SlideShare a Scribd company logo
1 of 10
Download to read offline
O CPI Poeta Uxío Novoneyra de Seoane do Courel foi admitido
para participar, este curso académico, no plan Proxecta da Consellería de
Educación dentro do Programa “Quérote +”, coa implementación do mesmo,
o profesorado implicado buscaba o desenvolvemento persoal dos nosos
alumnos e alumnas, no relativo ao seu proceso de crecemento e maduración
no ámbito da educación para a convivencia entre os sexos (educación sexual,
modelos de amor e de parella e uso das tecnoloxías nas relacións). Neste
proxecto participou o alumnado de 3º da ESO (dúas alumnas) e tamén
incluímos ao alumnado de 4º da ESO (tres alumnos/as), xa que aportaría ao
programa máis diversidade de opinións e posibilidades máis enriquecedoras
á hora de levar a cabo as actividades que se ían propoñer con eles e elas.
Ademais o ano pasado o alumnado que actualmente esta en cuarto non puido
contar con este programa, polo que nos parecía moi interesante, xa que é
unha parte esencial nas súas vidas que vai contribuír ao desenvolvemento
integral do noso alumnado. Sen esquecer, as características propias do
centro, aulas cun número de alumnos e alumnas moi reducido, o que fai viable
e ata aconsellable que participen un número maior de alumnado que as dúas
alumnas de 2º da ESO.
No desenvolvemento deste programa PARTICIPOU a profesora de
educación plástica e visual, a profesora de bioloxía, o profesor de
educación física e a orientadora.
A través desta publicación gustaríanos dar a coñecer o traballo que
ao longo do curso académico desenvolvemos coas nosas alumnas e alumnos.
Aí vai un pequeno resumo dalgunhas imaxes dos traballos e de como
se desenvolveron as sesións cos alumnos e alumnas durante a
implementación do programa, houbo moitas máis cousas que se fixeron, como
debates, preguntas, dubidas, visionado de vídeos, análise de artigos de
prensa …. Vamos aló
Con motivo da celebración do 25 DE NOVEMBRO do DIA
INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO, o centro levou
a cabo unha serie de actuacións que conectaban directamente coas
actividades que se realizaban no “Quérote+”.
Ente elas cabe destacar o traballo que se realizou cunha serie de
fichas, nas que se poñía de relevo os “micromachismos” que as mulleres
sofren a cotío, para posteriormente, ser debatidos entre todos e todas,
comentando aqueles aspectos ou situacións que lles resultaban máis
impactantes.
Algunhas das frases coas que traballamos son as que mostramos a
continuación:
Continuando co “Quérote +” e de cara a que o alumnado escribise
preguntas ou formulase dúbidas que podían ter sobre a sexualidade e
diversos aspectos que se relacionan con ela (prácticas, relacións,
diferenciación, ete.) solicitóuselles que as escribiran nun papel e logo as
botasen nunha caixa, consideramos que era unha boa maneira de romper o
xeo. Nesta imaxes podemos ver como foi o proceso.
Seguidamente coa realización da ficha 3, o profesorado implicado
neste proxecto, acorda que sería interesante facer un “debate á
americana” no que deberán defender por un lado, con argumentos razoados,
a postura que está en contra da diversidade sexual e polo outro, a que está
a favor dela. Nestas imaxes podemos ver como se desenvolveu a actividade
….
Así mesmo tamén aproveitamos para ver diversos vídeos nos que se
entrevistaba a persoas transexuais que falaban dende a súa experiencia e
aproveitamos as súas testemuñas para dialogar sobre esta realidade, o seu
pasado e o seu futuro.
Con motivo do DÍA 8 DE MARZO no que se conmemora o DIA
INTERNACIONAL DA MULLER, o profesorado do centro acordou levar a
cabo unha serie de actividades no que se involucrará a todo o alumnado,
entre elas destaca a curtametraxe “El orden de las cosas” que abriu paso a
un debate sobre as escenas máis significativas da curtametraxe.
Retomando a aplicación das fichas , traballamos con eles o modelo de
amor romántico, os mitos e o amor libre e para elo aproveitamos os vídeos
dos “Queer Avengers”. Deste xeito buscase que estivesen máis
interesados polas actividades propostas,
xa que estes están protagonizados por
rapazas e rapaces da súa idade, que os
acercaba a estes temas que os tocan de
cheo e que conectan máis facilmente con
eles e elas.
Aquí podemos ver como foi o
visionado deste canle de youtube ….
Para o desenvolvemento da ficha 6, relativa a “Cultivando
habilidades” acordouse levar a cabo un role-playing no que os alumnos e
alumnas representaban unha situación ficticia na que se vían sometidos a
presión do grupo, é dicir, de pertenza a un determinado grupo no que tes
que facer ou dicir determinadas cousas para ser aceptado ou aceptada.
Neste caso, escenificaron cando alguén do grupo ofrece algún tipo de droga
ao resto dos seus membros.
Aí vai unhas imaxes de como se levou a cabo ….
Acordamos entre o profesorado participante que aproveitando a
versatilidade da ficha 7, o alumnado, realizaría uns murais sobre algunha
“Enfermidade de Transmisión Sexual”, nos que se plasmaría que axente a
causa, cales son os síntomas, como se propaga, como se pode previr e si
existe tratamento; todo elo seguindo as indicacións da profesora de
bioloxía.
Así prepararon o traballo que ían desenvolver ….
E o RESULTADO de tanto traballo foi …..
Despois de todo o traballo feito ao longo do curso, só queda esperar a ver o VIDEO no que, os alumnos e alumnas, lles
explican aos seus compañeiros de 2º da ESO o que é o “Quérote+”

