PROXECTO LINGÜÍSTICO




C .E .I. P. FERMÍN BOUZA BREY -
        PONTEAREAS




      CURSO: 2.010-2.011
MARCO LEGAL VIXENTE:

Tomamos como referencia para a elaboración do PLC o Decreto 79/2010, do 20 de maio, para
o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia publicado o Martes, 25 de maio de 2010
no nº 97 do Diario Oficial de Galicia para a súa aplicación en todos os centros docentes .

Este decreto baséase no marco lingüístico establecido pola Constitución española de 1978 e
polo Estatuto de Autonomía de Galicia de 1981. Ademais, desenvolve a Lei 3/1983, do 15 de
xuño, de Normalización Lingüística, no relativo ao uso do galego no ensino nos niveis non
universitarios, e a Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

Recollemos do Decreto os seguintes aspectos, como punto de partida para a elaboración do
noso Proxecto Lingüístico:

A Lei 3/1983, do 15 de xuño, de Normalización Lingüística, de conformidade coas disposicións
precedentes, garante a igualdade do galego e do castelán como linguas oficiais de Galicia.

O artigo 14 desta lei indica que ao remate do ensino obrigatorio se garantirá a igualdade de
competencia lingüística nos dous idiomas oficiais. Nesta mesma liña, e desde unha perspectiva
máis global, tamén se pronuncian a Carta europea de linguas rexionais e minoritarias de 1992,
ratificada polo goberno do Estado español en 2001, e o Plan xeral de normalización da lingua
galega, aprobado por unanimidade no Parlamento de Galicia en setembro do 2004.

(...)

Neste sentido, é necesario reforzar a dimensión comunicativa do galego en relación con
contextos vivos, facilitarlle ao alumnado unha oferta educativa que o axude a percibir a utilidade
da lingua e que o capacite para o seu uso correcto e eficaz, erradicando especialmente o seu
emprego sexista en todos os ámbitos e respectando, así mesmo, a situación sociolingüística en
que se enmarca cada centro.

Ademais, a realidade social europea en que vivimos, nun contexto de globalización e de
mobilidade laboral, sitúanos nun espazo internacional de plurilingüismo.

Esta nova realidade exixe un marco educativo que atenda esta necesidade social, posibilitando
a capacitación efectiva do alumnado nas dúas linguas oficiais e nunha ou varias linguas
estranxeiras,seguindo para iso o marco delimitado pola Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de
educación, que establece como un dos seus fins a capacitación para a comunicación nas
linguas oficiais e nunha ou varias linguas estranxeiras.



ANÁLISE SOCIOLINGÜÍSTICA:

O C.E.I.P. Fermín Bouza Brey está situado no casco urbano da vila de Ponteareas, da que
procede todo o alumnado de Infantil e parte do de Primaria, que se completa con nenos e nenas
dalgunhas parroquias: Areas, Xinzo, Arnoso, Moreira, Angoares e unha pequena parte de
Cristiñade (o barrio da Porteliña).
Neste curso 2.010 -2011 contamos a comezo de curso, cun total de 611 alumnas/os
matriculados .

Gran parte do noso alumnado ten o castelán como lingua materna e, os que teñen o galego
como lingua nai, proceden maioritariamente do rural.

A situación do idioma galego no entorno segue a ser claramente diglósica . Se ben é certo que
o noso alumnado está en contacto cotiá coa lingua galega de diferentes xeitos, as familias
educan aos nenos e nenas maioritariamente en castelán independentemente de que os
ascendentes sexan galego-falantes.

Ademais contamos con alumnado inmigrante, procedente de varios países e doutras
comunidades españolas que coñecen e se expresan máis en castelán que en galego.

Isto fai que sigamos considerando que a porcentaxe de alumnado do noso centro, que utiliza o
galego como lingua vehicular non supera o 25%.

A baixa tendencia observada no alumnado de usar o galego na súa expresión oral e escrita de
xeito espontáneo, fainos reflexionar na necesidade de seguir potenciando o uso da lingua
galega na maioría das actividades do noso centro para reforzar as horas propias de docencia
nesta lingua e poder acadar a competencia comunicativa desexada, equiparada á da lingua
castelá ao final das respectivas etapas, como especifica o Decreto.

Os obxectivos por tanto que guiarán o noso Proxecto Lingüístico serán:

a) Que o noso alumnado acade a competencia lingüística propia do seu nivel nas dúas linguas
oficiais.

b) Que valorice a cultura do seu entorno e aprenda a usar o galego como lingua de
comunicación normal.

c) Que toda a comunidade educativa participe na normalización do uso da lingua galega para
acadar un bilingüísmo harmónico pleno.

d) Establecer unha serie de actividades co obxectivo de contribuir a lle dar vitalidade e prestixio
social á lingua máis desfavorecida , no noso entorno .

e) Potenciar a capacitación para a comunicación na lingua estranxeira (inglés).



1. MEDIDAS ADOPTADAS PARA O DESENVOLVEMENTO DO PROXECTO LINGÜÍSTICO :

EDUCACIÓN INFANTIL

(Artigo 5 do Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario
de Galicia )

1. Na etapa de educación infantil, o profesorado usará na aula a lingua materna predominante
entre o alumnado, ben que deberá ter en conta a lingua do contorno e procurará que o
alumnado adquira, de forma oral e escrita, o coñecemento da outra lengua oficial de Galicia
dentro dos límites da etapa ou ciclo.

2. A lingua materna predominante do alumnado será determinada polo centro educativo de
acordo co

resultado dunha pregunta que se efectuará aos pais, nais, titores/as ou representantes legais do
alumno/a

antes do comezo do curso escolar acerca da lengua materna do seu fillo ou filla.

3. Atenderase de xeito individualizado o alumnado tendo en conta a súa lingua materna.

4. Cada centro educativo deberá facer constar no seu proxecto lingüístico as actividades e
estratexias

de aprendizaxe empregadas para que o alumnado adquira, de forma oral e escrita, o
coñecemento das

dúas linguas oficiais.



