SlideShare a Scribd company logo
1 of 14
Download to read offline
ESTE É UN PROXECTO DE
Oficina para a Igualdade de Xénero
Vicerreitoria de Igualdade Cultura e Deporte
PARAMOS O XOGO
TI ES QUEN CREA O XOGO,
TI ES QUEN CREA O XOGO,
SÁBADO
25 DE NOVEMBRO DE 2023
WWW.UDC.ES
GRATUÍTO
PEDRO BOGO
PEDRO BOGO
SERVIZO DE ATENCIÓN Á
COMUNIDADE UNIVERSITARIA
LGTBIQ+
PÁX. 10 CONTRAPORTADA
LUCÍA RAMOS GARCÍA
DEPARTAMENTO DE CIENCIAS DA
COMPUTACIÓN E TECNOLOXÍA DA
INFORMACIÓN
PÁX. 4
JUANJO LORENZO
JUANJO LORENZO
PROFESOR AXUDANTE DOUTOR
NO DEPARTAMENTO DE DIDÁCTICA
E ORGANIZACIÓN ESCOLAR
2 DESligaTE Sábado 25 de novembro de 2023
NAS AULAS
PÍLULAS EN IGUALDADE, “SEGUE FACENDO
FALTA REFLEXIONAR E EDUCAR SOBRE A
VIOLENCIA DE XÉNERO”
O alumnado da Escola Politécnica Superior
O alumnado da Escola Politécnica Superior
de Enxeñaría do Campus de Ferrol acaba de
de Enxeñaría do Campus de Ferrol acaba de
recibir un obradoiro baixo o título
recibir un obradoiro baixo o título Pílulas
Pílulas
formativas en igualdade de xénero.
formativas en igualdade de xénero.
Esta iniciativa parte da Oficina de Igualdade
de Xénero da UDC e está apoiada por Al-
mudena Filgueira Vizoso, profesora doutora
en Enxeñaría Industrial e representante de
igualdade dentro da Facultade.
É xa o terceiro ano que se leva a cabo esta
iniciativa formativa en igualdade e o certo é
que, unha vez realizada, as valoracións son
moi positivas.
Falamos con Raquel Veiga, educadora social
da cooperativa AtalaiAS e encargada desta
actividade.
Como recibe o alumnado este tipo de for-
Como recibe o alumnado este tipo de for-
mación?
mación?
Pois a verdade é que nun primeiro momen-
to ves o alumnado un pouco expectante e
incluso nalgún caso algo “resignado” a falar
deste tema. Ás veces comentan que lles re-
sulta repetitivo ou incómodo de falar, pero
despois, unha vez que van recibindo a for-
mación, trátano sen dificultade e sérvelles
para reflexionar moitas cousas.
Intuímos un pouco o contido da formación,
Intuímos un pouco o contido da formación,
pero pódesnos detallar algo máis polo miú-
pero pódesnos detallar algo máis polo miú-
do en que consiste?
do en que consiste?
Trátase de valorar un pouco que coñece-
mentos teñen sobre o tema da (des)igual-
dade de xénero, contextualizalo e aclarar
algúns conceptos; analizar tamén que pasa e
por que pasa, aprender a identificar os ma-
chismos cotiáns (revisando as vivencias e
realidades en diferentes ámbitos) e reflexio-
nar sobre como nos afectan a cada un/unha
de nós estas situacións; que podo facer eu
no meu día a día, como actuar ante o mal-
trato ou diferentes tipos de desigualdades e
violencias; e, por último, tratar de fomentar
o “botrato” para favorecer relacións máis
saudables e igualitarias.
Despois destes tres anos impartindo esta
Despois destes tres anos impartindo esta
formación, cal pensas que é o balance?
formación, cal pensas que é o balance?
Pois considero que o balance é bastante
positivo. Trátase dunha acción formativa,
que forma parte do currículo dos estudos,
e segue a ser moi necesario impartila. A
través destas sesións o alumnado contex-
tualiza mellor o tema, aclara conceptos, que
ás veces descoñece a pesar de os escoita-
ren frecuentemente nos medios ou no seu
día a día, e, sobre todo, agradece moito a
oportunidade de expresarse, opinar e pre-
guntar dúbidas ou curiosidades. Para min é
moi gratificante ver que ao final o alumnado
valora na maioría dos casos moi positiva-
mente esta formación, e asegura que lle re-
sulta interesante compartir opinións sobre
o tema, coñecer a opinión de compañeiros/
as e aprender a reflexionar sobre certos
comportamentos e actitudes machistas, así
como identificar e saber como actuar en de-
terminadas situacións.
Tamén falamos co alumnado para saber que
opinan sobre estas pílulas formativas e al-
gunhas das respostas foron estas:
Xornada Universitaria Galega en Xénero
Xornada Universitaria Galega en Xénero
En xuño deste 2023 tivo lugar unha nova edición do Xugex baixo o título as epistemo-
loxías feministas en acción. Concretamente nesta oitava edición centrouse en reflexionar
sobre a orixe e evolución da orde patriarcal e o seu impacto na andamiaxe cultural,
institucional e cognitiva da nosa sociedade e das nosas universidades. Nestas xornadas
pretendeuse reflexionar, desde unha mirada crítica feminista, sobre o actual contexto
multicrise (guerra en Europa, crise ambiental, feminización global da pobreza, crise
financeira etc.) e o impacto que está a xerar na violencia de xénero e machista, na ciencia e na academia e tamén
nos contidos docentes universitarios.
Podedes ler máis sobre os contidos no libro de actas.
libro de actas.
Persoalmente vexo importante este tipo de charlas
informativas porque penso que a maior parte de
tíos (nos que me inclúo) non lle damos esa impor-
tancia; pensamos que son temas menores, cando
en realidade non o son vendo o que se fala nas
charlas.
Sesións moi interesantes; segue fa-
cendo falta reflexionar e educar so-
bre a violencia de xénero.
Fan reflexionar e ver as cousas doutra forma;
unha profesora moi amable e atenta e o contido
moi interesante.
Son moi necesarias para fomen-
tar un pensamento crítico.
Sorprendéronme para ben, xa que
tiña experiencias malas doutras char-
las e servíronme para darme conta
dalgunhas cousas.
Unhas charlas interesantes e bastante
dinámicas, nas que se abarcan diversos
temas sobre a violencia de xénero.
DESligaTE 3
Sábado 25 de novembro de 2023
Máis aló do coidado: historias de vida de mulleres traballadoras no sector do emprego
Máis aló do coidado: historias de vida de mulleres traballadoras no sector do emprego
do fogar.
do fogar.
Paula Tajuelo López
1.º premio TFM do XI Concurso de Traballos Académicos con Perspectiva e Xénero
Ángeles Alvariño
O traballo céntrase no estudo do sector do emprego do fogar baixo unha mirada femi-
nista. Así, os datos vencellados ao sector mostran a súa clara feminización o que levou
á autora a formularse o obxectivo de coñecer e visibilizar de primeira man as experiencias das mulleres, neste caso
traballadoras do sector do emprego do fogar. Así, a través dunha metodoloxía cualitativa que buscaba promover a
participación activa das propias mulleres, recolleu os seus testemuños e tamén a análise que elas fan sobra as súas
propias experiencias vitais. O traballo tivo en conta tamén a perspectiva decolonial e interseccional, garantindo o
recoñecemento das diversas realidades que atravesan ás mulleres.
NO CAMPUS
A COMUNIDADE UNIVERSITARIA CONTRA A GUERRA
O mércores 25 de outubro de 2023 o Grupo de Igualdade da Facultade de Ciencias da
Educación leu un comunicado e mantivo un minuto de silencio pola salvagarda da po-
boación civil e pola paz e a xustiza en Palestina.
O duro e dilatado estado de asedio que sofre
o pobo palestino a mans do exército israe-
lí tornouse máis cruento despois do bom-
bardeo realizado por Hamás o pasado día
7 de outubro sobre unha zona das terras
palestinas ocupadas por colonos israelís, o
cal causou polo menos 1300 mortes e 2900
persoas feridas. Hamás tamén tomou máis
de 100 reféns israelís. Condenamos este cri-
me de guerra e lamentamos profundamente
a tráxica perda de tantas vidas de poboación
civil e todo o sufrimento das vítimas super-
viventes.
Ao mesmo tempo, entendemos que o ata-
que de Hamás non sae da nada. Segundo
numerosos/as analistas de ascendencia pa-
lestina e xudía, constitúe un contra-ataque
dentro dunha incesante ofensiva israelí que
se remonta a oito décadas atrás, cunha cre-
cente e desapiadada campaña de “limpeza
étnica” executada mediante duros e nume-
rosos ataques de artillaría e con diversas
formas de ocupación, represión, marxina-
ción, exclusión, apartheid e debilitación da
poboación civil palestina. Noutras palabras:
trátase dunha opresiva política de perse-
cución xenófoba exercida a “lume lento” e
constante que ten todos os trazos dun xe-
nocidio gradual, e que tornou a Franxa de
Gaza nunha auténtica prisión sen teito.
Unha vez máis, a resposta do Goberno
israelí, dunha violencia descomunal, déixa-
nos sen palabras, porque, de novo, se ceba
nas persoas máis febles: crianzas, mulleres,
persoas feridas, persoas maiores están sen-
do asasinadas con ataques intencionados do
exército a fogares, a escolas, a hospitais, a
ambulancias, impedindo o acceso a auga, a
alimentos, cortando a axuda humanitaria, e
forzando o desprazamento cara ao sur da
Franxa de Gaza de máis dun millón de civís
do norte, entre outras estratexias crueis e
inhumanas. Os números de persoas faleci-
das son dunha enormidade arrepiante (o
Ministerio de Saúde de Palestina informa
que morreron máis de 4.385 persoas en
Gaza por mor dos ataques israelís, das cales
1.756 foron crianzas, así como 13.561 per-
soas feridas, moitas de extrema gravidade).
As imaxes das bolsas de plástico cubrindo
cadáveres de bebes, de nenos e nenas pare-
cen sacadas dunha serie distópica. Pero son
dolorosamente reais e volven amosar o mes-
mo que xa sabemos dende que as guerras se
transformaron en tácticas de exterminio da
poboación civil: as mulleres, a xuventude e
as crianzas e os profesionais dos coidados
na medicina, na educación, nos servicios so-
ciais somos os obxectivos para destruír. Por-
que son homes maiormente os que toman as
decisións sobre a violencia e tamén homes
principalmente as que a exercen. E fano
para acabar coas redes de coidados, para fe-
rir de morte a propia vida no seu senso máis
profundo. A vida está a aniquilarse de xeito
tan sistemático e indiscriminado que non
podemos máis que pensar nun xenocidio da
poboación civil palestina. Esta devastadora
agresión contra as 2,4 millóns de persoas
palestinas de gazatís non só crea unha ca-
tástrofe humanitaria, implica crimes de
guerra que atentan contra os convenios de
Xenebra, e incluso é cualificada como crime
contra a humanidade.
Ante este grave presente e pasado de ase-
dio en Gaza, a maioría dos medios de co-
municación internacionais prefiren dar voz
ao goberno de Israel, prefiren representar
o asedio israelí como se se tratase dunha
guerra. Mais non é unha guerra: é unha in-
vasión e un exterminio. A guerra só ocorre
entre potencias máis ou menos igualmen-
te capacitadas para loitar. É unha agresión
unilateral contra un pobo profundamente
debilitado que tenta protexer o que resta da
súa terra, cada vez máis fragmentada e colo-
nizada. Isto non significa facer apoloxía dos
recentes ataques mortais de Hamás. Implica
revelar e denunciar non só a súa violencia
senón, e en especial, a que practica o Estado
de Israel desde hai máis de 70 anos. O si-
lencio da maioría dos gobernos do mundo,
e mesmo o apoio (no caso de Francia, Ale-
maña, Estados Unidos e da Unión Europea)
á continuada destrución israelí de Gaza só
conduce á impunidade de Israel ante a súa
actuación ilegal e multiplica á escalada da
violencia.
Desde a consideración da educación
como unha ferramenta para desvelar as
inxustizas, para comprender as súas causas
e para construír un mundo baseado na paz,
na non-violencia, e na xustiza global non
podemos permanecer indiferentes ante estas
situacións de violencia extrema e xenocidio.
Se tomamos como referencia as análises e
recomendacións de quen leva anos explo-
rando as posíbeis saídas diplomáticas desta
continua crise, é moito o que podemos fa-
cer para contribuír a un proceso de paz na
rexión.
Por todo isto chamamos a:
·
· Informarnos sobre a historia e a situa-
ción actual de Palestina e de Israel —unha
fonte excelente para comezar vén precisa-
mente dunha ex-estudante da nosa faculta-
de: Lorena Boga García, cuxo traballo de fin
de grao “Do holocausto xudeu ao holocaus-
to palestino: programa de sensibilización ao
estudantado da Universidade da Coruña”
(2016) gañou premios e atópase no RUC
da UDC—.
·
· Deixar o silencio atrás e denunciar as
atrocidades cometidas polo Estado de Israel
contra o pobo palestino, asinando peticións,
participando en concentracións, manifes-
tacións, debates, protestas, folgas, move-
mentos e organizacións dedicados á paz na
rexión; escribindo textos e compartindo
informacións nas redes sociais; escribindo
cartas, peticións, comunicados e artigos di-
rixidos ás comunidades educativas, aos edi-
tores/as e aos nosos/as representantes polí-
ticos/as para esixir a fin dos apoios oficiais
ao goberno israelí.
·
· Condenar calquera acto de violencia
contra a poboación civil xa sexa israelí ou
palestina.
·
· E, finalmente, incúmbenos reforzar e in-
tegrar os principios e as estratexias da paz e
da xustiza a través da nosa praxe educativa
e investigadora a todos os niveis e en todos
os ámbitos.
4 DESligaTE Sábado 25 de novembro de 2023
NA MASCULINIDADE
“Empregar unha linguaxe inclusiva é unha cuestión de riqueza
lingüística e a pegada que podemos deixar no alumnado no
que respecta á sensibilización é importante”.
Cóntanos, quen es e que fas?
Cóntanos, quen es e que fas?
Son Juanjo Lorenzo Castiñeiras, profe-
sor axudante doutor no Departamento de
Pedagoxía e Didáctica da Facultade de
Ciencias da Educación da UDC. Comecei
como profesor asociado e levo traballado
en entidades diversas sen ánimo de lucro.
Actualmente comparto aulas en Educación
Primaria, Educación Social, Logopedia e no
Mestrado de Profesorado, e as miñas áreas
de traballo xiran sobre temas diversos como
a inclusión educativa e social; as masculini-
dades disidentes; o currículo e os materiais
curriculares; a innovación educativa; ou o
desenvolvemento rural. Todo desde unha
ollada das pedagoxías feministas. Tamén
formo parte do Grupo de Igualdade da de-
vandita facultade.
Cal é túa percepción sobre as desigualdades
Cal é túa percepción sobre as desigualdades
de xénero no ámbito universitario?
de xénero no ámbito universitario?
É evidente que se seguen mantendo os
padróns a nivel de vocación profesional.
Hai carreiras que continúan estando femi-
nizadas e outras masculinizadas seguindo
os roles de xénero que vemos na sociedade.
Dentro das aulas nos graos de Educación
Primaria ou Educación Social hai unha im-
portante maioría de rapazas e no Mestrado
de Profesorado vese moi ben en canto aos
itinerarios formativos. Por exemplo, os de
linguas están máis feminizados mentres que
nos de ciencias experimentais ou educación
física predominan os homes.
Centrándome no profesorado, a miña
percepción é que queda moito por facer.
Na nosa facultade (máis aínda no conxunto
da UDC), por exemplo, son moitas as guías
docentes que non empregan unha linguaxe
inclusiva ou materias nas que non se visibi-
lizan achegas relevantes feitas por mulleres
(tanto nos contidos como na bibliografía),
e o mesmo sucede coa docencia. Son cousas
básicas que aínda non están acadadas, malia
que aparentemente todo o mundo está de
acordo coa igualdade entre mulleres e ho-
mes, a miña percepción é que hai menos
compromiso do que puidera parecer. Sei
que os tempos e a burocracia non axudan,
co exemplo citado, a revisar as guías docen-
tes, pero é importante para sentar as ba-
ses dunha axeitada praxe profesional neste
campo. Por outra banda, creo que empregar
unha linguaxe inclusiva é unha cuestión de
riqueza lingüística e a pegada que podemos
deixar no alumnado no que respecta á sen-
sibilización é importante.
Cal é a principal visión da masculinidade
Cal é a principal visión da masculinidade
no ambiente universitario? Notas compor-
no ambiente universitario? Notas compor-
tamentos que indiquen que algo está cam-
tamentos que indiquen que algo está cam-
biando, é dicir, que a masculinidade hexe-
biando, é dicir, que a masculinidade hexe-
mónica xa non é a normal?
mónica xa non é a normal?
Nas rapazas si percibo unha importante
toma de conciencia e madurez verbo de
facerse respectar. No caso dos rapaces de-
pende dos contextos. É certo que en graos
como Educación Social si percibo maior
sensibilidade nos mozos, certos cambios
canto a comportamentos e actitudes; tamén
é certo que seguen sendo minoría mesmo
en contextos onde o feminismo está máis
presente na vida universitaria.
Na miña opinión un argumento intere-
sante para sensibilizar os homes, recollendo
unha reflexión de Michael Kaufman, ten
que ver coa tríade da violencia masculina,
incidindo nas tres dimensións da violencia
que exercemos os homes: unha primeira di-
mensión cara ás mulleres e cara á infancia
e a adolescencia; a segunda dimensión se-
ría cara a outros homes que consideramos
inferiores (con frecuencia aqueles que non
encaixan nos estereotipos da masculinidade
hexemónica); e a última dimensión sería a
violencia que exercemos cara a nós mesmos.
Pois ben, é interesante ver como esta últi-
ma dimensión está pouco tratada, malia ser
unha das claves para tomar consciencia da
necesidade de mudarmos comportamentos
e actitudes. Coidar e coidarnos, superando
a constante represión emocional á que nos
vencella unha masculinidade tóxica, que
non permite amosar as nosas vulnerabilida-
des, polo que cargamos con elas e tamén coa
frustración que acumulamos neste proceso.
Notamos moita resistencia na maioría das
Notamos moita resistencia na maioría das
masculinidades de falar de igualdade, femi-
masculinidades de falar de igualdade, femi-
nismo ou incluso na participación de espa-
nismo ou incluso na participación de espa-
zos propios. Que se podería facer para crear
zos propios. Que se podería facer para crear
outro clima?
outro clima?
Certo, eu mesmo traballei e participei en
diferentes grupos de homes e a ningún con-
seguimos darlle continuidade. Segue cus-
tando moito que os homes participemos en
grupos para falar de igualdade ou de como
nos sentimos, algo que acontece tamén en
contextos informais onde son outros os
temas frecuentes de conversa. A nivel aca-
démico a liña de traballo ao redor das mas-
culinidades, malia acadar certa significación
puntual, tampouco é das máis abondosas.
Nese senso, e por rematar cunha propos-
ta, sería interesante que contextos como a
UDC fosen tamén un espazo para o debate
sobre esas cuestións con grupos formais e
informais, de homes ou mixtos, con profe-
sorado e alumnado. Cabe nese senso facer
autocrítica, xa que os homes que estamos
sensibilizados con este tema non somos ca-
paces de darlle o impulso que merece.
Falamos con Juanjo Lorenzo Castiñeiras
Lexislar e xulgar dende a perspectiva de xénero: especial referencia ao
Lexislar e xulgar dende a perspectiva de xénero: especial referencia ao
ámbito do dereito penal e aos delitos sexuais. Teresa Búa Zache
ámbito do dereito penal e aos delitos sexuais. Teresa Búa Zache
2.º premio TFM do XI Concurso de Traballos Académicos con Perspec-
tiva e Xénero Ángeles Alvariño
Este traballo xorde coa intención de abordar un estudo sobre a perspec-
tiva de xénero e a súa utilización no ámbito do dereito, especialmente
no ámbito dos delitos sexuais. A autora realiza un percorrido polo sig-
nificado da perspectiva de xénero, pola necesidade da súa aplicación, así
como o papel dos estereotipos e a vitimización secundaria que sufri-
ron e sofren as mulleres ao longo da historia até a actualidade. Tamén
aborda cuestións propias do campo do dereito como a posibilidade de
lexislar con perspectiva de xénero. Así, profunda sobre a necesidade
de xulgar desde esta perspectiva, deixando claro que non é unha opción
senón unha das ferramentas máis importantes para loitar contra as desigualdades imperantes nunha sociedade que
veu sendo dominada por homes desde principios dos tempos.
Mujeres en la prensa: análisis de sexismo de noticias sobre maltrato.
Mujeres en la prensa: análisis de sexismo de noticias sobre maltrato.
Patricia López Bellas
Patricia López Bellas
1.º premio TFG- Artes e Humanidades do XI Concurso de Traballos Académicos
con Perspectiva e Xénero Ángeles Alvariño
Este traballo pretende demostr ar que a linguaxe sexista e discriminatoria segue
existindo, non só na nosa contorna próxima senón tamén nos medios, co grave
prexuízo que isto implica. A autora constatou a existencia de noticias publicadas
nos medios que fomentan unha imaxe distorsionada da realidade sobre a violencia machista. Así, atopáronse
comentarios que discriminan ás vítimas ou que minimizan a culpabilidade do agresor, sobre todo no relato dos
feitos sobre actos de violencia.
DESligaTE 5
Sábado 25 de novembro de 2023
DE ACTUALIDADE
Notas que hai moita demanda de denuncias
Notas que hai moita demanda de denuncias
ou segue sendo algo que non se visibiliza?
ou segue sendo algo que non se visibiliza?   
Si, nalgúns casos si notamos que hai moi-
ta demanda de denuncias, especialmente en
cuestións como a discriminación, abusos e
violencia. Pero aínda hai moitos incidentes
que non se denuncian por diversos moti-
vos; pode ser porque o comportamento está
normalizado ou crese que non é o suficien-
te grave.A visibilidade das denuncias está a
mellorar, mais aínda existe unha necesidade
de concienciar as persoas sobre a importan-
cia de denunciar e de destacar a utilidade
dunha institución independente para esta
finalidade. As denuncias son esenciais para
recoller datos e comprender a extensión dos
problemas, polo que é fundamental seguir
traballando na súa visibilización: máis info
máis info
aquí
aquí
Podemos dicir que es unha pioneira en te-
Podemos dicir que es unha pioneira en te-
mas de xénero e fútbol. No ano 2021 fixe-
mas de xénero e fútbol. No ano 2021 fixe-
ches o Plan Piloto 8M2021: Elas+fútbol, un
ches o Plan Piloto 8M2021: Elas+fútbol, un
estudo elaborado en colaboración coa Uni-
estudo elaborado en colaboración coa Uni-
versidade da Coruña (UDC) e o Deportivo
versidade da Coruña (UDC) e o Deportivo
da Coruña. En que consistía exactamente
da Coruña. En que consistía exactamente
o estudo?   
o estudo?   
Non me considero pioneira, senón alguén
que transmite valores e coñecemento rela-
cionados co xénero e o fútbol dende a miña
experiencia persoal nada e criada en Ingla-
terra. O estudo 8M2021: Elas+Fútbol foi
un proxecto colaborativo canda a Univer-
sidade da Coruña (UDC), cuxo obxectivo
principal foi visibilizar a situación das mu-
lleres no ámbito do fútbol. Este estudo non
se centrou só nas xogadoras, senón tamén
en profesionais que desempeñan diferentes
roles no mundo do fútbol, como fisiotera-
peutas, psicólogas, xornalistas deportivas,
adestradoras, directivas, axentes, tradutoras,
formadoras etc.O seu obxectivo principal
era cuantificar as experiencias destas mu-
lleres no seu traballo relacionado co fútbol,
co fin de identificar os problemas existentes
e traballar en accións, campañas, talleres e
xornadas para mellorar a súa situación nos
próximos catro anos. Deste xeito, o estudo
proporciona datos sólidos que poden ser-
vir como punto de partida para impulsar a
igualdade de xénero no mundo do fútbol e
acadar mellores condicións para todas as
mulleres que desempeñan un papel neste
deporte.  
Daquel estudo unhas das conclusións foran
Daquel estudo unhas das conclusións foran
que máis do 80 % das consultadas dicía ter
que máis do 80 % das consultadas dicía ter
sufrido ou presenciado machismo no seu
sufrido ou presenciado machismo no seu
posto de traballo e o 15% afirmaba ter pre-
posto de traballo e o 15% afirmaba ter pre-
senciado acoso sexual. Logo de dous anos
senciado acoso sexual. Logo de dous anos
como segues vendo a situación?
como segues vendo a situación?   
Dous anos despois da publicación do estudo
aínda vexo que a situación pode seguir sen-
do un desafío. As cifras do estudo, que indi-
can que máis do 80 % das mulleres consul-
tadas sufriu ou presenciou machismo no seu
posto de traballo, e o 15% presenciou acoso
sexual, eran e son moi preocupantes. É posi-
ble que despois dos incidentes relacionados
coa selección española de fútbol, estas cifras
incluso aumenten. O estudo foi un primei-
ro paso para visibilizar a situación, pero é
posible que moitas mulleres podían sentir
medo ás posibles represalias, a pesar de que
o estudo fose anónimo. O caso da selección
pode que faga que máis mulleres falen e
denuncien, cando anteriormente se sentían
soas e seguramente sen estar apoiadas.    
Cal é a túa opinión xeral sobre o “caso Ru-
Cal é a túa opinión xeral sobre o “caso Ru-
biales”?
biales”?
O caso da selección española abriu os ollos
de moitas persoas e provocou un debate
necesario sobre a discriminación de xénero
no fútbol e en moitos outros ámbitos. Hai
que ter conversas incómodas para abordar
a problemática. É crucial que se siga tra-
ballando en campañas de concienciación,
programas de formación e accións para me-
llorar a igualdade de xénero no mundo do
deporte, así como para crear un ambiente de
traballo máis seguro e inclusivo para todas
as mulleres que desempeñan un papel nes-
te ámbito. O rol dos medios é crucial. Non
se trata de facer carne ou de ter que estar
expoñendo algo morboso - hai que tratar
as cuestións máis importantes e comezar
a visibilizar as barreiras. Por exemplo, se a
ciencia médica androcéntrica, de verdade
pensamos que a ciencia deportiva é inclu-
siva? Para acadar un verdadeiro progreso
ACABOU!
“Hai que ter conversas incómodas para abordar a problemática”
BIBIANA SANTISO
BIBIANA SANTISO, presidenta e fundadora da aso-
ciación A terra, o balón mais elas, falou con nós sobre
un tema de moita actualidade: o machismo no fútbol
profesional. Esta asociación galega ten como obxectivo
visibilizar e darlle voz á muller no mundo do fútbol,
fútbol sala e fútbol gaélico.
na igualdade de xénero no deporte, nece-
sitamos un compromiso continuo de todas
as partes, incluídos deportistas, dirixentes,
medios de comunicación e o público en xe-
ral. A sensibilización sobre estas cuestións
é fundamental para avanzar cara a unha
maior igualdade e inclusión en todos os ám-
bitos do deporte.  
Cres que é posible cambiar as estruturas da
Cres que é posible cambiar as estruturas da
Federación, Liga? Que se precisa?
Federación, Liga? Que se precisa?  
Cambiar as estruturas da Federación e da
Liga é un desafío importante, pero non
imposible. Para que isto ocorra requírese
unha combinación de factores, incluídos
un cambio cultural e unha reforma legal. A
cultura clientelar e a corrupción son pro-
blemas profundos na sociedade que tamén
afectan ao mundo do fútbol e cambiar isto
pode levar tempo. A reforma prevista para
a Federación Española en 2024 é un paso
na dirección correcta, pero, como mencio-
nei, non está claro se será suficiente para
erradicar os problemas existentes. É nece-
saria unha limpeza a fondo nas institucións
e tamén un cambio na lei do deporte para
garantir unha xestión máis transparente e
democrática.   
Ademais, a formación en igualdade e equi-
dade é crucial tanto para os deportistas
como para os dirixentes. Cada persoa ten
necesidades e desafíos únicos, polo que non
se pode aplicar un mesmo modelo a todos.
No caso do fútbol feminino é importante
non copiar simplemente o modelo masculi-
no, senón crear unha estrutura sustentable e
inclusiva que promova o desenvolvemento e
o crecemento desta modalidade.   
En resumo, o cambio nas estruturas do fút-
bol require unha combinación de reformas
legais, limpeza institucional, formación en
igualdade e un enfoque sostible e inclusivo
para o fútbol feminino. Aínda que sexa un
proceso desafiante, é posible se hai un com-
promiso real e continuo para acadar unha
maior igualdade e xustiza no deporte.
6 DESligaTE Sábado 25 de novembro de 2023
NOS MUROS
Cando elas toman os muros é unha publi-
cación liderada por 7H Cooperativa Cultu-
ral e editada pola Universidade da Coruña.
Este libro revisa e pon en valor a traxecto-
ria de 10 mulleres artistas urbanas.
Falamos con Clara Rodríguez Cordeiro,
socia fundadora de 7H Cooperativa Cul-
tura, que é un proxecto de economía social
centrado nas persoas e na comunidade.
Cales son as raíces da publicación de Can-
Cales son as raíces da publicación de Can-
do elas toman os muros?
do elas toman os muros?
As raíces da publicación fían moito
coas orixes de 7h Cooperativa Cultural, e
tamén á inversa, todo está moi relaciona-
do. A cooperativa nace en 2015 do con-
vencemento de que a arte contemporánea
e a capacidade artística é algo de todas as
persoas. De feito, isto está recollido na pro-
pia Constitución onde se fai referencia ao
acceso á cultura, pero tamén ao dereito a
participación na cultura. Así, nacemos coa
vontade de encher este oco que sentimos
que o resto das institucións non cobren.
En 2016 convídannos a participar na Feira
de Arte Cuarto Público xunto con outras
asociacións que traballaban na arte. Unha
delas, que estaba centrada na arte urbana,
presentou o seu proxecto onde soamente
había homes. Nós preguntamos: e onde es-
tán as mulleres? E eles responderon que non
había e que as poucas que había non che-
gaban aos estándares de calidade para estar
na asociación. Sentimos moita frustración
e tratamos de convertela nun proxecto
creativo. Así naceu Elas Tamén Pintan. En
2016 comezamos a investigar a situación
do sector en Galicia e a nivel internacional.
Concretamente, cales eran as barreiras e
os obstáculos que se atopaban as mulleres
neste ámbito. Así, a finais dese mesmo ano
presentamos a idea de Elas Tamén Pintan
aos orzamentos participativos do Concello
de Santiago de Compostela, e foi escollido
dous anos. Este programa tiña tres patas:
investigar a traxectoria e as dificultades
das mulleres que queren ocupar o espazo
público e crear un espazo creativo para
ocupar a rúa dende os feminismos. Despois
de dous anos os orzamentos participativos
de Compostela deixaron de convocarse e
este programa reconverteuse nunha liña de
obradoiros máis pequenos que chamamos
Elas Muralistas.
Cando comezamos a investigar repa-
ramos que non había practicamente nada
publicado. A maneira de ir indagando foi
basicamente ir falando con unhas e outras
artistas. Tamén descubrimos que en Amé-
rica Latina se estaban a facer máis cousas,
había un par de festivais para reivindicar o
papel das mulleres como creadoras na rúa.
Deste xeito reparamos en que era necesario
non soamente investigar e crear coa moci-
dade, senón tamén visibilizar estes referen-
tes que existían a nivel global. Así naceu o
Delas Fest, un festival que ofrece un marco
de traballo digno para que as mulleres poi-
dan ocupar e transformar o espazo da rúa.
En 2021 levamos o obradoiro de Elas Mu-
ralistas na Universidade da Coruña. Cando
desenvolvemos esta formación na UDC, foi
a vicerreitora Cristina López Villar quen
quedou sorprendida coa investigación que
xa levabamos feita e quen nos animou a
publicar o libro.
Como foi o proceso de investigación para
Como foi o proceso de investigación para
confeccionar esta obra?
confeccionar esta obra?
Foi un proceso lento e moi entretido
que durou arredor de dous anos. Como se
adoita dicir, un traballo de “formiguiñas”.
Fixemos unha investigación moi comunita-
ria, facendo rede, coñecendo xente de aquí
e de fóra que nos contaba cousas. Durante
este tempo atopamos algunha que outra
investigación sobre este tema: un capítulo
dunha tese dunha investigadora estadouni-
dense no que se aborda exclusivamente a
situación da muller no graffiti; un docu-
mental titulado Girl Power da grafiteira
checa “Sany”; outro documental, de Alejan-
dra Henry, que analiza o papel da muller
na arte urbana en toda América ou o libro
dun investigador valenciano Diego López
Street Art firmado por mujeres. Decatámo-
nos de que había máis xente en paralelo
que estaba a facer a mesma investigación
que nós, iso é gratificante.
Pensamos que o graffiti de mulleres é
algo recente, pero vós atopastes mulleres
que xa estaban na rúa hai décadas. Que nos
contades sobre elas?
Por exemplo, Lady Pink de EEUU. Se lle
preguntas a calquera dirache que ela foi a
primeira graffiteira do mundo, e é mentira,
pois antes que ela había moitas mulleres fa-
cendo graffitis. Foi, se acaso, a primeira que
pintou trens de maneira regular. Nos anos
oitenta Lady Pink e algunha outra foron as
únicas que se identificaron como mulleres
adrede. Até esa década as mulleres poñían
nomes asexuados. Existía o hándicap de
que non se coñecían entre elas, non coñe-
cían outras mulleres, polo que non tiñan
referentes.
Non foi até finais dos noventa cando se
comezan a organizar os primeiros eventos
de graffitis que serviron para coñecerse ou
facer rede. A gran dificultade que tivemos
para dar con elas foi o ámbito da ilegalida-
de, é frecuente que as mulleres cambiasen
ou cambien de nome para que non lle sigan
a pista.
Cales son os maiores obstáculos ou barrei-
Cales son os maiores obstáculos ou barrei-
ras cos que contan as mulleres graffiteiras
ras cos que contan as mulleres graffiteiras
e muralistas?
e muralistas?
O principal obstáculo ten que ver co
propio contexto da orixe do graffiti, que é
bastante misóxino e moi machista. O gra-
ffiti, unha práctica asociada á ilegalidade, á
competitividade, a testosterona, á masculi-
nidade hexemónica... e que é moi interesan-
te deconstruír. O habitual é que a práctica
do graffiti apareza na adolescencia cando
estás construíndo a túa identidade, neste
caso moi asociada a estereotipos da mascu-
linidade (a valentía, a forza...). Polo xeral,
naquela altura as mulleres non se sentían
cómodas nestes espazos. Pasaron anos até
que houbo referentes que querían facer
graffitis doutro xeito. Así e todo, tamén
houbo outras que se adscribían a estes ro-
les masculinos. A partir dos oitenta, cando
o sistema artístico se interesa polo graffiti,
CANDO ELAS TOMAN OS MUROS
CANDO ELAS TOMAN OS MUROS
Feminismo e arte urbana en Galicia
Participación, fortalezas y desafíos en la vida cotidiana de mujeres en el es-
Participación, fortalezas y desafíos en la vida cotidiana de mujeres en el es-
pectro del autismo
pectro del autismo
Sabela Maroño Candal
1.º premio TFG-Ciencias e Ciencias da Saúde do XI Concurso de Traballos
Académicos con Perspectiva e Xénero Ángeles Alvariño
Este traballo consiste nun proxecto de investigación en que se introduce a
perspectiva de xénero de maneira principal e transversal para achegarse á
vida cotiá das mulleres con trastorno do espectro do autismo (TEA). A proposta é unha reflexión baseada nesta
perspectiva desde a propia descrición científica do diagnóstico do TEA (o traballo da primeira investigadora que o
describiu permaneceu invisibilizado até hai unhas décadas); pasando polos criterios diagnósticos desta condición
de saúde (as nenas e mulleres no espectro pasan desapercibidas nas avaliacións diagnósticas xa que as ferramen-
tas non se realizaron considerando a presentación dos mesmos en función do xénero); e ata a comprensión do
impacto do diagnóstico nas ocupacións nas que participan as mulleres con autismo (determinadas pola cultura e
os rumbos de xénero imperantes a nivel social).
DESligaTE 7
Sábado 25 de novembro de 2023
NOS MUROS
empeza a haber máis mulleres, xa que elas
son conscientes de que podían facer arte
dende os códigos do graffiti, das cidades. A
día de hoxe hai novas formas para facer arte
na rúa, que van máis alá dos estereotipos
e roles de xénero. Con todo, este contexto
aínda permanece. Por exemplo, a artista
Lupita Hard cada vez que pinta enfróntase
a que tapen a súa obra con insultos violen-
tos. Isto provoca que cada vez pinte menos
porque non quere estar constantemente en
loita. É moi esgotador. 			
Non todo o mundo quere pasar por esa re-
sistencia e loita, o que tamén é válido. Na
actualidade hai moitas máis mulleres que
se están dedicando profesionalmente a isto,
pero claro, é un traballo moi físico. En xe-
ral, tanto para homes como para mulleres,
non hai muralistas ou graffiteiras maiores...
Cando avanza a idade o número diminúe,
xa que require un esforzo físico. De fei-
to, non se coñecen apenas artistas urbanos
con discapacidades. No caso das mulleres a
cuestión da idade tamén se cruza cos coi-
dados. Coñécense moitas mulleres de 20
ou 30 anos, pero a partir de aí xa moitas
menos. Cando as mulleres teñen fillos é un
problema para seguir con isto. Na carreira
profesional do sector é frecuente que se te-
ñan que facer viaxes dunha semana ou de
quince días, onde non existe conciliación.
Este tema non é exclusivo da arte urbana,
senón que afecta tamén a outras disciplinas
como o circo ou a danza, en que dependes
do teu estado físico. En conclusión, queda
moito por deconstruír para buscar novas
fórmulas para conseguir que os coidados
se inclúan neste ámbito.
En xeral, como describes a situación das
En xeral, como describes a situación das
graffiteiras e muralistas na actualidade?
graffiteiras e muralistas na actualidade?
Estanse a facer moitas máis cousas, esta-
se a traballar moito. En definitiva, coido
que hoxe non darían a resposta de que non
existen mulleres na arte urbana, como fixe-
ron en 2016. Mais tamén creo que os re-
sultados obtidos non son proporcionais ao
traballo que se fai. É evidente que hai máis
mulleres, pero... en que condicións? Cantos
muros se lles ceden? A meirande parte das
alumnas de Belas Artes son mulleres e iso
non se reflicte nos festivais da arte urbana.
Queda aínda moito por facer.
Estades contentas co impacto que está ten-
Estades contentas co impacto que está ten-
do o libro?
do o libro?
Si, moito. Do libro xurdiu tamén a expo-
sición que xuntou 31 mulleres grafiteiras
e muralistas. O libro ten moi boa acollida,
incluso viaxou a moitas partes do mundo.
A xente está a pedir máis, no sentido de que
a escolma de artistas do libro soamente fo-
ron 10. Na exposición amosamos 31 artis-
tas e, en realidade, continúan a ser poucas.
Está xenial coma un primeiro paso, pero
hai que seguir investigando. E penso que
o ideal é que non o sigamos facendo nós,
senón que outras persoas se animen a face-
lo dende outras perspectivas. Estamos nun
punto moi inicial. Por exemplo, sería inte-
resante incluír a perspectiva interseccional.
O feito de que quede moito por facer é moi
positivo, hai que seguir traballando.
La realidad de las mujeres en situación de prostitución: una historia mal contada
La realidad de las mujeres en situación de prostitución: una historia mal contada
Tania Aneiros Hermida
Tania Aneiros Hermida  
  
