMÁNICO EN CASTELA-LEÓN Nesta zona, profundamente marcada polo Camiño de Santiago, as igrexas que se erixen identifícan...
Igrexa de Santo Estevo de Segovia, s. XII As galerías porticadas destas igrexas construíanse co fin de albergar as xuntanz...
Igrexa de San Vicente, Ávila

Planta (último cuarto do s. XII)

Nun primeiro momento construíronse...

Cabeceira de San Vicente de Ávila, último cuarto do s. XII

A cabeceira elévase sobre unha cripta...
Upcoming SlideShare
Loading in …5

A arquitectura románica en España

1,207 views

Published on

Tradución ao galego dunha presentación do prof. Tomás Pérez Molina, que mostra as características principais da arquitectura románica na Península Ibérica

Published in: Education, Spiritual, Travel
• Be the first to comment

A arquitectura románica en España

1. 1. A ARQUITECTURA ROMÁNICA ESPAÑOLA
2. 3. O ROMÁNICO NA PENÍNSULA: CATALUÑA No s. XI , os condados cataláns , practicamente illados do resto da península, miran ao sur de Francia e ao norte de Italia e reciben cos brazos abertos o primeiro Románico ; no resto da Península (agás Aragón), vaise adiar a súa implantación até o Románico pleno que populariza o Camiño de Santiago
3. 4. Igrexa de San Vicente de Cardona (1040) A igrexa presenta un exterior de volumes ordenados con simplicidade xeométrica; los muros están dinamizados por bandas lombardas, arcos e galerías de arcos cegos que, na cabeceira, resaltan a cornixa A planta organízase en 3 naves (precedidas dun nártex), cunha cabeceira formada por un pequeno transepto , un presbiterio e 3 ábsidas semicirculares a continuación das naves do corpo lonxitudinal. Sobre o cruceiro elévase unha cúpula sobre pechinas , con pequenas xanelas na base, considerada a máis antiga da Península
4. 5. Interior de San Vicente de Cardona A nave central, máis ancha cas laterais, cóberse con bóveda de canón ; as naves laterais, con bóveda de aresta . Os arcos feixóns da nave central e as bóvedas de aresta das laterais descargan o seu peso sobre piares cruciformes . A diferenza de altura das naves (que chega aos 19 m na central) permite abrir vans que iluminan o recinto directamente
5. 6. Plano do recinto do antigo mosteiro románico de Sant Pere de Rodes (1022) É un exemplo de transición entre as tradicións prerrománicas e as renovadoras correntes lombarda e provenzal
6. 7. Igrexa do mosteiro de Sant Pere de Roda A torre de San Miguel, cos seus catro andares de planta cadrada, dá a súa silueta ao mosteiro. Preséntase furada por varías xanelas de medio punto. Inseríase nas murallas que protexían o mosteiro
7. 8. Interior da igrexa do mosteiro de Sant Pere de Roda Os piares teñen unha estrutura complexa. As súas bases son rectangulares ou cruciformes. Sosteñen columnas, cuxos capiteis con motivos vexetais sosteñen un segundo nivel de columnas, encostadas ou non. Nestas apóianse os arcos feixóns
8. 9. Mosteiro de Santa María de Ripoll (s. XI)
9. 10. Cabeceira do mosteiro de Santa María de Ripoll
10. 11.

Fachada e cabeceira de Santa María, La Seo de Urgel . O corpo central da fachada atópase flanqueado por recios contrafortes e presenta tres niveis definidos por cornixas. No alto elévase un campanario cadrado con dous niveis de vans. O deseño desta facha testemuña influencias do norte de Italia. A nave central está cuberta por unha bóveda de canón sobre arcos feixóns, e as laterais por bóvedas de aresta. Os soportes son piares cruciformes provistos de columnas adosadas nos ángulos

11. 12.

Cabeceira de Santa María, La Seo de Urgel . Detalle dunha xanela onde se mostra o taqueado xaqués , un motivo decorativo baseado en pequenos cilindros aliñados.

