1.- Nas frases seguintes, pon as comas que sexan necesarias:
 Adela a miña veciña da esquerda convidoume a xantar na súa casa.
 Meteu na mochila dúas mudas un pantalón vaqueiro os utensilios de aseo e un par de botas.
 Mira Sabela eu non quero saber nada desa historia.
 Non quero que me escribas senón que me veñas visitar.
 Con todo foron unhas vacacións moi agradables.
 Eu irei pola esquerda. Ti pola dereita.
 Cando chegamos ó cume do monte divisamos unha fermosa paisaxe.
 Colleu as miñas mans e sen dicir palabra apertounas con forza.
 Camiñei sen rumbo entrei nunha cafetería sentei nunha mesa do fondo e pedín un café.
 Eu quería determe pero os meus pés non obedecían.
 O home que permanecera calado todo o tempo ergueuse da cadeira e saíu do cuarto
2.-Pon os dous puntos e os puntos suspensivos que sexan necesarios. Pon tamén as maiúsculas necesarias.
 na miña casa viviamos cinco persoas meu pai, miña nai, meu irmán, miña avoa e eu.
 pois non sei se poderei recordalo hai xa moito tempo que sucedeu.
 era unha tarde triste, escura, fría.
 toma nota do meu pedido dous quilos de laranxas, un litro de leite e unha ducia de ovos.
 na porta había un cartel que dicía alúganse cuartos con dereito a cociña.
 ben querido amigo fai xa máis de seis meses que non che escribo
 entón abriuse a porta e ¡alí estaba ela!
 ela dixo _non te levantes ata rematar de comer
3.- Pon coma ou punto e coma:
 Levaba estudado para este exame durante semanas non obstante como foi tan difícil suspendín.
 Claro que quero ir a xogar pero a miña nai non me deixa.
 O meu fillo non fixo aínda os deberes de matemáticas polo tanto non pode ir ao cine.
 E agora Antón podes saír ao patio.
 Carme e Xosé van xuntos ao cine ao parque e ao teatro pola contra nunca fan deporte xuntos.
4.-Separa en lexemas e morfemas as palabras seguintes. Indica que morfemas son flexivos. Dos morfemas derivativos,
hai algún prefixo? Cal?
campaneiro desatado canciño piñeirais sombreiro avogada
5.- Cambia o destacado polos pronomes átonos que correspondan. Pon o til se o precisan.
Collín o lapis no teu estoxo. Non quero a túa pelota. Colle a ela a bolsa.
Deixa a elas o paraugas. Sempre quixen o teu ordenador. Trae a min a pelota.
Dá a min o xiz. Quero a ti moito. Trae a min a pelota.
6.- Localiza os pronomes persoais e sepáraos en tónicos e átonos.
Ti podes vir comigo ao parque para xogar connosco no bambán.
Elas non lle quixeron o chocolate porque lles caera ao chan.
Que me estás a dicir? Que vós non o tirastes?
Tróuxenche o libro que me pediras. Quérelo agora ou douche o libro despois?
Díxolle a profesora a Xoán que vós e elas non vos portades moi ben.
7.- Que recurso estilístico atopas nos seguintes textos? En que consisten?
a) Galicia docemente / está ollando o mar
b) ¡Arre, corre, / meu burro trotón,
c) Sol abafante de día, / noites xeadas...
d) _¡Corre, meu burriño [...] ó vento deixarás atrás...!

Repaso 5 lingua_sexto

  • 1.
    1.- Nas frasesseguintes, pon as comas que sexan necesarias:  Adela a miña veciña da esquerda convidoume a xantar na súa casa.  Meteu na mochila dúas mudas un pantalón vaqueiro os utensilios de aseo e un par de botas.  Mira Sabela eu non quero saber nada desa historia.  Non quero que me escribas senón que me veñas visitar.  Con todo foron unhas vacacións moi agradables.  Eu irei pola esquerda. Ti pola dereita.  Cando chegamos ó cume do monte divisamos unha fermosa paisaxe.  Colleu as miñas mans e sen dicir palabra apertounas con forza.  Camiñei sen rumbo entrei nunha cafetería sentei nunha mesa do fondo e pedín un café.  Eu quería determe pero os meus pés non obedecían.  O home que permanecera calado todo o tempo ergueuse da cadeira e saíu do cuarto 2.-Pon os dous puntos e os puntos suspensivos que sexan necesarios. Pon tamén as maiúsculas necesarias.  na miña casa viviamos cinco persoas meu pai, miña nai, meu irmán, miña avoa e eu.  pois non sei se poderei recordalo hai xa moito tempo que sucedeu.  era unha tarde triste, escura, fría.  toma nota do meu pedido dous quilos de laranxas, un litro de leite e unha ducia de ovos.  na porta había un cartel que dicía alúganse cuartos con dereito a cociña.  ben querido amigo fai xa máis de seis meses que non che escribo  entón abriuse a porta e ¡alí estaba ela!  ela dixo _non te levantes ata rematar de comer 3.- Pon coma ou punto e coma:  Levaba estudado para este exame durante semanas non obstante como foi tan difícil suspendín.  Claro que quero ir a xogar pero a miña nai non me deixa.  O meu fillo non fixo aínda os deberes de matemáticas polo tanto non pode ir ao cine.  E agora Antón podes saír ao patio.  Carme e Xosé van xuntos ao cine ao parque e ao teatro pola contra nunca fan deporte xuntos. 4.-Separa en lexemas e morfemas as palabras seguintes. Indica que morfemas son flexivos. Dos morfemas derivativos, hai algún prefixo? Cal? campaneiro desatado canciño piñeirais sombreiro avogada 5.- Cambia o destacado polos pronomes átonos que correspondan. Pon o til se o precisan. Collín o lapis no teu estoxo. Non quero a túa pelota. Colle a ela a bolsa. Deixa a elas o paraugas. Sempre quixen o teu ordenador. Trae a min a pelota. Dá a min o xiz. Quero a ti moito. Trae a min a pelota. 6.- Localiza os pronomes persoais e sepáraos en tónicos e átonos. Ti podes vir comigo ao parque para xogar connosco no bambán. Elas non lle quixeron o chocolate porque lles caera ao chan. Que me estás a dicir? Que vós non o tirastes? Tróuxenche o libro que me pediras. Quérelo agora ou douche o libro despois? Díxolle a profesora a Xoán que vós e elas non vos portades moi ben. 7.- Que recurso estilístico atopas nos seguintes textos? En que consisten? a) Galicia docemente / está ollando o mar b) ¡Arre, corre, / meu burro trotón, c) Sol abafante de día, / noites xeadas... d) _¡Corre, meu burriño [...] ó vento deixarás atrás...!