1. Federación de Comercio Hostalería e Turismo
Convenio de Exportadores de Peixe Fresco de Pontevedra
2º Comunicado
30 de maio de 2013
No día de hoxe tivo lugar a primeira reunión de negociación de este
convenio.
Por parte da patronal fíxose un alegato sobre as dificultades por as que
está a pasar o sector nestes momentos e unha proposta de conxelación do
convenio nos seguintes termos:
• Vixencia hasta o 2014 (catro anos.
• Conxelación salarial.
• Conxelación da antigüidade que nestes momentos está establecida en
catrienios ó 6%.
• O tema da ultravixencia en principio nos están en disposición de
recollelo.
Dende CCOO manifestamos a nosa disposición a negociar un convenio
nos termos nos que se asinaron os últimos do sector de comercio nesta
provincia, nos que se inclúe a moderación salarial pero con incremento, a
mellora en aspectos normativos e a inclusión da cláusula de ultravixencia.
A próxima reunión está convocada para o xoves día 13 ás 18:00 horas.