SlideShare a Scribd company logo
1 of 13
Download to read offline
CARLOS BELLO 4º ESO
O fedor procedente dos bueiros era insoportable, mais non fora
iso o que fixera vomitar. Tiña os ollos fóra de lugar e tremía de
puro terror. Ao seu arredor non habia máis que sangue e cristais
rotos. A rúa estaba case a escuras a excepción dunha lámpada
que case non daba a luz suficiente para observar a horripilante
escena. Cando os seus pulmóns por fin puideron coller aire, o
único que saíu da súa gorxa foi un berro.
Jimmy Sparks era un mozo de Liverpool, que asumira a cultura
Punk como a súa forma de vida. Levaba o pelo tintado de verde e
en punta, coma un ourizocacho.Na orella tiña dúas arandelas e
unha pequena cadea que as unía. Non tivera unha vida moi
sinxela, o seu pai abandoáraos cando el tiña 7 anos, e diso había
dez. A súa nai era alcohólica e ludopata. Jimmy nunca tivera
ningunha figura paterna que imitar, así que tomou como
referentes os grandes iconos da cultura Punk, coma os Sex
Pistols ou Os Ramones. Incluso aprendera a tocar a guitarra e a
cantar, coma Johnny Rotten, o cantante dos Sex Pistols é o seu
maior exemplo de comportamento.
Jimmy tiña un pequeno apartamento onde vivía de ¨okupa¨. Era
reducido, pero el botaba case todo o dia fóra, e toda a noite. Soía
espertar na rúa ou na casa dun colega.
O QUE FOI DE JIMMY SPARKS
Spark estaba botado na cama, mirando ao teito onde habia un
poster enorme dos Sex Pistols.¨Algún día ,si. Algún dia chegarei
a ser tan bo como Johnny¨ pensaba. A televisión producía un
ruído xordo que Jimmy non chegaba a entender, causado por un
presentador pedante dalgún concurso de pouca monta que
estaba a intimidar aos seus participantes, e pola marihuana que
acaba de fumar. Despois disto, quedou durmido coma un leirón.
Espertou unhas horas máis tarde, cando Sid, o seu mellor amigo,
petou na porta
-Spark? Spark?! Veña ,Jimmy, move o cu, estannos a esperar-
Berrou dende o relanzo.
Realmente Sid chamábase John McColgan. Era fillo dunha
inglesa e un irlandés e tiña 16 anos, un menos que Spark.
Non tivera unha vida coma a de Jimmy, pero a súa nai morrera
cando naceu el e o seu pai só durmía e bebía, cando vivía, pois
morreu de cirrose cando Sid cumpríra os 15. No canto de ir
cunha familia de acollida, xa que non tiña máis familia, fuxiu dos
servicios sociais e comezou a vivir na casa dun colega que lle
presentara Jimmy, a quen consideraba o seu irmán maior e quen
lle puxo o nomeada de Sid en honor a Sid Vicious, baixista dos
Sex Pistols.
Jimmy levantouse da cama, apagou o televisor, colleu a súa
chupa e saíu pola porta
-Vamos- foi o único que lle dixo a Sid ao saír.
Cando Sid e Spark baixaron, atopáronse con Jeff e James Lynch, os
irmáns dos suburbios. Ambos naceran no peor barrio de Liverpool, e
quedaron orfos cando Jeff tiña 8 e James 10. Eran os perfectos
personaxes dunha novela picaresca. Roubaban, ao principio para
vivir e despois para beber, e vivían de facer o maleante.
Xa case era noite pecha
-Como andades- Preguntou Jeff a Sid e a Jimmy. Simplemente por
romper o xeo
-Meh, a min acabóuseme a maria- Dixo Sparks
-A min non me queda ¨material¨- Contestou Sid
-Oes,Sid. Estamos todos fartos xa da túa merda de material. Iso non
é bo- Recriminoulle Jimmy
-E a túa maría que? Eu non che boto en cara que es un porreiro!-
Berrou John
-Veña,oh!. Deixádevos de leria e imos indo- Dixo Jeff, quen era
famoso pola súa falta de pacencia.
Cando chegaron á ponte, baixaron ata un terraplén cuberto. Dentro
debía haber máis de medio centenar de persoas. Os coches
pasábanlles encima da cabeza, pero ían tan postos que nin se
daban conta. Como a noite non permitía ver nada, prendéronlle lume
á leña que había dentro duns caldeiros bastante oxidados, facendo
que o lugar se enchera de fume.
Logo de chegar, Sparks non quixo perder moito tempo con
conversacións banais, asi que foi buscar a Jerry, para ver se podía
fumar algo.
Atopouno nun sofá, sentado cun rastafari e unha moza nova e
loira
-Home, pero se é Jimmy Spark! A futura estrela do punk! Como
andas?-Díxolle con alegría Jerry
-Estou ben, pero aínda podo distinguir o que é verdade e o que
non. Tes algo de maria?
-Pois claro, home! Eu sempre teño -Contestou o traficante coa
mesma alegría que ten un neno nunha tenda de xoguetes.
Cando por fin conseguira a súa meta, Spark dispoñíase a voltar
cos seus colegas, porro en boca. Nese momento viu algo que fixo
que se lle baixase o colocón e lle subise o sangue á cabeza.
Case non o podia crer. A 20 metros del, nun sofa de coiro vello
que alguén collera do lixo, estaba Nancy, a súa ¨moza¨ liándose
con outro rapaz.
Jimmy tardou un pouco en reaccionar, pero cando o fixo, o seu
primeiro impulso foi ir buscar ao imbécil ese e partirlle a cara.
Cando chegou ali, nin Nancy nin o outro se deron conta de que el
