Libros e outros documentos seleccionados do fondo infantil e bebeteca correspondentes ás novas adquisicións entre xaneiro e marzo de 2017. Boletín número 19 do SOLF (Servizo de Orientación de Lectura ás Familias) da Biblioteca Pública Municipal de Narón.
1. As lágrimas de Shiva
César Mallorquí
César Mallorquí naceu en Barcelona e 1953, aínda que ao ano
seguinte a súa familia se trasladou a Madrid.
Dada a profesión do seu pai, José Mallorquí, o creador de El
Coyote, o seu gusto pola literatura agromou xa na infancia.
Estudou periodismo na Universidade Complutense de Madrid e
traballou en La Codorniz e na cadea SER. De 1981 a 1991
dedicouse á publicidade como creativo de varias axencias, pero
cambiou esta profesión pola súa verdadeira vocación, a literatura.
Desde entón,non deixou de publicar as súas obras, coas que
obtivo diversos galardóns.
2. Entre outras,destacan:
-O coleccionista de selos (Premio UPC 1995)
-A cruz de El Dorado (Premio EDEBÉ 1999)
-As lágrimas de Shiva (Premio EDEBÉ 2002), etc.
Este libro, As lágrimas de Shiva, é presentado desde o punto de
vista de Xabier, un rapaz de 15 anos, que tamén é o personaxe
principal.
A causa da enfermidade do seu pai e os plans de mudarse
poderían considerarse a 1a
parte do libro, no cal Xabier se
presenta e explica a mencionada enfermidade (tuberculose) do seu
pai. Por mor desta doenza, Xabier é obrigado a trasladarse a
Santander, xunto cos seus tíos, Adela e Lois, e xunto as súas catro
curmás:Violeta, Rosa, Margarida e Azucena, e que segundo
menciona o irmán de Xabier, Alberte: “-Esas rapazas están alí
para comelas”.
A 2a
parte da historia comeza coa chegada de Xabier á casa dos
seus tíos, chamados Os Obregón, e que tiveron unha familia
repleta de persoas importantes e ricas, pero sufriron unha traizón
provocada por un personaxe descoñecido, que Xabier empeza a
ver como unha ilusión. Esa persoa está morta, pero, ao parecer,
Xabier e Violeta son os únicos que poden ver o que eles chaman a
súa pantasma, e que, disque, a persoa defunta foi unha ladroa, da
cal Os Obregón se avergonzan.
E entón, tras pescudar máis sobre a súa vida, eles empezan unha
aventura para aclarar a historia da desaparición da ladroa, da
traizón, quen era esa persoa e sobre todo, o que roubou ela.
Os personaxes son persoas, non reais, pero son persoas, á
excepción da pantasma que Xabier investiga. Xabier é o
personaxe principal, pero creo que Violeta podería selo tamén.
3. Como Xabier está relatando a aventura, a historia está contada e
relatada en 1a
persoa, usando moitas descricións en moitos
momentos como para describir a Violeta ou as súas curmás ou os
outros personaxes que dan pistas para resolver este enigma.
A acción da historia ten o seu punto de partida na casa de Adela,
pero aínda así, Xabier e Violeta desprázanse a moitos lugares,
como a praia, o cemiterio, unha tenda de efectos navais e
recordos, etc.
E o tempo da acción sitúase en 1969 (ano de moita sona, o home
pisou a Lúa por primeira vez) e prolóngase ao longo de varias
semanas.
Os temas principais abordados no libro son o misterio, que
aparece moi destacado na investigación, e tamén o amor, que
Violeta e Xabier comparten. A lectura e a literatura están
presentes tamén nesta novela porque os protagonistas son ávidos
lectores e constantemente se prestan libros, aconséllanse e fan
referencia ás lecturas que realizan. Obras que se mencionan son,
por exemplo, O vixía no centeo, Crónicas marcianas, A
metamorfose, etc.
Este libro é moi interesante, está ben estruturado e detallado, con
moito movemento dos personaxes e moi ben explicado. Aquí o
misterio, o humor e o amor únense para formar unha combinación
excelente.
Recoméndoo a toda a mocidade de 13 anos ou máis. A min
pareceume fantástico.
Redactado por:
Adrian Ovidiu Cocean
2o
ESO B