SlideShare a Scribd company logo
A ENSEADA DE SAN SIMÓN
1º A LOCALIZACIÓN.
2º A SÚA ORIXE.
3º A DINÁMICA MARIÑA.
4º AS ZONAS DE BEIRAMAR.
5º A FLORA e FAUNA :
a. AS PRADARÍAS DE SEBAS
b. AS CHAIRAS ENTRE MARÉS
c. AS MARISMAS
d. OS AREAIS
e. A COSTA ROCHOSA
6º A ENSEADA COMO RESERVA DAS
AVES MARIÑAS
7º A SOSTIBILIDADE NA NOSA ENSEADA
E OS IMPACTOS AMBIENTAIS.
8º TRABALLOS NO NOSO MAR DE
ADENTRO.
9º WEBGRAFÍA E BIBLIOGRAFÍA.
IMOS INVESTIGAR A CERCA DE:
“Augas de brillantes tesouros”
A Enseada de San Simón, o noso mar de adentro.
Nun camiño que ben dende tempos pretéritos, uns 4000 anos, o home interactuou no marco
natural no que vive, e no que o clima, os procesos xeolóxicos, biolóxicos… conformaron unha
paisaxe única e senlleira: A ENSEADA DE SAN SIMÓN.
A ENSEADA DE SAN SIMÓN, forma parte dun ecosistema principal que é a RÍA DE VIGO, que á
súa vez depende dun sistema global e maior que é o OCÉANO ATLÁNTICO.
A RÍA DE VIGO ábrese dende Cabo Silleiro ao sur e Cabo Home ao norte. É a ría máis longa de
Galicia con 33 km. de longo, cunha profundidade máxima de 44 metros. O río principal que a
alimenta é o Verdugo-Oitavén.
O Estreito de Rande separa a parte exterior da ría coa interior, a enseada de San Simón.
CABO HOME
CABO SILLEIRO
LOCALIZACIÓN
A ENSEADA DE SAN SIMÓN atópase no interior da Ría de Vigo, é a máis meridional
das Rías Baixas.
Cunha orientación norte-sur, atópase na cabeceira da ría. Ten unha superficie de 2700
hectáreas.
Vai dende as marismas de Vilaboa, ata o Estreito de Rande.
A altura media da nosa enseada é de 7 metros de altura, sendo a lonxitude 10 km de
longo por 3 km de largo. Os concellos que bican as súas augas son: Redondela,
Soutomaior, Vilaboa, e Pontevedra.
A ENSEADA DE SAN SIMÓN, ten a forma dun lago interior rodeado por montes altos.
Está formada por unha conca sedimentaria, á que aportan as súas augas, ríos como o Verdugo-
Oitavén, Ulló, Alvedosa…formando embocaduras ou foces de grande riqueza ecolóxica, onde as
augas dos ríos se mesturan coa do mar.
Na enseada podemos atopar dende praias como a de Cesantes, frechas litorais ( punta de
Cesantes), pequenos entrantes de terra no mar ou cabos como o do Cabalo, Puntal, punta do
Cabo…, marismas, pradeiras, illas como as Alvedosas, a do Castelo, ou a de San Simón, e un
estreito, o de Rande…
A punta do Cabalo, un cabo en Santa Cristina de Cobres. As illas Alvedosas ou Erbedosas.
Marismas de Vilaboa Pequena Praia en Souto Xuste
A SÚA ORIXE
Ten máis de 550 millóns de anos.
Na oroxénese HERCINIANA, hai 400 millóns de
anos, na nosa terra houbo uns movementos
tectónicos, que orixinaron a gran dorsal galega, na
parte máis meridional xurdindo así a Serra do
Suído.
Na oroxenia ALPINA, hai uns 140 millóns de anos,
cando a Placa Norteamericana se afasta da
Europea, eses bloques da codia terrestre entre
fracturas movéronse, elevándose uns e afundíndose
outros, logo os ríos foron escarvando e labrando o
relevo, e será hai 12.000 anos, despois da última
IDADE do XEO, cando o nivel do mar subíu e
moitos destes vales fluviais, foron asolagados polo
mar.
A antigua serra costeira separouse da costa,
ficando como restos dela as ILLAS CÍES e ONS.
CÍES
ONS
PROCESO
HERCINIANO
PROCESO ALPINO.
Aínda unidas as
Cíes e Ons.
NESTAS DÚAS IMAXES PODEDES OBSERVAR O PROCESO DE FORMACIÓN DAS RÍAS
A DINÁMICA
MARIÑA
DA ENSEADA DE SAN
SIMÓN
DINÁMICA MARIÑA
Na enseada de San Simón, son moi importantes as correntes mariñas.
A circulación xeral da Ría presenta un modelo denominado CIRCULACIÓN ESTUÁRICA POSITIVA.
Pola súa beira sur, entra unha masa de auga de mar SALGADA que se despraza paralelamente e a
rentes da marxe sur, pasando o Estreito de Rande, penetra na enseada de San Simón e
mestúrase cos aportes de auga doce, dos ríos OITAVÉN-VERDUGO, ULLÓ, ALVEDOSA…
A auga doce ao ser menos densa, máis lixeiriña, vai discorrer pola superficie e contra a marxe norte
da ría, cara ao ESTREITO DE RANDE.
A salinidade na enseada será máis baixa que no resto da ría e no mar aberto, AUGAS-SALOBRES.
Entrada de
auga salgada
polo Sur
Saída de auga
doce e salgada
polo Norte
Moi importante no tocante á riqueza e producción biolóxica da ría vai ser o coñecido
AFLORAMENTO OCEÁNICO. Fronte as nosas costas hai un MICROAFLORAMENTO .
O afloramento oceánico consiste no ascenso de augas profundas frías e ricas en nutrintes,
que son alimento do FITOPLANCTON, base da CADEA TRÓFICA.
Na primavera-verán, CO VENTO DO NORTE, prodúcese o AFLORAMENTO OCEÁNICO,
que coa radiación solar aumenta a riqueza da ría.
Un xeito de entender e decatarse do afloramento oceánico é cando no verán, ao bañarnos
atopamos a “ auga moi fría, tan fría que corta”.
AS ZONAS DE BEIRAMAR
A nosa costa está sometida a subidas e baixadas do mar, cada 12 horas, polo tanto
hai unhas condicións cambiantes do litoral.
As zonas de beiramar son:
 A SUPRALITORAL, dende o nivel máximo da preamar ata o interior da costa.
 A MESOLITORAL, é a zona intermedia entre o nivel máximo de marea alta e o
nivel mínimo da baixamar, ZONA ASULAGADA polo mar cada 12 horas.
 A INFRALITORAL é a máis baixa
das tres zonas, empeza no nivel
mínimo de baixamar,
permanentemente mergullada e
sometida a acción directa do mar.
A FLORA E A FAUNA
DA ENSEADA DE SAN SIMÓN
A FLORA E FAUNA DA ENSEADA DE SAN SIMÓN.
AS ALGAS: Son talófitos, vexetais de estrutura sinxela, non
teñen nen raíces, nen talo, nen follas, cada célula é
independente e captan os nutrientes por toda a superficie.
Realizan a fotosíntese. Segundo a súa pigmentación poden
ser: verdes, pardas ou vermellas. Temos as seguintes:
 Trapo
 Bocho
 Buche Bravo
 Corbela
 Correola
 Leituga de mar ou verdello
 Verdín ou verdello
LEITUGA DE MAR BOCHO( FUCUS
SPIRALIS) BUCHE BRAVO
CORREOLA VERDELLO
BOCHO (FUCUS VESICULOSUS)
LEITUGA DE MAR BOCHO( FUCUS SPIRALIS) BUCHE BRAVO
CORREOLA VERDELLO BOCHO (FUCUS VESICULOSUS)
AS PRADARÍAS DE SEBA
Case sempre cubertas de auga, entre a franxa de baixamar e ata os 5 m de profundidad
medrando sobre un substrato areoso-lamacento A SEB
ZOSTERA MARÍTIMA ZOSTERA NOLTII
AS PRADARÍAS DE SEBA
Case sempre cubertas de auga, entre a franxa de baixamar e ata os 5 m de profundidade,
medrando sobre un substrato areoso-lamacento A SEBA.
A SEBA ou CEBA: é unha planta herbácea mariña do xénero zostera, é un anxiosperma
(planta con flores, raíces e follas), medra no fondo con alto contido orgánico. Esta
favorece a quietude da auga e reduce a turbidez da mesma.
Hai dous tipos, ámbalas dúas teñen un papel ecolóxico clave no ecosistema da enseada, son:
ZOSTERA MARÍTIMA e ZOSTERA NOLTII
Nestas pradarías podemos atopar: o cabalino de mar, o fodón, a
solla, o robalo, o muxo, a anguía.
Dentro dos invertebrados:
- Cefalópodos como o choco e a lura.
- Crustáceos como a nécora e o caranguexo.
- Equinodermos como a estrela de mar.
ROBALO MUXO ANGUÍA
CHOCO LURA NÉCORA CARANGUEXO ESTRELAMAR
ENTRE MARÉS: AS CHAIRAS
Na baixamar a superficie acuática na enseada pode verse reducida un 25% , quedando 500 Ha
de chairas areosas e lamacentas ao descuberto.
Con cheiro a ovos podres, e aspecto inhóspito e de pouca habitabilidade, porén observándoo
con detenimento amosa a presenza de moitos seres como algas: LEITUGA DE MAR, SEBA
PEQUENA, SALICORNIA RAMOCISSIMA, SPARTINION MARITIMAE…
ENTRE MARES: AS CHAIRAS.
Na baixamar a superficie acuática na enseada pode verse reducida un 25%,
quedando 500 Ha de chairas areosas e lamacentas ao descuberto.
Con cheiro a ovos podres, e aspecto inhóspito e de pouca habitabilidade, porén
observándoo con detenemento amosa a presenza de moitos seres como:
A LEITUGA DE MAR, SEBA PEQUENA, SALICORNIA RAMOCISSIMA,
SPARTINION MARITIMAE
Son un medio óptimo para vermes como a MIÑOCA MARIÑA ou BICHO, tamén hai
crustáceos, moluscos bivalvos, gasterópodos, que son un recurso de vida para as ANÁTIDAS,
GAIVOTAS, BILURICO, A PÍLDORA, O MAZARICO…
Moluscos Miñoca da rías Gasterópodos mariños
Alavancos Cisne Bilurico Mazarico Pilro
intermareais, cubertas pola auga de mar menos tempo, ou só nas mareas máis vivas.
Co abalo e debalo do mar crean un ambiente onde varía a salinidade e a temperatura da auga.
As especies máis típicas son: A SALICORNIA, A SPARTINA ocupando grandes superficies, tamén
zona de XUNCOS, CARRIZOS, ESPADANAS, VERDOAGA…o afastarse do mar pode converterse en
bosque de ribeira, por iso atopamos especies leñosas como: O SALGUEIRO, O AMIEIRO.
XUNCOS CARRIZOS ESPADANAS VERDOAGA
AS MARISMAS SALOBRES
As marismas son ecosistemas húmidos, onde conflúen auga doce de ríos e auga salgado do
mar.
As especies máis típicas son: A SALICORNIA, A SPARTINA, ocupando grandes superficies,
tamén zona de XUNCOS, CARRIZOS, ESPADANAS, VERDOAGA…
O afastarse do mar pode converterse en bosque de ribeira, por iso atopamos especies leñosas
como: O SALGUEIRO, O AMIEIRO.
A MARISMA DE VILABOA é a mellor conservada, con 30 Ha, alí poden verse animais como a
GARCETA, GARZA REAL, anátidas como o ALAVANCO, PARRULO, CISNES..tamén PICAPEIXES,
anfibios e réptiles COBRA VIPERINA…, mamíferos como a LONTRA.
A COBRA VIPERINA PICAPEIXES LONTRA
GARCETA GARCETA REAL
A MARISMA DE VILABOA é a mellor conservada, con 30 Ha, nela poden verse
animais como a garceta ou a garceta real. Anátidas como o alavanco, parrulos,
cisnes, picapeixes. Anfibios e reptiles: cobra viperina. Mamíferos: lontra.
Na ribeira oriental da enseada en certas zonas prodúcese unha acumulación de areas e
sedimentos. Na proximidade da Illa de San Simón, onde conflúen correntes de fluxo e r
mareal, foise acumulando unha barra de área formando unha FRECHA LITORAL: A PUNT
CABO de 6 Ha.
Nos areais tanto cubertos como descubertos de auga, é un hábitat ideal de moluscos bi
como o CROQUE, AS AMEIXAS, NAVALLAS…é un reservorio de alimento para GAIVOTAS
GARZOTAS…
Nestes areais baixo a auga e fixadas ás pedras, hai LEITUGA DE MAR, CORREOLA, onde
CARANGUEXOS, E CAMARÓNS viven moi pracenteiramente.
Praia arriba están o CARDO DE RIBEIRA , EIRUGA MARIÑA, A LEITEIRA….
CARDO DE RIBEIRA EIRUGA MARIÑA
OS AREAIS
Na ribeira oriental da enseada en certas zonas prodúcese unha acumulación de áreas e outros sedimentos.
Na proximidade da Illa de San Simón, onde conflúen correntes de fluxo e refluxo mareal, foise
acumulando unha barra de area formando unha FRECHA LITORAL. A punta do cabo de 6 Ha.
Nos areais tanto cubertos como descubertos de auga, é un hábitat ideal de moluscos bivalvos como o