estaba alí, así que aproveitou e colleu ao mozo da camiseta e
tirou del para apartalo de Nancy. Cando se asegurou de que
estaban separados e confusos por non saber que pasaba, Jimmy
deulle unha puñada na boca do estomago que o deixou tremendo
sen aire. Dirixiu unha segunda á súa cara e tirouno ao chan.
Nancy levantouse dun brinco e foi correndo a onde estaba o
rapaz tirado e, cando comprobou que estaba ben, encarouse a
Spark.
-Pero que carallo fas? Pedazo de imbécil!- Berroulle
-E ti que, lagarta? Que fas co mascachapas este? Xa me dixeran
a min que non eras de fiar- Recriminoulle el.
Un golpe xordo oíuse en todas as partes daquela ponte. Spark
estaba en shock e Nancy tiña a man estirada. Déralle unha
bofetada descomunal. Ela tiña bágoas mas meixelas e a cara
vermella. O único que fixo Jimmy foi coller e irse.
Foi buscar a Sid e atopouno bebendo con Jeff e James
-Veña, ímonos - Díxolle Spark
-Que dis ? Se acabamos de ..-
-Dixen que nos imos- Cortou Jimmy
Os dous rapaces estaban sentados no bordo dunha beirarrúa,
diante dun 24 horas , no que compraran unha botella de whisky.
Bebeunha case toda Sparks, quen estaba profundamente
decaído.
-Veña, tío, levanta ese ánimo- Dixo Sid, nun intento de consolar o
seu mellor amigo
-Eu queríaa, de veras- tatexou o outro, ao borde do choro -
Queríaa moitísimo - Repetiu, esta vez chorando.
-Teño unha idea, proba isto- Respondeu Sid sacando unha
bolsiña de po branco- Regalouma Jerry, así que é boa. Próbaa-
Jimmy dubidou, pero aínda así fíxoo, soamente para aliviar a dor
do corazón dun infiel.
Sid colocou o po en liñas enriba dunha caíxa de cartón que
atopara e proubouna primeiro. Colocou o nariz enriba dunha liña e
aspirou con forza.
As pupilas dilatáronselle e abriu a boca coma buscando unha
bocada de aire que non podia atopar.
Jimmy tardou un pouco, pero fixo o que o seu amigo, e aspirou con
forza.
Ao principio non sentira nada, pero agora estaba a viaxar polos
sons e as cores. Viaxaba da man de Nancy, e abrazábaa coma se
nunca lle fose infiel.
Cando espertou, Sid xa estaba recomposto da súa viaxe.
-Que? Que tal?- Preguntoulle Sid
-Poderías conseguir máis?
-Claro, ho! Como non?-Respondeulle Sid.
Cruzaron a cidade, chea de borrachos e yonkis. Spark comezou a
sentirse mal outra vez pola súa ex. Nese momento aparecéuselle
na mente, coma unha epifanía, a frase de Green Day : ¨I'm the son
of rage and love. The Jesus of Suburbia¨ E era certo. El era fillo do
amor. Amor polo punk, o alcohol e por Nacy.E tamén era fillo da
rabia. Rabia, pola traizón dese amor. Era o condenado St.Jimmy.
O Xesús dos Suburbios.
Cando chegaron a unha rúa fedorenta e sucia, Sid díxolle que
esperara.
Spark fíxolle caso pero puxo o oído agudo para ver se sentía algo.
Non conseguiu moito ao principio pero chegou a escoitar algo.
-Carallo, déronche unha malleira, eh?- Esa era a voz de Sid.
-Un anormal que me pillou e me deu unhas labazadas-Contestou
outra voz, esta non a coñecia- Quen te acompaña? Que saia.
-É un colega, xa verás.Vaíche caer ben.Spark!-
-Como que Spa..?!-Berrou unha voz feminina.
Jimmy entrou nada máis oír a voz de Sid e o que atopou xeoulle a
sangue e fíxolle ferver a cabeza.
Ali estaban, Sid, Nancy e ao tipo ao que lle dera unha malleira,
iluminados por un lámpada palpabrexante que case non alumaba
o lugar.A noite estaba totalmente negra e escura
-TI!- Berrou o traficante- Voute matar, imbécil!
Acto seguido cargou contra el, ignorando que aínda estaba a
pagar as do seu anterior encontro. Spark apartouse del e pisoulle
un nocello, facendo que caera e dese coa cabeza contra o chan.
Quedou atordado totalmente.
-Que carallo facemos aqui, Sid? Que merda é esta?-Berrou Jimmy
-Sid, que fai el aquí?- Preguntoulle Nancy
-É que...eu....tatabexou Sid buscando unha resposta coherente.
Jimmy dirixiu a vista cara Nancy
-Nancy, es unha zorra- Dixolle Spark- Enganáchesme, e con este
imbécil!
-Coma se fose o único! Es un pailán,Jimmy. Queres
triunfar,como unha estrela do punk, pero sabes que nunca o
conseguirás por ser un merdas, non si? Madura Rotten, e abre
os ollos. Púxenche os cornos porque non fuches o
suficientemente bo para min. Deiteime con todos os que atopei,
e ti sábelo.
Os ollos de Spark estaban cheos de bágoas, e apretaba os
puños con forza.
-Cala! Déíxao, xa! Déíxame en paz!- Berraba Jimmy, tratando de
frear aquel maremoto de ira e tristeza.
-Pois pegueicha, e con todos! Incluso cos teus ¨amigos¨. -Díxolle
Nancy con malicia.
Spark abriu os ollos e quedou mudo. Mirou cara Sid, quen tiña a
cabeza gacha de vergoña
-Eu..síntoo....Jimmy...-Tatexou Sid tratando de pedirlle perdón.
Spark notou como o sangue lle subia á cabeza e perdia
totalmente o control.
Colleu una botella do chan e esnaquizoulle o cu contra unha
parede, facendo que o vidro rompera en afiadas puntas de
cristal.