More Related Content

Similar to Publicación páxina web seoane querote

I xornadas convivencia universidade
I xornadas convivencia universidadeI xornadas convivencia universidade
I xornadas convivencia universidadesatelite1
 
Memoria Consumópolis INFOPLAYERS
Memoria Consumópolis INFOPLAYERSMemoria Consumópolis INFOPLAYERS
Memoria Consumópolis INFOPLAYERSmjosebarxas
 
O currículo da educación infantil en Galicia
O currículo da educación infantil en GaliciaO currículo da educación infantil en Galicia
O currículo da educación infantil en Galiciamalubei
 
Inicio obradoiros quérote +
Inicio obradoiros quérote +Inicio obradoiros quérote +
Inicio obradoiros quérote +satelite1
 
PROGRAMA.I.XORNADASDAS.LUGO.DEFINITIVO.pdf
PROGRAMA.I.XORNADASDAS.LUGO.DEFINITIVO.pdfPROGRAMA.I.XORNADASDAS.LUGO.DEFINITIVO.pdf
PROGRAMA.I.XORNADASDAS.LUGO.DEFINITIVO.pdfEncarna Lago
 
Ti es quen crea o xogo, DESLIGATE. Paramos o xogo.
Ti es quen crea o xogo, DESLIGATE. Paramos o xogo.Ti es quen crea o xogo, DESLIGATE. Paramos o xogo.
Ti es quen crea o xogo, DESLIGATE. Paramos o xogo.MaraJosAbad2
 
Webs dinámicas
Webs dinámicasWebs dinámicas
Webs dinámicasNoemiLage
 
Webs dinámicas
Webs dinámicasWebs dinámicas
Webs dinámicasNoemiLage
 
Ollos de aula. Nº 9. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 9. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 9. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 9. Versión para imprimir en A4 a dobre caraCoordinadora Galega ENDL
 
Memoria proxecto Somos quen. Curso 2014-15
Memoria proxecto Somos quen. Curso 2014-15Memoria proxecto Somos quen. Curso 2014-15
Memoria proxecto Somos quen. Curso 2014-15cacharila
 
Proxecta, quérote + , (socializando)
Proxecta, quérote + , (socializando)Proxecta, quérote + , (socializando)
Proxecta, quérote + , (socializando)mjtaboada
 
Secundaria galego final
Secundaria galego finalSecundaria galego final
Secundaria galego finalsatelite1
 
