Nesta unidade investigamos sobre a UNIÓN EUROPEA. A súa historia, os países que a forman, a zona euro e as súas institucións. Desexamos que vos resulte de axuda.
Para realizala o noso alumnado sempre realiza unha investigación do que queremos saber, logo por equipos poñemos en común a información atopada e por último elaboramos os apuntamentos e o slide-share que queremos compartir.
NON MÁIS MATILDES. POE MÁIS MULLERES NA CIENCIA 1.pdfBerta Campos
Nesta presentación coñeceremos algunhas investigadoras galegas, aínda que hai moitas áis que ti podes buscar e investigar sobre elas e os seus logros.
Desexamos que vos guste e que poidades aproveitar esta información para saber un pouquiño máis cada día. Mil apertas cheas de cousas boas para todas e todos.
DÚAS ILLAS E UNHA HISTORIA DE CORSARIOS.pdfBerta Campos
As nenas e nenos de 6º escribiron un conto para o alumnado de Educación Infantil para darlles a coñecer unha parte pequeniña da historia da Ría de Vigo. E que mellor que un conto de piratas e corsarios.
NON MÁIS MATILDES. POE MÁIS MULLERES NA CIENCIA 1.pdfBerta Campos
Nesta presentación coñeceremos algunhas investigadoras galegas, aínda que hai moitas áis que ti podes buscar e investigar sobre elas e os seus logros.
Desexamos que vos guste e que poidades aproveitar esta información para saber un pouquiño máis cada día. Mil apertas cheas de cousas boas para todas e todos.
DÚAS ILLAS E UNHA HISTORIA DE CORSARIOS.pdfBerta Campos
As nenas e nenos de 6º escribiron un conto para o alumnado de Educación Infantil para darlles a coñecer unha parte pequeniña da historia da Ría de Vigo. E que mellor que un conto de piratas e corsarios.
Despois de coñecer e visitar a Enseada de San Simón, coñecendo o noso mar de adentro, atrevémonos a plasmar neste documento todo o investigado e aprendido. Compartillalo con todas e todos vós é para nós un pracer e desexamos que poida servir de guía de aprendizaxe e de mellora para coidar a nosa ría como realmente se merece.
Grazas a todas e a todos os que nos vedes e valorades o noso traballo. Alumnado de 5º e 6º do CEIP Manuel Padín Truiteiro- Arcade- Soutomaior.
Neste dossier traballamos os medios de transporta antes e hoxe en día, resulta moi chamativo ver como a medida que aumentaban as comodidades no transporte e a globalización aumentaba tamén a contaminación e deixabamos de ser sostibles. Un traballo moi interesante de ler.
Neste dossier sobre a enerxía deixamos plasmada a investigación realizada sobre como xestionar a enerxía, como aforrala e como crear un mundo máis sostible. Desexamos que vos guste.
Neste dossier plasmamos as nosas investigacións estas foron realizadas na materia de C. Naturais para coñecer mellor os problemas que podemos chegar a ter coa auga senón traballamos por un mundo máis sostible. A auga é fundamental para a vida polo tanto temos que coidala e non podemos deixar que se estraguen as cantidades de auga que se están botando a perder en cidades, no campo, etc
De quen foi e que foi o Castelo.pptx.pdfBerta Campos
O castelo de Soutomaior.
O noso Castelo quedou durmido durante 300 anos, abandoado a súa sorte, pero no SÉCULO XIX volve revivir, é dicir, o Castelo RENACE.
E nesta nova etapa do noso proxecto imos saber por que.
QUE ESCOMENCE A AVENTURA! ÍMONOS AO TEATRO!
QUE FOI E DE QUEN FOI O CASTELO?
O curso pasado coñecemos a historia do Castelo de Soutomaior ata o remate da Idade Media cando D. Pedro Álvarez de Soutomaior desaparece e quedamos con moitas ganas de SABER MÁIS.
