Literatura Galega
do Século XX e da Actualidade

  Lois Diéguez


         Entrevista
  IES Manuel García Barros
         A Estrada


                                 Texto: © Cc-by-sa-3.0
                         Fotos: © Todos os dereitos reservados
Lois Diéguez

1.     De onde cre que provén o seu pensamento nacionalista?

Aparece na medida en que coñezo a literatura galega que me mostra a principio dos 60 o poeta Manuel María. Daquela non sabiamos
que existía unha literatura escrita no noso propio idioma e descubrilo foi toda unha revolución. Despois, ao ir estudar a Madrid,
aquela experiencia de contacto cunha cultura totalmente diferente á nosa e con xente que se burlaba do noso acento afirmoume no
pensamento nacionalista como fórmula acaída para resolver os problemas que padeciamos.

2.     Que supón o espazo vital onde naceu para vostede? E para as súas obras
       literarias?
Ese espazo é como unha prolongación dun mesmo, xa que é nel onde comezamos a
ter a primeira consciencia dos seres e das cousas, e iso fica gravado en nós xa para
sempre. O meu Monforte natal e os distintos concellos do Val de Lemos polos que
andei e sigo a descubrir arreo, están presentes en toda a miña obra. Paisaxes,
personaxes, accións... son na inspiración como unha fonte que segue a ceibar auga
fresca cada día. As paisaxes e mesmo bastantes rostros que describo son case
sempre reais. Pódense descubrir en moitos dos recunchos do país de Lemos. E gozo
con iso porque é como se cada vez que o fago rescatase unha parte da miña
infancia ou adolescencia.

3.     Que opinión ten respecto ao conflito actual que atravesa a nosa lingua
       galega?
                                                                                        Lois Diéguez asinando a súa obra “A poutada do Oso”.
Estamos a sufrir os maiores ataques que desde a malfadada Reforma Política sufriu o noso idioma. Coa involución que no aspecto
social aparece en Europa e tamén no mundo, esa agresividade imperialista que se multiplica até o exterminio de pobos e culturas, a
globalización sen lindeiros para a destrución do diferente e plural, e o paroxismo dunha economía controlada polos maiores ladróns
do mundo... os servidores deses amos entraron xa nunha especie de bebedeira contra todo aquilo que nos enriquece, que nos dá
color e diversidade. Aquí, na Galiza, colleron esa bandeira negra e letal tres personaxes que mostran arreo unha especie de
arrogancia e autoodio sen límites tamén: o estirado e autocompracente presidente Feijoo, un curioso ignorante e home sen
escrúpulos como é o conselleiro de descultura e malaeducación, Jesús Vázquez, e un mutante exemplo de treparia biografía de
indignidade que se chama Anxo Lorenzo, o Xudas destes tempos negros. Trío no que descansa unha filosofía de volver Galiza á etapa
escura do servilismo. O retroceso en dous anos do amparo lexislativo que tiña o noso idioma está a resultar mortífero. So queda a
esperanza de que xente nova coma vós, que non tedes os complexos idiomáticos doutras xeracións, vos ergades contra estas
vergoñentas accións.
Lois Diéguez


4.       Ollando algúns títulos das súas obras como Intifada ou O canto do Muecin ou incluso a súa foto na Biblioteca Virtual Galega,
         pódese dicir que o mundo árabe ocupa un espazo na súa vida, no seu pensamento…?
Ocupa un espazo importantísimo porque é aí onde o imperialismo está a matar e roubar cada día sen que nengún organismo
internacional condene as súas accións. Nen a xente de Europa, atafegada ela nese mundo brutal do consumismo sen decatarse de que
tamén é unha vítima. As culturas dos pobos da área musulmá é riquísima, solidaria e humana. Moi pacifista, por certo, contra todo o
que nos digan os propios imperialistas nos medios de comunicación controlados por eles mesmos. Visitar estes países é comprender a
riquísima variedade de alternativas que podemos dar ao medio físico onde vivimos. Por Oriente nace o sol e isto imprime nestes países
un xeito alegre e vivo de ver o mundo. Coas invasións e roubos dos ianquis e os seus aliados estase a matar toda esta riqueza e eu vou
arreo alí para gozar da palabra quente e humanizada que aquí xa non abonda, e levo toda a xente que podo para que comprobe por si
mesma as mentiras que seguen a botar os medios de comunicación occidentais sobre este mundo. Nalgunha das miñas novelas,
especialmente en O canto do Muecín, aparece cumpridamente ese mundo.