1.º premio TFG-Ciencias Sociais e Xurídicas do XI Concurso de Traballos Aca-
démicos con Perspectiva e Xénero Ángeles Alvariño
Neste traballo analízase de maneira exhaustiva o carácter estrutural e os distintos
factores que converxen na prostitución, inmersa nos sistemas de opresión social
existentes (patriarcado, capitalismo neoliberal e colonialismo), así como as implicacións do xénero e as consecuen-
cias que ten para as mulleres o sistema prostitucional.  
O traballo recolle tamén a historia de vida de tres mulleres con traxectorias vitais distintas que estiveron ou se
seguen atopando inmersas na industria prostitucional. As voces das propias mulleres que viven esta realidade
resultan fundamentais para entender como se articula este sistema e permiten, así, pór en valor as súas experien-
cias, coñecer a devandita realidade de primeira man e evidenciar os denominadores comúns que sustentan esta
inxustiza social.
8 DESligaTE Sábado 25 de novembro de 2023
OLLO AO DATO
..... rachando mitos!
A SUBMISIÓN QUÍMICA
Ultimamente escoitamos bastante o ter-
Ultimamente escoitamos bastante o ter-
mo de submisión química, pero que é?
mo de submisión química, pero que é?
Trátase dun modus operandi utilizado
en diferentes tipos de delitos (contra o
patrimonio, roubos en xeral...). Aínda así,
coñecemos este termo polo que se vincula
coa violencia sexual. Ultimamente, é fre-
cuente escoitarmos e lermos nos medios
de comunicación novas onde se fala de
vítimas de violencia sexual por submisión
química en contextos de ocio nocturno.
Por que os medios falan tanto da submi-
Por que os medios falan tanto da submi-
sión química e non tanto de violencias
sión química e non tanto de violencias
sexuais a secas?
sexuais a secas?
En moitas ocasións os medios poñen o
foco no modus operandi e non tanto na
propia violencia, invisibilizando as verda-
deiras raíces das violencias sexuais.
Daquela, por que as violencias sexuais se
Daquela, por que as violencias sexuais se
reproducen nos contextos de ocio noc-
reproducen nos contextos de ocio noc-
turno? As drogas ou o alcol provocan a
turno? As drogas ou o alcol provocan a
violencia?
violencia?
Non. As drogas, o alcol ou a submisión
química non facilitan a violencia, o úni-
co que facilita a violencia é o agresor. O
contexto do ocio nocturno é unha situa-
ción en que se dan as violencias sexuais e
as drogas están presentes. As drogas non
son as responsables de que poidamos ser
vítimas das violencias sexuais, senón que
o culpable de que isto pase é o machismo.
O único responsable, a secas, o machismo
do agresor.
De acordo, entón... que mitos se reprodu-
De acordo, entón... que mitos se reprodu-
cen arredor das violencias sexuais e a noite?
cen arredor das violencias sexuais e a noite?
En moitas ocasións faise referencia a que
as violencias sexuais van acompañadas de
“picadas” ou consumo de substancias des-
coñecidas nas vítimas.
Isto non é certo!
Isto non é certo! A droga máis pre-
sente nas agresións sexuais é o alcol. Es-
coitamos que o máis frecuente é que o
agresor das violencias sexuais que se re-
producen na noite sexa alguén que non
coñecemos.
Isto non é certo!
Isto non é certo! A meirande parte
dos agresores son coñecidos nosos.
Cantas veces escoitamos iso de “botáron-
che algo na bebida”?
Non é probable que lle botasen algo na
bebida. O frecuente é que as agredidas
ou vítimas consuman drogas voluntaria-
mente.
Moitas veces xúlgase a vítima da violencia
sexual en función de se consumiu ou non
drogas ou alcol: “Estaba borracha ou dro-
gada; ela tivo a culpa do que lle pasou”.
Isto non é certo nin xusto!
Isto non é certo nin xusto! Non
existe unha “mala vítima” ou “boa vítima”.
En ningún caso debemos responsabilizar
ou culpar a vítima do que lle ocorreu. O
único culpable e responsable é o agresor.
E as persoas adultas como ven a adoles-
cencia e a xuventude? É frecuente escoi-
tarlles isto de que ser novos/as é un fac-
tor de risco, que as violencias sexuais son
máis frecuentes en idades máis temperás.
Isto non é certo!
Isto non é certo! A xuventude non é
un factor de risco. As violencias sexuais
son estruturais e apréndense social e cul-
turalmente en todos os contextos.
A única causa e explicación para as violencias sexuais é o machismo.
A única causa e explicación para as violencias sexuais é o machismo.
É necesario reflexionar, ler e investigar sobre o sistema patriarcal. Este
É necesario reflexionar, ler e investigar sobre o sistema patriarcal. Este
sistema é o que promove e perpetúa as violencias sexuais. O feito de
sistema é o que promove e perpetúa as violencias sexuais. O feito de
que os agresores se sintan lexitimados para agredir sexualmente ten
que os agresores se sintan lexitimados para agredir sexualmente ten
as súas raíces no machismo. O discurso machista e sexista fomenta
as súas raíces no machismo. O discurso machista e sexista fomenta
e crea violencia sexual. Precisamos máis discursos feministas para
e crea violencia sexual. Precisamos máis discursos feministas para
garantir espazos onde sentirnos seguras, onde o machismo non teña
garantir espazos onde sentirnos seguras, onde o machismo non teña
lugar.
lugar.
Este espazo está inspirado no traballo de Observatorio Noctámbul@s,
Este espazo está inspirado no traballo de Observatorio Noctámbul@s,
un proxecto de ampla traxectoria profesional que pretende profundar
un proxecto de ampla traxectoria profesional que pretende profundar
na relación entre o consumo de drogas, o acoso e outras violencias
na relación entre o consumo de drogas, o acoso e outras violencias
sexuais nos contextos nocturnos.
sexuais nos contextos nocturnos.
Amosando o lado escuro das redes sociais: desenvolvemento do primeiro corpus para a
Amosando o lado escuro das redes sociais: desenvolvemento do primeiro corpus para a
detección de misoxinia en lingua galega en Twitter e Mastodon
detección de misoxinia en lingua galega en Twitter e Mastodon
Lucía Álvarez Crespo
Lucía Álvarez Crespo
1.º premio TFG-Enxeñaría e Arquitectura do XI Concurso de Traballos Académicos con
Perspectiva e Xénero Ángeles Alvariño
O traballo representa unha destacada achega ao campo da investigación ao desenvolver
o primeiro corpus en lingua galega específico para a detección de misoxinia en Twitter
e Mastodon. Esta iniciativa pioneira permitiu recoller e analizar datos lingüísticos en galego presentes nas redes
sociais, cun enfoque enfático na identificación e comprensión das manifestacións da misoxinia na comunicación
dixital.Tal e como refire a autora, Introducir a perspectiva de xénero na intelixencia artificial é un aspecto crucial
para garantir a equidade e a xustiza nos modelos e sistemas automatizados. Así, a través deste corpus e dos mo-
delos desenvolvidos, procura promover unha sociedade máis inclusiva, fomentando o respecto e a igualdade na
comunicación dixital en galego no que respecta ás mulleres.
DESligaTE 9
Sábado 25 de novembro de 2023
CONTRA AS VIOLENCIAS
FRONTE A VIOLENCIAS MACHISTAS
ACOMPAÑAMENTO FEMINISTA
Na loita contra a violencia machista, as amizades e a contorna social das mulleres que se atopan nesta situación xogan un papel funda-
Na loita contra a violencia machista, as amizades e a contorna social das mulleres que se atopan nesta situación xogan un papel funda-
mental. Así, é importante que nos impliquemos e poidamos acompañalas na súa saída da violencia.
mental. Así, é importante que nos impliquemos e poidamos acompañalas na súa saída da violencia.
Como ben di Silvia Federici, “A mellor forma de resistencia á violencia non é enfrontala soa, é xuntármonos, crear formas de vida e
Como ben di Silvia Federici, “A mellor forma de resistencia á violencia non é enfrontala soa, é xuntármonos, crear formas de vida e
reprodución máis colectivas, fortalecer os nosos vínculos e así verdadeiramente, crear unha rede de resistencia que poña fin a toda este
reprodución máis colectivas, fortalecer os nosos vínculos e así verdadeiramente, crear unha rede de resistencia que poña fin a toda este
masacre.” (Uruguai, 2017)
masacre.” (Uruguai, 2017).
Que facer?
Que facer?
Aprender a mirar:
Aprender a mirar: aprender a detectar os
indicios da violencia, para tratar de reducir
o tempo que tarde en pedir axuda. Com-
prender as razóns polas que a ela lle custa
saír da relación.
Buscar axuda:
Buscar axuda: se hai sospeitas, acudir ou
chamar a servizos de atención a vítimas
para recibir información e axuda.
Arroupala:
Arroupala: o maltratador buscará en todo
momento illar a vítima. É necesario crear-
mos unha rede entre familiares e amizades
próximas para transmitirlle apoio emocio-
nal, económico e loxístico.
Comunicarnos con ela:
Comunicarnos con ela: recompilar o máxi-
mo de detalles posibles sobre como son as
violencias que recibe e como lle están afec-
tando. Así, axudarémola na toma de con-
ciencia de que soa é moi difícil cambiar a
situación.
Non insistir:
Non insistir: se ela aínda non está preparada
ou convencida para deixar a relación, non
debemos presionala nin forzala. Debemos
escoitala, sen xulgar, mostrar o noso apoio
no proceso e expor, sen estridencias, que
pode estar en risco.
Respectar a súa decisión:
Respectar a súa decisión: respectar en todo
momento as decisións que ela tome, aínda
que non as compartamos, e seguir apoiándoa.
Coidado propio:
Coidado propio: autocoidarnos para non
desgastarnos durante o proceso.
Como facelo?
Como facelo?
Ambiente para crear
Ambiente para crear
Crear un espazo seguro, acolledor e de con-
fianza para que poida desafogarse e se sinta
contida.
Explicitarlle que está nun espazo seguro en
que será escoitada e validada na súa expe-
riencia, respectando o seu sentir e sen ser
xulgada.
Actitude de quen escoita
Actitude de quen escoita
Escoitar e observar activamente, atendendo
á súa linguaxe verbal e non verbal (corpo
e xestos).
Permitir que a persoa fale e se desafogue sen
interromper o seu relato.
Permitir que chore, se así o sente, e que se
exprese tal e como xurda nese momento.
Non culpala do que viviu nin tampouco
xulgala.
Ser moderada coas expresións esaxeradas de
asombro, enfado, medo etc.
Non tratar de entender nin facer demasia-
das preguntas para tentar facelo. Polo xeral
son relatos que non teñen cronoloxía, son
confusos, e moitos están esquecidos.
Evitar consellos; no canto diso, preguntarlle
que necesita e que está disposta a facer. Pó-
dense suxerir alternativas, pero é ela quen
decide.
Transmitirlle tranquilidade e que sinta o
noso apoio.
Non dubidar do seu testemuño! Expresar
verbalmente que cremos a súa experiencia
e que non dubidamos do vivido e sentido.
Insistir en que non é ela o problema, senón
que se trata dun sistema estrutural que nos
inferioriza.
Mostrarlle afectividade e agarimo.
Suxestións sobre as necesidades da muller
Suxestións sobre as necesidades da muller
violentada
violentada
Pregunta de forma aberta e directa que ne-
cesita e como o necesita, para axudala a to-
mar consciencia do seu poder de decisión
sobre ela mesma e a demarcación dos lími-
tes que a farán sentirse cómoda ao vincular-
se coa contorna.
Algunhas preguntas poden ser, por exemplo:
Que necesitas de min/nós?
Como podemos axudarche?
Que é o que che gustaría facer para resolver
esta situación?
Recursos:
Recursos:
Podes consultar as túas dúbidas e solicitar
asesoramento nos seguintes recursos:
Na Universidade da Coruña
Na Universidade da Coruña
Oficina para a Igualdade de Xénero no cam-
Oficina para a Igualdade de Xénero no cam-
pus de Elviña, Casa do Lagar, A Coruña
pus de Elviña, Casa do Lagar, A Coruña
Oficina para a Igualdade de Xénero no
Oficina para a Igualdade de Xénero no
campus de Ferrol, Edificio de Servizos
campus de Ferrol, Edificio de Servizos
Administrativos, campus Esteiro, Ferrol
Administrativos, campus Esteiro, Ferrol
Ou no seguinte enderezo e teléfono:
Ou no seguinte enderezo e teléfono:
oficina.igualdade@udc.gal
oficina.igualdade@udc.gal
881 011 952
881 011 952
Centro de Información á Muller da Coruña
Centro de Información á Muller da Coruña
Rúa Hortensias 11. 15008 A Coruña
Rúa Hortensias 11. 15008 A Coruña
981 184 356
981 184 356
cim@coruna.es
cim@coruna.es
Horario: luns a venres, de 08:00 h a 14:00 h
Horario: luns a venres, de 08:00 h a 14:00 h
Tamén podes facer uso dos recursos exis-
Tamén podes facer uso dos recursos exis-
tentes para facer fronte ás violencias:
tentes para facer fronte ás violencias:
Teléfono de atención a vítimas de violencia
Teléfono de atención a vítimas de violencia
de xénero: 016
de xénero: 016
Teléfono da Muller (24 horas e confiden-
Teléfono da Muller (24 horas e confiden-
cial): 900 400 273
cial): 900 400 273
En caso de emerxencia contacta con:
En caso de emerxencia contacta con:
Policía Nacional: 091
Policía Nacional: 091
Policía Local: 092
Policía Local: 092
Policía Autonómica: 881 961 000
Policía Autonómica: 881 961 000
Emerxencias: 112
Emerxencias: 112
Urxencias: 061
Urxencias: 061
"Quen teme ó lobo feroz?" O motivo do lobo en The Bloody Chamber de Angela Carter.
"Quen teme ó lobo feroz?" O motivo do lobo en The Bloody Chamber de Angela Carter.
Alba Blanco Rodríguez
Alba Blanco Rodríguez
2.º premio TFG-Artes e Humanidades do XI Concurso de Traballos Académicos con
Perspectiva e Xénero Ángeles Alvariño
Este traballo analiza a figura do lobo en tres contos de Angela Carter, incluídos en The
Bloody Chamber (1979): “The Werewolf,” “The Company of Wolves,” e “Wolf-Alice.” Así,
a partir deste estudo, Alba Blanco demostra que na reescritura de historias que Carter
realiza na súa obra, céntrase en desenmascarar os elementos tabú que se encerran neses
relatos, volvéndoos explícitos desde unha perspectiva feminista. Deste xeito, a autora ofrece un lobo con
múltiples capas, moi distinto do típico “lobo feroz”; ademais, tamén desafía oposicións binarias como home/
muller ou humano/animal e enxalza a voz de quen sempre foi a silenciosa “outredade”: as mulleres.
10 DESligaTE Sábado 25 de novembro de 2023
INTELIXENCIA ARTIFICIAL E XÉNERO
NA REDE
O pasado 4 e 5 de outubro a Facultade de
Dereito acolleu as II Xornadas IA Nesgos de
Xénero e Oportunidades para a Igualdade.
Falamos con Lucía Ramos García
Lucía Ramos García, do De-
partamento de Ciencias da Computación e
Tecnoloxía da Información, quen impartiu
un obradoiro introdutorio sobre a visión
artificial.
Antes de nada, pódesnos dicir máis polo
Antes de nada, pódesnos dicir máis polo
miúdo en que consiste a túa área de inves-
miúdo en que consiste a túa área de inves-
tigación?
tigación?
A miña actividade investigadora céntrase no
procesamento e análise automática de imaxe
e vídeo dentro do Grupo de Visión Artifi-
cial e Recoñecemento de Patróns (VARPA).
Esta liña de traballo inclúe a investigación
e o desenvolvemento de solucións baseadas
en visión artificial e aprendizaxe automáti-
ca para abordar desafíos do mundo real en
diferentes dominios de aplicación, desde o
ámbito médico ata contornas industriais.
No ámbito industrial temos varias liñas ac-
tivas como o desenvolvemento de metodo-
loxías automáticas para o control da cali-
dade en procesos de produción, tarefas de
videovixilancia en infraestruturas intelixen-
tes, identificación de zonas de aterraxe se-
guras para drons ou a inspección do estado
do pavimento aeroportuario, entre outras.
No ámbito médico traballamos con diferen-
tes modalidades de imaxe como a retino-
grafía, a radioloxía torácica, a histoloxía ou
a tomografía de coherencia óptica, para o
desenvolvemento de ferramentas de apoio á
diagnose con base na detección e avaliación
automática de estruturas e anomalías rela-
cionadas con diferentes patoloxías.
O obradoiro que impartiches era sobre a vi-
O obradoiro que impartiches era sobre a vi-
sión artificial, poderías comentarnos en que
sión artificial, poderías comentarnos en que
consistiu?
consistiu?
A actividade comezou cunha presentación
para introducir algúns conceptos básicos no
contexto da visión artificial, como a estru-
tura dunha imaxe dixital, a representación
da cor ou diversas técnicas para a extrac-
ción de características e patróns relevantes
para a interpretación da información visual
contida na imaxe. Esta presentación ofre-
ceu tamén unha visión xeral de diferentes
tarefas comúns na visión artificial, caso da
clasificación de imaxes, a detección e reco-
ñecemento de obxectos, a segmentación de
rexións de interese ou a análise de escenas.
Ademais, expuxéronse varios exemplos reais
de casos de aplicación que incluíron dende
sistemas de apoio á diagnose con base en di-
ferentes modalidades de imaxe médica, ata
aplicacións en varias contornas industrias.
Tras esta parte introdutoria comezou a par-
te práctica do obradoiro en que as persoas
participantes traballaron sobre un caderno
Jupyter, que é unha ferramenta que permi-
te combinar celas de código con celas de
texto, intercalando explicacións con exem-
plos de código. O caderno proposto ofreceu
varios exemplos e exercicios empregando
a linguaxe de programación Python e a li-
braría de procesamento de imaxe OpenCV
para abordar tarefas como a carga dunha
imaxe, o acceso e modificación de píxeles
concretos, a creación e aplicación de másca-
ras para a extracción de rexións de intere-
se, a segmentación en base a características
de cor, a extracción de bordos, a detección
do iris e a pupila en imaxes oculares ou a
detección de caras. Este caderno facilitou
unha experiencia de aprendizaxe práctica e
interactiva, que permitiu a visualización e
análise dos resultados en tempo real.
Dende o teu punto de vista cales son os
Dende o teu punto de vista cales son os
pros e contras da intelixencia artificial?
pros e contras da intelixencia artificial?
Nas últimas décadas as técnicas baseadas
na intelixencia artificial presentaron un
notable auxe ata posicionarse como refe-
rentes na resolución de gran cantidade de
problemas en múltiples campos. Estas téc-
“É fundamental traballar na elaboración de conxuntos de datos
xustos e representativos e no uso de técnicas de adestramento
e estratexias de aprendizaxe que mitiguen estes nesgos”
Acoso escolar: análise dun caso en Sallent dende a perspectiva da xustiza ocupacional
Acoso escolar: análise dun caso en Sallent dende a perspectiva da xustiza ocupacional
Mar Torrado Fondo
Mar Torrado Fondo
2.º premio TFG- Ciencias e Ciencias da Saúde do XI Concurso de Traballos Académicos
con Perspectiva e Xénero Ángeles Alvariño
Este traballo de fin de grao aborda o acoso escolar dende a perspectiva da xustiza ocupa-
cional, a través da análise documental de noticias de xornais sobre un caso real situado
en Sallent (Barcelona), onde Iván/Alana e Leila, adolescentes de 12 anos, sufrían acoso
escolar por motivos vinculados á súa nacionalidade arxentina e á identidade de xénero
de Iván/Alana.
O traballo amosa o impacto que posúen determinados factores como o xénero, nos casos de acoso escolar,
así como a importancia que ten o papel da xustiza ocupacional á hora de previr ou frear estas situacións de
violencia. Destácase a relevancia da concienciación destas desigualdades sociais e a aplicación de medidas
efectivas para previr estas situacións de acoso dentro e fóra do ámbito educativo e garantir espazos seguros
que propicien a realización de actividades significativas e garantan a saúde e o benestar de todas as persoas.
DESligaTE 11
Sábado 25 de novembro de 2023
NA REDE
nicas teñen un gran potencial para a iden-
tificación de patróns complexos a partir
de conxuntos de datos en cru, o que lles
permite aprenderen representacións estru-
turadas da información dos datos posibi-
litando a solución a problemas complexos
de xeito obxectivo e fiable. Esta capacidade
para procesar grandes cantidades de datos e
extraer información relevante supón unha
mellora significativa na toma de decisións,
a automatización de tarefas e a optimiza-
ción de procesos nunha ampla variedade de
aplicacións. Por exemplo, no ámbito médi-
co, a intelixencia artificial presenta un alto
potencial para a identificación de patoloxías
en etapas temperás, a estimación do risco
de padecer certas enfermidades e a mellora
na precisión da diagnose para ofrecer tra-
tamento e seguimento especializado. Isto
supón unha boa perspectiva para poñer o
potencial da intelixencia artificial ao servizo
da sociedade.
A pesar das vantaxes e potencial que ofre-
ce a intelixencia artificial, hai algúns desa-
fíos que deben abordarse coidadosamente
para o bo aproveitamento das capacidades
e a garantía dunha implementación ética
e segura. Algún dos factores que cómpre
considerar é que se require unha cantida-
de grande de datos para o adestramento
de modelos eficaces, o que pode resultar
custoso e laborioso de recompilar. A di-
versidade dos conxuntos de datos canto a
escenarios e condicións representativas son
tamén factores condicionantes nos procesos
de aprendizaxe que dificultan a capacidade
de xeneralización en contornas cambiantes
e podendo incorporar nesgos presentes nos
datos. Outra contra é que os procesos de
adestramento son custosos no que respecta
a tempo e recursos computacionais. A falta
de explicabilidade nas predicións dalgúns
modelos de intelixencia artificial formula
tamén desafíos para entender
o funcionamento dos sistemas
e confiar na toma de decisións.
A investigación continua e o
desenvolvemento de solucións
que aborden estes problemas
son esenciais para o avance
sostible da intelixencia artifi-
cial.
Se falamos de intelixencia ar-
Se falamos de intelixencia ar-
tificial e xénero, cales son as
tificial e xénero, cales son as
principais conclusións que hai
principais conclusións que hai
ata o momento?
ata o momento?
No tocante ao xénero, os
conxuntos de datos que se
empregan para o adestramen-
to de sistemas de IA adoitan
ser recompilados a partir de
observacións no mundo real,
o que comporta nalgúns ca-
sos o reflexo de dinámicas
sociais e padróns discrimina-
torios presentes na sociedade.
Os modelos adestrados con
estes conxuntos de datos po-
den aprender e perpetuar estes
nesgos de xénero, e conducir
a decisións discriminatorias ou
estereotipadas.
Un exemplo disto pódese
ver nalgún servizo comercial
de etiquetaxe automática de
imaxes que amosa tendencia a ofrecer eti-
quetas relacionadas co aspecto físico, como
o peiteado ou a vestimenta no caso de
imaxes de mulleres, mentres que son mais
frecuentes as etiquetas referidas ao poder
ou status social e profesional no caso de
imaxes de homes, partindo de imaxes con
características e contextos similares para
ambos os casos. Outros exemplos poden
ser os sistemas de tradución automática, os
asistentes virtuais ou os sistemas de reco-
mendación de contidos, que poden amosar
nesgos de xénero suxerindo contidos que
reflicten intereses estereotipados.
Para abordar estes problemas é fundamen-
tal traballar na elaboración de conxuntos de
datos xustos e representativos e no uso de
técnicas de adestramento e estratexias de
aprendizaxe que mitiguen estes nesgos para
garantir que os modelos de intelixencia ar-
tificial sexan equitativos, representativos e
xustos.
Perspectivas Económicas Feministas: análisis de las políticas y la Brecha.
Perspectivas Económicas Feministas: análisis de las políticas y la Brecha.
Julia M.ª Pérez López
Julia M.ª Pérez López
