SlideShare a Scribd company logo
1 of 16
Download to read offline
CHROMA KEY
EDLG. yolick@edu.xunta.gal
Un recurso para o audiovisual
I.- DEFINICIÓN.
Segundo o dicionario do British
Kinematograph, Croma ( Chroma ) é o
compoñente do sinal de vídeo que leva a
información da cor. Por extensión, o grao
ou nivel de saturación da cor.
Croma key significa, literalmente, chave
de cor. Así, pois, un croma key ou chave
de cor consiste en extraer unha cor da
imaxe e substituír a área que ocupaba por
outra imaxe, coa axuda dun equipo
especializado e un editor de video. Isto
faise habitualmente rodando o personaxe
cun fondo verde croma ou en ocasións
azul croma.
Por que ten que ser en concreto a cor
verde ou azul?. A resposta é que estas
dúas cores son as cores máis afastadas
ao ton da nosa pel. A pel ten un alto
compoñente de vermello/magenta, algo
de verde e moi pouco de azul e é por
isto polo que se utilizan ditas cores. Se
ben a cor máis usada para o fondo era o
azul, o verde impúxose ao ser o sensor
da cámara mais sensible a el e tamén
porque a roupa azul é moito máis
común que a verde.
II.- TIPOS DE CROMA.
Podemos ter o croma en moitas formas; unha tea, unha parede pintada, cartolina de
cor, cromas pregables.. etc. É importante que a superficie non teña ningunha engurra.
Se imos usar unha tea, podemos axudarnos con pinzas para mantela estirada.
Telas de croma
Fondos de papel
Croma plegable
Escenario croma
https://youtu.be/TZGpUbOcT2M
Hai que ter en conta certos aspectos á hora de
traballar cun croma como son:
• A cor do vestiario, o pelo, os obxectos que
aparezan en escena... Ningún elemento da
escena debe ser da mesma cor do fondo (pois
sería eliminado da imaxe), e en vestiario,
peiteado, etc. débense evitar os bordes pouco
definidos, xa que será mais difícil axustar o
croma.
• https://www.youtube.com/watch?v=sIbpNte_y4w
• Tamén hai que ter en conta se se grava en
localizacións exteriores ou en interiores, ou se
son de día ou de noite.
PREME NAS IMAXES PARA VER
OS VÍDEOS
III.- A ILUMINACIÓN DO CROMA.
Como se ten que iluminar?
A iluminación ten que ser uniforme porque desta forma a tarefa de postprodución será
máis doada e a ser posible difusa. Para ter unha boa iluminación temos que iluminar por
separado o fondo croma e o personaxe a gravar. O ideal é contar con dous focos paralelos
colocados a media altura (45º) e se se pode, un cenital que complemente a iluminación
dende arriba. Os focos que colocamos a media altura paralelos, teñen que quedar por
detrás do suxeito para non proxectar sombras del sobre o fondo.
O suxeito deberá estar situado a unha distancia de 2 metros
como mínimo do croma para non proxectar sombra, e
variará segundo o aberto ou pechado que estea o plano.
O suxeito ten que ter iluminación, que a ser posible,
non interfira na iluminación do fondo, polo que
colocaremos outros dous focos paralelos a maior
distancia respecto do fondo, e por diante do suxeito
enfocándoo. Por último, a colocación da cámara debe
facer posible que o encadre recolla a nosa escena
completa e o fondo verde uniforme á vez.
Para que o efecto sexa completo e se eviten reflexos e
brillos, a luz coa que se iluminan tanto a acción como o
fondo, debe ser branca e, a poder ser, producida con
tubos fluorescentes de alta frecuencia que eviten o
pestanexo (flicker) que se produce se se filma a distintas
velocidades.
A razón pola que se prefire o uso de fluorescentes en
lugar de lámpadas de tungsteno é que estas desprenden
pequenas emisións de tons ocres que interfiren no
proceso.
III.-COMO SE FAI?
1. Como dixemos antes, é moi importante iluminar o fondo e o personaxe por separado.
➢ O fondo ten que iluminarse o máis plano e liso posible. Sen sombras e con fontes de
luz difusa (que non produzan sombras definidas). Se se usa tea de croma é moi
importante que non teña engurras.
2. Rodarase a escena sempre tendo moi en conta o tamaño do plano, ángulo...
3. Despois, utilizando un ordenador cun software especializado, eliminaremos o croma e
integraremos a imaxe ou vídeo que queramos inserir.
➢ Hai distintos editores de video cos que se pode facer Croma como poden ser:
• Filmora
• Camtasia
• Pinnacle Studio
• OpenShot
IV.- Como facer o croma con Filmora
Creamos un proxecto novo e importamos o contido; neste exemplo importamos o
clip de video co croma de fondo e unha imaxe ou vídeo para substituír o fondo.
Arrastramos o clip de video á pista e premendo encima dela co botón secundario
ábresenos unha pantalla na que prememos en pantalla verde .
Automaticamente o fondo verde desaparece para converterse en negro. Podemos
axustar o fondo se é que non queda ben definido con niveles de tolerancia, grosor do
borde, pluma…
Por último arrastramos a foto ou vídeo que queiramos poñer de fondo á pista de
abaixo. Sempre ten que quedar na pista superior a imaxe croma, e na de abaixo,
o fondo que queremos colocar.
O resultado será este.
RECURSOS PARA AS NOSAS MONTAXES CON CROMA
https://www.youtube.com/watch?v=AEmtc6RhvfI
https://www.youtube.com/watch?v=GtqyuKFn--8
https://www.youtube.com/watch?v=46zhIz1JqZc
En internet podemos atopar recursos para realizar as nosas montaxes, como poden
ser fondos, imaxes, vídeos, distintos efectos…. Só tedes que facer unha busca e
atoparedes infinidade deles libres de dereitos para descargar e utilizar no voso vídeo.
https://www.youtube.com/watch?v=ksemLWNd42k
https://www.youtube.com/watch?v=tIfhfR9zvhQ
https://www.youtube.com/watch?v=DbosTvter7s
PREME NAS IMAXES PARA VER OS VÍDEOS
E se tedes algunha dúbida, non deixedes de
facer as vosas consultas no seguinte enderezo:
yolick@edu.xunta.gal
Moitas grazas

