CARTAS DE INVERNO
Agustín Férnandez Paz naceu en Vilalba en 1947. Actualmente reside en
Vigo. É perito industrial e licenciado en Ciencias da Educación. Por este
libro recibiu o Premio Rañolas ao mellor libro xuvenil de 1995. Outras obras
súas son: Corredores de sombras e O centro do Labirinto.
Cartas de inverno conta a historia dun escritor, Xabier Louzao, que despois
dunha longa estadía en Quebec volve a Galicia; e do seu mellor amigo, o
pintor Adrián Novoa.
No comezo Adrián vive en Berlín, logo decide volver a vivir na terra na que
se criou, Galicia e múdase a unha “casa embruxada” en Doroña, Vilarmaior.
Adrián iralle mandando unhas cartas a Xabier, que unha espiral de enigmas
descobren os estraños sucesos que está a vivir na casa e que o levan a acudir
na súa axuda. Pero alí, os dous amigos terán que enfrontarse a misterios que
talvez as persoas nin tan sequera somos quen de imaxinar.
Ademais dos protagonistas, hai outros personaxes como a irmá de Xabier,
OBRA: Cartas de inverno.
AUTOR: Agustín Férnandez Paz
COLECCIÓN: Xerais
Alba Viqueira Nouche 2º ESO A
Tareixa Louzao; o inspector Soutullo; o Bieito, dono do bar Sttugart; a
dona do Bieito, un mestre do colexio Andrade... Tamén se mencionan a
un afamado director de cine; a Josephine, unha profesora do
departamento moi especial para Xabier...
A historia iníciase cun narrador omnisciente. Despois van as cartas do
propio Xabier e logo as cartas de Adrián. Séguelle outro texto de Xabier,
a narración en primeira persoa de Tareixa, o anuncio da casa no
periódico e finalmente acaba cun narrador omnisciente.
O texto inclúe elementos de novela de terror, como casas antigas
encantadas e seres estraños; elementos propios da cultura galega: fala
dos castelo de Andrade e de petróglifos, mitos como o da Santa
Compaña,...
Na historia menciónanse moitos espazos como Quebec, Viveiro, Toquio,
Vigo... pero soamente se desenvolve en Berlín, Santiago de Compostela
e Doroña; principalmente en Doroña. O tempo é actual. Os personaxes
da novela ben poderían ser reais todos e o que lles sucede, pertence á
literatura fantástica.
Agustín Fernández utiliza unha linguaxe moi sinxela, doada de
comprender e creo que nada rebuscada.
Este libro gustoume moito. É un dos típicos libros que empezas a ler e
non podes parar, non te podes despegar del. Ademais, é de misterio, que
polo xeral me gustan moito. Soamente hai unha cousa que non foi do
meu agrado: en ningún momento nos di o que hai na casa, só di: “teñen
fame”. Non obstante, son seres malignos que atraen a súa atención para
logo atrapalo irremediablemente...

Cartas de inverno

  • 1.
    CARTAS DE INVERNO AgustínFérnandez Paz naceu en Vilalba en 1947. Actualmente reside en Vigo. É perito industrial e licenciado en Ciencias da Educación. Por este libro recibiu o Premio Rañolas ao mellor libro xuvenil de 1995. Outras obras súas son: Corredores de sombras e O centro do Labirinto. Cartas de inverno conta a historia dun escritor, Xabier Louzao, que despois dunha longa estadía en Quebec volve a Galicia; e do seu mellor amigo, o pintor Adrián Novoa. No comezo Adrián vive en Berlín, logo decide volver a vivir na terra na que se criou, Galicia e múdase a unha “casa embruxada” en Doroña, Vilarmaior. Adrián iralle mandando unhas cartas a Xabier, que unha espiral de enigmas descobren os estraños sucesos que está a vivir na casa e que o levan a acudir na súa axuda. Pero alí, os dous amigos terán que enfrontarse a misterios que talvez as persoas nin tan sequera somos quen de imaxinar. Ademais dos protagonistas, hai outros personaxes como a irmá de Xabier, OBRA: Cartas de inverno. AUTOR: Agustín Férnandez Paz COLECCIÓN: Xerais
  • 2.
    Alba Viqueira Nouche2º ESO A Tareixa Louzao; o inspector Soutullo; o Bieito, dono do bar Sttugart; a dona do Bieito, un mestre do colexio Andrade... Tamén se mencionan a un afamado director de cine; a Josephine, unha profesora do departamento moi especial para Xabier... A historia iníciase cun narrador omnisciente. Despois van as cartas do propio Xabier e logo as cartas de Adrián. Séguelle outro texto de Xabier, a narración en primeira persoa de Tareixa, o anuncio da casa no periódico e finalmente acaba cun narrador omnisciente. O texto inclúe elementos de novela de terror, como casas antigas encantadas e seres estraños; elementos propios da cultura galega: fala dos castelo de Andrade e de petróglifos, mitos como o da Santa Compaña,... Na historia menciónanse moitos espazos como Quebec, Viveiro, Toquio, Vigo... pero soamente se desenvolve en Berlín, Santiago de Compostela e Doroña; principalmente en Doroña. O tempo é actual. Os personaxes da novela ben poderían ser reais todos e o que lles sucede, pertence á literatura fantástica. Agustín Fernández utiliza unha linguaxe moi sinxela, doada de comprender e creo que nada rebuscada. Este libro gustoume moito. É un dos típicos libros que empezas a ler e non podes parar, non te podes despegar del. Ademais, é de misterio, que polo xeral me gustan moito. Soamente hai unha cousa que non foi do meu agrado: en ningún momento nos di o que hai na casa, só di: “teñen fame”. Non obstante, son seres malignos que atraen a súa atención para logo atrapalo irremediablemente...