Tamén denomiando axedrezado, chámase xaqués porque é típico da catedral de Xaca, dende onde se expandiu a outras igrexas románicas do Camiño

12. 13. ROMÁNICO DO PIRINEO San Clemente de Tahull, a influencia lombarda
13. 14. Igrexa de San Clemente de Tahull (Lleida)

Planta basilical de tres naves e tres ábsidas. O máis interesante son as súas pinturas interiores na ábsida

14. 15. Igrexa de Santa María de Tahull (Lleida)
15. 16. ARAGÓN SAN JUAN DE LA PEÑA Recolle a herdanza dalgúns dos primeiros monxes de tradición hispana que acolleron a nova liturxia romana; no s. XII construíron un claustro, con capiteis de gran valor escultórico, cuxas galerías no requieren cuberta porque se adaptan á rocha que serviu de refuxio aos fundadores Está estruturado en dous andares, ocupa a inferior unha igrexa mozárabe (s. IX) e unha dependencia abovedada coñecida como 'Sala dos Concilios', que foi dormitorio dos monxes (datada a mediados do s. XI)
16. 17. Claustro do mosteiro de san Juan de la Peña
17. 18. CATEDRAL DE XACA (S.XI) Moitos dos templos do Camiño repetirán a súa articulación do espazo
18. 19. NAVARRA A ermida de Eunate , de planta poligonal, esta arrodeada dun claustro sen cuberta que segue o perímetro do templo e lle confire unha apariencia circular Construída polos Templarios, está inspirada no Santo Sepulcro de Xerusalén
19. 20. O CAMIÑO DE SANTIAGO O CAMIÑO DE SANTIAGO E A DIFUSIÓN DO ROMÁNICO NA PENÍNSULA IBÉRICA
20. 21. AS IGREXAS DE PEREGRINACIÓN

Este tipo de igrexas debían congregar grandes multitudes e permitir o desenvolvemento de procesións que non interferisen na celebración do oficio litúrxico. Estas necesidades traducíronse nuns plantexamentos construtivos concretos:

Planta de tres ou cinco naves, cunn transepto de estrutura semellante ao corpo lonxitudinal e cuxos brazos rematan en fachadas con portadas monumentais

Os brazos do transepto teñen capelas absidiais dedicadas a cultos particulares

Xeneralizouse a Tribuna (galería situada sobre as naves laterais),

que facilita o uso polivalente do templo

A cabeceira organízase a partir dun deambulatorio con capelas radiais, denominado “coro de peregrinación”

21. 22. O CAMIÑO QUE VÉN DE FRANCIA Saint Sernin de Toulouse (1080-1120)
22. 23. Considerada como o punto de partida das igrexas de peregrinación , viviu o seu apoxeo grazas ás reliquias de Santa Fe No exterior, a cabeceira revela a excelente articulación dos volumes a diferente altura: as capelas dan lugar á ábsida e a ábsida ao ciborio octogonal do cruceiro SANTA FE DE CONQUES (1050)
23. 24. San Martín de Frómista (iniciada en 1066), Palencia

O edificio comprende tres naves prolongadas por tres ábsidas graduadas

A orixinalidade do conxunto deriva da pedra de cantaría de menor tamaño do normal, así como a presenza dunha cúpula sobre trompas no cruceiro , coroada por unha torre octogonal , e de dúas torres cilíndricas que encadran la fachada (posible herdanza do primeiro románico meridional)

Ten unha rica decoración de capiteis e modillóns, que contribúe ao nacemento da grande escultura monumental románica

24. 25. San Martín de Frómista (iniciada en 1066), Palencia

No exterior destacan as dúas torres circulares, de sobriedade extrema,

que flanquean a fachada occidental

A decoración arquitectónica recolle as arquivoltas nas portadas e,

no exterior das ábsidas o taqueado característico de Xaca e as columnas

tanxentes de refuerzo.

25. 26.

É un dos exemplos máis antigos que seguen o modelo da catedral de Xaca

A súa planta , cun transepto que non sobresae , organízase en tres naves de cinco tramos que culminan en tres ábsidas semicirculares graduadas

Sobre o cruceiro elévase un ciborio octogonal que, no interior, ten unha cúpula sobre trompas

Planta de San Martín de Frómista
26. 27. San Martín de Frómista: cabeceira e nave interior
27. 28. Colexiata de Santo Isidoro de León (fins s. XI) Esta basílica construiuse con tres naves, cruceiro saínte e cabeceira de tres ábsidas (perdeu a central a fins da Idade Media para convertela en gótica) Posteriormente mandouse edificar o Panteón dos Reis de León, monumento sepulcral que actualmente é o máis antigo que se conserva Nas súas bóvedas pintouse no s. XII un repertorio de primeira orde no Románico europeo, polo que é denominada como a "Capela Sixtina" do Románico
28. 29. Panteón dos Reis en Santo Isidoro de León
29. 30. Reconstrución da catedral románica de Santiago de Compostela (1075-1128) Aínda que os impulsores das obras foron os dous bispos Diego Peláez e Diego Xelmírez, para a catedral temos constancia de quen interviron na construción: os mestres franceses Bernardo e Roberto, e os seus probables discípulos, o chamado Mestre Estevo e Bernardo o Novo
30. 31. Fachada barroca da catedral de Santiago A catedral de Santiago é a xoia que depara o final do camiño. Neste templo finaliza a ruta de peregrinación establecida polos monxes de Cluny. O edificio, claramente inspirado nos grandes santuarios franceses, é tamén o compendio das experiencias construtivas precedentes, con reminiscencias tanto asturianas coma mudéxares, sendo considerado a obra cimeira do románico español
31. 32.

