1. Federación de Comercio Hostalería e Turismo
fecohtgalicia.blogspot.com
COMUNICADO
CONVENIO MATERIAIS DE CONTRUCCIÓN E SANEAMENTO
PONTEVEDRA
Asinadas a revisión das táboas salariais do ano 2011 e o
convenio para os anos 2012 e 2013
A desviación do IPC do ano 2011 supuxo unha revisión dos salarios
correspondentes a este ano do 1’4%. Esta revisión está establecida no
Convenio con carácter retroactivo, o que supón que a partires da publicación
no boletín as empresas teñan que aboar os atrasos correspondentes.
Por outra banda informamos da sinatura do convenio para os anos 2012 e
2013 con as seguintes melloras:
• Incremento do 0’5% para cada un dos anos de vixencia con revisión, con
carácter retroactivo, na diferenza entre este incremento e o IPC real.
• As horas extraordinarias pasan a aboarse có incremento do 100% sobre
a hora ordinaria.
• Bolsa de vacacións establecida en 200€
• Licenza retribuída para asistencia ó médico en medicina privada.
• Redución de xornada por coidado de fillo ata os 10 anos.
• O permiso de 16 semanas por adopción ou acollemento establece para
calquera idade.
• Compromiso do 80% de emprego fixo en todas as empresas.
• Artigo novo sobre violencia de xénero.
Ademais das melloras de carácter normativo, dende CC.OO. queremos
destacar a garantía de mantemento do poder adquisitivo dos salarios durante
os dous anos de vixencia e o incremento nun 25% no valor das horas extras e
de 50€ na bolsa de vacacións.