Consultadas as familias a finais do curso 2009-2010, determínase que a lingua materna
predominante no noso entorno é o castelán . De acordo co decreto do plurilingüismo , o
profesorado usará na aula esta lingua e procurará que o alumnado adquira de forma oral
e escrita , o coñecemento da lingua galega dentro dos límites da etapa ou ciclo,
procurando manter unha atención individualizada ao alumnado segundo a súa lingua
materna..



Establécense estratexias de iniciación do galego en actividades coma :

   PSICOMOTRICIDADE

   INFORMÁTICA (aínda que non existen moitos recursos en galego adaptados á Educación
   Infantil)

   RUTINAS: ( asemblea , día da semana...)

   HORA DO CONTO , Recitado de poesías, trabalinguas,cancións...

   CELEBRACIÓNS DAS FESTAS TRADICIONAIS

   A lingua estranxeira inglés, ofrécese ao alumnado de E. I. en sesións dunha hora semanal,
   desde os 3 anos, seguindo o Plan de Anticipación posto en marcha hai xa varios anos no
   noso centro.
ENSINO PRIMARIO           (Artigo 6 o Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no
ensino non universitario de Galicia ).

1. Garantirase a adquisición da competencia lingüística propia da etapa e do nivel nas dúas
lenguas oficiais de Galicia.

2. As materias de lingua impartiranse no idioma de referencia.

3. Impartirase en galego a materia de Coñecemento do medio natural, social e cultural, e en
castelán

a materia de Matemáticas.

4. Cada centro educativo, segundo o procedemento establecido no regulamento de centros,
decidirá a lingua en que se impartirá o resto de materias de cada curso, garantindo que as
materias en galego e en castelán se distribúen na mesma porcentaxe de horas semanais, sen
prexuízo do disposto no capítulo

IV (sobre a impartición de materias en lenguas estranxeiras). Este proceso realizarase cada
catro cursos escolares.



Distribución horaria das materias:

   1º CICLO

   1º CURSO:

   En Lingua galega            En Lingua castelá   En Inglés

   4 horas LG                  4 horas LC          2 horas L.E.

   5 horas COÑEC.              5 horas MATE

   2 horas de EF               2 horas de E. A.

   1hora REL ou AE




   2º CURSO:

   En Lingua galega            En Lingua castelá   En Inglés

   4 horas LG                  4 horas LC          2 horas L.E.

   4 horas COÑEC.              5 horas MATE

   2 horas REL ou AE           2 horas de E. A.
2 horas de EF




2ºCICLO

3º CURSO

En Lingua galega    En Lingua castelá   Inglés

4 horas LG          4 horas LC          3 horas L.E.

5 horas COÑEC.      4 horas MATE

1hora REL ou AE     2 horas de E. A.

1 hora de EF        1 hora de E:F.




4º CURSO

En Lingua galega    En Lingua castelá   Inglés

4 horas LG          4 horas LC          3 horas L.E.

4 horas COÑEC.      4 horas MATE

2 horas REL ou AE   2 horas de E. A.

2 horas de EF




3ºCICLO

5º CURSO

En Lingua galega    En Lingua castelá   Inglés

4 horas LG          4 horas LC          3 horas L.E.

5 horas COÑEC.      4 horas MATE

1 horas REL ou AE   2 horas de E. A.

2 horas de EF
6º CURSO

   En Lingua galega         En Lingua castelá      Inglés

   3 horas LG               3 horas LC            3 horas L.E.

   4 horas COÑEC.           4 horas MATE

   2 horas REL ou AE        2 horas de E. A.

   1 hora de E CID.         1 hora de E. CID.

   2 horas de EF




NOTA: Na área de Educación Física, utilizaranse a lingua galega e castelá indistintamente, para
achegarse ao equilibrio en horas de docencia en ambas linguas.



1º CICLO DE PRIMARIA:

No 1º Ciclo conflúe alumnado escolarizado desde E.Infantil no noso centro maioritariamente
castelán-falante , co procedente do Colexio Rural Agrupado “CRA Picaraña”maioritariamente
galego-falantes.

Para a introdución e desenvolvemento das técnicas instrumentais de lecto-escritura adáptarase
a metodoloxía á lingua materna predominante na aula , para elo nas entrevistas cos pais e nais
preguntaremos cál é a lingua máis usada na casa. Coidarase a atención individualizada naquel
alumnado que teña coma lingua materna a non maioritaria.

Irase ampliando o uso da lingua galega ,dun xeito progresivo. Farase a “hora de ler” e
realizarase o mesmo tipo de actividades en ambas linguas, para intentar equilibrar a
competencia no uso de ambas linguas.

En lingua estranxeira impártese o inglés , fixando como obxectivo iniciar unha competencia
básica no uso do idioma .

SEGUNDO E TERCER CICLO DA PRIMARIA

No 2º e 3º ciclo de Primaria cando se trata de desenvolver as técnicas instrumentais adquiridas
nas etapas anteriores , procuraremos insistir en lograr un nivel de igual competencia nas dúas
linguas oficiais, tanto na expresión escrita como na expresión oral , atendendo especialmente á
lingua galega, xa que se observa un nivel de competencia moi por debaixo do castelán.

En canto á Lingua estranxeira, seguirase a metodoloxía que capacite ao alumnado na
competencia para desenvolverse con soltura , utilizando un vocabulario axeitado que o capacite
para unha comunicación elemental.
Tanto nas producións escritas coma orais procúrase a participación activa en representacións,
cancións, recitados, dramatizacións, interaccións dirixidas...

2. MEDIDAS DE APOIO E REFORZO PARA UN CORRECTO USO LINGÜÍSTICO ESCOLAR E
EDUCATIVO FOMENTANDO O PLURILINGÜÍSMO:

•   Fomentarase o uso oral e escrito das diferentes linguas que se imparten no centro.

•   Intentarase equiparar o      material bibliográfico, fonográfico, multimedia…nas diferentes
    linguas : castelán , galego e inglés.

•   Poñerase a disposición do profesorado o material inventariado.

