Fotografías feitas en diferentes caladoiros. Homenaxe ao duro traballo do mar. A filla do autor das fotografías utilizounas para explicar ante os seus compañeiros a pesca de altura.
A costa da Pobra do Caramiñal atópase na banda norte da Ría de Arousa, con orientación ao sur e ao abrigo da serra do Barbanza. Alternan amplos areais con pequenas e acolledoras praias e tramos rochosos de pouca altura onde. É un litoral de enorme interese económico, paisaxístico e cultural.

O concello de Baiona está situado no banda sur da Ría de Vigo. O litoral ten dúas partes contrapostas o fondo do seo e o esteiro do Miñor onde a costa é protexida, baixa e areosa, e a outra, a partir do monte do Boi ata o cabo Silleiro, rochosa e exposta.
As principais actividades son o turismo, os servizos, a pesca e o marisqueo. Baiona acolle un importante patrimonio natural e cultural.
O concello de Corcubión ocupa unha pequena península na enseada de Fisterra. A súa costa vai desde o fondo da ría de Corcubión/Cee ata enseada de Estorde. O litoral de Corcubión é rochoso, elevado, irregular e recortado, sen máis praias nin espazo chan que onde se asenta a vila, onde tamén estaban os areais que na maior parte foron comestos polas infraestruturas viarias. Fora da vila só hai cantís de ata 50 m de altura nos que se alternan puntas e seos, ocupados por coídos.
O concello de Marín está situado na zona central a península do Morrazo, na banda sur da ría de Pontevedra. Conta con 10 km de costa que limitan o concello polo noroeste e na que alternan seos, praias e cantís.
As principais actividades son as pesca, o marisqueo, os servizos e as industrias relacionadas co mar. Na cidade de Marín atópase un importante porto pesqueiro e comercial.
Acolle importantes restos arqueolóxicos (petróglifos, castros, mámoas, restos romanos, salgas, portos tradicionais, igrexas, hórreos, pazos, muíños...
O concello de Oia está situado na costa atlántica do suroeste de Galiza. O litoral inclúese no chamado Arco Miniano-duriense, que abrangue desde o Cabo Silleiro ata a desembocadura do Miño. É unha costa rectilínea, con dirección norte-sur, rochosa, baixa e exposta, sen apenas abrigos, na que se aprecia unha ampla rasa de abrasión antigamente mergullada no mar.
Toda a zona é unha importante área de pesca e marisqueo.
A costa de Boiro forma parte da banda norte da Ría de Arousa. É unha costa abrigada, con fermosas praias orientadas ao sur que alternan con rochedos e esteiros. Os ríos máis importantes son o Beluso, Grande e Coroño. Acolle áreas de enorme importancia biolóxica e bancos marisqueiros moi produtivos e conserva interesantes mostras arquelóxicas (castros, dolmes), histórico-artísticas (igrexas, cruceiros) e etnográficas (hórreos, portos, oficios e embarcacións tradicionais…).
O concello de Vilanova de Arousa está situado no interior da ría de Arousa fronte á illa da Arousa. Ten unha costa baixa e abrigada que alterna áreas rochosas con areais e esteiros. Acolle ricos ecosistemas mariños que son base dunha importante actividade marisqueira, e praias que se empregan como lugares de lecer. A principal actividade é o marisqueo, o cultivo de mexillón e os servizos.
Rota 4 do Proxecto " Coñecer a costa de Ribadeo" dentro do Plan Proxecta, dende a praia de Xuncos ás Catedrais. Participa o alumnado de 6º curso do CEIP Gregorio Sanz en Ribadeo. Curso 2012-2013.
O Concello de Vilaboa está situado na marxe dereita (oeste) da ría de Vigo. O litoral forma parte do Seo de San Simón e exténdese desde a punta do Aradoiro (no linde con Moaña) ata a desembocadura do río Ulló (linde con Pontevedra).
É unha costa abrigada que alterna rochedos de pouca altura con areais e seos nos que desembocan pequenos regos que nacen nos montes do Morrazo. As principais actividades son o marisqueo, a acuicultura, os servizos e a industria (estaleiros, conserveiras...).
Un litoral dun enorme interese paisaxístico, xeolóxico e biolóxico, protexido nos LICs/ZECs "Río Ouro" e "Ría de Foz-Masma", e como Lugar de Interese Xeolóxico Internacional
A ría de Camariñas está situada no centro da costa da morte, nos concellos de Camariñas, Vimianzo e Muxía. Ábrese entre o Cabo Vilán, ao norte, e a Punta da Barca, ao sur. O principal río é o Grande que desemboca na Ponte do Porto e serve de linde entre as comarcas Terra de Soneira e Fisterra. No seu interior ábrese o seo da Basa, na desembocadura do rego de Trasteiro. Acolle un importante patrimonio natural e cultural. Parte do litoral está protexido no LIC/ZEC “Costa da Morte”.

O concello da Coruña ten unha costa moi recortada e variada, parte na ría, onde se atopa o porto da cidade, e parte en mar aberto onde se suceden cantís e fermosas praias como as de Orzán e Riazor.