                                                                               5.     Como xulgaría o presente da nosa literatura galega? E o futuro?

                                                                           Gústame a súa variación, mesmo a súa vitalidade, os múltiples rexistros que está
                                                                           a crear, a riqueza de voces que se van unindo cada ano a esta tarefa da escrita
                                                                           que nos pon á altura creativa de calquera país de Europa e do mundo. Pero o que
                                                                           me preocupa dela é a pouca firmeza que ten, en xeral, a respecto do noso
                                                                           idioma. Sen el, a nosa literatura será española e non galega, e coido que se está
                                                                           caendo moito no interese comercial e mesmo oportunista, abandonando así o
                                                                           carácter nacional da mesma, sen o cal xa non terá sentido. Refírome, sobre todo,
                                                                           a esa aparición dos nosos libros, inmediatamente que se publican, nos dous
                                                                           idiomas, galego e español, cousa inxusta e perigosa, pois desa forma, privando
                                                                           sempre o máis poderoso, as edicións en galego acabarán aparecendo como unha
                                                                           anécdota. Coido que os escritores e escritoras deberían defender máis a arma de
                                                                           traballo que temos, que é o galego, pois sen el, tamén eles acabarán morrendo.



 Lois Diéguez e Filipe-Senén asinando un exemplar de “A poutada do Oso”.
Lois Diéguez


 6.            Que xénero literario dos que escribiu lle gusta máis cultivar e por que?

 Gústanme todos, segundo o que nun momento determinado queira facer. Un texto curto levarame sempre á poesía. É como un flash
 que che vén e que podes deixar moi concretado. Se quero investigar máis, indagar, entrar en profundidade na caracterización dun
 personaxe ou dun grupo, ou dunha historia, voume para o conto, o ensaio ou a novela, onde teño máis vagar para crear toda clase de
 rexistros e estruturas. Por historia, por lecturas e mesmo pola variedade de xéneros que se practican aquí na Galiza e decatándome
 dos que xa temos maxistralmente conseguidos, até agora, levo traballado máis na prosa, na longa e reflexionada concatenación de
 historias.
                                                                     7.     Que temas lle gusta máis tocar nas súas novelas e por que?
                                                                     Sempre os que leven a profundizar, a analizar na psicoloxía do ser humano concretado
                                                                     no que máis coñezo, que é o galego. Ese debate e misterio que aportan sempre as
                                                                     culturas no seu proceso histórico e no seu desenvolvemento e as inmensas
                                                                     contradicións que crean nos seus propios creadores que son os animais chamados
                                                                     racionais. A dependencia e a ignorancia que crea sempre seres indefensos, e refírome
                                                                     a calquera aspecto que inflúe na vida das persoas, ben nas relacións persoais ou nas
                                                                     colectivas. E neste aspecto o ser galego, ofrece tal cantidade de espellos que limpalos
                                                                     das manchas amoreadas pola historia é un traballo realmente apaixonante,
                                                                     independentemente dos seus resultados. Esta é a temática fundamental sempre
                                                                     presente nos meus libros e cunha variedade de casos que até a min mesmo me
                                                                     sorprende. Coñecer o fondo do ser galego é toda unha aventura.

     Filipe-Senén, Lois Diéguez, Teresa Moure e Francisco Pillado.
8.           A que se debe que dentro da súa literatura haxa un reducido apartado de obras infanto-xuvenís?