2.º premio TFG- Ciencias Sociais e Xurídicas do XI Concurso de Traballos Académi-
cos con Perspectiva e Xénero Ángeles Alvariño
Este TFG aborda a relevancia da perspectiva de xénero no ámbito económico e polí-
tico. A investigación toma como base a economía feminista e a súa crítica ao sistema
capitalista como realidade que nega as condicións básicas da vida. Esta denominada
“cara A” é sostida grazas a unha “cara B” invisibilizada, que representa o traballo non remunerado e moitas
veces invisible que desempeñan as mulleres no seu día a día. Este traballo, fundamental para o sostemento
da vida e o benestar da sociedade no seu conxunto, e a forma que está sendo relegado a un segundo plano
contribúe a perpetuar estereotipos, afectando negativamente ao apoderamento económico e político das
mulleres.
Partindo desta base e empregando como ferramenta o índice de fenda de xénero mundial que brinda o
Foro Económico Mundial, Julia analiza a desigualdade actual entre homes e mulleres en Europa e os países
que a conforman en cuestións de educación, saúde, participación política e oportunidades económicas. Así,
a autora evidencia as desigualdades significativas entre uns territorios e outros e visibiliza as accións e
políticas transformadoras que levan a cabo os países máis feministas.
CARTÓN VERMELLO
Á GORDOFOBIA
con David Rozados Reboredo
David Rozados Reboredo da iniciati-
va @basta.gordofobia
QUE É?
QUE É?
A gordofobia é o odio, rexeitamento e
violencia que sofren as persoas gordas
polo feito de seren gordas. Son todas
aquelas prácticas, discursos e accións
que se burlan, marxinan, estereotipan,
prexulgan, rexeitan e supoñen a obs-
trución ou vulneración dos dereitos das
persoas con pretexto de gordura. É un
tipo de violencia estética.
A gordofobia existe en todos os ámbi-
tos da sanidade publica: nos colexios, no
sistema laboral e tamén no sistema fami-
liar. Como tamén noutro tipo de espazos
como, por exemplo, ximnasios, transpor-
tes urbanos, parques de atraccións, cafe-
tarías, teatros, cines, tendas de roupa etc.
Estes son exemplos dos que che podo fa-
lar. Pero cada dia sorprendémonos máis,
porque isto podelo vivir en calquera mo-
mento e en calquera lugar sen importar
se estas sufrindo algún tipo de enfermi-
dade. Lembremos que unha persoa gorda
non ten que estar gorda por comer, que
unha persoa gorda pode sufrir algún tipo
de enfermidade ou trastorno psíquico:
ansiedade, depresión etc.
COMO SE PODE IDENTIFICAR?
COMO SE PODE IDENTIFICAR?
A gordofobia identificase cando unha
persoa (medico, dietista, familiar etc.)
non para de recomendar que tes que
adelgazar, que es unha persoa gorda e
que por ser unha persoa gorda terás dia-
betes, colesterol, infartos e outro tipo de
doenzas.
Tamén cando estas comendo e che co-
mentar a típica frase de “Guau, que pou-
co comes para o gordo que estas” sen
saber se a túa gordura é por comer ou
por algún problema persoal que teñas ou
cando vas a mercar roupa e escoitas “Ufff
estas demasiado gorda como para poñer
ese tipo de roupa”. Hai moitas formas de
identificar a gordofobia neste sistema xa
que día a día as persoas gordas vivimos
isto nos nosos ámbitos.
PAUTAS PARA PREVIR?
PAUTAS PARA PREVIR?
Neste caso solicitando que os colexios,
centros cívicos sociais ou asociacións
nos axuden a darlle voz a todo isto. É
algo que se falamos día a día pero a xente
non lle dá a voz suficiente nin temos es-
pazos para facer este tipo de traballos, xa
que moitas persoas non cren que exista
a gordofobia pero si que existe, e tanto
no colectivo LGBT+ como no colectivo
feminista.
Para saber máis
12 DESligaTE Sábado 25 de novembro de 2023
SABÍAS QUE?
NO AIRE
Denomino “microviolencia na olhada”
da sociedade caboverdiana cando as mu-
lleres que pasean polas súas rúas –vivan
no país ou simplemente sexan turistas–
sofren olladas de homes que, con ou sen
intención, coartan a súa liberdade de
movemento. Entender este tipo de vio-
lencia fíxose, primeiramente, a través das
mulleres oriúndas de Cabo Verde, anali-
zando as súas inquedanzas con respecto a
este tipo de violencia, e o seu sentimento
(quizais o máis importante), así como a
través de mulleres que chegan ao país e o
sofren diariamente ao ir mercar ou sim-
plemente paseando.
Este tipo de microviolencia prodúcese
cando os homes observan as mulleres
coma se dun obxecto sexual se tratase, fa-
cendo sentir a quen camiña unha “cousa”
e creando un abuso de poder inigualable
que deixa un elo, unha pegada imborrable.
“Olhar” a través dos ollos da persoa que o
transmite, é sentir un baleiro incontrola-
ble durante segundos que se volven horas
e sempre baixo a atenta mirada do outro,
coma se o corpo fose unha exhibición e
onde o control da persoa que o parece,
desaparece. En palabras da propia poboa-
ción feminina “perdemos toda autonomía
do noso corpo cando olhan para nós”.
Estas violencias sitúanse na base da pi-
rámide das violencias machistas, por
debaixo da violencia física, psicolóxica,
sexual, económica, patrimonial, institu-
cional entre outras e teñen como obxec-
tivo manter o dominio e a superioridade
do home sobre a muller; Reafirmar ou re-
cuperar o dito dominio ante unha muller
que se “rebela” ou resistirse ao aumento
do poder persoal ou interpersoal dunha
muller coa que se vincula.
A mellor ferramenta para acabar con
este tipo de microviolencias é concien-
ciar máis a poboación sobre o que está
acontecendo, así como ofrecer cursos de
sensibilización, autoestima e defensa per-
soal que son practicamente inexistentes
no país.
La amiga de mi amiga (LADMA)
Equipo de redacción: Raquel Veiga Teijeiro |
Beatriz López Rey | Belén Gavín Bermúdez |
Noelia Darriba García
Deseño e maquetación: Manchea S. Coop. Galega
STAFF
Son unha nena? Sufrirei discriminación
e violencia sexual? 2023
Videopodcast premiado como programa revela-
ción nos premios Youtubeiras 2022. Un progra-
ma semanal de noticias, humor, cultura e actua-
lidade feminista formado por Priscila Retamozo,
Amara Pérez e Lucía Salgueiro.
É un podcast de bolloqueer xeracional, ten lu-
gar en Barcelona e nace coa intención de escribir
unha historia bolloqueer paralela. Quere ser un
espazo no que nos sintamos cómodes e acompa-
ñades, no que poidamos explicar as nosas viven-
cias e as dos nosos amigos e onde rirnos de nós
mesmes e darnos forzas.
Aos mandos e facendo amigas están Zaida Car-
mona e Cristina Pastrana
AMOR E AMIGES.
Histérikas Histórikas
ir ao podcast
ir ao podcast
Elaborado por alumnado e coordinado por do-
centes e investigadoras da UVigo e publicado
pola Editorial Galaxia, na colección Feminis-
mos.
En pleno século XXI, vivimos nunha sociedade
patriarcal, intoxicada polas violencias, espe-
cialmente as sexuais, que alcanzan de pleno as
nenas e as mulleres, afectando a súa saúde e
benestar e, tamén, a de toda a sociedade.
Neste libro formulamos unha análise das dife-
rentes formas de expresión da violencia sexual,
encadrando estas experiencias ao longo da vida
das mulleres, xa que en numerosas ocasións
non son feitos illados, senón un continuo de
múltiples violenciasofrécenos, dun xeito claro
e conciso, a información necesaria para saber-
mos máis sobre orientación sexual, xénero, fe-
minismo e consentimento.
INFLUENCERS PARA ROMPER ESTEREOTIPOS
INFLUENCERS PARA ROMPER ESTEREOTIPOS
Magdalena Piñeyro
@magda_pineyro
Fala e escribe sobre gordofobia
Mara Jimenez
@croquetamente
Para que te rías e te queiras
Gisele
@tresxl
Humor, body positive, selflove
É A MICROVIOLENCIA NA OLLADA?
É A MICROVIOLENCIA NA OLLADA?
Por Laura Pallarés Ameneiro.
Laura Pallarés Ameneiro. Doutora en Xeografía
pola Universidade de Santiago de Compostela e es-
pecialista nas áreas de xénero, diversidade sexual e
microviolencia. Actualmente é investigadora en Cabo
Verde, onde traballa en proxectos sobre violencia e
microviolencia, a través da Universidade de Cabo
Verde (Uni-Cv).
Concurso de creacións artísticas para
Concurso de creacións artísticas para
a prevención das violencias sexistas na
a prevención das violencias sexistas na
UDC.
UDC.
1.º premio na categoría de cartaz: Cristi-
1.º premio na categoría de cartaz: Cristi-
na Carreira Menéndez.
na Carreira Menéndez.
2.º premio na categoría de cartaz: Vanes-
2.º premio na categoría de cartaz: Vanes-
sa Parente González
sa Parente González
1.º premio na categoría de restantes mo-
1.º premio na categoría de restantes mo-
dalidades: Alicia Gangoso González
dalidades: Alicia Gangoso González
2.º premio na categoría de restantes mo-
2.º premio na categoría de restantes mo-
dalidades: Natalia Cea Rodríguez
dalidades: Natalia Cea Rodríguez
DESligaTE 13
Sábado 25 de novembro de 2023
06:00 Noticias 24horas
11:10 Saber Vivir
11:45 Españois no mundo
12:35 Comando actualidade.
13:30 Audiencia aberta.
14:00 Viaxe ao centro da tele
exprés.
14:30 Corazón, presentado por
Anne Igartiburu.
15:00 Telediario 1, presentado
por Alejandra Herranz.
16:00 Sesión de tarde: La boda
de Rosa, de Icíar Bollaín.
2020. 100 min.
17:40 Documental: Que coño
está pasando? 2019;
86 min.
19:00 Cine de barrio, presenta-
do por Inés Ballester.
21:00 Telediario 2.
21: 30 Informe semanal,
presentado por Ana
Blanco.
22:15 Cine: Non son un home
fácil, de Eleonore Pou-
rriat. 2018, 98 min.
23:50 Cine: Boa sorte, Leo
Grande, de Sophie Hyde.
Os concertos da 2.
9:15 Que animal! presentado
pola bióloga Evelyn
Segura.
9:40 Agrosfera, presentado por
Sergio Gómez.
10:15 Para todos La 2. Magacín
de temas sociais.
10:45 Obxectivo Igualdade.
Espazo informativo para
avanzar no camiño da
igualdade real.
11:05 En lingua de signos,
presentado por Paloma
Soroa.
11:35 Meu cole rural, presenta-
do por Raúl Bermejo.
11:55 Documental sobre fauna
invasora.
12:55 Felinos baixo ameaza.
13:55 Zoom tendencias.
14:40 El hombre y la Tierra.
15:35 Saber e gañar.
16:20 Contos de Zambia.
18:00 Turismo rural no mundo.
18:35 Que animal!
19:05 Reduce a túa pegada.
Adela Úcar amosa exem-
plos de economía circular
e prácticas sostibles.
20:00 Mitos e segredos da
realeza. 60min.
21:00 Gala de Cine.
22:00 Cine: Ellas Hablan,
de Sarah Polley. 2020.
104 min.
23:40 A noite temática.
07:45 Balonmano Liga Asobal.
09:15 Fútbol UEFA Women´s
Nations League.
11:00 Directo Superbike Cam-
pionato do Mundo.
11:40 Fútbol Previa
13:15 Programa Superbike Cto.
Mundo.
15:10 Directo Hockey Herba Li-
ga Iberdrola.
16:55 Directo Balonmano Liga
Guerreras Iberdrola.
18:40 Atletismo Mellores atle-
tas europeos do ano.
18:55 Directo Baloncesto Liga
Endesa.
20:45 Atletismo nominacións
mellores atletas do mun-
do.
20:55 Directo Fútbol Sala 1ªDi-
visión.
23:00 Ciclismo en pista UCI
Track Champions League.
08:05 Telexornal Serán, presen-
tado por Irene Lourido e
Alberto Mancebo.
9:00 Galicia Noticias.
09:30 Bos días Fin de Semana:
presenta Chus Tanoira.
10:40 ZigZag: Actualidade
Cultural. Presenta María
Solar.
11:45 Quen anda aí?
12:10 Hora Galega. Presentado
por David Espiño e Rocío
Durán.
13:40 Tal Semente: Concurso
familiar presentado por
Esther Estévez.
14:25 Telexornal Mediodía.
15:20 No Foco. Presentado por
Marcos Sueiro.
15:45 O tempo
15:55 Xuntos en directo.
Presentado por Rocío
Delgado.
19:45 Malicia Noticias presen-
tado por Lucía Veiga.
20:55 Telexornal Serán.
21:50 O Tempo
22:00 Atrápame se podes, con
Paco Lodeiro.
22:50 Bamboleo.
O MÁIS DESTACADO DA TEMPADA
“Ya no quiero esconderme”,
“Ya no quiero esconderme”, RTVE Play (2023)
Trátase dun vídeo podcast presentado pola icónica periodista deportiva Paloma del Río, que afonda na expe-
riencia de deportistas LGTBI no mundo do deporte.
A través de historias persoais, o programa analiza a evolución da cultura deportiva na loita contra a homofobia
cara a unha maior diversidade e inclusión e ofrece distintos exemplos de superación.
Esta produción orixinal de RTVE Play, composta por tres capítulos que analizan o fútbol, o olimpismo e o
deporte base, recibiu o recoñecemento honorífico “Iguais no deporte” que concede o Consello Superior de
Deportes, no marco do Día Internacional do Orgullo LGTBI+.
OCIO
OCIO & TELEVISION
TEATRO
As que limpan
2022–Galicia. Duración: 75 min. Xénero: tea-
tro comedia.
Compañía:
Compañía: A Panadaría
Creado e interpretado:
Creado e interpretado: Areta Bolado, Noelia
Castro e Ailén Kendelman.
Sinopse:
Sinopse: Un cartel pendurado no manubrio do
cuarto: “por favor, arranxe o cuarto”. Ao regre-
so da praia, as camas feitas, as toallas limpas e
o baño impoluto. Son as que limpan, as invisi-
bles que carretan ao lombo un sistema turístico
precarizador. As que limpan fala da loita orga-
nizada das camareiras de piso dos hoteis por
acadaren uns dereitos laborais e sociais xustos.
Fronte a elas, a avaricia voraz dos propietarios
das cadeas hoteleiras. Hai quen nunca limpou
un váter e hai quen limpa cincocentos ao mes.
P A S A T E M P O S
Ordena as seguintes letras para obter o nome de 5 tipos de
violencia dixital:
ERCABSINGHLI_ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _
LOTROE ED NEROXE_ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _
LIONACIVE ED OREXEN TALIDIX_ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _
_ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _
SONEXTROIS_ _ _ _ _ _ _ _ _ _
GINTEXS_ _ _ _ _ _ _
Se queres averiguar se acertaches e saber máis sobre estes
termos relacionados coa violencia dixital, visita o Insta-
gram do CexefUDC (Centro de Estudos de Xénero e Fe-
minismo da UDC). Preme aquí.
Un pai e o seu fillo conducían cando o
pai de súpeto perdeu o control do vehí-
culo e chocou contra un poste de teléfo-
no. O pai morreu ao instante, o seu fillo
resultou gravemente ferido e foi trasla-
dado rapidamente ao hospital onde pre-
sentaba feridas importantes que requiri-
ron unha intervención urxente. Chaman
a unha eminencia médica e cando chega
ao quirófano e ve o paciente di: "Non
podo operar a este neno: é o meu fillo!
Alba é unha atleta que adestra duro para con-
seguir a vitoria. Acaba de gañar unha medalla
de ouro no Mundial de atletismo e está no seu
mellor momento. Pero a súa carreira verase
truncada por unha acusación inesperada. Uns
meses antes dos xogos olímpicos a deportista é
apartada da competición oficial. Para Alba co-
rrer é respirar e nese momento o seu mundo
derrúbase. Acompañada pola súa inseparable
adestradora, atópase nunha encrucillada da que
intenta saír para cumprir o seu soño sen renun-
ciar ao seu verdadeiro ser.
Run baby run aborda a discriminación de xé-
nero no deporte. Unha reflexión sobre canto
se pode chegar a loitar sen traizoar os propios
principios.
de Fátima Delgado; 2023 (Editorial Galaxia)
de Fátima Delgado; 2023 (Editorial Galaxia)
Adiviña adiviñanza:
Adiviña adiviñanza:
LIBRO
Aquí tes a resposta.
MÚSICA
É a banda sonora que acompaña á publicación
Son de Fiar. Incorporación da perspectiva fe-
minista publicada este ano por Fiadeiras, grupo
de traballo sobre feminismos do CEESG. Trá-
tase dunha achega pedagóxica cunha clara
vontade didáctica. Un material que pode ser
empregado no traballo diario docente dos cen-
tros educativos, en formacións ocupacionais e
noutros espazos de intervención social.
Escoita aquí a playlist
Run, baby, run
Sábado 25 de novembro de 2023
CONVERSANDO CON “MOITO ORGULLO”
CON… PEDRO BOGO
O meu nome é Pedro Bogo e os meus pro-
nomes son masculinos. Son educador social
e psicopedagogo titulado pola UDC, e teño
un máster en dirección de centros de meno-
res. Traballei durante anos na intervención
social con menores e colectivos vulnerables
en distintos países de América Latina e en
Madrid, cidade da que me mudei no mes de
xaneiro para voltar á Coruña.
En Madrid exercín durante os últimos catro
anos en programas de intervención e for-
mación co colectivo LGTBIQ+, coordinan-
do un proxecto de inserción sociolaboral
de persoas trans e a área de formación e
investigación dunha fundación LGTBIQ+.
Tamén traballo en LinkedIn Learning facen-
do cursos de diversidade sexual e de xénero
na plataforma.
Actualmente estou traballando no CUFIE
(Centro de Formación e Innovación Educa-
tiva) e na ADI (Unidade de Atención á Di-
versidade) da UDC. En marzo deste ano co-
mecei a impulsar cxs compañeirxs o Servizo
de Atención á Comunidade Universitaria
LGTBIQ+ que ten como obxectivo dar unha
atención e acompañamento á comunidade
na UDC. Aquelas persoas que sofren algún
tipo de discriminación ou violencia, que
necesitan apoio na saída do armario ou no
proceso de transición, ou aqueloutras que
simplemente queren construír unha uni-
versidade máis equitativa e xusta, teñen un
recurso que empuxará cara unha verdadeira
inclusión da comunidade na institución.
Nel damos atención directa a toda a comu-
nidade universitaria, facemos campañas de
sensibilización e comunicación ou impár-
tense formacións en diversidade sexual e de
xénero.
O pasado mes de xuño lanzastes desde o
O pasado mes de xuño lanzastes desde o
CUFIE unha campaña baixo o título Moito
CUFIE unha campaña baixo o título Moito
Orgullo, como conmemoración da sema-
Orgullo, como conmemoración da sema-
na do orgullo LGTBIQ+ 2023. Cales son
na do orgullo LGTBIQ+ 2023. Cales son
as iniciativas ou proxectos previstos para os
as iniciativas ou proxectos previstos para os
próximos meses de curso?
próximos meses de curso?
Si. En maio lanzamos a campaña “ESMOR-
GA COLLECTION” cunha cartelaría que
pretendía visibilizar as realidades LGTBIQ+
e tamén o novo servizo.
Polo mes de xuño, mes do orgullo, lanza-
mos “Moito Orgullo” consistente en varios
vídeos nos que distintas persoas LGTBIQ+
vinculadas á UDC falan das súas experien-
cias e vivencias. Isto é especialmente im-
portante, visibilizar as nosas realidades para
que pouco a pouco se teñan en conta na
propia institución.
Actualmente temos en marcha varios
proxectos. Por unha banda, elaboráronse
guías de persoas trans para PDI, PTXAS e
estudantado con ferramentas e estratexias
para fomentar a inclusión do colectivo.
Xunto coa organización ALAS CORUÑA,
estamos a promover a realización de pro-
bas rápidas de VIH e VHC na UDC que está
funcionando moi ben. A idea é amplialas e
tamén facer formación e sensibilización so-
bre a temática. Reparemos en que as persoas
con VIH seguen a sufrir o estigma, e afecta
máis ao noso colectivo porque as prácticas
sexuais anais teñen mais riscos polo que
contar coa información adecuada é funda-
mental.
Así mesmo, estamos a mellorar, xunto coa
Oficina de Igualdade de Xénero, o protoco-
lo contra o acoso e as violencias achegando
e ampliando a perspectiva LGTBIQ+ para
protexer e previr as violencias LGTBIfóbi-
cas.
Como se aborda o ámbito da diversidade
Como se aborda o ámbito da diversidade
nos feminismos?
nos feminismos?
O movemento feminista e o movemento
LGTBIQ+ déronse a man sempre. Incluso
antes de que o noso colectivo nacese como
tal xa eran reivindicacións feministas a
igualdade e a inclusión das disidencias se-
xuais e de xénero. As mulleres LBT foron
parte importante do impulso de moitos de-
reitos e avances para as mulleres.
As mulleres do colectivo seguen a sufrir
maiores taxas de vulnerabilidade, exclusión
e invisibilidade, polo que neste sentido coi-
do que é fundamental abordar a diversidade
sexual e de xénero de maneira interseccio-
nal, tendo en conta que no propio colectivo
determinadas persoas sofren de maiores ni-
veis de exclusión, invisibilidade e vulnerabi-
lidade. E, entre elas, están as mulleres.
O movemento feminista é clave, xunto
LGTBIQ+, para levar a cabo as transforma-
cións sociais necesarias cara a unha socieda-
de máis equitativa.
Que aspectos consideras que son retos para
Que aspectos consideras que son retos para
traballar neste eido?
traballar neste eido?
Creo que un punto fundamental é unha
maior visibilidade e representatividade das
mulleres dentro do propio colectivo. As mu-
lleres LBT foron relegadas dentro da propia
comunidade. Dentro do colectivo tamén
existen conductas, dinámicas e comporta-
mentos machistas e patriarcais. Só hai que
observar como se construíron os espazos
LGTBIQ+, cuxos protagonistas foron os
homes gais.
Por outra banda, fomentar a educación en
diversidade sexual e de xénero é fundamen-
tal para seguir sensibilizando e achegando o
coñecemento sobre as súas realidades, espe-
cialmente as máis vulnerables.
Por comentar outro aspecto, é importante
sensibilizar e visibilizar sobre as realidades
das persoas trans, nomeadamente sobre as
mulleres e as persoas non binarias. Dáme
moita pena ver como parte do feminismo,
desde determinados postulados do xéne-
ro, cuestionan as realidades trans. Hai que
seguir facendo un gran traballo de sensi-
bilización e información, dado que moitas
persoas descoñecen completamente estas e
outras realidades do colectivo.
Como bo educador, seguro que tes algún
Como bo educador, seguro que tes algún
soño, tanto no plano máis persoal como no
soño, tanto no plano máis persoal como no
social/colectivo… Podes compartirnos algún
social/colectivo… Podes compartirnos algún
deles? Soños?
deles? Soños?
Moitos! Principalmente o meu obxectivo, e
creo que o de toda a comunidade, é con-
seguir nun futuro que as nosas realidades
e vivencias, así como as nosas necesidades
e características, formen parte de todos os
espazos sociais de maneira transversal sen
ningún tipo de discriminación e desigualda-
de. Que ningunha persoa sexa discriminada
ou excluída pola súa identidade, orientación
ou expresión de xénero.
Ese é o meu principal soño, mais, sen dúbi-
da, queda moito por facer…
Recursos:
Recursos:
Espacio Diverso do Concello da Coruña
Espacio Diverso do Concello da Coruña
Centro Cívico Ciudade Vella. Calle
Centro Cívico Ciudade Vella. Calle
Veeduría 2. 15001 A Coruña
Veeduría 2. 15001 A Coruña
981189889
981189889
espazodiverso@coruna.gal
espazodiverso@coruna.gal
Horario: de luns a vernes, de 10:00 a
Horario: de luns a vernes, de 10:00 a
13:30 e de 17:00 a 20:30
13:30 e de 17:00 a 20:30
Observatorio Coruñés contra a LGTBIfobia
Observatorio Coruñés contra a LGTBIfobia
ALAS Coruña. C/ Cardenal Cisneros
ALAS Coruña. C/ Cardenal Cisneros
68, bajo derecha.
68, bajo derecha.
(+34) 622 07 29 40
(+34) 622 07 29 40
denuncia@corunasenodio.org
denuncia@corunasenodio.org
Horario: luns, martes e xoves de
Horario: luns, martes e xoves de
09:30 a 13:30 ou cita previa
09:30 a 13:30 ou cita previa
Arquitectas premiadas. Análisis de las arquitectas premiadas en Galicia 1988-2021.
Arquitectas premiadas. Análisis de las arquitectas premiadas en Galicia 1988-2021.
Laura del Monte Rodríguez
Laura del Monte Rodríguez
2º premio TFG- Enxeñaría e Arquitectura do XI Concurso de Traballos Académi-
cos con Perspectiva e Xénero Ángeles Alvariño
Este traballo nace da desigualdade que existe tanto na carreira de Arquitectura
como na profesión. Nos últimos anos podemos observar un gran crecemento de
alumnas nas aulas, que mesmo chegan a ser maioría. Con todo, unha vez fóra da
escola, a profesión segue estando dominada por estudos de arquitectura liderados
por arquitectos. Esta fenda evidénciase aínda máis á hora de outorgar premios, onde as mulleres son a excepción
á norma.
Así, este traballo pretende pór en valor ás mulleres arquitectas premiadas dentro de Galicia no ámbito da arqui-
tectura a través da análise de tres premios de arquitectura: os premios COAG, os premios Gran de Area, e os
premios Juana de Veiga de intervencións na paisaxe.