Fachada oeste da catedral de Santiago de Compostela: o Pórtico da Gloria, construído entre 1188 e 1200 . Artículase arredor dun parteluz coa estatua de Santiago. Os temas do Xuízo Final e do Apocalipse aparecen representados no tímpano, en que Cristo está rodeado polos evanxelistas cos seus símbolos. A arquivolta presenta os anciáns do Apocalipse. Sobre o lintel, uns anxos portan os símbolos da Paixón. No parteluz, Santiago, o patrón da igrexa, acolle os visitantes

32. 33. Planta da Catedral de Santiago de Compostela

Esta catedral presenta planta de cruz latina , cunha ampla nave central, precedida por un nártex, e dúas naves laterais. O transepto , rodeado por completo de naves laterais cubertas con bóvedas de aresta, ten a mesma anchura cá nave principal, comunicándose co deambulatorio de cinco capelas radiais da cabeceira. A catedral ten 97 m de lonxitude

Este esquema respondía ás necesidades de circulación á vez que preservaba a actividade litúrxica no presbiterio

1. Deambulatorio - 2. Coro - 3. Cruceiro - 4. Brazos do transepto - 5. Naves laterais do transepto - 6. Nave principal - 7. Naves laterais - 8. Pórtico da Gloria

33. 34. Interior da Catedral de Santiago No espazo interior prima a sensación de verticalidade e esveltez, potenciada polos 22 m de altura da nave central . Cobre a nave principal unha bóveda de canón con arcos feixóns, contrarrestada por bóvedas de aresta nas naves laterais e de cuarto de canón na tribuna
34. 35. Interior da Catedral de Santiago O alzado articúlase en dous niveis: As arcadas e unha tribuna moi desenvolvida Os arcos do primeiro andar descargan sobre piares con columnas encostadas en todas as súas caras. A columna do lado da nave central sobe até o arranque dos arcos feixóns das bóvedas e constitúese nun elemento divisorio dos diferentes tramos da bóveda. A tribuna é, xunto ao deambulatorio, a maior novidade construtiva deste tipo de igrexas Tribuna, transepto e deambulatorio permitían aos peregrinos percorrer todo o templo
35. 36. Interior de la catedral de Santiago de Compostela
36. 37. O ROMÁNICO EN CASTELA-LEÓN Nesta zona, profundamente marcada polo Camiño de Santiago, as igrexas que se erixen identifícanse co espírito que, no marco da denominada “ Reconquista ”, responde a idea dun pobo forte, áspero, guerreiro, sobrio, en contraste co refinamento da civilización hispanomusulmá A provincia de Segovia xenera unha produción de marcada personalidade, como se ve na Torre da igrexa de Santo Estevo
37. 38. Igrexa de Santo Estevo de Segovia, s. XII As galerías porticadas destas igrexas construíanse co fin de albergar as xuntanzas do concello municipal. Servían, ademais, para acubillar peregrinos e transeúntes. Os relevos dos seus capiteis narran historias bíblicas.
38. 39. Igrexa de San Vicente, Ávila

Planta (último cuarto do s. XII)

Nun primeiro momento construíronse a cabeceira —con tres ábsidas en semicírculo—, o transepto e os catro últimos tramos da nave. Nunha segunda xeira, a nave gañou dous novos tramos, as naves laterais recibiron unhas tribunas e foi edificado un pórtico na entrada

39. 40.

Cabeceira de San Vicente de Ávila, último cuarto do s. XII

A cabeceira elévase sobre unha cripta que acolle as reliquias de San Vicente e das súas irmás Sabina e Cristeta. Consta de tres ábsidas graduadas semicirculares. Este conxunto testemuña a importancia do lugar que ocupa a escultura monumental, como amosan as columnas encostadas, o abucinado das xanelas encadradas por finas columnas e os modillóns das partes superiores. Este modelo decorativo perduraría nas principais igrexas románicas de Castela e Aragón