COMEDIAConcepto : A comedia forma parte xunto coa traxedia do xénero dramático. O seu obxetivo é divertir ao pobo e, ao mesmo tempo, instruílo .A diferenza con respecto á traxedia é que a comedia consegue ese obxetivo a través do humor. Orixe: A orixe da comedia grega está no ambiente festivo propio das festas que se celebraban en honor do deus Dionisio.Nelas os participantes lanzábanse ataques de tipo burlón. Cronoloxía : Mediados do século V a mediados do século III a.C.
3.
Etapas: Acomedia Antiga : *Temática política * Representante: Aristófanes Comedia Nova: *Comedia de enredo * Representante: Menandro
4.
Estrutura da comediaPrólogo: os espectadores reciben información sobre a situación previa ao comezo da obra. Párodos: aparición do coro xusto despois do prólogo. Agón: corpo da comedia no que sempre hai un tipo de enfrontamento. Parábase: o coro diríxese aos espectadores e fala por boca do autor. Escenas típicas: escenas que repiten as mesmas situacións en cada comedia e protagonizadas por estereotipos. Éxodo: escena final.
Nace no ano450 a.C. e morre en Atenas sobre o 385 aC. A comedia ática alcanza con Aristófanes o seu máximo esplendor. Criticar os costumes e ideas dos seus inemigos políticos é unha das características máis salientable dos seus escritos. Sábese pouco da súa vida, pero a través das súas comedias coñécese a estreita relación que mantiña cos ambientes políticos e literarios do seu tempo. Escribiu unhas corenta comedias das que se conservan once.
Comedias pacifistas: critícasea guerra. Arcanienses Paz Lisístrata Comedias de crítica social: Nubes: burla contra Sócrates. Avespas:contén un ataque á xustiza. Ras e Tesmoforias: crítica da cultura. Cabaleiros e Asembleístas: crítica da política.
9.
Lisístrata Contexto históricoGuerra do Peloponeso, sostida entre as dúas confederacións de cidades gregas lideradas por Atenas e Esparta. O medo que a expansión de Atenas provoca no resto das polis gregas é a causa principal desta guerra. Comeza co enfrontamento entre Estarta e Atenas con motivo da axuda ateniense a Corcyra durante a disputa que esta mantiña con Corinto, aliada de Esparta. Como consecuencia desta guerra temos a hexemonía espartana sobre Grecia e a crise do sistema político das polis.
10.
Resumo Na obracóntase un episodio vivido durante a guerra do Peloponeso en Grecia. As mulleres toman un gran protagonismo posto que, fartas da soidade que viven debido ao longo tempo que os homes están lonxe pola guerra, deciden que non volverán manter relación sexuais con eles. A ateniense Lisístrata é a que idea isto e será a que faga que se extenda ao resto das ciudades gregas.
11.
Opinión persoal Aobra gustoume só en parte. Dela gustoume a súa temática: o feito de que xa Aristófanes na súa época se dera conta de que as mulleres estaban illadas na sociedade e que contaban moi pouco con elas está moi ben. Tamén me gustou a interpretación dos actores da obra representada polo Centro Dramático Lalego.O que non me gustou foron as licenzas que se tomaron nesta versión xa que me parece que o vestiario non é adecuado, nin o escenario, nin moito menos a presenza de instrumentos actuais como teléfonos móbiles, porque fai que se perda a perspectiva desde a que escribiu o autor a obra. Deste xeito a xente non se lembra que no fondo esta é unha obra clásica.
12.
Traballo realizado por:Aida Álvarez Suárez Daniel Cid Narváez Iván Conde Jardón Nuria de la Fuente Gómez