Ante nós abríronse infinidade de dúbidas e a curiosidade de descubrir que pasara co Castelo ata o día de hoxe.
Que ocorreu neses 600 anos de historia? Quenes foron os seus donos? Que fixeron nel? Puido ser outras cousas o Castelo?
A través deste power-point queremos facer un breve resumo de a quen pertenceu o Castelo, para satisfacer así parte da nosa curiosidade.
E abrir unha porta a un novo proxecto e a unha nova historia.
UNHA MULLER EXCEPCIONAL. MARÍA VINYALS..pptx.pdfBerta Campos
MARIA VINYALS
Coñecemos a María Vinyals. Unha muller excepcional, adiantada ao seu tempo e tamén esquecida por el.
Nós achegámonos a súa figura a través do noso traballo de investigación sobre o noso entorno máis próximo e a nosa curiosidade por saber máis da nosa historia.
Historia que xa forma parte de nós para sempre.
Muller admirada e non tan querida por dicir o que pensaba, por buscar a igualdade entre homes e mulleres nuns tempos difíciles para elas.
Deixamos aquí os nosos traballos, estes son unha humilde homenaxe a esta muller tan apaixoada e valente.
Dentro do noso PDI este curso investigamos como eran as escolas antigamente, buscamos información na nosa biblioteca do centro, puidemos ver algúns dos libros que se empregaban antigamente, e investigar nas nosas casas coas testemuñas dadas polas nosas familias.
O aparato circulatorio. A circulación..pdfBerta Campos
Nesta presentación imos coñecer o aparato circulatorio e a circulación.
Coñeceremos o seu funcionamento dun xeito esquemático. Estudaremos o sangue. Que é? Por que está formado? Os movementos do corazón.
As partes do aparato circulatorio: veas, capilares, corazón.
O percorrido do sangue.
Coñecemos nesta presentación o sector terciario, un dos sectores máis importantes hoxe en día nos países máis desenvoltos.
O sector dos servizos é o que ocupa a maior parte dos empregos do noso país.
Isto ten un lado positivo pero tamén presenta o seu lado negativo xa que estes dous últimos anos este sector viuse moi afectado pola COVID-19, xa que todos os servizos tiveron que cesar a súa actividade, provocando grandes perdas económicas no sector.
No seguinte slide-share, imos resumir o SECTOR SECUNDARIO, non imos estudar aquí a minería xa que o traballamos no SECTOR PRIMARIO, facémolo para evitar duplicidades e confusións ao noso alumnado de Educación Primaria.
Estudaremos a industria, a construción, a artesanía e a enerxía.
A artesanía parecenos moi importante estudala, xa que, para Galicia ten un significado especial e de recuperación (Aínda que esta sexa mínima) dun sector que foi moi importante para a nosa economía.
Os sectores económicos. Que son? Neste slide-share imos resumir o sector primaria, definilo e coñecer as actividades que o compoñen.
Para coñecer a evolución dun país é necesario coñecer os seus sectores económicos así como a súa actividade económica. Desexamos que vos sirva para saber máis ou para repasar o que xa coñecemos.
Imos traballar o xénero literario narrativo. O teatro: Este curso en 6º estudaremos o teatro e tentaremos profundizar un pouco máis para mellorar os nosos coñecementos para saber máis.
A nutrición. A dixestión e a excrección..pdfBerta Campos
Escomenzamos unidade nova. Adentrarémonos no mundo tan apaixoante como é o corpo humano. Estudaremos "A Nutrición" Nesta 1ª parte coñeceremos a dixestión e a excreción. Adiante coa aventura.
Dentro da unidade "A NUTRICIÓN" estudamos todos os aparatos que interveñen na mesma. Dentro da nutrición temos "A RESPIRACIÓN".
Ímola coñecer neste slide-share como introdución á unidade de investigación que realizaremos na nosa aula, traballando en cooperativo. Moito ánimo que é moi fácil!
