A alternativa política que representa o Bloque Nacionalista Galego-Asembleas Abertas ten entre os seus obxectivos o de construír un país novo e libre, unha Galiza, a do século XXI, con poder político real, libre e soberana, que poida desenvolver as súas potencialidades económicas, sociais e culturais en harmonía con todos os pobos e nacións do mundo. E somos conscientes de que a representación municipal ofrece numerosas posibilidades de transformación social para ir, concello a concello, construíndo esa Galiza nosa, creando as condicións que posibiliten unha vida digna para o conxunto da veciñanza.

Unha nova alternativa para a cidade de Lugo, que pretendemos construir entre todas e todolos veciños da cidade. Dinos que che parece, que crees que falta, que engadirías. Ti podes facelo, e Xuntos, Podemos.
Programa electoral BNG O Porriño 2023.pdfBNGdoPorrinho
O Porriño merece máis! Queremos poñer de novo o Concello ao servizo da xente. Temos proxecto, equipo e contamos con Pedro Pereira, que ten demostrado con feitos ser o mellor candidato para liderar O Porriño. Temos demostrado coherencia, rigor e capacidade de goberno. Se somos nós quen lideramos un goberno alternativo ao PP a partir do 28 de maio, sempre vai ser máis transformador. Con toda a humildade, mais tamén coa confianza de sabermos que os grandes avances no Porriño sempre foron da man do BNG.
Unha presentación sobre eQuo, novo partido que defende a ecoloxía política e a equidade social e se presenta ás vindeiras eleccións xerais do 20 de novembro.
24 propostas sobre as que tecer un horizonte de país de cara ao 2024.
Queremos que Podemos volva ao Parlamento galego. Por iso, desde a candidatura Tecer Galicia ás primarias de Podemos Galicia presentamos este proxecto de país.

1. DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DIVERSIDADE FUNCIONAL
A Asociación AMBAR das Persoas con Diversidade Funcional, con motivo da
celebración o 3 de DECEMBRO, do DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON
DIVERSIDADE FUNCIONAL, fai público este MANIFESTO, presentando ante a Sociedade
a percepción do colectivo sobre a equiparación de oportunidades das persoas con
diversidade funcional na comarca de Barbanza e as demandas dos seus
representados.
MANIFESTO:
AMBAR con motivo do tres de decembro DIA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON
DISCAPACIDADE, neste ano 2010, observamos que ademais das vellas cuestións sen
resolver que dificultan o desenvolvemento da vida autónoma das persoas con
diversidade funcional, e ante a crise global, é necesario sinalar que existen marcos
normativos globais que esixen realizar políticas inclusivas para dar solucións aos
vellos problemas, e que actuar positivamente pola inclusión e pola diversidade
permitirá maior igualdade de oportunidades relanzando o desenvolvemento social e a
reactivación económica, e esto é algo que podemos e debemos comezar a facer agora
na nosa comunidade local garantindo que todos poidamos vivir como cidadáns de
pleno dereito, e MANIFESTA:
1.- A PESAR da vixencia da CONVENCIÓN SOBRE OS DEREITOS DAS PERSOAS CON
DIVERSIDADE FUNCIONAL, constatamos nos trinta meses de vixencia da mesma, o
descoñecemento deste marco legal e os seus efectos para o colectivo de persoas con
diversidade funcional. Reivindicamos a creación de órganos locais nos que teñan voz e
capacidade de decidir o colectivo ao que representamos.
2.- A PESAR da existencia de lexislación en materia de promoción da accesibilidade
atopamos que os nosos pobos e aldeas presentan contornas inaccesibles en canto a
edificación e mobiliario urbano. Esiximos que as persoas con diversidade funcional
poidan facer uso de todos os bens e servizos da comunidade en igualdade de
oportunidades.
3.- A PESAR da existencia desta mesma lexislación e da específica en materia de
transporte, hoxe en día denunciamos a imposibilidade de utilizar transporte público
Interurbano. Esiximos que as administracións públicas competentes nesta materia
promovan estes servizos e adxudiquen exclusivamente a aquelas empresas que
cumpran cos requisitos de accesibilidade.
4.- A PESAR da existencia de lexislación en materia de INCORPORACIÓN DE PERSOAS
CON DIVERSIDADE FUNCIONAL O MERCADO LABORAL ORDINARIO, atopamos que se
segue asociando a imaxe do traballador ou traballadora con diversidade funcional ao
emprego protexido exclusivamente, polo que esiximos unha adecuada coordinación
entre os axentes políticos, empresariais, sindicais e educativos para garantir o acceso
ao emprego normalizado. Expoñemos ás administracións locais que exemplifiquen a
inclusión laboral mediante a incorporación visible e notable de persoas con
diversidade funcional nas súas plantillas de persoal.
Manifesto Asociación AMBAR
Día Internacional das Persoas con Diversidade Funcional 1
2. 5.- A PESAR da traxectoria histórica do movemento asociativo e do marco legal
conseguido, á nosa comunidade quedalle aínda un longo camiño por percorrer en
canto á plena participación, equiparación de oportunidades e cidadanía plena das
persoas con diversidade funcional. Consideramos que a forma de avanzar neste ámbito
é o auténtico compromiso das administracións públicas para facer cumprir A
CONVENCIÓN. Esiximos ás administracións públicas que adopten a Convención e
apliquen os recursos necesarios para o seu coñecemento e desenvolvemento.
6.- A PESAR de que a natureza das persoas é vivir en sociedade, aínda son moitas as
persoas que cando dependen doutras para conducir as súas vidas, para moverse ou
levar a cabo as súas actividades, son confinadas en residencias inadecuadas,
segregándoas en instalacións onde se lles rouba o control sobre as súas propias vidas e
se apartan da visión da sociedade corrente e da participación. Esiximos que a nosa
xente teña a oportunidade de elixir o seu lugar de residencia e onde e con quen vivir,
en igualdade de condicións coas demais, e non se vexan obrigadas a vivir con arranxo
a un sistema de vida específico.
7.- A PESAR de que a Convención no seu artigo 24 obriga a garantir a educación
inclusiva das alumnas e alumnos con diversidade funcional, observando os principios
de normalización, igualdade de oportunidades, non discriminación, accesibilidade
universal, provisión de apoios, calidade e equidade que compensen as desigualdades,
séguense habilitando recursos especiais para segregar persoas con diversidade
funcional, perpetuando unha educación que desvalora ás persoas diferentes desde a
infancia. Demandamos a adopción das medidas económicas necesarias para asegurar
que ningún alumno ou alumna con diversidade funcional se vexa privado, por falta
de recursos, do dereito a acceder a unha educación inclusiva de calidade.
Por estes motivos AMBAR vai continuar o seu labor pola equiparación de
oportunidades das persoas con diversidade funcional colaborando a todos os niveis na
realización das políticas sociais pola inclusión, desde a transversalidade, evitando
medidas segregadoras que exclúen e invisibilizan á nosa xente, tendo como eixo
principal de actuación o VIVIR INCLUÍDOS NA COMUNIDADE. E facemos un
chamamento á comunidade para que se sumen o labor de AMBAR facendo os nosos
pobos máis inclusivos e respectuosos coa diversidade, máis humanos.
Tres de decembro de 2010
Manifesto Asociación AMBAR
Día Internacional das Persoas con Diversidade Funcional 2