SlideShare a Scribd company logo
E por que non funcionari@s?
       Os funcionarios da Xunta de Galicia en Lugo pasarán a ser
       funcionarias. E non é que se vaian operar, ou que os todos varóns
       que traballan no edificio administrativo vaian deixar ocupar os seus
       postos por mulleres. Do que se trata é dun acordo da xunta de
       persoal polo cal as persoas que traballen nos organismos
       autonómicos da provincia pasan de ser "funcionarios" a
       "funcionarias", por seren as mulleres maioría deste colectivo nun 60
       por cento. A decisión, que aínda non se fixo efectiva, está a causar
       centos de bromas e algún que outro cabreo dentro do sector
       masculino das funcionarias...

A idea de levar esta proposta á xunta de persoal da Xunta tívoa unha
representante da CIG a raíz da Marcha Mundial das Mulleres que se celebrou o
pasado ano. Sabela Rodríguez propúxoa nunha reunión da xunta na que, por certo,
ela era a única muller. Os varóns recibiron a idea non sen certa sorna, e finalmente
aprobouse sen unanimidade. E é que ao argumento que puxo Fernández non lle falta
razón: "durante miles de anos as mulleres estiveron invisibles, porque se
empregaba o masculino, e se os homes agora se sinten diluidos nesa maioría
feminina tampouco é tan grave".

Outro argumento, exposto polo secretario da xunta de persoal, é o carácter
farragoso de moitos textos administrativos por culpa da fórmula "a/o", máis
politicamente correcta, que se emprega normalmente: "Queremos facer uns textos
que se entendan, e vimos que coa fórmula os/as ou facendo referencia aos dous
xéneros non o conseguíamos". Sabela Rodríguez engade que "hai xente que chega a
ler na expresión querido/a a palabra querindola".

Difícil é opoñerse as poderosas razóns das mulleres, que parece que agora teñen
"tomada" efectivamente a Administración. O caso é que a decisión, aínda que de
momento no se levara á práctica, xa cumpriu o seu principal obxectivo: chamar a
atención sobre unha linguaxe sexista que leva séculos funcionando sen que ninguén
protestase, e á que non lle viría mal unha revisión xusto cando empeza o chamado
"século das mulleres".


1.   Resume
2.   Tema
3.   Esquema das ideas do mesmo
4.   Comentario crítico.

More Related Content

More from xenevra

Postal dos correios.pdf
Postal dos correios.pdfPostal dos correios.pdf
Postal dos correios.pdf
xenevra
 
Tema 7
Tema 7Tema 7
Tema 7
xenevra
 
Finssec XX
Finssec XXFinssec XX
Finssec XX
xenevra
 
A prosa de fins do século XX
A prosa de fins do século XXA prosa de fins do século XX
A prosa de fins do século XX
xenevra
 
A poesía de finais do XX
A poesía de finais do XXA poesía de finais do XX
A poesía de finais do XX
xenevra
 
Literatura do exilio.
Literatura do exilio.Literatura do exilio.
Literatura do exilio.
xenevra
 
Apuntes sintaxe
Apuntes sintaxe Apuntes sintaxe
Apuntes sintaxe
xenevra
 
A poesía de vangarda
A poesía de vangardaA poesía de vangarda
A poesía de vangarda
xenevra
 
Poesia das irmandades 21
Poesia das irmandades 21Poesia das irmandades 21
Poesia das irmandades 21
xenevra
 
Xeracion nos 21
Xeracion nos 21Xeracion nos 21
Xeracion nos 21
xenevra
 
A prosa do primeiro terzo do século XX
A prosa do primeiro terzo do século XXA prosa do primeiro terzo do século XX
A prosa do primeiro terzo do século XX
xenevra
 
Tema6 20
Tema6 20Tema6 20
Tema6 20
xenevra
 
Tema5 lite20
Tema5 lite20Tema5 lite20
Tema5 lite20
xenevra
 
primeiro terzo lingua
primeiro terzo linguaprimeiro terzo lingua
primeiro terzo lingua
xenevra
 
Xeracion Nós
Xeracion NósXeracion Nós
Xeracion Nós
xenevra
 
Prexuizos
PrexuizosPrexuizos
Prexuizos
xenevra
 
A prosa do 36 ao 75
A prosa do 36 ao 75A prosa do 36 ao 75
A prosa do 36 ao 75
xenevra
 
Carta
CartaCarta
Carta
xenevra
 
Era uma vez 25 de abril
Era uma vez 25 de abrilEra uma vez 25 de abril
Era uma vez 25 de abril
xenevra
 