Nesta exposición poderemos coñecer os países que forman Euroap e as súas capitais ademais de repasar os conceptos básicos de "Poboación" e saber un pouquiño máis sobre a poboación en Europa.
2. CEIP MANUEL PADÍN TRUITEIRO. 6º E. Primaria.
COÑECEMOS A UNIÓN EUROPEA:
Nesta unidade de investigación e coñecemento imos desenvolver os nosos coñecementos a cerca da UNIÓN EUROPEA. Toda a aula de 6º
colaborou na realización desta unidade.
Traballamos en cooperativo, repartimos o traballo entre os cinco equipos e investigamos os seguintes puntos:
Que é a UNIÓN EUROPEA?
Obxectivos que se plantexa.
Vantaxas de pertencer á UNIÓN EUROPEA.
Zona euro.
Historia da UNIÓN EUROPEA
Institucións da UNIÓN EUROPEA
3. CEIP MANUEL PADÍN TRUITEIRO. 6º E. Primaria.
É unha ASOCIACIÓN de países europeos, que colaboran na ECONOMÍA e na
POLÍTICA para MELLORAR a VIDA dos seus CIDADÁNS.
Hoxe en día fórmana 27 países.
OBXECTIVOS:
Protexer aos cidadáns e as súas
liberdades.
Desenvolver unha base económica sólida e
dinámica.
Construír unha europa climáticamente
neutra, ecolóxica, xusta e social.
Promover os intereses e valores europeos
no mundo.
Claro está que os OBXECTIVOS da UE non son só estes catro, estes podemos dicir que son os PRIORITARIOS, se queredes coñecelos
todos podedes consultalos no:
Artigo 3 do TRATADO DE LISBOA.
Estados
membros
da Unión
Europea.
4. CEIP MANUEL PADÍN TRUITEIRO. 6º E. Primaria.
Os cidadáns europeos poden VIAXAR, VIVIR e TRABALLAR en calquer país membro da UE.
As MERCADORÍAS circulan libremente polos países membros sen ter que pagar aranceles nen pasar controis aduaneiros.
Todos os cidadáns temos a TARXETA SANITARIA EUROPEA.
Zona EURO: esta está formada por todos os países que
adoptaron o euro como MOEDA OFICIAL. Nos países
nos que existe o euro os cidadáns da UE non teñen que
facer cambio de moeda.
Hoxe en día o euro (€) é a moeda oficial de 19 dos 27 países membros
da UE, xuntos constitúen a eurozona, chamada oficialmente “ZONA
EURO”
TARXETA SANITARIA
A 1ª emisión de
billetes de (€) foi no
ano 2002.
A UE ofrece aos seus cidadáns unha serie de vantaxes por pertencer á mesma, nos só estudaremos catro delas pero
indudablemente son moitas máis. Nos estudaremos as seguintes:
VANTAXES
5. CEIP MANUEL PADÍN TRUITEIRO. 6º E. Primaria.
Os pioneiros da UE eran un grupo de persoas de distintas procedencias que compartían uns mesmo
ideais: unha Europa pacífica, unida e próspera.
A organización que se convertiría na UE creouse ao finalizar a 2ª Guerra Mundial, no ano 1945,
querían evitar novas guerras e desenvolver economicamente os seus países.
1945 - 1959
Paz en Europa e comenzos da cooperación.
Crease a Comunidad Económica Europea CEE en 1958. Formarana
6 países: Alemaña, Bélxica, Francia, Italia, Luxemburgo e Países
Baixos.
HISTORIA DA UNIÓN EUROPEA
CRONOLOXÍA.
1960 - 1969
Os “maravillosos 60” – Unha etapa de crecemento económico
Como evolucionou a Unión Europea ao longo da década dos 60,
cunha maior integración económica en Europa e os inicios da
cooperación internacional.
6. CEIP MANUEL PADÍN TRUITEIRO. 6º E. Primaria.
1970 - 1979
Unha Comunidade en crecemento – Adhesión dos primeiros novos membros: Dinamarca, Irlanda e o
Reino Unido (1973)
Na década dos 70, xurde a 1ª adhesión de novos membros, as eleccións europeas e unha política
rexional para impulsar as zonas máis pobres.
