Literatura Galega
  do Século XX e da Actualidade

Helena Villar Janeiro

           Entrevista
    IES Manuel García Barros
           A Estrada



                                   Texto: © Cc-by-sa-3.0
                           Fotos: © Todos os dereitos reservados
Helena Villar Janeiro

1.      Como lembra Vostede aqueles anos da súa nenez marcados polos comezos da ditadura?

Foron bonitos por ser unha nena moi querida, pero tristes xa que a casa familiar lindaba co cárcere. Mentres xogaba na horta oía aos
presos que entraban cantar primeiro e chorar despois. No edificio do cárcere estaba o depósito de cadáveres que se improvisaba en caso
de accidentes de tráfico. Na estrada A Coruña-Madrid, os accidentados soían ser de lonxe e pasaban alí a noite mentres non viñan
recollelos. Obrigaban aos veciños a facerlles velorio e todo aquel movemento dábame moito medo. Tamén era triste o silencio que había
que gardar sobre o que me contaba meu pai da República, da guerra e do réxime. Tíñame como “alter ego” para poder falar. Estoulle
moi agradecida polo moito que aprendín nesta experiencia porque non medrei ignorando o que pasaba. Hai unha irregularidade na miña
infancia que me axudou a vivir bastante a liberdade: non fun escolarizada desde os 6 aos 13 anos, que é cando empecei a estudar nunha
academia de paso que cosía.

2.
       Que espazo influíu, e inflúe, máis na súa obra, o da súa
xuventude (Lugo) “a idade plástica da vida” ou o de agora nas “pedras
de Compostela” e “beiras da Arousa”?

O fundamento da obra está nas montañas dos Ancares. Todo o que vén
despois aséntase nese substracto. Incluso o meu mar non é este, senón
o de Donostia, que coñecín aos catro anos.

3.
         No seu pasado na súa casa vivíase a cultura; no seu verán da
vida viviu e vive en cultura, e o seu futuro (descendentes) a literatura e
a música tamén o marcan. Pode unha persoa vivir toda a vida
mergullada na cultura? Pódería vivir sen esa cultura que a rodea?                                     Helena Villar con Nélida Piñón na USC.

Eu creo que non, que non podería vivir sen a dimensión creativa. Medrei oíndo cantar a meu pai e cantando con el –eu quería ser soprano
profesional, pero non foi posible adquirir a formación nunha pequena vila- e oíndo historias na súa xastrería. Lin de nena con moita
intensidade. Xa mestra, na soedade de Quintá de Cancelada acabei sendo poeta para poder falar comigo desde outra dimensión. Fixen a
licenciatura para cumprir o gusto de miña nai, que quería unha lectura máis práctica que a literatura. Logo tiven a sorte de casar cun
escritor. Esta é unha situación que, ou non se pode superar por exceso de competencia, ou crea unha complicidade creativa moi forte,
que é o noso caso. Fun a primeira profesora de música dos fillos, que aprenderon comigo a interpretala e a escribila canda a lecto-
escritura. A filla seguiu os nosos pasos coa literatura, pero ten moi boa formación musical e unha voz preciosa de contralto. O fillo
culminou o meu soño e coroou unha familia de músicos gaiteiros e acordeonistas. Nun caldo de cultivo como este a cultura é parte
substantiva da vida en común.
Helena Villar Janeiro

4.
         Vostede tamén optou firmemente pola tradución ao noso idioma de literatura de fóra. Cal cre que é a función primordial das
traducións?
O meu traballo de tradutora empezou o día que María do Cebreiro non me admitía en galego o conto de Carapuchiña, pensando que tiña
que estar en castelán como o escoitaba na escola. Daquela empeceillo a contar en francés. Miroume de xeito moi raro e expliqueille o
que era traducir. Ela entendeuno moi ben e eu tomei nota do interese que tiña presentarlles aos lectores as obras universais en galego.
É un dos feitos que máis contribúen á normalización da nosa cultura. Cando se fala de literatura, de cine, de música ou de teatro, hai
que ter a precaución de traducir os títulos, se non se dan na lingua orixinal, para lle outorgar carta de universalidade ao idioma propio.

