Np el ii congreso nacional de formación de oferta y demanda será gratuito
E commerce en codigo cero
1. O noso boletín por e-mail conta xa con 3103 lectores. ¡Subscríbete!
D i a r i o d e N o v a s Te c n o l ó x i c a s d e G a l i c i a E n e s p a ñ o l | N o v a s | G a d g e t s | V i d e o x o g o s | E d i c i ó n i m p r e s a | To p 1 0 0
Revista en PDF:
Descárgaa xa
Presentación de Incoruña/ Imaxe de Paco Rodríguez
Comezan no Centro Ágora as xornadas eCommerce de Incoruña
luns 27 de maio do 2013, por Fernando Sarasqueta | | Compartir | | |
Incoruña é algo máis que un
evento: é unha iniciativa de
divulgación coa que se queren
cubrir tódolos elos da cadea do
coñecemento e o emprendemento.
De feito, tal e como sinalan os
organizadores deste programa
(que se estende este ano do 24 de
maio ao 9 de xuño) na súa web,
“emprender e aprender van da man
en Incoruña”. Estes días, sen ir
máis lonxe, a iniciativa está a
calibrar, a través dun congreso, as
principais características dunha
das pezas máis importantes da
devandita cadea: a peza do comercio electrónico. Pero hai moito máis nesta arela de Incoruña de converter a
cidade “nun gran escenario polo que desfilarán casos de éxito en diferentes ámbitos (negocios, gastronomía,
música, moda, arte) así como expertos formadores en materia de negocios, adestramento e liderado”. Así, ao
abeiro deste programa, celebrarase o I Congreso Nacional de Formación de Oferta e Demanda (o 30 de maio
no Centro Cultural Ágora), o II Leadership Fórum Galicia (31 de maio e 1 de xuño) e a actividade Formación
Incoruña (de hoxe ao 30 de maio).
Mais, quen está detrás de Incoruña? Pois concretamente a Asociación de Emprendedores de Galicia
(ASCEGA), unha entidade sen arela de lucro, que pretende impulsar a cultura emprendedora, desenvolvendo
e afianzando o tecido empresarial na sociedade galega e española, e todo a través da súa firma crenza no
intre de oportunidades que é este que estamos a vivir (un intre de crise no que podemos, dunha vez por todas,
apostar por unha forma diferente de producir e facer economía e riqueza, unha actividade máis sustentábel,
baseada no coñecemento e na colaboración, polo eticamente responsábel e economicamente rendíbel). A
experiencia de ASCEGA é longa, non tanto no tempo como en iniciativas postas en marcha, e isto sérvelle
para ter amplitude de miras sobre os acontecementos económicos pasados, presentes e futuros. De feito, do
seu seo xa naceron xa ducias de proxectos e programas, coma os recoñecidos Afterwork (Emilio Durou, Angel
Naranjo, Enrique Losada, Manolo Dafonte, Francis Montesinos....) ou, en colaboración co Concello da Coruña,
a iniciativa Innova Finisterrae, un programa de formación e apoio ao espírito emprendedor para a nosa
mocidade.
Volvendo ao que nos ocupa tematicamente, as xornadas eCommerce Incoruña 2013 que se celebran no
Centro Cultural Ágora, do 27 ao 28 de maio, dicir que centra nas cuestións do comercio electrónico e a
mercadotecnia en liña, achegándose como unha ocasión inmellorábel para afondar nas claves destes ámbitos
de mans de senlleiros profesionais.
Ao longo de dúas tardes, e en paralelo aos eventos principais, realizaranse dúas xornadas compostas por
conferencias de alto nivel ofrecidas por empresarios de éxito no comercio dixital e máis obradoiros prácticos
nos que o participante terá ocasión de aprender a crear a súa propia empresa ou iniciativa empresarial desde
cero. No intermedio de ámbalas seccións achegarase unha miúda sesión de networking con pausa para o café
e unha sesión longa de traballo en rede para rematar. Para tirar o máximo proveito dos descansos e as
accións de traballo colectivo, están previstas actividades paralelas relacionadas coa mercadotecnia, a
publicidade e o emprendemento.
Programa provisional de actividades
Luns 27
Relatorios
16,00h. 18,30h.
Aprendendo dos grandes
Susana voces, directora de vendas de eBay España
Susana Andújar (pendente de confirmar), directora de Fnac.es
18,30 - 19,00h [COFFE BREAK E NETWORKING]
19,00 - 20,30h.
Obradoiro HowTo. Creación e optimización de empresa. O chimpo do empregado ao empregador. Intervén
Javier Pascualena, CEO do portal Infoautónomos.
Martes 28
Relatorios
16,00h. 17,30h.
Aprendendo dos que van ser grandes
Ricardo Lop, responsábel de Aceiros de Hispania: unha pequena distribuidora dunha vila de Teruel que factura
máis dun millón de euros distribuíndo a todo o mundo.
17,30 - 18,00h [COFFE BREAK E NETWORKING]
18,00 – 20,30h.
Cambiar
TweetTweet 0
Comezan no Centro Ágora as xornadas eCommerce de Incoru... http://www.codigocero.com/Comezan-no-Centro-Agora-as
1 de 2 28/05/13 10:39
2. · Smart Grid y las redes eléctricas del futuro
· Gradiant cumple cinco años
· Gradiant participa en el congreso
internacional de Cloud "CLOSER 2013"
· Sistemas recomendadores en la web 2.0
· Reconocimiento facial "para llevar"
· Xa son máis de 200 os centros educativos
galegos con conexións de 100 megas, grazas
ao Plan de Banda Larga da Xunta
· A Consellería de Sanidade acolleu unha
xornada sobre a Rede Española de axencias
de avaliación de tecnoloxías sanitarias e
prestacións do sistema nacional de saúde
· O Centro Demostrador TIC acolle o xoves 23
unha sesión informativa sobre as axudas
estatais a proxectos de I+D no sector das TIC
Obradoiro
HowTo.
Crear unha tenda online desde cero con Prestashop. A cargo de Miguel Ángel López, CEO de Manufacturas
de Internet.
Como crear contidos que vendan, xerando tráfico rendíbel para a túa tenda en liña ou a túa páxina web.
Domingo Díaz, CEO de SocialDocs.
Complemento social Facebook
ComentarPublicar como incoruña (Non es ti?)
Engadir un comentario
Publicar no Facebook
Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
RSS
Comezan no Centro Ágora as xornadas eCommerce de Incoru... http://www.codigocero.com/Comezan-no-Centro-Agora-as
2 de 2 28/05/13 10:39