Proxecta, quérote + , (socializando)
Proxecta, quérote + , (socializando)Proxecta, quérote + , (socializando)
Proxecta, quérote + , (socializando)Marga Bio
 
Proxecta, quérote + , (socializando)
Proxecta, quérote + , (socializando)Proxecta, quérote + , (socializando)
Proxecta, quérote + , (socializando)taboada5
 
Monferosolidario
MonferosolidarioMonferosolidario
Monferosolidariosatelite1
 

Similar to Publicación páxina web seoane querote (20)

Ollos de aula. Nº 18 (Decembro 2014)
Ollos de aula. Nº 18 (Decembro 2014)Ollos de aula. Nº 18 (Decembro 2014)
Ollos de aula. Nº 18 (Decembro 2014)
 
Ollos de aula. Nº 18 (Decembro 2014)
Ollos de aula. Nº 18 (Decembro 2014)Ollos de aula. Nº 18 (Decembro 2014)
Ollos de aula. Nº 18 (Decembro 2014)
 
Obxectivo igualdadepazo
Obxectivo igualdadepazoObxectivo igualdadepazo
Obxectivo igualdadepazo
 
I xornadas convivencia universidade
I xornadas convivencia universidadeI xornadas convivencia universidade
I xornadas convivencia universidade
 
Memoria Consumópolis INFOPLAYERS
Memoria Consumópolis INFOPLAYERSMemoria Consumópolis INFOPLAYERS
Memoria Consumópolis INFOPLAYERS
 
O currículo da educación infantil en Galicia
O currículo da educación infantil en GaliciaO currículo da educación infantil en Galicia
O currículo da educación infantil en Galicia
 
Inicio obradoiros quérote +
Inicio obradoiros quérote +Inicio obradoiros quérote +
Inicio obradoiros quérote +
 
PROGRAMA.I.XORNADASDAS.LUGO.DEFINITIVO.pdf
PROGRAMA.I.XORNADASDAS.LUGO.DEFINITIVO.pdfPROGRAMA.I.XORNADASDAS.LUGO.DEFINITIVO.pdf
PROGRAMA.I.XORNADASDAS.LUGO.DEFINITIVO.pdf
 
Inspira ti cs
Inspira ti csInspira ti cs
Inspira ti cs
 
Ti es quen crea o xogo, DESLIGATE. Paramos o xogo.
Ti es quen crea o xogo, DESLIGATE. Paramos o xogo.Ti es quen crea o xogo, DESLIGATE. Paramos o xogo.
Ti es quen crea o xogo, DESLIGATE. Paramos o xogo.
 
Webs dinámicas
Webs dinámicasWebs dinámicas
Webs dinámicas
 
Webs dinámicas
Webs dinámicasWebs dinámicas
Webs dinámicas
 
Ollos de aula. Nº 9. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 9. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 9. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 9. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
 
Memoria proxecto Somos quen. Curso 2014-15
Memoria proxecto Somos quen. Curso 2014-15Memoria proxecto Somos quen. Curso 2014-15
Memoria proxecto Somos quen. Curso 2014-15
 
Proxecta, quérote + , (socializando)
Proxecta, quérote + , (socializando)Proxecta, quérote + , (socializando)
Proxecta, quérote + , (socializando)
 
Secundaria galego final
Secundaria galego finalSecundaria galego final
Secundaria galego final
 
Proxecta, quérote + , (socializando)
Proxecta, quérote + , (socializando)Proxecta, quérote + , (socializando)
Proxecta, quérote + , (socializando)
 
Proxecta, quérote + , (socializando)
Proxecta, quérote + , (socializando)Proxecta, quérote + , (socializando)
Proxecta, quérote + , (socializando)
 
Monferosolidario
MonferosolidarioMonferosolidario
Monferosolidario
 
Monferosolidario
MonferosolidarioMonferosolidario
Monferosolidario
 

More from CPI Uxío Novoneira, Pedrafita do Cebreiro

More from CPI Uxío Novoneira, Pedrafita do Cebreiro (20)

