1. Federación de Comercio Hostalería e Turismo
fecohtgalicia.blogspot.com
5º COMUNICADO
NEGOCIACIÓN CONVENIO HOSTALERÍA DE PONTEVEDRA
Reunión do día 10 de abril de 2012
Firmado preacordo
Despois de 23 reunión de negociación que comezaba no ano 2011, no día de hoxe,
CCOO e UGT conseguimos chegar a un preacordo de firma que se resume nos
seguintes puntos:
• Vixencia de cinco anos, 2011 a 2015.
• Cláusula de ultravixencia que garante o mantemento do convenio mentres non
se asine outro que o sustituia.
• Redución de niveis salariais, pasando dos actuais 14 a 10 a partir do 1 de
xaneiro de 2013.
• Incremento lineal do salario base de 5 € mensuais para o 2013, 15 € para o
2014 e 25 € para o 2015.
• Incremento para o plus de transporte, manutención e aloxamento do 0,75%
para o ano 2013, 1% para o 2014 e 2% para o 2015.
• Cláusula de revisión que operará a partir do 2,5% para o ano 2013 e o 2% para
os anos 2014 e 2015. Esta revisión aplicarase no exceso entre estes
porcentaxes e o IPC real de cada ano, aplicando esta diferenza porcentual o
nivel salarial 13 e repartindo o resultado de forma lineal.
• Incremento da posibilidade de acumulación do permiso de lactación dos 15
días actuais a 16.
• Establecer a obriga de proporcionar o uniforme no caso de que se esixan
uniformes especiais ou de confección ou teas concretas.
• Incluír o permiso para acompañamento de fillos menores de 12 anos ou
maiores discapacitados o medico da Seguridade Social.
• Establecese o 15% de xornada irregular.
A valoración que facemos dende CCOO de este preacordo e positiva, tendo en conta
todas as dificultades que ten a negociación colectiva nestes tempos. A inclusión da
cláusula de ultravixencia e a revisión salarial que vai garantir unha menor perda de
poder adquisitivo, conseguen que consideremos este convenio asinable.
Quedamos emprazados para asinar o convenio o próximo xoves día 18 as 17’30.