CROQUE, as AMEIXAS, as NAVALLAS, etc. É un reservorio de alimento para gaivotas e garcetas.
Nestes areais baixo a auga e fixadas ás pedras hai LEITUGAS DE MAR, CORREOLAS, onde os
CARANGUEXOS e CAMARÓNS viven moi pracenteiramente.
Praia arriba están:
A COSTA ROCHOSA
Onde o substrato é a rocha nai, na zona intermareal a vida é dura, pequenos charcos que
quedan na baixamar, alí é posíbel atopar moluscos como o CARAMUXO, LAPAS, crustáceos
como o CAMARÓN DE ROCHA, tamén algunhas algas como o BOCHO, BUCHE BRAVO,
CORREOLA, CORBELA…
A COSTA ROCHOSA
Onde o substrato é a rocha nai, na zona intermareal a vida é dura, pequenos charcos que
quedan na baixamar, alí é posíbel atopar:
- MOLUSCOS como: CARAMUXO, LAPAS
- CRUSTÁCEOS como: CAMARÓN de ROCHA
- ALGAS como o BOCHO, BUCHE BRAVO, CORREOLA, CORBELA; etc.
É un dos lugares favoritos para GAIVOTAS E CORVOS MARIÑOS.
LAPAS CARAMUXO CAMARÓNS DAS ROCHAS
CORVOS MARIÑOS GAIVOTA GAIVOTAS CHORONAS
A ENSEADA COMO RESERVA DAS AVES MARIÑAS
A enseada de San Simón é unha zona moi importante para a invernía de moitas aves
migratorias, que veñen do norte de Europa. É un lugar de acubillo onde atopan refuxio e
alimento.
Acolle máis de 6000 aves acuáticas, incluíndo case 3000 anátidas, máis de 2000 gaivotas.
Que podemos observar:
ANÁTIDAS como o PARRULO ASUBIADOR, ALAVANCO REAL, PARRULO CHUPÓN, parrulo
rabilongo, pato frisado, pentumeiro común
GAIVOTAS como GAIVOTA ESCURA, GAIVOTA CHORONA, GAIVOTA PATIAMARELA, gaivota
arxéntea, gaivota cana, carrán común, carrán cristado
OUTRAS AVES como CORVO MARIÑO, GARZA REAL, GARCETA, CISNES…
LIMÍCOLAS como PILRO COMÚN, BILURICO PATIVERDE, PÍLDORA CINCENTA, MAZARICOS,
BILURICOS…
A ENSEADA, A SOSTIBILIDADES E
OS IMPACTOS AMBIENTAIS
A ENSEADA E A SOSTIBILIDADE E OS IMPACTOS AMBIENTAIS.
Na enseada de San Simón a actividade de pesca está documentada dende o neolítico , no castro da
Peneda atopáronse depósitos de especies mariñas, en concheiros ou cuncheiros, sobretodo de
berberechos, ameixas, ostras, murrunchos…etc.
Á chegada dos romanos comezouse coa Salga do peixe, na Idade Media contabilízase na Enseada de
San Simón, varias salinas, en Arcade e nas bancas de Paredes.
Os gremios de mareantes organizaban a pesca na nosa ría, e hai documentación dende o 1573, e na
veciña Redondela unha ordenanza do 1605 onde se regula a venda do peixe e ostras.
As regateiras e veciños axustando prezos era típico da época.
Logo chegaron no s.XVIII, os fomentadores cataláns con novas artes de pesca, con novas relacións
sociais e laboráis que provocaron protestas veciñais.
No 1763 unha protesta ludista contra o modelo imposto dos cataláns , na explotación da nosa ría, con
fomentadores da cidade de Vigo.
No s.XX, hai un cambio nas novas técnicas e tecnoloxías,
onde desaparecen especies que son suplantadas por outras.
Hai dúas cousas que van influír no traballo das nosas rías,
polo 1880, o primeiro a aparición do ferrocarril, e por outra
parte na Bretaña esquilman a sardiña.
Polo 1910 traballaban en Traíñas, para logo ir metendo a
máquina de vapor nos barcos.
Hoxe en día a Enseada de San Simón está para o marisqueo a flote e a pé , para producións
de mexillóns, pesca con rede ( minorizada), captura do choco e pesca da anguía.
Nestas 5 fotografía podemos ver
as bateas, o traballo do xeito
dun só pano, para a sardiña no
interior da nosa ría, o trasmallo
para o polbo, e a rapeta ou bou
de man e o cerco, actividades
que foron a menos.
OS IMPACTOS AMBIENTAIS.
A enseada de San Simón alberga unha gran poboación humana nas súas beiras : Arcade, Cesantes, Redondela,
Rande, Santradán, Santa Cristina de Cobres, Vilaboa, Pontesampaio…
Isto conleva unha actividade que non sempre é axeitada.
Os principais problemas da Enseada de San Simón:
 Contaminación das súas augas por verquidos urbanos e industriais.
 Recheos e dragados.
 Aterramentos e construcións porturias, que alteran as correntes mariñas, exemplo o Peirao de Arcade, os
recheos de Rande para ampliar o porto de Vigo.
 Ocupación do litoral sen respectar a lei de costas.
 Sobreexplotación dos recursos da nosa ría , como a sardiña e as ostras de Arcade, prácticamente
desaparecidas, ao igual que o berberecho e os morrunchos.
 Aumento de poboación nos entornos da nosa enseada.
 Os incendios forestais.
 Especies invasoras.
 O furtivismo e a pesca deportiva non regulada, dúas actividades perxudiciais para a explotación do medio
mariño.
 Concienciación da sociedade no control de verquidos, da presión human sobre o medio ambiente e a
necesidade de mellora do tratamento das augas residuais.
Que se pode facer , para ter unha Enseada de San Simón máis sostíbel?
• Volumen de capturas controlados, tamén o respecto das tallas mínimas, creación de viveiros, ter
espazos de reserva ou veda, sementar e traballar o mar.
• Uso de artes e aparellos axeitados que nos sexan agresivos sobre a biodiversidade da nosa ría.
• Concienciar sobre a importancia socio-económica e media ambiental da actividade da actividade
mariñeira, visibilizar que dá traballo a moitas familias do noso entorno.
• A importancia da comercialización dos produtos, e que se respectamos o noso recurso natural que é a
enseada vai influír positivamente como recurso económico da zona.
• Control da ría e vixilancia da mesma contra o mundo furtivo, veraneantes e as actividades deportivas…
E como non nós dende a escola e dende a casa podemos facer moito para non contaminarmos a nosa
Enseada de San Simón.
O elemento transcendental da nosa enseada é a AUGA, e hoxe en día os principais problemas da auga
son:
 A CONTAMINACIÓN tanto de augas doces, salgadas, como do aire e a terra, caendo en forma de choivas
acedas ou a través das filtracións nos mananciais. Dende as casas xeneramos moitos refugallos que a través
dos inodoros e dos vertedoiros van parar ao mar, como aceites, champús, xabróns, toalliñas de papel duro…
 AUGAS RESIDUAIS SEN DEPURAR de cidades, vilas, fábricas, granxas…van sen depurar aos nosos
ríos, rías, océanos, mares…orixinando unha contaminación brutal, deixando sen vida eses ecosistemas
contaminados.
 O EXCESO DE CONSUMO E MALGASTO DA AUGA, tanto en gran escala como as industrias, como a
pequeña escala no nosa escola ou casa. É un problema moi grande para o CICLO DA AUGA, inmensos mares,
lagos… están desaparecendo da terra. Hai que facer grandes encoros para ter auga para as nosas ciudades, e
ás veces, o nivel ecolóxico dos ríos está por debaixo dos límites permitidos. Os encoros tamén non permiten a
baixada das grandes enchentes do outono-inverno, que tanto aporte de area facía nas nosas rías.
 O QUECEMENTO GLOBAL está orixinando GRANDES SECAS, hai unha EMERXENCIA CLIMÁTICA, en
moitos países apenas hai reservas hídricas, a auga é un ben moi escaso. A escaseza de auga está orixinando
a DESAPARICIÓN DE BIODIVERSIDADE, só hai que ver a desaparición da ostra, berberecho,
caramuxo, morruncho…da nosa Enseada de San Simón.
Que podemos facer nós, para un uso racional e sostíbel da
auga. Imos defender o noso mar de adentro.
 Pechar as billas cando limpemos os dentes, ou cando nos
enxabronamos as mans, non ter aberta a billa decontino.
 Duchármonos e non bañarnos, xa que é un malgasto dun ben
escaso.
 Na escola e na nosa casa, facermos instalación de recollida
de augas de choiva, para utilizala nos baños da casa, nas
plantacións, invernadoiros e xardíns que temos no arredor.
 Mercar lavalouzas e lavadoras con programas de aforro de
auga, e utilizar xabrons, xeles e champús ecolóxicos e
biodegradábeis.
 Billas e mandos con sistemas de aforro, na escola e nas
nosas casas.
 Nos xardíns da escola e casa árbores autóctonos que
precisan menos auga, con sistemas de regadíos con
programadores e goteo.
 Non verquer residuos no desaugadoiro ou inodoros das casas
ou escola,nin tirar medicamentos, xa que todo vai parar ao
noso mar, e o mar non é unha estercoleira.
 Nas casas dicirlle que non laven o coche con auga doce do
pozo ou da rede do concello, hai lugares habilitados de
limpeza .
Respectemos o noso medio ambiente, para gozarmos del.
BIBLIOGRAFÍA e WEBGRAFÍA:
Especial mención a Xoan Ignacio Amoedo Lueiro, foi para nós coma un facho de luz no neboeiro da mañá, como unha muiñeira en
aloumiños trenzada no ar , a través dos seus libros:
A Enseada de San Simón : Achegamento ó seu medio natural, autor Xoan Ignacio Amoedo Lueiro
Redondela: Guía do patrimonio natural, autores Xan Inacio Amoedo Lueiro, e David Brown, edición da Concellaría de Medio
Ambiente do concello de Redondela.
Auga+ Mar, Adentro, publicación do departamento educativo da Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños, Nº9.
Abril 2009
A illa de San Simón e a súa Enseada, programa educativo, materiais e actividades. Fundación Illa de San Simón,
Consellería de Cultura e Deportes da Xunta de Galicia e Caixanova. Coordinación de Xabier Méndez Martínez.
Paisaxe. Un programa medioambiental da Obra Social “ La Caixa”
Dicionario Fraseolóxico do Mar, Edicións A nosa terra.
A problemática ambiental en Galicia, autora Elvira Cienfuegos López, Baía Edicións.
Traballos feitos de Mon Daporta e Adela Leiro, referidos ao mar de Cambados, que nos abriron os ollos, co seu ben facer.
https://guias.masmar.net/index.php/Derroteros/Pontevedra/R%C3%ADa-de-Vigo.-Generalidades.-Canales-de-entrada-a-
la-R%C3%ADa/Interior-de-la-r%C3%ADa-de-Vigo-Ensenada-de-San-Sim%C3%B3n
https://www.galiciamaxica.eu/galicia/pontevedra/comarca-de-pontevedra/vilaboa/marismas/
https://sge.usal.es/archivos_pdf/geolodia18/guias_geolodia18/gdia18gui_pontevedra.pdf
file:///C:/Users/Usuario/Downloads/Hidrografia_dinamica_ria.pdf
https://allyouneedisbiology.wordpress.com/tag/zona-infralitoral/
https://gl.wikipedia.org/wiki/Enseada_de_San_Sim%C3%B3n#/media/Ficheiro:Salinas_do_Ull%C3%B3,_Vilaboa_-
_panoramio.jpg
https://telemarinas.com/a-guarda-homenaxea-os-seus-remeiros-de-hai-medio-seculo/
http://www.terraetempo.gal/print.php?artigo=4659
https://www.tripadvisor.co/LocationPhotoDirectLink-g1064082-d6959432-i130346039-
San_Simon_Island-Redondela_Province_of_Pontevedra_Galicia.html
https://www.gciencia.com/medioambiental/retrato-das-pradarias-submarinas-de-san-simo
https://masrutasymenosrutinas.com/isla-ensenada-san-simon/n/
GRAZAS POLA VOSA ATENCIÓN
DESEXAMOS QUE FOSE DO VOSO INTERESE.
ESTADE MOI ATENTOS E
ATENTAS QUE PODE CHEGARNOS
PRONTO UNHA MENSAXE SOBRE
A NOSA ENSEADA DE SAN
SIMÓN

