SlideShare a Scribd company logo
1 of 9
Download to read offline
A Iniciativa
Xove recupera
o xénero
da fotonovela
Entrevista ao
gañador do
Xuventude
Crea de graffiti
Novo programa
de garantía
ao emprego
xuvenil
Un proxecto
galego gaña
o concurso
Yuzz
Garantía de emprego
Novo programa contra o paro xuvenil, dotado con 48,8 millóns
O novo programa de garantía
xuvenil contará con 48,8 millóns
de euros para mellorar a empre-
gabilidade dos xóvenes de 16 a 25
anos (ata 30 con discapacidade
do 33 % ou superior) non ocupa-
dos nin integrados no sistema de
formación ou educación. Con esta
nova iniciativa, que foi acordada
entre a Xunta e os axentes sociais
e que complementa o Plan de Em-
prego Xuvenil 2014-15, poderán
beneficiarse máis de 38.000 mo-
zos e mozas, con medidas que in-
ciden nos eidos da formación, da
experiencia e da inserción na vida
laboral activa. Acto de sinatura da estratexia de garantía xuvenil
Tres das accións máis
destacadas do programa
de garantía xuvenil están
relacionadas coa incorpo-
ración efectiva dos xóve-
nes ao mercado laboral.
A primeira consiste en
inventivos de 200 euros
mensuais ata un máxi-
mo dun ano para calque-
ra tipo de contrato de seis
meses ou máis, a xornada
completa. Tamén se sub-
vencionarán contratos en
prácticas en empregos re-
lacionados coa titulación
do beneficiario, a contrata-
ción indefinida de menores
de 25 que supoña incre-
mentar persoal, e a trans-
formación de contratos
temporais en indefinidos.
A segunda promove a
alta dos máis novos como
autónomos, cunha axuda
a fondo perdido de 1.200
euros sen ter que acreditar
un investimento en activo
fixo e coa obriga de per-
manecer un ano de alta.
Como apoio a esta acción,
haberá un programa para
favorecer a capacidade de
emprendemento.
E a terceira acción ofre-
cerá axudas económicas
para a incorporación de
menores de 25 anos como
socios de cooperativas e
sociedades laborais.
Contratos, autónomos, cooperativas
O programa fai espe-
cial fincapé no ámbito da
cualificación. Ofrecerá for-
mación en competencias
clave, tecnolóxicas, de
idiomas e de certificados
de profesionalidade para
quen careza de formación
e tamén para quen, aínda
tengo algunha formación,
precisen axeitala ás necesi-
dades actuais do mercado
laboral.
Noutra acción, artellaran-
se medidas para posibilitar
que mozos e mozas que
no seu día abandonaron os
estudios volvan retomalos
agora. Trátase de que poi-
dan obter o título da ESO
ou da FP de grao medio, o
que facilitará as súas op-
cións de éxito no acceso ao
mercado laboral.
Medidas para mellorar a formación
A falta de experiencia
suficiente resulta a miúdo
un obstáculo para que os
máis novos accedan a un
posto de emprego, entran-
do nunha dinámica da que
pode resultar difícil saír:
non accedes a un traballo
porque non tes experiencia
e non tes experiencia por-
que non accediches a un
traballo.
Para superar tal eiva, o
programa de garantía xu-
venil contempla realizar
obradoiros de emprego cos
seus participantes.
Ademais, unha nova ini-
ciativa facilitará gañar ex-
periencia en entidades sen
ánimo de lucro, na que a
Xunta financiará todos os
custos laborais de acor-
do co convenio colectivo.
Unha das características
deste programa será que
as actividades estarán re-
lacionadas coa titulación
ou formación previa que
posúan os participantes.
Por último, para mozos e
mozas con formación aca-
démica e sen experiencia
laboral, haberá unha nova
orde de subvencións para
prácticas en empresas.
Canta máis experiencia, moitas máis opcións
O talento galego gaña o Yuzz
O proxecto Situm, de Adrián Canedo e Víctor Álvarez, primeiro premio no certame de emprendemento
Un proxecto de dous xóvenes ga-
legos conseguiu o primeiro premio a
nivel nacional do Programa Yuzz.
Trátase de Situm, unha tecnoloxía
de localización de teléfonos inte-
lixentes en interiores ideada polos
emprendedores Adrián Canedo e
Víctor Álvarez e presentado desde
o centro Yuzz de Santiago.
Canedo e Álvarez, que xa viaxa-
ron a Silicon Valley en decembro cos
outros 23 finalistas do certame de
emprendemento, obteñen 30.000
euros para o seu proxecto. De ma-
neira tan exitosa concluíron os seis
meses nos que, como seleccionados,
recibiron o apoio necesario para le-
var á práctica a súa idea. Tiveron á
súa disposición máis de 200 expertos
profesionais, formación profesional,
asesorías, titorías personalizadas e
unha plataforma de traballo colabo-
rativo en liña. En resumo, o soño de
calquera emprendedor.
Con Situm, pódense localizar os
smartphones dentro de edificios, a
pesar de que o GPS non funcione. A
aplicación práctica máis inmediata é
o guiado de persoas en centros co-
merciais, facilitando que atopen pro-
dutos ou tendas. Tamén ten utilidade
para os propios comerciantes, xa que
lles permite analizar os movementos
e o comportamento dos clientes den-
tro da tenda, ao detectar tanto onde
están como cara onde camiñan ou
se cambian de planta en edificios de
máis dunha altura. Entre os servizos
posibles, están promocións e conti-
dos extra sobre os produtos ou op-
cións de autoservizo.
Os responsables de Situm destacan
a alta precisión da súa tecnoloxía. E
todo sen precisar ningún novo hard-
ware, xa que a partir de elemen-
tos xa existentes como unha wifi, o
bluetooth ou só coas interferencias
magnéticas da contorna é capaz de
estimar a posición.
Ademais de centros comerciais e
grandes superficies, tamén prevén
darlle utilidade en aeroportos, esta-
cións, museos ou hospitais. Terá un
proveito especial para persoas que
non se orientan moi ben, que se des-
pistan á primeira ou que teñen al-
gunha discapacidade visual.
A outra iniciativa galega que che-
gou á fase final de Yuzz foi a que
presentaron David Rodríguez Cons-
tela e Adam Anh Kim Caramés desde
Vigo. Denominado Lathaeus, consis-
te nunha pulseira electrónica para
coidar persoas maiores, de modo
que gañan autonomía e calidade de
vida, ao seguir a súa ubicación, aler-
tar de extravíos ou recordar a toma
de medicamentos.
Víctor Álvarez (esq.), xunto co segundo e terceiro premios
Obtiveron 30.000 euros para desenvolver a súa iniciativa de localización en interiores
No seu día reinaron nos
quioscos, á par coas colec-
cións de cromos e os tebeos
de heroes. As fotonovelas
contaban con numerosos se-
guidores incondicionais, que
agardaban cada entrega con
ansia, cunha capacidade de
adicción moi semellante á
que terían as radionovelas e,
anos despois, as telenovelas,
xa degradadas a culebrón.
O xénero está en desuso,
pero o certo é que non per-
deu atractivo e hoxe pode-
ría elevarse practicamente á
categoría de arte. E por que
non recuperalo e demostrar
a súa validez para contar his-
torias? Nesta liña adentrouse
Alberto Ardid coa creación
de ‘Carmeliña’, unha fotono-
vela apoiada polo programa
Iniciativa Xove.
Ardid levaba anos cun-
ha curtametraxe en mente,
pero finalmente decidiuse
por facer unha adaptación
e apostar pola fotonovela,
o que el define como “unha
película en papel”, na que to-
das as expresións e matices
do relato teñen que emanar
da imaxe conxelada.
Ardid admite que a maio-
ría dos que se involucraron
no seu proxecto “xa non co-
ñeciamos o formato”, máis
alá dalgunhas ilustracións
dos libros da clase de inglés
no colexio. Eso incrementou
o reto, ao que lle dedicaron
moitas horas e moi intensas,
aínda que en realidade aco-
metérono nun tempo récord,
ao comezar a tirar as fotos o
pasado setembro para pou-
cas semanas despois ter a
obra xa editada.
O proceso, tal como explica
o responsable, foi moi similar
ao dunha película, por non
dicir idéntico. Un guion moi
preciso, a previsión de todas
as especificacións técnicas,
as localizacións, maquillaxe,
vestiario, unha rodaxe plani-
ficada ao milímetro e inclu-
so un making off. Non faltou
detalle.
Non obstante, Ardid co-
menta que “o máis difícil foi
escoller entre tantas foto-
grafías”. Calcula que en todo
o proxecto puideron tomar