Nunca fun gran lector de literatura chamémoslle infantil ou xuvenil. Paréceme que é moi difícil expresar con acerto ese mundo se
pensamos a quen vai dirixido. Desde moi novo sempre lin libros "para maiores", e ese mundo, sen saber por que, foi o que me guiou.
Aínda que nalgún caso entrei tamén no outro, considero que non resultou tan acertado e, en todo caso, que non me colleu no seu
magnetismo.
Lois Diéguez


9.         Dentro das súas obras, con cal e coa que máis se indentifica? Por que?

Realmente identifícome con todas, sobre todo as escritas a partir de 1975, e digo isto porque está en relación coa idade e coa
experiencia, co saber que vai dando a vida. As primeiras teñen esa inxenuidade de quen é puro, a pureza da mocidade, sempre máis
altruísta. As outras están mellor conseguidas na forma e no fondo. Cada unha ten unha historia e un mundo que se foi facendo arredor
dela mentres a escribía e, colectivamente, unha vez publicada. O tempo vai consolidando a acción e a sabedoría (loxicamente sempre
incompleta) e iso é o máis fermoso. Un creador coñécese mellor no conxunto do seu traballo, e hoxe o meu, xa se fixo máis completo e
síntome contento por facelo, mais nunca totalmente, pois o camiño segue subindo ou baixando no seu relativamente longo percorrido.

                                                         10.    A que se debe que dentro da súa literatura haxa un reducido apartado de obras
                                                                infanto-xuvenís?
                                                         Nunca fun gran lector de literatura chamémoslle infantil ou xuvenil. Paréceme que é moi
                                                         difícil expresar con acerto ese mundo se pensamos a quen vai dirixido. Desde moi novo
                                                         sempre lin libros "para maiores", e ese mundo, sen saber por que, foi o que me guiou.
                                                         Aínda que nalgún caso entrei tamén no outro, considero que non resultou tan acertado e,
                                                         en todo caso, que non me colleu no seu magnetismo.

                                                         11.    Xeralmente os escritores adoitan adicarse a oficios relacionados coa literatura ou
                                                                algunha das súas vertentes, pero vostede adicase á enxeñaría... a que se debe
                                                                este contraste? Pode que iso fose un tópico e que a arte literaria non dependa,
                                                                desde logo, da actividade desenvolvida polo seu autor ou autora?
     Deseño da portada da súa obra “A poutada do Oso”.

       Por suposto que non. Unha cousa é do que podes vivir e outra o que podes crear. Hai todo tipo de exemplos na literatura
universal. Na nosa é diferente, porque se trata dunha literatura que non é libre, que segue baixo as poutas dun sistema político máis
ou menos imperialista que non quere admitila. Apenas hai escritores e escritoras en Galiza que poidan vivir diso, da creación literaria.
E aquí está a cuestión: se queres escribir e escribir libremente sen dependencias económicas tes que ter un traballo que te libere nese
sentido. Cando eu estaba a mirar que carreira ía facer pensaba en maxisterio. Pero daquela un mestre cobraba moi pouco, de aí que,
con bo acerto, meu irmán Ismael convenceume de que fixese unha carreira técnica coa cal puidese vivir con dignidade para, dese xeito,
poder escribir como eu quixese. E tivo razón. Fixen as dúas cousas e resultaron.
Lois Diéguez


12.    Cal é o premio máis importante que recibiu e que sentiu ó recibilo? Que concepto ten deles? Teñen unha función primordial para
       a nosa literatura?
Eu non son quen realmente pode falar diso porque debo ser un dos escritores menos premiados na historia da nosa nación. Poderíavos
falar dalgún caso en que si o fun, como o premio Blanco Amor de novela. Naquel momento resultoume grato porque había un silencio
espeso sobre os que facíamos un tipo de literatura máis experimental e de fondo psicolóxico dentro do que acabo de expoñer no punto
anterior. Pero analizando todo o que pasa neste mundo dos premios e das relacións, dos intereses variados (editoriais, políticos,
comerciais, ideolóxicos...), teño a impresión de que na maioría dos casos son sempre o resultado do comportamento e relacións que
existen entre persoas determinadas con certo poder político ou de grupo. Eu non valoro nunca unha obra, sexa do tipo que sexa, polos
premios. Valóroa polo que a min e á xente lle pode aportar.




                                       Lois Diéguez na libraría Couceiro de Santiago de Compostela.
A R IO
                                 N
Na libraría Couceiro.