More Related Content

What's hot

Tipus de diccionaris
Tipus de diccionarisTipus de diccionaris
Tipus de diccionaris
Sílvia Montals
 
Evolucion fonética del latín al castellano
Evolucion fonética del latín al castellanoEvolucion fonética del latín al castellano
Evolucion fonética del latín al castellano
Javier Almodóvar
 
Unidad 1 2 literatura. géneros. figuras. métrica
Unidad 1  2 literatura. géneros. figuras. métricaUnidad 1  2 literatura. géneros. figuras. métrica
Unidad 1 2 literatura. géneros. figuras. métrica
lclcarmen
 
trabajo sobre la renaixença
trabajo sobre la renaixençatrabajo sobre la renaixença
trabajo sobre la renaixença
Laura Pla Marzo
 
Evolucion fonetica.doc
Evolucion fonetica.docEvolucion fonetica.doc
Evolucion fonetica.doc
Maria
 
Present d'indicatiu
Present d'indicatiuPresent d'indicatiu
Present d'indicatiungt1776
 
Àfrica
Àfrica Àfrica
Àfrica
carla_richart1
 
Els determinants i els pronoms
Els determinants i els pronomsEls determinants i els pronoms
Els determinants i els pronoms
Sílvia Montals
 
La dièresi i l'accentuació
La dièresi i l'accentuacióLa dièresi i l'accentuació
La dièresi i l'accentuacióimmacersan
 
Les comarques de mallorca
Les comarques de mallorcaLes comarques de mallorca
Les comarques de mallorca
Toni Fons Amengual
 
Estrutura e formación de palabras (tema 3)
Estrutura e formación de palabras (tema 3)Estrutura e formación de palabras (tema 3)
Estrutura e formación de palabras (tema 3)Celia Díaz
 
Polisemia i homonimia_ n_min
Polisemia i  homonimia_ n_minPolisemia i  homonimia_ n_min
Polisemia i homonimia_ n_minllescarti
 
Tema 5 rectes angles
Tema 5 rectes anglesTema 5 rectes angles
Tema 5 rectes anglesdolorslm
 
