SlideShare a Scribd company logo
1 of 32
Unha historia do rato Pérez
Mon Daporta
Aquel día o Rato Pérez
atopouse con máis
traballo que o que tiña
por costume, pero
animoso como é non se
arredou.
Apañou, ás carreiras, os encargos da lista.
Preparou o itinerario para aforrar tempo.
Meteu as cousas no seu coche e arrancou…
mellor dito, tentou arrancar porque puxo o
contacto e o coche non dou nin señal de
querer poñerse en marcha.
Tentouno de novo… e nada.
Baixou, levantou o capó,
fedellou aquí e alá, volveu
subir, volveu tentar arrancar…
…e nada
E a aquela hora xa estaban pechados os talleres!
Chamou aos Ratos Pérez dos
arredores pero ningún puido
arranxarlle o problema.
Sin outra solución,
meteu todo nun saco
e intentou botalo ao
lombo, pero pesaba
tanto que lle foi
imposible.
Abocou todo no chan.
Reparteu os paquetes en dúas moreas.
Meteu unha parte no saco e saeu.
Fixo a primeira metade do traballo sen atrancos.
Volveu á casa, cargou o resto e saeu de novo
para rematar en tempo o traballo.
Todo iba ben ata que empezou a chover.
Choveu tanto que tivo que
abrigarse e agardar que
escampara… e menos mal que
escampou case deseguida.
Un pouco máis adiante, á volta dunha esquina,
bateu cun gato
do que tivo que fuxir, con toda a
velocidade que lle permitiron as súas patas
e os seus poderes,
para poder meterse nun burato seguro e esperar que pasara o perigo.
E así foi sumando
retraso con retraso, de
xeito que, cando aínda
lle faltaba por repartir a
metade da carga, xa se
estaba a facer de día.
Pero os problemas non remataran porque cando chegou á casa de C. G.
El pensou en chegar e botar.
Entrou, mirou debaixo da almofada, pero non atopou nada.
Volveu mirar, e por máis que mirou, e por máis que buscou,
debaixo da almofada, e remexeu entre as sabas, na mesiña
de noite,… non atopou nada.
Consultou a lista por si se confundira … e alí estaba o
nome, C. G., e a dirección era a correcta; e si estaba
alí escrito tiña que ser certo.
Buscou de novo, e volveu a buscar, pero o dente non
aparecía por parte ningunha.
Volveu consultar a lista, mirou a foto, e a nena era aquela.
Aproveitou que C. G. tiña a boca un pouco aberta, e miroulle dentro.
Alí estaba o oco que confirmaba o que poñía na súa lista.
Estaba no sitio, e estaba diante da persoa que buscaba,
pero si non atopaba o dente non podía deixar o agasallo.
Decideu facer unha derradeira inspección de todo o cuarto e cando
resignado, era a primeira vez que lle pasaba tal cousa, se dispoñía a marchar
chamoulle a atención que a nena tiña unha man pechada e apertada,
protexida coa outra por enriba.
(C. G. pasara o día feita unha morea de nervos. Era a primeira vez que iba a recibir a visita do
Rato Pérez, porque aquel era o primeiro dente que lle caía, e estaba impaciente por recibir o
seu agasallo! e pola noite costoulle prender o sono, durmeu mal e espertou varias veces e, na
derradeira, mirara ás apalpadelas debaixo da almofada para saber si xa tiña o seu agasallo e,
ao non atopalo, como veu pola rendixa da ventá que xa se estaba a facer de día, pensou que
mellor sería gardar o dente ben gardado, para non perdelo, e poñelo de novo ao día seguinte,
colleuno, apretouno dentro da man e quedou outra vez a durmir).
Aquel era o único sitio que lle quedaba por mirar e, coa habilidade
propia de quen o fixo moitas veces, foi abrindo os dedos un a un
ata que ¡por fin! no medio da palma apareceu o que andaba a
buscar.
Colleu o dente. Puxo enriba da almofada o agasallo que traía, e
saeu a escape para rematar o traballo que lle quedaba.
Xa saíra o sol e aínda lle quedaban seis entregas por facer.
Cando chegou ás últimas casas xa os nenos se ergueran.
Un xa chorara porque non atopara nada ao despertar, pero logo, antes de
saír para a escola, volveu a mirar de segundas e descubreu o seu agasallo
enriba do libro de coñecemento, que lle quedara esquecido, e púxose o doble
de contento porque o Rato Pérez non se esquecera del e porque, gracias a
volver a mirar, tamén se librara da bronca que lle iba botar o seu mestre por
deixar o material de traballo na casa.
O último xa renegara do Rato Pérez, porque despois de darlle a volta á
cama e remexer medio cuarto non atopara nada, aínda que tamén
descubreu o seu premio, ao volver da escola, ao pé do televisor.
Así, a historia tuvo un final feliz para todos.
Para todos?
Para todos menos para o Rato Pérez que chegou tan canso,
que so puido sacar as botas antes de quedar a durmir.
E durmeu tan profundamente que cando despertou xa era outra vez
de noite e xa pechara outra volta o taller de reparacións,
E así, esa noite tamén tivo que volver facer o reparto a pé.
Menos mal que só tiña catro avisos e todos eran bastante preto!
fin
Cousiñas feitas na casa
Mon Daporta

