Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

Os caligramas lucia concheiro 1ºB

  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

Os caligramas lucia concheiro 1ºB

  1. 1. QUE É UN CALIGRAMA? O caligrama é un poema, frase ou palabra cuxo propósito é formar unha figura acerca do que trata o poema, na cal a tipografía, caligrafía ou o texto manuscrito arránxase ou configura de tal maneira que crea unha especie de imaxe visual (poesía visual). A imaxe creada polas palabras expresa visualmente o que a palabra ou palabras din.
  2. 2. A HISTORIA DOS CALIGRAMAS Os primeiros caligramas coñecidos débense a poetas gregos do período helenístico (século IV- ano 30 a.C) Esta modalidade poética ten unha raíz relixiosa, pois procede de ofrendas e exvotos sobre os que se inscribían o nome do doador e a ocasión da doazón en liñas -ou versos- que, por necesidade se adaptaban á forma do obxecto ofrecido. O poema-ovo de Simmias foi composto sobre este obxecto. A súa lectura debía facerse xirando a man. A técnica foi imitada por poetas latinos. Os romanos chamaron a estas poesías- e a outras nas que dalgún modo interviñan factores visuais- technopaegnia (nome proposto por Ausonio) ou carmina figurata.
  3. 3. Se existiu algún caligrama en español, non se conserva. Non se exclúe a posibilidade de que existisen, pero deberon de ser casos illados. O humanismo renacentista dos Séculos de Ouro non foi o suficientemente forte para asimilar esta tradición clásica.Non obstante, consérvanse moitos exemplos procedentes do Países Baixos. En Alemaña, os caligramas tamén tiveron unha considerable importancia. Coñécense moitos editados en follas soltas de felicitación, pésame, etc. nos que predominan as formas de copa e corazón. Os caligramas máis famosos foron os dos poetas da "escola de Nürnberg", os que escribiron moitas poesías deste tipo co desexo de seguir ata o último extremo o principio horaciano ut pictura poesis (como a pintura así é a poesía). Italia, Francia e Inglaterra tamén deron exemplos do cultivo desta modalidade poética.
  4. 4. O caligrama segue o seu percorrido histórico. Do século XIX é o coñecido caligrama que Lewis Carrol incluíu no capítulo terceiro do seu libro Alicia no País das Marabillas (1865).Cara a 1913, Wilhelm Apollinaris de Kostrowitsky, máis coñecido como Guillaume Apollinaire (1880-1918), volve cultivar o technopaegnia. O poeta e crítico francés chamou idéogrammes lyriques ás súas primeiras producións, que apareceron na revista Les Soirées de París (1914). En 1918 publícase o libro de Apollinaire titulado precisamente Calligrammes. Poémes de la Paix et da Guerre (1913-1916). Este libro inicia a revitalización dos caligramas. Co fervor vangardista dos anos 20, estas composicións, consideradas unha novidade absoluta, puxéronse de moda en todo o mundo occidental.O caligrama moderno saíu do estrito mundo literario para invadir a publicidade, o cómic, as cubertas dos libros, etc.
  5. 5. BIBLIOGRAFÍAImaxes de google imaxes.Información de wikipedia y materiales de lengua y literatura.

×