PROXECTO: O IMPRESIONISMO
XUSTIFICACIÓN
O noso colexio forma parte da rede de bibliotecas da mariña, e coma todos os anos, proponse un
tema para traballar nos distintos colexios que integran a microrrede. Este ano é “O arte” nas
súas distintas modalidades.
Dende hai anos, dámonos conta , das dificultades que teñen os nosos alumnos para expresarse
por medio do debuxo e pensamos que este sería unha boa proposta para profundizar no estudo
das distintas técnicas pictóricas.
Na educación primaria non cambiaron moito os hábitos á hora de educar e ser educado no que á
apreciación da arte se refire. Xeralmente non existen especialistas e se os hai atópanse coas
limitacións do propio sistema. Infraválorase e non se ten coñecemento da importancia do contido
que leva implícito (apreciación da contorna, observación, lectura de imaxes, expresión,
creatividade, desenvolvemento de destrezas, coñecemento da arte, etc.) para o desenvolvemento
da persoa.
Partindo deste baleiro, queremos conquerir con este proxecto, un achegamento ao mundo da
pintura, da creatividade e da expresión. Dar a coñecer ao noso alumnado distintas técnicas
pictóricas e distintas correntes pictóricas que se sucederon ao longo dos anos.
Este proxecto, no seu conxunto, pretende dar resposta aos intereses e necesidades dos nosos
alumnos e alumnas. Consideramos que a contorna dos nenos e nenas é, na actualidade, unha
contorna da cultura visual: televisión, anuncios, carteis pola rúa, letreiros luminosos, propaganda
nas caixas de correos; un mundo de imaxes cheo de estímulos que inflúen continuamente neles.
Por iso, é necesario que desde a escola axudemos aos nenos e nenas a analizar e comprender
as imaxes, educalos no gusto estético e inicialos no goce das obras de arte mediante un novo
enfoque das artes plásticas, un proxecto globalizador e creativo mediante o cal se convida aos
nenos e nenas a coñecer, mirar e descubrir os diferentes artistas e as súas obras.
Non pretendemos por tanto,preparar ao neno para...., senón permitir que o neno descubra as
súas posibilidades en relación aos demais e ao medio, actúe, decida e se exprese. Debuxar e
pintar para comunicarnos cos demais.
Propoñemos o traballo da Expresión Plástica e, máis en concreto, do Impresionismo, a
través deste proxecto de traballo, xa que consideramos que é unha forma de traballo que
propicia e favorece a implicación activa dos nenos, sendo eles os que constrúen as súas
propias aprendizaxes a través da experimentación, a observación e manipulación,
favorecendo o desenrolo da autonomía, a imaxinación e a creatividade.
Sublíñase os aspectos lúdicos, espontáneos e vivenciais destas actividades.
COÑECER E GOZAR DA ARTE CONTRIBÚE A SENSIBILIZARNOS E SUPÓN OUTRA
MANEIRA DE EXPRESAR OS NOSOS SENTIMENTOS.
OBXECTIVOS DA EDUCACIÓN PRIMARIA
a) Coñecer e apreciar os valores e as normas de convivencia, aprender a obrar de acordo con
elas, prepararse para o exercicio activo da cidadanía e respectar os dereitos humanos, así como
o pluralismo propio dunha sociedade democrática.
b) Desenvolver hábitos de traballo individual e de equipo, de esforzo e de responsabilidade no
estudo, así como actitudes de confianza en si mesmo/a, sentido crítico, iniciativa persoal,
curiosidade, interese e creatividade na aprendizaxe, e espírito emprendedor.
e) Coñecer e utilizar de xeito apropiado a lingua galega e a lingua castelá, e desenvolver hábitos
de lectura en ambas as linguas.
J). Utilizar diferentes representacións e expresións artísticas e iniciarse na construción de
propostas visuais e audiovisuais.
OBXECTIVOS ESPECÍFICOS
 Incitar á apreciación da contorna.
 Estimular a imaxinación e a creación.
 Saber expresarse libremente mediante distintas técnicas.
 Aprender a apreciar e aceptar a arte e as producións alleas.
 Traducir plasticamente o mundo emocional.
 Enriquecer a expresión e o coñecemento de si mesmo.
