SlideShare a Scribd company logo
Benquerida Carla:
En primeiro lugar, gustaríame agradecervos a ti e mais á túa compañeira que elixirades as miñas
novelas para o voso traballo e espero de corazón que vos gustasen. Lamento a demora en
respondervos e espero chegar a tempo, pero por suposto que estou encantada de contestar as vosas
preguntas
- Por que decidiches escribir en galego?
Para min escribir en galego xurdiu de forma natural. Eu comecei escribindo contos para a miña irmá
máis nova cando eramos nenas e, xa na adolescencia, tiven un profesor que me animou a
presentarme a un certame literario. Tratábase do certame literario do concello de Cambre, que é o
meu concello. A partir de aí fun presentándome a outros premios en galego e tiven a sorte de ir
gañando algúns, o que me deu moitos pulos para seguir na escrita. Aproveito para dicirvos que, se
vos gusta escribir, non dubidedes en presentarvos ao certame de Cambre, que ten varias categorías
para as distintas idades e dúas modalidades, poesía e relato, así que é moi completo.
- Tes algún lugar ou momento de inspiración para escribir?
Non en especial, eu penso que se pode escribir en calquera momento e lugar, mesmo sen bolígrafo
nin ordenador. As ideas nacen nas situacións máis impensadas e nunca se sabe cando vai chegar a
inspiración. Eu adoito levar sempre un caderno de notas comigo para ir apuntando as cousas que
vexo ou se me ocorren, malia que despois escribo as novelas a ordenador porque me resulta máis
rápido. Resúltame moi inspirador ir no bus porque hai moito tempo para pensar ou pasear pola
natureza porque neses momentos de calma e conexión afloran moitas ideas. En xeral, a escrita
require de soidade e repouso.
- Quen é o autor que máis che inspira?
Esta é unha pregunta das difíciles! Eu admiro a moitos autores e autoras e resúltame imposible elixir
un. De pequena o meu libro favorito era Matilda e, xa na adolescencia, dúas obras que me marcaron
moitísimo foron O sol do verán de Carlos Casares e Jane Eyre de Charlotte Brontë. Recoméndovolas
sen dúbida! Xa cos anos, gustáronme outros moitos autores que sería moi longo enumerar.
Desfruto de todos os tipos de literatura, encántame ler LIX e tamén as novelas de intriga psicolóxica
e tramas intimistas.
- Cando será a seguinte publicación?
Moi axiña! En abril sae a miña próxima novela, A folla azul, premio Merlín. En principio é para un
público infantil, pero penso que lle pode gustar a quen goce das novelas de aventuras e teña interese
pola situación da Amazonia. Trata dunha nena pertencente a unha tribo amazónica non contactada
que vive en harmonía coa natureza. Pero cando os membros da súa tribo comezan a enfermar
contaxiados por unha doenza que lles levou o home branco, emprende unha aventura que a vai levar
moi lonxe do seu poboado na procura dunha cura misteriosa: a folla azul. E ata aquí podo falar
(escribir neste caso) porque está feísimo facerse spoilers a unha mesma!
- Sempre pensaches en dedicarte a escribir?
É o meu soño desde nena, aínda que tamén me gustou sempre o mundo da docencia. Escribir é para
min como respirar, imprescindible. Sempre fun moi lectora e non me imaxino a miña vida sen libros
porque penso que os libros teñen a capacidade de mellorar a nosa existencia: consólannos cando
estamos tristes, acompáñannos no camiño, cúrannos da soidade e amplían a paisaxe do noso
pensamento. A literatura é algo moi especial e querido para min e supoño que escribo para compartir
ese amor pola palabra escrita.
- Cale é o teu xénero preferido?
De todo! Leo sobre todo narrativa e dentro desta, novela. Pero tamén me gustan os contos e, de