unhas dez mil. Cada imaxe
que finalmente foi parar ao
libro sae da selección entre
máis dun cento: “a meta-
de poden ser malas, pero a
outra metade son boas e hai
que escoller a mellor”, ase-
gura o autor, matizando que
“hai moitas variables, como
se queres centrarte máis na
expresión da actriz, se prefi-
res determinado enfoque ou
unha luz concreta”.
Especialmente ardua resul-
tou a fase da maquetación,
que para os autores equi-
val a noites de moito café e
pouco durmir, perfeccionan-
do cada imaxe, buscando o
deseño máis axeitado para
os bocadillos dos diálogos e
procurando sempre un relato
atractivo e eficaz.
E todo esto, para contar
que? Pois ‘Carmeliña’, que se
sitúa no 1979 e na zona do
Morrazo, recolle o conflicto
social xurdido a raíz da che-
gada dos primeiros nudis-
tas, co choque de costumes
e mesmo de conviccións que
supoñía. Como protagonis-
ta está, por suposto, Car-
meliña, unha das chamadas
‘viúvas de vivos’, quizais moi
adiantada para o seu con-
texto social pero quizais non
tanto como para asimilar os
hábitos dos novos visitantes
de areais como o de Barra.
Pero mellor non contar
máis e ver/ler a fotonovela.
O proxecto contemplou o en-
vío de exemplares á maioría
das bibliotecas públicas de
toda Galicia, de maneira que
resulta bastante accesible
para toda persoa interesa-
da. Unha ocasión única para
descubrir ou retomar un xé-
nero que demostra que man-
tén plena vixencia.
A fotonovela volve con ‘Carmeliña’
Un proxecto de Alberto Ardid apoiado pola Iniciativa Xove recupera o xénero
‘Carmeliña’ coidou todo detalle para contar a historia
“Quería transmitir vida, con moita cor”
- Que sensacións pre-
tende xerar ‘Estilo sal-
vaxe’, a obra gañadora?
- A obra é unha creación
propia do estilo co que adoi-
to traballar. Traballo con
moita cor xogando coas for-
mas e o volume, as luces e
as sombras. Escollín unha
india, estou metido agora no
mundo das tatuaxes e é algo
tradicional que me chamou
a atención e que pensei que
podía facer algo máis mo-
derno. Dábame moito xogo
polas plumas e os adornos.
O que quería transmitir é
algo de vida, cor. Chámolle
‘Estilo salvaxe’ porque é o
estilo de letras que uso. No
graffiti hai varios tipos de
letra, como o 3D ou model
pastel, con letras que pare-
ce que saen do muro. Outro
tipo son as pompas, xeral-
mente moi sinxelas e con
formas ovaladas. O meu es-
tilo chámase ‘wild style’, por
esas formas que se entre-
cruzan, con frechas, rabos...
- O formato da final de
Xuventude Crea, ante o
público e con todos os
aspirantes traballando á
vez, motiva ou distrae?
- Un pouco das dúas cou-
sas. Motiva porque coñeces
a todos os participantes e
sabes que non podes quedar
atrás porque os demais van
tirar forte, senón non esta-
rían aí. Agrádanos porque
somos compañeiros e apoiá-
monos uns aos outros. Pero
tamén tes que centrarte no
teu e tratar de sacalo adian-
te da mellor maneira posible.
- Á xente sorpréndelle
ver que elaborar un tra-
ballo así require máis es-
forzo e coñecemento do
que comunmente se pen-
sa, ou xa é consciente de
que un graffiti é algo máis
que manchar unha pare-
de con pintura de bote?
- Claro, a xente sorprén-
dese bastante ao ver como
traballamos, a cantidade de
tempo utilizado, os mate-
riais... Realmente a xente
pensa que chegas alí e que
en media hora acabas. Non é
así, hai unha morea de tra-
ballo e sobre todo antes de
pintar no taboleiro existe
toda unha tarefa de preparar
a composición, o boceto...
Todo eso tamén conta, son
horas de traballo.
- Hai que planificar máis
do que se pensa?
- Si, pero ao mesmo tempo
a xente vaino valorando máis
e vaino asimilando. Antes si
que pensaban que collías un
deseño de internet e que o
reproducías como quen co-
loca unha pegatina. Agora
xa van comprendendo máis,
gracias a este tipo de even-
tos que se fan co público.
- Fas graffiti, tatuaxe...
- Si, varias cousas. Tamén
algo de deseño. O certo é
que neste mundo por aquí
por Galicia somos poucos
e... coñecémonos...
- Pensei que ías dicir
‘poucos e mal avidos’...
- Nooon, que va! Precisa-
mente aquí en Galicia levá-
monos todos como se fose-
mos dunha mesma cidade.
A xente de fóra sorpréndese
porque non hai rivalidade e
temos bastante compañei-
rismo. Chamámonos, invitá-
monos dunha cidade a outra,
facemos quedadas...
- Pode desenvolverse un
estilo propio no graffiti ou
hai uns patróns comúns
que encorsetan moito?
- O graffiti é libre. É crear
o teu propio estilo. Dentro
deso, podes optar por unhas
letras máis salvaxes e elabo-
radas, con máis detalles, ou
máis clásicas e sinxelas. Pero
cada un busca o seu estilo.
Realmente un graffiteiro que
non ten un estilo propio para
min non o é, é unha copia.
- Para falar de graffiti,
debe ser unha interven-
ción nun espazo público
aberto ou é unha creación
válida para un museo?
- Agora véndese moito,
incluso en museos, dicindo
que é graffiti. Eu non o con-
sidero graffiti, o mesmo que
tampouco considero graffiti
o propio certame de Xuven-
tude Crea. Traballamos con
spray e máis ben amagamos
un pouco, pero é máis com-
parable a estar na túa casa
debuxando nunha libreta
que a saír a pintar realmente
un graffiti. Ten que estar na
rúa. Nas súas orixes é ilegal
e mantense ilegal.
Brais Rodríguez Trigo, ante o traballo co que gañou
Entrevista con Brais Rodríguez Trigo, gañador de Xuventude Crea na modalidade de graffiti
Ideas para rexuvenecer o dial
O Laboratorio de Radio apréndelle á xuventude a elaborar e valorar a radio creativa e de contidos
É o medio de comunicación máis
vivo e directo, máis doado de seguir
e que máis estimula a imaxinación.
Sen embargo, a radio parece estar
perdendo a sintonía coa xuventude.
Nin sequera a tendencia de escoitar
radiofórmulas musicais ten a puxan-
za de hai uns anos e tampouco ser-
vizos como os podcast, exemplo da
plena integración da radio e internet,
acaban de convencer os máis novos.
É inevitable este camiño? Hai quen
traballa para que non o sexa. Son
Lucía Abarrategui e Sergio Pascual,
dous xornalistas que crearon o La-
boratorio de Radio e o proxecto de
Radio Itinerante Creativa. “So-
mos especialistas en radio, vivimos
por e para a radio e de ningunha
maneira queremos que se perda”,
asegura Lucía, á vez que comenta
que con esta iniciativa forxaron ta-
mén unha alternativa laboral.
Os seus obradoiros comezaron en
varios municipios da área de Betan-
zos. En Coirós, por exemplo, mozos
e mozas de doce a dezanove anos
traballaron nunha radionovela,
adaptando o relato ‘A máscara da
morte vermella’, de Edgar Allan Poe.
Abarrategui explica que “foi unha
maneira de achegalos á linguaxe
radiofónica e á radio de contidos, e
tamén coñeceron un autor que non
coñecían, de forma que é tamén
unha ferramenta para adentralos na
literatura”. Nesta liña, xa acudiron a
dar clases ao Centro de Formación
de Profesores, co propósito de que
aprendan a dinamizar as bibliotecas
coa radio e co Club Radiofónico de
Lectura e Escritura.
Cos institutos da súa comarca ta-
mén crearon espazos de radio con
motivo do Día das Letras Gale-
gas de 2014, e no CPI Virxe da Cela
(Monfero) xa son materia obrigato-
ria nos últimos cursos de primaria e
nos primeiros de secundaria, e moi
pronto en infantil.
Non coñecen fronteiras, nin de es-
pazo, xa que levaron o obradoiro a
Gallegos de Hornija (Valladolid), nin
de idade, coa Velada de Radioteatro
Amateur con persoas maiores, que
xa planean tamén con rapaces.
E cal é o resultado? O primeiro,
tal como comenta Abarrategui, é
que “divírtense moito, sobre todo os
máis pequenos, e descubren que é
un medio moi imaxinativo e que se
poden facer cousas moi interesantes
empregando sons”. Así, ademais de
descubrir a radio “acaban comuni-
cándose mellor, colléndolle cariño e
con ganas de facer cousas, con ini-
ciativas propias moi interesantes”.
E se quizais aos xóvenes lles cus-
ta máis ao principio, os máis novos
adoitan ter “unha evolución brutal, á
velocidade da luz” durante os meses