-Macho, que vas facer con iso?! - Dixo Sid aterrado- Tio, son
eu,Sid, o teu irmán.
-Non es máis ca un traidor! Ti non es nada pra min!- Berrou Sid
con furia.
Nese momento o narcotraficante saíu de detrás de Jimmy e
tiróuselle enriba
-Xa es meu!-Berrou o tipo.
Sparks tratou de evitalo, e fracasou. Ambos caeron ao chan, e
Sparks caeu enriba de Sid.
Tratou de levantarse, aturdido polo golpe. Notou as mans quentes
e húmidas, mirou cara Nancy e viu o seu rostro, contraído nunha
horrible expresión de terror. Mirou as mans. Estaban totalmente
vermellas. Dirixiu a vista cara Sid, aterrorizado. Estaba tendido,
coa botella de cervexa rota, chantada no peito, coma a bandeira
dunha triste conquista. Tiña o rostro desfigurado de dor. Jimmy
notou coma a bile quente lle subía pola gorxa e lle saía pola boca.
-Está...morto- Dixo Nancy, totalmente en estado de shock
O narcotraficante quedou mirando para o morto, e botou a correr
coma un foguete.
Nancy deu uns pasos cara atrás.
-Es un asasino.....un monstro- Mascullou ela mentres se ía
perdendo na escuridade ata irse.
Sparks non se decatou de nada disto, non tiña sangue na cabeza
para escoitar ou atender. Só podía centrarse no corpo do que
unha vez fora o seu mellor amigo, e agora eran os restos dun
amante da súa namorada. O fedor procedente dos bueiros era
insoportable, mais non fora iso o que fixera vomitar.
Tiña os ollos fóra de lugar e tremía de puro terror. Ao seu arredor
non había máis que sangue e cristais rotos. A rúa estaba case a
escuras a excepción dunha bombilla tremente que case non daba
a luz suficiente para observar a horripilante escena. Cando os
seus pulmóns por fin puideron coller aire, o único que saíu da súa
gorxa foi un berro. Acto seguido, caeu ao chan, desmaiado.
Sparks espertou un par de horas máis tarde, encharcado no
sángue. Levantouse con gran esforzo e apoiouse na parede para
arrastrarse cara o exterior da rúa. Cando conseguiu manterse en
pé, comezou a deambular polas rúas ata un parque. Ali sentou, e
volveu a mirar as mans, seguían enchoupadas. Moveuse ata
unha fonte e lavounas ata deixalas limpas. Nese momento
comezou a valorar as opcións que tiña e a estudar a situación.
Acababa de matar o seu mellor amigo, e había dúas persoas que
o viran .Aínda así , eles non poderían testemuñar, pois terían que
revelar que estaban a vender drogas. A súa vida en Liverpool non
seguía sendo posible, esa era a única solución á ecuación. Así
que colleu e comezou a camiñar ata a súa casa.
Entrou pola porta, e sacou de debaixo da cama unha maleta de
coiro marrón moi gastando onde meteu camisetas, pantalóns e
roupa en xeral. Todos os discos que puido. Os cartos que tiña e
os pósters.
Cando tivo todo listo, colleu a maleta, a guitarra e as chaves do
coche, un ford mustang de 1970 bastante destrozado.Baixou as
escaleiras a todo correr para non atoparse con ninguén, meteuno
todo no coche e saíu a todo correr da cidade, deixándoo todo atrás
e mirando cara o sol, que saía polo horizonte.
Algúns meses máis tarde, Spark estaba en Londres. Atopara un
apartamento, esta vez pagando un aluguer co soldo de camareiro
que gañaba nun bar, ademais das propinas que lle daban por tocar
con seu grupo ¨Sex Cannon¨, que pretendía ser un homenaxe aos
Sex Pistols. Fixera novos colegas, e botara moza, esta era unha
punk, coma Nancy, pero era boa rapaza e quería moito a Jimmy,
ademais de tocar o baixo.Tiña o costume de levar botas a todos os
lados e tiña uns anteollos bastante grandes que só a ela lle
poderían quedar ben. Chamábase Martha e era de Gales.
Jimmy estaba tocando o famoso tema ¨Jesus of Suburbia¨ de
Green Day, co seu grupo no pub. Cando acabaron, tomaron unha
cervexa todos. Spark levantou a cabeza e mirou ao final da barra,
e ali a viu. Sentada nunha cadeira e bebendo soa. Nancy, estaba
nese pub.
Jimmy dubidou un segundo e quedou pensando que facer. Nese
intre Martha colléuno polo ombro e preguntoulle:
-Estás ben? Véxote un pouco atontado, coma se viras unha
pantasma.
-Estou vendo unha agora mesmo- Murmuro Spark.
-Que dis? Non te escoito,fala máis alto.
-...nada,tanto ten- Contestoulle a Martha, mentres a collía da man
e lle dedicaba un sorriso cálido.
Deuse a volta e ignorou o feito de que Nancy estivese detrás súa
ata que foi para a casa. Unha vez na cama, con Martha ao lado,
quen durmía profundamente, e mirando ao póster dos Sex
Pistols, por fin puido pensar.
¨Ambos os casos eran verdade. Son un Xesús dos Suburbios,
pero ao igual que Xesús, morrín, e agora,que volvo á vida, son un
triunfador, teño un bo traballo, unha boa moza, uns bos colegas e
un mal pasado. Sonche Johnny Rotten coma un mártir. Son o
home que vivíu e morreu polo Punk e polo amor, que morreu
polas malas compañias e a traizón e que agora, renace polo
mesmo polo que vivu. Sonche o condenado St.Jimmy¨