More Related Content

Similar to Ti es quen crea o xogo, DESLIGATE. Paramos o xogo.

Igualdade de xénero. Materia de libre configuración autonómica [DOG nº 174 - ...
Igualdade de xénero. Materia de libre configuración autonómica [DOG nº 174 - ...Igualdade de xénero. Materia de libre configuración autonómica [DOG nº 174 - ...
Igualdade de xénero. Materia de libre configuración autonómica [DOG nº 174 - ...esthermatomendez
 
Teresa losada plan proxecta cooperación galega
Teresa losada plan proxecta cooperación galegaTeresa losada plan proxecta cooperación galega
Teresa losada plan proxecta cooperación galegamackerel100
 
xenero_bac_7abr.pdf
xenero_bac_7abr.pdfxenero_bac_7abr.pdf
xenero_bac_7abr.pdfEncarna Lago
 
"A escola tiña que ser o espazo para desmontar toda esa arquitectura da exclu...
"A escola tiña que ser o espazo para desmontar toda esa arquitectura da exclu..."A escola tiña que ser o espazo para desmontar toda esa arquitectura da exclu...
"A escola tiña que ser o espazo para desmontar toda esa arquitectura da exclu...Jurjo Torres Santomé
 
xenero_eso_7abr.pdf
xenero_eso_7abr.pdfxenero_eso_7abr.pdf
xenero_eso_7abr.pdfEncarna Lago
 
IV Congreso Xeneros, Museos Arte Educación Rede Museística
IV Congreso Xeneros, Museos Arte Educación Rede MuseísticaIV Congreso Xeneros, Museos Arte Educación Rede Museística
IV Congreso Xeneros, Museos Arte Educación Rede MuseísticaEncarna Lago
 
xenero_profesorado_7abr.pdf
xenero_profesorado_7abr.pdfxenero_profesorado_7abr.pdf
xenero_profesorado_7abr.pdfEncarna Lago
 
PROPOSTAS DIDÁCTICAS PARA A AULA
PROPOSTAS DIDÁCTICAS PARA A AULAPROPOSTAS DIDÁCTICAS PARA A AULA
PROPOSTAS DIDÁCTICAS PARA A AULAREME BUDIÑO
 
Revista Rañolas Nº 12 - Mayo 2016 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 12 - Mayo 2016 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 12 - Mayo 2016 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 12 - Mayo 2016 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista_Ranholas
 
Ava cpi virxe da cela 2019_
Ava cpi virxe da cela 2019_Ava cpi virxe da cela 2019_
Ava cpi virxe da cela 2019_satelite1
 
Tema 2. Detección, sensibilización e respostas contra o machismo
Tema 2. Detección, sensibilización e respostas contra o machismoTema 2. Detección, sensibilización e respostas contra o machismo
Tema 2. Detección, sensibilización e respostas contra o machismomarcendon
 

Similar to Ti es quen crea o xogo, DESLIGATE. Paramos o xogo. (20)

Igualdade de xénero. Materia de libre configuración autonómica [DOG nº 174 - ...
Igualdade de xénero. Materia de libre configuración autonómica [DOG nº 174 - ...Igualdade de xénero. Materia de libre configuración autonómica [DOG nº 174 - ...
Igualdade de xénero. Materia de libre configuración autonómica [DOG nº 174 - ...
 
Guía de coeducación gallego
Guía de coeducación gallegoGuía de coeducación gallego
Guía de coeducación gallego
 
Igualdade de xénero entre xóvenes
Igualdade de xénero entre xóvenesIgualdade de xénero entre xóvenes
Igualdade de xénero entre xóvenes
 
Teresa losada plan proxecta cooperación galega
Teresa losada plan proxecta cooperación galegaTeresa losada plan proxecta cooperación galega
Teresa losada plan proxecta cooperación galega
 
xenero_bac_7abr.pdf
xenero_bac_7abr.pdfxenero_bac_7abr.pdf
xenero_bac_7abr.pdf
 
"A escola tiña que ser o espazo para desmontar toda esa arquitectura da exclu...
"A escola tiña que ser o espazo para desmontar toda esa arquitectura da exclu..."A escola tiña que ser o espazo para desmontar toda esa arquitectura da exclu...
"A escola tiña que ser o espazo para desmontar toda esa arquitectura da exclu...
 
xenero_eso_7abr.pdf
xenero_eso_7abr.pdfxenero_eso_7abr.pdf
xenero_eso_7abr.pdf
 
IV Congreso Xeneros, Museos Arte Educación Rede Museística
IV Congreso Xeneros, Museos Arte Educación Rede MuseísticaIV Congreso Xeneros, Museos Arte Educación Rede Museística
IV Congreso Xeneros, Museos Arte Educación Rede Museística
 
Presentacion xenero e feminismo
Presentacion xenero e feminismoPresentacion xenero e feminismo
Presentacion xenero e feminismo
 
xenero_profesorado_7abr.pdf
xenero_profesorado_7abr.pdfxenero_profesorado_7abr.pdf
xenero_profesorado_7abr.pdf
 
Comité unesco
Comité unescoComité unesco
Comité unesco
 
IRENA SENDLER
IRENA SENDLERIRENA SENDLER
IRENA SENDLER
 
Muller
MullerMuller
Muller
 
PROPOSTAS DIDÁCTICAS PARA A AULA
PROPOSTAS DIDÁCTICAS PARA A AULAPROPOSTAS DIDÁCTICAS PARA A AULA
PROPOSTAS DIDÁCTICAS PARA A AULA
 
Revista Rañolas Nº 12 - Mayo 2016 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 12 - Mayo 2016 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 12 - Mayo 2016 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 12 - Mayo 2016 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
 
DeslígateIII.pdf
DeslígateIII.pdfDeslígateIII.pdf
DeslígateIII.pdf
 
Ava cpi virxe da cela 2019_
Ava cpi virxe da cela 2019_Ava cpi virxe da cela 2019_
Ava cpi virxe da cela 2019_
 
Tema 2. Detección, sensibilización e respostas contra o machismo
Tema 2. Detección, sensibilización e respostas contra o machismoTema 2. Detección, sensibilización e respostas contra o machismo
Tema 2. Detección, sensibilización e respostas contra o machismo
 
Lajartiño13
Lajartiño13Lajartiño13
Lajartiño13
 
Equidade de xénero 3º eso
Equidade de xénero 3º esoEquidade de xénero 3º eso
Equidade de xénero 3º eso
 

Ti es quen crea o xogo, DESLIGATE. Paramos o xogo.