 Identificar e dominar a cor coa súa nomenclatura correcta. Cores primarias e
secundarias.
 Manipular distintos tipos de materiais pictóricos: ceras, lapis, témperas …
 Adquirir hábitos de observación visual, retención e imaxinación creadora,
observación da contorna e do feito artístico.
 Expresarse plasticamente con diferentes técnicas e estampados: estampado co
propio corpo, con selos e tampóns diversos (cortiza, vexetais, esponxas, cordas...) e
combinándoo con outras técnicas plásticas.
 Estudo do espazo e iniciación ao neno/a nos fundamentos das perspectivas
segundo idade do alumno: forma, medida, proporción...
 Experimentar o mundo sensorial e perceptivo e establecer relacións cos diferentes
sentidos para achegar máis elementos á propia experiencia plástica.
 Desenvolver destrezas manipulativas, cortar tanto coa man, como coas tesoiras,
rasgar e pegar.
 Iniciación de técnicas de composición, figurativas e non figurativas, e pegado: colaxe
de papel, teas, las, etc.
 Desenvolver hábitos de limpeza, coidado e orde do material empregado.
CONTIDOS
Bloque 1. Educación audiovisual
 B1.1. Valoración e respecto polas obras plásticas do contorno.
 B1.2. Valoración da limpeza, a orde e a presentación ao realizar un traballo.
 B1.3. Satisfacción na manipulación e na exploración de diferentes materiais.
 B1.3. Interpretación e valoración da información que proporcionan as imaxes no contexto
social e comunicación das apreciacións obtidas.
 B1.4. Interese por usar adecuadamente os instrumentos, os espazos etc.
 B1.5. Observación e exploración sensorial dos elementos plásticos presentes nos ámbitos
natural, artificial e artístico.
 B1.6. Descrición de imaxes presentes no contexto próximo.
 B1.6. Documentación, rexistro e valoración de formas artísticas e artesanais
representativas da expresión cultural.
 B1.7. Observación de elementos plásticos do ambiente artificial presentes en edificios,
moblaxe urbana,luminosos ou sinais.
 B1.7. Descrición de profesionais relacionados/as coas artes plásticas e visuais.
 B1.8. Procura de información sobre as manifestacións culturais e artísticas do contexto.
 B1.8. Descrición verbal de sensacións e observacións das obras plásticas.
 B1.9. Observación da obra plástica e visual no contexto, en exposicións e en museos, e
comentarios posteriores sobre elas.
 B1.10. Expresión oral das impresións que a obra artística xera.
Bloque 2. Expresión artística
 B2.1. Uso de diferentes formas, texturas e cores nas producións.
 B2.1. Exploración de cores, mesturas e manchas de cor con diferentes tipos de pintura e
sobre diversos soportes.
 B2.2. Elaboración de debuxos, pinturas, colaxes, estampaxes, ilustracións, volumes,
encartado de formas etc.
 B2.3. Manipulación de obxectos para a súa transformación (monicreques, disfraces,
escenarios etc.).
 B2.4. Exploración de recursos dixitais para a creación de obras.
 B2.5. Manipulación adecuada de materiais, instrumentos e espazos.
 B2.12. Respecto polas contribucións dos compañeiros e das compañeiras, e disposición
para resolveras diferenzas.
COMPETENCIAS CLAVE
Con este proxecto traballaremos as competencias clave que deben desenvolver os alumnos e
alumnas na educación primaria.
Comunicación lingüística. Mediante a procura e selección da información, a realización de
traballos escritos e orais na clase, exposicións orais …
Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía e competencia dixital:
Mediante o emprego do ordenador para procura de información, realización de Power Point,
estudo da perspectiva …
Aprender a aprender: Mediante a selección de materiais e información, para a realización dos
súas composicións tanto lingüísticas coma plásticas.
Competencias sociais e cívicas: Participando, colaborando e respectando as súas producións e
as dos demais.
Sentido de iniciativa e espírito emprendedor: Promovendo a realización dos seus traballos de
xeito creativo e valorando o esforzo na súa realización.
Conciencia e expresións culturais: Achegando os alumnos e alumnas as manifestacións culturais
de artistas pictóricos de agora e de sempre.