More Related Content

Viewers also liked

As sombras dos templarios
As sombras dos templariosAs sombras dos templarios
As sombras dos templariosYolanda Castro
 
O misterio da familia Benedite.
O misterio da familia Benedite.O misterio da familia Benedite.
O misterio da familia Benedite.Yolanda Castro
 
Concurso jóvenes talentos de relato corto
Concurso jóvenes talentos  de relato cortoConcurso jóvenes talentos  de relato corto
Concurso jóvenes talentos de relato cortoYolanda Castro
 
A casa da familia march
A casa da familia marchA casa da familia march
A casa da familia marchYolanda Castro
 

Viewers also liked (6)

A chave da fantasía
A chave da fantasíaA chave da fantasía
A chave da fantasía
 
A nai perdida
A nai perdidaA nai perdida
A nai perdida
 
As sombras dos templarios
As sombras dos templariosAs sombras dos templarios
As sombras dos templarios
 
O misterio da familia Benedite.
O misterio da familia Benedite.O misterio da familia Benedite.
O misterio da familia Benedite.
 
Concurso jóvenes talentos de relato corto
Concurso jóvenes talentos  de relato cortoConcurso jóvenes talentos  de relato corto
Concurso jóvenes talentos de relato corto
 
A casa da familia march
A casa da familia marchA casa da familia march
A casa da familia march
 

More from Yolanda Castro

CHROMA KEY. UN RECURSO PARA O AUDIOVISUAL
CHROMA KEY. UN RECURSO PARA O AUDIOVISUALCHROMA KEY. UN RECURSO PARA O AUDIOVISUAL
CHROMA KEY. UN RECURSO PARA O AUDIOVISUALYolanda Castro
 
BOOK TRAILER UNHA ESTRATEXIA  DE ANIMACIÓN Á LECTURA
BOOK TRAILER UNHA ESTRATEXIA DE ANIMACIÓN Á LECTURABOOK TRAILER UNHA ESTRATEXIA DE ANIMACIÓN Á LECTURA
BOOK TRAILER UNHA ESTRATEXIA  DE ANIMACIÓN Á LECTURAYolanda Castro
 
Carballo Calero. Letras Galegas 2020. Carteis secundaria
Carballo Calero. Letras Galegas 2020. Carteis secundariaCarballo Calero. Letras Galegas 2020. Carteis secundaria
Carballo Calero. Letras Galegas 2020. Carteis secundariaYolanda Castro
 
Carballo Calero. Letras Galegas 2020
Carballo Calero. Letras Galegas 2020Carballo Calero. Letras Galegas 2020
Carballo Calero. Letras Galegas 2020Yolanda Castro
 
Bases concurso microrrelatos
Bases concurso microrrelatosBases concurso microrrelatos
Bases concurso microrrelatosYolanda Castro
 
través del podes desatar a túa imaxinación
 través del podes desatar a túa imaxinación través del podes desatar a túa imaxinación
través del podes desatar a túa imaxinaciónYolanda Castro
 
Manifesto no Día dos Dereitos dos Nen@s e en contra la Violencia de Xénero.
Manifesto no Día dos Dereitos dos Nen@s e en contra la Violencia de Xénero.Manifesto no Día dos Dereitos dos Nen@s e en contra la Violencia de Xénero.
Manifesto no Día dos Dereitos dos Nen@s e en contra la Violencia de Xénero.Yolanda Castro
 
Manifesto carreira solidaria 2019. cpi virxe da cela
Manifesto carreira solidaria 2019. cpi virxe da celaManifesto carreira solidaria 2019. cpi virxe da cela
Manifesto carreira solidaria 2019. cpi virxe da celaYolanda Castro
 
La silla roja cuento ilustrado
La silla roja cuento ilustradoLa silla roja cuento ilustrado
La silla roja cuento ilustradoYolanda Castro
 
A cadeira vermella conto ilustrado
A cadeira vermella conto ilustradoA cadeira vermella conto ilustrado
A cadeira vermella conto ilustradoYolanda Castro
 
Plantilla percorrido de santiago
Plantilla percorrido de santiagoPlantilla percorrido de santiago
Plantilla percorrido de santiagoYolanda Castro
 
Unidade didactica entroido
Unidade didactica entroidoUnidade didactica entroido
Unidade didactica entroidoYolanda Castro
 
Monfero manifesto paz 2019
Monfero manifesto paz 2019Monfero manifesto paz 2019
Monfero manifesto paz 2019Yolanda Castro
 
Ecoactive por Pablo y Marta
Ecoactive por Pablo y MartaEcoactive por Pablo y Marta
Ecoactive por Pablo y MartaYolanda Castro
 