•   Proporcionaráselles aos membros da comunidade educativa información

•   sobre as actividades, actos e institucións culturais relacionadas co seu contorno lingüístico e
    animaráselles a participar nelas.

•   Animarase aos membros de toda a comunidade educativa a empregar o galego nas distintas
    actividades escolares que se desenvolvan durante o curso: celebracións, festivais... por ser
    a lingua oficial máis desfavorecida no noso contorno.

•   Traballaranse distintos aspectos da cultura tradicional e recopilarase información no entorno
    familiar e cultural, valorizando o respecto do noso patrimonio material e inmaterial.

•   Participarase en actividades complementarias que xurdan durante o curso a prol das dúas
    linguas oficiais, así como na lingua estranxeira, inglés.

•   Reforzarase a lecto-escritura nas diversas linguas superando as eivas de materiais editados
    en galego ( revistas, libros, cómics).

•   Desdobraranse as aulas para lograr un mellor uso das TIC de apoio e reforzo das diferentes
    áreas e potenciarase o uso das dúas linguas oficiais, así como o Inglés utilizando programas
    didácticos axeitados.

•   Realizaranse actividades de animación á lectura : Desdobraremos a aula para                ler e
    comentar mellor obras de autores casteláns e galegos da actualidade coa finalidade de que
    a estes últimos incluso poidan chegar a coñecelos personalmente e así promover o valor
    social da lingua galega.

    (Fina Casalderrey , Anxo Fariña , Alfonso Quintiá...son algúns dos autores que tivemos o
    gusto de traer ao noso centro en diferentes cursos).

•   Adicaremos 15 minutos despois do recreo para ter un “Tempo de ler”, no que o            alumnado
    elexirá libremente da biblioteca de aula ( ou se prefire pode traelo de casa) que libro, revista,
    cómic ...lle apetece ler nese tempo.
•    Mochila viaxeira: cada semana, irase turnando entre o alumnado unha mochila que leva
     libros , película e revistas educativas para ler e comentar en familia. Procurarase equilibrar o
     seu contido en galego e castelán.

•    Club de lectura: con profesorado voluntario se realizarán sesións de lectura comentada de
     libros nas dúas linguas oficiais. O alumnado participante neste club deberá mostrar un
     interés especial cara a lectura.

•    Empregarase o Inglés en actividades lúdicas de representacións de diferentes cancións,
     celebración do halloween... ante alumnado de cursos inferiores.



3. CRITERIOS PARA DETERMINAR A LINGUA PREDOMINANTE NO CONTORNO:

     A / Observación directa:

     •   Reunións coas nais e pais do noso alumnado.

     •   Utilización informal da lingua oral entre o alumnado na aula e no patio.

     •   Emprego da lingua escrita dirixida de pais a profesores.

     B/ Observación indirecta:

     •   Enquisas ao alumnado e ás familias que permitan coñecer que idioma utilizan a cotío en
         diferentes contextos.

     Aplicada a consulta ás familias na Educación Infantil, podemos constatar que a lingua
     materna é o castelán na maioría do alumnado.

     Tamén nas conversas en titoría das nais e pais cos titores obsérvase que ainda que o
     mestre se dirixe en galego, as familias tenden a usar maioritariamente o castelán.



4. MEDIDAS ADOPTADAS PARA ALUMNADO INMIGRANTE:

    Na actualidade no noso centro temos alumnado inmigrante procedente doutras comunidades
    españolas e tamén doutros paises . En ambos casos coñecen en maior e menor grao o
    castelán.

    1º Ciclo: alumnado de Arxentina, Colombia , Uruguay .

    2º Ciclo: alumnado de Colombia, Uruguay, Inglaterra e Portugal .

    3º ciclo: alumnos de Brasil, Inglaterra, Uruguay , Suíza.

    Alumnado doutras comunidades : Salamanca , Cataluña, Lanzarote.
•   Ao carecer o Centro dun programa específico de inmersión lingüística, o alumnado
    inmigrante intégrase nas aulas correspondentes, á espera de ser avaliado o seu grao de
    coñecemento dalgunha das linguas oficiais.

•   Avaliación pola comisión pedagóxica da necesidade de solicitar profesores       para apoio
    lingüístico.

•   Determinación polo orientador do centro, da necesidade de recibir unha atención específica,
    ou no seu caso unha adaptación da programación para o logro paulatino das competencias
    lingüísticas nas linguas oficiais.

•   Apoio individualizado na aula do titor ou titora, utilizando no inicio da súa escolarización
    preferentemente unha das linguas cooficiais onde se sinta con máis soltura o alumno/a e
    progresivamente introducilo no uso das demais linguas do currículo .

•   Fomentar a súa integración e interacción co grupo-clase.

No caso de descoñecemento total das dúas linguas oficiais da nosa Comunidade Autónoma, se
adoptarán as seguintes medidas:

•   Creación dunha aula de integración lingüística ou aula de acollida na que recibirían unha
    atención específica que será , simultáneo á escolarización nos grupos ordinarios conforme o
    nivel e a evolución da súa aprendizaxe.

•   Corresponde ás administracións educativas adoptar medidas singulares naqueles centros
    que resulte necesaria unha intervención educativa compensatoria.

    ( Lei orgánica 2/2006 de 3 de maio (LOE)(BOE4-5-2006), artigos 79 e 81



5. ACTIVIDADES DINAMIZADORAS DA LINGUA GALEGA:

    Desde hai anos os equipos de Dinamización da Lingua galega, Biblioteca e Actividades
    complementarias chegaron ao acordo de traballar conxuntamente na proposta de
    actividades dinamizadoras da lingua galega ao longo do curso escolar.

     •   Animación ao uso activo de actividades propostas desde o Blog da Biblioteca
         www.bibliobrey.blogspot.com. así como de consulta de diferentes informacións que se
         inclúen no mesmo.

     •   Exposicións didácticas ao longo do curso que teñen que ver coas actividades que
         existen no entorno do alumnado e que responden a actividades cíclicas anuais: a
         vendima, o millo, os froitos de outono, a mata, a castaña...

