SlideShare a Scribd company logo
1 of 10
Download to read offline
1


INTRODUCIÓN Á INMUNOLOXÍA

• A inmunoloxía é a rama da bioloxía encargada de estudar os mecanismos de defensa
  cos que contan os seres vivos
• Tódolos seres vivos posúen mecanismos de defensa para protexerse, non só doutros
  organismos, senón tamén de substancias estrañas que poden invadir o seu medio
  interno.
• Nos animais este sistema defensivo chámase sistema inmune (S.I.) e a súa misión é
  producir a inmunidade do individuo fronte aos xérmenes
• Podemos definir a inmunidade como a capacidade dun organismo de diferenciar as
  estructuras propias das alleas mediante o seu sistema inmune, co fin da súa defensa
• Os animais desenvolveron ao longo da evolución unha serie de mecanismos de defensa
  ou barreiras defensivas

MECANISMOS DE DEFENSA.
BARREIRAS DEFENSIVAS:

Cando un microbio ou substancia estraña trata de introducirse no corpo dun animal ten
que superar tres barreiras ou niveis defensivos:

• Primeira barreira:
      • A pel (e as secrecións das superficies mucosas) que actúan como unha barreira:
              • mecánica, debido á súa estrutura
              • química, debido as secrecións que produce
              • e biolóxica debido á microflora que contén
      • Se o microbio invade os tecidos, actívase a
• Segunda barreira ou resposta celular inespecífica,
      • cando as células afectadas reaccionan producindo sustancias antimicrobianas
         (como o interferón), e outras (como a histamina), que desencadean unha
         reacción inflamatoria co obxectivo de favorecer a chegada á zona afectada de
         fagocitos que se encargarán de dixerir ó microbio
      • Se os mecanismos de defensa anteriores non bastan para controlar a infección,
         actívase unha
• Terceira barreira (sistema de defensa específico),
      • na que o organismo pon en marcha a resposta inmunitaria
              • para que os linfocitos produzan anticorpos que provocan a destrución do
                microbio (resposta humoral),
              • ou ben o ataquen directamente (resposta celular)

Os mecanismos de defensa poden ser:
• Mecanismos inespecíficos cando actúan sempre igual independentemente do axente
  invasor. Este mecanismos poden actuar como:
       • Defensas pasivas: Son as barreiras externas como a pel, as mucosas, etc.
          (primeira barreira)
       • Defensas activas: A resposta inflamatoria e as células fagocitarias (segunda
          barreira)
• Mecanismos específicos: cando a resposta ven determinada pola natureza do antíxeno
  e é específica del. Desta resposta encárganse as células especializadas (linfocitos) do
  S.I. (terceira barreira).
2


MECANISMOS DE DEFENSA NATURAL E INESPECÍFICOS

• A pel e as mucosas, como primeira barreira defensiva son bastante efectivas,
  impedindo a entrada dos microorganismos no noso corpo, pero no caso de feridas ou
  lesións na pel é preciso poñer en marcha a
• segunda barreira:
    • Resposta inflamatoria
            • Cando as células da pel se lesionan segregan, entre outras, substancias
               como a histamina e as prostaglandinas que provocan:
                    1. a inflamación: distensión dos capilares, para que chegue máis
                       sangue á zona e con ela máis células fagocitarias
                    2. aumento de temperatura na zona: isto produce un aumento do
                       metabolismo local que favorece a acción dos fagocitos ao tempo
                       que prexudica o desenvolvemento das bacterias
       • Células fagocitarias:
               • Son glóbulos brancos especializados na fagocitose.
               • Os fagocitos son:
                       • Os granulocitos:
                              • Tamén se lles pode chamar micrófagos
                              • Son os primeiros en chegar á zona
                              • Podemos distinguir tres tipos segundo o colorante que os
                                 tinxe:
                                      • Eosinófilos, con colorantes ácidos
                                      • Neutrófilos, con colorantes neutros. Son os máis
                                      • Basófilos, con colorantes básicos. Segregan máis
                                         histamina
                       • Os macrófagos:
                              • Son de maior tamaño que os anteriores e proceden da
                                 maduración dos monocitos

• Outros mecanismos inespecíficos:
      • Sistema de complemento:
            • Actúa contra bacterias e virus membranosos. Amplifica o traballo dos
               anticorpos
            • Está formado por 20 proteínas (globulinas) circulantes, presentes no
               sangue e no líquido intercelular en forma inactiva
            • Estas proteínas actúan en cascada,
                    • cando un anticorpo se une a unha destas 20 proteínas prodúcese
                      a súa activación, esta proteína activa outra, e esta a outra, etc.
                    • como resultado destas reaccións en cascada prodúcese a rotura
                      das bacterias invasoras.
      • Interferón:
            • É unha glicoproteína, eficaz contra os virus
            • Cando unha célula é atacada por un virus, libera o interferón
            • O interferón únese ás células circundantes inducíndoas a sintetizar
               proteínas antivirais.
            • Tamén se une ós linfocitos activando a resposta do sistema inmune
3