                             TIO
                        CUES



                                      Lois Diéguez expoñendo a súa biografía.
Un personaxe galego e
                                        un estranxeiro?
                                                                                  Un p
                         a obra        Bautista Álvarez e Greta
                                                                               ficci ersonax
                    unh                                                             ón c
              /-a e gos?
                                        Garbo (que, ademais,
                                                                                         o qu e de cien
        a utor gale                     farían unha moi boa                                  e se i        cia-
U n /ha raria               tas.
                                 ..
                                              parella).
                                                                                                    dent
                                                                                                         ifiqu
       lite              oi
                  ita s m plo, A                                           Tería                               e?
                    o
              s er m por exem or.                                         desd    que
                                                                              e aqu ir á miñ
   P  od ían oñer,         co Am                                                    ela p        a
                p                                                                         erspe infanc
           odo        Blan
   p ero p rga, de                        Unh                                           ao Ja
                                                                                               ctiva   ia e v
                                                                                                              e
       esm
            o
                                                a pel                                         bato para lem lo
                                                      ícula d                                      .        brar
                 o                        Brok                  e cin
            ment                       direc eback M                  e
         nu bel?                            tor A       ount
                                                                                                  a
      mo tá                                       ng L        a
                                                       ee, pe in, do                          obr
    Un lien
      sa
               de
                al
                                                  2005       lícul
                                                                   a do
                                                                                            a
                                                                                          nh s?
                                                                                      e u iro
              r                                         .
          ted o de
                                                                                    a
                                                                                 r/- anxe              zey
                                                                                                    inc ue
                                                                               o
        ca ag                                                               aut estr
                                                                                              Viz toq
       A nti    ela Unha ob
                                                                        /ha aria
                                                                      Un iter              en  do
        Sa post              ra teatra                                   l            t
                                                                               o, S O ho
                                                                                        eph me
         Co m      Historia            l?                                    l
                                                                           mp vela ico.
                            del Zoo,
                                         de                             exe no
                                                                      or úa          áx
                     Edwa                                            P s           m
                                          rd Albee                     ea
Un feito histórico?             Un lugar para visitar? e un lugar para descansar?

        As loitas dos                O Nilo por Exipto, A Rectoral de Castillón,
                                                 na Ribeira Sacra.
        Irmandiños.
                                               a?                             Un l
                                        u topí                                      ugar
      Un tipo
              de músi           Unha                   e                                   axeit
       Unha ca        ca?                       lver
                                                    m                                  lectu ado para
                nción?
                                      d es envo omo                     Sen                    ra?           a
                                  der            c
                                o            nte                            t     ado f
   Imagine                    P        ame go.
           de John                plen gale                                             ront
                                                        ad Out                               e ao
      Lennon                                               em ro                  mar
             .                                        Vi       ai en                   .
                                                         ax s d tret
                                                           ar        a
                      ?                                                lit eme
                  ano                                    cu pol
                b
            l/ur ?
                                  Un/h
                                        a                   ltu   as erat nto
        rura taña              quen autor/-                     ra ou ura
Mundo mon                              se id       a con          s.  tra      ?                     i zar?
     raia
          /                                  entif
                                                   ique                    s                  r real
   P                              Rosa                                                   o po
               so.
                                                         ?                            ei                   a
                                            lía d                                 anc                 stin
            doi                            e                                   Un                  le
                                                                                               e Pa as, e
       To
                                                                                            k
                                  Cast                                             it
                                                                                           a
                                                                                      ar Ir oitos d
                                                                                                    í
                                       ro.                                      Vis nte m ilo.
                                                                                     a
                                                                                 dur tranqu

