2. Cidade do norte de Francia, capital
do departamento “Somme”,
pertence na actualidade á rexión
“Hauts de France” (anteriormente
Picardía). A súa situación, preto de
París e do canal da Mancha, fixo da
cidade un punto estratéxico nas
dúas guerras mundiais, polo que a
cidade foi tomada polos alemáns e
bombardeada polo exército aliado
para liberala . O 80% da cidade foi
destruído quedando soamente en
pé a espléndida catedral gótica, a
maior do país, e o barrio de Saint
Leu, onde se atopan na actualidade
a maior parte das facultades
5. O contexto
A cidade posúe unha poboación coa media de idade máis baixa
do país: 25,6 % teñen menos de 20 anos, o que supón unha
gran demanda de centros educativos diversos
Unha situación estratéxica a media distancia entre Lille (gran
cidade universitaria) e Paris,
Unha grande actividade en I+D
Unha ampla tradición no desenvolvemento da formación
profesional.
Os puntos débiles:
Existe unha taxa de paro superior au resto do país (+2%).
Unha taxa máis baixa nos resultados do exame do BAC.
A Academia ten en proxecto numerosos plans de intervención
para erradicar estes problemas a través da educación.
7. O centro está situado na zoa sur da cidade. É una zoa
residencial onde viven principalmente familias acomodadas
cun nivel de vida medio-alto. O instituto forma parte dunha
especie de campus ao que chaman “cidade escolar” onde
hai outros dous centros de secundaria e postgrao onde
asisten cada día máis de 5000 persoas entre persoal
docente e alumnado.
No Lycée Louis Thuillier hai 1830 alumnos e estudantes
distribuídos en 55 grupos dos cales 34 pertencen aos cursos
para a obtención de bacharelato-
11 grupos de 2e (=4º da ESO)
11 grupos de 1ére (=1º de bacharelato)
12 grupos de Terminale (=2º de bacharelato
21 grupos das denominadas “Classes préparatoires”
90 docentes para os cursos de bacharelato
80 docentes para as “classes préparatoires”
O CENTRO EN CIFRAS
8. Unha das clases visitadas foi un grupo de “seconde année” ( = 4º
da ESO) chamado “pôle sportif” porque acolle a estudantes de
toda Francia que se preparan para formar parte da selección
nacional do seu país de fútbol americano, fútbol masculino y
feminino, balonmán feminino, algúns atletas olímpicos e tamén
paralímpicos. Estes estudantes teñen horarios adaptados en
función das súas necesidades para as súas sesións de
adestramento o para acudir ás competicións. No internado ás
comidades destes estudantes están tamén adaptadas en función
das necesidades da súa práctica deportiva, pero non teñen unha
adaptación especial en canto aos contidos ou instrumentos de
avaliación. A directora do centro participa no proceso de
selección deste alumnado e está en contacto cos adestradores.
Para ser aceptados neste programan teñen que amosar un grao
de excelencia no académico e no rendemento deportivo. Un mal
resultado académico pode significar a exclusión do programa.
9. Os profesores de español que me acolleron
dedicaban unha boa parte das súas clases
á preparación do alumnado para a proba do
BAC que é algo parecido ás probas EBAU,
pero se un estudante non aproba estes
exames non ten o título de Bacharelato. É
máis ben unha proba tipo reválida. As
probas realízanse ao longo dos dous
últimos anos de instituto. Para a proba de
lingua estranxeira fan un exame por
destrezas coma as nosas probas de
certificación
10. A PROBA DO BAC:
ESPAÑOL LINGUA ESTRANXEIRA
As clases de lingua estranxeira dos dous últimos anos van moi
enfocadas á preparación do alumnado á proba final do BAC.
A proba é común para todos os candidatos pero
o criterios de corrección varían en función da
opción escollida no bacharelato, e se o español
foi escollido como primeira ou segunda lingua
(mesmo terceira)
Español primeira lingua criterios avaliación B2
Español segunda lingua criterios avaliación
B1
11. COMPRENSIÓN ORAL
A proba parte dun documento de audio ou audiovisual de
1’30’’que se emite tres veces cunha pausa de un minuto
entre cada escoita. As persoas candidatas teñen que
redactar en lingua materna un texto no que deben idicar
de que tipo de documento se trata (reportaxe, informativo,
anuncio etc) e tratan de expoñer a maior información
posible do que comprenderon ao longo das escoitas.
A puntuación calcúlase en función do número de ideas ou
a cantidade de información que a persoa candidata é
capaz de transmitir no seu texto. Non ten que haber
introdución, conclusión ou opinión. O exercicio consiste en
contar a información que foi capaz de comprender.
12. Cada curso escolar o ministerio fixa 4 grandes temas (“les 4
notions”) que conforman o programa.
Os departamentos didácticos poden engadir subtemas relacionados
que tratan con diferentes documentos auténticos moi similares
aos que utilizamos nas nosas clases: carteis publicitarios,
documentos escritos e orais de tipoloxía diversa. O ministerio
proporciona exemplos e material para preparar dita proba ao
profesorado e tamén ao alumnado
A persoa candidata recibe por sorteo o tema que ten que
desenvolver
(1 de 4):
10 minutos de preparación nos que pode elaborar un esquema e
pode facer alusión aos documentos estudados durante o curso
para exemplificar a súa exposición.
5 minutos de exposición (monólogo)
5 minutos de entrevista co profesor examinador
EXPRESIÓN ORAL
13. COMPRENSIÓN ESCRITA
A Proba consta dun exercicio a partir dun fragmento literario
ou da prensa escrita. As persoas candidatas deben
demostrar o grao de comprensión respondendo a preguntas
de diversos tipos:
-Xustifica con elementos do texto, indicando a liña onde se
atopan se una afirmación é verdadeira ou falsa (pódense
pedir mais dun elemento se existe no texto)
- preguntas de escolla múltiple: xustificar o elemento do texto
que o demostra.