MECANISMOS DE DEFENSA ESPECÍFICOS

a) ORGANIZACIÓN DO SISTEMA INMUNE

ÓRGANOS E TECIDOS LINFOIDES:

• Os órganos e tecidos linfoides están distribuídos por todo o corpo e o seu conxunto
  coñécese como sistema retículo-endotelial.
• Podemos distinguir entre dous tipos de órganos:
      1. Órganos linfoides primarios: Son aqueles onde se producen e maduran as
         células do sistema inmune (linfocitos)
      2. Órganos linfoides secundarios: Son aqueles onde se almacenan os linfocitos.

1. Os órganos linfoides primarios son: a medula ósea e o timo

       • A medula ósea
             • É o tecido óseo esponxoso
             • Atópase situada no interior dos ósos curtos e nas cabezas dos ósos
                 longos
             • Na medula ósea orixínanse os linfoblastos, que son as células nai dos
                 linfocitos
                      • Parte destes linfocitos maduran na medula ósea dando os
                         linfocitos B (sintetizan anticorpos)
                      • Outros linfocitos emigran ó timo para dar os linfocitos T
       • O timo:
             • Está situado na parte alta do tórax, na zona central próximo ó corazón
             • Neste órgano maduran os linfocitos procedentes da medula ósea dando
                 os linfocitos T

2. Os órganos linfoides secundarios son:

       • o bazo, os ganglios linfáticos, as amígdalas, o apéndice vermiforme e as placas
         de Peyer na parede intestinal. De todos eles os máis importantes son o bazo e
         os ganglios linfáticos.

       • O bazo:
             • É un órgano situado debaixo do pulmón esquerdo que
             • filtra e almacena o sangue e polo tanto os linfocitos T e B
             • é tamén o lugar de contacto dos linfocitos B e T cos antíxenos

       • Os ganglios linfáticos:
             • Están distribuídos ó longo do sistema linfático acumulándose
                principalmente no pescozo, axilas e ingres.
             • Os ganglios actúan como filtros de linfa
             • Nos ganglios tamén se produce o contacto dos linfocitos B e T cos
                antíxenos
4


CÉLULAS DO SISTEMA INMUNE:

1. Linfocitos B:

       • Maduran na medula ósea
       • Interveñen na resposta humoral
       • Son os encargados da fabricación dos anticorpos para a loita contra os
           antíxenos.
               • Cando entran en contacto cun antíxeno diferéncianse en dous tipos de
                  células:
                       a) células plasmáticas que fabrican os anticorpos
                       b) células de memoria que quedan no plasma en previsión de novos
                           ataques do mesmo antíxeno. Son a base das vacinas.
2. Linfocitos T:

       • Maduran no timo
       • Interveñen na resposta celular
       • Segundo o tipo de receptor de membrana que teñen os linfocitos T podemos
         establecer dúas clases: os T4 e os T8
       • Hai tres tipos básicos de linfocitos T, e cada un cumpre unha misión diferente:

               • Linfocitos (T4) coadxuvantes, auxiliares ou colaboradores
                     • A súa misión é recoñecer o antíxeno e activar (segregando
                         interleuquinas)
                              • os linfocitos B para que fabriquen o anticorpo específico
                                 para ese antíxeno
                              • os outros linfocitos T para que eliminen as células
                                 contaminadas
                     • Estes linfocitos son os que ataca o VIH.

               • Linfocitos (T8) citotóxicos ou asasinos
                     • Únense ás células marcadas co antíxeno ou as células anormais
                         (cancros) para a súa destrución.

               • Linfocitos (T8) supresores
                     • Encárganse de deter a acción inmune cando xa se destruíu o
                         axente patóxeno

CONCEPTO DE ANTÍXENO:

• Coñecemos como antíxeno todas aquelas substancias capaces de estimular a resposta
  inmune.
• Tamén o podemos definir como calquera partícula ou substancia considerada estraña
  polo organismo.
• Para loitar contra un antíxeno concreto os linfocitos B sintetizan un anticorpo
  específico
5


OS ANTICORPOS, ESTRUCTURA E FUNCIÓN

Estrutura:
• Os anticorpos ou inmunoglobulinas (Ig) son proteínas
   globulares
• Están formados por catro cadeas proteica unidas entre si
   por pontes disulfuro. O conxunto ten forma de Y grega.
• Das catro cadeas polipeptídicas,
        • dúas son lixeiras ou L (light)
        • e outras dúas pesadas ou H (heavy)
• Tanto as cadeas H como as cadeas L, presentan,
        • unha parte constante, que é igual en tódalas
          inmunoglobulinas,
        • e outra parte variable, adaptada ó antíxeno que hai
          que combater.