My reflection about the erasmus to croatia
My reflection about the erasmus to croatiaMy reflection about the erasmus to croatia
My reflection about the erasmus to croatiaYolanda Castro
 
My experience learning about ecology in croatia
My experience learning about ecology in croatiaMy experience learning about ecology in croatia
My experience learning about ecology in croatiaYolanda Castro
 
Programa xx asamblea red de centros solidarios. cpi Virxe da Cela. Monfero
Programa xx asamblea red de centros solidarios. cpi Virxe da Cela. MonferoPrograma xx asamblea red de centros solidarios. cpi Virxe da Cela. Monfero
Programa xx asamblea red de centros solidarios. cpi Virxe da Cela. MonferoYolanda Castro
 
Manifesto Día Internacional contra a Violencia de Xénero
Manifesto Día Internacional contra a Violencia de XéneroManifesto Día Internacional contra a Violencia de Xénero
Manifesto Día Internacional contra a Violencia de XéneroYolanda Castro
 

More from Yolanda Castro (20)

CHROMA KEY. UN RECURSO PARA O AUDIOVISUAL
CHROMA KEY. UN RECURSO PARA O AUDIOVISUALCHROMA KEY. UN RECURSO PARA O AUDIOVISUAL
CHROMA KEY. UN RECURSO PARA O AUDIOVISUAL
 
BOOK TRAILER UNHA ESTRATEXIA  DE ANIMACIÓN Á LECTURA
BOOK TRAILER UNHA ESTRATEXIA DE ANIMACIÓN Á LECTURABOOK TRAILER UNHA ESTRATEXIA DE ANIMACIÓN Á LECTURA
BOOK TRAILER UNHA ESTRATEXIA  DE ANIMACIÓN Á LECTURA
 
Carballo Calero. Letras Galegas 2020. Carteis secundaria
Carballo Calero. Letras Galegas 2020. Carteis secundariaCarballo Calero. Letras Galegas 2020. Carteis secundaria
Carballo Calero. Letras Galegas 2020. Carteis secundaria
 
Carballo Calero. Letras Galegas 2020
Carballo Calero. Letras Galegas 2020Carballo Calero. Letras Galegas 2020
Carballo Calero. Letras Galegas 2020
 
Bases concurso microrrelatos
Bases concurso microrrelatosBases concurso microrrelatos
Bases concurso microrrelatos
 
través del podes desatar a túa imaxinación
 través del podes desatar a túa imaxinación través del podes desatar a túa imaxinación
través del podes desatar a túa imaxinación
 
Manifesto no Día dos Dereitos dos Nen@s e en contra la Violencia de Xénero.
Manifesto no Día dos Dereitos dos Nen@s e en contra la Violencia de Xénero.Manifesto no Día dos Dereitos dos Nen@s e en contra la Violencia de Xénero.
Manifesto no Día dos Dereitos dos Nen@s e en contra la Violencia de Xénero.
 
Manifesto carreira solidaria 2019. cpi virxe da cela
Manifesto carreira solidaria 2019. cpi virxe da celaManifesto carreira solidaria 2019. cpi virxe da cela
Manifesto carreira solidaria 2019. cpi virxe da cela
 
La silla roja cuento ilustrado
La silla roja cuento ilustradoLa silla roja cuento ilustrado
La silla roja cuento ilustrado
 
The red chair
The red chairThe red chair
The red chair
 
A cadeira vermella conto ilustrado
A cadeira vermella conto ilustradoA cadeira vermella conto ilustrado
A cadeira vermella conto ilustrado
 
Revista albares 2019
Revista albares 2019Revista albares 2019
Revista albares 2019
 
Plantilla percorrido de santiago
Plantilla percorrido de santiagoPlantilla percorrido de santiago
Plantilla percorrido de santiago
 
Unidade didactica entroido
Unidade didactica entroidoUnidade didactica entroido
Unidade didactica entroido
 
Monfero manifesto paz 2019
Monfero manifesto paz 2019Monfero manifesto paz 2019
Monfero manifesto paz 2019
 
Ecoactive por Pablo y Marta
Ecoactive por Pablo y MartaEcoactive por Pablo y Marta
Ecoactive por Pablo y Marta
 
My reflection about the erasmus to croatia
My reflection about the erasmus to croatiaMy reflection about the erasmus to croatia
My reflection about the erasmus to croatia
 
My experience learning about ecology in croatia
My experience learning about ecology in croatiaMy experience learning about ecology in croatia
My experience learning about ecology in croatia
 
Programa xx asamblea red de centros solidarios. cpi Virxe da Cela. Monfero
Programa xx asamblea red de centros solidarios. cpi Virxe da Cela. MonferoPrograma xx asamblea red de centros solidarios. cpi Virxe da Cela. Monfero
Programa xx asamblea red de centros solidarios. cpi Virxe da Cela. Monfero
 
Manifesto Día Internacional contra a Violencia de Xénero
Manifesto Día Internacional contra a Violencia de XéneroManifesto Día Internacional contra a Violencia de Xénero
Manifesto Día Internacional contra a Violencia de Xénero
 