El pas de l’edat moderna a l’edat contemporània
El pas de l’edat moderna a l’edat contemporàniaEl pas de l’edat moderna a l’edat contemporània
El pas de l’edat moderna a l’edat contemporàniaamistatcs
 

What's hot (16)

Tipus de diccionaris
Tipus de diccionarisTipus de diccionaris
Tipus de diccionaris
 
Evolucion fonética del latín al castellano
Evolucion fonética del latín al castellanoEvolucion fonética del latín al castellano
Evolucion fonética del latín al castellano
 
Unidad 1 2 literatura. géneros. figuras. métrica
Unidad 1  2 literatura. géneros. figuras. métricaUnidad 1  2 literatura. géneros. figuras. métrica
Unidad 1 2 literatura. géneros. figuras. métrica
 
trabajo sobre la renaixença
trabajo sobre la renaixençatrabajo sobre la renaixença
trabajo sobre la renaixença
 
Evolucion fonetica.doc
Evolucion fonetica.docEvolucion fonetica.doc
Evolucion fonetica.doc
 
Present d'indicatiu
Present d'indicatiuPresent d'indicatiu
Present d'indicatiu
 
Àfrica
Àfrica Àfrica
Àfrica
 
El Substantiu
El SubstantiuEl Substantiu
El Substantiu
 
Els determinants i els pronoms
Els determinants i els pronomsEls determinants i els pronoms
Els determinants i els pronoms
 
La dièresi i l'accentuació
La dièresi i l'accentuacióLa dièresi i l'accentuació
La dièresi i l'accentuació
 
Les comarques de mallorca
Les comarques de mallorcaLes comarques de mallorca
Les comarques de mallorca
 
Estrutura e formación de palabras (tema 3)
Estrutura e formación de palabras (tema 3)Estrutura e formación de palabras (tema 3)
Estrutura e formación de palabras (tema 3)
 
Polisemia i homonimia_ n_min
Polisemia i  homonimia_ n_minPolisemia i  homonimia_ n_min
Polisemia i homonimia_ n_min
 
Tema 5 rectes angles
Tema 5 rectes anglesTema 5 rectes angles
Tema 5 rectes angles
 
El pas de l’edat moderna a l’edat contemporània
El pas de l’edat moderna a l’edat contemporàniaEl pas de l’edat moderna a l’edat contemporània
El pas de l’edat moderna a l’edat contemporània
 
Poesia 2n
Poesia 2nPoesia 2n
Poesia 2n
 

Similar to O NOSO MAR DE ADENTRO.pptx

Vilaboa, a costa
Vilaboa, a costaVilaboa, a costa
Vilaboa, a costa
MonContos
 
P N COMPLEXO DUNAR DE CORRUBEDO E LAGOAS DE CARREGAL E VIXÁN
P N COMPLEXO DUNAR DE CORRUBEDO E LAGOAS DE CARREGAL E VIXÁNP N COMPLEXO DUNAR DE CORRUBEDO E LAGOAS DE CARREGAL E VIXÁN
P N COMPLEXO DUNAR DE CORRUBEDO E LAGOAS DE CARREGAL E VIXÁN
monadela
 
Cambados, A Costa
Cambados, A CostaCambados, A Costa
Cambados, A Costa
MonContos
 
Foz, a costa
Foz, a costaFoz, a costa
Foz, a costa
monadela
 
LIC Enseada de San Simón
LIC Enseada de San SimónLIC Enseada de San Simón
LIC Enseada de San Simón
monadela
 
A Ría de Pontevedra
A Ría de PontevedraA Ría de Pontevedra
A Ría de Pontevedra
cigformacion
 
Ría de Arousa
Ría de ArousaRía de Arousa
Ría de Arousa
raquel
 
Carballo a costa
Carballo a costaCarballo a costa
Carballo a costa
monadela
 
LIC A Ramallosa
LIC A RamallosaLIC A Ramallosa
LIC A Ramallosa
monadela
 
Oia, a costa
Oia, a costaOia, a costa
Oia, a costa
MonContos
 
Ría de Ribadeo/ do Eo
Ría de Ribadeo/ do EoRía de Ribadeo/ do Eo
Ría de Ribadeo/ do Eo
MonContos
 
Soutomaior, a costa
Soutomaior, a costaSoutomaior, a costa
Soutomaior, a costa
MonContos
 
Ria de Camariñas
Ria de CamariñasRia de Camariñas
Ria de Camariñas
MonContos
 
Baiona, a costa
Baiona, a costaBaiona, a costa
Baiona, a costa
MonContos
 
Camiñando pola Costa da Morte de Caión a Punta Nariga
Camiñando pola Costa da Morte de Caión a Punta NarigaCamiñando pola Costa da Morte de Caión a Punta Nariga
Camiñando pola Costa da Morte de Caión a Punta NarigaMaría Rei Vilas
 
A Laracha, A Costa
A Laracha, A CostaA Laracha, A Costa
A Laracha, A Costa
monadela
 
Pontevedra, A Costa
Pontevedra, A CostaPontevedra, A Costa
Pontevedra, A Costa
MonContos
 
Laxe, A Costa
Laxe, A CostaLaxe, A Costa
Laxe, A Costa
monadela
 
Ria da Coruña
Ria da CoruñaRia da Coruña
Ria da Coruña
monadela
 
Presentación2
Presentación2Presentación2
Presentación2
tambre
 

Similar to O NOSO MAR DE ADENTRO.pptx (20)

Vilaboa, a costa
Vilaboa, a costaVilaboa, a costa
Vilaboa, a costa
 
P N COMPLEXO DUNAR DE CORRUBEDO E LAGOAS DE CARREGAL E VIXÁN
P N COMPLEXO DUNAR DE CORRUBEDO E LAGOAS DE CARREGAL E VIXÁNP N COMPLEXO DUNAR DE CORRUBEDO E LAGOAS DE CARREGAL E VIXÁN
P N COMPLEXO DUNAR DE CORRUBEDO E LAGOAS DE CARREGAL E VIXÁN
 
Cambados, A Costa
Cambados, A CostaCambados, A Costa
Cambados, A Costa
 
Foz, a costa
Foz, a costaFoz, a costa
Foz, a costa
 
LIC Enseada de San Simón
LIC Enseada de San SimónLIC Enseada de San Simón
LIC Enseada de San Simón
 
A Ría de Pontevedra
A Ría de PontevedraA Ría de Pontevedra
A Ría de Pontevedra
 
Ría de Arousa
Ría de ArousaRía de Arousa
Ría de Arousa
 
Carballo a costa
Carballo a costaCarballo a costa
Carballo a costa
 
LIC A Ramallosa
LIC A RamallosaLIC A Ramallosa
LIC A Ramallosa
 
Oia, a costa
Oia, a costaOia, a costa
Oia, a costa
 
Ría de Ribadeo/ do Eo
Ría de Ribadeo/ do EoRía de Ribadeo/ do Eo
Ría de Ribadeo/ do Eo
 
Soutomaior, a costa
Soutomaior, a costaSoutomaior, a costa
Soutomaior, a costa
 
Ria de Camariñas
Ria de CamariñasRia de Camariñas
Ria de Camariñas
 
Baiona, a costa
Baiona, a costaBaiona, a costa
Baiona, a costa
 
Camiñando pola Costa da Morte de Caión a Punta Nariga
Camiñando pola Costa da Morte de Caión a Punta NarigaCamiñando pola Costa da Morte de Caión a Punta Nariga
Camiñando pola Costa da Morte de Caión a Punta Nariga
 
A Laracha, A Costa
A Laracha, A CostaA Laracha, A Costa
A Laracha, A Costa
 
Pontevedra, A Costa
Pontevedra, A CostaPontevedra, A Costa
Pontevedra, A Costa
 
Laxe, A Costa
Laxe, A CostaLaxe, A Costa
Laxe, A Costa
 
Ria da Coruña
Ria da CoruñaRia da Coruña
Ria da Coruña
 
Presentación2
Presentación2Presentación2
Presentación2
 

More from Berta Campos

NON MÁIS MATILDES. POE MÁIS MULLERES NA CIENCIA 1.pdf
NON MÁIS MATILDES. POE MÁIS MULLERES NA CIENCIA 1.pdfNON MÁIS MATILDES. POE MÁIS MULLERES NA CIENCIA 1.pdf
NON MÁIS MATILDES. POE MÁIS MULLERES NA CIENCIA 1.pdf
Berta Campos
 
DÚAS ILLAS E UNHA HISTORIA DE CORSARIOS.pdf
DÚAS ILLAS E UNHA HISTORIA DE CORSARIOS.pdfDÚAS ILLAS E UNHA HISTORIA DE CORSARIOS.pdf
DÚAS ILLAS E UNHA HISTORIA DE CORSARIOS.pdf
Berta Campos
 
Apuntamentos nen@s Idade Moderna.pdf
Apuntamentos nen@s Idade Moderna.pdfApuntamentos nen@s Idade Moderna.pdf
Apuntamentos nen@s Idade Moderna.pdf
Berta Campos
 
Dossier transporte.pdf
Dossier transporte.pdfDossier transporte.pdf
Dossier transporte.pdf
Berta Campos
 
Dossier Saúde.pdf
Dossier Saúde.pdfDossier Saúde.pdf
Dossier Saúde.pdf
Berta Campos
 