  • 1. ESTE É UN PROXECTO DE Oficina para a Igualdade de Xénero Vicerreitoria de Igualdade Cultura e Deporte PARAMOS O XOGO TI ES QUEN CREA O XOGO, TI ES QUEN CREA O XOGO, SÁBADO 25 DE NOVEMBRO DE 2023 WWW.UDC.ES GRATUÍTO PEDRO BOGO PEDRO BOGO SERVIZO DE ATENCIÓN Á COMUNIDADE UNIVERSITARIA LGTBIQ+ PÁX. 10 CONTRAPORTADA LUCÍA RAMOS GARCÍA DEPARTAMENTO DE CIENCIAS DA COMPUTACIÓN E TECNOLOXÍA DA INFORMACIÓN PÁX. 4 JUANJO LORENZO JUANJO LORENZO PROFESOR AXUDANTE DOUTOR NO DEPARTAMENTO DE DIDÁCTICA E ORGANIZACIÓN ESCOLAR
  • 2. 2 DESligaTE Sábado 25 de novembro de 2023 NAS AULAS PÍLULAS EN IGUALDADE, “SEGUE FACENDO FALTA REFLEXIONAR E EDUCAR SOBRE A VIOLENCIA DE XÉNERO” O alumnado da Escola Politécnica Superior O alumnado da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus de Ferrol acaba de de Enxeñaría do Campus de Ferrol acaba de recibir un obradoiro baixo o título recibir un obradoiro baixo o título Pílulas Pílulas formativas en igualdade de xénero. formativas en igualdade de xénero. Esta iniciativa parte da Oficina de Igualdade de Xénero da UDC e está apoiada por Al- mudena Filgueira Vizoso, profesora doutora en Enxeñaría Industrial e representante de igualdade dentro da Facultade. É xa o terceiro ano que se leva a cabo esta iniciativa formativa en igualdade e o certo é que, unha vez realizada, as valoracións son moi positivas. Falamos con Raquel Veiga, educadora social da cooperativa AtalaiAS e encargada desta actividade. Como recibe o alumnado este tipo de for- Como recibe o alumnado este tipo de for- mación? mación? Pois a verdade é que nun primeiro momen- to ves o alumnado un pouco expectante e incluso nalgún caso algo “resignado” a falar deste tema. Ás veces comentan que lles re- sulta repetitivo ou incómodo de falar, pero despois, unha vez que van recibindo a for- mación, trátano sen dificultade e sérvelles para reflexionar moitas cousas. Intuímos un pouco o contido da formación, Intuímos un pouco o contido da formación, pero pódesnos detallar algo máis polo miú- pero pódesnos detallar algo máis polo miú- do en que consiste? do en que consiste? Trátase de valorar un pouco que coñece- mentos teñen sobre o tema da (des)igual- dade de xénero, contextualizalo e aclarar algúns conceptos; analizar tamén que pasa e por que pasa, aprender a identificar os ma- chismos cotiáns (revisando as vivencias e realidades en diferentes ámbitos) e reflexio- nar sobre como nos afectan a cada un/unha de nós estas situacións; que podo facer eu no meu día a día, como actuar ante o mal- trato ou diferentes tipos de desigualdades e violencias; e, por último, tratar de fomentar o “botrato” para favorecer relacións máis saudables e igualitarias. Despois destes tres anos impartindo esta Despois destes tres anos impartindo esta formación, cal pensas que é o balance? formación, cal pensas que é o balance? Pois considero que o balance é bastante positivo. Trátase dunha acción formativa, que forma parte do currículo dos estudos, e segue a ser moi necesario impartila. A través destas sesións o alumnado contex- tualiza mellor o tema, aclara conceptos, que ás veces descoñece a pesar de os escoita- ren frecuentemente nos medios ou no seu día a día, e, sobre todo, agradece moito a oportunidade de expresarse, opinar e pre- guntar dúbidas ou curiosidades. Para min é moi gratificante ver que ao final o alumnado valora na maioría dos casos moi positiva- mente esta formación, e asegura que lle re- sulta interesante compartir opinións sobre o tema, coñecer a opinión de compañeiros/ as e aprender a reflexionar sobre certos comportamentos e actitudes machistas, así como identificar e saber como actuar en de- terminadas situacións. Tamén falamos co alumnado para saber que opinan sobre estas pílulas formativas e al- gunhas das respostas foron estas: Xornada Universitaria Galega en Xénero Xornada Universitaria Galega en Xénero En xuño deste 2023 tivo lugar unha nova edición do Xugex baixo o título as epistemo- loxías feministas en acción. Concretamente nesta oitava edición centrouse en reflexionar sobre a orixe e evolución da orde patriarcal e o seu impacto na andamiaxe cultural, institucional e cognitiva da nosa sociedade e das nosas universidades. Nestas xornadas pretendeuse reflexionar, desde unha mirada crítica feminista, sobre o actual contexto multicrise (guerra en Europa, crise ambiental, feminización global da pobreza, crise financeira etc.) e o impacto que está a xerar na violencia de xénero e machista, na ciencia e na academia e tamén nos contidos docentes universitarios. Podedes ler máis sobre os contidos no libro de actas. libro de actas. Persoalmente vexo importante este tipo de charlas informativas porque penso que a maior parte de tíos (nos que me inclúo) non lle damos esa impor- tancia; pensamos que son temas menores, cando en realidade non o son vendo o que se fala nas charlas. Sesións moi interesantes; segue fa- cendo falta reflexionar e educar so- bre a violencia de xénero. Fan reflexionar e ver as cousas doutra forma; unha profesora moi amable e atenta e o contido moi interesante. Son moi necesarias para fomen- tar un pensamento crítico. Sorprendéronme para ben, xa que tiña experiencias malas doutras char- las e servíronme para darme conta dalgunhas cousas. Unhas charlas interesantes e bastante dinámicas, nas que se abarcan diversos temas sobre a violencia de xénero.
  • 3. DESligaTE 3 Sábado 25 de novembro de 2023 Máis aló do coidado: historias de vida de mulleres traballadoras no sector do emprego Máis aló do coidado: historias de vida de mulleres traballadoras no sector do emprego do fogar. do fogar. Paula Tajuelo López 1.º premio TFM do XI Concurso de Traballos Académicos con Perspectiva e Xénero Ángeles Alvariño O traballo céntrase no estudo do sector do emprego do fogar baixo unha mirada femi- nista. Así, os datos vencellados ao sector mostran a súa clara feminización o que levou á autora a formularse o obxectivo de coñecer e visibilizar de primeira man as experiencias das mulleres, neste caso traballadoras do sector do emprego do fogar. Así, a través dunha metodoloxía cualitativa que buscaba promover a participación activa das propias mulleres, recolleu os seus testemuños e tamén a análise que elas fan sobra as súas propias experiencias vitais. O traballo tivo en conta tamén a perspectiva decolonial e interseccional, garantindo o recoñecemento das diversas realidades que atravesan ás mulleres. NO CAMPUS A COMUNIDADE UNIVERSITARIA CONTRA A GUERRA O mércores 25 de outubro de 2023 o Grupo de Igualdade da Facultade de Ciencias da Educación leu un comunicado e mantivo un minuto de silencio pola salvagarda da po- boación civil e pola paz e a xustiza en Palestina. O duro e dilatado estado de asedio que sofre o pobo palestino a mans do exército israe- lí tornouse máis cruento despois do bom- bardeo realizado por Hamás o pasado día 7 de outubro sobre unha zona das terras palestinas ocupadas por colonos israelís, o cal causou polo menos 1300 mortes e 2900 persoas feridas. Hamás tamén tomou máis de 100 reféns israelís. Condenamos este cri- me de guerra e lamentamos profundamente a tráxica perda de tantas vidas de poboación civil e todo o sufrimento das vítimas super- viventes. Ao mesmo tempo, entendemos que o ata- que de Hamás non sae da nada. Segundo numerosos/as analistas de ascendencia pa- lestina e xudía, constitúe un contra-ataque dentro dunha incesante ofensiva israelí que se remonta a oito décadas atrás, cunha cre- cente e desapiadada campaña de “limpeza étnica” executada mediante duros e nume- rosos ataques de artillaría e con diversas formas de ocupación, represión, marxina- ción, exclusión, apartheid e debilitación da poboación civil palestina. Noutras palabras: trátase dunha opresiva política de perse- cución xenófoba exercida a “lume lento” e constante que ten todos os trazos dun xe- nocidio gradual, e que tornou a Franxa de Gaza nunha auténtica prisión sen teito. Unha vez máis, a resposta do Goberno israelí, dunha violencia descomunal, déixa- nos sen palabras, porque, de novo, se ceba nas persoas máis febles: crianzas, mulleres, persoas feridas, persoas maiores están sen- do asasinadas con ataques intencionados do exército a fogares, a escolas, a hospitais, a ambulancias, impedindo o acceso a auga, a alimentos, cortando a axuda humanitaria, e forzando o desprazamento cara ao sur da Franxa de Gaza de máis dun millón de civís do norte, entre outras estratexias crueis e inhumanas. Os números de persoas faleci- das son dunha enormidade arrepiante (o Ministerio de Saúde de Palestina informa que morreron máis de 4.385 persoas en Gaza por mor dos ataques israelís, das cales 1.756 foron crianzas, así como 13.561 per- soas feridas, moitas de extrema gravidade). As imaxes das bolsas de plástico cubrindo cadáveres de bebes, de nenos e nenas pare- cen sacadas dunha serie distópica. Pero son dolorosamente reais e volven amosar o mes- mo que xa sabemos dende que as guerras se transformaron en tácticas de exterminio da poboación civil: as mulleres, a xuventude e as crianzas e os profesionais dos coidados na medicina, na educación, nos servicios so- ciais somos os obxectivos para destruír. Por- que son homes maiormente os que toman as decisións sobre a violencia e tamén homes principalmente as que a exercen. E fano para acabar coas redes de coidados, para fe- rir de morte a propia vida no seu senso máis profundo. A vida está a aniquilarse de xeito tan sistemático e indiscriminado que non podemos máis que pensar nun xenocidio da poboación civil palestina. Esta devastadora agresión contra as 2,4 millóns de persoas palestinas de gazatís non só crea unha ca- tástrofe humanitaria, implica crimes de guerra que atentan contra os convenios de Xenebra, e incluso é cualificada como crime contra a humanidade. Ante este grave presente e pasado de ase- dio en Gaza, a maioría dos medios de co- municación internacionais prefiren dar voz ao goberno de Israel, prefiren representar o asedio israelí como se se tratase dunha guerra. Mais non é unha guerra: é unha in- vasión e un exterminio. A guerra só ocorre entre potencias máis ou menos igualmen- te capacitadas para loitar. É unha agresión unilateral contra un pobo profundamente debilitado que tenta protexer o que resta da súa terra, cada vez máis fragmentada e colo- nizada. Isto non significa facer apoloxía dos recentes ataques mortais de Hamás. Implica revelar e denunciar non só a súa violencia senón, e en especial, a que practica o Estado de Israel desde hai máis de 70 anos. O si- lencio da maioría dos gobernos do mundo, e mesmo o apoio (no caso de Francia, Ale- maña, Estados Unidos e da Unión Europea) á continuada destrución israelí de Gaza só conduce á impunidade de Israel ante a súa actuación ilegal e multiplica á escalada da violencia. Desde a consideración da educación como unha ferramenta para desvelar as inxustizas, para comprender as súas causas e para construír un mundo baseado na paz, na non-violencia, e na xustiza global non podemos permanecer indiferentes ante estas situacións de violencia extrema e xenocidio. Se tomamos como referencia as análises e recomendacións de quen leva anos explo- rando as posíbeis saídas diplomáticas desta continua crise, é moito o que podemos fa- cer para contribuír a un proceso de paz na rexión. Por todo isto chamamos a: · · Informarnos sobre a historia e a situa- ción actual de Palestina e de Israel —unha fonte excelente para comezar vén precisa- mente dunha ex-estudante da nosa faculta- de: Lorena Boga García, cuxo traballo de fin de grao “Do holocausto xudeu ao holocaus- to palestino: programa de sensibilización ao estudantado da Universidade da Coruña” (2016) gañou premios e atópase no RUC da UDC—. · · Deixar o silencio atrás e denunciar as atrocidades cometidas polo Estado de Israel contra o pobo palestino, asinando peticións, participando en concentracións, manifes- tacións, debates, protestas, folgas, move- mentos e organizacións dedicados á paz na rexión; escribindo textos e compartindo informacións nas redes sociais; escribindo cartas, peticións, comunicados e artigos di- rixidos ás comunidades educativas, aos edi- tores/as e aos nosos/as representantes polí- ticos/as para esixir a fin dos apoios oficiais ao goberno israelí. · · Condenar calquera acto de violencia contra a poboación civil xa sexa israelí ou palestina. · · E, finalmente, incúmbenos reforzar e in- tegrar os principios e as estratexias da paz e da xustiza a través da nosa praxe educativa e investigadora a todos os niveis e en todos os ámbitos.
  • 4. 4 DESligaTE Sábado 25 de novembro de 2023 NA MASCULINIDADE “Empregar unha linguaxe inclusiva é unha cuestión de riqueza lingüística e a pegada que podemos deixar no alumnado no que respecta á sensibilización é importante”. Cóntanos, quen es e que fas? Cóntanos, quen es e que fas? Son Juanjo Lorenzo Castiñeiras, profe- sor axudante doutor no Departamento de Pedagoxía e Didáctica da Facultade de Ciencias da Educación da UDC. Comecei como profesor asociado e levo traballado en entidades diversas sen ánimo de lucro. Actualmente comparto aulas en Educación Primaria, Educación Social, Logopedia e no Mestrado de Profesorado, e as miñas áreas de traballo xiran sobre temas diversos como a inclusión educativa e social; as masculini- dades disidentes; o currículo e os materiais curriculares; a innovación educativa; ou o desenvolvemento rural. Todo desde unha ollada das pedagoxías feministas. Tamén formo parte do Grupo de Igualdade da de- vandita facultade. Cal é túa percepción sobre as desigualdades Cal é túa percepción sobre as desigualdades de xénero no ámbito universitario? de xénero no ámbito universitario? É evidente que se seguen mantendo os padróns a nivel de vocación profesional. Hai carreiras que continúan estando femi- nizadas e outras masculinizadas seguindo os roles de xénero que vemos na sociedade. Dentro das aulas nos graos de Educación Primaria ou Educación Social hai unha im- portante maioría de rapazas e no Mestrado de Profesorado vese moi ben en canto aos itinerarios formativos. Por exemplo, os de linguas están máis feminizados mentres que nos de ciencias experimentais ou educación física predominan os homes. Centrándome no profesorado, a miña percepción é que queda moito por facer. Na nosa facultade (máis aínda no conxunto da UDC), por exemplo, son moitas as guías docentes que non empregan unha linguaxe inclusiva ou materias nas que non se visibi- lizan achegas relevantes feitas por mulleres (tanto nos contidos como na bibliografía), e o mesmo sucede coa docencia. Son cousas básicas que aínda non están acadadas, malia que aparentemente todo o mundo está de acordo coa igualdade entre mulleres e ho- mes, a miña percepción é que hai menos compromiso do que puidera parecer. Sei que os tempos e a burocracia non axudan, co exemplo citado, a revisar as guías docen- tes, pero é importante para sentar as ba- ses dunha axeitada praxe profesional neste campo. Por outra banda, creo que empregar unha linguaxe inclusiva é unha cuestión de riqueza lingüística e a pegada que podemos deixar no alumnado no que respecta á sen- sibilización é importante. Cal é a principal visión da masculinidade Cal é a principal visión da masculinidade no ambiente universitario? Notas compor- no ambiente universitario? Notas compor- tamentos que indiquen que algo está cam- tamentos que indiquen que algo está cam- biando, é dicir, que a masculinidade hexe- biando, é dicir, que a masculinidade hexe- mónica xa non é a normal? mónica xa non é a normal? Nas rapazas si percibo unha importante toma de conciencia e madurez verbo de facerse respectar. No caso dos rapaces de- pende dos contextos. É certo que en graos como Educación Social si percibo maior sensibilidade nos mozos, certos cambios canto a comportamentos e actitudes; tamén é certo que seguen sendo minoría mesmo en contextos onde o feminismo está máis presente na vida universitaria. Na miña opinión un argumento intere- sante para sensibilizar os homes, recollendo unha reflexión de Michael Kaufman, ten que ver coa tríade da violencia masculina, incidindo nas tres dimensións da violencia que exercemos os homes: unha primeira di- mensión cara ás mulleres e cara á infancia e a adolescencia; a segunda dimensión se- ría cara a outros homes que consideramos inferiores (con frecuencia aqueles que non encaixan nos estereotipos da masculinidade hexemónica); e a última dimensión sería a violencia que exercemos cara a nós mesmos. Pois ben, é interesante ver como esta últi- ma dimensión está pouco tratada, malia ser unha das claves para tomar consciencia da necesidade de mudarmos comportamentos e actitudes. Coidar e coidarnos, superando a constante represión emocional á que nos vencella unha masculinidade tóxica, que non permite amosar as nosas vulnerabilida- des, polo que cargamos con elas e tamén coa frustración que acumulamos neste proceso. Notamos moita resistencia na maioría das Notamos moita resistencia na maioría das masculinidades de falar de igualdade, femi- masculinidades de falar de igualdade, femi- nismo ou incluso na participación de espa- nismo ou incluso na participación de espa- zos propios. Que se podería facer para crear zos propios. Que se podería facer para crear outro clima? outro clima? Certo, eu mesmo traballei e participei en diferentes grupos de homes e a ningún con- seguimos darlle continuidade. Segue cus- tando moito que os homes participemos en grupos para falar de igualdade ou de como nos sentimos, algo que acontece tamén en contextos informais onde son outros os temas frecuentes de conversa. A nivel aca- démico a liña de traballo ao redor das mas- culinidades, malia acadar certa significación puntual, tampouco é das máis abondosas. Nese senso, e por rematar cunha propos- ta, sería interesante que contextos como a UDC fosen tamén un espazo para o debate sobre esas cuestións con grupos formais e informais, de homes ou mixtos, con profe- sorado e alumnado. Cabe nese senso facer autocrítica, xa que os homes que estamos sensibilizados con este tema non somos ca- paces de darlle o impulso que merece. Falamos con Juanjo Lorenzo Castiñeiras Lexislar e xulgar dende a perspectiva de xénero: especial referencia ao Lexislar e xulgar dende a perspectiva de xénero: especial referencia ao ámbito do dereito penal e aos delitos sexuais. Teresa Búa Zache ámbito do dereito penal e aos delitos sexuais. Teresa Búa Zache 2.º premio TFM do XI Concurso de Traballos Académicos con Perspec- tiva e Xénero Ángeles Alvariño Este traballo xorde coa intención de abordar un estudo sobre a perspec- tiva de xénero e a súa utilización no ámbito do dereito, especialmente no ámbito dos delitos sexuais. A autora realiza un percorrido polo sig- nificado da perspectiva de xénero, pola necesidade da súa aplicación, así como o papel dos estereotipos e a vitimización secundaria que sufri- ron e sofren as mulleres ao longo da historia até a actualidade. Tamén aborda cuestións propias do campo do dereito como a posibilidade de lexislar con perspectiva de xénero. Así, profunda sobre a necesidade de xulgar desde esta perspectiva, deixando claro que non é unha opción senón unha das ferramentas máis importantes para loitar contra as desigualdades imperantes nunha sociedade que veu sendo dominada por homes desde principios dos tempos.
