Hoxe e onte




É decembro de 2199. A piques de comezar o novo século entro no faiado para buscar os
adornos de Nadal. Comezo a rebuscar entre as caixas balorentas; pero non atopo esas
vellas figuriñas de grafeno que tanto alegran a casa nestes días. Sen embargo atopei
vellos álbuns de fotos familiares, eses libros tan antigos en que os nosos antepasados
ponían as súas imaxes impresas. Entre eles hai un antigo diario, escrito a man, quen
sabe por qué farían un esforzó tan inútil!
De repente éntrame a curiosidade por saber como sería a vida cotiá da xente daquel
entón, esa parte da historia que non nos ensinan na escola.
Estaba escrito por un rapaz de máis ou menos a miña idade, pero decateime de que
levábamos unha vida moi distinta. Vouvos contar algunhas partes que me pareceron
interesantes, seguro que a vós tamén vos sorprenden.
" Hoxe levanteime pola maná cedo, porque ía ir cos meus amigos a pasar o día no río.
Pola maná pescamos unhas troitas que comemos a' hora do xantar, despois de asalas no
lume. Pola tarde pasámolo de marabilla tirándonos da beira do río e chapuzando todo o
val. Foi o día máis caluroso de todo este mes de agosto e puidemos aproveitar o día ata
a última hora"
Supoño que vós quedariades tan pampos coma min. Como pudieron cambiar tanto as
cousas? Agora é imposible atopar un val, non existen ríos sen contaminar, e en agosto
non se pode saír da casa se non queres acabar chamuscado. Por certo, alguén sabe o que
é unha troita?
O meu asombro non acabou aquí.
"Hoxe cheguei tarde a coller o bus da escola, coma sempre, así que meu pai tívome que
levar en coche ata o instituto. Ainda así tiven un retraso polo atasco que había. Cheguei
á clase sen folgos de tanto correr, aínda que fose só unha rúa. Pola tarde fomos a un
circuito de cars para facer algunha carreira. Gañei 3 de 7, non está mal! Cando
terminamos fomos para a casa a xogar a play, ver a tele, chatear.........."
Canto gasto de enerxía! É incrible o pouco que sabían sobre as consecuencias dos seus
actos, senon o máis normal sería que non se comportasen así. Aínda non o acabo de
crer que todo o mundo usase un vehículo particular para desprazarse. Paréceme que o
noso método de conectar toda a cidade con cintas transportadoras está moito mellor.
Ademáis o peor é o gasto tonto de combustible que facían coas carreñas esas.
O diario continuaba cunha festa, aínda que bastante distinta do que nos pensamos que é
unha festa, parece que o pasaban moi ben, pero pronto se lles acabou.
 "Hoxe tocoume a min ir polas bebidas ao súper, creo que fomos 50 persoas as que
pagamos. Tivemos un festón para recordar. Primeiro e inevitable fixemos botellón na
praza, logo medio mareados, fomos para un local que tiñamos reservado onde tocou o
grupo dun amigo noso, son boísimos! Durmín na casa dun amigo, porque non quería ir
para a casa tal e como estaba, meus pais mataríanme! Agora que xa estou mellor
acábome de dar conta de algo, alguén recollería o lixo de onte? Bo, que máis dará!"
Tiñan unha forma moi rara de pásalo ben, como podían disfrutar do mareo? O que máis
me costa entender é a despreocupación que tiñan de todo, como se os seus actos non
tivesen consecuencias.
Pronto comprobaron que sí as tiñan. Pola data do diario estou segura de que isto foi uns
20 anos antes da completa destrución de China, Xapón, América central, e noroeste.
Ademáis da desaparición de Gran Bretaña, a Península Ibérica, Italia e a maioría das
illas do mundo por mor do desxeo dos polos. Supoño que despois diso xa non terían
tantas ganas de festa, pero seguro que non se pararon a pensar en que todo iso foi
provocado por eles mesmos.
Entre outros papéis descubrín unha revista que falaba do que os nosos antepasados
chamaban o cambio climático, moitos científicos discutían sobre se isto sería real ou só
un mito, costa imaxinar que estas fosen as persoas máis intelixentes da época, como non
se podían dar conta de que o que pasaba diante do seu nariz era real!
Polo menos agora sei que se a sociedade non protexeu o mundo que nos ía deixar, foi
por simple vagancia, xa que informados si o estaban; aínda que isto non é un consolo.
Se puidera diríalles a todas esas persoas que tratasen mellor un mundo que non é deles.
Só estiveron de paso, pero deixaron pegada, e por iso agora nós non podemos disfrutar
de días no río, ao aire libre, á sombra dunha árbore, porque onde buscas unha árbore?
Pola súa culpa non podemos ir á praia, pola súa culpa vai calor todo o ano, evitando
que pudiéramos coñecer un montón de especies das que eles si disfrutaron.
Alegróme moito de que hoxe en día sí esteamos concienciados e lle vaiamos deixar o
noso planeta o mellor que poidamos ás futuras xeracións.

