SlideShare a Scribd company logo
1 of 1
Download to read offline
OS RECORTES
MATAN!
Dixémolo e repetímolo as veces que sexa necesario: a saúde é un dereito, non un
negocio. Cando o Partido Popular pon en marcha políticas que deterioran,
desmantelan e privatizan a sanidade pública galega faino de xeito planificado, e
é consciente das consecuencias que teñen esas decisións.
Os recortes matan. Literalmente. E estámolo a ver. Porque estamos a padecer a
aplicación dunha opción ideolóxica: a de quen considera que todo é campo
desexábel para o lucro privado, mesmo aqueles dereitos que -como a atención
sanitaria- son os que garanten a vida digna das persoas.
O Goberno de Núñez Feijoo actúa claramente en consonancia con esta opción:
reduce os orzamentos públicos, elimina máis de 2000 profesionais do sistema
público galego, obriga ao repagamento de medicamentos, pon en mans privadas
cada vez máis servizos do Sergas, reduce o número de camas dos nosos hospitais...
As consecuencias son coñecidas: colapsos en urxencias, atención deficiente ás
persoas enfermas, peche de camas, sobrecarga laboral das e dos traballadores,
aumento das listas de espera ou, de forma especialmente cruel e evidente,
denegación de tratamentos a persoas con doenzas graves como os de hepatite C
ou oncolóxicas.
Estase a pór en risco a nosa vida e a nosa saúde para que uns poucos fagan
negocio da enfermidade. Os recursos da sanidade pública, a de todas e todos,
están a ser postos ao servizo do enriquecemento de intereses privados. E estase a
castigar con recortes e repagamentos aos segmentos da poboación máis
vulnerábeis.
No BNG cremos que hai que lle facer fronte. Alí onde temos opcións, facémosllo
directamente. Concellos como o de Riotorto lideraron e impulsaron a batalla pola
defensa da sanidade pública, e estamos como BNG nas plataformas e
movementos cos que compartimos esta loita. Non hai outro camiño. Temos que
defender os nosos dereitos, e os das xeracións que veñen detrás. Temos que
defender o dereito a unha vida digna. Porque a saúde é un dereito, non un
negocio.
A SAÚDE
É UN DEREITO
bng.gal

More Related Content

Similar to A saúde é un dereito

A sanidade-publica-en-perigo-outubro-2011
A sanidade-publica-en-perigo-outubro-2011A sanidade-publica-en-perigo-outubro-2011
A sanidade-publica-en-perigo-outubro-2011
oscargaliza
 
Manifesto ao presidente da xunta de galicia maio 2012
Manifesto ao presidente da xunta de galicia maio 2012Manifesto ao presidente da xunta de galicia maio 2012
Manifesto ao presidente da xunta de galicia maio 2012
oscargaliza
 
Analise e propostas sobre a sanidade publica galega sos
Analise  e propostas sobre a sanidade publica galega sosAnalise  e propostas sobre a sanidade publica galega sos
Analise e propostas sobre a sanidade publica galega sos
oscargaliza
 
Programa AGEe europeas 2014
Programa AGEe europeas 2014Programa AGEe europeas 2014
Programa AGEe europeas 2014
AGEeFerrolterra
 

Similar to A saúde é un dereito (16)

Elecciones generales 26J: En Marea
Elecciones generales 26J: En MareaElecciones generales 26J: En Marea
Elecciones generales 26J: En Marea
 
A saúde é un dereito, non un negocio
A saúde é un dereito, non un negocioA saúde é un dereito, non un negocio
A saúde é un dereito, non un negocio
 
A sanidade-publica-en-perigo-outubro-2011
A sanidade-publica-en-perigo-outubro-2011A sanidade-publica-en-perigo-outubro-2011
A sanidade-publica-en-perigo-outubro-2011
 
Manifesto 1 de maio
Manifesto 1 de maioManifesto 1 de maio
Manifesto 1 de maio
 
Opinión carlos varela reformas na sanidade galego
Opinión carlos varela reformas na sanidade galegoOpinión carlos varela reformas na sanidade galego
Opinión carlos varela reformas na sanidade galego
 
Programa electoral de Podemos Galicia 2024
Programa electoral de Podemos Galicia 2024Programa electoral de Podemos Galicia 2024
Programa electoral de Podemos Galicia 2024
 