METODOLOXÍA
1. Que sabemos ?
Como en todo proxecto, o punto de partida será preguntarlles aos nenos que saben sobre o
tema.
2. Que queremos saber?
 Que é o impresionismo?
 Cales son os pintores máis coñecidos?
 Cales son os cadros máis importantes?
 Como pintan?
 Con que pintan?
 Que pintan?
 Que son os museos?
 Museos importantes.
3. Buscamos información:
Nos cursos máis baixos, esta procura, será de forma guiada, ben por parte do profesor/a ou
pola familia.
4. Seleccionamos a información e clasificámola:
Unha vez recollida a información achegada a clase, entre todos, organizarémola e faremos
exposicións co material conseguido.
5. Análise da información recollida:
Unha vez feitos os murais, carteis … afondaremos nos aspectos máis relevantes do exposto,
poñendo especial atención sobre daqueles aspectos máis significativos sobre os que
queremos traballar: a cor, os materiais empregados, a temática,a luz …
6. Talleres temáticos:
Nos talleres estudaremos aspectos e conceptos máis técnicos que infiren nunha obra de arte,
tales coma a perspectiva, as mesturas de cor, os obxectos e a luz, as sombras etc.
Algúns destes talleres será impartido por artistas da zona.
7. Práctica do aprendido:
É hora de practicar o aprendido, agora os alumnos e alumnas, realizaran as súas propias
creacións, de xeito individual e colectivo.
RECURSOS ESPECÍFICOS para o desenvolvemento do proxecto :
Recursos bibliográficos : libros con láminas, biografías de pintores, contos tradicionais e
modernos.
Recursos económicos: fondo da aula e achegas dos pais e nais.
Recursos audiovisuais: carteis, fotos, postais, fotografías, gravadora, televisión, computadores.
Recursos materiais: cartolinas , papel charón, , papel de seda de seda, de xornal, de revistas,
temperas e acuarelas, ceras, rotuladores, lapis de cores, pegamento, pinceis.
Outros materiais: Pemento, café, cacao soluble, perexil, legumes: garavanzos e lentellas, pipas,
sopa de letras e todo tipo de materiais que podamos atopar na contorna e que nos serva para a
expresión plástica.

Proxecto impresionismo

  • 1.
    PROXECTO: O IMPRESIONISMO XUSTIFICACIÓN Onoso colexio forma parte da rede de bibliotecas da mariña, e coma todos os anos, proponse un tema para traballar nos distintos colexios que integran a microrrede. Este ano é “O arte” nas súas distintas modalidades. Dende hai anos, dámonos conta , das dificultades que teñen os nosos alumnos para expresarse por medio do debuxo e pensamos que este sería unha boa proposta para profundizar no estudo das distintas técnicas pictóricas. Na educación primaria non cambiaron moito os hábitos á hora de educar e ser educado no que á apreciación da arte se refire. Xeralmente non existen especialistas e se os hai atópanse coas limitacións do propio sistema. Infraválorase e non se ten coñecemento da importancia do contido que leva implícito (apreciación da contorna, observación, lectura de imaxes, expresión, creatividade, desenvolvemento de destrezas, coñecemento da arte, etc.) para o desenvolvemento da persoa. Partindo deste baleiro, queremos conquerir con este proxecto, un achegamento ao mundo da pintura, da creatividade e da expresión. Dar a coñecer ao noso alumnado distintas técnicas pictóricas e distintas correntes pictóricas que se sucederon ao longo dos anos. Este proxecto, no seu conxunto, pretende dar resposta aos intereses e necesidades dos nosos alumnos e alumnas. Consideramos que a contorna dos nenos e nenas é, na actualidade, unha contorna da cultura visual: televisión, anuncios, carteis pola rúa, letreiros luminosos, propaganda nas caixas de correos; un mundo de imaxes cheo de estímulos que inflúen continuamente neles. Por iso, é necesario que desde a escola axudemos aos nenos e nenas a analizar e comprender as imaxes, educalos no gusto estético e inicialos no goce das obras de arte mediante un novo enfoque das artes plásticas, un proxecto globalizador e creativo mediante o cal se convida aos nenos e nenas a coñecer, mirar e descubrir os diferentes artistas e as súas obras. Non pretendemos por tanto,preparar ao neno para...., senón permitir que o neno descubra as súas posibilidades en relación aos demais e ao medio, actúe, decida e se exprese. Debuxar e pintar para comunicarnos cos demais. Propoñemos o traballo da Expresión Plástica e, máis en concreto, do Impresionismo, a través deste proxecto de traballo, xa que consideramos que é unha forma de traballo que propicia e favorece a implicación activa dos nenos, sendo eles os que constrúen as súas propias aprendizaxes a través da experimentación, a observación e manipulación, favorecendo o desenrolo da autonomía, a imaxinación e a creatividade. Sublíñase os aspectos lúdicos, espontáneos e vivenciais destas actividades. COÑECER E GOZAR DA ARTE CONTRIBÚE A SENSIBILIZARNOS E SUPÓN OUTRA MANEIRA DE EXPRESAR OS NOSOS SENTIMENTOS.
