PROXECTO LINGÜÍSTICOC .E .I. P. FERMÍN BOUZA BREY -        PONTEAREAS      CURSO: 2.010-2.011
MARCO LEGAL VIXENTE:Tomamos como referencia para a elaboración do PLC o Decreto 79/2010, do 20 de maio, parao plurilingüis...
Neste curso 2.010 -2011 contamos a comezo de curso, cun total de 611 alumnas/osmatriculados .Gran parte do noso alumnado t...
alumnado adquira, de forma oral e escrita, o coñecemento da outra lengua oficial de Galiciadentro dos límites da etapa ou ...
ENSINO PRIMARIO           (Artigo 6 o Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo noensino non universitario de ...
2 horas de EF2ºCICLO3º CURSOEn Lingua galega    En Lingua castelá   Inglés4 horas LG          4 horas LC          3 horas ...
6º CURSO   En Lingua galega         En Lingua castelá      Inglés   3 horas LG               3 horas LC            3 horas...
Tanto nas producións escritas coma orais procúrase a participación activa en representacións,cancións, recitados, dramatiz...
•    Mochila viaxeira: cada semana, irase turnando entre o alumnado unha mochila que leva     libros , película e revistas...
•   Ao carecer o Centro dun programa específico de inmersión lingüística, o alumnado    inmigrante intégrase nas aulas cor...
•   Festa das cabazas ou calacús colaborando co departamento de inglés para mostrar as    semellanzas ou diferenzas coa fe...
sobre o que xiran os diferentes artigos coa visión persoal que lle da cada mestre co seu         grupo de alumnas e alumno...
•   Utilizarase a lingua galega oral e escrita por parte do centro, tanto nas relacións   que       se manteñan coas admin...
Upcoming SlideShare
Loading in …5
×

Plc

737 views

Published on

0 Comments
0 Likes
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

No Downloads
Views
Total views
737
On SlideShare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
1
Actions
Shares
0
Downloads
6
Comments
0
Likes
0
Embeds 0
No embeds

No notes for slide

Plc

  1. 1. PROXECTO LINGÜÍSTICOC .E .I. P. FERMÍN BOUZA BREY - PONTEAREAS CURSO: 2.010-2.011
  2. 2. MARCO LEGAL VIXENTE:Tomamos como referencia para a elaboración do PLC o Decreto 79/2010, do 20 de maio, parao plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia publicado o Martes, 25 de maio de 2010no nº 97 do Diario Oficial de Galicia para a súa aplicación en todos os centros docentes .Este decreto baséase no marco lingüístico establecido pola Constitución española de 1978 epolo Estatuto de Autonomía de Galicia de 1981. Ademais, desenvolve a Lei 3/1983, do 15 dexuño, de Normalización Lingüística, no relativo ao uso do galego no ensino nos niveis nonuniversitarios, e a Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.Recollemos do Decreto os seguintes aspectos, como punto de partida para a elaboración donoso Proxecto Lingüístico:A Lei 3/1983, do 15 de xuño, de Normalización Lingüística, de conformidade coas disposiciónsprecedentes, garante a igualdade do galego e do castelán como linguas oficiais de Galicia.O artigo 14 desta lei indica que ao remate do ensino obrigatorio se garantirá a igualdade decompetencia lingüística nos dous idiomas oficiais. Nesta mesma liña, e desde unha perspectivamáis global, tamén se pronuncian a Carta europea de linguas rexionais e minoritarias de 1992,ratificada polo goberno do Estado español en 2001, e o Plan xeral de normalización da linguagalega, aprobado por unanimidade no Parlamento de Galicia en setembro do 2004.(...)Neste sentido, é necesario reforzar a dimensión comunicativa do galego en relación concontextos vivos, facilitarlle ao alumnado unha oferta educativa que o axude a percibir a utilidadeda lingua e que o capacite para o seu uso correcto e eficaz, erradicando especialmente o seuemprego sexista en todos os ámbitos e respectando, así mesmo, a situación sociolingüística enque se enmarca cada centro.Ademais, a realidade social europea en que vivimos, nun contexto de globalización e demobilidade laboral, sitúanos nun espazo internacional de plurilingüismo.Esta nova realidade exixe un marco educativo que atenda esta necesidade social, posibilitandoa capacitación efectiva do alumnado nas dúas linguas oficiais e nunha ou varias linguasestranxeiras,seguindo para iso o marco delimitado pola Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, deeducación, que establece como un dos seus fins a capacitación para a comunicación naslinguas oficiais e nunha ou varias linguas estranxeiras.ANÁLISE SOCIOLINGÜÍSTICA:O C.E.I.P. Fermín Bouza Brey está situado no casco urbano da vila de Ponteareas, da queprocede todo o alumnado de Infantil e parte do de Primaria, que se completa con nenos e nenasdalgunhas parroquias: Areas, Xinzo, Arnoso, Moreira, Angoares e unha pequena parte deCristiñade (o barrio da Porteliña).