Función:
• A función dos anticorpos ou inmunoglobulinas é a loita contra os antíxenos para
   destruílos ou bloquealos
• Os anticorpos únense ós antíxenos mediante unha reacción chamada antíxeno-
   anticorpo.
• A principal característica desta reacción é a súa especificidade:
        • cada anticorpo recoñece e únese a un determinado antíxeno formándose o
           complexo antíxeno-anticorpo segundo o modelo de chave-pechadura
• Na reacción antíxeno-anticorpo pódense dar os seguintes casos:
        • Opsonización: Os anticorpos recobren o antíxeno para que sexa recoñecido e
           inxerido polas células fagocitarias
        • Neutralización: Os anticorpos péganse ó antíxeno alterando algunha das súas
           funcións vitais.
        • Aglutinación: Os anticorpos rodean varios unidades de antíxeno provocando a
           formación de agregados microbianos que acaban sedimentando
• Os anticorpos tamén poden activar o sistema de complemento ou loitar por si mesmos
   causando a lise de células estrañas

MECANISMOS DA RESPOSTA INMUNITARIA.

• Podemos distinguir dous tipos de resposta inmune

       • A resposta inmune primaria, nun primeiro contacto co antíxeno.
             • O S.I. ten que poñer en marcha a resposta inmunitaria desde cero. É
                moi lenta.

       • A resposta inmune secundaria, nun segundo contacto co antíxeno.
             • O S.I. xa conta con células de memoria preparadas para actuar e polo
                tanto é máis rápida
6


• Na resposta inmune podemos diferenciar dous tipos de inmunidade: a inmunidade
  celular e a inmunidade humoral

       • Inmunidade celular:
             • na inmunidade celular actúan as células fagocitarias, e os linfocitos T
                que destrúen os microorganismos.

       • Inmunidade humoral:
             • na inmunidade humoral o organismo produce anticorpos en resposta á
                presencia dun antíxeno

Cooperación celular:

• Cando un antíxeno entra nun organismo, atravesando as primeiras barreiras, ponse en
  marcha a resposta inmunitaria na que interveñen tódalas células do S.I. que cooperan
  entre si para a defensa do organismo. Basicamente o que acontece é:

       • Os macrófagos detectan un antíxeno e fagocítano e posteriormente presentan
         fragmentos do antíxeno ós linfocitos T que poden destruír directamente as
         células infectadas ou facilitar o desenvolvemento dos linfocitos B para a
         síntese dos anticorpos específicos para ese antíxeno.

• Con máis detalle:
7




       1. Os macrófagos detectan un antíxeno e fagocítano e posteriormente presentan
          fragmentos do antíxeno ós linfocitos T4
       2. Os linfocitos T4 ou TH (auxiliares ou “helpers”) informa:
               • Ós linfocitos B para que sinteticen os anticorpos específicos e
               • Ós linfocitos T citotóxicos ou asasinos para que destrúan as células
                  atacadas polos anticorpos ou as marcadas polos antíxenos
       3. Finalmente entrarán en acción os Linfocitos supresores para deter o proceso
          cando xa estea destruído o antíxeno.

• Algúns linfocitos TH, TC e linfocitos B quedan durante anos como células de memoria
  dispostos a provocar unha resposta secundaria ante o mesmo axente patóxeno. Nesta
  característica baséanse as vacinas

Hipótese da selección clonal:

• Esta hipótese postula que:
      • tódalas células formadoras de anticorpos son xeneticamente idénticas.
      • O organismo posúe moitas células inmunoloxicamente activas e cada unha delas
         só pode formar un único anticorpo, que se coñece como clon
      • cada clon ten un número baixo de células se non está presente o antíxeno,
      • pero no momento en que aparece o antíxeno, estas células, multiplícanse
         activamente aumentando considerablemente o seu número para loitar contra o
         antíxeno.



A INMUNOESTIMULACIÓN: VACINAS E SOROS

• A indución artificial da inmunidade fronte a unha enfermidade coñécese como
  inmunización e pode ser: activa ou pasiva

Inmunización activa: Vacinas.