- unha pregunta de comprensión específica: responder cun
ou varios elementos extraídos do texto.
………a afirmación é verdadeira/falsa porque na liña X di
que “……………….”
A puntuación da proba é de 10 puntos, 1 punto por cada
elemento requirido.
14. EXPRESIÓN ESCRITA
A proba realízase na mesma sesión que a proba
de comprensión escrita. O texto utilizado para esa
destreza é o texto fonte para proporcionar o
enunciado da proba da expresión escrita. O
número de palabras e o tempo outorgado para a
realización da tarefa varía en función dos estudos
realizados (bacharelato de ciencias, humanidades,
artístico, economía) e tamén da opción escollida
para a materia de español (especialidade, primeira
lingua, segunda lingua)
15. Trata de dar consellos ao teu compañeiro para
utilizar as redes sociais sen riscos apoiándote
no seguinte documento. Este tipo de exercicio
é o que o alumnado de B2 ten que facer na
tarefa 1 da expresión oral.
documento utilizado nunha clase de nivel
equivalente a 1º de bacharelato
16.
17. As súas clases parécense moito ás nosas. A maioría
das clases de lingua estranxeira son de dúas horas,
coa diferencia de que eles fan dous períodos de 50
minutos separados por unha pausa de 10.
Traballan con documentos moi parecidos aos que
utilizamos nas nosas clases para practicar as
destrezas de expresión e de comprensión.
….¿Imaxinades o primeiro documento que vin utilizar
na primeira clase á que asistín?
18.
19. Un dos temas do “BAC” é “lugares e formas de poder”. Os profesores
estaban a traballar sobre a memoria histórica e a ditadura. Estes
documentos apoiaban un documento escrito sobre unha muller
valenciana republicana que atopou refuxio en Francia. Utilizados nunha
clase de nivel equivalente a 2º de bacharelato, español segunda lingua.
20. Tamén puiden observar que en Francia teñen que loitar contra a
mesma lacra ca nós. Tiven a ocasión de falar con representantes
de “femmes solidaires de la Somme” que estaban facendo unha
campaña no instituto. Había máis de 50 carteis e pares de
zapatos coma estes nas vallas que rodean a cidade escolar
21. Dentro do instituto estiveron unha mañá levando a cabo
unha campaña para concienciar aos estudantes do
problema
22. Tamén vin a especialidade dos franceses…
aquí en loita polas súas pensións
23. En xeral a experiencia foi moi
positiva, pero agora ven o
mellor….
Invitacións dentro do
programa
28. Invitación por parte do
Reitorado de Amiens á
inauguración, clausura e
entrada gratuíta a todas
as proxeccións . Este
ano o país invitado foi
España.
A imaxe de España no
estranxeiro parece que non
cambia co tempo….
29. O dramaturgo e director iraniano Nassim Soleimanpour é coñecido
internacionalmente por unha obra sen director nin ensaios que
debe interpretarse seguindo un modelo estrito: unha obra para un
único intérprete - diferente en cada función - que nada debería
saber sobre o texto. nin da peza ata o momento de entrar en
escena e a quen se lle pide que vote o silencio unha vez finalizado
o programa. A montaxe foi representada en máis de 1.000
ocasións, entre outras, por artistas como Ken Loach, Stephen Fry
ou Whoopi Goldberg. Trátase dun experimento que o autor ideou
para cruzar as fronteiras e comunicarse no estranxeiro cando se lle
prohibiu saír do seu país - en 2011 negouse a completar dous anos
de servizo militar e as autoridades iranianas retiráronse o seu
pasaporte - e que rematou. Convértete nun símbolo de liberdade.
OBRA DE TEATRO NUN CENTRO
CULTURAL DA CIDADE
30. Visita ao centro
É unha rede de creación e apoio educativo é unha institución
administrativa pública e editora de recursos educativos públicos,
baixo a autoridade do Ministerio francés de educación nacional. A súa
misión é editar, producir e distribuír recursos educativos e
administrativos destinados aos profesionais do ensino abarcando
dende a educación infantil ata bacharelato. Contribúe ao
desenvolvemento de tecnoloxías da información e a comunicación
para a educación (TIC), así como a educación artística e cultural.
Posúen numerosos recursos gratuítos en liña pero tamén teñen
infinidade de recursos que se poden mercar en todas as materias. O
enlace pode ser de utilidade sobre todo se sodes profes en seccións
bilingües
https://www.reseau-canope.fr/
interesante visitar a rúbrica “les fondamentaux”
31. Quedoume pendente coñecer con mais detalle as “clases
preparatorias”, é algo que non temos en España. Son dous
cursos que se fan nos institutos e que dan acceso ao terceiro
curso de facultade. O nivel é altísimo e din que quen accede
á universidade despois de realizar os dous anos de clase
preparatoria ten máis preparación e posibilidades de éxito
académico, nas oposicións e profesional.
Son máis demandadas as que dan acceso a estudos de
enxeñeiros, diplomáticos e dirección de empresas, pero no
meu centro había unha de humanidades con especialidade
de español. O nivel correspondería ao noso C1, cara ao C2.
Nesas clases traballaban con textos literarios e facían
tradución directa, tradución inversa e comentario de textos.
Para as probas de produción oral traballaban con obras
literarias. Asistín a dúas clases de español e unha de
literatura francesa e podo asegurarvos que o nivel era propio
de 3º ou 4º de carreira.