que dura a actividade. Lucía Abarra-
tegui ofrece o exemplo dun cativo de
cinco anos, que nunha das sesións
sorprendeu a todos coa súa propos-
ta para unir e darlle coherencia a
dúas partes dun mesmo espazo de
radio. “Interiorizou a linguaxe radio-
fónica perfectamente”, di a impulso-
ra do proxecto.
Un grupo de alumnos, nunha das sesións de creatividade radiofónica
É un proxecto de dous xóvenes que comezou na área de Betanzos e traballa tamén con maiores
Ata o 29 de marzo está aberta a inscri-
ción do segundo Certame de Canción de
Autor en Galego. Poden presentarse to-
das as persoas autoras e intérpretes noveis
de cancións, sempre que sexan maiores de
15 anos, con temas vocais inéditos e orixi-
nais en lingua galega. Tamén se estable-
ceu como condición para ser aspirante non
ter editado ningún disco profesionalmen-
te nin contar con ningún contrato asinado
con discográficas a nivel individual.
O concurso ten dúas fases. Da primeira
sairán oito finalistas, entre os que se es-
collerá o gañador nun evento público que
terá lugar o 25 de abril no auditorio da Ra-
mallosa (Teo). O premio será a gravación
dun EP de catro ou cinco cancións, o seu
deseño gráfico e a promoción dunha xira.
O público outorgará os accésit á canción
máis orixinal e ao mellor artista. O concur-
so está convocado polo Concello de Teo,
co apoio da secretaría xeral de Política Lin-
güística.
Convocado o segundo
certame de canción
de autor en galego
Presentación do certame
Xuventude Crea busca cartel
Xa está convocado o concurso
para elaborar o cartel do certa-
me de creadores novos ‘Xuven-
tude Crea 2015’, da dirección
xeral de Xuventude e Volunta-
riado.
Poden participar todos os xó-
venes de entre 18 e 30 anos
que residan en Galicia, a non
ser o gañador da pasada edición
deste mesmo certame.
Ata o 28 de febreiro, póden-
se presentar unha ou dúas pro-
postas orixinais, inéditas e en
galego. Os traballos poderán
ser tanto individuais como en
grupo, pero sempre en formato
vertical de 50x70 centímetros
e sobre superficie ríxida. Con
tema e técnica libres, haberá
que incorporar o texto ‘Xuven-
tude Crea 2015’ e as especia-
lidades que o compoñen: ar-
tes plásticas, banda deseñada,
moda, deseño de xoias, graffiti,
música, poesía, relato breve,
teatro e videocreación.
O premio é de 500 euros, ade-
mais de ver como a proposta
gañadora serve de promoción
para o Xuventude Crea, a maior
manifestación das posibilidades
creativas da mocidade galega,
que na súa edición de 2014 su-
mou un total de 358 participan-
tes, con 263 proxectos creativos
nas once especialidades distin-
tas.
Estadías emprendedoras en febreiro
e marzo con Xuventude Promete
O 9 de febreiro remata o prazo
de inscrición no programa Xu-
ventude Promete, que preten-
de fomentar o emprendemento
e o autoemprego no colectivo
xuvenil de 14 a 18 anos con es-
tadías de tres días de duración
no albergue Lug2, nos meses de
febreiro e marzo.
Esta actividade ten unha
compoñente multidisciplinar e
pretende axudarlles aos partici-
pantes a descubrir e incentivar
a súa vocación e talento, utili-
zando a educación non formal.
Os participantes, baseándose
no seu proxecto persoal, pode-
rán experimentar e crear. Con
estas ferramentas, preténdese
que as estadías sexan un espa-
zo cristalizador de vocacións.
Os métodos desta iniciativa
baseanse no lema de ‘apren-
der facendo’ e terá un especial
protagonismo a colaboración e
a interacción. Busca tamén des-
envolver aspectos como o sen-
tido crítico ou a capacidade de
reacción ante un fracaso.
Xuventude Promete conta con
dúas modalidades de participa-
ción: a individual e a de cen-
tros escolares, para alumnado
de ESO, Bacharelato ou ciclos
de grao medio, cun tope de oito
prazas por centro.
CANGAS DO MORRAZO
15 de febreiro
The Dustaphonics
Sala Son
21 de febreiro
José Rubio
Sala Son
28 de febreiro
Eldorado
Sala Son
7 de marzo
Dewolff
Sala Son
A CORUÑA
6 de febreiro
Juan Zelada
Mardi Gras
7 de febreiro
Grises
Mardi Gras
13 de febreiro
Gansos Rosas
Mardi Gras
19 de febreiro
L’alba di Morrigan, Low Tor-
que e Ad Intra
Le Club
19 de febreiro
The Brew
Mardi Gras
20 de febreiro
Izal
Finisterrae
20 de febreiro
Eterno Camarón
Teatro Colón
21 de febreiro
Saratoga
O Túnel
21 de febreiro
Ernesto Sevilla
Teatro Colón
27 de febreiro
Santi Rodríguez
Teatro Colón
28 de febreiro
Ariel Rot
Playa Club
28 de febreiro
Pablo Milanés
Teatro Colón
15 de marzo
The Wave Pictures
Mardi Gras
20 de marzo
Los Chikos del Maíz
A Fábrica de Chocolate
21 de marzo
Joaquín Sabina
Coliseum
SARRIA
7 de marzo
Esmorga Fest
Discoteca Litmar
VIGO
6 de febreiro
Grises
A Fábrica de Chocolate
7 de febreiro
Letz Zep
Masterclub
7 de febreiro
Selvis Presley & Tribute
Concert Band
A Fábrica de Chocolate
7 de febreiro
Juan Zelada
Ensanche
12 de febreiro
Johnny Kaplan and The Lazy
Stars
A Iguana
14 de febreiro
Gansos Rosas
A Iguana
16 de febreiro
El Sanxe
Auditorio de Castrelos
18 de febreiro
The Brew
A Fábrica de Chocolate
21 de febreiro
Izal
Auditorio Mar de Vigo
21 de febreiro
Toñyto All Time
Café 4A4
21 de febreiro
Suite Soprano
A Iguana
28 de febreiro
Segismundo Toxicómano e
Bastards on Parade
Masterclub
7 de marzo
Burning
Ensanche
13 de marzo
Persé
A Fábrica de Chocolate
14 de marzo
Nancys Rubias
Masterclub
14 de marzo
The Wave Pictures
Iguana Club
21 de marzo
Los Chikos del Maíz
A Fábrica de Chocolate
28 de abril
Casablanca
A Iguana
FERROL
27 de febreiro
Eldorado
Super 8
OURENSE
5 de febreiro
Persé
Cafe Auriense
17 de febreiro
The Brew
Jam Session
20 de febreiro
José Rubio
Café Berlín
21 de febreiro
Vinila von Bismark
IZAL. A CORUÑA.
20 DE FEBREIRO. FINISTERRAE.
NON O
PERDAS BURNING. VIGO.
7 DE MARZO. ENSANCHE.
NON O
PERDAS
Café Berlín
23 de febreiro
Walter Salas-Humara
Café Pop Torgal
27 de febreiro
Tulsa
Auditorio Municipal
6 de marzo
Sean Rowe
Café Pop Torgal
18 de abril
Los motores
Café Auriense
24 de abril
Sold my soul
Café Berlín
SANTIAGO
5 de febreiro
Juan Zelada
Sala Capitol
6 de febreiro
Niño Burbuja
Moon Music
7 de febreiro
Morodo
Sala Capitol
7 de febreiro
Persé
Pub Sónar
12 de febreiro
Amon Amarth
Sala Capitol
14 de febreiro
The James Hunter Six e The
Limboos
Sala Capitol
21 de febreiro
José González
Sala Capitol
27 de febreiro
Ariel Rot
Sala Capitol
28 de febreiro
Tulsa
Kunsthalle
5 de marzo
Screaming Headless Torsos
Sala Capitol
6 de marzo
Checopolaco
Kunsthalle
6 de marzo
Burning
Sala Capitol
8 de marzo
Eli Paperboy Reed Trio
Sala Capitol
11 de marzo
John Nemeth
Sala Capitol
13 de marzo
Paus e Coelho Radioactivo
Zona C
27 de marzo
Crobot
Fundación SGAE
28 de marzo
Joan Baez
Pazo de Congresos
28 de marzo
Oneida, Farniente e People
of the North
Fundación SGAE
28 de marzo
Rafa Pons
Pub Sónar
29 de marzo
Moonspell e Septic Flesh
Sala Capitol
11 de abril
Berri Txarrak
Sala Capitol
17 de abril
Russian Circles, Helms Alee
e Cuchillo de Fuego
Sala Capitol
24 de abril
Laurence Jones
Sala Capitol
PONTEVEDRA
6 de febreiro
Rocket King e Lonely Coas-
ter
Sala Karma
10 de febreiro
The Dustaphonics
Sala Karma
20 de febreiro
Vinila von Bismark
Sala Karma
7 de marzo
Arizona Baby
Sala Karma
LUGO
7 de febreiro
Niño Burbuja
Clavicémbalo
27 de febreiro
A Candeloria
Pazo de Feiras e Congresos
11 de abril
Los Motores e Pacho Brea
Clavicembalo
BUEU
1 de febreiro
Sokram
Aturuxo
5 de febreiro
Claire Tonna
Aturuxo
8 de febreiro
Fiandola
Aturuxo
REDACIÓN E MAQUETACIÓN:
Nós Comunicación
infoxove@noscomunicacion.com
DIRECTOR:
Ovidio Rodeiro Tato
Director xeral de Xuventude e Voluntariado
CONTACTA CON XUVENTUDE.NOVAS
infoxove@xunta.es
Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado
San Caetano s/n - 15781
Santiago de Compostela
Tel: 981 544 660
EDITA:
Xunta de Galicia
Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado
Consellería de Traballo e Benestar
San Caetano, s/n - 15781
Santiago de Compostela
ARIEL ROT. SANTIAGO.
27 DE FEBREIRO. CAPITOL.
NON O
PERDASPERSÉ. OURENSE.
5 DE FEBREIRO. CAFÉ AURIENSE.
NON O
PERDAS