  • 2.
    OBXECTIVOS DA EDUCACIÓNPRIMARIA a) Coñecer e apreciar os valores e as normas de convivencia, aprender a obrar de acordo con elas, prepararse para o exercicio activo da cidadanía e respectar os dereitos humanos, así como o pluralismo propio dunha sociedade democrática. b) Desenvolver hábitos de traballo individual e de equipo, de esforzo e de responsabilidade no estudo, así como actitudes de confianza en si mesmo/a, sentido crítico, iniciativa persoal, curiosidade, interese e creatividade na aprendizaxe, e espírito emprendedor. e) Coñecer e utilizar de xeito apropiado a lingua galega e a lingua castelá, e desenvolver hábitos de lectura en ambas as linguas. J). Utilizar diferentes representacións e expresións artísticas e iniciarse na construción de propostas visuais e audiovisuais. OBXECTIVOS ESPECÍFICOS  Incitar á apreciación da contorna.  Estimular a imaxinación e a creación.  Saber expresarse libremente mediante distintas técnicas.  Aprender a apreciar e aceptar a arte e as producións alleas.  Traducir plasticamente o mundo emocional.  Enriquecer a expresión e o coñecemento de si mesmo.  Identificar e dominar a cor coa súa nomenclatura correcta. Cores primarias e secundarias.  Manipular distintos tipos de materiais pictóricos: ceras, lapis, témperas …  Adquirir hábitos de observación visual, retención e imaxinación creadora, observación da contorna e do feito artístico.  Expresarse plasticamente con diferentes técnicas e estampados: estampado co propio corpo, con selos e tampóns diversos (cortiza, vexetais, esponxas, cordas...) e combinándoo con outras técnicas plásticas.  Estudo do espazo e iniciación ao neno/a nos fundamentos das perspectivas segundo idade do alumno: forma, medida, proporción...  Experimentar o mundo sensorial e perceptivo e establecer relacións cos diferentes sentidos para achegar máis elementos á propia experiencia plástica.  Desenvolver destrezas manipulativas, cortar tanto coa man, como coas tesoiras, rasgar e pegar.  Iniciación de técnicas de composición, figurativas e non figurativas, e pegado: colaxe de papel, teas, las, etc.  Desenvolver hábitos de limpeza, coidado e orde do material empregado.
  • 3.