  • 5. Mujeres en la prensa: análisis de sexismo de noticias sobre maltrato. Mujeres en la prensa: análisis de sexismo de noticias sobre maltrato. Patricia López Bellas Patricia López Bellas 1.º premio TFG- Artes e Humanidades do XI Concurso de Traballos Académicos con Perspectiva e Xénero Ángeles Alvariño Este traballo pretende demostr ar que a linguaxe sexista e discriminatoria segue existindo, non só na nosa contorna próxima senón tamén nos medios, co grave prexuízo que isto implica. A autora constatou a existencia de noticias publicadas nos medios que fomentan unha imaxe distorsionada da realidade sobre a violencia machista. Así, atopáronse comentarios que discriminan ás vítimas ou que minimizan a culpabilidade do agresor, sobre todo no relato dos feitos sobre actos de violencia. DESligaTE 5 Sábado 25 de novembro de 2023 DE ACTUALIDADE Notas que hai moita demanda de denuncias Notas que hai moita demanda de denuncias ou segue sendo algo que non se visibiliza? ou segue sendo algo que non se visibiliza?    Si, nalgúns casos si notamos que hai moi- ta demanda de denuncias, especialmente en cuestións como a discriminación, abusos e violencia. Pero aínda hai moitos incidentes que non se denuncian por diversos moti- vos; pode ser porque o comportamento está normalizado ou crese que non é o suficien- te grave.A visibilidade das denuncias está a mellorar, mais aínda existe unha necesidade de concienciar as persoas sobre a importan- cia de denunciar e de destacar a utilidade dunha institución independente para esta finalidade. As denuncias son esenciais para recoller datos e comprender a extensión dos problemas, polo que é fundamental seguir traballando na súa visibilización: máis info máis info aquí aquí Podemos dicir que es unha pioneira en te- Podemos dicir que es unha pioneira en te- mas de xénero e fútbol. No ano 2021 fixe- mas de xénero e fútbol. No ano 2021 fixe- ches o Plan Piloto 8M2021: Elas+fútbol, un ches o Plan Piloto 8M2021: Elas+fútbol, un estudo elaborado en colaboración coa Uni- estudo elaborado en colaboración coa Uni- versidade da Coruña (UDC) e o Deportivo versidade da Coruña (UDC) e o Deportivo da Coruña. En que consistía exactamente da Coruña. En que consistía exactamente o estudo?    o estudo?    Non me considero pioneira, senón alguén que transmite valores e coñecemento rela- cionados co xénero e o fútbol dende a miña experiencia persoal nada e criada en Ingla- terra. O estudo 8M2021: Elas+Fútbol foi un proxecto colaborativo canda a Univer- sidade da Coruña (UDC), cuxo obxectivo principal foi visibilizar a situación das mu- lleres no ámbito do fútbol. Este estudo non se centrou só nas xogadoras, senón tamén en profesionais que desempeñan diferentes roles no mundo do fútbol, como fisiotera- peutas, psicólogas, xornalistas deportivas, adestradoras, directivas, axentes, tradutoras, formadoras etc.O seu obxectivo principal era cuantificar as experiencias destas mu- lleres no seu traballo relacionado co fútbol, co fin de identificar os problemas existentes e traballar en accións, campañas, talleres e xornadas para mellorar a súa situación nos próximos catro anos. Deste xeito, o estudo proporciona datos sólidos que poden ser- vir como punto de partida para impulsar a igualdade de xénero no mundo do fútbol e acadar mellores condicións para todas as mulleres que desempeñan un papel neste deporte.   Daquel estudo unhas das conclusións foran Daquel estudo unhas das conclusións foran que máis do 80 % das consultadas dicía ter que máis do 80 % das consultadas dicía ter sufrido ou presenciado machismo no seu sufrido ou presenciado machismo no seu posto de traballo e o 15% afirmaba ter pre- posto de traballo e o 15% afirmaba ter pre- senciado acoso sexual. Logo de dous anos senciado acoso sexual. Logo de dous anos como segues vendo a situación? como segues vendo a situación?    Dous anos despois da publicación do estudo aínda vexo que a situación pode seguir sen- do un desafío. As cifras do estudo, que indi- can que máis do 80 % das mulleres consul- tadas sufriu ou presenciou machismo no seu posto de traballo, e o 15% presenciou acoso sexual, eran e son moi preocupantes. É posi- ble que despois dos incidentes relacionados coa selección española de fútbol, estas cifras incluso aumenten. O estudo foi un primei- ro paso para visibilizar a situación, pero é posible que moitas mulleres podían sentir medo ás posibles represalias, a pesar de que o estudo fose anónimo. O caso da selección pode que faga que máis mulleres falen e denuncien, cando anteriormente se sentían soas e seguramente sen estar apoiadas.     Cal é a túa opinión xeral sobre o “caso Ru- Cal é a túa opinión xeral sobre o “caso Ru- biales”? biales”? O caso da selección española abriu os ollos de moitas persoas e provocou un debate necesario sobre a discriminación de xénero no fútbol e en moitos outros ámbitos. Hai que ter conversas incómodas para abordar a problemática. É crucial que se siga tra- ballando en campañas de concienciación, programas de formación e accións para me- llorar a igualdade de xénero no mundo do deporte, así como para crear un ambiente de traballo máis seguro e inclusivo para todas as mulleres que desempeñan un papel nes- te ámbito. O rol dos medios é crucial. Non se trata de facer carne ou de ter que estar expoñendo algo morboso - hai que tratar as cuestións máis importantes e comezar a visibilizar as barreiras. Por exemplo, se a ciencia médica androcéntrica, de verdade pensamos que a ciencia deportiva é inclu- siva? Para acadar un verdadeiro progreso ACABOU! “Hai que ter conversas incómodas para abordar a problemática” BIBIANA SANTISO BIBIANA SANTISO, presidenta e fundadora da aso- ciación A terra, o balón mais elas, falou con nós sobre un tema de moita actualidade: o machismo no fútbol profesional. Esta asociación galega ten como obxectivo visibilizar e darlle voz á muller no mundo do fútbol, fútbol sala e fútbol gaélico. na igualdade de xénero no deporte, nece- sitamos un compromiso continuo de todas as partes, incluídos deportistas, dirixentes, medios de comunicación e o público en xe- ral. A sensibilización sobre estas cuestións é fundamental para avanzar cara a unha maior igualdade e inclusión en todos os ám- bitos do deporte.   Cres que é posible cambiar as estruturas da Cres que é posible cambiar as estruturas da Federación, Liga? Que se precisa? Federación, Liga? Que se precisa?   Cambiar as estruturas da Federación e da Liga é un desafío importante, pero non imposible. Para que isto ocorra requírese unha combinación de factores, incluídos un cambio cultural e unha reforma legal. A cultura clientelar e a corrupción son pro- blemas profundos na sociedade que tamén afectan ao mundo do fútbol e cambiar isto pode levar tempo. A reforma prevista para a Federación Española en 2024 é un paso na dirección correcta, pero, como mencio- nei, non está claro se será suficiente para erradicar os problemas existentes. É nece- saria unha limpeza a fondo nas institucións e tamén un cambio na lei do deporte para garantir unha xestión máis transparente e democrática.    Ademais, a formación en igualdade e equi- dade é crucial tanto para os deportistas como para os dirixentes. Cada persoa ten necesidades e desafíos únicos, polo que non se pode aplicar un mesmo modelo a todos. No caso do fútbol feminino é importante non copiar simplemente o modelo masculi- no, senón crear unha estrutura sustentable e inclusiva que promova o desenvolvemento e o crecemento desta modalidade.    En resumo, o cambio nas estruturas do fút- bol require unha combinación de reformas legais, limpeza institucional, formación en igualdade e un enfoque sostible e inclusivo para o fútbol feminino. Aínda que sexa un proceso desafiante, é posible se hai un com- promiso real e continuo para acadar unha maior igualdade e xustiza no deporte.
  • 6. 6 DESligaTE Sábado 25 de novembro de 2023 NOS MUROS Cando elas toman os muros é unha publi- cación liderada por 7H Cooperativa Cultu- ral e editada pola Universidade da Coruña. Este libro revisa e pon en valor a traxecto- ria de 10 mulleres artistas urbanas. Falamos con Clara Rodríguez Cordeiro, socia fundadora de 7H Cooperativa Cul- tura, que é un proxecto de economía social centrado nas persoas e na comunidade. Cales son as raíces da publicación de Can- Cales son as raíces da publicación de Can- do elas toman os muros? do elas toman os muros? As raíces da publicación fían moito coas orixes de 7h Cooperativa Cultural, e tamén á inversa, todo está moi relaciona- do. A cooperativa nace en 2015 do con- vencemento de que a arte contemporánea e a capacidade artística é algo de todas as persoas. De feito, isto está recollido na pro- pia Constitución onde se fai referencia ao acceso á cultura, pero tamén ao dereito a participación na cultura. Así, nacemos coa vontade de encher este oco que sentimos que o resto das institucións non cobren. En 2016 convídannos a participar na Feira de Arte Cuarto Público xunto con outras asociacións que traballaban na arte. Unha delas, que estaba centrada na arte urbana, presentou o seu proxecto onde soamente había homes. Nós preguntamos: e onde es- tán as mulleres? E eles responderon que non había e que as poucas que había non che- gaban aos estándares de calidade para estar na asociación. Sentimos moita frustración e tratamos de convertela nun proxecto creativo. Así naceu Elas Tamén Pintan. En 2016 comezamos a investigar a situación do sector en Galicia e a nivel internacional. Concretamente, cales eran as barreiras e os obstáculos que se atopaban as mulleres neste ámbito. Así, a finais dese mesmo ano presentamos a idea de Elas Tamén Pintan aos orzamentos participativos do Concello de Santiago de Compostela, e foi escollido dous anos. Este programa tiña tres patas: investigar a traxectoria e as dificultades das mulleres que queren ocupar o espazo público e crear un espazo creativo para ocupar a rúa dende os feminismos. Despois de dous anos os orzamentos participativos de Compostela deixaron de convocarse e este programa reconverteuse nunha liña de obradoiros máis pequenos que chamamos Elas Muralistas. Cando comezamos a investigar repa- ramos que non había practicamente nada publicado. A maneira de ir indagando foi basicamente ir falando con unhas e outras artistas. Tamén descubrimos que en Amé- rica Latina se estaban a facer máis cousas, había un par de festivais para reivindicar o papel das mulleres como creadoras na rúa. Deste xeito reparamos en que era necesario non soamente investigar e crear coa moci- dade, senón tamén visibilizar estes referen- tes que existían a nivel global. Así naceu o Delas Fest, un festival que ofrece un marco de traballo digno para que as mulleres poi- dan ocupar e transformar o espazo da rúa. En 2021 levamos o obradoiro de Elas Mu- ralistas na Universidade da Coruña. Cando desenvolvemos esta formación na UDC, foi a vicerreitora Cristina López Villar quen quedou sorprendida coa investigación que xa levabamos feita e quen nos animou a publicar o libro. Como foi o proceso de investigación para Como foi o proceso de investigación para confeccionar esta obra? confeccionar esta obra? Foi un proceso lento e moi entretido que durou arredor de dous anos. Como se adoita dicir, un traballo de “formiguiñas”. Fixemos unha investigación moi comunita- ria, facendo rede, coñecendo xente de aquí e de fóra que nos contaba cousas. Durante este tempo atopamos algunha que outra investigación sobre este tema: un capítulo dunha tese dunha investigadora estadouni- dense no que se aborda exclusivamente a situación da muller no graffiti; un docu- mental titulado Girl Power da grafiteira checa “Sany”; outro documental, de Alejan- dra Henry, que analiza o papel da muller na arte urbana en toda América ou o libro dun investigador valenciano Diego López Street Art firmado por mujeres. Decatámo- nos de que había máis xente en paralelo que estaba a facer a mesma investigación que nós, iso é gratificante. Pensamos que o graffiti de mulleres é algo recente, pero vós atopastes mulleres que xa estaban na rúa hai décadas. Que nos contades sobre elas? Por exemplo, Lady Pink de EEUU. Se lle preguntas a calquera dirache que ela foi a primeira graffiteira do mundo, e é mentira, pois antes que ela había moitas mulleres fa- cendo graffitis. Foi, se acaso, a primeira que pintou trens de maneira regular. Nos anos oitenta Lady Pink e algunha outra foron as únicas que se identificaron como mulleres adrede. Até esa década as mulleres poñían nomes asexuados. Existía o hándicap de que non se coñecían entre elas, non coñe- cían outras mulleres, polo que non tiñan referentes. Non foi até finais dos noventa cando se comezan a organizar os primeiros eventos de graffitis que serviron para coñecerse ou facer rede. A gran dificultade que tivemos para dar con elas foi o ámbito da ilegalida- de, é frecuente que as mulleres cambiasen ou cambien de nome para que non lle sigan a pista. Cales son os maiores obstáculos ou barrei- Cales son os maiores obstáculos ou barrei- ras cos que contan as mulleres graffiteiras ras cos que contan as mulleres graffiteiras e muralistas? e muralistas? O principal obstáculo ten que ver co propio contexto da orixe do graffiti, que é bastante misóxino e moi machista. O gra- ffiti, unha práctica asociada á ilegalidade, á competitividade, a testosterona, á masculi- nidade hexemónica... e que é moi interesan- te deconstruír. O habitual é que a práctica do graffiti apareza na adolescencia cando estás construíndo a túa identidade, neste caso moi asociada a estereotipos da mascu- linidade (a valentía, a forza...). Polo xeral, naquela altura as mulleres non se sentían cómodas nestes espazos. Pasaron anos até que houbo referentes que querían facer graffitis doutro xeito. Así e todo, tamén houbo outras que se adscribían a estes ro- les masculinos. A partir dos oitenta, cando o sistema artístico se interesa polo graffiti, CANDO ELAS TOMAN OS MUROS CANDO ELAS TOMAN OS MUROS Feminismo e arte urbana en Galicia Participación, fortalezas y desafíos en la vida cotidiana de mujeres en el es- Participación, fortalezas y desafíos en la vida cotidiana de mujeres en el es- pectro del autismo pectro del autismo Sabela Maroño Candal 1.º premio TFG-Ciencias e Ciencias da Saúde do XI Concurso de Traballos Académicos con Perspectiva e Xénero Ángeles Alvariño Este traballo consiste nun proxecto de investigación en que se introduce a perspectiva de xénero de maneira principal e transversal para achegarse á vida cotiá das mulleres con trastorno do espectro do autismo (TEA). A proposta é unha reflexión baseada nesta perspectiva desde a propia descrición científica do diagnóstico do TEA (o traballo da primeira investigadora que o describiu permaneceu invisibilizado até hai unhas décadas); pasando polos criterios diagnósticos desta condición de saúde (as nenas e mulleres no espectro pasan desapercibidas nas avaliacións diagnósticas xa que as ferramen- tas non se realizaron considerando a presentación dos mesmos en función do xénero); e ata a comprensión do impacto do diagnóstico nas ocupacións nas que participan as mulleres con autismo (determinadas pola cultura e os rumbos de xénero imperantes a nivel social).
  • 7. DESligaTE 7 Sábado 25 de novembro de 2023 NOS MUROS empeza a haber máis mulleres, xa que elas son conscientes de que podían facer arte dende os códigos do graffiti, das cidades. A día de hoxe hai novas formas para facer arte na rúa, que van máis alá dos estereotipos e roles de xénero. Con todo, este contexto aínda permanece. Por exemplo, a artista Lupita Hard cada vez que pinta enfróntase a que tapen a súa obra con insultos violen- tos. Isto provoca que cada vez pinte menos porque non quere estar constantemente en loita. É moi esgotador. Non todo o mundo quere pasar por esa re- sistencia e loita, o que tamén é válido. Na actualidade hai moitas máis mulleres que se están dedicando profesionalmente a isto, pero claro, é un traballo moi físico. En xe- ral, tanto para homes como para mulleres, non hai muralistas ou graffiteiras maiores... Cando avanza a idade o número diminúe, xa que require un esforzo físico. De fei- to, non se coñecen apenas artistas urbanos con discapacidades. No caso das mulleres a cuestión da idade tamén se cruza cos coi- dados. Coñécense moitas mulleres de 20 ou 30 anos, pero a partir de aí xa moitas menos. Cando as mulleres teñen fillos é un problema para seguir con isto. Na carreira profesional do sector é frecuente que se te- ñan que facer viaxes dunha semana ou de quince días, onde non existe conciliación. Este tema non é exclusivo da arte urbana, senón que afecta tamén a outras disciplinas como o circo ou a danza, en que dependes do teu estado físico. En conclusión, queda moito por deconstruír para buscar novas fórmulas para conseguir que os coidados se inclúan neste ámbito. En xeral, como describes a situación das En xeral, como describes a situación das graffiteiras e muralistas na actualidade? graffiteiras e muralistas na actualidade? Estanse a facer moitas máis cousas, esta- se a traballar moito. En definitiva, coido que hoxe non darían a resposta de que non existen mulleres na arte urbana, como fixe- ron en 2016. Mais tamén creo que os re- sultados obtidos non son proporcionais ao traballo que se fai. É evidente que hai máis mulleres, pero... en que condicións? Cantos muros se lles ceden? A meirande parte das alumnas de Belas Artes son mulleres e iso non se reflicte nos festivais da arte urbana. Queda aínda moito por facer. Estades contentas co impacto que está ten- Estades contentas co impacto que está ten- do o libro? do o libro? Si, moito. Do libro xurdiu tamén a expo- sición que xuntou 31 mulleres grafiteiras e muralistas. O libro ten moi boa acollida, incluso viaxou a moitas partes do mundo. A xente está a pedir máis, no sentido de que a escolma de artistas do libro soamente fo- ron 10. Na exposición amosamos 31 artis- tas e, en realidade, continúan a ser poucas. Está xenial coma un primeiro paso, pero hai que seguir investigando. E penso que o ideal é que non o sigamos facendo nós, senón que outras persoas se animen a face- lo dende outras perspectivas. Estamos nun punto moi inicial. Por exemplo, sería inte- resante incluír a perspectiva interseccional. O feito de que quede moito por facer é moi positivo, hai que seguir traballando. La realidad de las mujeres en situación de prostitución: una historia mal contada La realidad de las mujeres en situación de prostitución: una historia mal contada Tania Aneiros Hermida Tania Aneiros Hermida      1.º premio TFG-Ciencias Sociais e Xurídicas do XI Concurso de Traballos Aca- démicos con Perspectiva e Xénero Ángeles Alvariño Neste traballo analízase de maneira exhaustiva o carácter estrutural e os distintos factores que converxen na prostitución, inmersa nos sistemas de opresión social existentes (patriarcado, capitalismo neoliberal e colonialismo), así como as implicacións do xénero e as consecuen- cias que ten para as mulleres o sistema prostitucional.   O traballo recolle tamén a historia de vida de tres mulleres con traxectorias vitais distintas que estiveron ou se seguen atopando inmersas na industria prostitucional. As voces das propias mulleres que viven esta realidade resultan fundamentais para entender como se articula este sistema e permiten, así, pór en valor as súas experien- cias, coñecer a devandita realidade de primeira man e evidenciar os denominadores comúns que sustentan esta inxustiza social.
  • 8. 8 DESligaTE Sábado 25 de novembro de 2023 OLLO AO DATO ..... rachando mitos! A SUBMISIÓN QUÍMICA Ultimamente escoitamos bastante o ter- Ultimamente escoitamos bastante o ter- mo de submisión química, pero que é? mo de submisión química, pero que é? Trátase dun modus operandi utilizado en diferentes tipos de delitos (contra o patrimonio, roubos en xeral...). Aínda así, coñecemos este termo polo que se vincula coa violencia sexual. Ultimamente, é fre- cuente escoitarmos e lermos nos medios de comunicación novas onde se fala de vítimas de violencia sexual por submisión química en contextos de ocio nocturno. Por que os medios falan tanto da submi- Por que os medios falan tanto da submi- sión química e non tanto de violencias sión química e non tanto de violencias sexuais a secas? sexuais a secas? En moitas ocasións os medios poñen o foco no modus operandi e non tanto na propia violencia, invisibilizando as verda- deiras raíces das violencias sexuais. Daquela, por que as violencias sexuais se Daquela, por que as violencias sexuais se reproducen nos contextos de ocio noc- reproducen nos contextos de ocio noc- turno? As drogas ou o alcol provocan a turno? As drogas ou o alcol provocan a violencia? violencia? Non. As drogas, o alcol ou a submisión química non facilitan a violencia, o úni- co que facilita a violencia é o agresor. O contexto do ocio nocturno é unha situa- ción en que se dan as violencias sexuais e as drogas están presentes. As drogas non son as responsables de que poidamos ser vítimas das violencias sexuais, senón que o culpable de que isto pase é o machismo. O único responsable, a secas, o machismo do agresor. De acordo, entón... que mitos se reprodu- De acordo, entón... que mitos se reprodu- cen arredor das violencias sexuais e a noite? cen arredor das violencias sexuais e a noite? En moitas ocasións faise referencia a que as violencias sexuais van acompañadas de “picadas” ou consumo de substancias des- coñecidas nas vítimas. Isto non é certo! Isto non é certo! A droga máis pre- sente nas agresións sexuais é o alcol. Es- coitamos que o máis frecuente é que o agresor das violencias sexuais que se re- producen na noite sexa alguén que non coñecemos. Isto non é certo! Isto non é certo! A meirande parte dos agresores son coñecidos nosos. Cantas veces escoitamos iso de “botáron- che algo na bebida”? Non é probable que lle botasen algo na bebida. O frecuente é que as agredidas ou vítimas consuman drogas voluntaria- mente. Moitas veces xúlgase a vítima da violencia sexual en función de se consumiu ou non drogas ou alcol: “Estaba borracha ou dro- gada; ela tivo a culpa do que lle pasou”. Isto non é certo nin xusto! Isto non é certo nin xusto! Non existe unha “mala vítima” ou “boa vítima”. En ningún caso debemos responsabilizar ou culpar a vítima do que lle ocorreu. O único culpable e responsable é o agresor. E as persoas adultas como ven a adoles- cencia e a xuventude? É frecuente escoi- tarlles isto de que ser novos/as é un fac- tor de risco, que as violencias sexuais son máis frecuentes en idades máis temperás. Isto non é certo! Isto non é certo! A xuventude non é un factor de risco. As violencias sexuais son estruturais e apréndense social e cul- turalmente en todos os contextos. A única causa e explicación para as violencias sexuais é o machismo. A única causa e explicación para as violencias sexuais é o machismo. É necesario reflexionar, ler e investigar sobre o sistema patriarcal. Este É necesario reflexionar, ler e investigar sobre o sistema patriarcal. Este sistema é o que promove e perpetúa as violencias sexuais. O feito de sistema é o que promove e perpetúa as violencias sexuais. O feito de que os agresores se sintan lexitimados para agredir sexualmente ten que os agresores se sintan lexitimados para agredir sexualmente ten as súas raíces no machismo. O discurso machista e sexista fomenta as súas raíces no machismo. O discurso machista e sexista fomenta e crea violencia sexual. Precisamos máis discursos feministas para e crea violencia sexual. Precisamos máis discursos feministas para garantir espazos onde sentirnos seguras, onde o machismo non teña garantir espazos onde sentirnos seguras, onde o machismo non teña lugar. lugar. Este espazo está inspirado no traballo de Observatorio Noctámbul@s, Este espazo está inspirado no traballo de Observatorio Noctámbul@s, un proxecto de ampla traxectoria profesional que pretende profundar un proxecto de ampla traxectoria profesional que pretende profundar na relación entre o consumo de drogas, o acoso e outras violencias na relación entre o consumo de drogas, o acoso e outras violencias sexuais nos contextos nocturnos. sexuais nos contextos nocturnos. Amosando o lado escuro das redes sociais: desenvolvemento do primeiro corpus para a Amosando o lado escuro das redes sociais: desenvolvemento do primeiro corpus para a detección de misoxinia en lingua galega en Twitter e Mastodon detección de misoxinia en lingua galega en Twitter e Mastodon Lucía Álvarez Crespo Lucía Álvarez Crespo 1.º premio TFG-Enxeñaría e Arquitectura do XI Concurso de Traballos Académicos con Perspectiva e Xénero Ángeles Alvariño O traballo representa unha destacada achega ao campo da investigación ao desenvolver o primeiro corpus en lingua galega específico para a detección de misoxinia en Twitter e Mastodon. Esta iniciativa pioneira permitiu recoller e analizar datos lingüísticos en galego presentes nas redes sociais, cun enfoque enfático na identificación e comprensión das manifestacións da misoxinia na comunicación dixital.Tal e como refire a autora, Introducir a perspectiva de xénero na intelixencia artificial é un aspecto crucial para garantir a equidade e a xustiza nos modelos e sistemas automatizados. Así, a través deste corpus e dos mo- delos desenvolvidos, procura promover unha sociedade máis inclusiva, fomentando o respecto e a igualdade na comunicación dixital en galego no que respecta ás mulleres.