Lois diéguez

  • 1.
    Literatura Galega do SéculoXX e da Actualidade Lois Diéguez Entrevista IES Manuel García Barros A Estrada Texto: © Cc-by-sa-3.0 Fotos: © Todos os dereitos reservados
  • 2.
    Lois Diéguez 1. De onde cre que provén o seu pensamento nacionalista? Aparece na medida en que coñezo a literatura galega que me mostra a principio dos 60 o poeta Manuel María. Daquela non sabiamos que existía unha literatura escrita no noso propio idioma e descubrilo foi toda unha revolución. Despois, ao ir estudar a Madrid, aquela experiencia de contacto cunha cultura totalmente diferente á nosa e con xente que se burlaba do noso acento afirmoume no pensamento nacionalista como fórmula acaída para resolver os problemas que padeciamos. 2. Que supón o espazo vital onde naceu para vostede? E para as súas obras literarias? Ese espazo é como unha prolongación dun mesmo, xa que é nel onde comezamos a ter a primeira consciencia dos seres e das cousas, e iso fica gravado en nós xa para sempre. O meu Monforte natal e os distintos concellos do Val de Lemos polos que andei e sigo a descubrir arreo, están presentes en toda a miña obra. Paisaxes, personaxes, accións... son na inspiración como unha fonte que segue a ceibar auga fresca cada día. As paisaxes e mesmo bastantes rostros que describo son case sempre reais. Pódense descubrir en moitos dos recunchos do país de Lemos. E gozo con iso porque é como se cada vez que o fago rescatase unha parte da miña infancia ou adolescencia. 3. Que opinión ten respecto ao conflito actual que atravesa a nosa lingua galega? Lois Diéguez asinando a súa obra “A poutada do Oso”. Estamos a sufrir os maiores ataques que desde a malfadada Reforma Política sufriu o noso idioma. Coa involución que no aspecto social aparece en Europa e tamén no mundo, esa agresividade imperialista que se multiplica até o exterminio de pobos e culturas, a globalización sen lindeiros para a destrución do diferente e plural, e o paroxismo dunha economía controlada polos maiores ladróns do mundo... os servidores deses amos entraron xa nunha especie de bebedeira contra todo aquilo que nos enriquece, que nos dá color e diversidade. Aquí, na Galiza, colleron esa bandeira negra e letal tres personaxes que mostran arreo unha especie de arrogancia e autoodio sen límites tamén: o estirado e autocompracente presidente Feijoo, un curioso ignorante e home sen escrúpulos como é o conselleiro de descultura e malaeducación, Jesús Vázquez, e un mutante exemplo de treparia biografía de indignidade que se chama Anxo Lorenzo, o Xudas destes tempos negros. Trío no que descansa unha filosofía de volver Galiza á etapa escura do servilismo. O retroceso en dous anos do amparo lexislativo que tiña o noso idioma está a resultar mortífero. So queda a esperanza de que xente nova coma vós, que non tedes os complexos idiomáticos doutras xeracións, vos ergades contra estas vergoñentas accións.
  • 3.
    Lois Diéguez 4. Ollando algúns títulos das súas obras como Intifada ou O canto do Muecin ou incluso a súa foto na Biblioteca Virtual Galega, pódese dicir que o mundo árabe ocupa un espazo na súa vida, no seu pensamento…? Ocupa un espazo importantísimo porque é aí onde o imperialismo está a matar e roubar cada día sen que nengún organismo internacional condene as súas accións. Nen a xente de Europa, atafegada ela nese mundo brutal do consumismo sen decatarse de que tamén é unha vítima. As culturas dos pobos da área musulmá é riquísima, solidaria e humana. Moi pacifista, por certo, contra todo o que nos digan os propios imperialistas nos medios de comunicación controlados por eles mesmos. Visitar estes países é comprender a riquísima variedade de alternativas que podemos dar ao medio físico onde vivimos. Por Oriente nace o sol e isto imprime nestes países un xeito alegre e vivo de ver o mundo. Coas invasións e roubos dos ianquis e os seus aliados estase a matar toda esta riqueza e eu vou arreo alí para gozar da palabra quente e humanizada que aquí xa non abonda, e levo toda a xente que podo para que comprobe por si mesma as mentiras que seguen a botar os medios de comunicación occidentais sobre este mundo. Nalgunha das miñas novelas, especialmente en O canto do Muecín, aparece cumpridamente ese mundo. 