SlideShare a Scribd company logo
1 of 3
Download to read offline
INFORME DO PROXECTO

Xustificación

O noso traballo está dirixido ós pais xa que escollemos a temática relacionada cos perigos que
presenta Internet en sistemas operativos Windows e algúns programas de televisión para os
menores. Gustounos este tema porque nos parece bastante orixinal e de especial interese,
dada a grave situación actual en canto ao descoñecemento dos métodos de filtración, moitos
deles gratuítos e sinxelos de empregar intentando evitar calquera situación desagradable que
se poida presentar en canto un menor se pon diante dun recurso tan amplo como o é Internet
e cada vez máis, a televisión. A rede é un mero reflexo da vida real, con todos os seus
beneficios e riscos. Do mesmo xeito que non se permite a un neno de certa idade camiñar só
pola rúa sen unha certa supervisión, tampouco se pode evadir a responsabilidade de
supervisar as páxinas que os menores transitan na rede.



Contexto

Aínda que tamén os titores e educadores deben exercer un control sobre o uso que os
menores fan de Internet e a televisión, o proxecto estará enfocado ós pais e nais dos menores
co obxectivo de conciencialos e intentar que encontren útiles e satisfactorias as solución e
prevencións que lles propoñemos.



Obxectivos

    -   Utilizar de xeito responsable e creativo as TIC e o material relacionado coa
        experimentación para aprender a aprender, para obter información e para compartir
        coñecementos.
    -   Tratamento da información e competencia dixital.
    -   Uso responsable das TIC. Valoración da necesidade de controlar o tempo destinado ás
        tecnoloxías da información e da comunicación e o seu poder de adicción.

    O noso obxectivo fundamental é que os pais e nais vexan as novas tecnoloxías como unhas
    ferramentas aliadas e que os seus fillos coñezan a cantidade de perigos para que poidan
    usala de forma segura.


Contidos

Asegurar a seguridade dos menores para a súa iniciación na recollida de datos e de
información nos medios tecnolóxicos.
Ensinarlles a que valoren a influencia da tecnoloxía nas nosas vidas e nos nosos traballos.
 Por último que comprendan e se comprometan co uso responsable que se debe ter coas Tics.
E a valoración de controlar o tempo destinado ós aparellos e o poder de adición.
Actividades a realizar.

Cuestionario.

       Descrición. É unha autoavaliación dirixida aos pais sobre os comportamentos,normas e
        rutinas que ten adquiridos na casa, co obxectivo de que eles mesmos reflexionen
        sobre cales delas son boas ou cales deben mellorar.
       Metodoloxía. O farán os pais despois da reunión para que poidan avaliar as súas
        condutas.
       Agrupamentos. É individual.
       Recursos. A actividade está feita grazas o programa de Hot Potatoes. Os pais e nais
        deberán realizala nun ordenador que ben pode ser na aula da informática do centro.
       Temporalización. Tempo estimado, pouco máis de seis minutos.
       Avaliación. Autoavaliación xa que corrixe a respostas o propio programa.

Sopa de letras.

       Descrición. Unha vez máis esta actividade está dirixida ós pais e nais, esta consiste en
        buscar certos conceptos dos que xa se falou na reunión.
       Metodoloxía. Farana despois da reunión para que tanto eles coma nos saibamos se a
        partir desta reunión xa non lles será descoñecidos esa terminoloxía.
       Agrupamentos. O exercicio é individual mais a corrección intentarase que se faga en
        grupo.
       Recursos. Para este exercicio usouse o programa JClic.Os destinatarios terán que facer
        a actividade nun ordenador.
       Temporalización. O tempo requirido no será moito máis duns quince minutos.
       Avaliación. Esta se realizará no grupo todos xuntos a vez despois do tempo estimado.

Actividade para relacionar.