feito, escribín moitos, sobre todo na adolescencia. Desfruto moito coa poesía e ultimamente leo
bastante ensaio e literatura de non ficción. Aos poucos vou coñecendo máis da banda deseñada, que
de pequena non me interesaba e á que fun colléndolle o gusto co tempo porque nunca é tarde!
Co respecto ao libro titulado: O que sei do silencio
- Por qué decidiches dar iniciativa a este tema?
En realidade, tiven moitas dúbidas con esta historia e mesmo pensei en non publicala. A historia
parte dun caso real do que me falaron, malia que sen detalles nin identidades, preservando en todo
momento a anonimia dos protagonistas. A partir de esa base real escribín o relato que ten tamén
unha boa dose de ficción. Dubidei sobre se publicalo ou non porque me parecía que o acoso era un
tema do pasado, pero a obra quedou finalista do Premio Raíña Lupa e finalmente saíu á luz. A miña
sorpresa chegou cando comecei a visitar os centros escolares para falar da novela e os rapaces e
rapazas foron contándome historias de casos de acoso que estaban a vivir ou viviran na súa
experiencia académica. Se o acoso escolar segue existindo entón aínda fan falta novelas como O
que sei do silencio. Hai que falar dos temas que nos preocupan, ser conscientes da súa existencia.
Houbo algúns adolescentes que me dixeron que se sentiron acompañados por este libro, xa que
tamén eles foran vítimas de acoso. Ese para min é o propósito máis importante da literatura.
- Que acontecemento che levou a falar sobre o acoso escolar? Algunha experiencia real?
Si, o libro está baseado nunha experiencia que me contaron. Eu nunca sufrín acoso e tampouco fun
acosadora activa. Pero, como todos e todas nalgún momento das nosas vidas, fun acosadora pasiva
porque ignorei situacións de malestar de compañeiros do instituto. De aí naceu o personaxe de
Delia, que é testemuña duns feitos tremendos, pero que non se atreve a denuncialos por medo. Ela
é un exemplo de acosadora pasiva que, aos poucos, vai decatándose do importante que foi o seu
silencio, nun sentido negativo. Se os acosadores pasivos denuncian o acoso, este detense, dado que
son unha parte fundamental do problema.
Co respecto ao libro titulado: Europa Express
- Que che levou a escribir sobre a superación da morte?
A idea de Europa Express xurdiu das miñas viaxes de interrail, que realicei en varios veráns na
compaña de distintos amigos e amigas. Algúns anos despois, mentres repasaba os meus diarios de
viaxe, decateime de que tiña material para escribir unha novela. Apetecíame escribir unha historia
de intriga psicolóxica e foi así como naceu a trama: un grupo de amigos que, dez anos despois da
viaxe que marcou as súas vidas, deben desvelar a causa da morte dun deles.
- Os lugares da obra están inspirados en alguna realidade?
Claro! Eu estiven en todos eles e e escollinos precisamente porque foron moi especiais para min.
Eu parézome a Nico, o protagonista, porque tamén colecciono postais e mentres ía escribindo a
novela repasaba a miña colección para lembrar os sitios e ir facendo as descricións. Encántame
viaxar e de feito creo que a literatura e as viaxes teñen moito que ver: aprendes cousas novas,
amplías horizontes, medras no camiño e deixan un espazo enorme para soñar.
Moitas grazas de antemano pola tua atención. Unha aperta!
Moitísimas grazas a vós por estas preguntas tan interesantes, espero ter respondido as vosas
dúbidas, pero se necesitades calquera aclaración non dubidedes en escribirme por Instagram ou
Facebook ou ao meu correo. Non perdades a vosa curiosidade e iniciativa, a vosa sensibilidade e
seguide desfrutando da lectura e dos soños. Unha aperta enorme para as dúas!