Manifesto ao presidente da xunta de galicia maio 2012
Manifesto ao presidente da xunta de galicia maio 2012Manifesto ao presidente da xunta de galicia maio 2012
Manifesto ao presidente da xunta de galicia maio 2012
 
Analise e propostas sobre a sanidade publica galega sos
Analise  e propostas sobre a sanidade publica galega sosAnalise  e propostas sobre a sanidade publica galega sos
Analise e propostas sobre a sanidade publica galega sos
 
Entrevista ao MGSM en Irimia (Nº 1008, Out-Nov 2019)
Entrevista ao MGSM en Irimia (Nº 1008, Out-Nov 2019)Entrevista ao MGSM en Irimia (Nº 1008, Out-Nov 2019)
Entrevista ao MGSM en Irimia (Nº 1008, Out-Nov 2019)
 
TEMOS DEREITO A TER DEREITOS. EN DEFENSA DO PÚBLICO
TEMOS DEREITO A TER DEREITOS. EN DEFENSA DO PÚBLICOTEMOS DEREITO A TER DEREITOS. EN DEFENSA DO PÚBLICO
TEMOS DEREITO A TER DEREITOS. EN DEFENSA DO PÚBLICO
 
Programa AGEe europeas 2014
Programa AGEe europeas 2014Programa AGEe europeas 2014
Programa AGEe europeas 2014
 
Queremos vivir do noso traballo
Queremos vivir do noso traballoQueremos vivir do noso traballo
Queremos vivir do noso traballo
 
Programa de Veciños por Lugo (VL)
Programa de Veciños por Lugo (VL)Programa de Veciños por Lugo (VL)
Programa de Veciños por Lugo (VL)
 
Programa electoral das Galegas 2020
Programa electoral das Galegas 2020Programa electoral das Galegas 2020
Programa electoral das Galegas 2020
 
Programa de las elecciones gallegas del BNG
Programa de las elecciones gallegas del BNGPrograma de las elecciones gallegas del BNG
Programa de las elecciones gallegas del BNG
 
Voceiro marzo 2018
Voceiro marzo 2018Voceiro marzo 2018
Voceiro marzo 2018
 

More from BNG - Bloque Nacionalista Galego

More from BNG - Bloque Nacionalista Galego (20)

Queremos vida. Queremos futuro. Altri non.
Queremos vida. Queremos futuro. Altri non.Queremos vida. Queremos futuro. Altri non.
Queremos vida. Queremos futuro. Altri non.
 
Mellor local. Mellor Galego. Campaña comercio local 2023
Mellor local. Mellor Galego. Campaña comercio local 2023Mellor local. Mellor Galego. Campaña comercio local 2023
Mellor local. Mellor Galego. Campaña comercio local 2023
 
Decálogo de prioridades no reforzo da loita contra a violencia machista
Decálogo de prioridades no reforzo da loita contra a violencia machistaDecálogo de prioridades no reforzo da loita contra a violencia machista
Decálogo de prioridades no reforzo da loita contra a violencia machista
 
Programa electoral das Xerais de 2023
Programa electoral das Xerais de 2023Programa electoral das Xerais de 2023
Programa electoral das Xerais de 2023
 
Decálogo de compromisos do BNG para facer valer Galiza
Decálogo de compromisos do BNG para facer valer GalizaDecálogo de compromisos do BNG para facer valer Galiza
Decálogo de compromisos do BNG para facer valer Galiza
 
Folleto Día da Patria Galega
Folleto Día da Patria GalegaFolleto Día da Patria Galega
Folleto Día da Patria Galega
 
En defensa das traballadoras e traballadores. Que non rouben os nosos dereitos.
En defensa das traballadoras e traballadores. Que non rouben os nosos dereitos.En defensa das traballadoras e traballadores. Que non rouben os nosos dereitos.
En defensa das traballadoras e traballadores. Que non rouben os nosos dereitos.
 