O que foi de jimmy sparks

  • 2. O fedor procedente dos bueiros era insoportable, mais non fora iso o que fixera vomitar. Tiña os ollos fóra de lugar e tremía de puro terror. Ao seu arredor non habia máis que sangue e cristais rotos. A rúa estaba case a escuras a excepción dunha lámpada que case non daba a luz suficiente para observar a horripilante escena. Cando os seus pulmóns por fin puideron coller aire, o único que saíu da súa gorxa foi un berro. Jimmy Sparks era un mozo de Liverpool, que asumira a cultura Punk como a súa forma de vida. Levaba o pelo tintado de verde e en punta, coma un ourizocacho.Na orella tiña dúas arandelas e unha pequena cadea que as unía. Non tivera unha vida moi sinxela, o seu pai abandoáraos cando el tiña 7 anos, e diso había dez. A súa nai era alcohólica e ludopata. Jimmy nunca tivera ningunha figura paterna que imitar, así que tomou como referentes os grandes iconos da cultura Punk, coma os Sex Pistols ou Os Ramones. Incluso aprendera a tocar a guitarra e a cantar, coma Johnny Rotten, o cantante dos Sex Pistols é o seu maior exemplo de comportamento. Jimmy tiña un pequeno apartamento onde vivía de ¨okupa¨. Era reducido, pero el botaba case todo o dia fóra, e toda a noite. Soía espertar na rúa ou na casa dun colega. O QUE FOI DE JIMMY SPARKS
  • 3. Spark estaba botado na cama, mirando ao teito onde habia un poster enorme dos Sex Pistols.¨Algún día ,si. Algún dia chegarei a ser tan bo como Johnny¨ pensaba. A televisión producía un ruído xordo que Jimmy non chegaba a entender, causado por un presentador pedante dalgún concurso de pouca monta que estaba a intimidar aos seus participantes, e pola marihuana que acaba de fumar. Despois disto, quedou durmido coma un leirón. Espertou unhas horas máis tarde, cando Sid, o seu mellor amigo, petou na porta -Spark? Spark?! Veña ,Jimmy, move o cu, estannos a esperar- Berrou dende o relanzo. Realmente Sid chamábase John McColgan. Era fillo dunha inglesa e un irlandés e tiña 16 anos, un menos que Spark. Non tivera unha vida coma a de Jimmy, pero a súa nai morrera cando naceu el e o seu pai só durmía e bebía, cando vivía, pois morreu de cirrose cando Sid cumpríra os 15. No canto de ir cunha familia de acollida, xa que non tiña máis familia, fuxiu dos servicios sociais e comezou a vivir na casa dun colega que lle presentara Jimmy, a quen consideraba o seu irmán maior e quen lle puxo o nomeada de Sid en honor a Sid Vicious, baixista dos Sex Pistols. Jimmy levantouse da cama, apagou o televisor, colleu a súa chupa e saíu pola porta -Vamos- foi o único que lle dixo a Sid ao saír.
  • 4. Cando Sid e Spark baixaron, atopáronse con Jeff e James Lynch, os irmáns dos suburbios. Ambos naceran no peor barrio de Liverpool, e quedaron orfos cando Jeff tiña 8 e James 10. Eran os perfectos personaxes dunha novela picaresca. Roubaban, ao principio para vivir e despois para beber, e vivían de facer o maleante. Xa case era noite pecha -Como andades- Preguntou Jeff a Sid e a Jimmy. Simplemente por romper o xeo -Meh, a min acabóuseme a maria- Dixo Sparks -A min non me queda ¨material¨- Contestou Sid -Oes,Sid. Estamos todos fartos xa da túa merda de material. Iso non é bo- Recriminoulle Jimmy -E a túa maría que? Eu non che boto en cara que es un porreiro!- Berrou John -Veña,oh!. Deixádevos de leria e imos indo- Dixo Jeff, quen era famoso pola súa falta de pacencia. Cando chegaron á ponte, baixaron ata un terraplén cuberto. Dentro debía haber máis de medio centenar de persoas. Os coches pasábanlles encima da cabeza, pero ían tan postos que nin se daban conta. Como a noite non permitía ver nada, prendéronlle lume á leña que había dentro duns caldeiros bastante oxidados, facendo que o lugar se enchera de fume. Logo de chegar, Sparks non quixo perder moito tempo con conversacións banais, asi que foi buscar a Jerry, para ver se podía fumar algo.
  • 5. Atopouno nun sofá, sentado cun rastafari e unha moza nova e loira -Home, pero se é Jimmy Spark! A futura estrela do punk! Como andas?-Díxolle con alegría Jerry -Estou ben, pero aínda podo distinguir o que é verdade e o que non. Tes algo de maria? -Pois claro, home! Eu sempre teño -Contestou o traficante coa mesma alegría que ten un neno nunha tenda de xoguetes. Cando por fin conseguira a súa meta, Spark dispoñíase a voltar cos seus colegas, porro en boca. Nese momento viu algo que fixo que se lle baixase o colocón e lle subise o sangue á cabeza. Case non o podia crer. A 20 metros del, nun sofa de coiro vello que alguén collera do lixo, estaba Nancy, a súa ¨moza¨ liándose con outro rapaz. Jimmy tardou un pouco en reaccionar, pero cando o fixo, o seu primeiro impulso foi ir buscar ao imbécil ese e partirlle a cara. Cando chegou ali, nin Nancy nin o outro se deron conta de que el estaba alí, así que aproveitou e colleu ao mozo da camiseta e tirou del para apartalo de Nancy. Cando se asegurou de que estaban separados e confusos por non saber que pasaba, Jimmy deulle unha puñada na boca do estomago que o deixou tremendo sen aire. Dirixiu unha segunda á súa cara e tirouno ao chan. Nancy levantouse dun brinco e foi correndo a onde estaba o rapaz tirado e, cando comprobou que estaba ben, encarouse a Spark.