More Related Content

More from Yolanda Castro

A cadeira vermella conto ilustrado
A cadeira vermella conto ilustradoA cadeira vermella conto ilustrado
A cadeira vermella conto ilustradoYolanda Castro
 
Plantilla percorrido de santiago
Plantilla percorrido de santiagoPlantilla percorrido de santiago
Plantilla percorrido de santiagoYolanda Castro
 
Unidade didactica entroido
Unidade didactica entroidoUnidade didactica entroido
Unidade didactica entroidoYolanda Castro
 
Monfero manifesto paz 2019
Monfero manifesto paz 2019Monfero manifesto paz 2019
Monfero manifesto paz 2019Yolanda Castro
 
Ecoactive por Pablo y Marta
Ecoactive por Pablo y MartaEcoactive por Pablo y Marta
Ecoactive por Pablo y MartaYolanda Castro
 
My reflection about the erasmus to croatia
My reflection about the erasmus to croatiaMy reflection about the erasmus to croatia
My reflection about the erasmus to croatiaYolanda Castro
 
My experience learning about ecology in croatia
My experience learning about ecology in croatiaMy experience learning about ecology in croatia
My experience learning about ecology in croatiaYolanda Castro
 
Programa xx asamblea red de centros solidarios. cpi Virxe da Cela. Monfero
Programa xx asamblea red de centros solidarios. cpi Virxe da Cela. MonferoPrograma xx asamblea red de centros solidarios. cpi Virxe da Cela. Monfero
Programa xx asamblea red de centros solidarios. cpi Virxe da Cela. MonferoYolanda Castro
 