                                                                                            5.
        Escribir é para Vostede máis evasión ca compromiso, ao
                                                                                            revés, ou as dúas funcións son realmente importantes?
                                                                                            Escribo porque sinto unha necesidade forte e teño que lle dar saída a
                                                                                            esa pulsión. Optar polo galego como lingua de creación xa é un
                                                                                            compromiso. O meu primeiro poemario está en castelán porque aí me
                                                                                            conduciran as circunstancias. Inmediatamente despois, reflexionei
                                                                                            sobre a anomalía de escribir nunha lingua e falar noutra. Enfronteime
                                                                                            ao proceso de autoaprendizaxe da grafía e da normalización cultural.
                                                                                            Quizabes por iso, a miña narrativa flúe moi natural en galego porque
                                                                                            nunca narrei en castelán. Coa poesía teño que coutar o espazo
                                                                                            idiomático coa vontade. Pero máis alá deste compromiso inicial, toda
                                                                                            obra estética debe ter unha ética máis ou menos explícita, un
                                                                                            compromiso coa Humanidade e coa Terra. Por iso non poderei nunca
                                                                                            considerar arte unha tourada.

     Moito máis interese que o contido da narración é o punto de vista do narrador, que     6.
         Que é máis difícil para Vostede na narración, inventar
     pode conseguir un relato interesante de calquera contido. Nisto a narración parécese   historias ou darlles forma posterior coa linguaxe?
     á fotografía". (Helena Villar Janeiro)

A narración é un proceso difícil e ben diferente segundo se trate de relato ou novela. O relato é máis parecido á poesía en intensidade e
mesmo no proceso de creación. A novela require unha arquitectura difícil de montar e hai que traballar dentro desa estrutura todo o
tempo. É dicir, require unha visión de conxunto que pode ser revisable pero que ten os seus elementos moi interrelacionados onde os
cambios teñen que ser moi ben introducidos para que ningún fragmento da estrutura resulte danado. É interesante a temática, pero a
literatura é forma. O realmente difícil é atinar na forma, no punto de vista, na selección do narrado e no dominio da elipse. Eu tiven
moi clara esta praxe cando empecei a facer fotografía. Foi onde vin con claridade que o éxito final está máis no punto de vista adoptado
e na selección que fai quen fixa a imaxe que no propio obxecto fotografado.
Helena Villar Janeiro


7.
        Por que cre que nesta sociedade se valore máis a nivel cultural unha película de cine
ou a propia música xurdidas da literatura que a propia literatura que lles serviu de base? Como
se podería solventar estas diferenzas?
Son linguaxes diferentes e non se chegan ao público do mesmo xeito nin coa mesma facilidade,
sobre todo cando os receptores están máis inmersos nunha delas que nas outras. A literatura
ten unha riqueza evocativa e de interpretación persoal moi ampla que permite unha
percepción máis aberta e creativa para o lector. A imaxe é máis intuitiva e, como hoxe
impregna calquera comunicación, o receptor está moi afeito á súa linguaxe e resúltalle doado
achegarse a ela. A música é moito máis abstracta e, polo tanto, é máis difícil buscar a súa
conexión coa literatura. Faise fundamentalmente coa poesía e o produto cultural pode ser moi
exitoso

8.
         Que pensa Vostede da situación actual da nosa lingua mergullada nun conflito
continuo especialmente no ámbito que a nós respecta, o do ensino? Hai futuro para a nosa
lingua e para a nosa literatura?
A lingua propia de Galicia terá o futuro que Galicia queira darlle, pero eu non son moi
optimista porque vexo que o país non ten a autoestima suficiente para preservala das
dificultades coas que convive. En canto á literatura, é normal que teña os problemas derivados
dos que sofre a lingua que a soporta. Aínda así, a literatura é a máis normalizada de todas as
manifestacións culturais –no sentido amplo da palabra cultura- que se realizan en Galicia
                                                                                                   Helena Villar con Rubén Fonseca na casa de Rosalia.

