SlideShare a Scribd company logo
1 of 13
Download to read offline
Imos realizar unha viaxe ao pasado a través da arquitectura do espírito e
da paisaxe natural que a envolve, trazando unha liña recta que nos obrigue
a atravesar vales e ríos; e a ascender os montes de Monfero, Aranga,
Sobrado e Toques.
Son lugares tan fermosos como ocultos. Están entre o misterio da néboa,
das lendas e do silencio roto pola canción das árbores onde se pousan os
paxaros cantores.
PRIMEIRO MILAGRE: MONFERO. A APARICIÓN DA VIRXE
O Mosteiro de Monfero é un dos
grandes monumentos relixiosos de
Galicia. Para empezar, posúe
unha igrexa con fachada barroca,
que rematou de construírse no
ano 1656.
A fachada é única polo
axedrezado dos seus sillares, nos
que se alterna a lousa e o granito.
Catro enormes columnas e dúas
pilastras con capiteis corintios
elévanse ata a cornisa superior.
Os muros laterais están
adornados tamén con pilastras
que sustentan unha cornisa que
percorre toda a igrexa.
Segundo as tradicións populares, apareceuse
a Virxe da Cela nun monte próximo, onde
xermolou unha fonte.
No encontro da nave principal coa do
cruceiro álzase unha gran bóveda
octogonal de gran perfección de estilo e
trazado. No fondo do brazo norte do
cruceiro está o retablo pétreo da Virxe.
SEGUNDO MILAGRE: ARANGA. A FONTE MILAGROSA
Seguindo o curso do Mandeo, río arriba,
chégase a ponte Aranga, de onde toma nome
este pequeno concello, onde sucede o segundo
Milagre, vinculado á auga dunha fonte.
Cando é Maio, de domingo a domingo,
primeiro e segundo do mes, concorren en
Aranga dúas romaxes: A Santa Cruz Grande
e a Santa Cruz Pequena. Isto é o tradicional
dende hai máis de tres séculos e todo xira en
torno á auga da fonte da Milagrosa Santa
Cruz. A fonte pode verse xunto á estrada que
conduce a ponte Aranga, pouco antes de
chegar a esta parroquia.
E a súa auga, é rica e saudable,
como toda a que nace na Serra que
chaman dá Loba.
Din deste auga que é milagrosa
porque ten estraños poderes que
serven para escorrentar os insectos
e as alimañas; poderes que tamén
son protectores fronte ás
enfermidades do gando e ás pragas
que sofren aos campos...
Esa é a razón pola que, cada Maio,
cando é a Santa Cruz Grande ou a
Santa Cruz Pequena, se verte auga
da Fonte Milagrosa en todos os
campos e prados de Aranga.
Ponte Aranga
TERCEIRO MILAGRE: CAAVEIRO. O ANEL DE SAN ROSENDO
E chegamos Eume arriba, buscando a fermosura da paisaxe. Escóndense aquí,
tras as pedras, nas que están escritas as pegadas deste vello mosteiro, almas
de néboa e sombra que nos confunden entre a lenda e o espírito de San
Rosendo que presiden todo este territorio, ao que chegou polo Eume.
O de Caaveiro foi un dos primeiros mosteiros de Galicia de cóengos regulares.
As súas edificacións adaptábanse ás desigualdades do terreo e á falta de
espazo, con dependencias subterráneas e muros de contención.
O conxunto contaba con dúas igrexas
románicas dunha planta e de ábsida
semicircular, dúas portarías, unha
casa do forno, seis celas, un cabido e
outras dependencias comúns. Fóra do
recinto estaban as casas dos criados,
as cortes e o muíño.
San Rosendo
Conta a lenda que a San Rosendo o río
devolveulle o seu anel no estómago dunha
troita. Disque nun momento de gran
desespero, lanzouno á auga porque se sentía
un mortal pecador, pedíndolle a Cristo que
llo devolvese cando os seus pecados lle fosen
perdoados. Sete anos máis tarde foi cando