• Unha vacina é un preparado artificial que contén o microorganismo patóxeno morto ou
  atenuado (ou a súa toxina) para que cando sexa inxectada no organismo estimule a
  fabricación de anticorpos e células de memoria, conseguindo inmunidade permanente
  fronte ao axente patóxeno.
• As vacinas utilízanse como medida de prevención da enfermidade
• O descubrimento da vacinas debémosllo a Jenner en 1796
      • Jenner observou, entre os gandeiros británicos, que as persoas que muxían as
         vacas e que, polo tanto, estaban en contacto coas vexigas (viruela) vacinas,
         estaban libres desta enfermidade ou padecían só unha variedade moi benigna.
         Utilizando este material inoculou a primeira vacina da historia a un neno.

Inmunización pasiva: Soros.

• O soro é un preparado artificial que contén anticorpos específicos contra unha
  determinada enfermidade.
8


• Neste caso o sistema inmune do organismo non se activa polo que non se fabrican
  células de memoria.
• Os soros úsase como medida curativa cando o individuo ten unha enfermidade e
  necesita anticorpos para combatela.

ALTERACIÓNS DO SISTEMA INMUNITARIO

• A hipersensibilidade: As alerxias
      • É un estado inmunitario que fai que o organismo responda de forma esaxerada a
         substancias que xeralmente son inofensivas
      • Esta resposta pode ser: Inmediata ou retardada como no caso da proba da
         tuberculina

• Autoinmunidade:
      • Enfermidade na que o sistema inmune perde a capacidade para diferenciar o
         propio do estraño, reaccionando coa fabricación de anticorpos contra
         elementos do propio organismo.
      • exemplos: artrite reumatoide, esclerose múltiple, psoríase.

• Transplantes de órganos:
      • O rexeitamento a un transplante é unha resposta inmunitaria

A SIDA

• Síndrome da inmunodeficiencia adquirida
• O VIH ataca os linfocitos T4.
9
10

More Related Content

Similar to Inmunoloxia agueda

Similar to Inmunoloxia agueda (20)

Estructura e función dos seres vivos
Estructura e función dos seres vivosEstructura e función dos seres vivos
Estructura e función dos seres vivos
 
Organizacion corpo humano_3_eso
Organizacion corpo humano_3_esoOrganizacion corpo humano_3_eso
Organizacion corpo humano_3_eso
 
A saúde humana
A saúde humanaA saúde humana
A saúde humana
 
Ficha unid 2 3º_ saúde_respostas
Ficha unid 2 3º_ saúde_respostasFicha unid 2 3º_ saúde_respostas
Ficha unid 2 3º_ saúde_respostas
 
Célula agueda
Célula aguedaCélula agueda
Célula agueda
 
Seresvivos 120228094032-phpapp02
Seresvivos 120228094032-phpapp02Seresvivos 120228094032-phpapp02
Seresvivos 120228094032-phpapp02
 
Seresvivos 120228094032-phpapp02
Seresvivos 120228094032-phpapp02Seresvivos 120228094032-phpapp02
Seresvivos 120228094032-phpapp02
 
Célula
CélulaCélula
Célula
 
As funcións vitais
As funcións vitaisAs funcións vitais
As funcións vitais
 
Tema 3 cmc
Tema 3 cmcTema 3 cmc
Tema 3 cmc
 
Tema 3 1º bch Tecidos animais e vexetais
Tema 3 1º bch Tecidos animais e vexetaisTema 3 1º bch Tecidos animais e vexetais
Tema 3 1º bch Tecidos animais e vexetais
 
Mantemento da vida maria casares
Mantemento da vida maria casaresMantemento da vida maria casares
Mantemento da vida maria casares
 
1 a celula 4º eso
1 a celula 4º eso1 a celula 4º eso
1 a celula 4º eso
 
Seresvivos 1primaria
Seresvivos 1primariaSeresvivos 1primaria
Seresvivos 1primaria
 
Seresvivos 5ºprimaria
Seresvivos 5ºprimariaSeresvivos 5ºprimaria
Seresvivos 5ºprimaria
 
Unidade 1 a célula
Unidade 1  a célulaUnidade 1  a célula
Unidade 1 a célula
 
Bioloxía clasificación dos seres vivos.docx
Bioloxía clasificación dos seres vivos.docxBioloxía clasificación dos seres vivos.docx
Bioloxía clasificación dos seres vivos.docx
 
Tema 7 saude_e_enferm biolox 3eso
Tema 7 saude_e_enferm biolox 3esoTema 7 saude_e_enferm biolox 3eso
Tema 7 saude_e_enferm biolox 3eso
 