More Related Content

What's hot

Cartas de inverno de Agustín Fernández Paz
Cartas de inverno de Agustín Fernández PazCartas de inverno de Agustín Fernández Paz
Cartas de inverno de Agustín Fernández Paz
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Recension lucia suarez
Recension lucia suarezRecension lucia suarez
Recension lucia suarez
RemoeaLinguaLinguaGa
 
O corazon de x upiter helena santos
O corazon de x upiter  helena santosO corazon de x upiter  helena santos
O corazon de x upiter helena santos
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Morning star
Morning starMorning star
Morning star
RemoeaLinguaLinguaGa
 
As sete mortes
As sete mortesAs sete mortes
As sete mortes
normalizacioniesn1ordes
 
Cando petan.... samuel
Cando petan.... samuelCando petan.... samuel
Cando petan.... samuel
normalizacioniesn1ordes
 
Cando petan pola noite b
Cando petan pola noite bCando petan pola noite b
Cando petan pola noite b
normalizacioniesn1ordes
 
Bosque cheo de faias
Bosque cheo de faiasBosque cheo de faias
Bosque cheo de faias
RemoeaLinguaLinguaGa
 
O segredo de marco polo
O segredo de marco poloO segredo de marco polo
O segredo de marco polo
normalizacioniesn1ordes
 
Cartas de inverno
Cartas de invernoCartas de inverno
Cartas de inverno
normalizacioniesn1ordes
 
Dragal
DragalDragal
Receension gallego irene romero castro 1bac b
Receension gallego irene romero castro 1bac bReceension gallego irene romero castro 1bac b
Receension gallego irene romero castro 1bac b
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Tristes armas
Tristes armasTristes armas
O corazon de xupiter
O corazon de xupiterO corazon de xupiter
O corazon de xupiter
normalizacioniesn1ordes
 
Uliana
UlianaUliana
Erros e tanatos
Erros e tanatosErros e tanatos
Erros e tanatos
normalizacioniesn1ordes
 
Estrela no vento
Estrela no ventoEstrela no vento
Estrela no vento
normalizacioniesn1ordes
 
Díptico Carlos Casares
Díptico Carlos CasaresDíptico Carlos Casares
Díptico Carlos Casares
Marta Pérez Lage
 
Fina casalderrei óptima
Fina casalderrei óptimaFina casalderrei óptima
Fina casalderrei óptimaAsnosasletras
 
What's hot (20)

Cartas de inverno de Agustín Fernández Paz
Cartas de inverno de Agustín Fernández PazCartas de inverno de Agustín Fernández Paz
Cartas de inverno de Agustín Fernández Paz
 
Recension lucia suarez
Recension lucia suarezRecension lucia suarez
Recension lucia suarez
 
O corazon de x upiter helena santos
O corazon de x upiter  helena santosO corazon de x upiter  helena santos
O corazon de x upiter helena santos
 
Morning star
Morning starMorning star
Morning star
 
As sete mortes
As sete mortesAs sete mortes
As sete mortes
 
Cando petan.... samuel
Cando petan.... samuelCando petan.... samuel
Cando petan.... samuel
 
Cando petan pola noite b
Cando petan pola noite bCando petan pola noite b
Cando petan pola noite b
 
Bosque cheo de faias
Bosque cheo de faiasBosque cheo de faias
Bosque cheo de faias
 
O segredo de marco polo
O segredo de marco poloO segredo de marco polo
O segredo de marco polo
 
Cartas de inverno
Cartas de invernoCartas de inverno
Cartas de inverno
 
Dragal
DragalDragal
Dragal
 
Receension gallego irene romero castro 1bac b
Receension gallego irene romero castro 1bac bReceension gallego irene romero castro 1bac b
Receension gallego irene romero castro 1bac b
 
Tristes armas
Tristes armasTristes armas
Tristes armas
 
O corazon de xupiter
O corazon de xupiterO corazon de xupiter
O corazon de xupiter
 
Uliana
UlianaUliana
Uliana
 
Erros e tanatos
Erros e tanatosErros e tanatos
Erros e tanatos
 
Estrela no vento
Estrela no ventoEstrela no vento
Estrela no vento
 
O meu libro erros e tánatos
O meu libro erros e tánatosO meu libro erros e tánatos
O meu libro erros e tánatos
 
