O profesorado da EOI de Pontevedra participa activamente en itinerarios formativos intensivos que revitalicen e potencien contidos e aspectos lingüísticos xa adquiridos. Ao abeiro do Programa PIALE, os/as nosos/as compañeiros/as tiveron ocasión de afondar na didáctica do ensino do idioma e avanzar na consolidación e adquisición de niveis de competencia lingüística superior.
Centros plurilingües: un modelo axeitado de educación lingüística para Galicia?Coordinadora Galega ENDL
Entrevista a José Manuel Vez. Catedrático da USC - Director do Observatorio Atrium Linguarum. Material distribuído no II Encontro de Equipos e Docentes pola normalización (Santiago de Compostela, 11 de febreiro de 2011). Coordinadora Galega de ENDL.
Nº 11 de "Ollos de Aula" a "revista para as familias do alumnado". Edita: CGENDL. Decembro 2013. Versión para imprimir en A4 a dobre cara. Descarga directa en http://www.coordinadoraendl.org/limiar.php?pax=ollosdeaula/ollosdeaula.html
Centros plurilingües: un modelo axeitado de educación lingüística para Galicia?Coordinadora Galega ENDL
Entrevista a José Manuel Vez. Catedrático da USC - Director do Observatorio Atrium Linguarum. Material distribuído no II Encontro de Equipos e Docentes pola normalización (Santiago de Compostela, 11 de febreiro de 2011). Coordinadora Galega de ENDL.
Nº 11 de "Ollos de Aula" a "revista para as familias do alumnado". Edita: CGENDL. Decembro 2013. Versión para imprimir en A4 a dobre cara. Descarga directa en http://www.coordinadoraendl.org/limiar.php?pax=ollosdeaula/ollosdeaula.html
The document is a list of 30 terms related to fashion, consumerism, and consumer culture. Some of the terms include: shop, consumers, factories where employees work long hours for low pay, trade unions that advocate for workers' rights, crowdfunding to raise money from many people for a business or product, greenwashing to make a company seem more environmentally friendly than it is, and fair trade practices that ensure producers receive fair compensation. The document covers a wide range of topics within fashion, consumerism, and consumer culture.
Interactive quiz designed for ESL students to learn about the history and origins of Halloween. Learn about the customs and traditions related to this festivity. Play in teams.
2. Cidade do norte de Francia, capital do
departamento “Somme”, pertence na
actualidade á rexión “Hauts de France”
(anteriormente Picardía). A súa
situación, preto de París e do canal da
Mancha, fixo da cidade un punto
estratéxico nas dúas guerras mundiais,
polo que a cidade foi tomada polos
alemáns e bombardeada polo exército
aliado para liberala . O 80% da cidade
foi destruído quedando soamente en
pé a espléndida catedral gótica, a maior
do país, e o barrio de Saint Leu, onde
se atopan na actualidade a maior parte
das facultades
5. O contexto
A cidade posúe unha poboación coa media de idade máis baixa do
país: 25,6 % teñen menos de 20 anos, o que supón unha gran demanda
de centros educativos diversos
Unha situación estratéxica a media distancia entre Lille (gran cidade
universitaria) e Paris,
Unha grande actividade en I+D
Unha ampla tradición no desenvolvemento da formación profesional.
Os puntos débiles:
Existe unha taxa de paro superior au resto do país (+2%).
Unha taxa máis baixa nos resultados do exame do BAC.
A Academia ten en proxecto numerosos plans de intervención para
erradicar estes problemas a través da educación.
7. O centro está situado na zoa sur da cidade. É una zoa residencial
onde viven principalmente familias acomodadas cun nivel de vida
medio-alto. O instituto forma parte dunha especie de campus ao
que chaman “cidade escolar” onde hai outros dous centros de
secundaria e postgrao onde asisten cada día máis de 5000 persoas
entre persoal docente e alumnado.
No Lycée Louis Thuillier hai 1830 alumnos e estudantes
distribuídos en 55 grupos dos cales 34 pertencen aos cursos para a
obtención de bacharelato-
11 grupos de 2e (=4º da ESO)
11 grupos de 1ére (=1º de bacharelato)
12 grupos de Terminale (=2º de bacharelato
21 grupos das denominadas “Classes préparatoires”
90 docentes para os cursos de bacharelato
80 docentes para as “classes préparatoires”
O CENTRO EN CIFRAS
8. Unha das clases visitadas foi un grupo de “seconde année” ( = 4º da
ESO) chamado “pôle sportif” porque acolle a estudantes de toda
Francia que se preparan para formar parte da selección nacional do seu
país de fútbol americano, fútbol masculino y feminino, balonmán
feminino, algúns atletas olímpicos e tamén paralímpicos. Estes
estudantes teñen horarios adaptados en función das súas necesidades
para as súas sesións de adestramento o para acudir ás competicións. No
internado ás comidades destes estudantes están tamén adaptadas en
función das necesidades da súa práctica deportiva, pero non teñen unha
adaptación especial en canto aos contidos ou instrumentos de
avaliación. A directora do centro participa no proceso de selección
deste alumnado e está en contacto cos adestradores. Para ser aceptados
neste programan teñen que amosar un grao de excelencia no académico
e no rendemento deportivo. Un mal resultado académico pode significar
a exclusión do programa.