  • 9. DESligaTE 9 Sábado 25 de novembro de 2023 CONTRA AS VIOLENCIAS FRONTE A VIOLENCIAS MACHISTAS ACOMPAÑAMENTO FEMINISTA Na loita contra a violencia machista, as amizades e a contorna social das mulleres que se atopan nesta situación xogan un papel funda- Na loita contra a violencia machista, as amizades e a contorna social das mulleres que se atopan nesta situación xogan un papel funda- mental. Así, é importante que nos impliquemos e poidamos acompañalas na súa saída da violencia. mental. Así, é importante que nos impliquemos e poidamos acompañalas na súa saída da violencia. Como ben di Silvia Federici, “A mellor forma de resistencia á violencia non é enfrontala soa, é xuntármonos, crear formas de vida e Como ben di Silvia Federici, “A mellor forma de resistencia á violencia non é enfrontala soa, é xuntármonos, crear formas de vida e reprodución máis colectivas, fortalecer os nosos vínculos e así verdadeiramente, crear unha rede de resistencia que poña fin a toda este reprodución máis colectivas, fortalecer os nosos vínculos e así verdadeiramente, crear unha rede de resistencia que poña fin a toda este masacre.” (Uruguai, 2017) masacre.” (Uruguai, 2017). Que facer? Que facer? Aprender a mirar: Aprender a mirar: aprender a detectar os indicios da violencia, para tratar de reducir o tempo que tarde en pedir axuda. Com- prender as razóns polas que a ela lle custa saír da relación. Buscar axuda: Buscar axuda: se hai sospeitas, acudir ou chamar a servizos de atención a vítimas para recibir información e axuda. Arroupala: Arroupala: o maltratador buscará en todo momento illar a vítima. É necesario crear- mos unha rede entre familiares e amizades próximas para transmitirlle apoio emocio- nal, económico e loxístico. Comunicarnos con ela: Comunicarnos con ela: recompilar o máxi- mo de detalles posibles sobre como son as violencias que recibe e como lle están afec- tando. Así, axudarémola na toma de con- ciencia de que soa é moi difícil cambiar a situación. Non insistir: Non insistir: se ela aínda non está preparada ou convencida para deixar a relación, non debemos presionala nin forzala. Debemos escoitala, sen xulgar, mostrar o noso apoio no proceso e expor, sen estridencias, que pode estar en risco. Respectar a súa decisión: Respectar a súa decisión: respectar en todo momento as decisións que ela tome, aínda que non as compartamos, e seguir apoiándoa. Coidado propio: Coidado propio: autocoidarnos para non desgastarnos durante o proceso. Como facelo? Como facelo? Ambiente para crear Ambiente para crear Crear un espazo seguro, acolledor e de con- fianza para que poida desafogarse e se sinta contida. Explicitarlle que está nun espazo seguro en que será escoitada e validada na súa expe- riencia, respectando o seu sentir e sen ser xulgada. Actitude de quen escoita Actitude de quen escoita Escoitar e observar activamente, atendendo á súa linguaxe verbal e non verbal (corpo e xestos). Permitir que a persoa fale e se desafogue sen interromper o seu relato. Permitir que chore, se así o sente, e que se exprese tal e como xurda nese momento. Non culpala do que viviu nin tampouco xulgala. Ser moderada coas expresións esaxeradas de asombro, enfado, medo etc. Non tratar de entender nin facer demasia- das preguntas para tentar facelo. Polo xeral son relatos que non teñen cronoloxía, son confusos, e moitos están esquecidos. Evitar consellos; no canto diso, preguntarlle que necesita e que está disposta a facer. Pó- dense suxerir alternativas, pero é ela quen decide. Transmitirlle tranquilidade e que sinta o noso apoio. Non dubidar do seu testemuño! Expresar verbalmente que cremos a súa experiencia e que non dubidamos do vivido e sentido. Insistir en que non é ela o problema, senón que se trata dun sistema estrutural que nos inferioriza. Mostrarlle afectividade e agarimo. Suxestións sobre as necesidades da muller Suxestións sobre as necesidades da muller violentada violentada Pregunta de forma aberta e directa que ne- cesita e como o necesita, para axudala a to- mar consciencia do seu poder de decisión sobre ela mesma e a demarcación dos lími- tes que a farán sentirse cómoda ao vincular- se coa contorna. Algunhas preguntas poden ser, por exemplo: Que necesitas de min/nós? Como podemos axudarche? Que é o que che gustaría facer para resolver esta situación? Recursos: Recursos: Podes consultar as túas dúbidas e solicitar asesoramento nos seguintes recursos: Na Universidade da Coruña Na Universidade da Coruña Oficina para a Igualdade de Xénero no cam- Oficina para a Igualdade de Xénero no cam- pus de Elviña, Casa do Lagar, A Coruña pus de Elviña, Casa do Lagar, A Coruña Oficina para a Igualdade de Xénero no Oficina para a Igualdade de Xénero no campus de Ferrol, Edificio de Servizos campus de Ferrol, Edificio de Servizos Administrativos, campus Esteiro, Ferrol Administrativos, campus Esteiro, Ferrol Ou no seguinte enderezo e teléfono: Ou no seguinte enderezo e teléfono: oficina.igualdade@udc.gal oficina.igualdade@udc.gal 881 011 952 881 011 952 Centro de Información á Muller da Coruña Centro de Información á Muller da Coruña Rúa Hortensias 11. 15008 A Coruña Rúa Hortensias 11. 15008 A Coruña 981 184 356 981 184 356 cim@coruna.es cim@coruna.es Horario: luns a venres, de 08:00 h a 14:00 h Horario: luns a venres, de 08:00 h a 14:00 h Tamén podes facer uso dos recursos exis- Tamén podes facer uso dos recursos exis- tentes para facer fronte ás violencias: tentes para facer fronte ás violencias: Teléfono de atención a vítimas de violencia Teléfono de atención a vítimas de violencia de xénero: 016 de xénero: 016 Teléfono da Muller (24 horas e confiden- Teléfono da Muller (24 horas e confiden- cial): 900 400 273 cial): 900 400 273 En caso de emerxencia contacta con: En caso de emerxencia contacta con: Policía Nacional: 091 Policía Nacional: 091 Policía Local: 092 Policía Local: 092 Policía Autonómica: 881 961 000 Policía Autonómica: 881 961 000 Emerxencias: 112 Emerxencias: 112 Urxencias: 061 Urxencias: 061 "Quen teme ó lobo feroz?" O motivo do lobo en The Bloody Chamber de Angela Carter. "Quen teme ó lobo feroz?" O motivo do lobo en The Bloody Chamber de Angela Carter. Alba Blanco Rodríguez Alba Blanco Rodríguez 2.º premio TFG-Artes e Humanidades do XI Concurso de Traballos Académicos con Perspectiva e Xénero Ángeles Alvariño Este traballo analiza a figura do lobo en tres contos de Angela Carter, incluídos en The Bloody Chamber (1979): “The Werewolf,” “The Company of Wolves,” e “Wolf-Alice.” Así, a partir deste estudo, Alba Blanco demostra que na reescritura de historias que Carter realiza na súa obra, céntrase en desenmascarar os elementos tabú que se encerran neses relatos, volvéndoos explícitos desde unha perspectiva feminista. Deste xeito, a autora ofrece un lobo con múltiples capas, moi distinto do típico “lobo feroz”; ademais, tamén desafía oposicións binarias como home/ muller ou humano/animal e enxalza a voz de quen sempre foi a silenciosa “outredade”: as mulleres.
  • 10. 10 DESligaTE Sábado 25 de novembro de 2023 INTELIXENCIA ARTIFICIAL E XÉNERO NA REDE O pasado 4 e 5 de outubro a Facultade de Dereito acolleu as II Xornadas IA Nesgos de Xénero e Oportunidades para a Igualdade. Falamos con Lucía Ramos García Lucía Ramos García, do De- partamento de Ciencias da Computación e Tecnoloxía da Información, quen impartiu un obradoiro introdutorio sobre a visión artificial. Antes de nada, pódesnos dicir máis polo Antes de nada, pódesnos dicir máis polo miúdo en que consiste a túa área de inves- miúdo en que consiste a túa área de inves- tigación? tigación? A miña actividade investigadora céntrase no procesamento e análise automática de imaxe e vídeo dentro do Grupo de Visión Artifi- cial e Recoñecemento de Patróns (VARPA). Esta liña de traballo inclúe a investigación e o desenvolvemento de solucións baseadas en visión artificial e aprendizaxe automáti- ca para abordar desafíos do mundo real en diferentes dominios de aplicación, desde o ámbito médico ata contornas industriais. No ámbito industrial temos varias liñas ac- tivas como o desenvolvemento de metodo- loxías automáticas para o control da cali- dade en procesos de produción, tarefas de videovixilancia en infraestruturas intelixen- tes, identificación de zonas de aterraxe se- guras para drons ou a inspección do estado do pavimento aeroportuario, entre outras. No ámbito médico traballamos con diferen- tes modalidades de imaxe como a retino- grafía, a radioloxía torácica, a histoloxía ou a tomografía de coherencia óptica, para o desenvolvemento de ferramentas de apoio á diagnose con base na detección e avaliación automática de estruturas e anomalías rela- cionadas con diferentes patoloxías. O obradoiro que impartiches era sobre a vi- O obradoiro que impartiches era sobre a vi- sión artificial, poderías comentarnos en que sión artificial, poderías comentarnos en que consistiu? consistiu? A actividade comezou cunha presentación para introducir algúns conceptos básicos no contexto da visión artificial, como a estru- tura dunha imaxe dixital, a representación da cor ou diversas técnicas para a extrac- ción de características e patróns relevantes para a interpretación da información visual contida na imaxe. Esta presentación ofre- ceu tamén unha visión xeral de diferentes tarefas comúns na visión artificial, caso da clasificación de imaxes, a detección e reco- ñecemento de obxectos, a segmentación de rexións de interese ou a análise de escenas. Ademais, expuxéronse varios exemplos reais de casos de aplicación que incluíron dende sistemas de apoio á diagnose con base en di- ferentes modalidades de imaxe médica, ata aplicacións en varias contornas industrias. Tras esta parte introdutoria comezou a par- te práctica do obradoiro en que as persoas participantes traballaron sobre un caderno Jupyter, que é unha ferramenta que permi- te combinar celas de código con celas de texto, intercalando explicacións con exem- plos de código. O caderno proposto ofreceu varios exemplos e exercicios empregando a linguaxe de programación Python e a li- braría de procesamento de imaxe OpenCV para abordar tarefas como a carga dunha imaxe, o acceso e modificación de píxeles concretos, a creación e aplicación de másca- ras para a extracción de rexións de intere- se, a segmentación en base a características de cor, a extracción de bordos, a detección do iris e a pupila en imaxes oculares ou a detección de caras. Este caderno facilitou unha experiencia de aprendizaxe práctica e interactiva, que permitiu a visualización e análise dos resultados en tempo real. Dende o teu punto de vista cales son os Dende o teu punto de vista cales son os pros e contras da intelixencia artificial? pros e contras da intelixencia artificial? Nas últimas décadas as técnicas baseadas na intelixencia artificial presentaron un notable auxe ata posicionarse como refe- rentes na resolución de gran cantidade de problemas en múltiples campos. Estas téc- “É fundamental traballar na elaboración de conxuntos de datos xustos e representativos e no uso de técnicas de adestramento e estratexias de aprendizaxe que mitiguen estes nesgos” Acoso escolar: análise dun caso en Sallent dende a perspectiva da xustiza ocupacional Acoso escolar: análise dun caso en Sallent dende a perspectiva da xustiza ocupacional Mar Torrado Fondo Mar Torrado Fondo 2.º premio TFG- Ciencias e Ciencias da Saúde do XI Concurso de Traballos Académicos con Perspectiva e Xénero Ángeles Alvariño Este traballo de fin de grao aborda o acoso escolar dende a perspectiva da xustiza ocupa- cional, a través da análise documental de noticias de xornais sobre un caso real situado en Sallent (Barcelona), onde Iván/Alana e Leila, adolescentes de 12 anos, sufrían acoso escolar por motivos vinculados á súa nacionalidade arxentina e á identidade de xénero de Iván/Alana. O traballo amosa o impacto que posúen determinados factores como o xénero, nos casos de acoso escolar, así como a importancia que ten o papel da xustiza ocupacional á hora de previr ou frear estas situacións de violencia. Destácase a relevancia da concienciación destas desigualdades sociais e a aplicación de medidas efectivas para previr estas situacións de acoso dentro e fóra do ámbito educativo e garantir espazos seguros que propicien a realización de actividades significativas e garantan a saúde e o benestar de todas as persoas.
  • 11. DESligaTE 11 Sábado 25 de novembro de 2023 NA REDE nicas teñen un gran potencial para a iden- tificación de patróns complexos a partir de conxuntos de datos en cru, o que lles permite aprenderen representacións estru- turadas da información dos datos posibi- litando a solución a problemas complexos de xeito obxectivo e fiable. Esta capacidade para procesar grandes cantidades de datos e extraer información relevante supón unha mellora significativa na toma de decisións, a automatización de tarefas e a optimiza- ción de procesos nunha ampla variedade de aplicacións. Por exemplo, no ámbito médi- co, a intelixencia artificial presenta un alto potencial para a identificación de patoloxías en etapas temperás, a estimación do risco de padecer certas enfermidades e a mellora na precisión da diagnose para ofrecer tra- tamento e seguimento especializado. Isto supón unha boa perspectiva para poñer o potencial da intelixencia artificial ao servizo da sociedade. A pesar das vantaxes e potencial que ofre- ce a intelixencia artificial, hai algúns desa- fíos que deben abordarse coidadosamente para o bo aproveitamento das capacidades e a garantía dunha implementación ética e segura. Algún dos factores que cómpre considerar é que se require unha cantida- de grande de datos para o adestramento de modelos eficaces, o que pode resultar custoso e laborioso de recompilar. A di- versidade dos conxuntos de datos canto a escenarios e condicións representativas son tamén factores condicionantes nos procesos de aprendizaxe que dificultan a capacidade de xeneralización en contornas cambiantes e podendo incorporar nesgos presentes nos datos. Outra contra é que os procesos de adestramento son custosos no que respecta a tempo e recursos computacionais. A falta de explicabilidade nas predicións dalgúns modelos de intelixencia artificial formula tamén desafíos para entender o funcionamento dos sistemas e confiar na toma de decisións. A investigación continua e o desenvolvemento de solucións que aborden estes problemas son esenciais para o avance sostible da intelixencia artifi- cial. Se falamos de intelixencia ar- Se falamos de intelixencia ar- tificial e xénero, cales son as tificial e xénero, cales son as principais conclusións que hai principais conclusións que hai ata o momento? ata o momento? No tocante ao xénero, os conxuntos de datos que se empregan para o adestramen- to de sistemas de IA adoitan ser recompilados a partir de observacións no mundo real, o que comporta nalgúns ca- sos o reflexo de dinámicas sociais e padróns discrimina- torios presentes na sociedade. Os modelos adestrados con estes conxuntos de datos po- den aprender e perpetuar estes nesgos de xénero, e conducir a decisións discriminatorias ou estereotipadas. Un exemplo disto pódese ver nalgún servizo comercial de etiquetaxe automática de imaxes que amosa tendencia a ofrecer eti- quetas relacionadas co aspecto físico, como o peiteado ou a vestimenta no caso de imaxes de mulleres, mentres que son mais frecuentes as etiquetas referidas ao poder ou status social e profesional no caso de imaxes de homes, partindo de imaxes con características e contextos similares para ambos os casos. Outros exemplos poden ser os sistemas de tradución automática, os asistentes virtuais ou os sistemas de reco- mendación de contidos, que poden amosar nesgos de xénero suxerindo contidos que reflicten intereses estereotipados. Para abordar estes problemas é fundamen- tal traballar na elaboración de conxuntos de datos xustos e representativos e no uso de técnicas de adestramento e estratexias de aprendizaxe que mitiguen estes nesgos para garantir que os modelos de intelixencia ar- tificial sexan equitativos, representativos e xustos. Perspectivas Económicas Feministas: análisis de las políticas y la Brecha. Perspectivas Económicas Feministas: análisis de las políticas y la Brecha. Julia M.ª Pérez López Julia M.ª Pérez López 2.º premio TFG- Ciencias Sociais e Xurídicas do XI Concurso de Traballos Académi- cos con Perspectiva e Xénero Ángeles Alvariño Este TFG aborda a relevancia da perspectiva de xénero no ámbito económico e polí- tico. A investigación toma como base a economía feminista e a súa crítica ao sistema capitalista como realidade que nega as condicións básicas da vida. Esta denominada “cara A” é sostida grazas a unha “cara B” invisibilizada, que representa o traballo non remunerado e moitas veces invisible que desempeñan as mulleres no seu día a día. Este traballo, fundamental para o sostemento da vida e o benestar da sociedade no seu conxunto, e a forma que está sendo relegado a un segundo plano contribúe a perpetuar estereotipos, afectando negativamente ao apoderamento económico e político das mulleres. Partindo desta base e empregando como ferramenta o índice de fenda de xénero mundial que brinda o Foro Económico Mundial, Julia analiza a desigualdade actual entre homes e mulleres en Europa e os países que a conforman en cuestións de educación, saúde, participación política e oportunidades económicas. Así, a autora evidencia as desigualdades significativas entre uns territorios e outros e visibiliza as accións e políticas transformadoras que levan a cabo os países máis feministas. CARTÓN VERMELLO Á GORDOFOBIA con David Rozados Reboredo David Rozados Reboredo da iniciati- va @basta.gordofobia QUE É? QUE É? A gordofobia é o odio, rexeitamento e violencia que sofren as persoas gordas polo feito de seren gordas. Son todas aquelas prácticas, discursos e accións que se burlan, marxinan, estereotipan, prexulgan, rexeitan e supoñen a obs- trución ou vulneración dos dereitos das persoas con pretexto de gordura. É un tipo de violencia estética. A gordofobia existe en todos os ámbi- tos da sanidade publica: nos colexios, no sistema laboral e tamén no sistema fami- liar. Como tamén noutro tipo de espazos como, por exemplo, ximnasios, transpor- tes urbanos, parques de atraccións, cafe- tarías, teatros, cines, tendas de roupa etc. Estes son exemplos dos que che podo fa- lar. Pero cada dia sorprendémonos máis, porque isto podelo vivir en calquera mo- mento e en calquera lugar sen importar se estas sufrindo algún tipo de enfermi- dade. Lembremos que unha persoa gorda non ten que estar gorda por comer, que unha persoa gorda pode sufrir algún tipo de enfermidade ou trastorno psíquico: ansiedade, depresión etc. COMO SE PODE IDENTIFICAR? COMO SE PODE IDENTIFICAR? A gordofobia identificase cando unha persoa (medico, dietista, familiar etc.) non para de recomendar que tes que adelgazar, que es unha persoa gorda e que por ser unha persoa gorda terás dia- betes, colesterol, infartos e outro tipo de doenzas. Tamén cando estas comendo e che co- mentar a típica frase de “Guau, que pou- co comes para o gordo que estas” sen saber se a túa gordura é por comer ou por algún problema persoal que teñas ou cando vas a mercar roupa e escoitas “Ufff estas demasiado gorda como para poñer ese tipo de roupa”. Hai moitas formas de identificar a gordofobia neste sistema xa que día a día as persoas gordas vivimos isto nos nosos ámbitos. PAUTAS PARA PREVIR? PAUTAS PARA PREVIR? Neste caso solicitando que os colexios, centros cívicos sociais ou asociacións nos axuden a darlle voz a todo isto. É algo que se falamos día a día pero a xente non lle dá a voz suficiente nin temos es- pazos para facer este tipo de traballos, xa que moitas persoas non cren que exista a gordofobia pero si que existe, e tanto no colectivo LGBT+ como no colectivo feminista. Para saber máis