More Related Content

Viewers also liked

Procrastination Drug Of A Nation
Procrastination Drug Of A NationProcrastination Drug Of A Nation
Procrastination Drug Of A NationHendrik Dacquin
 
Market research for architecture and sustainable development
Market research for architecture and sustainable developmentMarket research for architecture and sustainable development
Market research for architecture and sustainable developmentYinetd Pineda Cruz
 
10 time management hacks
10 time management hacks10 time management hacks
10 time management hacksricke78
 
ネイバージャパン モジュールのバージョン管理
ネイバージャパン モジュールのバージョン管理ネイバージャパン モジュールのバージョン管理
ネイバージャパン モジュールのバージョン管理LINE Corporation (Tech Unit)
 
Ley de gauss clase 2a
Ley de gauss clase 2aLey de gauss clase 2a
Ley de gauss clase 2aTensor
 
Impacto de las tic en educaciòn
Impacto de las tic en educaciònImpacto de las tic en educaciòn
Impacto de las tic en educaciònclaudiamilenapg
 
Balanced Team San Francisco Salon April 2014
Balanced Team San Francisco Salon April 2014Balanced Team San Francisco Salon April 2014
Balanced Team San Francisco Salon April 2014Lex Roman
 
INBIOMEDvision Workshop at MIE 2011. Victoria López
INBIOMEDvision Workshop at MIE 2011. Victoria LópezINBIOMEDvision Workshop at MIE 2011. Victoria López
INBIOMEDvision Workshop at MIE 2011. Victoria LópezINBIOMEDvision
 
Kellogg's Digital Strategy
Kellogg's Digital StrategyKellogg's Digital Strategy
Kellogg's Digital Strategymenzov
 
胡椒でクシャミ
胡椒でクシャミ胡椒でクシャミ
胡椒でクシャミApollo Mager
 
IBM Marketing Cloud mobile solutions
IBM Marketing Cloud mobile solutionsIBM Marketing Cloud mobile solutions
IBM Marketing Cloud mobile solutionsVirginia Fernandez
 
Presentation for Annual Review and Planning Workshop of ndbmp - 2012
Presentation for Annual Review and Planning Workshop of  ndbmp - 2012Presentation for Annual Review and Planning Workshop of  ndbmp - 2012
Presentation for Annual Review and Planning Workshop of ndbmp - 2012Nazmul Faisal
 
Evolucion de la computadora daniel
Evolucion de la computadora danielEvolucion de la computadora daniel
Evolucion de la computadora danieladaniel275
 
Vello Kukk - Muutused haridusmaastikul õppejõu pilgu läbi
Vello Kukk - Muutused haridusmaastikul õppejõu pilgu läbiVello Kukk - Muutused haridusmaastikul õppejõu pilgu läbi
Vello Kukk - Muutused haridusmaastikul õppejõu pilgu läbilepakas
 
Проект Йодобром
Проект ЙодобромПроект Йодобром
Проект Йодобромkulibin
 

Viewers also liked (18)

Electroestatica odet
Electroestatica odetElectroestatica odet
Electroestatica odet
 
ICT for Lifelong Mobility
ICT for Lifelong MobilityICT for Lifelong Mobility
ICT for Lifelong Mobility
 
Procrastination Drug Of A Nation
Procrastination Drug Of A NationProcrastination Drug Of A Nation
Procrastination Drug Of A Nation
 
Market research for architecture and sustainable development
Market research for architecture and sustainable developmentMarket research for architecture and sustainable development
Market research for architecture and sustainable development
 
10 time management hacks
10 time management hacks10 time management hacks
10 time management hacks
 
ネイバージャパン モジュールのバージョン管理
ネイバージャパン モジュールのバージョン管理ネイバージャパン モジュールのバージョン管理
ネイバージャパン モジュールのバージョン管理
 
Mi presentacion
Mi presentacionMi presentacion
Mi presentacion
 
Ley de gauss clase 2a
Ley de gauss clase 2aLey de gauss clase 2a
Ley de gauss clase 2a
 
Impacto de las tic en educaciòn
Impacto de las tic en educaciònImpacto de las tic en educaciòn
Impacto de las tic en educaciòn
 
Balanced Team San Francisco Salon April 2014
Balanced Team San Francisco Salon April 2014Balanced Team San Francisco Salon April 2014
Balanced Team San Francisco Salon April 2014
 
INBIOMEDvision Workshop at MIE 2011. Victoria López
INBIOMEDvision Workshop at MIE 2011. Victoria LópezINBIOMEDvision Workshop at MIE 2011. Victoria López
INBIOMEDvision Workshop at MIE 2011. Victoria López
 
Kellogg's Digital Strategy
Kellogg's Digital StrategyKellogg's Digital Strategy
Kellogg's Digital Strategy
 
胡椒でクシャミ
胡椒でクシャミ胡椒でクシャミ
胡椒でクシャミ
 
IBM Marketing Cloud mobile solutions
IBM Marketing Cloud mobile solutionsIBM Marketing Cloud mobile solutions
IBM Marketing Cloud mobile solutions
 
Presentation for Annual Review and Planning Workshop of ndbmp - 2012
Presentation for Annual Review and Planning Workshop of  ndbmp - 2012Presentation for Annual Review and Planning Workshop of  ndbmp - 2012
Presentation for Annual Review and Planning Workshop of ndbmp - 2012
 
Evolucion de la computadora daniel
Evolucion de la computadora danielEvolucion de la computadora daniel
Evolucion de la computadora daniel
 
Vello Kukk - Muutused haridusmaastikul õppejõu pilgu läbi
Vello Kukk - Muutused haridusmaastikul õppejõu pilgu läbiVello Kukk - Muutused haridusmaastikul õppejõu pilgu läbi
Vello Kukk - Muutused haridusmaastikul õppejõu pilgu läbi
 
Проект Йодобром
Проект ЙодобромПроект Йодобром
Проект Йодобром
 

Similar to Xuventude novas n57_xaneiro2015

201114 apps tetulia_digital_propuesta_gal
201114 apps tetulia_digital_propuesta_gal201114 apps tetulia_digital_propuesta_gal
201114 apps tetulia_digital_propuesta_galFaite Dixit@l!
 
NotaPrensa_AplicacionesMoviles
NotaPrensa_AplicacionesMovilesNotaPrensa_AplicacionesMoviles
NotaPrensa_AplicacionesMovilesFaite Dixit@l!
 
E commerce en codigo cero
E commerce en codigo ceroE commerce en codigo cero
E commerce en codigo ceroincoruna
 
Boletinxuventude 06 01_14
Boletinxuventude 06 01_14Boletinxuventude 06 01_14
Boletinxuventude 06 01_14Charo García
 
NotaPreda_InnocacionSocial_faitedixital_gl
NotaPreda_InnocacionSocial_faitedixital_glNotaPreda_InnocacionSocial_faitedixital_gl
NotaPreda_InnocacionSocial_faitedixital_glFaite Dixit@l!
 