  3. 3. Neste curso 2.010 -2011 contamos a comezo de curso, cun total de 611 alumnas/osmatriculados .Gran parte do noso alumnado ten o castelán como lingua materna e, os que teñen o galegocomo lingua nai, proceden maioritariamente do rural.A situación do idioma galego no entorno segue a ser claramente diglósica . Se ben é certo queo noso alumnado está en contacto cotiá coa lingua galega de diferentes xeitos, as familiaseducan aos nenos e nenas maioritariamente en castelán independentemente de que osascendentes sexan galego-falantes.Ademais contamos con alumnado inmigrante, procedente de varios países e doutrascomunidades españolas que coñecen e se expresan máis en castelán que en galego.Isto fai que sigamos considerando que a porcentaxe de alumnado do noso centro, que utiliza ogalego como lingua vehicular non supera o 25%.A baixa tendencia observada no alumnado de usar o galego na súa expresión oral e escrita dexeito espontáneo, fainos reflexionar na necesidade de seguir potenciando o uso da linguagalega na maioría das actividades do noso centro para reforzar as horas propias de docencianesta lingua e poder acadar a competencia comunicativa desexada, equiparada á da linguacastelá ao final das respectivas etapas, como especifica o Decreto.Os obxectivos por tanto que guiarán o noso Proxecto Lingüístico serán:a) Que o noso alumnado acade a competencia lingüística propia do seu nivel nas dúas linguasoficiais.b) Que valorice a cultura do seu entorno e aprenda a usar o galego como lingua decomunicación normal.c) Que toda a comunidade educativa participe na normalización do uso da lingua galega paraacadar un bilingüísmo harmónico pleno.d) Establecer unha serie de actividades co obxectivo de contribuir a lle dar vitalidade e prestixiosocial á lingua máis desfavorecida , no noso entorno .e) Potenciar a capacitación para a comunicación na lingua estranxeira (inglés).1. MEDIDAS ADOPTADAS PARA O DESENVOLVEMENTO DO PROXECTO LINGÜÍSTICO :EDUCACIÓN INFANTIL(Artigo 5 do Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitariode Galicia )1. Na etapa de educación infantil, o profesorado usará na aula a lingua materna predominanteentre o alumnado, ben que deberá ter en conta a lingua do contorno e procurará que o
  4. 4. alumnado adquira, de forma oral e escrita, o coñecemento da outra lengua oficial de Galiciadentro dos límites da etapa ou ciclo.2. A lingua materna predominante do alumnado será determinada polo centro educativo deacordo coresultado dunha pregunta que se efectuará aos pais, nais, titores/as ou representantes legais doalumno/aantes do comezo do curso escolar acerca da lengua materna do seu fillo ou filla.3. Atenderase de xeito individualizado o alumnado tendo en conta a súa lingua materna.4. Cada centro educativo deberá facer constar no seu proxecto lingüístico as actividades eestratexiasde aprendizaxe empregadas para que o alumnado adquira, de forma oral e escrita, ocoñecemento dasdúas linguas oficiais.Consultadas as familias a finais do curso 2009-2010, determínase que a lingua maternapredominante no noso entorno é o castelán . De acordo co decreto do plurilingüismo , oprofesorado usará na aula esta lingua e procurará que o alumnado adquira de forma orale escrita , o coñecemento da lingua galega dentro dos límites da etapa ou ciclo,procurando manter unha atención individualizada ao alumnado segundo a súa linguamaterna..Establécense estratexias de iniciación do galego en actividades coma : PSICOMOTRICIDADE INFORMÁTICA (aínda que non existen moitos recursos en galego adaptados á Educación Infantil) RUTINAS: ( asemblea , día da semana...) HORA DO CONTO , Recitado de poesías, trabalinguas,cancións... CELEBRACIÓNS DAS FESTAS TRADICIONAIS A lingua estranxeira inglés, ofrécese ao alumnado de E. I. en sesións dunha hora semanal, desde os 3 anos, seguindo o Plan de Anticipación posto en marcha hai xa varios anos no noso centro.