San Rosendo se sentiu feliz ao achar o anel
no ventre da troita e partiu entón a predicar
o evanxeo e a fundar outros mosteiros.
CUARTO MILAGRE: SOBRADO DOS MONXES
O Mosteiro de Sobrado dos Monxes é a
principal sinal de identidade deste lugar.
Por fóra é fermosa a fachada medieval da
Igrexa na que destaca a capela de San
Juan. Por dentro, o mosteiro ten espazos
moi singulares, como a sala capitular e a
cociña, ou a sancristía de Juan de Herrera
ou o claustro dos peregrinos. Toda unha
xoia que ofrece albergue ao camiñante e
que a pesar das súas necesarias
reconstrucións, conserva algúns dos
elementos iniciais, do século XII, como a
capela da Madalena.
Aquí sucede o Cuarto Milagre do noso
traxecto: A Madalena é quen cicatriza as
feridas do peregrino a Compostela, para o
que simplemente terá que rezar ante o seu
pequeno retablo a máis sinxela oración que
coñeza. Deseguida verá como desaparecen a
dor e as súas feridas.
QUINTO MILAGRE: TOQUES. A CHUVIA DE CRAVOS
En San Antoniño, da vella igrexa non se sabe a súa idade, nin se recorda cando
formou parte do cenobio beneditino; pero está escrito que foi o rei de Galicia,
Alfonso VII, o que concede todos os poderes ao seu abade, alá polo século XII. Foi
pois cenobio poderoso, con dereito a nomear xuíz e a cobrar impostos.
Ademais de pagar os tributos habituais, os veciños desta xurisdición estaban
obrigados a plantar cada ano dous carballos na carballeira da Capela. E a esta
iniciativa debemos hoxe un dos máis fermosos bosques autóctonos da Galicia
natural.
O antigo mosteiro e detrás a carballeira
O cenobio foi quedándose só no medio desta ensoñadora paisaxe e xa no século XVIII,
San Antoniño estaba habitado tan só por un monxe e catro criados. Coa
Desamortización, chega a decadencia e o Quinto Milagre: O convento fora adquirido
para instalar unha fábrica de cravos, cuxos restos aínda se aprecian xunto ao río.
Contan que o dono da fábrica non cumpría o cristián precepto dominical e
molestaba cos seus ruídos ás celebracións relixiosas da igrexa. Un domingo, a fábrica
enteira saltou polo aire tras unha inexplicable explosión e produciuse unha chuvia de
cravos.
Daquel cenobio consérvase hoxe, unicamente, a igrexa, cuxa orixe prerrománica
nótase nos muros que a rodean. É especialmente interesante o arco triunfal que dá
acceso á ábsida. Sobre el podemos apreciar un talle románico dun calvario coas
imaxes de Cristo, a Virxe Dolorosa e San Juan, unha peza de gran valor escultórico,
do século XIII...
Despois desta pequena viaxe a unha parte do pasado milagreiro
dá nosa contorna, voltamos á realidade para comprender que ás
lendas, os mitos, os contos... son tamén unha pista da nosa
cultura, das nosas tradicións. Nelas descubrimos paisaxes,
montañas, vales...emprendemos unha viaxe que nos perde no
tempo para encontrarnos cos nosos antepasados, con deuses case
esquecidos, con santos, heroes, ritos sorprendentes, narracións
dignas de ser oídas.
A nosa tradición é a nosa historia, e a nosa historia é parte
importante de nós. Todos os pobos parten nos seus inicios, dunha
historia que é mais lenda que verdadeira testemuña fiel, pero non
por iso esta deixa de ser menos valida, mais ben todo o contrario,
en canto un pobo toma como propio un mito ou unha lenda, pasa
a integrar a súa realidade e configurar parte da súa historia.
TRABALLO REALIZADO
NA MATERIA DE RELIXIÓN
EN 1º DA ESO
CPI “VIRXE DA CELA”
CURSO 2014-2015

