O tempo eo espazo, as formas de vida, a socidade, e as
crenzas e a arte.
2.
O Neolíticoapareceu cara ao ano 10.000 a.C, co inicio
da agricultura e a gandería, e finalizou cara ao ano
4.500 a.C, co comezo do traballo do metal.
Xurdiu no chamado “Crecente Fértil”, unha rexión en
forma de media lúa que se estende desde os ríos Tigre e
Éufrates ata o Nilo. Desde alí difundiuse cara ás
grandes chairas fluviais de Europa, China e India.
A alimentacióndos seres humanos tivo que adaptarse
ao quentamento do clima que seguiu ás
glaciacións, que provocou a busca de novas formas de
alimentación e o xurdimento da agricultura e da
gandería. Con iso, a economía pasou a ser produtora.
5.
A agriculturanaceu ao observar que as sementes que
caían ao chan orixinaban, co tempo, unha nova
planta, e baseouse , sobre todo, no cultivo de cereais
como trigo e arroz. A gandería xurdiu do costume de
encerrar animais (ovellas, cabras, porcos e bois) en
cercados, para telos como reserva de carne por se
escaseaba a caza. Estas actividades
proporcionaron, respectivamente, liño e la para
confeccionar os vestidos utilizando teares.
A importancia destes cambios foi tal que, en
conxunto, coñécese como “revolución neolítica”.
6.
Os instrumentos
seguironsendo na súa
maioría de pedra, aínda
que para darlles forma
utilizouse o pulido, que
eliminaba as
rugosidades. As tarefas
agrícolas fixeron
necesarios novos útiles
como sachos ou fouces.
7.
A Sociedadeaumentou o número dos seus
membros, ao mellorar a alimentación. A vida fíxose
sedentaria, xa que as persoas debían permanecer xunto
aos seus campos de cultivo e os seus gandos. Así
xurdiron aldeas e poboados, formados, primeiro, por
cabanas de canas, pólas e baro, e , despois, por casas de
pedra ou adobe.
Ademais, produciuse unha especialización no
traballo, é dicir, cada membro ou grupo dedicábase a
unha tarefa. As desigaulades sociais aumentaron
cando algúns membros acapararon riqueza e poder.
8.
As crenzasrelixiosas centráronse no culto aos
astros, polos que se guiaban para sementar e recoller as
colleitas; á deusa nai, que aseguraba a fertilidade das
colleitas e do gando; e aos mortos.
9.
A manifestaciónartística máis importante foi a
cerámica, pulida para deixar a superficie lisa e
decorada con incisións realizadas con cunchas de
moluscos.