Semana del Cooperativismo en el campus de Lugo de la USC.
Semana del Cooperativismo en el campus de Lugo de la USC.Semana del Cooperativismo en el campus de Lugo de la USC.
Semana del Cooperativismo en el campus de Lugo de la USC.Charo García
 
Nota_Amtega_ClausuraFaiteDixital_InternetdelasCosas_PremiosConcursoAPPs
Nota_Amtega_ClausuraFaiteDixital_InternetdelasCosas_PremiosConcursoAPPsNota_Amtega_ClausuraFaiteDixital_InternetdelasCosas_PremiosConcursoAPPs
Nota_Amtega_ClausuraFaiteDixital_InternetdelasCosas_PremiosConcursoAPPsFaite Dixit@l!
 
Dixitos xullo 2010
Dixitos xullo 2010Dixitos xullo 2010
Dixitos xullo 2010Jose A.
 
Memoria completa co2perativa compressed
Memoria completa co2perativa compressedMemoria completa co2perativa compressed
Memoria completa co2perativa compressedCarmenBoadoAguinaga1
 
Boletinxuventude 24 11-2014-1
Boletinxuventude 24 11-2014-1Boletinxuventude 24 11-2014-1
Boletinxuventude 24 11-2014-1odesvanmarita
 
NotaPrensa_FaladoirosDixitais_gl
NotaPrensa_FaladoirosDixitais_glNotaPrensa_FaladoirosDixitais_gl
NotaPrensa_FaladoirosDixitais_glFaite Dixit@l!
 
NotaPrensa_GDRADERCOU_ActividadExterna
NotaPrensa_GDRADERCOU_ActividadExternaNotaPrensa_GDRADERCOU_ActividadExterna
NotaPrensa_GDRADERCOU_ActividadExternaFaite Dixit@l!
 
Cooperativismo no ies valadares.. proyecto economía
Cooperativismo no ies valadares.. proyecto economíaCooperativismo no ies valadares.. proyecto economía
Cooperativismo no ies valadares.. proyecto economíaCarmenBoadoAguinaga1
 
Buserana2011
Buserana2011Buserana2011
Buserana2011xardinies
 
071114_impresion3 d_tertutialdigital_gal
071114_impresion3 d_tertutialdigital_gal071114_impresion3 d_tertutialdigital_gal
071114_impresion3 d_tertutialdigital_galFaite Dixit@l!
 

Similar to Xuventude novas n57_xaneiro2015 (20)

201114 apps tetulia_digital_propuesta_gal
201114 apps tetulia_digital_propuesta_gal201114 apps tetulia_digital_propuesta_gal
201114 apps tetulia_digital_propuesta_gal
 
NotaPrensa_AplicacionesMoviles
NotaPrensa_AplicacionesMovilesNotaPrensa_AplicacionesMoviles
NotaPrensa_AplicacionesMoviles
 
E commerce en codigo cero
E commerce en codigo ceroE commerce en codigo cero
E commerce en codigo cero
 
Boletinxuventude 09 12_13
Boletinxuventude 09 12_13Boletinxuventude 09 12_13
Boletinxuventude 09 12_13
 
Boletinxuventude 06 01_14
Boletinxuventude 06 01_14Boletinxuventude 06 01_14
Boletinxuventude 06 01_14
 
NotaPreda_InnocacionSocial_faitedixital_gl
NotaPreda_InnocacionSocial_faitedixital_glNotaPreda_InnocacionSocial_faitedixital_gl
NotaPreda_InnocacionSocial_faitedixital_gl
 
Semana del Cooperativismo en el campus de Lugo de la USC.
Semana del Cooperativismo en el campus de Lugo de la USC.Semana del Cooperativismo en el campus de Lugo de la USC.
Semana del Cooperativismo en el campus de Lugo de la USC.
 
Diptico conxunto usc lugo
Diptico conxunto usc lugoDiptico conxunto usc lugo
Diptico conxunto usc lugo
 
Semana do Cooperativismo no campus de Lugo
Semana do Cooperativismo no campus de LugoSemana do Cooperativismo no campus de Lugo
Semana do Cooperativismo no campus de Lugo
 
Nota_Amtega_ClausuraFaiteDixital_InternetdelasCosas_PremiosConcursoAPPs
Nota_Amtega_ClausuraFaiteDixital_InternetdelasCosas_PremiosConcursoAPPsNota_Amtega_ClausuraFaiteDixital_InternetdelasCosas_PremiosConcursoAPPs
Nota_Amtega_ClausuraFaiteDixital_InternetdelasCosas_PremiosConcursoAPPs
 
Dixitos xullo 2010
Dixitos xullo 2010Dixitos xullo 2010
Dixitos xullo 2010
 
Memoria completa co2perativa compressed
Memoria completa co2perativa compressedMemoria completa co2perativa compressed
Memoria completa co2perativa compressed
 
Boletinxuventude 24 11-2014-1
Boletinxuventude 24 11-2014-1Boletinxuventude 24 11-2014-1
Boletinxuventude 24 11-2014-1
 
NotaPrensa_FaladoirosDixitais_gl
NotaPrensa_FaladoirosDixitais_glNotaPrensa_FaladoirosDixitais_gl
NotaPrensa_FaladoirosDixitais_gl
 
NotaPrensa_GDRADERCOU_ActividadExterna
NotaPrensa_GDRADERCOU_ActividadExternaNotaPrensa_GDRADERCOU_ActividadExterna
NotaPrensa_GDRADERCOU_ActividadExterna
 
Boletinxuventude 02 12_13-1
Boletinxuventude 02 12_13-1Boletinxuventude 02 12_13-1
Boletinxuventude 02 12_13-1
 
Cooperativismo no ies valadares.. proyecto economía
Cooperativismo no ies valadares.. proyecto economíaCooperativismo no ies valadares.. proyecto economía
Cooperativismo no ies valadares.. proyecto economía
 
Buserana2011
Buserana2011Buserana2011
Buserana2011
 
071114_impresion3 d_tertutialdigital_gal
071114_impresion3 d_tertutialdigital_gal071114_impresion3 d_tertutialdigital_gal
071114_impresion3 d_tertutialdigital_gal
 
www.carballoteleformacion.org
www.carballoteleformacion.orgwww.carballoteleformacion.org
www.carballoteleformacion.org
 

More from satelite1

Dossier escolar pacc 2019
Dossier escolar pacc 2019Dossier escolar pacc 2019
Dossier escolar pacc 2019satelite1
 
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021satelite1
 
Revista ef novembro comprimido
Revista ef novembro comprimidoRevista ef novembro comprimido
Revista ef novembro comprimidosatelite1
 
Monografico monfero solidario
Monografico monfero solidarioMonografico monfero solidario
Monografico monfero solidariosatelite1
 
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacionCcg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacionsatelite1
 
Proposta semana 2
Proposta semana 2Proposta semana 2
Proposta semana 2satelite1
 
Proposta semana 1
Proposta semana 1Proposta semana 1
Proposta semana 1satelite1
 
1 revista ef movete xa
1 revista ef  movete xa1 revista ef  movete xa
1 revista ef movete xasatelite1
 
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)satelite1
 
Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.satelite1
 
Magosto 2020
Magosto 2020Magosto 2020
Magosto 2020satelite1
 
Bases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cgBases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cgsatelite1
 
Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020satelite1
 
Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03satelite1
 
Entrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monferoEntrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monferosatelite1
 
8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docx8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docxsatelite1
 
8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendas8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendassatelite1
 
A voz do xestal
A voz do xestalA voz do xestal
A voz do xestalsatelite1
 
Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021satelite1
 
Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020satelite1
 

More from satelite1 (20)

Dossier escolar pacc 2019
Dossier escolar pacc 2019Dossier escolar pacc 2019
Dossier escolar pacc 2019
 
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
 
Revista ef novembro comprimido
Revista ef novembro comprimidoRevista ef novembro comprimido
Revista ef novembro comprimido
 
Monografico monfero solidario
Monografico monfero solidarioMonografico monfero solidario
Monografico monfero solidario
 
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacionCcg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
 
Proposta semana 2
Proposta semana 2Proposta semana 2
Proposta semana 2
 
Proposta semana 1
Proposta semana 1Proposta semana 1
Proposta semana 1
 
1 revista ef movete xa
1 revista ef  movete xa1 revista ef  movete xa
1 revista ef movete xa
 
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
 
Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.
 