Manifesto Día Internacional contra a Violencia de Xénero
Manifesto Día Internacional contra a Violencia de XéneroManifesto Día Internacional contra a Violencia de Xénero
Manifesto Día Internacional contra a Violencia de XéneroYolanda Castro
 
Bases concurso Fotografía Concello de Ares
Bases concurso Fotografía Concello de AresBases concurso Fotografía Concello de Ares
Bases concurso Fotografía Concello de AresYolanda Castro
 
Revista ALBARES. Curso 2017-2018
Revista ALBARES. Curso 2017-2018Revista ALBARES. Curso 2017-2018
Revista ALBARES. Curso 2017-2018Yolanda Castro
 
Manifesto 8 marzo, Día da Muller. CPI As MIrandas
Manifesto 8 marzo, Día da Muller. CPI As MIrandasManifesto 8 marzo, Día da Muller. CPI As MIrandas
Manifesto 8 marzo, Día da Muller. CPI As MIrandasYolanda Castro
 
Mulleres gañadoras do premio nobel da paz
Mulleres gañadoras do premio nobel da pazMulleres gañadoras do premio nobel da paz
Mulleres gañadoras do premio nobel da pazYolanda Castro
 
Relacion def titulos_clubs16_17_
Relacion def titulos_clubs16_17_Relacion def titulos_clubs16_17_
Relacion def titulos_clubs16_17_Yolanda Castro
 
Visita a Santiago de Compostela. 4º ESO. CPI As Mirandas. Ares
Visita a Santiago de Compostela. 4º ESO. CPI As Mirandas. AresVisita a Santiago de Compostela. 4º ESO. CPI As Mirandas. Ares
Visita a Santiago de Compostela. 4º ESO. CPI As Mirandas. AresYolanda Castro
 

More from Yolanda Castro (20)

The red chair
The red chairThe red chair
The red chair
 
A cadeira vermella conto ilustrado
A cadeira vermella conto ilustradoA cadeira vermella conto ilustrado
A cadeira vermella conto ilustrado
 
Revista albares 2019
Revista albares 2019Revista albares 2019
Revista albares 2019
 
Plantilla percorrido de santiago
Plantilla percorrido de santiagoPlantilla percorrido de santiago
Plantilla percorrido de santiago
 
Unidade didactica entroido
Unidade didactica entroidoUnidade didactica entroido
Unidade didactica entroido
 
Monfero manifesto paz 2019
Monfero manifesto paz 2019Monfero manifesto paz 2019
Monfero manifesto paz 2019
 
Ecoactive por Pablo y Marta
Ecoactive por Pablo y MartaEcoactive por Pablo y Marta
Ecoactive por Pablo y Marta
 
My reflection about the erasmus to croatia
My reflection about the erasmus to croatiaMy reflection about the erasmus to croatia
My reflection about the erasmus to croatia
 
My experience learning about ecology in croatia
My experience learning about ecology in croatiaMy experience learning about ecology in croatia
My experience learning about ecology in croatia
 
Programa xx asamblea red de centros solidarios. cpi Virxe da Cela. Monfero
Programa xx asamblea red de centros solidarios. cpi Virxe da Cela. MonferoPrograma xx asamblea red de centros solidarios. cpi Virxe da Cela. Monfero
Programa xx asamblea red de centros solidarios. cpi Virxe da Cela. Monfero
 
Manifesto Día Internacional contra a Violencia de Xénero
Manifesto Día Internacional contra a Violencia de XéneroManifesto Día Internacional contra a Violencia de Xénero
Manifesto Día Internacional contra a Violencia de Xénero
 
Bases concurso Fotografía Concello de Ares
Bases concurso Fotografía Concello de AresBases concurso Fotografía Concello de Ares
Bases concurso Fotografía Concello de Ares
 