9. Os profesores de español que me acolleron
dedicaban unha boa parte das súas clases á
preparación do alumnado para a proba do BAC
que é algo parecido ás probas EBAU, pero se un
estudante non aproba estes exames non ten o
título de Bacharelato. É máis ben unha proba
tipo reválida. As probas realízanse ao longo dos
dous últimos anos de instituto. Para a proba de
lingua estranxeira fan un exame por destrezas
coma as nosas probas de certificación
10. A PROBA DO BAC:
ESPAÑOL LINGUA ESTRANXEIRA
As clases de lingua estranxeira dos dous últimos anos van moi enfocadas á
preparación do alumnado á proba final do BAC.
A proba é común para todos os candidatos pero o
criterios de corrección varían en función da opción
escollida no bacharelato, e se o español foi escollido
como primeira ou segunda lingua (mesmo terceira)
Español primeira lingua criterios avaliación B2
Español segunda lingua criterios avaliación B1
11. COMPRENSIÓN ORAL
A proba parte dun documento de audio ou audiovisual de
1’30’’que se emite tres veces cunha pausa de un minuto entre
cada escoita. As persoas candidatas teñen que redactar en
lingua materna un texto no que deben idicar de que tipo de
documento se trata (reportaxe, informativo, anuncio etc) e
tratan de expoñer a maior información posible do que
comprenderon ao longo das escoitas.
A puntuación calcúlase en función do número de ideas ou a
cantidade de información que a persoa candidata é capaz de
transmitir no seu texto. Non ten que haber introdución,
conclusión ou opinión. O exercicio consiste en contar a
información que foi capaz de comprender.
12. Cada curso escolar o ministerio fixa 4 grandes temas (“les 4 notions”) que
conforman o programa.
Os departamentos didácticos poden engadir subtemas relacionados que
tratan con diferentes documentos auténticos moi similares aos que
utilizamos nas nosas clases: carteis publicitarios, documentos escritos e
orais de tipoloxía diversa. O ministerio proporciona exemplos e
material para preparar dita proba ao profesorado e tamén ao alumnado
A persoa candidata recibe por sorteo o tema que ten que desenvolver
(1 de 4):
10 minutos de preparación nos que pode elaborar un esquema e pode
facer alusión aos documentos estudados durante o curso para
exemplificar a súa exposición.
5 minutos de exposición (monólogo)
5 minutos de entrevista co profesor examinador
A proba ten lugar no centro escolar onde asiste o-a alumno-a e é avaliado
por un docente do departamento de español do centro.
EXPRESIÓN ORAL
13. COMPRENSIÓN ESCRITA
A Proba consta dun exercicio a partir dun fragmento literario ou
da prensa escrita. As persoas candidatas deben demostrar o grao
de comprensión respondendo a preguntas de diversos tipos:
-Xustifica con elementos do texto, indicando a liña onde se atopan
se una afirmación é verdadeira ou falsa (pódense pedir mais dun
elemento se existe no texto)
- preguntas de escolla múltiple: xustificar o elemento do texto que
o demostra.
- unha pregunta de comprensión específica: responder cun ou
varios elementos extraídos do texto.
………a afirmación é verdadeira/falsa porque na liña X di que
“……………….”
A puntuación da proba é de 10 puntos, 1 punto por cada elemento
requirido.
14. EXPRESIÓN ESCRITA
A proba realízase na mesma sesión que a proba de
comprensión escrita. O texto utilizado para esa
destreza é o texto fonte para proporcionar o enunciado
da proba da expresión escrita. O número de palabras e
o tempo outorgado para a realización da tarefa varía en
función dos estudos realizados (bacharelato de ciencias,
humanidades, artístico, economía) e tamén da opción
escollida para a materia de español (especialidade,
primeira lingua, segunda lingua)
15. Trata de dar consellos ao teu compañeiro para
utilizar as redes sociais sen riscos apoiándote no
seguinte documento. Este tipo de exercicio é o que
o alumnado de B2 ten que facer na tarefa 1 da
expresión oral.
documento utilizado nunha clase de nivel
equivalente a 1º de bacharelato
16.