More Related Content

Viewers also liked

Poster pasado milagreiro
Poster pasado milagreiroPoster pasado milagreiro
Poster pasado milagreirosatelite1
 
Xornadas Educación para o Desenvolvemento e Cidadanía Global
Xornadas Educación para o Desenvolvemento e Cidadanía GlobalXornadas Educación para o Desenvolvemento e Cidadanía Global
Xornadas Educación para o Desenvolvemento e Cidadanía Globalsatelite1
 
PRESENTACIÓN GALICIA
PRESENTACIÓN GALICIAPRESENTACIÓN GALICIA
PRESENTACIÓN GALICIAmartolas96
 
Galicia Pps Ppt
Galicia Pps PptGalicia Pps Ppt
Galicia Pps Pptcentrowebs
 
Galicia- presentación de Anita
Galicia- presentación de AnitaGalicia- presentación de Anita
Galicia- presentación de AnitaSchool
 
Presentación alumnos sobre galicia
Presentación alumnos sobre galiciaPresentación alumnos sobre galicia
Presentación alumnos sobre galiciaalerova
 

Viewers also liked (6)

Poster pasado milagreiro
Poster pasado milagreiroPoster pasado milagreiro
Poster pasado milagreiro
 
Xornadas Educación para o Desenvolvemento e Cidadanía Global
Xornadas Educación para o Desenvolvemento e Cidadanía GlobalXornadas Educación para o Desenvolvemento e Cidadanía Global
Xornadas Educación para o Desenvolvemento e Cidadanía Global
 
PRESENTACIÓN GALICIA
PRESENTACIÓN GALICIAPRESENTACIÓN GALICIA
PRESENTACIÓN GALICIA
 
Galicia Pps Ppt
Galicia Pps PptGalicia Pps Ppt
Galicia Pps Ppt
 
Galicia- presentación de Anita
Galicia- presentación de AnitaGalicia- presentación de Anita
Galicia- presentación de Anita
 
Presentación alumnos sobre galicia
Presentación alumnos sobre galiciaPresentación alumnos sobre galicia
Presentación alumnos sobre galicia
 

Similar to Viaxe a un pasado milagreiro

Pdf mosteiro
Pdf mosteiroPdf mosteiro
Pdf mosteiroantiapev
 
Pdf mosteiro
Pdf mosteiroPdf mosteiro
Pdf mosteiroantiapev
 
PresentacióN1
PresentacióN1PresentacióN1
PresentacióN1ardillas
 
Mosteiro de santa catalina de montefaro
Mosteiro de santa catalina de montefaroMosteiro de santa catalina de montefaro
Mosteiro de santa catalina de montefaroYolanda Castro
 
Arte pre románica e románica
Arte pre románica e románicaArte pre románica e románica
Arte pre románica e románicabibliotecaa3p
 
A catedral de santiago
A catedral de santiagoA catedral de santiago
A catedral de santiagopapoularosa
 
EXCURSIÓN CELANOVA - ALLARIZ - TERMAS
EXCURSIÓN CELANOVA - ALLARIZ - TERMAS EXCURSIÓN CELANOVA - ALLARIZ - TERMAS
EXCURSIÓN CELANOVA - ALLARIZ - TERMAS carballeira123
 
Vilaboa 2º Trimestre
Vilaboa  2º TrimestreVilaboa  2º Trimestre
Vilaboa 2º TrimestreInesytta
 
Santa olalla de lubre.
Santa olalla de lubre.Santa olalla de lubre.
Santa olalla de lubre.Yolanda Castro
 
DO LATERANO ÁS TERMAS DE DIOCLESIANO
DO LATERANO ÁS TERMAS DE DIOCLESIANODO LATERANO ÁS TERMAS DE DIOCLESIANO
DO LATERANO ÁS TERMAS DE DIOCLESIANOCotarelo08
 
O noso patrimonio.Santa Olalla de Lubre
O noso patrimonio.Santa Olalla de LubreO noso patrimonio.Santa Olalla de Lubre
O noso patrimonio.Santa Olalla de LubreYolanda Castro
 
Arte románico
Arte románicoArte románico
Arte románicomasinisa
 
Fontes, pozos, lavadoiros
Fontes, pozos, lavadoirosFontes, pozos, lavadoiros
Fontes, pozos, lavadoirosiesasorey
 
Andainas pola contorna
Andainas pola contornaAndainas pola contorna
Andainas pola contorna2TERE
 

Similar to Viaxe a un pasado milagreiro (20)

