A illa da Gomera acolle importantes valores naturais, en especial no Parque Nacional de Garajonay:
-Bosques maduros de laurisilva, reliquias da Era Terciaria, que desapareceron nos demais lugares a causa dos cambios climáticos do cuaternario. Garajonay concentra a metade da extensión de laurisilva madura das illas Canarias.
-Diversidade de tipos de formacións vexetais.
-Bo estado de conservación dos bosques con abundantes árboles vellos de gran tamaño
-Elevadísimo número de especies endémicas de flora e de fauna.
-Espectaculares monumentos xeolóxicos, como os Roques.
A illa da Gomera acolle importantes valores naturais, en especial no Parque Nacional de Garajonay:
-Bosques maduros de laurisilva, reliquias da Era Terciaria, que desapareceron nos demais lugares a causa dos cambios climáticos do cuaternario. Garajonay concentra a metade da extensión de laurisilva madura das illas Canarias.
-Diversidade de tipos de formacións vexetais.
-Bo estado de conservación dos bosques con abundantes árboles vellos de gran tamaño
-Elevadísimo número de especies endémicas de flora e de fauna.
-Espectaculares monumentos xeolóxicos, como os Roques.
Presentación que se vai a usar en clase de 3º de ESO da materia de Xeografia e Historia. Neste caso é unha pequena selección de obras de arte do renacemento clásico (Quattrocento e Cinquecento). Non me parece a mellor, pero para sacarme do apuro vale perfectamente.
Presentación sobre a arte Románica para os alumnos de ESO. Aqui presentase unha pequenas selección sobre as características de arquitectura, escultura e pintura, así como unha pequena selección de obras de arte.
Presentación sobre o Renacemento, para 2 de ESO. Presentación moi sinxela, para analizar un pouco as características tipicas do Renacemento, e analizar algunha das súas obras de arte.
Breve presentación para analizar as transformacións económicas e sociais, que deron paso dende a Idade Media a Idade Moderna en Europa. Presentación feita en galego.
6. Clima Ecuatorial.
1. Localización. Atopámonos este tipo de clima por onde pasa o
ecuador en: América (Cunca do Amazonas e gran parte de América
Central), África (Cunca do Congo, Costa Noroeste do Golfo de Guinea
e Costa Este de Madagascar) e a maior parte das illas do Sudeste
Asiático.
2. Temperaturas. Altas o redor dos 25º C e constantes o longo de todo
o ano, cunha escasa oscilación térmica anual.
3. Precipitacións. Abundantes ó longo de todo o ano.
4. Paisaxe vexetal. Esta vexetación é moi exuberante e moi mesta. A
tipo de vexetación máis típico é a selva, propiciada polo calor e unhas
precipitacións moi abundante. A selva descríbese como unha
vexetación moi mesta e case impenetrable que se organiza en pisos: no
primeiro piso, arbustos e herbas colocadas no chan; no segundo piso,
arbores; e no terceiro piso, arbores enormes que chegan os 30 ou 40 m
de altura. Tamén atopamos plantas parasitas (musgos, liquenes, lianas,
etc..) que se sitúan entre os pisos.
12. Clima Tropical.
Localización. Este clima aparece a medida que nos distanciamos do ecuador, motivo
polo que se sitúa o Norte e Sur do Clima Ecuatorial. Tendo presencia en América,
África e Noroeste de Australia.
Temperaturas. Altas durante todo o ano, pero son máis altas no verán debido a
inclinación dos raios solares.
Precipitación. Son abundantes o longo do ano, pero atopamos a existencia de dúas
estacións, marcada pola importancia das precipitacións: estación chuviosa (que será
onde se produzan a maioría das precipitación, coincide co verán) e estación seca (onde
as precipitacións son escasas e coincide co inverno).
Paisaxe vexetal. Destaca a existencia da Sabana, que dependendo da duración da
estación seca poden verse dúas variantes: sabana arbolada, na que aparecen un bosque
disperso e con arbores máis adaptados a sequidade; e a sabana herbácea. Esta última
destaca pola existencia de una vexetación herbácea que na estación húmida pode
chegar os dous metros de altura, que na estación seca morre pola ausencia de auga.
17. Clima Tropical Monzónico.
Localización. Atopase no Sudeste asiático, ocupando gran parte da India,
Indochina e Sur de China.
Precipitacións. Repártense de modo desigual o longo do ano. Aparece en
primeiro lugar unha Estación Chuviosa, no que se dan enormes
precipitacións. Estas enormes precipitacións que provoca o desbordamento
dos ríos e asolagamentos.
En segundo lugar, esta a Estación Seca, na que as precipitacións son
moito menos abundantes e nalgúns casos inexistentes. Nesta estación as
precipitacións provoca que os ríos cambien o seu caudal.
Temperaturas. As temperaturas son altas, pero presentan unha clara
oscilación térmica o longo do ano, producido pola inclinación dos raios de
sol.
Paisaxe Vexetal. Oscila entre vexetación típica de selva ou sabana,
dependendo da duración da estación chuviosa.
18. Os Monzóns
Mecanismos dos Monzóns .
Os monzóns son o nome que reciben os ventos nesta zona. A
peculiaridade xeográfica desta zona, fronte o Océano Indico e a súa
situación na zona ecuatorial provocou una peculiaridade climática.
Durante o verán, a consecuencia das altas temperaturas, prodúcese
unha forte evaporación de auga nas zonas mariñas. Esta humidade é
transportada polos ventos procedentes do Sudoeste no verán,
provocando o Monzón do Verán, que cando chegan a terra
descargan unhas enormes precipitacións.
No inverno cambian as tornas, e o vento precede dende o continente,
que é seco e frío. Este produce o Monzón de Inverno.
22. Clima Desértico.
Localización. Situase ó redor dos trópicos, e nas zonas máis
afastadas do ecuador. Neste podemos atoparnos: o Sahara
(ocupando gran parte do Norte de África), Centro de Australia
e Rexión costeiras de África e América (causada polas
correntes mariñas frías que chegan ata as súas costas).
Precipitacións. Escasa durante todo o ano ou nulas.
Temperaturas. As temperaturas son altas, pero cunha alta
oscilación térmica anual. Pero tamén teñen unha alta
oscilación térmica diaria, que no verán pode chegar os 40º C
diarios.
Paisaxe Vexetal. A penas existe. Aínda que cando aparece
esta composta de matos espiñosos.