Revista ALBARES. Curso 2017-2018
Revista ALBARES. Curso 2017-2018Revista ALBARES. Curso 2017-2018
Revista ALBARES. Curso 2017-2018
 
Bases PREGUNTÓN 2018
Bases PREGUNTÓN 2018Bases PREGUNTÓN 2018
Bases PREGUNTÓN 2018
 
Manifesto 8 marzo, Día da Muller. CPI As MIrandas
Manifesto 8 marzo, Día da Muller. CPI As MIrandasManifesto 8 marzo, Día da Muller. CPI As MIrandas
Manifesto 8 marzo, Día da Muller. CPI As MIrandas
 
Mulleres gañadoras do premio nobel da paz
Mulleres gañadoras do premio nobel da pazMulleres gañadoras do premio nobel da paz
Mulleres gañadoras do premio nobel da paz
 
Relacion def titulos_clubs16_17_
Relacion def titulos_clubs16_17_Relacion def titulos_clubs16_17_
Relacion def titulos_clubs16_17_
 
Visita a Santiago de Compostela. 4º ESO. CPI As Mirandas. Ares
Visita a Santiago de Compostela. 4º ESO. CPI As Mirandas. AresVisita a Santiago de Compostela. 4º ESO. CPI As Mirandas. Ares
Visita a Santiago de Compostela. 4º ESO. CPI As Mirandas. Ares
 