  • 6. -Pero que carallo fas? Pedazo de imbécil!- Berroulle -E ti que, lagarta? Que fas co mascachapas este? Xa me dixeran a min que non eras de fiar- Recriminoulle el. Un golpe xordo oíuse en todas as partes daquela ponte. Spark estaba en shock e Nancy tiña a man estirada. Déralle unha bofetada descomunal. Ela tiña bágoas mas meixelas e a cara vermella. O único que fixo Jimmy foi coller e irse. Foi buscar a Sid e atopouno bebendo con Jeff e James -Veña, ímonos - Díxolle Spark -Que dis ? Se acabamos de ..- -Dixen que nos imos- Cortou Jimmy Os dous rapaces estaban sentados no bordo dunha beirarrúa, diante dun 24 horas , no que compraran unha botella de whisky. Bebeunha case toda Sparks, quen estaba profundamente decaído. -Veña, tío, levanta ese ánimo- Dixo Sid, nun intento de consolar o seu mellor amigo -Eu queríaa, de veras- tatexou o outro, ao borde do choro - Queríaa moitísimo - Repetiu, esta vez chorando. -Teño unha idea, proba isto- Respondeu Sid sacando unha bolsiña de po branco- Regalouma Jerry, así que é boa. Próbaa- Jimmy dubidou, pero aínda así fíxoo, soamente para aliviar a dor do corazón dun infiel.
  • 7. Sid colocou o po en liñas enriba dunha caíxa de cartón que atopara e proubouna primeiro. Colocou o nariz enriba dunha liña e aspirou con forza. As pupilas dilatáronselle e abriu a boca coma buscando unha bocada de aire que non podia atopar. Jimmy tardou un pouco, pero fixo o que o seu amigo, e aspirou con forza. Ao principio non sentira nada, pero agora estaba a viaxar polos sons e as cores. Viaxaba da man de Nancy, e abrazábaa coma se nunca lle fose infiel. Cando espertou, Sid xa estaba recomposto da súa viaxe. -Que? Que tal?- Preguntoulle Sid -Poderías conseguir máis? -Claro, ho! Como non?-Respondeulle Sid. Cruzaron a cidade, chea de borrachos e yonkis. Spark comezou a sentirse mal outra vez pola súa ex. Nese momento aparecéuselle na mente, coma unha epifanía, a frase de Green Day : ¨I'm the son of rage and love. The Jesus of Suburbia¨ E era certo. El era fillo do amor. Amor polo punk, o alcohol e por Nacy.E tamén era fillo da rabia. Rabia, pola traizón dese amor. Era o condenado St.Jimmy. O Xesús dos Suburbios. Cando chegaron a unha rúa fedorenta e sucia, Sid díxolle que esperara.
  • 8. Spark fíxolle caso pero puxo o oído agudo para ver se sentía algo. Non conseguiu moito ao principio pero chegou a escoitar algo. -Carallo, déronche unha malleira, eh?- Esa era a voz de Sid. -Un anormal que me pillou e me deu unhas labazadas-Contestou outra voz, esta non a coñecia- Quen te acompaña? Que saia. -É un colega, xa verás.Vaíche caer ben.Spark!- -Como que Spa..?!-Berrou unha voz feminina. Jimmy entrou nada máis oír a voz de Sid e o que atopou xeoulle a sangue e fíxolle ferver a cabeza. Ali estaban, Sid, Nancy e ao tipo ao que lle dera unha malleira, iluminados por un lámpada palpabrexante que case non alumaba o lugar.A noite estaba totalmente negra e escura -TI!- Berrou o traficante- Voute matar, imbécil! Acto seguido cargou contra el, ignorando que aínda estaba a pagar as do seu anterior encontro. Spark apartouse del e pisoulle un nocello, facendo que caera e dese coa cabeza contra o chan. Quedou atordado totalmente. -Que carallo facemos aqui, Sid? Que merda é esta?-Berrou Jimmy -Sid, que fai el aquí?- Preguntoulle Nancy -É que...eu....tatabexou Sid buscando unha resposta coherente. Jimmy dirixiu a vista cara Nancy -Nancy, es unha zorra- Dixolle Spark- Enganáchesme, e con este imbécil!
  • 9. -Coma se fose o único! Es un pailán,Jimmy. Queres triunfar,como unha estrela do punk, pero sabes que nunca o conseguirás por ser un merdas, non si? Madura Rotten, e abre os ollos. Púxenche os cornos porque non fuches o suficientemente bo para min. Deiteime con todos os que atopei, e ti sábelo. Os ollos de Spark estaban cheos de bágoas, e apretaba os puños con forza. -Cala! Déíxao, xa! Déíxame en paz!- Berraba Jimmy, tratando de frear aquel maremoto de ira e tristeza. -Pois pegueicha, e con todos! Incluso cos teus ¨amigos¨. -Díxolle Nancy con malicia. Spark abriu os ollos e quedou mudo. Mirou cara Sid, quen tiña a cabeza gacha de vergoña -Eu..síntoo....Jimmy...-Tatexou Sid tratando de pedirlle perdón. Spark notou como o sangue lle subia á cabeza e perdia totalmente o control. Colleu una botella do chan e esnaquizoulle o cu contra unha parede, facendo que o vidro rompera en afiadas puntas de cristal. -Macho, que vas facer con iso?! - Dixo Sid aterrado- Tio, son eu,Sid, o teu irmán. -Non es máis ca un traidor! Ti non es nada pra min!- Berrou Sid con furia.