Magosto 2020
Magosto 2020Magosto 2020
Magosto 2020
 
Bases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cgBases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cg
 
Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020
 
Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03
 
Entrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monferoEntrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monfero
 
8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docx8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docx
 
8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendas8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendas
 
A voz do xestal
A voz do xestalA voz do xestal
A voz do xestal
 
Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021
 
Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020
 

Xuventude novas n57_xaneiro2015

  • 1. A Iniciativa Xove recupera o xénero da fotonovela Entrevista ao gañador do Xuventude Crea de graffiti Novo programa de garantía ao emprego xuvenil Un proxecto galego gaña o concurso Yuzz
  • 2. Garantía de emprego Novo programa contra o paro xuvenil, dotado con 48,8 millóns O novo programa de garantía xuvenil contará con 48,8 millóns de euros para mellorar a empre- gabilidade dos xóvenes de 16 a 25 anos (ata 30 con discapacidade do 33 % ou superior) non ocupa- dos nin integrados no sistema de formación ou educación. Con esta nova iniciativa, que foi acordada entre a Xunta e os axentes sociais e que complementa o Plan de Em- prego Xuvenil 2014-15, poderán beneficiarse máis de 38.000 mo- zos e mozas, con medidas que in- ciden nos eidos da formación, da experiencia e da inserción na vida laboral activa. Acto de sinatura da estratexia de garantía xuvenil Tres das accións máis destacadas do programa de garantía xuvenil están relacionadas coa incorpo- ración efectiva dos xóve- nes ao mercado laboral. A primeira consiste en inventivos de 200 euros mensuais ata un máxi- mo dun ano para calque- ra tipo de contrato de seis meses ou máis, a xornada completa. Tamén se sub- vencionarán contratos en prácticas en empregos re- lacionados coa titulación do beneficiario, a contrata- ción indefinida de menores de 25 que supoña incre- mentar persoal, e a trans- formación de contratos temporais en indefinidos. A segunda promove a alta dos máis novos como autónomos, cunha axuda a fondo perdido de 1.200 euros sen ter que acreditar un investimento en activo fixo e coa obriga de per- manecer un ano de alta. Como apoio a esta acción, haberá un programa para favorecer a capacidade de emprendemento. E a terceira acción ofre- cerá axudas económicas para a incorporación de menores de 25 anos como socios de cooperativas e sociedades laborais. Contratos, autónomos, cooperativas O programa fai espe- cial fincapé no ámbito da cualificación. Ofrecerá for- mación en competencias clave, tecnolóxicas, de idiomas e de certificados de profesionalidade para quen careza de formación e tamén para quen, aínda tengo algunha formación, precisen axeitala ás necesi- dades actuais do mercado laboral. Noutra acción, artellaran- se medidas para posibilitar que mozos e mozas que no seu día abandonaron os estudios volvan retomalos agora. Trátase de que poi- dan obter o título da ESO ou da FP de grao medio, o que facilitará as súas op- cións de éxito no acceso ao mercado laboral. Medidas para mellorar a formación A falta de experiencia suficiente resulta a miúdo un obstáculo para que os máis novos accedan a un posto de emprego, entran- do nunha dinámica da que pode resultar difícil saír: non accedes a un traballo porque non tes experiencia e non tes experiencia por- que non accediches a un traballo. Para superar tal eiva, o programa de garantía xu- venil contempla realizar obradoiros de emprego cos seus participantes. Ademais, unha nova ini- ciativa facilitará gañar ex- periencia en entidades sen ánimo de lucro, na que a Xunta financiará todos os custos laborais de acor- do co convenio colectivo. Unha das características deste programa será que as actividades estarán re- lacionadas coa titulación ou formación previa que posúan os participantes. Por último, para mozos e mozas con formación aca- démica e sen experiencia laboral, haberá unha nova orde de subvencións para prácticas en empresas. Canta máis experiencia, moitas máis opcións
  • 3. O talento galego gaña o Yuzz O proxecto Situm, de Adrián Canedo e Víctor Álvarez, primeiro premio no certame de emprendemento Un proxecto de dous xóvenes ga- legos conseguiu o primeiro premio a nivel nacional do Programa Yuzz. Trátase de Situm, unha tecnoloxía de localización de teléfonos inte- lixentes en interiores ideada polos emprendedores Adrián Canedo e Víctor Álvarez e presentado desde o centro Yuzz de Santiago. Canedo e Álvarez, que xa viaxa- ron a Silicon Valley en decembro cos outros 23 finalistas do certame de emprendemento, obteñen 30.000 euros para o seu proxecto. De ma- neira tan exitosa concluíron os seis meses nos que, como seleccionados, recibiron o apoio necesario para le- var á práctica a súa idea. Tiveron á súa disposición máis de 200 expertos profesionais, formación profesional, asesorías, titorías personalizadas e unha plataforma de traballo colabo- rativo en liña. En resumo, o soño de calquera emprendedor. Con Situm, pódense localizar os smartphones dentro de edificios, a pesar de que o GPS non funcione. A aplicación práctica máis inmediata é o guiado de persoas en centros co- merciais, facilitando que atopen pro- dutos ou tendas. Tamén ten utilidade para os propios comerciantes, xa que lles permite analizar os movementos e o comportamento dos clientes den- tro da tenda, ao detectar tanto onde están como cara onde camiñan ou se cambian de planta en edificios de máis dunha altura. Entre os servizos posibles, están promocións e conti- dos extra sobre os produtos ou op- cións de autoservizo. Os responsables de Situm destacan a alta precisión da súa tecnoloxía. E todo sen precisar ningún novo hard- ware, xa que a partir de elemen- tos xa existentes como unha wifi, o bluetooth ou só coas interferencias magnéticas da contorna é capaz de estimar a posición. Ademais de centros comerciais e grandes superficies, tamén prevén darlle utilidade en aeroportos, esta- cións, museos ou hospitais. Terá un proveito especial para persoas que non se orientan moi ben, que se des- pistan á primeira ou que teñen al- gunha discapacidade visual. A outra iniciativa galega que che- gou á fase final de Yuzz foi a que presentaron David Rodríguez Cons- tela e Adam Anh Kim Caramés desde Vigo. Denominado Lathaeus, consis- te nunha pulseira electrónica para coidar persoas maiores, de modo que gañan autonomía e calidade de vida, ao seguir a súa ubicación, aler- tar de extravíos ou recordar a toma de medicamentos. Víctor Álvarez (esq.), xunto co segundo e terceiro premios Obtiveron 30.000 euros para desenvolver a súa iniciativa de localización en interiores
  • 4. No seu día reinaron nos quioscos, á par coas colec- cións de cromos e os tebeos de heroes. As fotonovelas contaban con numerosos se- guidores incondicionais, que agardaban cada entrega con ansia, cunha capacidade de adicción moi semellante á que terían as radionovelas e, anos despois, as telenovelas, xa degradadas a culebrón. O xénero está en desuso, pero o certo é que non per- deu atractivo e hoxe pode- ría elevarse practicamente á categoría de arte. E por que non recuperalo e demostrar a súa validez para contar his- torias? Nesta liña adentrouse Alberto Ardid coa creación de ‘Carmeliña’, unha fotono- vela apoiada polo programa Iniciativa Xove. Ardid levaba anos cun- ha curtametraxe en mente, pero finalmente decidiuse por facer unha adaptación e apostar pola fotonovela, o que el define como “unha película en papel”, na que to- das as expresións e matices do relato teñen que emanar da imaxe conxelada. Ardid admite que a maio- ría dos que se involucraron no seu proxecto “xa non co- ñeciamos o formato”, máis alá dalgunhas ilustracións dos libros da clase de inglés no colexio. Eso incrementou o reto, ao que lle dedicaron moitas horas e moi intensas, aínda que en realidade aco- metérono nun tempo