  5. 5. ENSINO PRIMARIO (Artigo 6 o Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo noensino non universitario de Galicia ).1. Garantirase a adquisición da competencia lingüística propia da etapa e do nivel nas dúaslenguas oficiais de Galicia.2. As materias de lingua impartiranse no idioma de referencia.3. Impartirase en galego a materia de Coñecemento do medio natural, social e cultural, e encastelána materia de Matemáticas.4. Cada centro educativo, segundo o procedemento establecido no regulamento de centros,decidirá a lingua en que se impartirá o resto de materias de cada curso, garantindo que asmaterias en galego e en castelán se distribúen na mesma porcentaxe de horas semanais, senprexuízo do disposto no capítuloIV (sobre a impartición de materias en lenguas estranxeiras). Este proceso realizarase cadacatro cursos escolares.Distribución horaria das materias: 1º CICLO 1º CURSO: En Lingua galega En Lingua castelá En Inglés 4 horas LG 4 horas LC 2 horas L.E. 5 horas COÑEC. 5 horas MATE 2 horas de EF 2 horas de E. A. 1hora REL ou AE 2º CURSO: En Lingua galega En Lingua castelá En Inglés 4 horas LG 4 horas LC 2 horas L.E. 4 horas COÑEC. 5 horas MATE 2 horas REL ou AE 2 horas de E. A.
  6. 6. 2 horas de EF2ºCICLO3º CURSOEn Lingua galega En Lingua castelá Inglés4 horas LG 4 horas LC 3 horas L.E.5 horas COÑEC. 4 horas MATE1hora REL ou AE 2 horas de E. A.1 hora de EF 1 hora de E:F.4º CURSOEn Lingua galega En Lingua castelá Inglés4 horas LG 4 horas LC 3 horas L.E.4 horas COÑEC. 4 horas MATE2 horas REL ou AE 2 horas de E. A.2 horas de EF3ºCICLO5º CURSOEn Lingua galega En Lingua castelá Inglés4 horas LG 4 horas LC 3 horas L.E.5 horas COÑEC. 4 horas MATE1 horas REL ou AE 2 horas de E. A.2 horas de EF
  7. 7. 6º CURSO En Lingua galega En Lingua castelá Inglés 3 horas LG 3 horas LC 3 horas L.E. 4 horas COÑEC. 4 horas MATE 2 horas REL ou AE 2 horas de E. A. 1 hora de E CID. 1 hora de E. CID. 2 horas de EFNOTA: Na área de Educación Física, utilizaranse a lingua galega e castelá indistintamente, paraachegarse ao equilibrio en horas de docencia en ambas linguas.1º CICLO DE PRIMARIA:No 1º Ciclo conflúe alumnado escolarizado desde E.Infantil no noso centro maioritariamentecastelán-falante , co procedente do Colexio Rural Agrupado “CRA Picaraña”maioritariamentegalego-falantes.Para a introdución e desenvolvemento das técnicas instrumentais de lecto-escritura adáptarasea metodoloxía á lingua materna predominante na aula , para elo nas entrevistas cos pais e naispreguntaremos cál é a lingua máis usada na casa. Coidarase a atención individualizada naquelalumnado que teña coma lingua materna a non maioritaria.Irase ampliando o uso da lingua galega ,dun xeito progresivo. Farase a “hora de ler” erealizarase o mesmo tipo de actividades en ambas linguas, para intentar equilibrar acompetencia no uso de ambas linguas.En lingua estranxeira impártese o inglés , fixando como obxectivo iniciar unha competenciabásica no uso do idioma .SEGUNDO E TERCER CICLO DA PRIMARIANo 2º e 3º ciclo de Primaria cando se trata de desenvolver as técnicas instrumentais adquiridasnas etapas anteriores , procuraremos insistir en lograr un nivel de igual competencia nas dúaslinguas oficiais, tanto na expresión escrita como na expresión oral , atendendo especialmente álingua galega, xa que se observa un nivel de competencia moi por debaixo do castelán.En canto á Lingua estranxeira, seguirase a metodoloxía que capacite ao alumnado nacompetencia para desenvolverse con soltura , utilizando un vocabulario axeitado que o capacitepara unha comunicación elemental.