Hoxe e onte

  • 1.
    Hoxe e onte Édecembro de 2199. A piques de comezar o novo século entro no faiado para buscar os adornos de Nadal. Comezo a rebuscar entre as caixas balorentas; pero non atopo esas vellas figuriñas de grafeno que tanto alegran a casa nestes días. Sen embargo atopei vellos álbuns de fotos familiares, eses libros tan antigos en que os nosos antepasados ponían as súas imaxes impresas. Entre eles hai un antigo diario, escrito a man, quen sabe por qué farían un esforzó tan inútil! De repente éntrame a curiosidade por saber como sería a vida cotiá da xente daquel entón, esa parte da historia que non nos ensinan na escola. Estaba escrito por un rapaz de máis ou menos a miña idade, pero decateime de que levábamos unha vida moi distinta. Vouvos contar algunhas partes que me pareceron interesantes, seguro que a vós tamén vos sorprenden. " Hoxe levanteime pola maná cedo, porque ía ir cos meus amigos a pasar o día no río. Pola maná pescamos unhas troitas que comemos a' hora do xantar, despois de asalas no lume. Pola tarde pasámolo de marabilla tirándonos da beira do río e chapuzando todo o val. Foi o día máis caluroso de todo este mes de agosto e puidemos aproveitar o día ata a última hora" Supoño que vós quedariades tan pampos coma min. Como pudieron cambiar tanto as cousas? Agora é imposible atopar un val, non existen ríos sen contaminar, e en agosto non se pode saír da casa se non queres acabar chamuscado. Por certo, alguén sabe o que é unha troita? O meu asombro non acabou aquí. "Hoxe cheguei tarde a coller o bus da escola, coma sempre, así que meu pai tívome que levar en coche ata o instituto. Ainda así tiven un retraso polo atasco que había. Cheguei á clase sen folgos de tanto correr, aínda que fose só unha rúa. Pola tarde fomos a un circuito de cars para facer algunha carreira. Gañei 3 de 7, non está mal! Cando terminamos fomos para a casa a xogar a play, ver a tele, chatear.........." Canto gasto de enerxía! É incrible o pouco que sabían sobre as consecuencias dos seus actos, senon o máis normal sería que non se comportasen así. Aínda non o acabo de crer que todo o mundo usase un vehículo particular para desprazarse. Paréceme que o noso método de conectar toda a cidade con cintas transportadoras está moito mellor. Ademáis o peor é o gasto tonto de combustible que facían coas carreñas esas. O diario continuaba cunha festa, aínda que bastante distinta do que nos pensamos que é unha festa, parece que o pasaban moi ben, pero pronto se lles acabou. "Hoxe tocoume a min ir polas bebidas ao súper, creo que fomos 50 persoas as que pagamos. Tivemos un festón para recordar. Primeiro e inevitable fixemos botellón na praza, logo medio mareados, fomos para un local que tiñamos reservado onde tocou o grupo dun amigo noso, son boísimos! Durmín na casa dun amigo, porque non quería ir para a casa tal e como estaba, meus pais mataríanme! Agora que xa estou mellor acábome de dar conta de algo, alguén recollería o lixo de onte? Bo, que máis dará!" Tiñan unha forma moi rara de pásalo ben, como podían disfrutar do mareo? O que máis
  • 2.
    me costa entenderé a despreocupación que tiñan de todo, como se os seus actos non tivesen consecuencias. Pronto comprobaron que sí as tiñan. Pola data do diario estou segura de que isto foi uns 20 anos antes da completa destrución de China, Xapón, América central, e noroeste. Ademáis da desaparición de Gran Bretaña, a Península Ibérica, Italia e a maioría das illas do mundo por mor do desxeo dos polos. Supoño que despois diso xa non terían tantas ganas de festa, pero seguro que non se pararon a pensar en que todo iso foi provocado por eles mesmos. Entre outros papéis descubrín unha revista que falaba do que os nosos antepasados chamaban o cambio climático, moitos científicos discutían sobre se isto sería real ou só un mito, costa imaxinar que estas fosen as persoas máis intelixentes da época, como non se podían dar conta de que o que pasaba diante do seu nariz era real! Polo menos agora sei que se a sociedade non protexeu o mundo que nos ía deixar, foi por simple vagancia, xa que informados si o estaban; aínda que isto non é un consolo. Se puidera diríalles a todas esas persoas que tratasen mellor un mundo que non é deles. Só estiveron de paso, pero deixaron pegada, e por iso agora nós non podemos disfrutar de días no río, ao aire libre, á sombra dunha árbore, porque onde buscas unha árbore? Pola súa culpa non podemos ir á praia, pola súa culpa vai calor todo o ano, evitando que pudiéramos coñecer un montón de especies das que eles si disfrutaron. Alegróme moito de que hoxe en día sí esteamos concienciados e lle vaiamos deixar o noso planeta o mellor que poidamos ás futuras xeracións.