5. Como xulgaría o presente da nosa literatura galega? E o futuro? Gústame a súa variación, mesmo a súa vitalidade, os múltiples rexistros que está a crear, a riqueza de voces que se van unindo cada ano a esta tarefa da escrita que nos pon á altura creativa de calquera país de Europa e do mundo. Pero o que me preocupa dela é a pouca firmeza que ten, en xeral, a respecto do noso idioma. Sen el, a nosa literatura será española e non galega, e coido que se está caendo moito no interese comercial e mesmo oportunista, abandonando así o carácter nacional da mesma, sen o cal xa non terá sentido. Refírome, sobre todo, a esa aparición dos nosos libros, inmediatamente que se publican, nos dous idiomas, galego e español, cousa inxusta e perigosa, pois desa forma, privando sempre o máis poderoso, as edicións en galego acabarán aparecendo como unha anécdota. Coido que os escritores e escritoras deberían defender máis a arma de traballo que temos, que é o galego, pois sen el, tamén eles acabarán morrendo. Lois Diéguez e Filipe-Senén asinando un exemplar de “A poutada do Oso”.
  • 4.
    Lois Diéguez 6. Que xénero literario dos que escribiu lle gusta máis cultivar e por que? Gústanme todos, segundo o que nun momento determinado queira facer. Un texto curto levarame sempre á poesía. É como un flash que che vén e que podes deixar moi concretado. Se quero investigar máis, indagar, entrar en profundidade na caracterización dun personaxe ou dun grupo, ou dunha historia, voume para o conto, o ensaio ou a novela, onde teño máis vagar para crear toda clase de rexistros e estruturas. Por historia, por lecturas e mesmo pola variedade de xéneros que se practican aquí na Galiza e decatándome dos que xa temos maxistralmente conseguidos, até agora, levo traballado máis na prosa, na longa e reflexionada concatenación de historias. 7. Que temas lle gusta máis tocar nas súas novelas e por que? Sempre os que leven a profundizar, a analizar na psicoloxía do ser humano concretado no que máis coñezo, que é o galego. Ese debate e misterio que aportan sempre as culturas no seu proceso histórico e no seu desenvolvemento e as inmensas contradicións que crean nos seus propios creadores que son os animais chamados racionais. A dependencia e a ignorancia que crea sempre seres indefensos, e refírome a calquera aspecto que inflúe na vida das persoas, ben nas relacións persoais ou nas colectivas. E neste aspecto o ser galego, ofrece tal cantidade de espellos que limpalos das manchas amoreadas pola historia é un traballo realmente apaixonante, independentemente dos seus resultados. Esta é a temática fundamental sempre presente nos meus libros e cunha variedade de casos que até a min mesmo me sorprende. Coñecer o fondo do ser galego é toda unha aventura. Filipe-Senén, Lois Diéguez, Teresa Moure e Francisco Pillado. 8. A que se debe que dentro da súa literatura haxa un reducido apartado de obras infanto-xuvenís? Nunca fun gran lector de literatura chamémoslle infantil ou xuvenil. Paréceme que é moi difícil expresar con acerto ese mundo se pensamos a quen vai dirixido. Desde moi novo sempre lin libros "para maiores", e ese mundo, sen saber por que, foi o que me guiou. Aínda que nalgún caso entrei tamén no outro, considero que non resultou tan acertado e, en todo caso, que non me colleu no seu magnetismo.
  • 5.
    Lois Diéguez 9. Dentro das súas obras, con cal e coa que máis se indentifica? Por que? Realmente identifícome con todas, sobre todo as escritas a partir de 1975, e digo isto porque está en relación coa idade e coa experiencia, co saber que vai dando a vida. As primeiras teñen esa inxenuidade de quen é puro, a pureza da mocidade, sempre máis altruísta. As outras están mellor conseguidas na forma e no fondo. Cada unha ten unha historia e un mundo que se foi facendo arredor dela mentres a escribía e, colectivamente, unha vez publicada. O tempo vai consolidando a acción e a sabedoría (loxicamente sempre incompleta) e iso é o máis fermoso. Un creador coñécese mellor no conxunto do seu traballo, e hoxe o meu, xa se fixo máis completo e síntome contento por facelo, mais nunca totalmente, pois o camiño segue subindo ou baixando no seu relativamente longo percorrido. 