  8. 8. Tanto nas producións escritas coma orais procúrase a participación activa en representacións,cancións, recitados, dramatizacións, interaccións dirixidas...2. MEDIDAS DE APOIO E REFORZO PARA UN CORRECTO USO LINGÜÍSTICO ESCOLAR EEDUCATIVO FOMENTANDO O PLURILINGÜÍSMO:• Fomentarase o uso oral e escrito das diferentes linguas que se imparten no centro.• Intentarase equiparar o material bibliográfico, fonográfico, multimedia…nas diferentes linguas : castelán , galego e inglés.• Poñerase a disposición do profesorado o material inventariado.• Proporcionaráselles aos membros da comunidade educativa información• sobre as actividades, actos e institucións culturais relacionadas co seu contorno lingüístico e animaráselles a participar nelas.• Animarase aos membros de toda a comunidade educativa a empregar o galego nas distintas actividades escolares que se desenvolvan durante o curso: celebracións, festivais... por ser a lingua oficial máis desfavorecida no noso contorno.• Traballaranse distintos aspectos da cultura tradicional e recopilarase información no entorno familiar e cultural, valorizando o respecto do noso patrimonio material e inmaterial.• Participarase en actividades complementarias que xurdan durante o curso a prol das dúas linguas oficiais, así como na lingua estranxeira, inglés.• Reforzarase a lecto-escritura nas diversas linguas superando as eivas de materiais editados en galego ( revistas, libros, cómics).• Desdobraranse as aulas para lograr un mellor uso das TIC de apoio e reforzo das diferentes áreas e potenciarase o uso das dúas linguas oficiais, así como o Inglés utilizando programas didácticos axeitados.• Realizaranse actividades de animación á lectura : Desdobraremos a aula para ler e comentar mellor obras de autores casteláns e galegos da actualidade coa finalidade de que a estes últimos incluso poidan chegar a coñecelos personalmente e así promover o valor social da lingua galega. (Fina Casalderrey , Anxo Fariña , Alfonso Quintiá...son algúns dos autores que tivemos o gusto de traer ao noso centro en diferentes cursos).• Adicaremos 15 minutos despois do recreo para ter un “Tempo de ler”, no que o alumnado elexirá libremente da biblioteca de aula ( ou se prefire pode traelo de casa) que libro, revista, cómic ...lle apetece ler nese tempo.
  9. 9. • Mochila viaxeira: cada semana, irase turnando entre o alumnado unha mochila que leva libros , película e revistas educativas para ler e comentar en familia. Procurarase equilibrar o seu contido en galego e castelán.• Club de lectura: con profesorado voluntario se realizarán sesións de lectura comentada de libros nas dúas linguas oficiais. O alumnado participante neste club deberá mostrar un interés especial cara a lectura.• Empregarase o Inglés en actividades lúdicas de representacións de diferentes cancións, celebración do halloween... ante alumnado de cursos inferiores.3. CRITERIOS PARA DETERMINAR A LINGUA PREDOMINANTE NO CONTORNO: A / Observación directa: • Reunións coas nais e pais do noso alumnado. • Utilización informal da lingua oral entre o alumnado na aula e no patio. • Emprego da lingua escrita dirixida de pais a profesores. B/ Observación indirecta: • Enquisas ao alumnado e ás familias que permitan coñecer que idioma utilizan a cotío en diferentes contextos. Aplicada a consulta ás familias na Educación Infantil, podemos constatar que a lingua materna é o castelán na maioría do alumnado. Tamén nas conversas en titoría das nais e pais cos titores obsérvase que ainda que o mestre se dirixe en galego, as familias tenden a usar maioritariamente o castelán.4. MEDIDAS ADOPTADAS PARA ALUMNADO INMIGRANTE: Na actualidade no noso centro temos alumnado inmigrante procedente doutras comunidades españolas e tamén doutros paises . En ambos casos coñecen en maior e menor grao o castelán. 1º Ciclo: alumnado de Arxentina, Colombia , Uruguay . 2º Ciclo: alumnado de Colombia, Uruguay, Inglaterra e Portugal . 3º ciclo: alumnos de Brasil, Inglaterra, Uruguay , Suíza. Alumnado doutras comunidades : Salamanca , Cataluña, Lanzarote.