9.
       Vostede mesma declarou que ser escritor consiste en “ser” e “estar” no mundo. Concibe Vostede unha literatura totalmente
desmarcada da realidade social que a rodea?
A literatura é creación e a creación é liberdade. Polo tanto, escribir é un acto de liberdade ao que ninguén pode poñer un couto
externo. Xa deixei claro que eu creo no compromiso e a mellor maneira de se comprometer é escribir en contacto coa realidade. Non
obstante, quen escribe pode asumir outras realidades que lle son afastadas, crear outras realidades ou fuxir da realidade. En último
termo, a literatura hai que valorala non só pola súa ética, senón é sobre todo pola súa calidade, pola súa capacidade de emocionar e de
seducir, por presentar mundos ben constituídos, voces líricas potentes, pensamento ben construído…
Helena Villar Janeiro

10.
        Que pensa da literatura infantil e xuvenil? Cal cre que é a súa, ou súas, función(s)? Pode existir unha cultura sen este tipo de
literatura?
Eu fixen moita literatura para os meus nenos, que logo se acabou publicando e se puxo ao servizo da infancia galega e, nalgún caso,
tamén chegou a outras culturas traducida. E creeina porque a considerei necesaria para o desenvolvemento normal das nenas e dos
nenos que deben xogar, emcionarse e ver mundos novos na lingua que falan. A súa función é adestrar a infancia na lectura literaria para
lle dar posibilidades de acceso á obra literaria universal. Eu considereina unha porta de acceso pola que os meus fillos se achegasen á
lectura sen marca de idade non para que se estancasen nunha literatura facilitada. O alumnado non se pode privar de ler os clásicos na
escola, coa axuda do profesorado que para iso está. En tal caso eu marcaría dúas áreas de lectura xa na adolescencia: unha de intereses
persoais feita por libre e outra máis canónica cara ós clásicos. A literatura non merece o pseudoprivilexio de perder a obrigatoriedade
fronte ás outras materias escolares. A formulación química, as operacións matemáticas, a análise sintáctica complexa e a aprendizaxe
das ciencias sociais preséntanselles sen que ninguén cuestione que non se deben retirar porque non gustan.
AR IO
        TI ON
CU ES
Un personaxe galego e
                                                     un estranxeiro?                        Helena Villar Janeiro

                        obra                        Prisciliano e
                  u nha                                                                        xe de ciencia
                                                                                                             -
            / -a e os?                                                            U n persona
        utor galeg                                Madame Curie.                               n co que s
                                                                                                         e
    ha a aria                             e                                            ficció
 Un/ liter
                     as tro                                                               id entifique?
              eC                                                                                  a ciencia-
          ía d ovas.
       sal s n                                                         cine      No n me gus
                                                                                               ta
     Ro lla                                                  cula
                                                                    de                         i n sequera
                                                        pelí                       ficción. N             ra
        Fo                                      Unh
                                                    a
                                                             e dela
                                                                                    oñezo pers
                                                                                                onaxes pa
                                                         eral berto               c
                                         el?




                                                  Il gen e Ro                            po der elixir.
                                      áb




                                                       re, d lini.
            e C ral me o
                                   nt

         o d ted tro , per

                                    r




                                                    ove sel
               om de llo
                               lie




                                                  R
                                                       Ros
                            sa

                          ún




                                                                                Un/ha autor/-a e unha obra
                         la.
                         to

               tro m



                      ste
                      en




                                                                                  literaria estranxeiros?
 Sa qu n r co
     iag ca ou
                   um




                   po
         en ga




                                                                               Selma Lagerlof e “A lenda de
                on




                                                 Unha ob
                                                O incerto ra teatral?
 m

             lu




                                                                              Gösta Berling”, a narración que
           co




                                                          señor don
Un

          un


   nt e a




                                                Hamlet p                          máis influíu na miña
                                                         ríncipe d
                                                                   e
       É




                                               Dinamar
      n




                                                       ca de Álv              formación. Pero non podo deixar
   no




                                                   Cunquei        aro
                                                             ro.                 de citar “Le Petit Prince”.
Un feito histórico?             Un lugar para visitar? e un lugar para descansar?