17. As súas clases parécense moito ás nosas. A maioría das
clases de lingua estranxeira son de dúas horas, coa
diferencia de que eles fan dous períodos de 50 minutos
separados por unha pausa de 10.
Traballan con documentos moi parecidos aos que
utilizamos nas nosas clases para practicar as destrezas de
expresión e de comprensión.
….¿Imaxinades o primeiro documento que vin utilizar na
primeira clase á que asistín?
18.
19. Un dos temas do “BAC” é “lugares e formas de poder”. Os profesores estaban a
traballar sobre a memoria histórica e a ditadura. Estes documentos apoiaban un
documento escrito sobre unha muller valenciana republicana que atopou
refuxio en Francia. Utilizados nunha clase de nivel equivalente a 2º de
bacharelato, español segunda lingua.
20. Tamén puiden observar que en Francia teñen que loitar contra a mesma
lacra ca nós.Tiven a ocasión de falar con representantes de “femmes
solidaires de la Somme” que estaban facendo unha campaña no instituto.
Había máis de 50 carteis e pares de zapatos coma estes nas vallas que
rodean a cidade escolar
21. Dentro do instituto estiveron unha mañá levando a cabo unha
campaña para concienciar aos estudantes do problema
22. Tamén vin a especialidade dos franceses…
aquí en loita polas súas pensións
23. En xeral a experiencia foi moi
positiva, pero agora ven o
mellor….
Invitacións dentro do programa
28. Invitación por parte do
Reitorado de Amiens á
inauguración, clausura e
entrada gratuíta a todas as
proxeccións . Este ano o
país invitado foi España.
A imaxe de España no estranxeiro
parece que non cambia co
tempo….
29. O dramaturgo e director iraniano Nassim Soleimanpour é coñecido
internacionalmente por unha obra sen director nin ensaios que debe
interpretarse seguindo un modelo estrito: unha obra para un único
intérprete - diferente en cada función - que nada debería saber sobre o
texto. nin da peza ata o momento de entrar en escena e a quen se lle
pide que vote o silencio unha vez finalizado o programa. A montaxe foi
representada en máis de 1.000 ocasións, entre outras, por artistas como
Ken Loach, Stephen Fry ou Whoopi Goldberg. Trátase dun experimento
que o autor ideou para cruzar as fronteiras e comunicarse no estranxeiro
cando se lle prohibiu saír do seu país - en 2011 negouse a completar
dous anos de servizo militar e as autoridades iranianas retiráronse o seu
pasaporte - e que rematou. Convértete nun símbolo de liberdade.
OBRA DE TEATRO NUN CENTRO
CULTURAL DA CIDADE
30. Visita ao centro
É unha rede de creación e apoio educativo é unha institución administrativa
pública e editora de recursos educativos públicos, baixo a autoridade do
Ministerio francés de educación nacional. A súa misión é editar, producir e
distribuír recursos educativos e administrativos destinados aos profesionais
do ensino abarcando dende a educación infantil ata bacharelato. Contribúe
ao desenvolvemento de tecnoloxías da información e a comunicación para a
educación (TIC), así como a educación artística e cultural. Posúen
numerosos recursos gratuítos en liña pero tamén teñen infinidade de
recursos que se poden mercar en todas as materias. O enlace pode ser de
utilidade sobre todo se sodes profes en seccións bilingües
https://www.reseau-canope.fr/
interesante visitar a rúbrica “les fondamentaux”
31. Quedoume pendente coñecer con mais detalle as “clases
preparatorias”, é algo que non temos en España. Son dous cursos
que se fan nos institutos e que dan acceso ao terceiro curso de
facultade. O nivel é altísimo e din que quen accede á universidade
despois de realizar os dous anos de clase preparatoria ten máis
preparación e posibilidades de éxito académico, nas oposicións e
profesional.
Son máis demandadas as que dan acceso a estudos de enxeñeiros,
diplomáticos e dirección de empresas, pero no meu centro había
unha de humanidades con especialidade de español. O nivel
correspondería ao noso C1, cara ao C2. Nesas clases traballaban
con textos literarios e facían tradución directa, tradución inversa e
comentario de textos. Para as probas de produción oral traballaban
con obras literarias. Asistín a dúas clases de español e unha de
literatura francesa e podo asegurarvos que o nivel era propio de 3º
ou 4º de carreira.