Revista uxio novoneira 2021
Revista uxio novoneira 2021Revista uxio novoneira 2021
Revista uxio novoneira 2021
 
Programa congreso
Programa congresoPrograma congreso
Programa congreso
 
Carta familias libros 2021
Carta familias libros 2021Carta familias libros 2021
Carta familias libros 2021
 
Carta familias libros 2021
Carta familias libros 2021Carta familias libros 2021
Carta familias libros 2021
 
Pintores na minna casa
Pintores na minna casaPintores na minna casa
Pintores na minna casa
 
comezo das ligas internas de ping pong e badminton
comezo das ligas internas de ping pong e badmintoncomezo das ligas internas de ping pong e badminton
comezo das ligas internas de ping pong e badminton
 
Plan de continxencia
Plan de continxenciaPlan de continxencia
Plan de continxencia
 
Horario curso 20 21
Horario curso 20 21Horario curso 20 21
Horario curso 20 21
 
Plan adaptacion covid substitucions
Plan adaptacion covid substitucionsPlan adaptacion covid substitucions
Plan adaptacion covid substitucions
 
Informacion sorteo mesa xunta electoral
Informacion sorteo mesa xunta electoralInformacion sorteo mesa xunta electoral
Informacion sorteo mesa xunta electoral
 
Pxa 20 21
Pxa 20 21Pxa 20 21
Pxa 20 21
 
Declaracion responsable covid
Declaracion responsable covidDeclaracion responsable covid
Declaracion responsable covid
 
Plan de continxencia
Plan de continxenciaPlan de continxencia
Plan de continxencia
 
Plan adaptacion covid web e familias
Plan adaptacion covid web e familiasPlan adaptacion covid web e familias
Plan adaptacion covid web e familias
 
Plan de acollida tras covid
Plan de acollida tras covidPlan de acollida tras covid
Plan de acollida tras covid
 
Plan adaptacion covid web e familias
Plan adaptacion covid web e familiasPlan adaptacion covid web e familias
Plan adaptacion covid web e familias
 
Plan de acollida tras covid
Plan de acollida tras covidPlan de acollida tras covid
Plan de acollida tras covid
 
Plan de acollida tras covid2
Plan de acollida tras covid2Plan de acollida tras covid2
Plan de acollida tras covid2
 
Plan adaptacion covid web
Plan adaptacion covid webPlan adaptacion covid web
Plan adaptacion covid web
 
Plan de continxencia
Plan de continxenciaPlan de continxencia
Plan de continxencia
 