       A Revolución                Do que teño visto, recomendaría a cidade de Buda-Pest
                                    (visita) e a paisaxe dos fiordos noruegos (descanso).
         Francesa
                                               ?
                                        t opía                               Un l
                                                                                  ugar
                                  ha u               a
                   ica?        Un              to co                                     axeit
              e mús ?                   o xu
                                             s                                        lectu ado para
          po d nción              und e as                               Calq                ra?            a
   U n ti       a               m
                             Un fame cións                                    uera
           ha c         My                                                mús       en si
      U n
              jaz porz.               i
                                             a
                                        min as.                         Meti
                                                                              ica c
                                                                                    l
                                                                                          lenci
                                                                                                 o
          ca e ada              discr icad                                  da n ásica de ou con
      lási ant                     er rad              ad Out        outro       o lib
                                                                                       ro, x fondo.
    C                                                    em ro              espa             a no
     wa  y, c atra.                                 A       ai    en
                                                               s d tre
                                                                                 zo ao
                                                                                        meu n hai
            Sin                                        fo a l          tem
                                                                                               arred
                                                                                                       or.
                 ano
                     ?                                    to iter en
           l /urb ?
                               Un/
                                   ha a                      gr atu to
       rura taña              quen        utor/                  af ra?
     o
  und a/mon                        se id         -a co
                                                       n            ia                             i zar?
M                                          entif                                              real
   Prai           e           Con                 ique                 .               o po
                                                                                            r
          ral o.
                                                                                                         r
                                    Rosa               ?                          ncei             ñece r
       Ru
                                                                                a                o
                                                lía                         Un              en c esta
             ños              de C                                                  a me s o por
      mo nta                        astro
                                                .
                                                                              Q uéd devez
                                                                                   a e has cid
                                                                                                      ades.
                                                                              Itali gun
                                                                                 nal