  • 10. Nese momento o narcotraficante saíu de detrás de Jimmy e tiróuselle enriba -Xa es meu!-Berrou o tipo. Sparks tratou de evitalo, e fracasou. Ambos caeron ao chan, e Sparks caeu enriba de Sid. Tratou de levantarse, aturdido polo golpe. Notou as mans quentes e húmidas, mirou cara Nancy e viu o seu rostro, contraído nunha horrible expresión de terror. Mirou as mans. Estaban totalmente vermellas. Dirixiu a vista cara Sid, aterrorizado. Estaba tendido, coa botella de cervexa rota, chantada no peito, coma a bandeira dunha triste conquista. Tiña o rostro desfigurado de dor. Jimmy notou coma a bile quente lle subía pola gorxa e lle saía pola boca. -Está...morto- Dixo Nancy, totalmente en estado de shock O narcotraficante quedou mirando para o morto, e botou a correr coma un foguete. Nancy deu uns pasos cara atrás. -Es un asasino.....un monstro- Mascullou ela mentres se ía perdendo na escuridade ata irse. Sparks non se decatou de nada disto, non tiña sangue na cabeza para escoitar ou atender. Só podía centrarse no corpo do que unha vez fora o seu mellor amigo, e agora eran os restos dun amante da súa namorada. O fedor procedente dos bueiros era insoportable, mais non fora iso o que fixera vomitar.
  • 11. Tiña os ollos fóra de lugar e tremía de puro terror. Ao seu arredor non había máis que sangue e cristais rotos. A rúa estaba case a escuras a excepción dunha bombilla tremente que case non daba a luz suficiente para observar a horripilante escena. Cando os seus pulmóns por fin puideron coller aire, o único que saíu da súa gorxa foi un berro. Acto seguido, caeu ao chan, desmaiado. Sparks espertou un par de horas máis tarde, encharcado no sángue. Levantouse con gran esforzo e apoiouse na parede para arrastrarse cara o exterior da rúa. Cando conseguiu manterse en pé, comezou a deambular polas rúas ata un parque. Ali sentou, e volveu a mirar as mans, seguían enchoupadas. Moveuse ata unha fonte e lavounas ata deixalas limpas. Nese momento comezou a valorar as opcións que tiña e a estudar a situación. Acababa de matar o seu mellor amigo, e había dúas persoas que o viran .Aínda así , eles non poderían testemuñar, pois terían que revelar que estaban a vender drogas. A súa vida en Liverpool non seguía sendo posible, esa era a única solución á ecuación. Así que colleu e comezou a camiñar ata a súa casa. Entrou pola porta, e sacou de debaixo da cama unha maleta de coiro marrón moi gastando onde meteu camisetas, pantalóns e roupa en xeral. Todos os discos que puido. Os cartos que tiña e os pósters.
  • 12. Cando tivo todo listo, colleu a maleta, a guitarra e as chaves do coche, un ford mustang de 1970 bastante destrozado.Baixou as escaleiras a todo correr para non atoparse con ninguén, meteuno todo no coche e saíu a todo correr da cidade, deixándoo todo atrás e mirando cara o sol, que saía polo horizonte. Algúns meses máis tarde, Spark estaba en Londres. Atopara un apartamento, esta vez pagando un aluguer co soldo de camareiro que gañaba nun bar, ademais das propinas que lle daban por tocar con seu grupo ¨Sex Cannon¨, que pretendía ser un homenaxe aos Sex Pistols. Fixera novos colegas, e botara moza, esta era unha punk, coma Nancy, pero era boa rapaza e quería moito a Jimmy, ademais de tocar o baixo.Tiña o costume de levar botas a todos os lados e tiña uns anteollos bastante grandes que só a ela lle poderían quedar ben. Chamábase Martha e era de Gales. Jimmy estaba tocando o famoso tema ¨Jesus of Suburbia¨ de Green Day, co seu grupo no pub. Cando acabaron, tomaron unha cervexa todos. Spark levantou a cabeza e mirou ao final da barra, e ali a viu. Sentada nunha cadeira e bebendo soa. Nancy, estaba nese pub. Jimmy dubidou un segundo e quedou pensando que facer. Nese intre Martha colléuno polo ombro e preguntoulle: -Estás ben? Véxote un pouco atontado, coma se viras unha pantasma.
  • 13. -Estou vendo unha agora mesmo- Murmuro Spark. -Que dis? Non te escoito,fala máis alto. -...nada,tanto ten- Contestoulle a Martha, mentres a collía da man e lle dedicaba un sorriso cálido. Deuse a volta e ignorou o feito de que Nancy estivese detrás súa ata que foi para a casa. Unha vez na cama, con Martha ao lado, quen durmía profundamente, e mirando ao póster dos Sex Pistols, por fin puido pensar. ¨Ambos os casos eran verdade. Son un Xesús dos Suburbios, pero ao igual que Xesús, morrín, e agora,que volvo á vida, son un triunfador, teño un bo traballo, unha boa moza, uns bos colegas e un mal pasado. Sonche Johnny Rotten coma un mártir. Son o home que vivíu e morreu polo Punk e polo amor, que morreu polas malas compañias e a traizón e que agora, renace polo mesmo polo que vivu. Sonche o condenado St.Jimmy¨