Pdf mosteiro
Pdf mosteiroPdf mosteiro
Pdf mosteiro
 
Pdf mosteiro
Pdf mosteiroPdf mosteiro
Pdf mosteiro
 
PresentacióN1
PresentacióN1PresentacióN1
PresentacióN1
 
Mosteiro de santa catalina de montefaro
Mosteiro de santa catalina de montefaroMosteiro de santa catalina de montefaro
Mosteiro de santa catalina de montefaro
 
A historia de Caldelas
A historia de CaldelasA historia de Caldelas
A historia de Caldelas
 
Cruceiros
CruceirosCruceiros
Cruceiros
 
Fisterra 2003
Fisterra 2003Fisterra 2003
Fisterra 2003
 
Fisterra 2003
Fisterra 2003Fisterra 2003
Fisterra 2003
 
Arte pre románica e románica
Arte pre románica e románicaArte pre románica e románica
Arte pre románica e románica
 
A catedral de santiago
A catedral de santiagoA catedral de santiago
A catedral de santiago
 
Arte RomáNica
Arte RomáNicaArte RomáNica
Arte RomáNica
 
EXCURSIÓN CELANOVA - ALLARIZ - TERMAS
EXCURSIÓN CELANOVA - ALLARIZ - TERMAS EXCURSIÓN CELANOVA - ALLARIZ - TERMAS
EXCURSIÓN CELANOVA - ALLARIZ - TERMAS
 
Santiago De Compostela
Santiago De CompostelaSantiago De Compostela
Santiago De Compostela
 
Vilaboa 2º Trimestre
Vilaboa  2º TrimestreVilaboa  2º Trimestre
Vilaboa 2º Trimestre
 
Santa olalla de lubre.
Santa olalla de lubre.Santa olalla de lubre.
Santa olalla de lubre.
 
DO LATERANO ÁS TERMAS DE DIOCLESIANO
DO LATERANO ÁS TERMAS DE DIOCLESIANODO LATERANO ÁS TERMAS DE DIOCLESIANO
DO LATERANO ÁS TERMAS DE DIOCLESIANO
 
O noso patrimonio.Santa Olalla de Lubre
O noso patrimonio.Santa Olalla de LubreO noso patrimonio.Santa Olalla de Lubre
O noso patrimonio.Santa Olalla de Lubre
 
Arte románico
Arte románicoArte románico
Arte románico
 
Fontes, pozos, lavadoiros
Fontes, pozos, lavadoirosFontes, pozos, lavadoiros
Fontes, pozos, lavadoiros
 
Andainas pola contorna
Andainas pola contornaAndainas pola contorna
Andainas pola contorna
 

More from satelite1

Dossier escolar pacc 2019
Dossier escolar pacc 2019Dossier escolar pacc 2019
Dossier escolar pacc 2019satelite1
 
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021satelite1
 
Revista ef novembro comprimido
Revista ef novembro comprimidoRevista ef novembro comprimido
Revista ef novembro comprimidosatelite1
 
Monografico monfero solidario
Monografico monfero solidarioMonografico monfero solidario
Monografico monfero solidariosatelite1
 
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacionCcg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacionsatelite1
 
Proposta semana 2
Proposta semana 2Proposta semana 2
Proposta semana 2satelite1
 
Proposta semana 1
Proposta semana 1Proposta semana 1
Proposta semana 1satelite1
 
1 revista ef movete xa
1 revista ef  movete xa1 revista ef  movete xa
1 revista ef movete xasatelite1
 
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)satelite1
 
Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.satelite1
 
Magosto 2020
Magosto 2020Magosto 2020
Magosto 2020satelite1
 
Bases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cgBases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cgsatelite1
 
Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020satelite1
 
Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03satelite1
 
Entrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monferoEntrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monferosatelite1
 
8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docx8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docxsatelite1
 
8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendas8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendassatelite1
 
A voz do xestal
A voz do xestalA voz do xestal
A voz do xestalsatelite1
 
Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021satelite1
 
Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020satelite1
 

More from satelite1 (20)

Dossier escolar pacc 2019
Dossier escolar pacc 2019Dossier escolar pacc 2019
Dossier escolar pacc 2019
 
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
 
Revista ef novembro comprimido
Revista ef novembro comprimidoRevista ef novembro comprimido
Revista ef novembro comprimido
 
Monografico monfero solidario
Monografico monfero solidarioMonografico monfero solidario
Monografico monfero solidario
 
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacionCcg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
 
Proposta semana 2
Proposta semana 2Proposta semana 2
Proposta semana 2
 
Proposta semana 1
Proposta semana 1Proposta semana 1
Proposta semana 1
 
1 revista ef movete xa
1 revista ef  movete xa1 revista ef  movete xa
1 revista ef movete xa
 
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
 
Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.
 