Dossier enerxía.pdf
Dossier enerxía.pdfDossier enerxía.pdf
Dossier enerxía.pdf
Berta Campos
 
Dossier Residuos.pdf
Dossier Residuos.pdfDossier Residuos.pdf
Dossier Residuos.pdf
Berta Campos
 
A AUGA. SOSTIBILIDADE..pptx.pdf
A AUGA. SOSTIBILIDADE..pptx.pdfA AUGA. SOSTIBILIDADE..pptx.pdf
A AUGA. SOSTIBILIDADE..pptx.pdf
Berta Campos
 
De quen foi e que foi o Castelo.pptx.pdf
De quen foi e que foi o Castelo.pptx.pdfDe quen foi e que foi o Castelo.pptx.pdf
De quen foi e que foi o Castelo.pptx.pdf
Berta Campos
 
UNHA MULLER EXCEPCIONAL. MARÍA VINYALS..pptx.pdf
UNHA MULLER EXCEPCIONAL. MARÍA VINYALS..pptx.pdfUNHA MULLER EXCEPCIONAL. MARÍA VINYALS..pptx.pdf
UNHA MULLER EXCEPCIONAL. MARÍA VINYALS..pptx.pdf
Berta Campos
 
As escolas nos anos 50, 60 e 70 .pdf
As escolas nos anos 50, 60 e 70 .pdfAs escolas nos anos 50, 60 e 70 .pdf
As escolas nos anos 50, 60 e 70 .pdf
Berta Campos
 
O aparato circulatorio. A circulación..pdf
O aparato circulatorio. A circulación..pdfO aparato circulatorio. A circulación..pdf
O aparato circulatorio. A circulación..pdf
Berta Campos
 
ACTIVIDADES ECONÓMICAS. SECTOR TERCIARIO.pdf
ACTIVIDADES ECONÓMICAS. SECTOR TERCIARIO.pdfACTIVIDADES ECONÓMICAS. SECTOR TERCIARIO.pdf
ACTIVIDADES ECONÓMICAS. SECTOR TERCIARIO.pdf
Berta Campos
 
ACTIVIDADES ECONÓMICAS SECTOR SECUNDARIO.pdf
ACTIVIDADES ECONÓMICAS SECTOR SECUNDARIO.pdfACTIVIDADES ECONÓMICAS SECTOR SECUNDARIO.pdf
ACTIVIDADES ECONÓMICAS SECTOR SECUNDARIO.pdf
Berta Campos
 
Sectores económicos. Sector primario..pdf
Sectores económicos. Sector primario..pdfSectores económicos. Sector primario..pdf
Sectores económicos. Sector primario..pdf
Berta Campos
 
A UNIÓN EUROPEA.pdf
A UNIÓN EUROPEA.pdfA UNIÓN EUROPEA.pdf
A UNIÓN EUROPEA.pdf
Berta Campos
 
O xénero dramático. O teatro..pdf
O xénero dramático. O teatro..pdfO xénero dramático. O teatro..pdf
O xénero dramático. O teatro..pdf
Berta Campos
 
A nutrición. A dixestión e a excrección..pdf
A nutrición. A dixestión e a excrección..pdfA nutrición. A dixestión e a excrección..pdf
A nutrición. A dixestión e a excrección..pdf
Berta Campos
 
A RESPIRACIÓN.pdf
A RESPIRACIÓN.pdfA RESPIRACIÓN.pdf
A RESPIRACIÓN.pdf
Berta Campos
 
A poboación en Europa.pdf
A poboación en Europa.pdfA poboación en Europa.pdf
A poboación en Europa.pdf
Berta Campos
 

More from Berta Campos (20)

NON MÁIS MATILDES. POE MÁIS MULLERES NA CIENCIA 1.pdf
NON MÁIS MATILDES. POE MÁIS MULLERES NA CIENCIA 1.pdfNON MÁIS MATILDES. POE MÁIS MULLERES NA CIENCIA 1.pdf
NON MÁIS MATILDES. POE MÁIS MULLERES NA CIENCIA 1.pdf
 
DÚAS ILLAS E UNHA HISTORIA DE CORSARIOS.pdf
DÚAS ILLAS E UNHA HISTORIA DE CORSARIOS.pdfDÚAS ILLAS E UNHA HISTORIA DE CORSARIOS.pdf
DÚAS ILLAS E UNHA HISTORIA DE CORSARIOS.pdf
 
Apuntamentos nen@s Idade Moderna.pdf
Apuntamentos nen@s Idade Moderna.pdfApuntamentos nen@s Idade Moderna.pdf
Apuntamentos nen@s Idade Moderna.pdf
 
Dossier transporte.pdf
Dossier transporte.pdfDossier transporte.pdf
Dossier transporte.pdf
 
Dossier Saúde.pdf
Dossier Saúde.pdfDossier Saúde.pdf
Dossier Saúde.pdf
 
Dossier enerxía.pdf
Dossier enerxía.pdfDossier enerxía.pdf
Dossier enerxía.pdf
 
Dossier Residuos.pdf
Dossier Residuos.pdfDossier Residuos.pdf
Dossier Residuos.pdf
 
A AUGA. SOSTIBILIDADE..pptx.pdf
A AUGA. SOSTIBILIDADE..pptx.pdfA AUGA. SOSTIBILIDADE..pptx.pdf
A AUGA. SOSTIBILIDADE..pptx.pdf
 
De quen foi e que foi o Castelo.pptx.pdf
De quen foi e que foi o Castelo.pptx.pdfDe quen foi e que foi o Castelo.pptx.pdf
De quen foi e que foi o Castelo.pptx.pdf
 
UNHA MULLER EXCEPCIONAL. MARÍA VINYALS..pptx.pdf
UNHA MULLER EXCEPCIONAL. MARÍA VINYALS..pptx.pdfUNHA MULLER EXCEPCIONAL. MARÍA VINYALS..pptx.pdf
UNHA MULLER EXCEPCIONAL. MARÍA VINYALS..pptx.pdf
 
As escolas nos anos 50, 60 e 70 .pdf
As escolas nos anos 50, 60 e 70 .pdfAs escolas nos anos 50, 60 e 70 .pdf
As escolas nos anos 50, 60 e 70 .pdf
 
O aparato circulatorio. A circulación..pdf
O aparato circulatorio. A circulación..pdfO aparato circulatorio. A circulación..pdf
O aparato circulatorio. A circulación..pdf
 
ACTIVIDADES ECONÓMICAS. SECTOR TERCIARIO.pdf
ACTIVIDADES ECONÓMICAS. SECTOR TERCIARIO.pdfACTIVIDADES ECONÓMICAS. SECTOR TERCIARIO.pdf
ACTIVIDADES ECONÓMICAS. SECTOR TERCIARIO.pdf
 
ACTIVIDADES ECONÓMICAS SECTOR SECUNDARIO.pdf
ACTIVIDADES ECONÓMICAS SECTOR SECUNDARIO.pdfACTIVIDADES ECONÓMICAS SECTOR SECUNDARIO.pdf
ACTIVIDADES ECONÓMICAS SECTOR SECUNDARIO.pdf
 
Sectores económicos. Sector primario..pdf
Sectores económicos. Sector primario..pdfSectores económicos. Sector primario..pdf
Sectores económicos. Sector primario..pdf
 
A UNIÓN EUROPEA.pdf
A UNIÓN EUROPEA.pdfA UNIÓN EUROPEA.pdf
A UNIÓN EUROPEA.pdf
 
O xénero dramático. O teatro..pdf
O xénero dramático. O teatro..pdfO xénero dramático. O teatro..pdf
O xénero dramático. O teatro..pdf
 
A nutrición. A dixestión e a excrección..pdf
A nutrición. A dixestión e a excrección..pdfA nutrición. A dixestión e a excrección..pdf
A nutrición. A dixestión e a excrección..pdf
 
A RESPIRACIÓN.pdf
A RESPIRACIÓN.pdfA RESPIRACIÓN.pdf
A RESPIRACIÓN.pdf
 
A poboación en Europa.pdf
A poboación en Europa.pdfA poboación en Europa.pdf
A poboación en Europa.pdf
 

Recently uploaded

O Río Umia, a inspiración desde a paisaxe
O Río Umia, a inspiración desde a paisaxeO Río Umia, a inspiración desde a paisaxe
O Río Umia, a inspiración desde a paisaxe
iesasorey
 
Revista do EDLG O_Son_Rebuldeiro2024.pdf
Revista do EDLG O_Son_Rebuldeiro2024.pdfRevista do EDLG O_Son_Rebuldeiro2024.pdf
Revista do EDLG O_Son_Rebuldeiro2024.pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Violencia e morte do señor en Galicia na Baixa Idade Media
Violencia e morte do señor en Galicia na Baixa Idade MediaViolencia e morte do señor en Galicia na Baixa Idade Media
Violencia e morte do señor en Galicia na Baixa Idade Media
Red Académica Internacional Historia a Debate
 
" Vixainas, o galego ten maxia " (Un conto en galego para o galego)
" Vixainas, o galego ten maxia " (Un conto en galego para o galego)" Vixainas, o galego ten maxia " (Un conto en galego para o galego)
" Vixainas, o galego ten maxia " (Un conto en galego para o galego)
Rosa Fernandez Carrera
 