    CONTIDOS Bloque 1. Educaciónaudiovisual  B1.1. Valoración e respecto polas obras plásticas do contorno.  B1.2. Valoración da limpeza, a orde e a presentación ao realizar un traballo.  B1.3. Satisfacción na manipulación e na exploración de diferentes materiais.  B1.3. Interpretación e valoración da información que proporcionan as imaxes no contexto social e comunicación das apreciacións obtidas.  B1.4. Interese por usar adecuadamente os instrumentos, os espazos etc.  B1.5. Observación e exploración sensorial dos elementos plásticos presentes nos ámbitos natural, artificial e artístico.  B1.6. Descrición de imaxes presentes no contexto próximo.  B1.6. Documentación, rexistro e valoración de formas artísticas e artesanais representativas da expresión cultural.  B1.7. Observación de elementos plásticos do ambiente artificial presentes en edificios, moblaxe urbana,luminosos ou sinais.  B1.7. Descrición de profesionais relacionados/as coas artes plásticas e visuais.  B1.8. Procura de información sobre as manifestacións culturais e artísticas do contexto.  B1.8. Descrición verbal de sensacións e observacións das obras plásticas.  B1.9. Observación da obra plástica e visual no contexto, en exposicións e en museos, e comentarios posteriores sobre elas.  B1.10. Expresión oral das impresións que a obra artística xera. Bloque 2. Expresión artística  B2.1. Uso de diferentes formas, texturas e cores nas producións.  B2.1. Exploración de cores, mesturas e manchas de cor con diferentes tipos de pintura e sobre diversos soportes.  B2.2. Elaboración de debuxos, pinturas, colaxes, estampaxes, ilustracións, volumes, encartado de formas etc.  B2.3. Manipulación de obxectos para a súa transformación (monicreques, disfraces, escenarios etc.).  B2.4. Exploración de recursos dixitais para a creación de obras.  B2.5. Manipulación adecuada de materiais, instrumentos e espazos.  B2.12. Respecto polas contribucións dos compañeiros e das compañeiras, e disposición para resolveras diferenzas. COMPETENCIAS CLAVE Con este proxecto traballaremos as competencias clave que deben desenvolver os alumnos e alumnas na educación primaria. Comunicación lingüística. Mediante a procura e selección da información, a realización de traballos escritos e orais na clase, exposicións orais … Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía e competencia dixital: Mediante o emprego do ordenador para procura de información, realización de Power Point, estudo da perspectiva …
  • 4.
    Aprender a aprender:Mediante a selección de materiais e información, para a realización dos súas composicións tanto lingüísticas coma plásticas. Competencias sociais e cívicas: Participando, colaborando e respectando as súas producións e as dos demais. Sentido de iniciativa e espírito emprendedor: Promovendo a realización dos seus traballos de xeito creativo e valorando o esforzo na súa realización. Conciencia e expresións culturais: Achegando os alumnos e alumnas as manifestacións culturais de artistas pictóricos de agora e de sempre. METODOLOXÍA 1. Que sabemos ? Como en todo proxecto, o punto de partida será preguntarlles aos nenos que saben sobre o tema. 2. Que queremos saber?  Que é o impresionismo?  Cales son os pintores máis coñecidos?  Cales son os cadros máis importantes?  Como pintan?  Con que pintan?  Que pintan?  Que son os museos?  Museos importantes. 3. Buscamos información: Nos cursos máis baixos, esta procura, será de forma guiada, ben por parte do profesor/a ou pola familia. 4. Seleccionamos a información e clasificámola: Unha vez recollida a información achegada a clase, entre todos, organizarémola e faremos exposicións co material conseguido. 5. Análise da información recollida: Unha vez feitos os murais, carteis … afondaremos nos aspectos máis relevantes do exposto, poñendo especial atención sobre daqueles aspectos máis significativos sobre os que queremos traballar: a cor, os materiais empregados, a temática,a luz … 6. Talleres temáticos: Nos talleres estudaremos aspectos e conceptos máis técnicos que infiren nunha obra de arte, tales coma a perspectiva, as mesturas de cor, os obxectos e a luz, as sombras etc. Algúns destes talleres será impartido por artistas da zona.
  • 5.
    7. Práctica doaprendido: É hora de practicar o aprendido, agora os alumnos e alumnas, realizaran as súas propias creacións, de xeito individual e colectivo. RECURSOS ESPECÍFICOS para o desenvolvemento do proxecto : Recursos bibliográficos : libros con láminas, biografías de pintores, contos tradicionais e modernos. Recursos económicos: fondo da aula e achegas dos pais e nais. Recursos audiovisuais: carteis, fotos, postais, fotografías, gravadora, televisión, computadores. Recursos materiais: cartolinas , papel charón, , papel de seda de seda, de xornal, de revistas, temperas e acuarelas, ceras, rotuladores, lapis de cores, pegamento, pinceis. Outros materiais: Pemento, café, cacao soluble, perexil, legumes: garavanzos e lentellas, pipas, sopa de letras e todo tipo de materiais que podamos atopar na contorna e que nos serva para a expresión plástica.