Díptico Carlos Casares
Díptico Carlos CasaresDíptico Carlos Casares
Díptico Carlos Casares
 
Fina casalderrei óptima
Fina casalderrei óptimaFina casalderrei óptima
Fina casalderrei óptima
 
Similar to Entrevista monte das moas

Entrevista a Clara do Roxo
Entrevista a Clara do RoxoEntrevista a Clara do Roxo
Entrevista a Clara do Roxo
Asnosasletras
 
Entrevista ledicia costas
Entrevista ledicia costasEntrevista ledicia costas
Entrevista ledicia costas
Asnosasletras
 
Entrevista Marica Campo
Entrevista Marica CampoEntrevista Marica Campo
Entrevista Marica Campo
Asnosasletras
 
Anxos Sumai
Anxos SumaiAnxos Sumai
Anxos Sumai
Asnosasletras
 
Miguel Suárez Abel
Miguel Suárez AbelMiguel Suárez Abel
Miguel Suárez Abel
Asnosasletras
 
Pepe Carballude
Pepe CarballudePepe Carballude
Pepe Carballude
Asnosasletras
 
María xosé queizán
 María xosé queizán María xosé queizán
María xosé queizánAsnosasletras
 
Xesus Constela
Xesus ConstelaXesus Constela
Xesus Constela
Asnosasletras
 
Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns
Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razónsLecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns
Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns
BibliotecaRevoltas
 
Concha Blanco
Concha BlancoConcha Blanco
Concha Blanco
Asnosasletras
 
María Xosé Queizán
 María Xosé Queizán María Xosé Queizán
María Xosé QueizánAsnosasletras
 
María xosé queizán
 María xosé queizán María xosé queizán
María xosé queizánAsnosasletras
 
Dia do libro, Dani e Simón 1º ESO B
Dia do libro, Dani e Simón 1º ESO BDia do libro, Dani e Simón 1º ESO B
Dia do libro, Dani e Simón 1º ESO Btesafer
 
Entrevista a María Solar
Entrevista  a María SolarEntrevista  a María Solar
Entrevista a María Solar
Biblioteca Escolar Leirado
 
Maria Canosa
Maria Canosa Maria Canosa
Maria Canosa
Asnosasletras
 
Entrevista Miguel Anxo Fernández
Entrevista Miguel Anxo FernándezEntrevista Miguel Anxo Fernández
Entrevista Miguel Anxo Fernández
Asnosasletras
 
Entrevista xosé monteagudo
Entrevista xosé monteagudoEntrevista xosé monteagudo
Entrevista xosé monteagudo
Asnosasletras
 
Similar to Entrevista monte das moas (20)

Marica campo
Marica campoMarica campo
Marica campo
 
Entrevista a Clara do Roxo
Entrevista a Clara do RoxoEntrevista a Clara do Roxo
Entrevista a Clara do Roxo
 
Entrevista ledicia costas
Entrevista ledicia costasEntrevista ledicia costas
Entrevista ledicia costas
 
Entrevista Marica Campo
Entrevista Marica CampoEntrevista Marica Campo
Entrevista Marica Campo
 
Anxos Sumai
Anxos SumaiAnxos Sumai
Anxos Sumai
 
Miguel Suárez Abel
Miguel Suárez AbelMiguel Suárez Abel
Miguel Suárez Abel
 
Pepe Carballude
Pepe CarballudePepe Carballude
Pepe Carballude
 
Fina casalderrei
Fina casalderreiFina casalderrei
Fina casalderrei
 
María xosé queizán
 María xosé queizán María xosé queizán
María xosé queizán
 
Xesus Constela
Xesus ConstelaXesus Constela
Xesus Constela
 
Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns
Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razónsLecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns
Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns
 