Publicación páxina web seoane querote

  • 1. O CPI Poeta Uxío Novoneyra de Seoane do Courel foi admitido para participar, este curso académico, no plan Proxecta da Consellería de Educación dentro do Programa “Quérote +”, coa implementación do mesmo, o profesorado implicado buscaba o desenvolvemento persoal dos nosos alumnos e alumnas, no relativo ao seu proceso de crecemento e maduración no ámbito da educación para a convivencia entre os sexos (educación sexual, modelos de amor e de parella e uso das tecnoloxías nas relacións). Neste proxecto participou o alumnado de 3º da ESO (dúas alumnas) e tamén incluímos ao alumnado de 4º da ESO (tres alumnos/as), xa que aportaría ao programa máis diversidade de opinións e posibilidades máis enriquecedoras á hora de levar a cabo as actividades que se ían propoñer con eles e elas. Ademais o ano pasado o alumnado que actualmente esta en cuarto non puido contar con este programa, polo que nos parecía moi interesante, xa que é unha parte esencial nas súas vidas que vai contribuír ao desenvolvemento integral do noso alumnado. Sen esquecer, as características propias do centro, aulas cun número de alumnos e alumnas moi reducido, o que fai viable e ata aconsellable que participen un número maior de alumnado que as dúas alumnas de 2º da ESO. No desenvolvemento deste programa PARTICIPOU a profesora de educación plástica e visual, a profesora de bioloxía, o profesor de educación física e a orientadora. A través desta publicación gustaríanos dar a coñecer o traballo que ao longo do curso académico desenvolvemos coas nosas alumnas e alumnos. Aí vai un pequeno resumo dalgunhas imaxes dos traballos e de como se desenvolveron as sesións cos alumnos e alumnas durante a implementación do programa, houbo moitas máis cousas que se fixeron, como debates, preguntas, dubidas, visionado de vídeos, análise de artigos de prensa …. Vamos aló
  • 2. Con motivo da celebración do 25 DE NOVEMBRO do DIA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO, o centro levou a cabo unha serie de actuacións que conectaban directamente coas actividades que se realizaban no “Quérote+”. Ente elas cabe destacar o traballo que se realizou cunha serie de fichas, nas que se poñía de relevo os “micromachismos” que as mulleres sofren a cotío, para posteriormente, ser debatidos entre todos e todas, comentando aqueles aspectos ou situacións que lles resultaban máis impactantes. Algunhas das frases coas que traballamos son as que mostramos a continuación:
  • 3.
  • 4. Continuando co “Quérote +” e de cara a que o alumnado escribise preguntas ou formulase dúbidas que podían ter sobre a sexualidade e diversos aspectos que se relacionan con ela (prácticas, relacións, diferenciación, ete.) solicitóuselles que as escribiran nun papel e logo as botasen nunha caixa, consideramos que era unha boa maneira de romper o xeo. Nesta imaxes podemos ver como foi o proceso. Seguidamente coa realización da ficha 3, o profesorado implicado neste proxecto, acorda que sería interesante facer un “debate á americana” no que deberán defender por un lado, con argumentos razoados, a postura que está en contra da diversidade sexual e polo outro, a que está a favor dela. Nestas imaxes podemos ver como se desenvolveu a actividade ….
  • 5. Así mesmo tamén aproveitamos para ver diversos vídeos nos que se entrevistaba a persoas transexuais que falaban dende a súa experiencia e aproveitamos as súas testemuñas para dialogar sobre esta realidade, o seu pasado e o seu futuro. Con motivo do DÍA 8 DE MARZO no que se conmemora o DIA INTERNACIONAL DA MULLER, o profesorado do centro acordou levar a cabo unha serie de actividades no que se involucrará a todo o alumnado, entre elas destaca a curtametraxe “El orden de las cosas” que abriu paso a un debate sobre as escenas máis significativas da curtametraxe.
  • 6. Retomando a aplicación das fichas , traballamos con eles o modelo de amor romántico, os mitos e o amor libre e para elo aproveitamos os vídeos dos “Queer Avengers”. Deste xeito buscase que estivesen máis interesados polas actividades propostas, xa que estes están protagonizados por rapazas e rapaces da súa idade, que os acercaba a estes temas que os tocan de cheo e que conectan máis facilmente con eles e elas. Aquí podemos ver como foi o visionado deste canle de youtube ….
  • 7. Para o desenvolvemento da ficha 6, relativa a “Cultivando habilidades” acordouse levar a cabo un role-playing no que os alumnos e alumnas representaban unha situación ficticia na que se vían sometidos a presión do grupo, é dicir, de pertenza a un determinado grupo no que tes que facer ou dicir determinadas cousas para ser aceptado ou aceptada. Neste caso, escenificaron cando alguén do grupo ofrece algún tipo de droga ao resto dos seus membros. Aí vai unhas imaxes de como se levou a cabo …. Acordamos entre o profesorado participante que aproveitando a versatilidade da ficha 7, o alumnado, realizaría uns murais sobre algunha “Enfermidade de Transmisión Sexual”, nos que se plasmaría que axente a causa, cales son os síntomas, como se propaga, como se pode previr e si
  • 8. existe tratamento; todo elo seguindo as indicacións da profesora de bioloxía. Así prepararon o traballo que ían desenvolver ….
  • 9. E o RESULTADO de tanto traballo foi …..
  • 10. Despois de todo o traballo feito ao longo do curso, só queda esperar a ver o VIDEO no que, os alumnos e alumnas, lles explican aos seus compañeiros de 2º da ESO o que é o “Quérote+”