       Descrición.Esta actividade a diferenza das outras está dirixida ós nenos máis maiores,
        entre uns dez ou doce anos. Consiste en relacionar certos conceptos cunha imaxe.
       Metodoloxía. Tamén será necesario un ordenador. Hai dúas opcións: que a fagan na
        casa cando os seus pais xa llelo explicaran ou que os profesores tamén lles informen
        nunha pequena charla dos perigos é da responsabilidade que leva consigo o Internet.
       Agrupamentos. Individual.
       Recursos. Unha vez máis usouse o programa JClic.
       Temporalización. O tempo para facer a actividade podería ser dun cuarto de hora.
       Avaliación. Farase todos xuntos se é na clase, no caso de que se determinara que fose
        na casa os pais encargaríanse da corrrección.
Contrato.

       Descrición. Nesta actividade o obxectivo e que os menores se comprometan a facer
        un uso responsable do internet e os ordenadores sen deixar de lado tampouco a súas
        tarefas.
       Metodoloxía. A actividade será explicada e entregada polos pais pero asinada polos
        alumnos.
       Agrupamentos. Individual.
       Recursos. Solo foi necesario o uso do word, a impresión das follas en relación o
        numero de nenos/as, e que os pais acepten facer a actividade.
       Temporalización.Máis ou menos uns dez minutos.
       Avaliación. Non pode haber unha avaliación xa que é un compromiso ou un trato por
        parte dos alumnos.



Bibliografía.

<<Fontes electrónicas>>

Ciberbullying V. 1.11 De: www.ciberbullying.net

Web KIDDIA.org www.kiddia.org

Pantallas amigas www.pantallasamigas.net

More Related Content

Similar to Informe do proxecto

Consellos TIC
Consellos TICConsellos TIC
Consellos TICMaría L
 
Recomendacions centros piloto
Recomendacions centros pilotoRecomendacions centros piloto
Recomendacions centros pilotoaurelio
 
Directrices teletraballo Consellería Educación
Directrices teletraballo Consellería EducaciónDirectrices teletraballo Consellería Educación
Directrices teletraballo Consellería Educaciónorientacionjuanadevega
 
Proxecto Proa 09 10
Proxecto Proa 09 10Proxecto Proa 09 10
Proxecto Proa 09 10josemiguens
 
Presenta tic
Presenta ticPresenta tic
Presenta ticMARIA
 
Argalhando competencias
Argalhando competenciasArgalhando competencias
Argalhando competenciasSusana Arins
 
As Tic Na Aula, Creando Experiencias
As Tic Na Aula, Creando ExperienciasAs Tic Na Aula, Creando Experiencias
As Tic Na Aula, Creando ExperienciasManel Rives
 
Necesidad protocolo
Necesidad protocoloNecesidad protocolo
Necesidad protocolovigotic
 
Seminario Permante - CPI Vicente Otero Valcarcel - Carral . A Coruña
Seminario Permante - CPI Vicente Otero Valcarcel - Carral . A CoruñaSeminario Permante - CPI Vicente Otero Valcarcel - Carral . A Coruña
Seminario Permante - CPI Vicente Otero Valcarcel - Carral . A CoruñaEduardo Rodríguez Machado
 
TÂCHÉ 2: Comment s´y prendre
TÂCHÉ 2: Comment s´y prendreTÂCHÉ 2: Comment s´y prendre
TÂCHÉ 2: Comment s´y prendreFran Argibay
 
Guia didactica:Posta en práctica da acción titorial
Guia didactica:Posta en práctica da acción titorialGuia didactica:Posta en práctica da acción titorial
Guia didactica:Posta en práctica da acción titorialAccion_titorial
 
Competencias basicas Abalar
Competencias basicas AbalarCompetencias basicas Abalar
Competencias basicas AbalarOlga Veiga
 
Unicef educa-edag-actividade-por-todos-os-meus-companeiros
Unicef educa-edag-actividade-por-todos-os-meus-companeirosUnicef educa-edag-actividade-por-todos-os-meus-companeiros
Unicef educa-edag-actividade-por-todos-os-meus-companeirossatelite1
 
01. introduccion
01. introduccion01. introduccion
01. introduccionecoiote
 
Proxecto abalar
Proxecto abalarProxecto abalar
Proxecto abalarroqui49
 
As tres grandes razóns das TIC na aula
As tres grandes razóns das TIC na aulaAs tres grandes razóns das TIC na aula
As tres grandes razóns das TIC na aulaCarlos López Ardao
 