Formulario 2
Formulario 2Formulario 2
Formulario 2
 
Formulario 1
Formulario 1Formulario 1
Formulario 1
 

CHROMA KEY. UN RECURSO PARA O AUDIOVISUAL

  • 1. CHROMA KEY EDLG. yolick@edu.xunta.gal Un recurso para o audiovisual
  • 2. I.- DEFINICIÓN. Segundo o dicionario do British Kinematograph, Croma ( Chroma ) é o compoñente do sinal de vídeo que leva a información da cor. Por extensión, o grao ou nivel de saturación da cor. Croma key significa, literalmente, chave de cor. Así, pois, un croma key ou chave de cor consiste en extraer unha cor da imaxe e substituír a área que ocupaba por outra imaxe, coa axuda dun equipo especializado e un editor de video. Isto faise habitualmente rodando o personaxe cun fondo verde croma ou en ocasións azul croma.
  • 3. Por que ten que ser en concreto a cor verde ou azul?. A resposta é que estas dúas cores son as cores máis afastadas ao ton da nosa pel. A pel ten un alto compoñente de vermello/magenta, algo de verde e moi pouco de azul e é por isto polo que se utilizan ditas cores. Se ben a cor máis usada para o fondo era o azul, o verde impúxose ao ser o sensor da cámara mais sensible a el e tamén porque a roupa azul é moito máis común que a verde.
  • 4. II.- TIPOS DE CROMA. Podemos ter o croma en moitas formas; unha tea, unha parede pintada, cartolina de cor, cromas pregables.. etc. É importante que a superficie non teña ningunha engurra. Se imos usar unha tea, podemos axudarnos con pinzas para mantela estirada. Telas de croma Fondos de papel Croma plegable Escenario croma https://youtu.be/TZGpUbOcT2M
  • 5. Hai que ter en conta certos aspectos á hora de traballar cun croma como son: • A cor do vestiario, o pelo, os obxectos que aparezan en escena... Ningún elemento da escena debe ser da mesma cor do fondo (pois sería eliminado da imaxe), e en vestiario, peiteado, etc. débense evitar os bordes pouco definidos, xa que será mais difícil axustar o croma. • https://www.youtube.com/watch?v=sIbpNte_y4w • Tamén hai que ter en conta se se grava en localizacións exteriores ou en interiores, ou se son de día ou de noite. PREME NAS IMAXES PARA VER OS VÍDEOS
  • 6. III.- A ILUMINACIÓN DO CROMA. Como se ten que iluminar? A iluminación ten que ser uniforme porque desta forma a tarefa de postprodución será máis doada e a ser posible difusa. Para ter unha boa iluminación temos que iluminar por separado o fondo croma e o personaxe a gravar. O ideal é contar con dous focos paralelos colocados a media altura (45º) e se se pode, un cenital que complemente a iluminación dende arriba. Os focos que colocamos a media altura paralelos, teñen que quedar por detrás do suxeito para non proxectar sombras del sobre o fondo.
  • 7. O suxeito deberá estar situado a unha distancia de 2 metros como mínimo do croma para non proxectar sombra, e variará segundo o aberto ou pechado que estea o plano. O suxeito ten que ter iluminación, que a ser posible, non interfira na iluminación do fondo, polo que colocaremos outros dous focos paralelos a maior distancia respecto do fondo, e por diante do suxeito enfocándoo. Por último, a colocación da cámara debe facer posible que o encadre recolla a nosa escena completa e o fondo verde uniforme á vez.
  • 8. Para que o efecto sexa completo e se eviten reflexos e brillos, a luz coa que se iluminan tanto a acción como o fondo, debe ser branca e, a poder ser, producida con tubos fluorescentes de alta frecuencia que eviten o pestanexo (flicker) que se produce se se filma a distintas velocidades. A razón pola que se prefire o uso de fluorescentes en lugar de lámpadas de tungsteno é que estas desprenden pequenas emisións de tons ocres que interfiren no proceso.
  • 9. III.-COMO SE FAI? 1. Como dixemos antes, é moi importante iluminar o fondo e o personaxe por separado. ➢ O fondo ten que iluminarse o máis plano e liso posible. Sen sombras e con fontes de luz difusa (que non produzan sombras definidas). Se se usa tea de croma é moi importante que non teña engurras. 2. Rodarase a escena sempre tendo moi en conta o tamaño do plano, ángulo... 3. Despois, utilizando un ordenador cun software especializado, eliminaremos o croma e integraremos a imaxe ou vídeo que queramos inserir. ➢ Hai distintos editores de video cos que se pode facer Croma como poden ser: • Filmora • Camtasia • Pinnacle Studio • OpenShot
  • 10. IV.- Como facer o croma con Filmora Creamos un proxecto novo e importamos o contido; neste exemplo importamos o clip de video co croma de fondo e unha imaxe ou vídeo para substituír o fondo.
  • 11. Arrastramos o clip de video á pista e premendo encima dela co botón secundario ábresenos unha pantalla na que prememos en pantalla verde .
  • 12. Automaticamente o fondo verde desaparece para converterse en negro. Podemos axustar o fondo se é que non queda ben definido con niveles de tolerancia, grosor do borde, pluma…
  • 13. Por último arrastramos a foto ou vídeo que queiramos poñer de fondo á pista de abaixo. Sempre ten que quedar na pista superior a imaxe croma, e na de abaixo, o fondo que queremos colocar.
  • 15. RECURSOS PARA AS NOSAS MONTAXES CON CROMA https://www.youtube.com/watch?v=AEmtc6RhvfI https://www.youtube.com/watch?v=GtqyuKFn--8 https://www.youtube.com/watch?v=46zhIz1JqZc En internet podemos atopar recursos para realizar as nosas montaxes, como poden ser fondos, imaxes, vídeos, distintos efectos…. Só tedes que facer unha busca e atoparedes infinidade deles libres de dereitos para descargar e utilizar no voso vídeo. https://www.youtube.com/watch?v=ksemLWNd42k https://www.youtube.com/watch?v=tIfhfR9zvhQ https://www.youtube.com/watch?v=DbosTvter7s PREME NAS IMAXES PARA VER OS VÍDEOS
  • 16. E se tedes algunha dúbida, non deixedes de facer as vosas consultas no seguinte enderezo: yolick@edu.xunta.gal Moitas grazas