Helena villar janeiro

  • 1.
    Literatura Galega do Século XX e da Actualidade Helena Villar Janeiro Entrevista IES Manuel García Barros A Estrada Texto: © Cc-by-sa-3.0 Fotos: © Todos os dereitos reservados
  • 2.
    Helena Villar Janeiro 1. Como lembra Vostede aqueles anos da súa nenez marcados polos comezos da ditadura? Foron bonitos por ser unha nena moi querida, pero tristes xa que a casa familiar lindaba co cárcere. Mentres xogaba na horta oía aos presos que entraban cantar primeiro e chorar despois. No edificio do cárcere estaba o depósito de cadáveres que se improvisaba en caso de accidentes de tráfico. Na estrada A Coruña-Madrid, os accidentados soían ser de lonxe e pasaban alí a noite mentres non viñan recollelos. Obrigaban aos veciños a facerlles velorio e todo aquel movemento dábame moito medo. Tamén era triste o silencio que había que gardar sobre o que me contaba meu pai da República, da guerra e do réxime. Tíñame como “alter ego” para poder falar. Estoulle moi agradecida polo moito que aprendín nesta experiencia porque non medrei ignorando o que pasaba. Hai unha irregularidade na miña infancia que me axudou a vivir bastante a liberdade: non fun escolarizada desde os 6 aos 13 anos, que é cando empecei a estudar nunha academia de paso que cosía. 2. Que espazo influíu, e inflúe, máis na súa obra, o da súa xuventude (Lugo) “a idade plástica da vida” ou o de agora nas “pedras de Compostela” e “beiras da Arousa”? O fundamento da obra está nas montañas dos Ancares. Todo o que vén despois aséntase nese substracto. Incluso o meu mar non é este, senón o de Donostia, que coñecín aos catro anos. 3. No seu pasado na súa casa vivíase a cultura; no seu verán da vida viviu e vive en cultura, e o seu futuro (descendentes) a literatura e a música tamén o marcan. Pode unha persoa vivir toda a vida mergullada na cultura? Pódería vivir sen esa cultura que a rodea? Helena Villar con Nélida Piñón na USC. Eu creo que non, que non podería vivir sen a dimensión creativa. Medrei oíndo cantar a meu pai e cantando con el –eu quería ser soprano profesional, pero non foi posible adquirir a formación nunha pequena vila- e oíndo historias na súa xastrería. Lin de nena con moita intensidade. Xa mestra, na soedade de Quintá de Cancelada acabei sendo poeta para poder falar comigo desde outra dimensión. Fixen a licenciatura para cumprir o gusto de miña nai, que quería unha lectura máis práctica que a literatura. Logo tiven a sorte de casar cun escritor. Esta é unha situación que, ou non se pode superar por exceso de competencia, ou crea unha complicidade creativa moi forte, que é o noso caso. Fun a primeira profesora de música dos fillos, que aprenderon comigo a interpretala e a escribila canda a lecto- escritura. A filla seguiu os nosos pasos coa literatura, pero ten moi boa formación musical e unha voz preciosa de contralto. O fillo culminou o meu soño e coroou unha familia de músicos gaiteiros e acordeonistas. Nun caldo de cultivo como este a cultura é parte substantiva da vida en común.
  • 3.
    Helena Villar Janeiro 4. Vostede tamén optou firmemente pola tradución ao noso idioma de literatura de fóra. Cal cre que é a función primordial das traducións? O meu traballo de tradutora empezou o día que María do Cebreiro non me admitía en galego o conto de Carapuchiña, pensando que tiña que estar en castelán como o escoitaba na escola. Daquela empeceillo a contar en francés. Miroume de xeito moi raro e expliqueille o que era traducir. Ela entendeuno moi ben e eu tomei nota do interese que tiña presentarlles aos lectores as obras universais en galego. É un dos feitos que máis contribúen á normalización da nosa cultura. Cando se fala de literatura, de cine, de música ou de teatro, hai que ter a precaución de traducir os títulos, se non se dan na lingua orixinal, para lle outorgar carta de universalidade ao idioma propio. 5. Escribir é para Vostede máis evasión ca compromiso, ao revés, ou as dúas funcións son realmente importantes? Escribo porque sinto unha necesidade forte e teño que lle dar saída a esa pulsión. Optar polo galego como lingua de creación xa é un compromiso. O meu primeiro poemario está en castelán porque aí me conduciran as circunstancias. Inmediatamente despois, reflexionei sobre a anomalía de escribir nunha lingua e falar noutra. Enfronteime ao proceso de autoaprendizaxe da grafía e da normalización cultural. Quizabes por iso, a miña narrativa flúe moi natural en galego porque nunca narrei en castelán. Coa poesía teño que coutar o espazo idiomático coa vontade. Pero máis alá deste compromiso inicial, toda obra estética debe ter unha ética máis ou menos explícita, un compromiso coa Humanidade e coa Terra. Por iso non poderei nunca considerar arte unha tourada. Moito máis interese que o contido da narración é o punto de vista do narrador, que 6. Que é máis difícil para Vostede na narración, inventar pode conseguir un relato interesante de calquera contido. Nisto a narración parécese historias ou darlles forma posterior coa linguaxe? á fotografía". (Helena Villar Janeiro) A narración é un proceso difícil e ben diferente segundo se trate de relato ou novela. O relato é máis parecido á poesía en intensidade e mesmo no proceso de creación. A novela require unha arquitectura difícil de montar e hai que traballar dentro desa estrutura todo o tempo. É dicir, require unha visión de conxunto que pode ser revisable pero que ten os seus elementos moi interrelacionados onde os cambios teñen que ser moi ben introducidos para que ningún fragmento da estrutura resulte danado. É interesante a temática, pero a literatura é forma. O realmente difícil é atinar na forma, no punto de vista, na selección do narrado e no dominio da elipse. Eu tiven moi clara esta praxe cando empecei a facer fotografía. Foi onde vin con claridade que o éxito final está máis no punto de vista adoptado e na selección que fai quen fixa a imaxe que no propio obxecto fotografado.