     •   Obradoiro de libros: intentando recoller refráns, adiviñas,cantigas, costumes destas
         actividades ... implicando ás familias na transmisión e conservación das mesmas.
•   Festa das cabazas ou calacús colaborando co departamento de inglés para mostrar as
    semellanzas ou diferenzas coa festa do “Hallowen”.

•   Certames de relatos de medo onde o alumnado recolle contos tradicionais ou ben
    inventa relatos que le diante doutros compañeiros e compañeiras .

•   Transmisión e fomento da oralidade en lingua galega a través da escenificación de
    conxuros e contos de medo do alumnado do 3º nivel para o alumnado do 2º ciclo,
    aproveitando contos tradicionais, polo mes de novembro.

•   Celebración do Magosto no patio do colexio: cada nivel encárgase de asar castañas,
    formando unha fogueira co bullo aportado polo alumnado , usando o xeito tradicional de
    asado desta zona.

•   Festival de Nadal: cantigas e escenificacións, normalmente úsanse as tres linguas en
    diferentes actuacións e procúrase que o fío condutor da presentación das diferentes
    actuacións sexa en lingua galega.

•   Certame de contos de Nadal.

•   Encontros con autores fomentando a lectura e creando sentimentos de valorización da
    nosa lingua.

•   Dia da Paz : traballos de murais e slogans pacifistas . Celebración no patio de todo o
    colexio do día da paz coa exposición de slogans ou peticións elaborados nas aulas e
    nos que procuramos que maiormente sexan en lingua galega.

•   Actividades lúdicas de caracter cooperativo e canción elexida para a celebración anual
    desta data, cantada á vez por todo o conxunto do alumnado, no patio do colexio.

•   Celebración da festa tradicional do Entroido. Colaboración das familias na elaboración
    de postres típicos. Elaboración de disfraces nas aulas para que cada nivel forme a súa
    comparsa. Invención de coplas por parte do alumnado do ciclo superior para levar a
    cabo despois do desfile de comparsas o xuízo ao meco.

•   Realización de traballos previos nas aulas sobre un tema global que elexido ao comezo
    de curso polos tres departamentos, normalmente se desenvolve durante o 2º e tercer
    trimestre , culminando cunha exposición que recolle o conxunto de traballos nos
    diferentes cursos.

•   Implicación das familias na pescuda de información sobre diferentes temas: toponimia
    da zona, plantas mediciñais, refráns, aportación de fotografías ect.

•   Edición da revista escolar CARREIRO onde recollemos fotograficamente a meirande
    parte dos traballos elaborados nos diferentes cursos que resumen o traballo
    cooperativo do noso centro. Ademais cada ano a revista desenvolve un tema global
sobre o que xiran os diferentes artigos coa visión persoal que lle da cada mestre co seu
         grupo de alumnas e alumnos.

    •    Semana    das   Letras Galegas: Nesta semana ten especial relevancia ao autor /a
         homenaxeado e dáse a coñecer a súa vida e obra a través da exposición que dun
         traballo cooperativo que previamente se prepara en diferentes cursos sobre a súa
         persoa.

    •    Realizaranse encontros con personaxes públicos ( Álvaro Pino , ciclista emblemático
         en Ponteareas, Ilda Amoedo fundadora do centro da recuperación da cultura popular no
         castelo de Vilasobroso, ...etc ) que empreguen o galego na súa profesión          e así
         promover a valorización da lingua galega na sociedade.

    •    Outra actividade dinamizadora no uso da lingua galega e que ten moito éxito entre o
         noso alumnado é a MOSTRA DE TEATRO ( este ano será a 6ª Mostra de teatro) que
         ao longo do mes de maio no noso centro a pesares das dificultades de espazo que
         estamos tendo, se leva a cabo .

    •    Consiste na representación de varias obras de teatro que distintos grupos de alumnas e
         alumnos preparados polos seus titores , realizan para outros grupos de alumnos.

    •    A Semana do Cine realizámola durante o mes de maio proxectando películas en galego
         para que o noso alumnado poda ir coñecendo as producións feitas ou dobradas ao
         galego que normalmente non poden ver a través da T.V.

    •    Colaboracións ao longo do curso con diferentes entidades: Caixanova, Asociacións
         culturais e ecoloxistas da zona , EDL do concello ect. que promovan a lingua e cultura
         galega.

    •    Tratar de intercambiar experiencias con outros centros educativos tanto do noso
         Concello como de fora del.

    •    Irase creando unha fonoteca e mediateca de materiais en lingua galega para que o
         alumnado coñeza a riqueza das produccións feitas en galego.

Como se observa que hai menos materiais didácticos multimedia editados en galego que
nas outras linguas (castelán e inglés), procuraremos a través do blog e páxina web do
colexio dar a coñecer e incentivar o uso de programas informáticos en lingua galega que
vaiamos coñecendo, para que o alumnado e as familias aprecien que a lingua galega é unha
lingua actual , moderna que se emprega nas novas tecnoloxías.

•       Potenciar o uso das TIC no uso da lingua galega para que o alumnado a perciba como
        unha lingua actual que pode usar sen complexos en todas as áreas do saber.

•       Introducirase ao alumnado no uso do correo electrónico, elaboración de documentos
        word, power point sobre temas propostos etc.
•   Utilizarase a lingua galega oral e escrita por parte do centro, tanto nas relacións   que
       se manteñan coas administracións territoriais e locais e demáis entidades públicas
       galegas, en todos os documentos oficiais, comunicacións e escritos ás familias como
       indica a Lei Orgánica do 3 de maio do 2006 de Educación.

   •   Repartirase entre o profesorado as variacións que se vaian dando respecto a normativa
       vixente en materia lingüística, para a súa aplicación.



COMISIÓN DE PROFESORADO PARTICIPANTE NA REDACCIÓN DESTE PROXECTO :

Ana Mª Carrera Rodríguez profesora en E.I.