More Related Content

More from MonContos

More from MonContos (20)

a rolada.pptx
a rolada.pptxa rolada.pptx
a rolada.pptx
 
cactos e euforbias.pptx
cactos e euforbias.pptxcactos e euforbias.pptx
cactos e euforbias.pptx
 
Serra do Faro de Avión.pptx
Serra do Faro de Avión.pptxSerra do Faro de Avión.pptx
Serra do Faro de Avión.pptx
 
Serra da Paradanta.pptx
Serra da Paradanta.pptxSerra da Paradanta.pptx
Serra da Paradanta.pptx
 
voitres.pptx
voitres.pptxvoitres.pptx
voitres.pptx
 
petos.pptx
petos.pptxpetos.pptx
petos.pptx
 
Candea, Cabanillas unidade didáctica
Candea, Cabanillas unidade didácticaCandea, Cabanillas unidade didáctica
Candea, Cabanillas unidade didáctica
 
Calendario Cabanillas Candea 2009
Calendario Cabanillas Candea 2009Calendario Cabanillas Candea 2009
Calendario Cabanillas Candea 2009
 
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) IICabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
 
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
 
Paco Leiro
Paco LeiroPaco Leiro
Paco Leiro
 
Agoiña miragreira (Cabanillas)
Agoiña miragreira (Cabanillas)Agoiña miragreira (Cabanillas)
Agoiña miragreira (Cabanillas)
 
Rata Luisa, paxariñas de papel
Rata Luisa, paxariñas de papelRata Luisa, paxariñas de papel
Rata Luisa, paxariñas de papel
 
Rata Luisa, máis papel
Rata Luisa,  máis papelRata Luisa,  máis papel
Rata Luisa, máis papel
 
Rata Luísa, barcos de papel
Rata Luísa,  barcos de papelRata Luísa,  barcos de papel
Rata Luísa, barcos de papel
 
Rata Luísa, avións de papel
Rata Luísa,  avións de papelRata Luísa,  avións de papel
Rata Luísa, avións de papel
 
Morcego Roque, peixes planos
Morcego Roque, peixes planosMorcego Roque, peixes planos
Morcego Roque, peixes planos
 
Morcego Roque, avenoiteiras
Morcego Roque, avenoiteirasMorcego Roque, avenoiteiras
Morcego Roque, avenoiteiras
 
Morcego Roque, as anduriñas
Morcego Roque, as anduriñasMorcego Roque, as anduriñas
Morcego Roque, as anduriñas
 
Morcego Roque, o vento
Morcego Roque, o ventoMorcego Roque, o vento
Morcego Roque, o vento
 