  • 4.
    Helena Villar Janeiro 7. Por que cre que nesta sociedade se valore máis a nivel cultural unha película de cine ou a propia música xurdidas da literatura que a propia literatura que lles serviu de base? Como se podería solventar estas diferenzas? Son linguaxes diferentes e non se chegan ao público do mesmo xeito nin coa mesma facilidade, sobre todo cando os receptores están máis inmersos nunha delas que nas outras. A literatura ten unha riqueza evocativa e de interpretación persoal moi ampla que permite unha percepción máis aberta e creativa para o lector. A imaxe é máis intuitiva e, como hoxe impregna calquera comunicación, o receptor está moi afeito á súa linguaxe e resúltalle doado achegarse a ela. A música é moito máis abstracta e, polo tanto, é máis difícil buscar a súa conexión coa literatura. Faise fundamentalmente coa poesía e o produto cultural pode ser moi exitoso 8. Que pensa Vostede da situación actual da nosa lingua mergullada nun conflito continuo especialmente no ámbito que a nós respecta, o do ensino? Hai futuro para a nosa lingua e para a nosa literatura? A lingua propia de Galicia terá o futuro que Galicia queira darlle, pero eu non son moi optimista porque vexo que o país non ten a autoestima suficiente para preservala das dificultades coas que convive. En canto á literatura, é normal que teña os problemas derivados dos que sofre a lingua que a soporta. Aínda así, a literatura é a máis normalizada de todas as manifestacións culturais –no sentido amplo da palabra cultura- que se realizan en Galicia Helena Villar con Rubén Fonseca na casa de Rosalia. 9. Vostede mesma declarou que ser escritor consiste en “ser” e “estar” no mundo. Concibe Vostede unha literatura totalmente desmarcada da realidade social que a rodea? A literatura é creación e a creación é liberdade. Polo tanto, escribir é un acto de liberdade ao que ninguén pode poñer un couto externo. Xa deixei claro que eu creo no compromiso e a mellor maneira de se comprometer é escribir en contacto coa realidade. Non obstante, quen escribe pode asumir outras realidades que lle son afastadas, crear outras realidades ou fuxir da realidade. En último termo, a literatura hai que valorala non só pola súa ética, senón é sobre todo pola súa calidade, pola súa capacidade de emocionar e de seducir, por presentar mundos ben constituídos, voces líricas potentes, pensamento ben construído…
  • 5.
    Helena Villar Janeiro 10. Que pensa da literatura infantil e xuvenil? Cal cre que é a súa, ou súas, función(s)? Pode existir unha cultura sen este tipo de literatura? Eu fixen moita literatura para os meus nenos, que logo se acabou publicando e se puxo ao servizo da infancia galega e, nalgún caso, tamén chegou a outras culturas traducida. E creeina porque a considerei necesaria para o desenvolvemento normal das nenas e dos nenos que deben xogar, emcionarse e ver mundos novos na lingua que falan. A súa función é adestrar a infancia na lectura literaria para lle dar posibilidades de acceso á obra literaria universal. Eu considereina unha porta de acceso pola que os meus fillos se achegasen á lectura sen marca de idade non para que se estancasen nunha literatura facilitada. O alumnado non se pode privar de ler os clásicos na escola, coa axuda do profesorado que para iso está. En tal caso eu marcaría dúas áreas de lectura xa na adolescencia: unha de intereses persoais feita por libre e outra máis canónica cara ós clásicos. A literatura non merece o pseudoprivilexio de perder a obrigatoriedade fronte ás outras materias escolares. A formulación química, as operacións matemáticas, a análise sintáctica complexa e a aprendizaxe das ciencias sociais preséntanselles sen que ninguén cuestione que non se deben retirar porque non gustan.
  • 6.
    AR IO TI ON CU ES
  • 7.
    Un personaxe galegoe un estranxeiro? Helena Villar Janeiro obra  Prisciliano e u nha xe de ciencia - / -a e os? U n persona utor galeg Madame Curie. n co que s e ha a aria e ficció Un/ liter as tro id entifique? eC a ciencia- ía d ovas. sal s n cine No n me gus ta Ro lla cula de i n sequera pelí ficción. N ra Fo Unh a e dela oñezo pers onaxes pa eral berto c el? Il gen e Ro po der elixir. áb re, d lini. e C ral me o nt o d ted tro , per r ove sel om de llo lie R Ros sa ún Un/ha autor/-a e unha obra la. to tro m ste en literaria estranxeiros? Sa qu n r co iag ca ou um po en ga Selma Lagerlof e “A lenda de on Unha ob O incerto ra teatral? m lu Gösta Berling”, a narración que co señor don Un un nt e a Hamlet p máis influíu na miña ríncipe d e É Dinamar n ca de Álv formación. Pero non podo deixar no Cunquei aro ro. de citar “Le Petit Prince”.
  • 8.
    Un feito histórico? Un lugar para visitar? e un lugar para descansar? A Revolución  Do que teño visto, recomendaría a cidade de Buda-Pest (visita) e a paisaxe dos fiordos noruegos (descanso). Francesa ? t opía Un l ugar ha u a ica? Un to co axeit e mús ? o xu s lectu ado para po d nción und e as Calq ra? a U n ti a m Un fame cións uera ha c My mús en si U n jaz porz. i a min as. Meti ica c l lenci o ca e ada discr icad da n ásica de ou con lási ant er rad ad Out outro o lib ro, x fondo.  C em ro espa a no wa y, c atra. A ai en s d tre zo ao meu n hai Sin fo a l tem arred or. ano ? to iter en l /urb ? Un/ ha a gr atu to rura taña quen utor/ af ra? o und a/mon se id -a co n ia i zar? M entif real Prai e Con ique . o po r ral o. r Rosa ? ncei ñece r Ru a o lía Un en c esta ños de C a me s o por mo nta astro . Q uéd devez a e has cid ades. Itali gun nal

Editor's Notes