10. A que se debe que dentro da súa literatura haxa un reducido apartado de obras infanto-xuvenís? Nunca fun gran lector de literatura chamémoslle infantil ou xuvenil. Paréceme que é moi difícil expresar con acerto ese mundo se pensamos a quen vai dirixido. Desde moi novo sempre lin libros "para maiores", e ese mundo, sen saber por que, foi o que me guiou. Aínda que nalgún caso entrei tamén no outro, considero que non resultou tan acertado e, en todo caso, que non me colleu no seu magnetismo. 11. Xeralmente os escritores adoitan adicarse a oficios relacionados coa literatura ou algunha das súas vertentes, pero vostede adicase á enxeñaría... a que se debe este contraste? Pode que iso fose un tópico e que a arte literaria non dependa, desde logo, da actividade desenvolvida polo seu autor ou autora? Deseño da portada da súa obra “A poutada do Oso”. Por suposto que non. Unha cousa é do que podes vivir e outra o que podes crear. Hai todo tipo de exemplos na literatura universal. Na nosa é diferente, porque se trata dunha literatura que non é libre, que segue baixo as poutas dun sistema político máis ou menos imperialista que non quere admitila. Apenas hai escritores e escritoras en Galiza que poidan vivir diso, da creación literaria. E aquí está a cuestión: se queres escribir e escribir libremente sen dependencias económicas tes que ter un traballo que te libere nese sentido. Cando eu estaba a mirar que carreira ía facer pensaba en maxisterio. Pero daquela un mestre cobraba moi pouco, de aí que, con bo acerto, meu irmán Ismael convenceume de que fixese unha carreira técnica coa cal puidese vivir con dignidade para, dese xeito, poder escribir como eu quixese. E tivo razón. Fixen as dúas cousas e resultaron.
  • 6.
    Lois Diéguez 12. Cal é o premio máis importante que recibiu e que sentiu ó recibilo? Que concepto ten deles? Teñen unha función primordial para a nosa literatura? Eu non son quen realmente pode falar diso porque debo ser un dos escritores menos premiados na historia da nosa nación. Poderíavos falar dalgún caso en que si o fun, como o premio Blanco Amor de novela. Naquel momento resultoume grato porque había un silencio espeso sobre os que facíamos un tipo de literatura máis experimental e de fondo psicolóxico dentro do que acabo de expoñer no punto anterior. Pero analizando todo o que pasa neste mundo dos premios e das relacións, dos intereses variados (editoriais, políticos, comerciais, ideolóxicos...), teño a impresión de que na maioría dos casos son sempre o resultado do comportamento e relacións que existen entre persoas determinadas con certo poder político ou de grupo. Eu non valoro nunca unha obra, sexa do tipo que sexa, polos premios. Valóroa polo que a min e á xente lle pode aportar. Lois Diéguez na libraría Couceiro de Santiago de Compostela.
  • 7.
    A R IO N Na libraría Couceiro. TIO CUES Lois Diéguez expoñendo a súa biografía.
  • 8.
    Un personaxe galegoe un estranxeiro? Un p a obra  Bautista Álvarez e Greta ficci ersonax unh ón c /-a e gos? Garbo (que, ademais, o qu e de cien a utor gale farían unha moi boa e se i cia- U n /ha raria tas. .. parella). dent ifiqu lite oi ita s m plo, A Tería e? o s er m por exem or.  desd que e aqu ir á miñ P od ían oñer, co Am ela p a p erspe infanc odo Blan p ero p rga, de Unh ao Ja ctiva ia e v e esm o a pel bato para lem lo ícula d .  brar o  Brok e cin ment direc eback M e nu bel? tor A ount a mo tá ng L a ee, pe in, do obr Un lien sa de al 2005 lícul a do a nh s? e u iro r . ted o de a r/- anxe zey inc ue o ca ag aut estr Viz toq  A nti ela Unha ob /ha aria Un iter en  do Sa post ra teatra l t o, S O ho eph me Co m Historia l? l mp vela ico. del Zoo, de exe no or úa áx Edwa P s m rd Albee  ea
  • 9.
    Un feito histórico? Un lugar para visitar? e un lugar para descansar? As loitas dos O Nilo por Exipto, A Rectoral de Castillón, na Ribeira Sacra. Irmandiños. a? Un l u topí ugar Un tipo de músi Unha e axeit Unha ca ca? lver m lectu ado para nción? d es envo omo  Sen ra? a der c o nte t ado f Imagine P ame go. de John plen gale ront ad Out e ao Lennon em ro mar . Vi ai en . ax s d tret ar a ? lit eme ano cu pol b l/ur ? Un/h a ltu as erat nto rura taña quen autor/- ra ou ura Mundo mon se id a con s.  tra ? i zar? raia / entif ique s r real P Rosa o po so. ? ei a lía d anc stin doi e Un le e Pa as, e  To k Cast it a ar Ir oitos d í ro.  Vis nte m ilo. a dur tranqu