  10. 10. • Ao carecer o Centro dun programa específico de inmersión lingüística, o alumnado inmigrante intégrase nas aulas correspondentes, á espera de ser avaliado o seu grao de coñecemento dalgunha das linguas oficiais.• Avaliación pola comisión pedagóxica da necesidade de solicitar profesores para apoio lingüístico.• Determinación polo orientador do centro, da necesidade de recibir unha atención específica, ou no seu caso unha adaptación da programación para o logro paulatino das competencias lingüísticas nas linguas oficiais.• Apoio individualizado na aula do titor ou titora, utilizando no inicio da súa escolarización preferentemente unha das linguas cooficiais onde se sinta con máis soltura o alumno/a e progresivamente introducilo no uso das demais linguas do currículo .• Fomentar a súa integración e interacción co grupo-clase.No caso de descoñecemento total das dúas linguas oficiais da nosa Comunidade Autónoma, seadoptarán as seguintes medidas:• Creación dunha aula de integración lingüística ou aula de acollida na que recibirían unha atención específica que será , simultáneo á escolarización nos grupos ordinarios conforme o nivel e a evolución da súa aprendizaxe.• Corresponde ás administracións educativas adoptar medidas singulares naqueles centros que resulte necesaria unha intervención educativa compensatoria. ( Lei orgánica 2/2006 de 3 de maio (LOE)(BOE4-5-2006), artigos 79 e 815. ACTIVIDADES DINAMIZADORAS DA LINGUA GALEGA: Desde hai anos os equipos de Dinamización da Lingua galega, Biblioteca e Actividades complementarias chegaron ao acordo de traballar conxuntamente na proposta de actividades dinamizadoras da lingua galega ao longo do curso escolar. • Animación ao uso activo de actividades propostas desde o Blog da Biblioteca www.bibliobrey.blogspot.com. así como de consulta de diferentes informacións que se inclúen no mesmo. • Exposicións didácticas ao longo do curso que teñen que ver coas actividades que existen no entorno do alumnado e que responden a actividades cíclicas anuais: a vendima, o millo, os froitos de outono, a mata, a castaña... • Obradoiro de libros: intentando recoller refráns, adiviñas,cantigas, costumes destas actividades ... implicando ás familias na transmisión e conservación das mesmas.
  11. 11. • Festa das cabazas ou calacús colaborando co departamento de inglés para mostrar as semellanzas ou diferenzas coa festa do “Hallowen”.• Certames de relatos de medo onde o alumnado recolle contos tradicionais ou ben inventa relatos que le diante doutros compañeiros e compañeiras .• Transmisión e fomento da oralidade en lingua galega a través da escenificación de conxuros e contos de medo do alumnado do 3º nivel para o alumnado do 2º ciclo, aproveitando contos tradicionais, polo mes de novembro.• Celebración do Magosto no patio do colexio: cada nivel encárgase de asar castañas, formando unha fogueira co bullo aportado polo alumnado , usando o xeito tradicional de asado desta zona.• Festival de Nadal: cantigas e escenificacións, normalmente úsanse as tres linguas en diferentes actuacións e procúrase que o fío condutor da presentación das diferentes actuacións sexa en lingua galega.• Certame de contos de Nadal.• Encontros con autores fomentando a lectura e creando sentimentos de valorización da nosa lingua.• Dia da Paz : traballos de murais e slogans pacifistas . Celebración no patio de todo o colexio do día da paz coa exposición de slogans ou peticións elaborados nas aulas e nos que procuramos que maiormente sexan en lingua galega.• Actividades lúdicas de caracter cooperativo e canción elexida para a celebración anual desta data, cantada á vez por todo o conxunto do alumnado, no patio do colexio.• Celebración da festa tradicional do Entroido. Colaboración das familias na elaboración de postres típicos. Elaboración de disfraces nas aulas para que cada nivel forme a súa comparsa. Invención de coplas por parte do alumnado do ciclo superior para levar a cabo despois do desfile de comparsas o xuízo ao meco.• Realización de traballos previos nas aulas sobre un tema global que elexido ao comezo de curso polos tres departamentos, normalmente se desenvolve durante o 2º e tercer trimestre , culminando cunha exposición que recolle o conxunto de traballos nos diferentes cursos.• Implicación das familias na pescuda de información sobre diferentes temas: toponimia da zona, plantas mediciñais, refráns, aportación de fotografías ect.• Edición da revista escolar CARREIRO onde recollemos fotograficamente a meirande parte dos traballos elaborados nos diferentes cursos que resumen o traballo cooperativo do noso centro. Ademais cada ano a revista desenvolve un tema global