récord, ao comezar a tirar as fotos o pasado setembro para pou- cas semanas despois ter a obra xa editada. O proceso, tal como explica o responsable, foi moi similar ao dunha película, por non dicir idéntico. Un guion moi preciso, a previsión de todas as especificacións técnicas, as localizacións, maquillaxe, vestiario, unha rodaxe plani- ficada ao milímetro e inclu- so un making off. Non faltou detalle. Non obstante, Ardid co- menta que “o máis difícil foi escoller entre tantas foto- grafías”. Calcula que en todo o proxecto puideron tomar unhas dez mil. Cada imaxe que finalmente foi parar ao libro sae da selección entre máis dun cento: “a meta- de poden ser malas, pero a outra metade son boas e hai que escoller a mellor”, ase- gura o autor, matizando que “hai moitas variables, como se queres centrarte máis na expresión da actriz, se prefi- res determinado enfoque ou unha luz concreta”. Especialmente ardua resul- tou a fase da maquetación, que para os autores equi- val a noites de moito café e pouco durmir, perfeccionan- do cada imaxe, buscando o deseño máis axeitado para os bocadillos dos diálogos e procurando sempre un relato atractivo e eficaz. E todo esto, para contar que? Pois ‘Carmeliña’, que se sitúa no 1979 e na zona do Morrazo, recolle o conflicto social xurdido a raíz da che- gada dos primeiros nudis- tas, co choque de costumes e mesmo de conviccións que supoñía. Como protagonis- ta está, por suposto, Car- meliña, unha das chamadas ‘viúvas de vivos’, quizais moi adiantada para o seu con- texto social pero quizais non tanto como para asimilar os hábitos dos novos visitantes de areais como o de Barra. Pero mellor non contar máis e ver/ler a fotonovela. O proxecto contemplou o en- vío de exemplares á maioría das bibliotecas públicas de toda Galicia, de maneira que resulta bastante accesible para toda persoa interesa- da. Unha ocasión única para descubrir ou retomar un xé- nero que demostra que man- tén plena vixencia. A fotonovela volve con ‘Carmeliña’ Un proxecto de Alberto Ardid apoiado pola Iniciativa Xove recupera o xénero ‘Carmeliña’ coidou todo detalle para contar a historia
  • 5. “Quería transmitir vida, con moita cor” - Que sensacións pre- tende xerar ‘Estilo sal- vaxe’, a obra gañadora? - A obra é unha creación propia do estilo co que adoi- to traballar. Traballo con moita cor xogando coas for- mas e o volume, as luces e as sombras. Escollín unha india, estou metido agora no mundo das tatuaxes e é algo tradicional que me chamou a atención e que pensei que podía facer algo máis mo- derno. Dábame moito xogo polas plumas e os adornos. O que quería transmitir é algo de vida, cor. Chámolle ‘Estilo salvaxe’ porque é o estilo de letras que uso. No graffiti hai varios tipos de letra, como o 3D ou model pastel, con letras que pare- ce que saen do muro. Outro tipo son as pompas, xeral- mente moi sinxelas e con formas ovaladas. O meu es- tilo chámase ‘wild style’, por esas formas que se entre- cruzan, con frechas, rabos... - O formato da final de Xuventude Crea, ante o público e con todos os aspirantes traballando á vez, motiva ou distrae? - Un pouco das dúas cou- sas. Motiva porque coñeces a todos os participantes e sabes que non podes quedar atrás porque os demais van tirar forte, senón non esta- rían aí. Agrádanos porque somos compañeiros e apoiá- monos uns aos outros. Pero tamén tes que centrarte no teu e tratar de sacalo adian- te da mellor maneira posible. - Á xente sorpréndelle ver que elaborar un tra- ballo así require máis es- forzo e coñecemento do que comunmente se pen- sa, ou xa é consciente de que un graffiti é algo máis que manchar unha pare- de con pintura de bote? - Claro, a xente sorprén- dese bastante ao ver como traballamos, a cantidade de tempo utilizado, os mate- riais... Realmente a xente pensa que chegas alí e que en media hora acabas. Non é así, hai unha morea de tra- ballo e sobre todo antes de pintar no taboleiro existe toda unha tarefa de preparar a composición, o boceto... Todo eso tamén conta, son horas de traballo. - Hai que planificar máis do que se pensa? - Si, pero ao mesmo tempo a xente vaino valorando máis e vaino asimilando. Antes si que pensaban que collías un deseño de internet e que o reproducías como quen co- loca unha pegatina. Agora xa van comprendendo máis, gracias a este tipo de even- tos que se fan co público. - Fas graffiti, tatuaxe... - Si, varias cousas. Tamén algo de deseño. O certo é que neste mundo por aquí por Galicia somos poucos e... coñecémonos... - Pensei que ías dicir ‘poucos e mal avidos’... - Nooon, que va! Precisa- mente aquí en Galicia levá- monos todos como se fose- mos dunha mesma cidade. A xente de fóra sorpréndese porque non hai rivalidade e temos bastante compañei- rismo. Chamámonos, invitá- monos dunha cidade a outra, facemos quedadas... - Pode desenvolverse un estilo propio no graffiti ou hai uns patróns comúns que encorsetan moito? - O graffiti é libre. É crear o teu propio estilo. Dentro deso, podes optar por unhas letras máis salvaxes e elabo- radas, con máis detalles, ou máis clásicas e sinxelas. Pero cada un busca o seu estilo. Realmente un graffiteiro que non ten un estilo propio para min non o é, é unha copia. - Para falar de graffiti, debe ser unha interven- ción nun espazo público aberto ou é unha creación válida para un museo? - Agora véndese moito, incluso en museos, dicindo que é graffiti. Eu non o con- sidero graffiti, o mesmo que tampouco considero graffiti o propio certame de Xuven- tude Crea. Traballamos con spray e máis ben amagamos un pouco, pero é máis com- parable a estar na túa casa debuxando nunha libreta que a saír a pintar realmente un graffiti. Ten que estar na rúa. Nas súas orixes é ilegal e mantense ilegal. Brais Rodríguez Trigo, ante o traballo co que gañou Entrevista con Brais Rodríguez Trigo, gañador de Xuventude Crea na modalidade de graffiti
  • 6. Ideas para rexuvenecer o dial O Laboratorio de Radio apréndelle á xuventude a elaborar e valorar a radio creativa e de contidos É o medio de comunicación máis vivo e directo, máis doado de seguir e que máis estimula a imaxinación. Sen embargo, a radio parece estar perdendo a sintonía coa xuventude. Nin sequera a tendencia de escoitar radiofórmulas musicais ten a puxan- za de hai uns anos e tampouco ser- vizos como os podcast, exemplo da plena integración da radio e internet, acaban de convencer os máis novos. É inevitable este camiño? Hai quen traballa para que non o sexa. Son Lucía Abarrategui e Sergio Pascual, dous xornalistas que crearon o La- boratorio de Radio e o proxecto de Radio Itinerante Creativa. “So- mos especialistas en radio, vivimos por e para a radio e de ningunha maneira queremos que se perda”, asegura Lucía, á vez que comenta que con esta iniciativa forxaron ta- mén unha alternativa laboral. Os seus obradoiros comezaron en varios municipios da área de Betan- zos. En Coirós, por exemplo, mozos e mozas de doce a dezanove anos traballaron nunha radionovela, adaptando o relato ‘A máscara da morte vermella’, de Edgar Allan Poe. Abarrategui explica que “foi unha maneira de achegalos á linguaxe radiofónica e á radio de contidos, e tamén coñeceron un autor que non coñecían, de forma que é tamén unha ferramenta para adentralos na literatura”. Nesta liña, xa acudiron a dar clases ao Centro de Formación de Profesores, co propósito de que aprendan a dinamizar as bibliotecas coa radio e co Club Radiofónico de Lectura e Escritura. Cos institutos da súa comarca ta- mén crearon espazos de radio con motivo do Día das Letras Gale- gas de 2014, e no CPI Virxe da Cela (Monfero) xa son materia obrigato- ria nos últimos cursos de primaria e nos primeiros de secundaria, e moi pronto en infantil. Non coñecen fronteiras, nin de es- pazo, xa que levaron o obradoiro a Gallegos de Hornija (Valladolid), nin de idade, coa Velada de Radioteatro Amateur con persoas maiores, que xa planean tamén con rapaces. E cal é o resultado? O primeiro, tal como comenta Abarrategui, é que “divírtense moito, sobre todo os máis pequenos, e descubren que é un medio moi imaxinativo e que se poden facer cousas moi interesantes empregando sons”. Así, ademais de descubrir a radio “acaban comuni- cándose mellor, colléndolle cariño e con ganas de facer cousas, con ini- ciativas propias moi interesantes”. E se quizais aos xóvenes lles cus- ta máis ao principio, os máis novos adoitan ter “unha evolución brutal, á velocidade da luz” durante os meses que dura a actividade. Lucía Abarra- tegui ofrece o exemplo dun cativo de cinco anos, que nunha das sesións sorprendeu a todos coa súa propos- ta para unir e darlle coherencia a dúas partes dun mesmo espazo de radio. “Interiorizou a linguaxe radio- fónica perfectamente”, di a impulso- ra do proxecto. Un grupo de alumnos, nunha das sesións de creatividade radiofónica É un proxecto de dous xóvenes que comezou na área de Betanzos e traballa tamén con maiores