A costa ten en Galiza 2.555 km de lonxitude (1.659 km de perímetro costeiro, 432 km de illas e 464 km de marismas), repartidos entre o Océano Atlántico e o mar Cantábrico, desde a Ría de Ribadeo ata a desembocadura do Miño.
O punto situado máis ao Norte é Estaca de Bares e o máis occidental o Cabo Touriñán.
Máis de 800 km son cantís e 300 km son de praias
O concello de Camariñas está situado no centro da Costa da Morte. Ten unha parte de costa moi exposta polo norte e o oeste e outra parte protexida, dentro da ría, polo sur. Acolle importantes áreas de interese paisaxístico, xeolóxico, ecolóxico e cultural. Está protexida no LIC/ZEC e ZEPA “Costa da Morte”,no Sitio Natural de Interese Nacional “Cabo Vilán” e no Lugar de Interese Xeolóxico “Praia do Trece”.
Camariñas está situado no centro da Costa da Morte. Ten unha parte de costa moi exposta polo norte e o oeste e outra parte protexida, dentro da ría, polo sur. Acolle importantes áreas de interese paisaxístico, xeolóxico, ecolóxico e cultural. Está protexida no LIC/ZEC e ZEPA “Costa da Morte”,no Sitio Natural de Interese Nacional “Cabo Vilán” e no Lugar de Interese Xeolóxico “Praia do Trece”.
A ría de Foz está situada na Rasa Cantábrica, unha chaira litoral inclinada que se estende por parte da costa entre Galiza e Cantabria,
ábrese entre as puntas dos Castelos (oeste), en Foz, e dos Prados (leste), en Barreiros. Nela desembocan o río Masma e o Centiño.
Vilagarcía da Arousa está situada ao norte da comarca do Salnés, no fondo da ría de Arousa, en parte no esteiro do Ulla. Ten unha costa típica de fondo de ría, baixa e recortada, na que se suceden puntas, areais e lameiros nos pequenos esteiros dos regos que baixan dos montes que a rodean (Xiabre e Lobeira). Destaca a presenza das illas de Cortegada e as Malveiras e os lombos da desembocadura do Ulla, que son importantes bancos marisqueiros. Unha parte importante do litoral está ocupada polas áreas portuarias.
Parque Nacional Illas Atlánticas de Galizamonadela
O espazo protexido inclúe un conxunto de arquipélagos, illas e illotes situadas nas Rías Baixas: Cíes, Ons, Sálvora, Nor, Vionta, Cortegada e Malveiras e un amplo espazo mariño na súa contorna.
Ten un grande interese xeolóxico, paisaxístico, biolóxico e cultural. A maior riqueza ecolóxica do parque atópase no espazo marítimo e nas colonias de aves acuáticas.
Téñense identificado 200 especies de algas que serven de soporte a unha rica comunidade de invertebrados. Esta zona é ademais un importante punto de cría de peixes e mariscos e visitada habitualmente por por golfiños, baleas e tartarugas mariñas.
CONCELLOS: Vigo, Bueu, Vilagarcía de Arousa (Pontevedra) e Ribeira (A Coruña).
1. Baia Baiona avda Santa
Marta,13
Parador Nacional . Conde
de Gondomar C / Jesús
Valverde
ALOXAMENTO
Gastronomía, museos,
aloxamento, praias e festas.
Este é un dos pratos
gastronómicos de
Baiona . Entra no
folleto e saberás máis
sobre Baiona
BAIONA MOLONA VISITA BAIONA
2. Baiona cararbelas
Baiona foi o primer porto de Europa que recibiu a
noticia do descubrimento de América .O un de marzo
de 1493 , la carabela Pinta , capitaneada por Martín
Alonso Pinzón , atracóu nestas augas .Coa
conmemoración do V anterior do descubremento
construiuse una réplica da embarcación que pertence
amarrada , para os visitantes , nun dos peiraos.
A Villa de Baiona , turística e
mariñeira , está situada ao sur das
Rías Baixas , protexida do mar
aberto por una preciosa bahía . A
sua situación é inmellorable para o
abrigo das embarcacións deportivas
e de pesca . O seu clima
caraterizase por suaves
temperaturas durante todo o ano .
GUSTOUVOS BAIONA. POIS AQUÍ MÁIS.
-
SENDA FLUVIAL DO RÍO FRAGA-MUIÑOS DE
BAREDO
Situado na parroquia de Baredo , este traxecto do río de
760 m . de lonxitude , atravesa unha pasarela de
madeira , a partir do cal oito fábricas , das cales son
rehabilitados observados tres . Se pode atopar proceso
de funcionamento , por medio de paneis situados na
parte inferior de cada un . Moi próximo a esta zona ,
atopamos o Mirador de Cabo Silleiro , de onde se pode
apreciar a beleza da natureza . Para chegar ao camiño
que vai tomar a estrada PO- 552 ata A Guarda . Este
camiño ten dúas entradas posíbeis , un á beira do
restaurante Rocamar , onde hai un panel informativo
coa duración do curso e un pequeno mapa de
localización das fábricas , que especifican cales os que
son rehabilitados .