1980 - 1989
Adhesión de máis países: Grecia (1981), España e
Portugal (1986) Prodúcese a caída do comunismo.
En 1986 créase o mercado único entre os países
membros.
En 1987 créase o programa ERASMUS, ofrece
becas a estudantes universitarios que desexen
estudar noutro país europeo
O muro de Berlín cae en 1989 e Alemaña queda
unificada despois de máis de 40 anos, adhirese a
CEE o 3 de outubro de 1990.
7. CEIP MANUEL PADÍN TRUITEIRO. 6º E. Primaria.
En 1995 entra en vigor o Acordo
de Schengen en sete países: Alemaña,
Bélxica, Francia, España, Luxemburgo, os
Países Baixos e Portugal.
Os viaxeiros poden desprazarse entre todos
estos países sen controis de pasaportes nas
fronteiras.
En 2021, vintiséis países forman parte do
espazo Schengen de circulación sen pasaporte,
incluidos Islandia, Liechtenstein, Noruega e
Suiza.
1990 - 1999
Unha Europa sen fronteiras.
En 1993 ponse en marcha o mercado único con catro liberdades: libre circulación de persoas,
mercadorías, servizos e capital.
Tamén se asinan dous tratados:
Tratado de Maastrich en 1993 e Tratado de Amsterdam en 1999
En 1995 entran Austria, Finlandia e Suecia.
En 1999 introdúcese o euro en once países só para transaccións comerciais e financieiras.
ESPAZO
É a unión de 26 países europeos para
suprimir controis fronteirizos
internos.
8. CEIP MANUEL PADÍN TRUITEIRO. 6º E. Primaria.
2000 - 2009
De 2000 a 2009, adhírense 12 novos países, o euro establécese como moneda de curso legal o 1 de
xaneiro de 2002
Asínase o Tratado de Lisboa. No que se busca unha UE máis democrática, eficiente, transparente e
facer fronte ao cambio climático, a seguridade e o desenvolvemento sostible.
En setembro de 2008 unha crise financieira sacude a economía mundial, afectando a Europa tamén.
2010 - 2019
Esta é unha década delicada, a crise económica golpea duramente a Europa.
No 2013 Croacia pasa a formar parte da UE.
No 2016 Reino Unido vota para saír da UE
2020 – ata hoxe
A pandemia da COVID-19 provocou unha grave emerxencia de saúde pública e unha desaceleración económica sen
precedentes. A Unión Europea e os seus países membros colaboran para apoiar os sistemas sanitarios, conter a
propagación do virus e garantir vacinas tanto para as persoas na UE como fora dela.
Con obxecto de contribuir á recuperación, os dirixentes acordaron axudas centradas na recuperación ecolóxica e
dixital para lograr a neutralidade climática de aquí a 2050.
O Reino Unido deixa de ser membro da UE.
9. CEIP MANUEL PADÍN TRUITEIRO. 6º E. Primaria.
Nós imos coñecer un pouco destas institucións tan importantes para a UE, se queredes saber máis podedes entrar no seguinte enlace:
https://european-union.europa.eu/institutions-law-budget/institutions-and-bodies_es
Hai catro institucións principais responsables da toma de decisión que dirixen a administración da UE. Proporcionan orientación política e
desempeñan diferentes función no proceso lexislativo. Son:
PARLAMENTO EUROPEO Bruxelas/Estrasburgo/Luxemburgo
Está formado por EURODEPUTADOS que representan aos países da UE.
Elaboran as LEIS.
Aproban os orzamentos da UE
O CONSELLO EUROPEO Bruxelas (1992)
Está formado polos 27 Xefes de Estado ou de goberno da UE máis o seu PRESIDENTE
e o PRESIDENTE da Comisión Europea.
Toman decisións.