Unha historia do rato Pérez

  • 1. Unha historia do rato Pérez Mon Daporta
  • 2. Aquel día o Rato Pérez atopouse con máis traballo que o que tiña por costume, pero animoso como é non se arredou.
  • 3. Apañou, ás carreiras, os encargos da lista. Preparou o itinerario para aforrar tempo.
  • 4. Meteu as cousas no seu coche e arrancou…
  • 5. mellor dito, tentou arrancar porque puxo o contacto e o coche non dou nin señal de querer poñerse en marcha. Tentouno de novo… e nada.
  • 6. Baixou, levantou o capó, fedellou aquí e alá, volveu subir, volveu tentar arrancar… …e nada E a aquela hora xa estaban pechados os talleres!
  • 7. Chamou aos Ratos Pérez dos arredores pero ningún puido arranxarlle o problema.
  • 8. Sin outra solución, meteu todo nun saco e intentou botalo ao lombo, pero pesaba tanto que lle foi imposible.
  • 9. Abocou todo no chan. Reparteu os paquetes en dúas moreas. Meteu unha parte no saco e saeu.
  • 10. Fixo a primeira metade do traballo sen atrancos.
  • 11. Volveu á casa, cargou o resto e saeu de novo para rematar en tempo o traballo.
  • 12. Todo iba ben ata que empezou a chover.
  • 13. Choveu tanto que tivo que abrigarse e agardar que escampara… e menos mal que escampou case deseguida.
  • 14. Un pouco máis adiante, á volta dunha esquina,
  • 16. do que tivo que fuxir, con toda a velocidade que lle permitiron as súas patas e os seus poderes,
  • 17. para poder meterse nun burato seguro e esperar que pasara o perigo.
  • 18. E así foi sumando retraso con retraso, de xeito que, cando aínda lle faltaba por repartir a metade da carga, xa se estaba a facer de día.
  • 19. Pero os problemas non remataran porque cando chegou á casa de C. G. El pensou en chegar e botar. Entrou, mirou debaixo da almofada, pero non atopou nada.
  • 20. Volveu mirar, e por máis que mirou, e por máis que buscou, debaixo da almofada, e remexeu entre as sabas, na mesiña de noite,… non atopou nada.
  • 21. Consultou a lista por si se confundira … e alí estaba o nome, C. G., e a dirección era a correcta; e si estaba alí escrito tiña que ser certo.
  • 22. Buscou de novo, e volveu a buscar, pero o dente non aparecía por parte ningunha. Volveu consultar a lista, mirou a foto, e a nena era aquela.
  • 23. Aproveitou que C. G. tiña a boca un pouco aberta, e miroulle dentro. Alí estaba o oco que confirmaba o que poñía na súa lista. Estaba no sitio, e estaba diante da persoa que buscaba, pero si non atopaba o dente non podía deixar o agasallo.
  • 24. Decideu facer unha derradeira inspección de todo o cuarto e cando resignado, era a primeira vez que lle pasaba tal cousa, se dispoñía a marchar chamoulle a atención que a nena tiña unha man pechada e apertada, protexida coa outra por enriba. (C. G. pasara o día feita unha morea de nervos. Era a primeira vez que iba a recibir a visita do Rato Pérez, porque aquel era o primeiro dente que lle caía, e estaba impaciente por recibir o seu agasallo! e pola noite costoulle prender o sono, durmeu mal e espertou varias veces e, na derradeira, mirara ás apalpadelas debaixo da almofada para saber si xa tiña o seu agasallo e, ao non atopalo, como veu pola rendixa da ventá que xa se estaba a facer de día, pensou que mellor sería gardar o dente ben gardado, para non perdelo, e poñelo de novo ao día seguinte, colleuno, apretouno dentro da man e quedou outra vez a durmir).
  • 25. Aquel era o único sitio que lle quedaba por mirar e, coa habilidade propia de quen o fixo moitas veces, foi abrindo os dedos un a un ata que ¡por fin! no medio da palma apareceu o que andaba a buscar.
  • 26. Colleu o dente. Puxo enriba da almofada o agasallo que traía, e saeu a escape para rematar o traballo que lle quedaba.
  • 27. Xa saíra o sol e aínda lle quedaban seis entregas por facer.
  • 28. Cando chegou ás últimas casas xa os nenos se ergueran. Un xa chorara porque non atopara nada ao despertar, pero logo, antes de saír para a escola, volveu a mirar de segundas e descubreu o seu agasallo enriba do libro de coñecemento, que lle quedara esquecido, e púxose o doble de contento porque o Rato Pérez non se esquecera del e porque, gracias a volver a mirar, tamén se librara da bronca que lle iba botar o seu mestre por deixar o material de traballo na casa.
  • 29. O último xa renegara do Rato Pérez, porque despois de darlle a volta á cama e remexer medio cuarto non atopara nada, aínda que tamén descubreu o seu premio, ao volver da escola, ao pé do televisor. Así, a historia tuvo un final feliz para todos. Para todos?
  • 30. Para todos menos para o Rato Pérez que chegou tan canso, que so puido sacar as botas antes de quedar a durmir.
  • 31. E durmeu tan profundamente que cando despertou xa era outra vez de noite e xa pechara outra volta o taller de reparacións, E así, esa noite tamén tivo que volver facer o reparto a pé. Menos mal que só tiña catro avisos e todos eran bastante preto!
  • 32. fin Cousiñas feitas na casa Mon Daporta