Poesía
Poesía Poesía
Poesía
 
Concha Blanco
Concha BlancoConcha Blanco
Concha Blanco
 
María Xosé Queizán
 María Xosé Queizán María Xosé Queizán
María Xosé Queizán
 
María xosé queizán
 María xosé queizán María xosé queizán
María xosé queizán
 
Dia do libro, Dani e Simón 1º ESO B
Dia do libro, Dani e Simón 1º ESO BDia do libro, Dani e Simón 1º ESO B
Dia do libro, Dani e Simón 1º ESO B
 
Entrevista a María Solar
Entrevista  a María SolarEntrevista  a María Solar
Entrevista a María Solar
 
Maria Canosa
Maria Canosa Maria Canosa
Maria Canosa
 
Entrevista Miguel Anxo Fernández
Entrevista Miguel Anxo FernándezEntrevista Miguel Anxo Fernández
Entrevista Miguel Anxo Fernández
 
Entrevista xosé monteagudo
Entrevista xosé monteagudoEntrevista xosé monteagudo
Entrevista xosé monteagudo
 
More from RemoeaLinguaLinguaGa

Revista do EDLG O_Son_Rebuldeiro2024.pdf
Revista do EDLG O_Son_Rebuldeiro2024.pdfRevista do EDLG O_Son_Rebuldeiro2024.pdf
Revista do EDLG O_Son_Rebuldeiro2024.pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
AS NUBES DE ARISTÓFANES NO TELÓN DE AQUILES.pdf
AS NUBES DE ARISTÓFANES NO TELÓN DE AQUILES.pdfAS NUBES DE ARISTÓFANES NO TELÓN DE AQUILES.pdf
AS NUBES DE ARISTÓFANES NO TELÓN DE AQUILES.pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Presentación sobre Évora portugues 2eso.pdf
Presentación sobre Évora portugues 2eso.pdfPresentación sobre Évora portugues 2eso.pdf
Presentación sobre Évora portugues 2eso.pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Lucas Cerqueiro 1ºBach C- A tumba de Breogán.pdf
Lucas Cerqueiro 1ºBach C- A tumba de Breogán.pdfLucas Cerqueiro 1ºBach C- A tumba de Breogán.pdf
Lucas Cerqueiro 1ºBach C- A tumba de Breogán.pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
morning star presentación de xose miranda.pdf
morning star presentación de xose miranda.pdfmorning star presentación de xose miranda.pdf
morning star presentación de xose miranda.pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfa cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
RemoeaLinguaLinguaGa
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
GOA DAMAO DIU PDI DAS VIAGENS IES MONTE DAS MOAS
GOA DAMAO DIU PDI DAS VIAGENS IES MONTE DAS MOASGOA DAMAO DIU PDI DAS VIAGENS IES MONTE DAS MOAS
GOA DAMAO DIU PDI DAS VIAGENS IES MONTE DAS MOAS
RemoeaLinguaLinguaGa
 
RESISTENCIA. Personaxes e o seu perfil no Instagram
RESISTENCIA.  Personaxes e o seu perfil no InstagramRESISTENCIA.  Personaxes e o seu perfil no Instagram
RESISTENCIA. Personaxes e o seu perfil no Instagram
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Feminismos. Libro de A historia cóntana as vencedoras
Feminismos. Libro de A historia cóntana as vencedorasFeminismos. Libro de A historia cóntana as vencedoras
Feminismos. Libro de A historia cóntana as vencedoras
RemoeaLinguaLinguaGa
 
RESISTENCIA_ROSA ANEIROS_CONTAS DE INSTAGRAM DAS PERSONAXES DA NOVELA
RESISTENCIA_ROSA ANEIROS_CONTAS DE INSTAGRAM DAS PERSONAXES DA NOVELARESISTENCIA_ROSA ANEIROS_CONTAS DE INSTAGRAM DAS PERSONAXES DA NOVELA
RESISTENCIA_ROSA ANEIROS_CONTAS DE INSTAGRAM DAS PERSONAXES DA NOVELA
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Os santos nunca dormen-Iván Villar Amado.pdf
Os santos nunca dormen-Iván Villar Amado.pdfOs santos nunca dormen-Iván Villar Amado.pdf
Os santos nunca dormen-Iván Villar Amado.pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
O NENO DO PIXAMA DE RAIAS.pdf
O NENO DO PIXAMA DE RAIAS.pdfO NENO DO PIXAMA DE RAIAS.pdf
O NENO DO PIXAMA DE RAIAS.pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
More from RemoeaLinguaLinguaGa (20)