  12. 12. sobre o que xiran os diferentes artigos coa visión persoal que lle da cada mestre co seu grupo de alumnas e alumnos. • Semana das Letras Galegas: Nesta semana ten especial relevancia ao autor /a homenaxeado e dáse a coñecer a súa vida e obra a través da exposición que dun traballo cooperativo que previamente se prepara en diferentes cursos sobre a súa persoa. • Realizaranse encontros con personaxes públicos ( Álvaro Pino , ciclista emblemático en Ponteareas, Ilda Amoedo fundadora do centro da recuperación da cultura popular no castelo de Vilasobroso, ...etc ) que empreguen o galego na súa profesión e así promover a valorización da lingua galega na sociedade. • Outra actividade dinamizadora no uso da lingua galega e que ten moito éxito entre o noso alumnado é a MOSTRA DE TEATRO ( este ano será a 6ª Mostra de teatro) que ao longo do mes de maio no noso centro a pesares das dificultades de espazo que estamos tendo, se leva a cabo . • Consiste na representación de varias obras de teatro que distintos grupos de alumnas e alumnos preparados polos seus titores , realizan para outros grupos de alumnos. • A Semana do Cine realizámola durante o mes de maio proxectando películas en galego para que o noso alumnado poda ir coñecendo as producións feitas ou dobradas ao galego que normalmente non poden ver a través da T.V. • Colaboracións ao longo do curso con diferentes entidades: Caixanova, Asociacións culturais e ecoloxistas da zona , EDL do concello ect. que promovan a lingua e cultura galega. • Tratar de intercambiar experiencias con outros centros educativos tanto do noso Concello como de fora del. • Irase creando unha fonoteca e mediateca de materiais en lingua galega para que o alumnado coñeza a riqueza das produccións feitas en galego.Como se observa que hai menos materiais didácticos multimedia editados en galego quenas outras linguas (castelán e inglés), procuraremos a través do blog e páxina web docolexio dar a coñecer e incentivar o uso de programas informáticos en lingua galega quevaiamos coñecendo, para que o alumnado e as familias aprecien que a lingua galega é unhalingua actual , moderna que se emprega nas novas tecnoloxías.• Potenciar o uso das TIC no uso da lingua galega para que o alumnado a perciba como unha lingua actual que pode usar sen complexos en todas as áreas do saber.• Introducirase ao alumnado no uso do correo electrónico, elaboración de documentos word, power point sobre temas propostos etc.
  13. 13. • Utilizarase a lingua galega oral e escrita por parte do centro, tanto nas relacións que se manteñan coas administracións territoriais e locais e demáis entidades públicas galegas, en todos os documentos oficiais, comunicacións e escritos ás familias como indica a Lei Orgánica do 3 de maio do 2006 de Educación. • Repartirase entre o profesorado as variacións que se vaian dando respecto a normativa vixente en materia lingüística, para a súa aplicación.COMISIÓN DE PROFESORADO PARTICIPANTE NA REDACCIÓN DESTE PROXECTO :Ana Mª Carrera Rodríguez profesora en E.I.Beatriz González Alfaro profesora de InglésIsabel Rodríguez Martínez profesora no 1º ciclo de EP e coordinadora do 1º ciclo.Arancha Míguez Iglesias profesora no 2º ciclo da EPIsabel Fernández Picos profesora no 3º Ciclo da EP e Coordinadora de EDLConsuelo Ucha Peña profesora de Lingua galega e Castelá no 3º ciclo da EP e xefa de estudosRosa Mª Furelos León adscrita ao 3º ciclo da educación Primaria e directora Revisado e actualizado en setembro de 2010

×