  • 7. Ata o 29 de marzo está aberta a inscri- ción do segundo Certame de Canción de Autor en Galego. Poden presentarse to- das as persoas autoras e intérpretes noveis de cancións, sempre que sexan maiores de 15 anos, con temas vocais inéditos e orixi- nais en lingua galega. Tamén se estable- ceu como condición para ser aspirante non ter editado ningún disco profesionalmen- te nin contar con ningún contrato asinado con discográficas a nivel individual. O concurso ten dúas fases. Da primeira sairán oito finalistas, entre os que se es- collerá o gañador nun evento público que terá lugar o 25 de abril no auditorio da Ra- mallosa (Teo). O premio será a gravación dun EP de catro ou cinco cancións, o seu deseño gráfico e a promoción dunha xira. O público outorgará os accésit á canción máis orixinal e ao mellor artista. O concur- so está convocado polo Concello de Teo, co apoio da secretaría xeral de Política Lin- güística. Convocado o segundo certame de canción de autor en galego Presentación do certame Xuventude Crea busca cartel Xa está convocado o concurso para elaborar o cartel do certa- me de creadores novos ‘Xuven- tude Crea 2015’, da dirección xeral de Xuventude e Volunta- riado. Poden participar todos os xó- venes de entre 18 e 30 anos que residan en Galicia, a non ser o gañador da pasada edición deste mesmo certame. Ata o 28 de febreiro, póden- se presentar unha ou dúas pro- postas orixinais, inéditas e en galego. Os traballos poderán ser tanto individuais como en grupo, pero sempre en formato vertical de 50x70 centímetros e sobre superficie ríxida. Con tema e técnica libres, haberá que incorporar o texto ‘Xuven- tude Crea 2015’ e as especia- lidades que o compoñen: ar- tes plásticas, banda deseñada, moda, deseño de xoias, graffiti, música, poesía, relato breve, teatro e videocreación. O premio é de 500 euros, ade- mais de ver como a proposta gañadora serve de promoción para o Xuventude Crea, a maior manifestación das posibilidades creativas da mocidade galega, que na súa edición de 2014 su- mou un total de 358 participan- tes, con 263 proxectos creativos nas once especialidades distin- tas. Estadías emprendedoras en febreiro e marzo con Xuventude Promete O 9 de febreiro remata o prazo de inscrición no programa Xu- ventude Promete, que preten- de fomentar o emprendemento e o autoemprego no colectivo xuvenil de 14 a 18 anos con es- tadías de tres días de duración no albergue Lug2, nos meses de febreiro e marzo. Esta actividade ten unha compoñente multidisciplinar e pretende axudarlles aos partici- pantes a descubrir e incentivar a súa vocación e talento, utili- zando a educación non formal. Os participantes, baseándose no seu proxecto persoal, pode- rán experimentar e crear. Con estas ferramentas, preténdese que as estadías sexan un espa- zo cristalizador de vocacións. Os métodos desta iniciativa baseanse no lema de ‘apren- der facendo’ e terá un especial protagonismo a colaboración e a interacción. Busca tamén des- envolver aspectos como o sen- tido crítico ou a capacidade de reacción ante un fracaso. Xuventude Promete conta con dúas modalidades de participa- ción: a individual e a de cen- tros escolares, para alumnado de ESO, Bacharelato ou ciclos de grao medio, cun tope de oito prazas por centro.
  • 8. CANGAS DO MORRAZO 15 de febreiro The Dustaphonics Sala Son 21 de febreiro José Rubio Sala Son 28 de febreiro Eldorado Sala Son 7 de marzo Dewolff Sala Son A CORUÑA 6 de febreiro Juan Zelada Mardi Gras 7 de febreiro Grises Mardi Gras 13 de febreiro Gansos Rosas Mardi Gras 19 de febreiro L’alba di Morrigan, Low Tor- que e Ad Intra Le Club 19 de febreiro The Brew Mardi Gras 20 de febreiro Izal Finisterrae 20 de febreiro Eterno Camarón Teatro Colón 21 de febreiro Saratoga O Túnel 21 de febreiro Ernesto Sevilla Teatro Colón 27 de febreiro Santi Rodríguez Teatro Colón 28 de febreiro Ariel Rot Playa Club 28 de febreiro Pablo Milanés Teatro Colón 15 de marzo The Wave Pictures Mardi Gras 20 de marzo Los Chikos del Maíz A Fábrica de Chocolate 21 de marzo Joaquín Sabina Coliseum SARRIA 7 de marzo Esmorga Fest Discoteca Litmar VIGO 6 de febreiro Grises A Fábrica de Chocolate 7 de febreiro Letz Zep Masterclub 7 de febreiro Selvis Presley & Tribute Concert Band A Fábrica de Chocolate 7 de febreiro Juan Zelada Ensanche 12 de febreiro Johnny Kaplan and The Lazy Stars A Iguana 14 de febreiro Gansos Rosas A Iguana 16 de febreiro El Sanxe Auditorio de Castrelos 18 de febreiro The Brew A Fábrica de Chocolate 21 de febreiro Izal Auditorio Mar de Vigo 21 de febreiro Toñyto All Time Café 4A4 21 de febreiro Suite Soprano A Iguana 28 de febreiro Segismundo Toxicómano e Bastards on Parade Masterclub 7 de marzo Burning Ensanche 13 de marzo Persé A Fábrica de Chocolate 14 de marzo Nancys Rubias Masterclub 14 de marzo The Wave Pictures Iguana Club 21 de marzo Los Chikos del Maíz A Fábrica de Chocolate 28 de abril Casablanca A Iguana FERROL 27 de febreiro Eldorado Super 8 OURENSE 5 de febreiro Persé Cafe Auriense 17 de febreiro The Brew Jam Session 20 de febreiro José Rubio Café Berlín 21 de febreiro Vinila von Bismark IZAL. A CORUÑA. 20 DE FEBREIRO. FINISTERRAE. NON O PERDAS BURNING. VIGO. 7 DE MARZO. ENSANCHE. NON O PERDAS
  • 9. Café Berlín 23 de febreiro Walter Salas-Humara Café Pop Torgal 27 de febreiro Tulsa Auditorio Municipal 6 de marzo Sean Rowe Café Pop Torgal 18 de abril Los motores Café Auriense 24 de abril Sold my soul Café Berlín SANTIAGO 5 de febreiro Juan Zelada Sala Capitol 6 de febreiro Niño Burbuja Moon Music 7 de febreiro Morodo Sala Capitol 7 de febreiro Persé Pub Sónar 12 de febreiro Amon Amarth Sala Capitol 14 de febreiro The James Hunter Six e The Limboos Sala Capitol 21 de febreiro José González Sala Capitol 27 de febreiro Ariel Rot Sala Capitol 28 de febreiro Tulsa Kunsthalle 5 de marzo Screaming Headless Torsos Sala Capitol 6 de marzo Checopolaco Kunsthalle 6 de marzo Burning Sala Capitol 8 de marzo Eli Paperboy Reed Trio Sala Capitol 11 de marzo John Nemeth Sala Capitol 13 de marzo Paus e Coelho Radioactivo Zona C 27 de marzo Crobot Fundación SGAE 28 de marzo Joan Baez Pazo de Congresos 28 de marzo Oneida, Farniente e People of the North Fundación SGAE 28 de marzo Rafa Pons Pub Sónar 29 de marzo Moonspell e Septic Flesh Sala Capitol 11 de abril Berri Txarrak Sala Capitol 17 de abril Russian Circles, Helms Alee e Cuchillo de Fuego Sala Capitol 24 de abril Laurence Jones Sala Capitol PONTEVEDRA 6 de febreiro Rocket King e Lonely Coas- ter Sala Karma 10 de febreiro The Dustaphonics Sala Karma 20 de febreiro Vinila von Bismark Sala Karma 7 de marzo Arizona Baby Sala Karma LUGO 7 de febreiro Niño Burbuja Clavicémbalo 27 de febreiro A Candeloria Pazo de Feiras e Congresos 11 de abril Los Motores e Pacho Brea Clavicembalo BUEU 1 de febreiro Sokram Aturuxo 5 de febreiro Claire Tonna Aturuxo 8 de febreiro Fiandola Aturuxo REDACIÓN E MAQUETACIÓN: Nós Comunicación infoxove@noscomunicacion.com DIRECTOR: Ovidio Rodeiro Tato Director xeral de Xuventude e Voluntariado CONTACTA CON XUVENTUDE.NOVAS infoxove@xunta.es Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado San Caetano s/n - 15781 Santiago de Compostela Tel: 981 544 660 EDITA: Xunta de Galicia Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado Consellería de Traballo e Benestar San Caetano, s/n - 15781 Santiago de Compostela ARIEL ROT. SANTIAGO. 27 DE FEBREIRO. CAPITOL. NON O PERDASPERSÉ. OURENSE. 5 DE FEBREIRO. CAFÉ AURIENSE. NON O PERDAS