  • 12. 12 DESligaTE Sábado 25 de novembro de 2023 SABÍAS QUE? NO AIRE Denomino “microviolencia na olhada” da sociedade caboverdiana cando as mu- lleres que pasean polas súas rúas –vivan no país ou simplemente sexan turistas– sofren olladas de homes que, con ou sen intención, coartan a súa liberdade de movemento. Entender este tipo de vio- lencia fíxose, primeiramente, a través das mulleres oriúndas de Cabo Verde, anali- zando as súas inquedanzas con respecto a este tipo de violencia, e o seu sentimento (quizais o máis importante), así como a través de mulleres que chegan ao país e o sofren diariamente ao ir mercar ou sim- plemente paseando. Este tipo de microviolencia prodúcese cando os homes observan as mulleres coma se dun obxecto sexual se tratase, fa- cendo sentir a quen camiña unha “cousa” e creando un abuso de poder inigualable que deixa un elo, unha pegada imborrable. “Olhar” a través dos ollos da persoa que o transmite, é sentir un baleiro incontrola- ble durante segundos que se volven horas e sempre baixo a atenta mirada do outro, coma se o corpo fose unha exhibición e onde o control da persoa que o parece, desaparece. En palabras da propia poboa- ción feminina “perdemos toda autonomía do noso corpo cando olhan para nós”. Estas violencias sitúanse na base da pi- rámide das violencias machistas, por debaixo da violencia física, psicolóxica, sexual, económica, patrimonial, institu- cional entre outras e teñen como obxec- tivo manter o dominio e a superioridade do home sobre a muller; Reafirmar ou re- cuperar o dito dominio ante unha muller que se “rebela” ou resistirse ao aumento do poder persoal ou interpersoal dunha muller coa que se vincula. A mellor ferramenta para acabar con este tipo de microviolencias é concien- ciar máis a poboación sobre o que está acontecendo, así como ofrecer cursos de sensibilización, autoestima e defensa per- soal que son practicamente inexistentes no país. La amiga de mi amiga (LADMA) Equipo de redacción: Raquel Veiga Teijeiro | Beatriz López Rey | Belén Gavín Bermúdez | Noelia Darriba García Deseño e maquetación: Manchea S. Coop. Galega STAFF Son unha nena? Sufrirei discriminación e violencia sexual? 2023 Videopodcast premiado como programa revela- ción nos premios Youtubeiras 2022. Un progra- ma semanal de noticias, humor, cultura e actua- lidade feminista formado por Priscila Retamozo, Amara Pérez e Lucía Salgueiro. É un podcast de bolloqueer xeracional, ten lu- gar en Barcelona e nace coa intención de escribir unha historia bolloqueer paralela. Quere ser un espazo no que nos sintamos cómodes e acompa- ñades, no que poidamos explicar as nosas viven- cias e as dos nosos amigos e onde rirnos de nós mesmes e darnos forzas. Aos mandos e facendo amigas están Zaida Car- mona e Cristina Pastrana AMOR E AMIGES. Histérikas Histórikas ir ao podcast ir ao podcast Elaborado por alumnado e coordinado por do- centes e investigadoras da UVigo e publicado pola Editorial Galaxia, na colección Feminis- mos. En pleno século XXI, vivimos nunha sociedade patriarcal, intoxicada polas violencias, espe- cialmente as sexuais, que alcanzan de pleno as nenas e as mulleres, afectando a súa saúde e benestar e, tamén, a de toda a sociedade. Neste libro formulamos unha análise das dife- rentes formas de expresión da violencia sexual, encadrando estas experiencias ao longo da vida das mulleres, xa que en numerosas ocasións non son feitos illados, senón un continuo de múltiples violenciasofrécenos, dun xeito claro e conciso, a información necesaria para saber- mos máis sobre orientación sexual, xénero, fe- minismo e consentimento. INFLUENCERS PARA ROMPER ESTEREOTIPOS INFLUENCERS PARA ROMPER ESTEREOTIPOS Magdalena Piñeyro @magda_pineyro Fala e escribe sobre gordofobia Mara Jimenez @croquetamente Para que te rías e te queiras Gisele @tresxl Humor, body positive, selflove É A MICROVIOLENCIA NA OLLADA? É A MICROVIOLENCIA NA OLLADA? Por Laura Pallarés Ameneiro. Laura Pallarés Ameneiro. Doutora en Xeografía pola Universidade de Santiago de Compostela e es- pecialista nas áreas de xénero, diversidade sexual e microviolencia. Actualmente é investigadora en Cabo Verde, onde traballa en proxectos sobre violencia e microviolencia, a través da Universidade de Cabo Verde (Uni-Cv). Concurso de creacións artísticas para Concurso de creacións artísticas para a prevención das violencias sexistas na a prevención das violencias sexistas na UDC. UDC. 1.º premio na categoría de cartaz: Cristi- 1.º premio na categoría de cartaz: Cristi- na Carreira Menéndez. na Carreira Menéndez. 2.º premio na categoría de cartaz: Vanes- 2.º premio na categoría de cartaz: Vanes- sa Parente González sa Parente González 1.º premio na categoría de restantes mo- 1.º premio na categoría de restantes mo- dalidades: Alicia Gangoso González dalidades: Alicia Gangoso González 2.º premio na categoría de restantes mo- 2.º premio na categoría de restantes mo- dalidades: Natalia Cea Rodríguez dalidades: Natalia Cea Rodríguez
  • 13. DESligaTE 13 Sábado 25 de novembro de 2023 06:00 Noticias 24horas 11:10 Saber Vivir 11:45 Españois no mundo 12:35 Comando actualidade. 13:30 Audiencia aberta. 14:00 Viaxe ao centro da tele exprés. 14:30 Corazón, presentado por Anne Igartiburu. 15:00 Telediario 1, presentado por Alejandra Herranz. 16:00 Sesión de tarde: La boda de Rosa, de Icíar Bollaín. 2020. 100 min. 17:40 Documental: Que coño está pasando? 2019; 86 min. 19:00 Cine de barrio, presenta- do por Inés Ballester. 21:00 Telediario 2. 21: 30 Informe semanal, presentado por Ana Blanco. 22:15 Cine: Non son un home fácil, de Eleonore Pou- rriat. 2018, 98 min. 23:50 Cine: Boa sorte, Leo Grande, de Sophie Hyde. Os concertos da 2. 9:15 Que animal! presentado pola bióloga Evelyn Segura. 9:40 Agrosfera, presentado por Sergio Gómez. 10:15 Para todos La 2. Magacín de temas sociais. 10:45 Obxectivo Igualdade. Espazo informativo para avanzar no camiño da igualdade real. 11:05 En lingua de signos, presentado por Paloma Soroa. 11:35 Meu cole rural, presenta- do por Raúl Bermejo. 11:55 Documental sobre fauna invasora. 12:55 Felinos baixo ameaza. 13:55 Zoom tendencias. 14:40 El hombre y la Tierra. 15:35 Saber e gañar. 16:20 Contos de Zambia. 18:00 Turismo rural no mundo. 18:35 Que animal! 19:05 Reduce a túa pegada. Adela Úcar amosa exem- plos de economía circular e prácticas sostibles. 20:00 Mitos e segredos da realeza. 60min. 21:00 Gala de Cine. 22:00 Cine: Ellas Hablan, de Sarah Polley. 2020. 104 min. 23:40 A noite temática. 07:45 Balonmano Liga Asobal. 09:15 Fútbol UEFA Women´s Nations League. 11:00 Directo Superbike Cam- pionato do Mundo. 11:40 Fútbol Previa 13:15 Programa Superbike Cto. Mundo. 15:10 Directo Hockey Herba Li- ga Iberdrola. 16:55 Directo Balonmano Liga Guerreras Iberdrola. 18:40 Atletismo Mellores atle- tas europeos do ano. 18:55 Directo Baloncesto Liga Endesa. 20:45 Atletismo nominacións mellores atletas do mun- do. 20:55 Directo Fútbol Sala 1ªDi- visión. 23:00 Ciclismo en pista UCI Track Champions League. 08:05 Telexornal Serán, presen- tado por Irene Lourido e Alberto Mancebo. 9:00 Galicia Noticias. 09:30 Bos días Fin de Semana: presenta Chus Tanoira. 10:40 ZigZag: Actualidade Cultural. Presenta María Solar. 11:45 Quen anda aí? 12:10 Hora Galega. Presentado por David Espiño e Rocío Durán. 13:40 Tal Semente: Concurso familiar presentado por Esther Estévez. 14:25 Telexornal Mediodía. 15:20 No Foco. Presentado por Marcos Sueiro. 15:45 O tempo 15:55 Xuntos en directo. Presentado por Rocío Delgado. 19:45 Malicia Noticias presen- tado por Lucía Veiga. 20:55 Telexornal Serán. 21:50 O Tempo 22:00 Atrápame se podes, con Paco Lodeiro. 22:50 Bamboleo. O MÁIS DESTACADO DA TEMPADA “Ya no quiero esconderme”, “Ya no quiero esconderme”, RTVE Play (2023) Trátase dun vídeo podcast presentado pola icónica periodista deportiva Paloma del Río, que afonda na expe- riencia de deportistas LGTBI no mundo do deporte. A través de historias persoais, o programa analiza a evolución da cultura deportiva na loita contra a homofobia cara a unha maior diversidade e inclusión e ofrece distintos exemplos de superación. Esta produción orixinal de RTVE Play, composta por tres capítulos que analizan o fútbol, o olimpismo e o deporte base, recibiu o recoñecemento honorífico “Iguais no deporte” que concede o Consello Superior de Deportes, no marco do Día Internacional do Orgullo LGTBI+. OCIO OCIO & TELEVISION TEATRO As que limpan 2022–Galicia. Duración: 75 min. Xénero: tea- tro comedia. Compañía: Compañía: A Panadaría Creado e interpretado: Creado e interpretado: Areta Bolado, Noelia Castro e Ailén Kendelman. Sinopse: Sinopse: Un cartel pendurado no manubrio do cuarto: “por favor, arranxe o cuarto”. Ao regre- so da praia, as camas feitas, as toallas limpas e o baño impoluto. Son as que limpan, as invisi- bles que carretan ao lombo un sistema turístico precarizador. As que limpan fala da loita orga- nizada das camareiras de piso dos hoteis por acadaren uns dereitos laborais e sociais xustos. Fronte a elas, a avaricia voraz dos propietarios das cadeas hoteleiras. Hai quen nunca limpou un váter e hai quen limpa cincocentos ao mes. P A S A T E M P O S Ordena as seguintes letras para obter o nome de 5 tipos de violencia dixital: ERCABSINGHLI_ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ LOTROE ED NEROXE_ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ LIONACIVE ED OREXEN TALIDIX_ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ SONEXTROIS_ _ _ _ _ _ _ _ _ _ GINTEXS_ _ _ _ _ _ _ Se queres averiguar se acertaches e saber máis sobre estes termos relacionados coa violencia dixital, visita o Insta- gram do CexefUDC (Centro de Estudos de Xénero e Fe- minismo da UDC). Preme aquí. Un pai e o seu fillo conducían cando o pai de súpeto perdeu o control do vehí- culo e chocou contra un poste de teléfo- no. O pai morreu ao instante, o seu fillo resultou gravemente ferido e foi trasla- dado rapidamente ao hospital onde pre- sentaba feridas importantes que requiri- ron unha intervención urxente. Chaman a unha eminencia médica e cando chega ao quirófano e ve o paciente di: "Non podo operar a este neno: é o meu fillo! Alba é unha atleta que adestra duro para con- seguir a vitoria. Acaba de gañar unha medalla de ouro no Mundial de atletismo e está no seu mellor momento. Pero a súa carreira verase truncada por unha acusación inesperada. Uns meses antes dos xogos olímpicos a deportista é apartada da competición oficial. Para Alba co- rrer é respirar e nese momento o seu mundo derrúbase. Acompañada pola súa inseparable adestradora, atópase nunha encrucillada da que intenta saír para cumprir o seu soño sen renun- ciar ao seu verdadeiro ser. Run baby run aborda a discriminación de xé- nero no deporte. Unha reflexión sobre canto se pode chegar a loitar sen traizoar os propios principios. de Fátima Delgado; 2023 (Editorial Galaxia) de Fátima Delgado; 2023 (Editorial Galaxia) Adiviña adiviñanza: Adiviña adiviñanza: LIBRO Aquí tes a resposta. MÚSICA É a banda sonora que acompaña á publicación Son de Fiar. Incorporación da perspectiva fe- minista publicada este ano por Fiadeiras, grupo de traballo sobre feminismos do CEESG. Trá- tase dunha achega pedagóxica cunha clara vontade didáctica. Un material que pode ser empregado no traballo diario docente dos cen- tros educativos, en formacións ocupacionais e noutros espazos de intervención social. Escoita aquí a playlist Run, baby, run
  • 14. Sábado 25 de novembro de 2023 CONVERSANDO CON “MOITO ORGULLO” CON… PEDRO BOGO O meu nome é Pedro Bogo e os meus pro- nomes son masculinos. Son educador social e psicopedagogo titulado pola UDC, e teño un máster en dirección de centros de meno- res. Traballei durante anos na intervención social con menores e colectivos vulnerables en distintos países de América Latina e en Madrid, cidade da que me mudei no mes de xaneiro para voltar á Coruña. En Madrid exercín durante os últimos catro anos en programas de intervención e for- mación co colectivo LGTBIQ+, coordinan- do un proxecto de inserción sociolaboral de persoas trans e a área de formación e investigación dunha fundación LGTBIQ+. Tamén traballo en LinkedIn Learning facen- do cursos de diversidade sexual e de xénero na plataforma. Actualmente estou traballando no CUFIE (Centro de Formación e Innovación Educa- tiva) e na ADI (Unidade de Atención á Di- versidade) da UDC. En marzo deste ano co- mecei a impulsar cxs compañeirxs o Servizo de Atención á Comunidade Universitaria LGTBIQ+ que ten como obxectivo dar unha atención e acompañamento á comunidade na UDC. Aquelas persoas que sofren algún tipo de discriminación ou violencia, que necesitan apoio na saída do armario ou no proceso de transición, ou aqueloutras que simplemente queren construír unha uni- versidade máis equitativa e xusta, teñen un recurso que empuxará cara unha verdadeira inclusión da comunidade na institución. Nel damos atención directa a toda a comu- nidade universitaria, facemos campañas de sensibilización e comunicación ou impár- tense formacións en diversidade sexual e de xénero. O pasado mes de xuño lanzastes desde o O pasado mes de xuño lanzastes desde o CUFIE unha campaña baixo o título Moito CUFIE unha campaña baixo o título Moito Orgullo, como conmemoración da sema- Orgullo, como conmemoración da sema- na do orgullo LGTBIQ+ 2023. Cales son na do orgullo LGTBIQ+ 2023. Cales son as iniciativas ou proxectos previstos para os as iniciativas ou proxectos previstos para os próximos meses de curso? próximos meses de curso? Si. En maio lanzamos a campaña “ESMOR- GA COLLECTION” cunha cartelaría que pretendía visibilizar as realidades LGTBIQ+ e tamén o novo servizo. Polo mes de xuño, mes do orgullo, lanza- mos “Moito Orgullo” consistente en varios vídeos nos que distintas persoas LGTBIQ+ vinculadas á UDC falan das súas experien- cias e vivencias. Isto é especialmente im- portante, visibilizar as nosas realidades para que pouco a pouco se teñan en conta na propia institución. Actualmente temos en marcha varios proxectos. Por unha banda, elaboráronse guías de persoas trans para PDI, PTXAS e estudantado con ferramentas e estratexias para fomentar a inclusión do colectivo. Xunto coa organización ALAS CORUÑA, estamos a promover a realización de pro- bas rápidas de VIH e VHC na UDC que está funcionando moi ben. A idea é amplialas e tamén facer formación e sensibilización so- bre a temática. Reparemos en que as persoas con VIH seguen a sufrir o estigma, e afecta máis ao noso colectivo porque as prácticas sexuais anais teñen mais riscos polo que contar coa información adecuada é funda- mental. Así mesmo, estamos a mellorar, xunto coa Oficina de Igualdade de Xénero, o protoco- lo contra o acoso e as violencias achegando e ampliando a perspectiva LGTBIQ+ para protexer e previr as violencias LGTBIfóbi- cas. Como se aborda o ámbito da diversidade Como se aborda o ámbito da diversidade nos feminismos? nos feminismos? O movemento feminista e o movemento LGTBIQ+ déronse a man sempre. Incluso antes de que o noso colectivo nacese como tal xa eran reivindicacións feministas a igualdade e a inclusión das disidencias se- xuais e de xénero. As mulleres LBT foron parte importante do impulso de moitos de- reitos e avances para as mulleres. As mulleres do colectivo seguen a sufrir maiores taxas de vulnerabilidade, exclusión e invisibilidade, polo que neste sentido coi- do que é fundamental abordar a diversidade sexual e de xénero de maneira interseccio- nal, tendo en conta que no propio colectivo determinadas persoas sofren de maiores ni- veis de exclusión, invisibilidade e vulnerabi- lidade. E, entre elas, están as mulleres. O movemento feminista é clave, xunto LGTBIQ+, para levar a cabo as transforma- cións sociais necesarias cara a unha socieda- de máis equitativa. Que aspectos consideras que son retos para Que aspectos consideras que son retos para traballar neste eido? traballar neste eido? Creo que un punto fundamental é unha maior visibilidade e representatividade das mulleres dentro do propio colectivo. As mu- lleres LBT foron relegadas dentro da propia comunidade. Dentro do colectivo tamén existen conductas, dinámicas e comporta- mentos machistas e patriarcais. Só hai que observar como se construíron os espazos LGTBIQ+, cuxos protagonistas foron os homes gais. Por outra banda, fomentar a educación en diversidade sexual e de xénero é fundamen- tal para seguir sensibilizando e achegando o coñecemento sobre as súas realidades, espe- cialmente as máis vulnerables. Por comentar outro aspecto, é importante sensibilizar e visibilizar sobre as realidades das persoas trans, nomeadamente sobre as mulleres e as persoas non binarias. Dáme moita pena ver como parte do feminismo, desde determinados postulados do xéne- ro, cuestionan as realidades trans. Hai que seguir facendo un gran traballo de sensi- bilización e información, dado que moitas persoas descoñecen completamente estas e outras realidades do colectivo. Como bo educador, seguro que tes algún Como bo educador, seguro que tes algún soño, tanto no plano máis persoal como no soño, tanto no plano máis persoal como no social/colectivo… Podes compartirnos algún social/colectivo… Podes compartirnos algún deles? Soños? deles? Soños? Moitos! Principalmente o meu obxectivo, e creo que o de toda a comunidade, é con- seguir nun futuro que as nosas realidades e vivencias, así como as nosas necesidades e características, formen parte de todos os espazos sociais de maneira transversal sen ningún tipo de discriminación e desigualda- de. Que ningunha persoa sexa discriminada ou excluída pola súa identidade, orientación ou expresión de xénero. Ese é o meu principal soño, mais, sen dúbi- da, queda moito por facer… Recursos: Recursos: Espacio Diverso do Concello da Coruña Espacio Diverso do Concello da Coruña Centro Cívico Ciudade Vella. Calle Centro Cívico Ciudade Vella. Calle Veeduría 2. 15001 A Coruña Veeduría 2. 15001 A Coruña 981189889 981189889 espazodiverso@coruna.gal espazodiverso@coruna.gal Horario: de luns a vernes, de 10:00 a Horario: de luns a vernes, de 10:00 a 13:30 e de 17:00 a 20:30 13:30 e de 17:00 a 20:30 Observatorio Coruñés contra a LGTBIfobia Observatorio Coruñés contra a LGTBIfobia ALAS Coruña. C/ Cardenal Cisneros ALAS Coruña. C/ Cardenal Cisneros 68, bajo derecha. 68, bajo derecha. (+34) 622 07 29 40 (+34) 622 07 29 40 denuncia@corunasenodio.org denuncia@corunasenodio.org Horario: luns, martes e xoves de Horario: luns, martes e xoves de 09:30 a 13:30 ou cita previa 09:30 a 13:30 ou cita previa Arquitectas premiadas. Análisis de las arquitectas premiadas en Galicia 1988-2021. Arquitectas premiadas. Análisis de las arquitectas premiadas en Galicia 1988-2021. Laura del Monte Rodríguez Laura del Monte Rodríguez 2º premio TFG- Enxeñaría e Arquitectura do XI Concurso de Traballos Académi- cos con Perspectiva e Xénero Ángeles Alvariño Este traballo nace da desigualdade que existe tanto na carreira de Arquitectura como na profesión. Nos últimos anos podemos observar un gran crecemento de alumnas nas aulas, que mesmo chegan a ser maioría. Con todo, unha vez fóra da escola, a profesión segue estando dominada por estudos de arquitectura liderados por arquitectos. Esta fenda evidénciase aínda máis á hora de outorgar premios, onde as mulleres son a excepción á norma. Así, este traballo pretende pór en valor ás mulleres arquitectas premiadas dentro de Galicia no ámbito da arqui- tectura a través da análise de tres premios de arquitectura: os premios COAG, os premios Gran de Area, e os premios Juana de Veiga de intervencións na paisaxe.