Magosto 2020
Magosto 2020Magosto 2020
Magosto 2020
 
Bases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cgBases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cg
 
Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020
 
Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03
 
Entrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monferoEntrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monfero
 
8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docx8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docx
 
8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendas8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendas
 
A voz do xestal
A voz do xestalA voz do xestal
A voz do xestal
 
Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021
 
Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020
 

Viaxe a un pasado milagreiro

  • 1.
  • 2. Imos realizar unha viaxe ao pasado a través da arquitectura do espírito e da paisaxe natural que a envolve, trazando unha liña recta que nos obrigue a atravesar vales e ríos; e a ascender os montes de Monfero, Aranga, Sobrado e Toques. Son lugares tan fermosos como ocultos. Están entre o misterio da néboa, das lendas e do silencio roto pola canción das árbores onde se pousan os paxaros cantores.
  • 3. PRIMEIRO MILAGRE: MONFERO. A APARICIÓN DA VIRXE O Mosteiro de Monfero é un dos grandes monumentos relixiosos de Galicia. Para empezar, posúe unha igrexa con fachada barroca, que rematou de construírse no ano 1656. A fachada é única polo axedrezado dos seus sillares, nos que se alterna a lousa e o granito. Catro enormes columnas e dúas pilastras con capiteis corintios elévanse ata a cornisa superior. Os muros laterais están adornados tamén con pilastras que sustentan unha cornisa que percorre toda a igrexa.
  • 4. Segundo as tradicións populares, apareceuse a Virxe da Cela nun monte próximo, onde xermolou unha fonte. No encontro da nave principal coa do cruceiro álzase unha gran bóveda octogonal de gran perfección de estilo e trazado. No fondo do brazo norte do cruceiro está o retablo pétreo da Virxe.
  • 5. SEGUNDO MILAGRE: ARANGA. A FONTE MILAGROSA Seguindo o curso do Mandeo, río arriba, chégase a ponte Aranga, de onde toma nome este pequeno concello, onde sucede o segundo Milagre, vinculado á auga dunha fonte. Cando é Maio, de domingo a domingo, primeiro e segundo do mes, concorren en Aranga dúas romaxes: A Santa Cruz Grande e a Santa Cruz Pequena. Isto é o tradicional dende hai máis de tres séculos e todo xira en torno á auga da fonte da Milagrosa Santa Cruz. A fonte pode verse xunto á estrada que conduce a ponte Aranga, pouco antes de chegar a esta parroquia.
  • 6. E a súa auga, é rica e saudable, como toda a que nace na Serra que chaman dá Loba. Din deste auga que é milagrosa porque ten estraños poderes que serven para escorrentar os insectos e as alimañas; poderes que tamén son protectores fronte ás enfermidades do gando e ás pragas que sofren aos campos... Esa é a razón pola que, cada Maio, cando é a Santa Cruz Grande ou a Santa Cruz Pequena, se verte auga da Fonte Milagrosa en todos os campos e prados de Aranga. Ponte Aranga
  • 7. TERCEIRO MILAGRE: CAAVEIRO. O ANEL DE SAN ROSENDO E chegamos Eume arriba, buscando a fermosura da paisaxe. Escóndense aquí, tras as pedras, nas que están escritas as pegadas deste vello mosteiro, almas de néboa e sombra que nos confunden entre a lenda e o espírito de San Rosendo que presiden todo este territorio, ao que chegou polo Eume. O de Caaveiro foi un dos primeiros mosteiros de Galicia de cóengos regulares. As súas edificacións adaptábanse ás desigualdades do terreo e á falta de espazo, con dependencias subterráneas e muros de contención.