Queremos tren
Queremos trenQueremos tren
Queremos tren
 
90 anos do Partido Galeguista
90 anos do Partido Galeguista90 anos do Partido Galeguista
90 anos do Partido Galeguista
 
O espolio da nosa enerxía sáenos moi caro. A suba da luz é unha estafa
O espolio da nosa enerxía sáenos moi caro. A suba da luz é unha estafaO espolio da nosa enerxía sáenos moi caro. A suba da luz é unha estafa
O espolio da nosa enerxía sáenos moi caro. A suba da luz é unha estafa
 
Defendamos a sanidade pública
Defendamos a sanidade públicaDefendamos a sanidade pública
Defendamos a sanidade pública
 
8M. Sostemos o presente. Cambiemos o futuro.
8M. Sostemos o presente. Cambiemos o futuro.8M. Sostemos o presente. Cambiemos o futuro.
8M. Sostemos o presente. Cambiemos o futuro.
 
Propostas BNG "Xerar Futuro. Galiza Next."
Propostas BNG "Xerar Futuro. Galiza Next."Propostas BNG "Xerar Futuro. Galiza Next."
Propostas BNG "Xerar Futuro. Galiza Next."
 
Proxecto para a recuperación produtiva das rías galegas
Proxecto para a recuperación produtiva das rías galegasProxecto para a recuperación produtiva das rías galegas
Proxecto para a recuperación produtiva das rías galegas
 
100 anos de Nós
100 anos de Nós100 anos de Nós
100 anos de Nós
 
Desconfinar a sanidade pública e reactivar a atención presencial
Desconfinar a sanidade pública e reactivar a atención presencialDesconfinar a sanidade pública e reactivar a atención presencial
Desconfinar a sanidade pública e reactivar a atención presencial
 
100 anos do Día da Patria Galega
100 anos do Día da Patria Galega100 anos do Día da Patria Galega
100 anos do Día da Patria Galega
 
Decálogo de propostas do BNG para o apoio e reactivación do sector cultural g...
Decálogo de propostas do BNG para o apoio e reactivación do sector cultural g...Decálogo de propostas do BNG para o apoio e reactivación do sector cultural g...
Decálogo de propostas do BNG para o apoio e reactivación do sector cultural g...
 
Propostas do BNG para facer fronte á crise do coronavirus
Propostas do BNG para facer fronte á crise do coronavirusPropostas do BNG para facer fronte á crise do coronavirus
Propostas do BNG para facer fronte á crise do coronavirus
 
Folleto en defensa da sanidade pública
Folleto en defensa da sanidade públicaFolleto en defensa da sanidade pública
Folleto en defensa da sanidade pública
 

A saúde é un dereito

  • 1. OS RECORTES MATAN! Dixémolo e repetímolo as veces que sexa necesario: a saúde é un dereito, non un negocio. Cando o Partido Popular pon en marcha políticas que deterioran, desmantelan e privatizan a sanidade pública galega faino de xeito planificado, e é consciente das consecuencias que teñen esas decisións. Os recortes matan. Literalmente. E estámolo a ver. Porque estamos a padecer a aplicación dunha opción ideolóxica: a de quen considera que todo é campo desexábel para o lucro privado, mesmo aqueles dereitos que -como a atención sanitaria- son os que garanten a vida digna das persoas. O Goberno de Núñez Feijoo actúa claramente en consonancia con esta opción: reduce os orzamentos públicos, elimina máis de 2000 profesionais do sistema público galego, obriga ao repagamento de medicamentos, pon en mans privadas cada vez máis servizos do Sergas, reduce o número de camas dos nosos hospitais... As consecuencias son coñecidas: colapsos en urxencias, atención deficiente ás persoas enfermas, peche de camas, sobrecarga laboral das e dos traballadores, aumento das listas de espera ou, de forma especialmente cruel e evidente, denegación de tratamentos a persoas con doenzas graves como os de hepatite C ou oncolóxicas. Estase a pór en risco a nosa vida e a nosa saúde para que uns poucos fagan negocio da enfermidade. Os recursos da sanidade pública, a de todas e todos, están a ser postos ao servizo do enriquecemento de intereses privados. E estase a castigar con recortes e repagamentos aos segmentos da poboación máis vulnerábeis. No BNG cremos que hai que lle facer fronte. Alí onde temos opcións, facémosllo directamente. Concellos como o de Riotorto lideraron e impulsaron a batalla pola defensa da sanidade pública, e estamos como BNG nas plataformas e movementos cos que compartimos esta loita. Non hai outro camiño. Temos que defender os nosos dereitos, e os das xeracións que veñen detrás. Temos que defender o dereito a unha vida digna. Porque a saúde é un dereito, non un negocio. A SAÚDE É UN DEREITO bng.gal