Primeiro terzo lingua
Primeiro terzo linguaPrimeiro terzo lingua
Primeiro terzo lingua
xenevra
 

More from xenevra (20)

Postal dos correios.pdf
Postal dos correios.pdfPostal dos correios.pdf
Postal dos correios.pdf
 
Tema 7
Tema 7Tema 7
Tema 7
 
Finssec XX
Finssec XXFinssec XX
Finssec XX
 
A prosa de fins do século XX
A prosa de fins do século XXA prosa de fins do século XX
A prosa de fins do século XX
 
A poesía de finais do XX
A poesía de finais do XXA poesía de finais do XX
A poesía de finais do XX
 
Literatura do exilio.
Literatura do exilio.Literatura do exilio.
Literatura do exilio.
 
Apuntes sintaxe
Apuntes sintaxe Apuntes sintaxe
Apuntes sintaxe
 
A poesía de vangarda
A poesía de vangardaA poesía de vangarda
A poesía de vangarda
 
Poesia das irmandades 21
Poesia das irmandades 21Poesia das irmandades 21
Poesia das irmandades 21
 
Xeracion nos 21
Xeracion nos 21Xeracion nos 21
Xeracion nos 21
 
A prosa do primeiro terzo do século XX
A prosa do primeiro terzo do século XXA prosa do primeiro terzo do século XX
A prosa do primeiro terzo do século XX
 
Tema6 20
Tema6 20Tema6 20
Tema6 20
 
Tema5 lite20
Tema5 lite20Tema5 lite20
Tema5 lite20
 
primeiro terzo lingua
primeiro terzo linguaprimeiro terzo lingua
primeiro terzo lingua
 
Xeracion Nós
Xeracion NósXeracion Nós
Xeracion Nós
 
Prexuizos
PrexuizosPrexuizos
Prexuizos
 
A prosa do 36 ao 75
A prosa do 36 ao 75A prosa do 36 ao 75
A prosa do 36 ao 75
 
Carta
CartaCarta
Carta
 
Era uma vez 25 de abril
Era uma vez 25 de abrilEra uma vez 25 de abril
Era uma vez 25 de abril
 
Primeiro terzo lingua
Primeiro terzo linguaPrimeiro terzo lingua
Primeiro terzo lingua
 

E por que non funcionari

  • 1. E por que non funcionari@s? Os funcionarios da Xunta de Galicia en Lugo pasarán a ser funcionarias. E non é que se vaian operar, ou que os todos varóns que traballan no edificio administrativo vaian deixar ocupar os seus postos por mulleres. Do que se trata é dun acordo da xunta de persoal polo cal as persoas que traballen nos organismos autonómicos da provincia pasan de ser "funcionarios" a "funcionarias", por seren as mulleres maioría deste colectivo nun 60 por cento. A decisión, que aínda non se fixo efectiva, está a causar centos de bromas e algún que outro cabreo dentro do sector masculino das funcionarias... A idea de levar esta proposta á xunta de persoal da Xunta tívoa unha representante da CIG a raíz da Marcha Mundial das Mulleres que se celebrou o pasado ano. Sabela Rodríguez propúxoa nunha reunión da xunta na que, por certo, ela era a única muller. Os varóns recibiron a idea non sen certa sorna, e finalmente aprobouse sen unanimidade. E é que ao argumento que puxo Fernández non lle falta razón: "durante miles de anos as mulleres estiveron invisibles, porque se empregaba o masculino, e se os homes agora se sinten diluidos nesa maioría feminina tampouco é tan grave". Outro argumento, exposto polo secretario da xunta de persoal, é o carácter farragoso de moitos textos administrativos por culpa da fórmula "a/o", máis politicamente correcta, que se emprega normalmente: "Queremos facer uns textos que se entendan, e vimos que coa fórmula os/as ou facendo referencia aos dous xéneros non o conseguíamos". Sabela Rodríguez engade que "hai xente que chega a ler na expresión querido/a a palabra querindola". Difícil é opoñerse as poderosas razóns das mulleres, que parece que agora teñen "tomada" efectivamente a Administración. O caso é que a decisión, aínda que de momento no se levara á práctica, xa cumpriu o seu principal obxectivo: chamar a atención sobre unha linguaxe sexista que leva séculos funcionando sen que ninguén protestase, e á que non lle viría mal unha revisión xusto cando empeza o chamado "século das mulleres". 1. Resume 2. Tema 3. Esquema das ideas do mesmo 4. Comentario crítico.