Álvaro Escudero Torres, Xabier Besada - Ríos Galegos - 3 ESO B.pdf
Álvaro Escudero Torres, Xabier Besada - Ríos Galegos - 3 ESO B.pdfÁlvaro Escudero Torres, Xabier Besada - Ríos Galegos - 3 ESO B.pdf
Álvaro Escudero Torres, Xabier Besada - Ríos Galegos - 3 ESO B.pdf
iesasorey
 
Traballos impactos ambientais alumnado bioloxía 4º ESOomp.pdf
Traballos impactos ambientais alumnado bioloxía 4º ESOomp.pdfTraballos impactos ambientais alumnado bioloxía 4º ESOomp.pdf
Traballos impactos ambientais alumnado bioloxía 4º ESOomp.pdf
David Casado Bravo
 

Recently uploaded (6)

O Río Umia, a inspiración desde a paisaxe
O Río Umia, a inspiración desde a paisaxeO Río Umia, a inspiración desde a paisaxe
O Río Umia, a inspiración desde a paisaxe
 
Revista do EDLG O_Son_Rebuldeiro2024.pdf
Revista do EDLG O_Son_Rebuldeiro2024.pdfRevista do EDLG O_Son_Rebuldeiro2024.pdf
Revista do EDLG O_Son_Rebuldeiro2024.pdf
 
Violencia e morte do señor en Galicia na Baixa Idade Media
Violencia e morte do señor en Galicia na Baixa Idade MediaViolencia e morte do señor en Galicia na Baixa Idade Media
Violencia e morte do señor en Galicia na Baixa Idade Media
 
" Vixainas, o galego ten maxia " (Un conto en galego para o galego)
" Vixainas, o galego ten maxia " (Un conto en galego para o galego)" Vixainas, o galego ten maxia " (Un conto en galego para o galego)
" Vixainas, o galego ten maxia " (Un conto en galego para o galego)
 
Álvaro Escudero Torres, Xabier Besada - Ríos Galegos - 3 ESO B.pdf
Álvaro Escudero Torres, Xabier Besada - Ríos Galegos - 3 ESO B.pdfÁlvaro Escudero Torres, Xabier Besada - Ríos Galegos - 3 ESO B.pdf
Álvaro Escudero Torres, Xabier Besada - Ríos Galegos - 3 ESO B.pdf
 
Traballos impactos ambientais alumnado bioloxía 4º ESOomp.pdf
Traballos impactos ambientais alumnado bioloxía 4º ESOomp.pdfTraballos impactos ambientais alumnado bioloxía 4º ESOomp.pdf
Traballos impactos ambientais alumnado bioloxía 4º ESOomp.pdf
 