Beatriz González Alfaro     profesora de Inglés

Isabel Rodríguez Martínez profesora no 1º ciclo de EP e coordinadora do 1º ciclo.

Arancha Míguez Iglesias     profesora no 2º ciclo da EP

Isabel Fernández Picos      profesora no 3º Ciclo da EP e Coordinadora de EDL

Consuelo Ucha Peña           profesora de Lingua galega e Castelá no 3º ciclo da EP e xefa de

                             estudos

Rosa Mª Furelos León         adscrita ao 3º ciclo da educación Primaria e directora




                                    Revisado e actualizado en setembro de 2010

Plc

  • 1.
    PROXECTO LINGÜÍSTICO C .E.I. P. FERMÍN BOUZA BREY - PONTEAREAS CURSO: 2.010-2.011
  • 2.
    MARCO LEGAL VIXENTE: Tomamoscomo referencia para a elaboración do PLC o Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia publicado o Martes, 25 de maio de 2010 no nº 97 do Diario Oficial de Galicia para a súa aplicación en todos os centros docentes . Este decreto baséase no marco lingüístico establecido pola Constitución española de 1978 e polo Estatuto de Autonomía de Galicia de 1981. Ademais, desenvolve a Lei 3/1983, do 15 de xuño, de Normalización Lingüística, no relativo ao uso do galego no ensino nos niveis non universitarios, e a Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. Recollemos do Decreto os seguintes aspectos, como punto de partida para a elaboración do noso Proxecto Lingüístico: A Lei 3/1983, do 15 de xuño, de Normalización Lingüística, de conformidade coas disposicións precedentes, garante a igualdade do galego e do castelán como linguas oficiais de Galicia. O artigo 14 desta lei indica que ao remate do ensino obrigatorio se garantirá a igualdade de competencia lingüística nos dous idiomas oficiais. Nesta mesma liña, e desde unha perspectiva máis global, tamén se pronuncian a Carta europea de linguas rexionais e minoritarias de 1992, ratificada polo goberno do Estado español en 2001, e o Plan xeral de normalización da lingua galega, aprobado por unanimidade no Parlamento de Galicia en setembro do 2004. (...) Neste sentido, é necesario reforzar a dimensión comunicativa do galego en relación con contextos vivos, facilitarlle ao alumnado unha oferta educativa que o axude a percibir a utilidade da lingua e que o capacite para o seu uso correcto e eficaz, erradicando especialmente o seu emprego sexista en todos os ámbitos e respectando, así mesmo, a situación sociolingüística en que se enmarca cada centro. Ademais, a realidade social europea en que vivimos, nun contexto de globalización e de mobilidade laboral, sitúanos nun espazo internacional de plurilingüismo. Esta nova realidade exixe un marco educativo que atenda esta necesidade social, posibilitando a capacitación efectiva do alumnado nas dúas linguas oficiais e nunha ou varias linguas estranxeiras,seguindo para iso o marco delimitado pola Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, que establece como un dos seus fins a capacitación para a comunicación nas linguas oficiais e nunha ou varias linguas estranxeiras. ANÁLISE SOCIOLINGÜÍSTICA: O C.E.I.P. Fermín Bouza Brey está situado no casco urbano da vila de Ponteareas, da que procede todo o alumnado de Infantil e parte do de Primaria, que se completa con nenos e nenas dalgunhas parroquias: Areas, Xinzo, Arnoso, Moreira, Angoares e unha pequena parte de Cristiñade (o barrio da Porteliña).
  • 3.
    Neste curso 2.010-2011 contamos a comezo de curso, cun total de 611 alumnas/os matriculados . Gran parte do noso alumnado ten o castelán como lingua materna e, os que teñen o galego como lingua nai, proceden maioritariamente do rural. A situación do idioma galego no entorno segue a ser claramente diglósica . Se ben é certo que o noso alumnado está en contacto cotiá coa lingua galega de diferentes xeitos, as familias educan aos nenos e nenas maioritariamente en castelán independentemente de que os ascendentes sexan galego-falantes. Ademais contamos con alumnado inmigrante, procedente de varios países e doutras comunidades españolas que coñecen e se expresan máis en castelán que en galego. Isto fai que sigamos considerando que a porcentaxe de alumnado do noso centro, que utiliza o galego como lingua vehicular non supera o 25%. A baixa tendencia observada no alumnado de usar o galego na súa expresión oral e escrita de xeito espontáneo, fainos reflexionar na necesidade de seguir potenciando o uso da lingua galega na maioría das actividades do noso centro para reforzar as horas propias de docencia nesta lingua e poder acadar a competencia comunicativa desexada, equiparada á da lingua castelá ao final das respectivas etapas, como especifica o Decreto. Os obxectivos por tanto que guiarán o noso Proxecto Lingüístico serán: a) Que o noso alumnado acade a competencia lingüística propia do seu nivel nas dúas linguas oficiais. b) Que valorice a cultura do seu entorno e aprenda a usar o galego como lingua de comunicación normal. c) Que toda a comunidade educativa participe na normalización do uso da lingua galega para acadar un bilingüísmo harmónico pleno. d) Establecer unha serie de actividades co obxectivo de contribuir a lle dar vitalidade e prestixio social á lingua máis desfavorecida , no noso entorno . e) Potenciar a capacitación para a comunicación na lingua estranxeira (inglés). 1. MEDIDAS ADOPTADAS PARA O DESENVOLVEMENTO DO PROXECTO LINGÜÍSTICO : EDUCACIÓN INFANTIL (Artigo 5 do Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia ) 1. Na etapa de educación infantil, o profesorado usará na aula a lingua materna predominante entre o alumnado, ben que deberá ter en conta a lingua do contorno e procurará que o
  • 4.