Similar to Informe do proxecto (20)

Consellos TIC
Consellos TICConsellos TIC
Consellos TIC
 
Recomendacions centros piloto
Recomendacions centros pilotoRecomendacions centros piloto
Recomendacions centros piloto
 
Directrices teletraballo Consellería Educación
Directrices teletraballo Consellería EducaciónDirectrices teletraballo Consellería Educación
Directrices teletraballo Consellería Educación
 
Proxecto Proa 09 10
Proxecto Proa 09 10Proxecto Proa 09 10
Proxecto Proa 09 10
 
Presenta tic
Presenta ticPresenta tic
Presenta tic
 
Argalhando competencias
Argalhando competenciasArgalhando competencias
Argalhando competencias
 
Proxecto de traballo Eureka
Proxecto de traballo EurekaProxecto de traballo Eureka
Proxecto de traballo Eureka
 
As Tic Na Aula, Creando Experiencias
As Tic Na Aula, Creando ExperienciasAs Tic Na Aula, Creando Experiencias
As Tic Na Aula, Creando Experiencias
 
Necesidad protocolo
Necesidad protocoloNecesidad protocolo
Necesidad protocolo
 
Seminario Permante - CPI Vicente Otero Valcarcel - Carral . A Coruña
Seminario Permante - CPI Vicente Otero Valcarcel - Carral . A CoruñaSeminario Permante - CPI Vicente Otero Valcarcel - Carral . A Coruña
Seminario Permante - CPI Vicente Otero Valcarcel - Carral . A Coruña
 
WebQuest
WebQuestWebQuest
WebQuest
 
TÂCHÉ 2: Comment s´y prendre
TÂCHÉ 2: Comment s´y prendreTÂCHÉ 2: Comment s´y prendre
TÂCHÉ 2: Comment s´y prendre
 
Guia didactica:Posta en práctica da acción titorial
Guia didactica:Posta en práctica da acción titorialGuia didactica:Posta en práctica da acción titorial
Guia didactica:Posta en práctica da acción titorial
 
Ollos de aula. (nº 2, novembro 2012)
Ollos de aula. (nº 2, novembro 2012)Ollos de aula. (nº 2, novembro 2012)
Ollos de aula. (nº 2, novembro 2012)
 
Ollos de aula. nº 2
Ollos de aula. nº 2Ollos de aula. nº 2
Ollos de aula. nº 2
 
Competencias basicas Abalar
Competencias basicas AbalarCompetencias basicas Abalar
Competencias basicas Abalar
 
Unicef educa-edag-actividade-por-todos-os-meus-companeiros
Unicef educa-edag-actividade-por-todos-os-meus-companeirosUnicef educa-edag-actividade-por-todos-os-meus-companeiros
Unicef educa-edag-actividade-por-todos-os-meus-companeiros
 
01. introduccion
01. introduccion01. introduccion
01. introduccion
 
Proxecto abalar
Proxecto abalarProxecto abalar
Proxecto abalar
 
As tres grandes razóns das TIC na aula
As tres grandes razóns das TIC na aulaAs tres grandes razóns das TIC na aula
As tres grandes razóns das TIC na aula
 