Entrevista monte das moas

  • 1. Benquerida Carla: En primeiro lugar, gustaríame agradecervos a ti e mais á túa compañeira que elixirades as miñas novelas para o voso traballo e espero de corazón que vos gustasen. Lamento a demora en respondervos e espero chegar a tempo, pero por suposto que estou encantada de contestar as vosas preguntas - Por que decidiches escribir en galego? Para min escribir en galego xurdiu de forma natural. Eu comecei escribindo contos para a miña irmá máis nova cando eramos nenas e, xa na adolescencia, tiven un profesor que me animou a presentarme a un certame literario. Tratábase do certame literario do concello de Cambre, que é o meu concello. A partir de aí fun presentándome a outros premios en galego e tiven a sorte de ir gañando algúns, o que me deu moitos pulos para seguir na escrita. Aproveito para dicirvos que, se vos gusta escribir, non dubidedes en presentarvos ao certame de Cambre, que ten varias categorías para as distintas idades e dúas modalidades, poesía e relato, así que é moi completo. - Tes algún lugar ou momento de inspiración para escribir? Non en especial, eu penso que se pode escribir en calquera momento e lugar, mesmo sen bolígrafo nin ordenador. As ideas nacen nas situacións máis impensadas e nunca se sabe cando vai chegar a inspiración. Eu adoito levar sempre un caderno de notas comigo para ir apuntando as cousas que vexo ou se me ocorren, malia que despois escribo as novelas a ordenador porque me resulta máis rápido. Resúltame moi inspirador ir no bus porque hai moito tempo para pensar ou pasear pola natureza porque neses momentos de calma e conexión afloran moitas ideas. En xeral, a escrita require de soidade e repouso. - Quen é o autor que máis che inspira? Esta é unha pregunta das difíciles! Eu admiro a moitos autores e autoras e resúltame imposible elixir un. De pequena o meu libro favorito era Matilda e, xa na adolescencia, dúas obras que me marcaron moitísimo foron O sol do verán de Carlos Casares e Jane Eyre de Charlotte Brontë. Recoméndovolas sen dúbida! Xa cos anos, gustáronme outros moitos autores que sería moi longo enumerar. Desfruto de todos os tipos de literatura, encántame ler LIX e tamén as novelas de intriga psicolóxica e tramas intimistas.
  • 2. - Cando será a seguinte publicación? Moi axiña! En abril sae a miña próxima novela, A folla azul, premio Merlín. En principio é para un público infantil, pero penso que lle pode gustar a quen goce das novelas de aventuras e teña interese pola situación da Amazonia. Trata dunha nena pertencente a unha tribo amazónica non contactada que vive en harmonía coa natureza. Pero cando os membros da súa tribo comezan a enfermar contaxiados por unha doenza que lles levou o home branco, emprende unha aventura que a vai levar moi lonxe do seu poboado na procura dunha cura misteriosa: a folla azul. E ata aquí podo falar (escribir neste caso) porque está feísimo facerse spoilers a unha mesma! - Sempre pensaches en dedicarte a escribir? É o meu soño desde nena, aínda que tamén me gustou sempre o mundo da docencia. Escribir é para min como respirar, imprescindible. Sempre fun moi lectora e non me imaxino a miña vida sen libros porque penso que os libros teñen a capacidade de mellorar a nosa existencia: consólannos cando estamos tristes, acompáñannos no camiño, cúrannos da soidade e amplían a paisaxe do noso pensamento. A literatura é algo moi especial e querido para min e supoño que escribo para compartir ese amor pola palabra escrita. - Cale é o teu xénero preferido? De todo! Leo sobre todo narrativa e dentro desta, novela. Pero tamén me gustan os contos e, de feito, escribín