  • 8. O conxunto contaba con dúas igrexas románicas dunha planta e de ábsida semicircular, dúas portarías, unha casa do forno, seis celas, un cabido e outras dependencias comúns. Fóra do recinto estaban as casas dos criados, as cortes e o muíño. San Rosendo Conta a lenda que a San Rosendo o río devolveulle o seu anel no estómago dunha troita. Disque nun momento de gran desespero, lanzouno á auga porque se sentía un mortal pecador, pedíndolle a Cristo que llo devolvese cando os seus pecados lle fosen perdoados. Sete anos máis tarde foi cando San Rosendo se sentiu feliz ao achar o anel no ventre da troita e partiu entón a predicar o evanxeo e a fundar outros mosteiros.
  • 9. CUARTO MILAGRE: SOBRADO DOS MONXES O Mosteiro de Sobrado dos Monxes é a principal sinal de identidade deste lugar. Por fóra é fermosa a fachada medieval da Igrexa na que destaca a capela de San Juan. Por dentro, o mosteiro ten espazos moi singulares, como a sala capitular e a cociña, ou a sancristía de Juan de Herrera ou o claustro dos peregrinos. Toda unha xoia que ofrece albergue ao camiñante e que a pesar das súas necesarias reconstrucións, conserva algúns dos elementos iniciais, do século XII, como a capela da Madalena. Aquí sucede o Cuarto Milagre do noso traxecto: A Madalena é quen cicatriza as feridas do peregrino a Compostela, para o que simplemente terá que rezar ante o seu pequeno retablo a máis sinxela oración que coñeza. Deseguida verá como desaparecen a dor e as súas feridas.
  • 10. QUINTO MILAGRE: TOQUES. A CHUVIA DE CRAVOS En San Antoniño, da vella igrexa non se sabe a súa idade, nin se recorda cando formou parte do cenobio beneditino; pero está escrito que foi o rei de Galicia, Alfonso VII, o que concede todos os poderes ao seu abade, alá polo século XII. Foi pois cenobio poderoso, con dereito a nomear xuíz e a cobrar impostos. Ademais de pagar os tributos habituais, os veciños desta xurisdición estaban obrigados a plantar cada ano dous carballos na carballeira da Capela. E a esta iniciativa debemos hoxe un dos máis fermosos bosques autóctonos da Galicia natural. O antigo mosteiro e detrás a carballeira
  • 11. O cenobio foi quedándose só no medio desta ensoñadora paisaxe e xa no século XVIII, San Antoniño estaba habitado tan só por un monxe e catro criados. Coa Desamortización, chega a decadencia e o Quinto Milagre: O convento fora adquirido para instalar unha fábrica de cravos, cuxos restos aínda se aprecian xunto ao río. Contan que o dono da fábrica non cumpría o cristián precepto dominical e molestaba cos seus ruídos ás celebracións relixiosas da igrexa. Un domingo, a fábrica enteira saltou polo aire tras unha inexplicable explosión e produciuse unha chuvia de cravos. Daquel cenobio consérvase hoxe, unicamente, a igrexa, cuxa orixe prerrománica nótase nos muros que a rodean. É especialmente interesante o arco triunfal que dá acceso á ábsida. Sobre el podemos apreciar un talle románico dun calvario coas imaxes de Cristo, a Virxe Dolorosa e San Juan, unha peza de gran valor escultórico, do século XIII...
  • 12. Despois desta pequena viaxe a unha parte do pasado milagreiro dá nosa contorna, voltamos á realidade para comprender que ás lendas, os mitos, os contos... son tamén unha pista da nosa cultura, das nosas tradicións. Nelas descubrimos paisaxes, montañas, vales...emprendemos unha viaxe que nos perde no tempo para encontrarnos cos nosos antepasados, con deuses case esquecidos, con santos, heroes, ritos sorprendentes, narracións dignas de ser oídas. A nosa tradición é a nosa historia, e a nosa historia é parte importante de nós. Todos os pobos parten nos seus inicios, dunha historia que é mais lenda que verdadeira testemuña fiel, pero non por iso esta deixa de ser menos valida, mais ben todo o contrario, en canto un pobo toma como propio un mito ou unha lenda, pasa a integrar a súa realidade e configurar parte da súa historia.
  • 13. TRABALLO REALIZADO NA MATERIA DE RELIXIÓN EN 1º DA ESO CPI “VIRXE DA CELA” CURSO 2014-2015