Aproban leis
Coordina as normas económicas
Dirixe a política de defensa e seguridade.
O Consello Europeo é unha das sete altas Institucións da Unión Europea, integrada
polos vinte e sete Xefes de Estado ou de Goberno dos Estados da Unión, máis o seu
Presidente e o Presidente da Comisión Europea.
10. CEIP MANUEL PADÍN TRUITEIRO. 6º E. Primaria.
O seu labor compleméntase coa de outras institucións e órganos, que inclúen:
O TRIBUNAL DE XUSTIZA DA UNIÓN EUROPEA: (Luxemburgo)
COMISIÓN EUROPEA Bruxelas/Luxemburgo (1958)
Ostenta o poder executivo e a iniciativa lexislativa. Formado polo PRESIDENTE/A da
COMISIÓN e o/a VICEPRESIDENTE/A, ademais está formada por un membro de cada
Estado membro os COMISARIOS.
Propoñen leis.
Garanten o seu cumprimento.
Xestionan os fondos económicos.
CONSELLO DA UNIÓN EUROPEA Bruxelas (1958)
Representa ós gobernos dos Estados membros. O Consello da Unión Europea é a
institución na que se reúnen os ministros nacionais de cada goberno para adoptar
leis e coordinar políticas. Os ministros reúnense en distintas configuracións
dependendo do tema que se vaia tratar. O Consello da Unión Europea adopta
decisións de xeito conxunto co Parlamento Europeo.
O Tribunal vela polo cumprimento do Dereito da Unión, así como pola correcta interpretación e a aplicación dos Tratados:
revisa a legalidade dos actos das institucións da UE, garantiza que os Estados membros cumpran as súas obligacións en
virtude dos Tratados e interpreta o Dereito da Unión a petición dos órganos xurisdicionais nacionais. Teñen un xuíz por
estado e vixían que as leis se cumpran.
11. CEIP MANUEL PADÍN TRUITEIRO. 6º E. Primaria.
O BANCO CENTRAL EUROPEO: (Fráncfort)
TRIBUNAL DE CONTAS: (Luxemburgo)
Para saber máis:
https://european-union.europa.eu/priorities-and-actions/eu-priorities_es
O BCE e o Sistema Europeo de Bancos Centrales son responsables de manter a estabilidade dos prezos na
zona do euro.
Tamén son responsables da política monetaria e do tipo de cambio na zona do euro e prestan apoio ás políticas
económicas da UE.
O Tribunal de Contas Europeo contribúe a mellorar a xestión financiera da UE, fomentar a rendición de
contas e a transparencia, e exerce de vixiante independente dos intereses financieiros dos ciudadáns
da UE. Ademais, comproba que os fondos da Unión estén correctamente contabilizados, que se recauden
e se gasten de conformidade coas normas e regulamentos pertinentes e que se faga un uso correcto dos
mesmos, é dicir, controla os cartos da UE.
12. CEIP MANUEL PADÍN TRUITEIRO. 6º E. Primaria.
Fontes para a realización da unidade:
https://www.lavanguardia.com/uploads/2021/10/11/6163d38f33896.png
https://icambio.es/wp-content/uploads/2020/03/mapa-de-pases-euro.png
https://european-union.europa.eu/sites/default/files/styles/oe_theme_medium_no_crop/public/2021-03/pioneers.JPEG?itok=61o-NE5r
https://www.hablamosdeeuropa.es/es/PublishingImages/1.jpeg
https://www.valgo.es/uploads/app/163/elements/1/904image1638116689o.jpg
https://s1.eestatic.com/2020/04/07/blog_del_suscriptor/opinion-blog_del_suscriptor-blog_del_suscriptor_480713517_149892642_1706x960.jpg
https://es.wikipedia.org/wiki/Comisi%C3%B3n_Europea
https://cdnuploads.aa.com.tr/uploads/Contents/2019/04/30/thumbs_b_c_9c7490827cff10bf5e23d6d2aaedc126.jpg?v=192422