    alumnado adquira, deforma oral e escrita, o coñecemento da outra lengua oficial de Galicia dentro dos límites da etapa ou ciclo. 2. A lingua materna predominante do alumnado será determinada polo centro educativo de acordo co resultado dunha pregunta que se efectuará aos pais, nais, titores/as ou representantes legais do alumno/a antes do comezo do curso escolar acerca da lengua materna do seu fillo ou filla. 3. Atenderase de xeito individualizado o alumnado tendo en conta a súa lingua materna. 4. Cada centro educativo deberá facer constar no seu proxecto lingüístico as actividades e estratexias de aprendizaxe empregadas para que o alumnado adquira, de forma oral e escrita, o coñecemento das dúas linguas oficiais. Consultadas as familias a finais do curso 2009-2010, determínase que a lingua materna predominante no noso entorno é o castelán . De acordo co decreto do plurilingüismo , o profesorado usará na aula esta lingua e procurará que o alumnado adquira de forma oral e escrita , o coñecemento da lingua galega dentro dos límites da etapa ou ciclo, procurando manter unha atención individualizada ao alumnado segundo a súa lingua materna.. Establécense estratexias de iniciación do galego en actividades coma : PSICOMOTRICIDADE INFORMÁTICA (aínda que non existen moitos recursos en galego adaptados á Educación Infantil) RUTINAS: ( asemblea , día da semana...) HORA DO CONTO , Recitado de poesías, trabalinguas,cancións... CELEBRACIÓNS DAS FESTAS TRADICIONAIS A lingua estranxeira inglés, ofrécese ao alumnado de E. I. en sesións dunha hora semanal, desde os 3 anos, seguindo o Plan de Anticipación posto en marcha hai xa varios anos no noso centro.
  • 5.
    ENSINO PRIMARIO (Artigo 6 o Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia ). 1. Garantirase a adquisición da competencia lingüística propia da etapa e do nivel nas dúas lenguas oficiais de Galicia. 2. As materias de lingua impartiranse no idioma de referencia. 3. Impartirase en galego a materia de Coñecemento do medio natural, social e cultural, e en castelán a materia de Matemáticas. 4. Cada centro educativo, segundo o procedemento establecido no regulamento de centros, decidirá a lingua en que se impartirá o resto de materias de cada curso, garantindo que as materias en galego e en castelán se distribúen na mesma porcentaxe de horas semanais, sen prexuízo do disposto no capítulo IV (sobre a impartición de materias en lenguas estranxeiras). Este proceso realizarase cada catro cursos escolares. Distribución horaria das materias: 1º CICLO 1º CURSO: En Lingua galega En Lingua castelá En Inglés 4 horas LG 4 horas LC 2 horas L.E. 5 horas COÑEC. 5 horas MATE 2 horas de EF 2 horas de E. A. 1hora REL ou AE 2º CURSO: En Lingua galega En Lingua castelá En Inglés 4 horas LG 4 horas LC 2 horas L.E. 4 horas COÑEC. 5 horas MATE 2 horas REL ou AE 2 horas de E. A.
  • 6.
    2 horas deEF 2ºCICLO 3º CURSO En Lingua galega En Lingua castelá Inglés 4 horas LG 4 horas LC 3 horas L.E. 5 horas COÑEC. 4 horas MATE 1hora REL ou AE 2 horas de E. A. 1 hora de EF 1 hora de E:F. 4º CURSO En Lingua galega En Lingua castelá Inglés 4 horas LG 4 horas LC 3 horas L.E. 4 horas COÑEC. 4 horas MATE 2 horas REL ou AE 2 horas de E. A. 2 horas de EF 3ºCICLO 5º CURSO En Lingua galega En Lingua castelá Inglés 4 horas LG 4 horas LC 3 horas L.E. 5 horas COÑEC. 4 horas MATE 1 horas REL ou AE 2 horas de E. A. 2 horas de EF
  • 7.
    6º CURSO En Lingua galega En Lingua castelá Inglés 3 horas LG 3 horas LC 3 horas L.E. 4 horas COÑEC. 4 horas MATE 2 horas REL ou AE 2 horas de E. A. 1 hora de E CID. 1 hora de E. CID. 2 horas de EF NOTA: Na área de Educación Física, utilizaranse a lingua galega e castelá indistintamente, para achegarse ao equilibrio en horas de docencia en ambas linguas. 1º CICLO DE PRIMARIA: No 1º Ciclo conflúe alumnado escolarizado desde E.Infantil no noso centro maioritariamente castelán-falante , co procedente do Colexio Rural Agrupado “CRA Picaraña”maioritariamente galego-falantes. Para a introdución e desenvolvemento das técnicas instrumentais de lecto-escritura adáptarase a metodoloxía á lingua materna predominante na aula , para elo nas entrevistas cos pais e nais preguntaremos cál é a lingua máis usada na casa. Coidarase a atención individualizada naquel alumnado que teña coma lingua materna a non maioritaria. Irase ampliando o uso da lingua galega ,dun xeito progresivo. Farase a “hora de ler” e realizarase o mesmo tipo de actividades en ambas linguas, para intentar equilibrar a competencia no uso de ambas linguas. En lingua estranxeira impártese o inglés , fixando como obxectivo iniciar unha competencia básica no uso do idioma . SEGUNDO E TERCER CICLO DA PRIMARIA No 2º e 3º ciclo de Primaria cando se trata de desenvolver as técnicas instrumentais adquiridas nas etapas anteriores , procuraremos insistir en lograr un nivel de igual competencia nas dúas linguas oficiais, tanto na expresión escrita como na expresión oral , atendendo especialmente á lingua galega, xa que se observa un nivel de competencia moi por debaixo do castelán. En canto á Lingua estranxeira, seguirase a metodoloxía que capacite ao alumnado na competencia para desenvolverse con soltura , utilizando un vocabulario axeitado que o capacite para unha comunicación elemental.
  • 8.