moitos, sobre todo na adolescencia. Desfruto moito coa poesía e ultimamente leo bastante ensaio e literatura de non ficción. Aos poucos vou coñecendo máis da banda deseñada, que de pequena non me interesaba e á que fun colléndolle o gusto co tempo porque nunca é tarde! Co respecto ao libro titulado: O que sei do silencio - Por qué decidiches dar iniciativa a este tema? En realidade, tiven moitas dúbidas con esta historia e mesmo pensei en non publicala. A historia parte dun caso real do que me falaron, malia que sen detalles nin identidades, preservando en todo
  • 3. momento a anonimia dos protagonistas. A partir de esa base real escribín o relato que ten tamén unha boa dose de ficción. Dubidei sobre se publicalo ou non porque me parecía que o acoso era un tema do pasado, pero a obra quedou finalista do Premio Raíña Lupa e finalmente saíu á luz. A miña sorpresa chegou cando comecei a visitar os centros escolares para falar da novela e os rapaces e rapazas foron contándome historias de casos de acoso que estaban a vivir ou viviran na súa experiencia académica. Se o acoso escolar segue existindo entón aínda fan falta novelas como O que sei do silencio. Hai que falar dos temas que nos preocupan, ser conscientes da súa existencia. Houbo algúns adolescentes que me dixeron que se sentiron acompañados por este libro, xa que tamén eles foran vítimas de acoso. Ese para min é o propósito máis importante da literatura. - Que acontecemento che levou a falar sobre o acoso escolar? Algunha experiencia real? Si, o libro está baseado nunha experiencia que me contaron. Eu nunca sufrín acoso e tampouco fun acosadora activa. Pero, como todos e todas nalgún momento das nosas vidas, fun acosadora pasiva porque ignorei situacións de malestar de compañeiros do instituto. De aí naceu o personaxe de Delia, que é testemuña duns feitos tremendos, pero que non se atreve a denuncialos por medo. Ela é un exemplo de acosadora pasiva que, aos poucos, vai decatándose do importante que foi o seu silencio, nun sentido negativo. Se os acosadores pasivos denuncian o acoso, este detense, dado que son unha parte fundamental do problema. Co respecto ao libro titulado: Europa Express - Que che levou a escribir sobre a superación da morte? A idea de Europa Express xurdiu das miñas viaxes de interrail, que realicei en varios veráns na compaña de distintos amigos e amigas. Algúns anos despois, mentres repasaba os meus diarios de viaxe, decateime de que tiña material para escribir unha novela. Apetecíame escribir unha historia de intriga psicolóxica e foi así como naceu a trama: un grupo de amigos que, dez anos despois da viaxe que marcou as súas vidas, deben desvelar a causa da morte dun deles. - Os lugares da obra están inspirados en alguna realidade?
  • 4. Claro! Eu estiven en todos eles e e escollinos precisamente porque foron moi especiais para min. Eu parézome a Nico, o protagonista, porque tamén colecciono postais e mentres ía escribindo a novela repasaba a miña colección para lembrar os sitios e ir facendo as descricións. Encántame viaxar e de feito creo que a literatura e as viaxes teñen moito que ver: aprendes cousas novas, amplías horizontes, medras no camiño e deixan un espazo enorme para soñar. Moitas grazas de antemano pola tua atención. Unha aperta! Moitísimas grazas a vós por estas preguntas tan interesantes, espero ter respondido as vosas dúbidas, pero se necesitades calquera aclaración non dubidedes en escribirme por Instagram ou Facebook ou ao meu correo. Non perdades a vosa curiosidade e iniciativa, a vosa sensibilidade e seguide desfrutando da lectura e dos soños. Unha aperta enorme para as dúas!