2. Os caligramas son palabras colocadas de maneira que forman un debuxo.
Os primeiros caligramas apareceron no período helenístico, no século IV a.C.
Esto ten orixe no ámbito relixioso, pois procede de ofrendas aos deuses. O
caligrama máis coñecido de esta época é o poema-ovo de Simmias.
Os caligramas foron copiados polos latinos, que os chamaron technopaegnia
ou carmina figurata.
3. Os caligramas non foron descoñecidos durante a Idade Media, pero non eran caligramas
propiamente ditos, pois conteñían elementos pictóricos.
O humanismo do século XVI redescubriu esta modalidade, tratou de imitala, e a creación de
pictogramas se revitalizou. A imaxe clásica do pictograma de ovo apareceu moi a miúdo nesta
época.
4. Durante o período do barroco non se conserva ningún caligrama español. Sen embargo, sí
se conservan moitos dos Países Baixos. En Alemaña tamén tiveron moita importanci., Se
soían mandar nas follas de felicitación, pésame, etc. As formas máis utilizadas eran a copa
e o corazón.
No século XVIII seguiron teñendo moita importancia en Alemaña. Coñécense caligramas
anónimos escritos para acontecementos cotidianos.
Nesta época tamén tiveron este tipo de composicións nas sátiras políticas.
5. No século XIX segue a evolucionar. É moi coñecido nesta época o caligrama que aparece
no terciro capítulo de Alicia no País das Maravillas.
Cara 1913, Whilem Apollinaris de Kostrowitsky, máis coñecido como Guillaume Apollinaire,
pubicou na revista "Les soirées de Paris" estas creacións, ás que chamou idéogrammes
lyriques. En 1918, publicou o seu libro chamado Calligrammes.Poémes de la Poix et de la
Guerre. Por isto, a Guillaume se lle considera o pai do caligrama moderno.