    Tanto nas produciónsescritas coma orais procúrase a participación activa en representacións, cancións, recitados, dramatizacións, interaccións dirixidas... 2. MEDIDAS DE APOIO E REFORZO PARA UN CORRECTO USO LINGÜÍSTICO ESCOLAR E EDUCATIVO FOMENTANDO O PLURILINGÜÍSMO: • Fomentarase o uso oral e escrito das diferentes linguas que se imparten no centro. • Intentarase equiparar o material bibliográfico, fonográfico, multimedia…nas diferentes linguas : castelán , galego e inglés. • Poñerase a disposición do profesorado o material inventariado. • Proporcionaráselles aos membros da comunidade educativa información • sobre as actividades, actos e institucións culturais relacionadas co seu contorno lingüístico e animaráselles a participar nelas. • Animarase aos membros de toda a comunidade educativa a empregar o galego nas distintas actividades escolares que se desenvolvan durante o curso: celebracións, festivais... por ser a lingua oficial máis desfavorecida no noso contorno. • Traballaranse distintos aspectos da cultura tradicional e recopilarase información no entorno familiar e cultural, valorizando o respecto do noso patrimonio material e inmaterial. • Participarase en actividades complementarias que xurdan durante o curso a prol das dúas linguas oficiais, así como na lingua estranxeira, inglés. • Reforzarase a lecto-escritura nas diversas linguas superando as eivas de materiais editados en galego ( revistas, libros, cómics). • Desdobraranse as aulas para lograr un mellor uso das TIC de apoio e reforzo das diferentes áreas e potenciarase o uso das dúas linguas oficiais, así como o Inglés utilizando programas didácticos axeitados. • Realizaranse actividades de animación á lectura : Desdobraremos a aula para ler e comentar mellor obras de autores casteláns e galegos da actualidade coa finalidade de que a estes últimos incluso poidan chegar a coñecelos personalmente e así promover o valor social da lingua galega. (Fina Casalderrey , Anxo Fariña , Alfonso Quintiá...son algúns dos autores que tivemos o gusto de traer ao noso centro en diferentes cursos). • Adicaremos 15 minutos despois do recreo para ter un “Tempo de ler”, no que o alumnado elexirá libremente da biblioteca de aula ( ou se prefire pode traelo de casa) que libro, revista, cómic ...lle apetece ler nese tempo.
  • 9.
    Mochila viaxeira: cada semana, irase turnando entre o alumnado unha mochila que leva libros , película e revistas educativas para ler e comentar en familia. Procurarase equilibrar o seu contido en galego e castelán. • Club de lectura: con profesorado voluntario se realizarán sesións de lectura comentada de libros nas dúas linguas oficiais. O alumnado participante neste club deberá mostrar un interés especial cara a lectura. • Empregarase o Inglés en actividades lúdicas de representacións de diferentes cancións, celebración do halloween... ante alumnado de cursos inferiores. 3. CRITERIOS PARA DETERMINAR A LINGUA PREDOMINANTE NO CONTORNO: A / Observación directa: • Reunións coas nais e pais do noso alumnado. • Utilización informal da lingua oral entre o alumnado na aula e no patio. • Emprego da lingua escrita dirixida de pais a profesores. B/ Observación indirecta: • Enquisas ao alumnado e ás familias que permitan coñecer que idioma utilizan a cotío en diferentes contextos. Aplicada a consulta ás familias na Educación Infantil, podemos constatar que a lingua materna é o castelán na maioría do alumnado. Tamén nas conversas en titoría das nais e pais cos titores obsérvase que ainda que o mestre se dirixe en galego, as familias tenden a usar maioritariamente o castelán. 4. MEDIDAS ADOPTADAS PARA ALUMNADO INMIGRANTE: Na actualidade no noso centro temos alumnado inmigrante procedente doutras comunidades españolas e tamén doutros paises . En ambos casos coñecen en maior e menor grao o castelán. 1º Ciclo: alumnado de Arxentina, Colombia , Uruguay . 2º Ciclo: alumnado de Colombia, Uruguay, Inglaterra e Portugal . 3º ciclo: alumnos de Brasil, Inglaterra, Uruguay , Suíza. Alumnado doutras comunidades : Salamanca , Cataluña, Lanzarote.
  • 10.
    Ao carecer o Centro dun programa específico de inmersión lingüística, o alumnado inmigrante intégrase nas aulas correspondentes, á espera de ser avaliado o seu grao de coñecemento dalgunha das linguas oficiais. • Avaliación pola comisión pedagóxica da necesidade de solicitar profesores para apoio lingüístico. • Determinación polo orientador do centro, da necesidade de recibir unha atención específica, ou no seu caso unha adaptación da programación para o logro paulatino das competencias lingüísticas nas linguas oficiais. • Apoio individualizado na aula do titor ou titora, utilizando no inicio da súa escolarización preferentemente unha das linguas cooficiais onde se sinta con máis soltura o alumno/a e progresivamente introducilo no uso das demais linguas do currículo . • Fomentar a súa integración e interacción co grupo-clase. No caso de descoñecemento total das dúas linguas oficiais da nosa Comunidade Autónoma, se adoptarán as seguintes medidas: • Creación dunha aula de integración lingüística ou aula de acollida na que recibirían unha atención específica que será , simultáneo á escolarización nos grupos ordinarios conforme o nivel e a evolución da súa aprendizaxe. • Corresponde ás administracións educativas adoptar medidas singulares naqueles centros que resulte necesaria unha intervención educativa compensatoria. ( Lei orgánica 2/2006 de 3 de maio (LOE)(BOE4-5-2006), artigos 79 e 81 5. ACTIVIDADES DINAMIZADORAS DA LINGUA GALEGA: Desde hai anos os equipos de Dinamización da Lingua galega, Biblioteca e Actividades complementarias chegaron ao acordo de traballar conxuntamente na proposta de actividades dinamizadoras da lingua galega ao longo do curso escolar. • Animación ao uso activo de actividades propostas desde o Blog da Biblioteca www.bibliobrey.blogspot.com. así como de consulta de diferentes informacións que se inclúen no mesmo. • Exposicións didácticas ao longo do curso que teñen que ver coas actividades que existen no entorno do alumnado e que responden a actividades cíclicas anuais: a vendima, o millo, os froitos de outono, a mata, a castaña... • Obradoiro de libros: intentando recoller refráns, adiviñas,cantigas, costumes destas actividades ... implicando ás familias na transmisión e conservación das mesmas.
  • 11.