O NOSO MAR DE ADENTRO.pptx

  • 1. A ENSEADA DE SAN SIMÓN
  • 2. 1º A LOCALIZACIÓN. 2º A SÚA ORIXE. 3º A DINÁMICA MARIÑA. 4º AS ZONAS DE BEIRAMAR. 5º A FLORA e FAUNA : a. AS PRADARÍAS DE SEBAS b. AS CHAIRAS ENTRE MARÉS c. AS MARISMAS d. OS AREAIS e. A COSTA ROCHOSA 6º A ENSEADA COMO RESERVA DAS AVES MARIÑAS 7º A SOSTIBILIDADE NA NOSA ENSEADA E OS IMPACTOS AMBIENTAIS. 8º TRABALLOS NO NOSO MAR DE ADENTRO. 9º WEBGRAFÍA E BIBLIOGRAFÍA. IMOS INVESTIGAR A CERCA DE:
  • 3. “Augas de brillantes tesouros” A Enseada de San Simón, o noso mar de adentro. Nun camiño que ben dende tempos pretéritos, uns 4000 anos, o home interactuou no marco natural no que vive, e no que o clima, os procesos xeolóxicos, biolóxicos… conformaron unha paisaxe única e senlleira: A ENSEADA DE SAN SIMÓN.
  • 4. A ENSEADA DE SAN SIMÓN, forma parte dun ecosistema principal que é a RÍA DE VIGO, que á súa vez depende dun sistema global e maior que é o OCÉANO ATLÁNTICO. A RÍA DE VIGO ábrese dende Cabo Silleiro ao sur e Cabo Home ao norte. É a ría máis longa de Galicia con 33 km. de longo, cunha profundidade máxima de 44 metros. O río principal que a alimenta é o Verdugo-Oitavén. O Estreito de Rande separa a parte exterior da ría coa interior, a enseada de San Simón. CABO HOME CABO SILLEIRO
  • 5. LOCALIZACIÓN A ENSEADA DE SAN SIMÓN atópase no interior da Ría de Vigo, é a máis meridional das Rías Baixas. Cunha orientación norte-sur, atópase na cabeceira da ría. Ten unha superficie de 2700 hectáreas. Vai dende as marismas de Vilaboa, ata o Estreito de Rande. A altura media da nosa enseada é de 7 metros de altura, sendo a lonxitude 10 km de longo por 3 km de largo. Os concellos que bican as súas augas son: Redondela, Soutomaior, Vilaboa, e Pontevedra.
  • 6. A ENSEADA DE SAN SIMÓN, ten a forma dun lago interior rodeado por montes altos. Está formada por unha conca sedimentaria, á que aportan as súas augas, ríos como o Verdugo- Oitavén, Ulló, Alvedosa…formando embocaduras ou foces de grande riqueza ecolóxica, onde as augas dos ríos se mesturan coa do mar. Na enseada podemos atopar dende praias como a de Cesantes, frechas litorais ( punta de Cesantes), pequenos entrantes de terra no mar ou cabos como o do Cabalo, Puntal, punta do Cabo…, marismas, pradeiras, illas como as Alvedosas, a do Castelo, ou a de San Simón, e un estreito, o de Rande…
  • 7. A punta do Cabalo, un cabo en Santa Cristina de Cobres. As illas Alvedosas ou Erbedosas. Marismas de Vilaboa Pequena Praia en Souto Xuste
  • 8. A SÚA ORIXE Ten máis de 550 millóns de anos. Na oroxénese HERCINIANA, hai 400 millóns de anos, na nosa terra houbo uns movementos tectónicos, que orixinaron a gran dorsal galega, na parte máis meridional xurdindo así a Serra do Suído. Na oroxenia ALPINA, hai uns 140 millóns de anos, cando a Placa Norteamericana se afasta da Europea, eses bloques da codia terrestre entre fracturas movéronse, elevándose uns e afundíndose outros, logo os ríos foron escarvando e labrando o relevo, e será hai 12.000 anos, despois da última IDADE do XEO, cando o nivel do mar subíu e moitos destes vales fluviais, foron asolagados polo mar. A antigua serra costeira separouse da costa, ficando como restos dela as ILLAS CÍES e ONS. CÍES ONS
  • 9. PROCESO HERCINIANO PROCESO ALPINO. Aínda unidas as Cíes e Ons. NESTAS DÚAS IMAXES PODEDES OBSERVAR O PROCESO DE FORMACIÓN DAS RÍAS
  • 11. DINÁMICA MARIÑA Na enseada de San Simón, son moi importantes as correntes mariñas. A circulación xeral da Ría presenta un modelo denominado CIRCULACIÓN ESTUÁRICA POSITIVA. Pola súa beira sur, entra unha masa de auga de mar SALGADA que se despraza paralelamente e a rentes da marxe sur, pasando o Estreito de Rande, penetra na enseada de San Simón e mestúrase cos aportes de auga doce, dos ríos OITAVÉN-VERDUGO, ULLÓ, ALVEDOSA… A auga doce ao ser menos densa, máis lixeiriña, vai discorrer pola superficie e contra a marxe norte da ría, cara ao ESTREITO DE RANDE. A salinidade na enseada será máis baixa que no resto da ría e no mar aberto, AUGAS-SALOBRES. Entrada de auga salgada polo Sur Saída de auga doce e salgada polo Norte
  • 12. Moi importante no tocante á riqueza e producción biolóxica da ría vai ser o coñecido AFLORAMENTO OCEÁNICO. Fronte as nosas costas hai un MICROAFLORAMENTO . O afloramento oceánico consiste no ascenso de augas profundas frías e ricas en nutrintes, que son alimento do FITOPLANCTON, base da CADEA TRÓFICA. Na primavera-verán, CO VENTO DO NORTE, prodúcese o AFLORAMENTO OCEÁNICO, que coa radiación solar aumenta a riqueza da ría. Un xeito de entender e decatarse do afloramento oceánico é cando no verán, ao bañarnos atopamos a “ auga moi fría, tan fría que corta”.
  • 13. AS ZONAS DE BEIRAMAR A nosa costa está sometida a subidas e baixadas do mar, cada 12 horas, polo tanto hai unhas condicións cambiantes do litoral. As zonas de beiramar son:  A SUPRALITORAL, dende o nivel máximo da preamar ata o interior da costa.  A MESOLITORAL, é a zona intermedia entre o nivel máximo de marea alta e o nivel mínimo da baixamar, ZONA ASULAGADA polo mar cada 12 horas.  A INFRALITORAL é a máis baixa das tres zonas, empeza no nivel mínimo de baixamar, permanentemente mergullada e sometida a acción directa do mar.
  • 14. A FLORA E A FAUNA DA ENSEADA DE SAN SIMÓN
  • 15. A FLORA E FAUNA DA ENSEADA DE SAN SIMÓN. AS ALGAS: Son talófitos, vexetais de estrutura sinxela, non teñen nen raíces, nen talo, nen follas, cada célula é independente e captan os nutrientes por toda a superficie. Realizan a fotosíntese. Segundo a súa pigmentación poden ser: verdes, pardas ou vermellas. Temos as seguintes:  Trapo  Bocho  Buche Bravo  Corbela  Correola  Leituga de mar ou verdello  Verdín ou verdello
  • 16. LEITUGA DE MAR BOCHO( FUCUS SPIRALIS) BUCHE BRAVO CORREOLA VERDELLO BOCHO (FUCUS VESICULOSUS) LEITUGA DE MAR BOCHO( FUCUS SPIRALIS) BUCHE BRAVO CORREOLA VERDELLO BOCHO (FUCUS VESICULOSUS)
  • 17. AS PRADARÍAS DE SEBA Case sempre cubertas de auga, entre a franxa de baixamar e ata os 5 m de profundidad medrando sobre un substrato areoso-lamacento A SEB ZOSTERA MARÍTIMA ZOSTERA NOLTII AS PRADARÍAS DE SEBA Case sempre cubertas de auga, entre a franxa de baixamar e ata os 5 m de profundidade, medrando sobre un substrato areoso-lamacento A SEBA. A SEBA ou CEBA: é unha planta herbácea mariña do xénero zostera, é un anxiosperma (planta con flores, raíces e follas), medra no fondo con alto contido orgánico. Esta favorece a quietude da auga e reduce a turbidez da mesma. Hai dous tipos, ámbalas dúas teñen un papel ecolóxico clave no ecosistema da enseada, son: ZOSTERA MARÍTIMA e ZOSTERA NOLTII
  • 18. Nestas pradarías podemos atopar: o cabalino de mar, o fodón, a solla, o robalo, o muxo, a anguía. Dentro dos invertebrados: - Cefalópodos como o choco e a lura. - Crustáceos como a nécora e o caranguexo. - Equinodermos como a estrela de mar.
  • 19. ROBALO MUXO ANGUÍA CHOCO LURA NÉCORA CARANGUEXO ESTRELAMAR
  • 20. ENTRE MARÉS: AS CHAIRAS Na baixamar a superficie acuática na enseada pode verse reducida un 25% , quedando 500 Ha de chairas areosas e lamacentas ao descuberto. Con cheiro a ovos podres, e aspecto inhóspito e de pouca habitabilidade, porén observándoo con detenimento amosa a presenza de moitos seres como algas: LEITUGA DE MAR, SEBA PEQUENA, SALICORNIA RAMOCISSIMA, SPARTINION MARITIMAE… ENTRE MARES: AS CHAIRAS. Na baixamar a superficie acuática na enseada pode verse reducida un 25%, quedando 500 Ha de chairas areosas e lamacentas ao descuberto. Con cheiro a ovos podres, e aspecto inhóspito e de pouca habitabilidade, porén observándoo con detenemento amosa a presenza de moitos seres como: A LEITUGA DE MAR, SEBA PEQUENA, SALICORNIA RAMOCISSIMA, SPARTINION MARITIMAE
  • 21. Son un medio óptimo para vermes como a MIÑOCA MARIÑA ou BICHO, tamén hai crustáceos, moluscos bivalvos, gasterópodos, que son un recurso de vida para as ANÁTIDAS, GAIVOTAS, BILURICO, A PÍLDORA, O MAZARICO… Moluscos Miñoca da rías Gasterópodos mariños Alavancos Cisne Bilurico Mazarico Pilro
  • 22. intermareais, cubertas pola auga de mar menos tempo, ou só nas mareas máis vivas. Co abalo e debalo do mar crean un ambiente onde varía a salinidade e a temperatura da auga. As especies máis típicas son: A SALICORNIA, A SPARTINA ocupando grandes superficies, tamén zona de XUNCOS, CARRIZOS, ESPADANAS, VERDOAGA…o afastarse do mar pode converterse en bosque de ribeira, por iso atopamos especies leñosas como: O SALGUEIRO, O AMIEIRO. XUNCOS CARRIZOS ESPADANAS VERDOAGA AS MARISMAS SALOBRES As marismas son ecosistemas húmidos, onde conflúen auga doce de ríos e auga salgado do mar. As especies máis típicas son: A SALICORNIA, A SPARTINA, ocupando grandes superficies, tamén zona de XUNCOS, CARRIZOS, ESPADANAS, VERDOAGA… O afastarse do mar pode converterse en bosque de ribeira, por iso atopamos especies leñosas como: O SALGUEIRO, O AMIEIRO.
  • 23. A MARISMA DE VILABOA é a mellor conservada, con 30 Ha, alí poden verse animais como a GARCETA, GARZA REAL, anátidas como o ALAVANCO, PARRULO, CISNES..tamén PICAPEIXES, anfibios e réptiles COBRA VIPERINA…, mamíferos como a LONTRA. A COBRA VIPERINA PICAPEIXES LONTRA GARCETA GARCETA REAL A MARISMA DE VILABOA é a mellor conservada, con 30 Ha, nela poden verse animais como a garceta ou a garceta real. Anátidas como o alavanco, parrulos, cisnes, picapeixes. Anfibios e reptiles: cobra viperina. Mamíferos: lontra.
  • 24. Na ribeira oriental da enseada en certas zonas prodúcese unha acumulación de areas e sedimentos. Na proximidade da Illa de San Simón, onde conflúen correntes de fluxo e r mareal, foise acumulando unha barra de área formando unha FRECHA LITORAL: A PUNT CABO de 6 Ha. Nos areais tanto cubertos como descubertos de auga, é un hábitat ideal de moluscos bi como o CROQUE, AS AMEIXAS, NAVALLAS…é un reservorio de alimento para GAIVOTAS GARZOTAS… Nestes areais baixo a auga e fixadas ás pedras, hai LEITUGA DE MAR, CORREOLA, onde CARANGUEXOS, E CAMARÓNS viven moi pracenteiramente. Praia arriba están o CARDO DE RIBEIRA , EIRUGA MARIÑA, A LEITEIRA…. CARDO DE RIBEIRA EIRUGA MARIÑA OS AREAIS Na ribeira oriental da enseada en certas zonas prodúcese unha acumulación de áreas e outros sedimentos. Na proximidade da Illa de San Simón, onde conflúen correntes de fluxo e refluxo mareal, foise acumulando unha barra de area formando unha FRECHA LITORAL. A punta do cabo de 6 Ha. Nos areais tanto cubertos como descubertos de auga, é un hábitat ideal de moluscos bivalvos como o CROQUE, as AMEIXAS, as NAVALLAS, etc. É un reservorio de alimento para gaivotas e garcetas. Nestes areais baixo a auga e fixadas ás pedras hai LEITUGAS DE MAR, CORREOLAS, onde os CARANGUEXOS e CAMARÓNS viven moi pracenteiramente. Praia arriba están:
  • 25. A COSTA ROCHOSA Onde o substrato é a rocha nai, na zona intermareal a vida é dura, pequenos charcos que quedan na baixamar, alí é posíbel atopar moluscos como o CARAMUXO, LAPAS, crustáceos como o CAMARÓN DE ROCHA, tamén algunhas algas como o BOCHO, BUCHE BRAVO, CORREOLA, CORBELA… A COSTA ROCHOSA Onde o substrato é a rocha nai, na zona intermareal a vida é dura, pequenos charcos que quedan na baixamar, alí é posíbel atopar: - MOLUSCOS como: CARAMUXO, LAPAS - CRUSTÁCEOS como: CAMARÓN de ROCHA - ALGAS como o BOCHO, BUCHE BRAVO, CORREOLA, CORBELA; etc.
  • 26. É un dos lugares favoritos para GAIVOTAS E CORVOS MARIÑOS. LAPAS CARAMUXO CAMARÓNS DAS ROCHAS CORVOS MARIÑOS GAIVOTA GAIVOTAS CHORONAS
  • 27. A ENSEADA COMO RESERVA DAS AVES MARIÑAS A enseada de San Simón é unha zona moi importante para a invernía de moitas aves migratorias, que veñen do norte de Europa. É un lugar de acubillo onde atopan refuxio e alimento. Acolle máis de 6000 aves acuáticas, incluíndo case 3000 anátidas, máis de 2000 gaivotas. Que podemos observar: ANÁTIDAS como o PARRULO ASUBIADOR, ALAVANCO REAL, PARRULO CHUPÓN, parrulo rabilongo, pato frisado, pentumeiro común GAIVOTAS como GAIVOTA ESCURA, GAIVOTA CHORONA, GAIVOTA PATIAMARELA, gaivota arxéntea, gaivota cana, carrán común, carrán cristado OUTRAS AVES como CORVO MARIÑO, GARZA REAL, GARCETA, CISNES… LIMÍCOLAS como PILRO COMÚN, BILURICO PATIVERDE, PÍLDORA CINCENTA, MAZARICOS, BILURICOS…
  • 28. A ENSEADA, A SOSTIBILIDADES E OS IMPACTOS AMBIENTAIS
  • 29. A ENSEADA E A SOSTIBILIDADE E OS IMPACTOS AMBIENTAIS. Na enseada de San Simón a actividade de pesca está documentada dende o neolítico , no castro da Peneda atopáronse depósitos de especies mariñas, en concheiros ou cuncheiros, sobretodo de berberechos, ameixas, ostras, murrunchos…etc. Á chegada dos romanos comezouse coa Salga do peixe, na Idade Media contabilízase na Enseada de San Simón, varias salinas, en Arcade e nas bancas de Paredes. Os gremios de mareantes organizaban a pesca na nosa ría, e hai documentación dende o 1573, e na veciña Redondela unha ordenanza do 1605 onde se regula a venda do peixe e ostras. As regateiras e veciños axustando prezos era típico da época. Logo chegaron no s.XVIII, os fomentadores cataláns con novas artes de pesca, con novas relacións sociais e laboráis que provocaron protestas veciñais. No 1763 unha protesta ludista contra o modelo imposto dos cataláns , na explotación da nosa ría, con fomentadores da cidade de Vigo.
  • 30. No s.XX, hai un cambio nas novas técnicas e tecnoloxías, onde desaparecen especies que son suplantadas por outras. Hai dúas cousas que van influír no traballo das nosas rías, polo 1880, o primeiro a aparición do ferrocarril, e por outra parte na Bretaña esquilman a sardiña. Polo 1910 traballaban en Traíñas, para logo ir metendo a máquina de vapor nos barcos. Hoxe en día a Enseada de San Simón está para o marisqueo a flote e a pé , para producións de mexillóns, pesca con rede ( minorizada), captura do choco e pesca da anguía.
  • 31. Nestas 5 fotografía podemos ver as bateas, o traballo do xeito dun só pano, para a sardiña no interior da nosa ría, o trasmallo para o polbo, e a rapeta ou bou de man e o cerco, actividades que foron a menos.
  • 32. OS IMPACTOS AMBIENTAIS. A enseada de San Simón alberga unha gran poboación humana nas súas beiras : Arcade, Cesantes, Redondela, Rande, Santradán, Santa Cristina de Cobres, Vilaboa, Pontesampaio… Isto conleva unha actividade que non sempre é axeitada. Os principais problemas da Enseada de San Simón:  Contaminación das súas augas por verquidos urbanos e industriais.  Recheos e dragados.  Aterramentos e construcións porturias, que alteran as correntes mariñas, exemplo o Peirao de Arcade, os recheos de Rande para ampliar o porto de Vigo.  Ocupación do litoral sen respectar a lei de costas.  Sobreexplotación dos recursos da nosa ría , como a sardiña e as ostras de Arcade, prácticamente desaparecidas, ao igual que o berberecho e os morrunchos.  Aumento de poboación nos entornos da nosa enseada.  Os incendios forestais.  Especies invasoras.  O furtivismo e a pesca deportiva non regulada, dúas actividades perxudiciais para a explotación do medio mariño.  Concienciación da sociedade no control de verquidos, da presión human sobre o medio ambiente e a necesidade de mellora do tratamento das augas residuais.
  • 33. Que se pode facer , para ter unha Enseada de San Simón máis sostíbel? • Volumen de capturas controlados, tamén o respecto das tallas mínimas, creación de viveiros, ter espazos de reserva ou veda, sementar e traballar o mar. • Uso de artes e aparellos axeitados que nos sexan agresivos sobre a biodiversidade da nosa ría. • Concienciar sobre a importancia socio-económica e media ambiental da actividade da actividade mariñeira, visibilizar que dá traballo a moitas familias do noso entorno. • A importancia da comercialización dos produtos, e que se respectamos o noso recurso natural que é a enseada vai influír positivamente como recurso económico da zona. • Control da ría e vixilancia da mesma contra o mundo furtivo, veraneantes e as actividades deportivas… E como non nós dende a escola e dende a casa podemos facer moito para non contaminarmos a nosa Enseada de San Simón.
  • 34. O elemento transcendental da nosa enseada é a AUGA, e hoxe en día os principais problemas da auga son:  A CONTAMINACIÓN tanto de augas doces, salgadas, como do aire e a terra, caendo en forma de choivas acedas ou a través das filtracións nos mananciais. Dende as casas xeneramos moitos refugallos que a través dos inodoros e dos vertedoiros van parar ao mar, como aceites, champús, xabróns, toalliñas de papel duro…  AUGAS RESIDUAIS SEN DEPURAR de cidades, vilas, fábricas, granxas…van sen depurar aos nosos ríos, rías, océanos, mares…orixinando unha contaminación brutal, deixando sen vida eses ecosistemas contaminados.  O EXCESO DE CONSUMO E MALGASTO DA AUGA, tanto en gran escala como as industrias, como a pequeña escala no nosa escola ou casa. É un problema moi grande para o CICLO DA AUGA, inmensos mares, lagos… están desaparecendo da terra. Hai que facer grandes encoros para ter auga para as nosas ciudades, e ás veces, o nivel ecolóxico dos ríos está por debaixo dos límites permitidos. Os encoros tamén non permiten a baixada das grandes enchentes do outono-inverno, que tanto aporte de area facía nas nosas rías.  O QUECEMENTO GLOBAL está orixinando GRANDES SECAS, hai unha EMERXENCIA CLIMÁTICA, en moitos países apenas hai reservas hídricas, a auga é un ben moi escaso. A escaseza de auga está orixinando a DESAPARICIÓN DE BIODIVERSIDADE, só hai que ver a desaparición da ostra, berberecho, caramuxo, morruncho…da nosa Enseada de San Simón.
  • 35. Que podemos facer nós, para un uso racional e sostíbel da auga. Imos defender o noso mar de adentro.  Pechar as billas cando limpemos os dentes, ou cando nos enxabronamos as mans, non ter aberta a billa decontino.  Duchármonos e non bañarnos, xa que é un malgasto dun ben escaso.  Na escola e na nosa casa, facermos instalación de recollida de augas de choiva, para utilizala nos baños da casa, nas plantacións, invernadoiros e xardíns que temos no arredor.  Mercar lavalouzas e lavadoras con programas de aforro de auga, e utilizar xabrons, xeles e champús ecolóxicos e biodegradábeis.  Billas e mandos con sistemas de aforro, na escola e nas nosas casas.  Nos xardíns da escola e casa árbores autóctonos que precisan menos auga, con sistemas de regadíos con programadores e goteo.  Non verquer residuos no desaugadoiro ou inodoros das casas ou escola,nin tirar medicamentos, xa que todo vai parar ao noso mar, e o mar non é unha estercoleira.  Nas casas dicirlle que non laven o coche con auga doce do pozo ou da rede do concello, hai lugares habilitados de limpeza . Respectemos o noso medio ambiente, para gozarmos del.
  • 36. BIBLIOGRAFÍA e WEBGRAFÍA: Especial mención a Xoan Ignacio Amoedo Lueiro, foi para nós coma un facho de luz no neboeiro da mañá, como unha muiñeira en aloumiños trenzada no ar , a través dos seus libros: A Enseada de San Simón : Achegamento ó seu medio natural, autor Xoan Ignacio Amoedo Lueiro Redondela: Guía do patrimonio natural, autores Xan Inacio Amoedo Lueiro, e David Brown, edición da Concellaría de Medio Ambiente do concello de Redondela. Auga+ Mar, Adentro, publicación do departamento educativo da Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños, Nº9. Abril 2009 A illa de San Simón e a súa Enseada, programa educativo, materiais e actividades. Fundación Illa de San Simón, Consellería de Cultura e Deportes da Xunta de Galicia e Caixanova. Coordinación de Xabier Méndez Martínez. Paisaxe. Un programa medioambiental da Obra Social “ La Caixa” Dicionario Fraseolóxico do Mar, Edicións A nosa terra. A problemática ambiental en Galicia, autora Elvira Cienfuegos López, Baía Edicións. Traballos feitos de Mon Daporta e Adela Leiro, referidos ao mar de Cambados, que nos abriron os ollos, co seu ben facer.
  • 37. https://guias.masmar.net/index.php/Derroteros/Pontevedra/R%C3%ADa-de-Vigo.-Generalidades.-Canales-de-entrada-a- la-R%C3%ADa/Interior-de-la-r%C3%ADa-de-Vigo-Ensenada-de-San-Sim%C3%B3n https://www.galiciamaxica.eu/galicia/pontevedra/comarca-de-pontevedra/vilaboa/marismas/ https://sge.usal.es/archivos_pdf/geolodia18/guias_geolodia18/gdia18gui_pontevedra.pdf file:///C:/Users/Usuario/Downloads/Hidrografia_dinamica_ria.pdf https://allyouneedisbiology.wordpress.com/tag/zona-infralitoral/ https://gl.wikipedia.org/wiki/Enseada_de_San_Sim%C3%B3n#/media/Ficheiro:Salinas_do_Ull%C3%B3,_Vilaboa_- _panoramio.jpg https://telemarinas.com/a-guarda-homenaxea-os-seus-remeiros-de-hai-medio-seculo/ http://www.terraetempo.gal/print.php?artigo=4659 https://www.tripadvisor.co/LocationPhotoDirectLink-g1064082-d6959432-i130346039- San_Simon_Island-Redondela_Province_of_Pontevedra_Galicia.html https://www.gciencia.com/medioambiental/retrato-das-pradarias-submarinas-de-san-simo https://masrutasymenosrutinas.com/isla-ensenada-san-simon/n/
  • 38. GRAZAS POLA VOSA ATENCIÓN DESEXAMOS QUE FOSE DO VOSO INTERESE. ESTADE MOI ATENTOS E ATENTAS QUE PODE CHEGARNOS PRONTO UNHA MENSAXE SOBRE A NOSA ENSEADA DE SAN SIMÓN