Informe do proxecto

  • 1. INFORME DO PROXECTO Xustificación O noso traballo está dirixido ós pais xa que escollemos a temática relacionada cos perigos que presenta Internet en sistemas operativos Windows e algúns programas de televisión para os menores. Gustounos este tema porque nos parece bastante orixinal e de especial interese, dada a grave situación actual en canto ao descoñecemento dos métodos de filtración, moitos deles gratuítos e sinxelos de empregar intentando evitar calquera situación desagradable que se poida presentar en canto un menor se pon diante dun recurso tan amplo como o é Internet e cada vez máis, a televisión. A rede é un mero reflexo da vida real, con todos os seus beneficios e riscos. Do mesmo xeito que non se permite a un neno de certa idade camiñar só pola rúa sen unha certa supervisión, tampouco se pode evadir a responsabilidade de supervisar as páxinas que os menores transitan na rede. Contexto Aínda que tamén os titores e educadores deben exercer un control sobre o uso que os menores fan de Internet e a televisión, o proxecto estará enfocado ós pais e nais dos menores co obxectivo de conciencialos e intentar que encontren útiles e satisfactorias as solución e prevencións que lles propoñemos. Obxectivos - Utilizar de xeito responsable e creativo as TIC e o material relacionado coa experimentación para aprender a aprender, para obter información e para compartir coñecementos. - Tratamento da información e competencia dixital. - Uso responsable das TIC. Valoración da necesidade de controlar o tempo destinado ás tecnoloxías da información e da comunicación e o seu poder de adicción. O noso obxectivo fundamental é que os pais e nais vexan as novas tecnoloxías como unhas ferramentas aliadas e que os seus fillos coñezan a cantidade de perigos para que poidan usala de forma segura. Contidos Asegurar a seguridade dos menores para a súa iniciación na recollida de datos e de información nos medios tecnolóxicos. Ensinarlles a que valoren a influencia da tecnoloxía nas nosas vidas e nos nosos traballos. Por último que comprendan e se comprometan co uso responsable que se debe ter coas Tics. E a valoración de controlar o tempo destinado ós aparellos e o poder de adición.
  • 2. Actividades a realizar. Cuestionario.  Descrición. É unha autoavaliación dirixida aos pais sobre os comportamentos,normas e rutinas que ten adquiridos na casa, co obxectivo de que eles mesmos reflexionen sobre cales delas son boas ou cales deben mellorar.  Metodoloxía. O farán os pais despois da reunión para que poidan avaliar as súas condutas.  Agrupamentos. É individual.  Recursos. A actividade está feita grazas o programa de Hot Potatoes. Os pais e nais deberán realizala nun ordenador que ben pode ser na aula da informática do centro.  Temporalización. Tempo estimado, pouco máis de seis minutos.  Avaliación. Autoavaliación xa que corrixe a respostas o propio programa. Sopa de letras.  Descrición. Unha vez máis esta actividade está dirixida ós pais e nais, esta consiste en buscar certos conceptos dos que xa se falou na reunión.  Metodoloxía. Farana despois da reunión para que tanto eles coma nos saibamos se a partir desta reunión xa non lles será descoñecidos esa terminoloxía.  Agrupamentos. O exercicio é individual mais a corrección intentarase que se faga en grupo.  Recursos. Para este exercicio usouse o programa JClic.Os destinatarios terán que facer a actividade nun ordenador.  Temporalización. O tempo requirido no será moito máis duns quince minutos.  Avaliación. Esta se realizará no grupo todos xuntos a vez despois do tempo estimado. Actividade para relacionar.  Descrición.Esta actividade a diferenza das outras está dirixida ós nenos máis maiores, entre uns dez ou doce anos. Consiste en relacionar certos conceptos cunha imaxe.  Metodoloxía. Tamén será necesario un ordenador. Hai dúas opcións: que a fagan na casa cando os seus pais xa llelo explicaran ou que os profesores tamén lles informen nunha pequena charla dos perigos é da responsabilidade que leva consigo o Internet.  Agrupamentos. Individual.  Recursos. Unha vez máis usouse o programa JClic.  Temporalización. O tempo para facer a actividade podería ser dun cuarto de hora.  Avaliación. Farase todos xuntos se é na clase, no caso de que se determinara que fose na casa os pais encargaríanse da corrrección.
  • 3. Contrato.  Descrición. Nesta actividade o obxectivo e que os menores se comprometan a facer un uso responsable do internet e os ordenadores sen deixar de lado tampouco a súas tarefas.  Metodoloxía. A actividade será explicada e entregada polos pais pero asinada polos alumnos.  Agrupamentos. Individual.  Recursos. Solo foi necesario o uso do word, a impresión das follas en relación o numero de nenos/as, e que os pais acepten facer a actividade.  Temporalización.Máis ou menos uns dez minutos.  Avaliación. Non pode haber unha avaliación xa que é un compromiso ou un trato por parte dos alumnos. Bibliografía. <<Fontes electrónicas>> Ciberbullying V. 1.11 De: www.ciberbullying.net Web KIDDIA.org www.kiddia.org Pantallas amigas www.pantallasamigas.net