    Festa das cabazas ou calacús colaborando co departamento de inglés para mostrar as semellanzas ou diferenzas coa festa do “Hallowen”. • Certames de relatos de medo onde o alumnado recolle contos tradicionais ou ben inventa relatos que le diante doutros compañeiros e compañeiras . • Transmisión e fomento da oralidade en lingua galega a través da escenificación de conxuros e contos de medo do alumnado do 3º nivel para o alumnado do 2º ciclo, aproveitando contos tradicionais, polo mes de novembro. • Celebración do Magosto no patio do colexio: cada nivel encárgase de asar castañas, formando unha fogueira co bullo aportado polo alumnado , usando o xeito tradicional de asado desta zona. • Festival de Nadal: cantigas e escenificacións, normalmente úsanse as tres linguas en diferentes actuacións e procúrase que o fío condutor da presentación das diferentes actuacións sexa en lingua galega. • Certame de contos de Nadal. • Encontros con autores fomentando a lectura e creando sentimentos de valorización da nosa lingua. • Dia da Paz : traballos de murais e slogans pacifistas . Celebración no patio de todo o colexio do día da paz coa exposición de slogans ou peticións elaborados nas aulas e nos que procuramos que maiormente sexan en lingua galega. • Actividades lúdicas de caracter cooperativo e canción elexida para a celebración anual desta data, cantada á vez por todo o conxunto do alumnado, no patio do colexio. • Celebración da festa tradicional do Entroido. Colaboración das familias na elaboración de postres típicos. Elaboración de disfraces nas aulas para que cada nivel forme a súa comparsa. Invención de coplas por parte do alumnado do ciclo superior para levar a cabo despois do desfile de comparsas o xuízo ao meco. • Realización de traballos previos nas aulas sobre un tema global que elexido ao comezo de curso polos tres departamentos, normalmente se desenvolve durante o 2º e tercer trimestre , culminando cunha exposición que recolle o conxunto de traballos nos diferentes cursos. • Implicación das familias na pescuda de información sobre diferentes temas: toponimia da zona, plantas mediciñais, refráns, aportación de fotografías ect. • Edición da revista escolar CARREIRO onde recollemos fotograficamente a meirande parte dos traballos elaborados nos diferentes cursos que resumen o traballo cooperativo do noso centro. Ademais cada ano a revista desenvolve un tema global
  • 12.
    sobre o quexiran os diferentes artigos coa visión persoal que lle da cada mestre co seu grupo de alumnas e alumnos. • Semana das Letras Galegas: Nesta semana ten especial relevancia ao autor /a homenaxeado e dáse a coñecer a súa vida e obra a través da exposición que dun traballo cooperativo que previamente se prepara en diferentes cursos sobre a súa persoa. • Realizaranse encontros con personaxes públicos ( Álvaro Pino , ciclista emblemático en Ponteareas, Ilda Amoedo fundadora do centro da recuperación da cultura popular no castelo de Vilasobroso, ...etc ) que empreguen o galego na súa profesión e así promover a valorización da lingua galega na sociedade. • Outra actividade dinamizadora no uso da lingua galega e que ten moito éxito entre o noso alumnado é a MOSTRA DE TEATRO ( este ano será a 6ª Mostra de teatro) que ao longo do mes de maio no noso centro a pesares das dificultades de espazo que estamos tendo, se leva a cabo . • Consiste na representación de varias obras de teatro que distintos grupos de alumnas e alumnos preparados polos seus titores , realizan para outros grupos de alumnos. • A Semana do Cine realizámola durante o mes de maio proxectando películas en galego para que o noso alumnado poda ir coñecendo as producións feitas ou dobradas ao galego que normalmente non poden ver a través da T.V. • Colaboracións ao longo do curso con diferentes entidades: Caixanova, Asociacións culturais e ecoloxistas da zona , EDL do concello ect. que promovan a lingua e cultura galega. • Tratar de intercambiar experiencias con outros centros educativos tanto do noso Concello como de fora del. • Irase creando unha fonoteca e mediateca de materiais en lingua galega para que o alumnado coñeza a riqueza das produccións feitas en galego. Como se observa que hai menos materiais didácticos multimedia editados en galego que nas outras linguas (castelán e inglés), procuraremos a través do blog e páxina web do colexio dar a coñecer e incentivar o uso de programas informáticos en lingua galega que vaiamos coñecendo, para que o alumnado e as familias aprecien que a lingua galega é unha lingua actual , moderna que se emprega nas novas tecnoloxías. • Potenciar o uso das TIC no uso da lingua galega para que o alumnado a perciba como unha lingua actual que pode usar sen complexos en todas as áreas do saber. • Introducirase ao alumnado no uso do correo electrónico, elaboración de documentos word, power point sobre temas propostos etc.
  • 13.
    Utilizarase a lingua galega oral e escrita por parte do centro, tanto nas relacións que se manteñan coas administracións territoriais e locais e demáis entidades públicas galegas, en todos os documentos oficiais, comunicacións e escritos ás familias como indica a Lei Orgánica do 3 de maio do 2006 de Educación. • Repartirase entre o profesorado as variacións que se vaian dando respecto a normativa vixente en materia lingüística, para a súa aplicación. COMISIÓN DE PROFESORADO PARTICIPANTE NA REDACCIÓN DESTE PROXECTO : Ana Mª Carrera Rodríguez profesora en E.I. Beatriz González Alfaro profesora de Inglés Isabel Rodríguez Martínez profesora no 1º ciclo de EP e coordinadora do 1º ciclo. Arancha Míguez Iglesias profesora no 2º ciclo da EP Isabel Fernández Picos profesora no 3º Ciclo da EP e Coordinadora de EDL Consuelo Ucha Peña profesora de Lingua galega e Castelá no 3º ciclo da EP e xefa de estudos Rosa Mª Furelos León adscrita ao 3º ciclo da educación Primaria e directora Revisado e actualizado en setembro de 2010