Boletín do Equipode Normalización e Dinamización Lingüística
CEIP de Randufe Nº 70 novembro de 2017
2.
SOLIDARIOS E TAMÉNINTERESEIROS
Imaxinade que nun parque encontramos un cadelo, como o da fotografía, que
non para de dar brincos e de xogar co aro. Imaxinade tamén que nos achegamos
ao neno ou nena que o leva e dicímoslle: o can éche moi rebuldeiro. Se o can
está con varios cativos diríamos: o can évos moi rebuldeiro. Porén se a quen
nos achegamos é un avó do neno a cousa podería ser: o can élle moi rebuldeiro,
mais se foren o avó e a avoa teriamos que dicir o can élles moi rebuldeiro. E nos
catro casos poderiamos dicir o can é moi rebuldeiro e non cambiaría a sentido da
mensaxe. Entón por que lle engadimos che, vos (tratamento de familiaridade) ou lle, lles (tratamento de
cortesía) segundo os casos? Pois porque dan uns valores expresivos que implican afectivamente ao interlo-
cutor (neno, avó) ou interlocutores (nenos, avós) na mensaxe que lle transmitimos. A que si?
E a cousa non remata aquí porque falando do mesmo canciño se nos diriximos a varios interlocutores
podemos dicir o can échevos moi rebuldeiro (nenos) ou o can échelles moi rebuldeiro. E construímos
unha forma redundante ao meter tamén o che.
E aínda podemos ir un pouco máis alá e dicirlles aos avós o can échellenos moi rebuldeiro, e aquí
metemos un nos como se sentísemos o animal tamén un pouco noso.
Este nos, e tamén me (en singular), indican que temos implicación, que temos interese; por ex.: María
aproboume o carné de conducir ou María non me aprobou o carne de conducir. Ao igual que no caso
do can rebuldeiro o contido da mensaxe non muda se lle quitamos o me.
Na fala coloquial non é obrigatorio usar es-
tes pronomes, pero quen o faga falará ben, falará
un galego autentico (enxebre), de calidade.
O cabezallo (solidarios e intereseiros) res-
ponde a que nestes usos os pronomes che, lle,
vos, lles reciben o nome de pronomes de solida-
riedade e dativos de interese os usos de me e
nos.
Hoxe téñoche
ganas de botar
un partido de
tenis.