Tema 7 saude_e_enferm biolox 3eso
Tema 7 saude_e_enferm biolox 3esoTema 7 saude_e_enferm biolox 3eso
Tema 7 saude_e_enferm biolox 3eso
 
A saúde humana
A saúde humanaA saúde humana
A saúde humana
 

More from juanapardo

Actividade dossier de prensa 2014
Actividade dossier de prensa 2014Actividade dossier de prensa 2014
Actividade dossier de prensa 2014juanapardo
 
Publicidade non sexista
Publicidade non sexistaPublicidade non sexista
Publicidade non sexistajuanapardo
 
Mulleres científicas
Mulleres científicasMulleres científicas
Mulleres científicasjuanapardo
 
Anuncios sexistas
Anuncios sexistasAnuncios sexistas
Anuncios sexistasjuanapardo
 
Anuncios sexistas
Anuncios sexistasAnuncios sexistas
Anuncios sexistasjuanapardo
 
Anuncios sexistas
Anuncios sexistasAnuncios sexistas
Anuncios sexistasjuanapardo
 
Anuncios sexistas
Anuncios sexistasAnuncios sexistas
Anuncios sexistasjuanapardo
 
Ficha 2 o universo
Ficha 2 o universoFicha 2 o universo
Ficha 2 o universojuanapardo
 
Ficha 3 fillos de áfrica
Ficha 3 fillos de áfricaFicha 3 fillos de áfrica
Ficha 3 fillos de áfricajuanapardo
 
Ficha 1 a ciencia e a sociedade
Ficha 1 a ciencia e a sociedadeFicha 1 a ciencia e a sociedade
Ficha 1 a ciencia e a sociedadejuanapardo
 
Actividade dossier de prensa
Actividade dossier de prensaActividade dossier de prensa
Actividade dossier de prensajuanapardo
 
Nuevos materiales.
Nuevos materiales.Nuevos materiales.
Nuevos materiales.juanapardo
 
Materiales.1274367220
Materiales.1274367220Materiales.1274367220
Materiales.1274367220juanapardo
 
Al gore.1240262326
Al gore.1240262326Al gore.1240262326
Al gore.1240262326juanapardo
 
Tema 5 para o exame
Tema 5 para o exameTema 5 para o exame
Tema 5 para o examejuanapardo
 
Tema 4 cmc para o exame
Tema 4 cmc para o exameTema 4 cmc para o exame
Tema 4 cmc para o examejuanapardo
 

More from juanapardo (20)

Actividade dossier de prensa 2014
Actividade dossier de prensa 2014Actividade dossier de prensa 2014
Actividade dossier de prensa 2014
 
Publicidade non sexista
Publicidade non sexistaPublicidade non sexista
Publicidade non sexista
 
Mulleres científicas
Mulleres científicasMulleres científicas
Mulleres científicas
 
Anuncios sexistas
Anuncios sexistasAnuncios sexistas
Anuncios sexistas
 
Anuncios sexistas
Anuncios sexistasAnuncios sexistas
Anuncios sexistas
 
Anuncios sexistas
Anuncios sexistasAnuncios sexistas
Anuncios sexistas
 
Anuncios sexistas
Anuncios sexistasAnuncios sexistas
Anuncios sexistas
 
Ficha 2 o universo
Ficha 2 o universoFicha 2 o universo
Ficha 2 o universo
 
Ficha 3 fillos de áfrica
Ficha 3 fillos de áfricaFicha 3 fillos de áfrica
Ficha 3 fillos de áfrica
 
Ficha 1 a ciencia e a sociedade
Ficha 1 a ciencia e a sociedadeFicha 1 a ciencia e a sociedade
Ficha 1 a ciencia e a sociedade
 
Actividade dossier de prensa
Actividade dossier de prensaActividade dossier de prensa
Actividade dossier de prensa
 
Nuevos materiales.
Nuevos materiales.Nuevos materiales.
Nuevos materiales.
 
Materiales
MaterialesMateriales
Materiales
 
Materiales.1274367220
Materiales.1274367220Materiales.1274367220
Materiales.1274367220
 
El agua.
El agua.El agua.
El agua.
 
La energia.
La energia.La energia.
La energia.
 
Al gore.1240262326
Al gore.1240262326Al gore.1240262326
Al gore.1240262326
 
Tema 5 para o exame
Tema 5 para o exameTema 5 para o exame
Tema 5 para o exame
 
Tema 5 cmc
Tema 5 cmcTema 5 cmc
Tema 5 cmc
 
Tema 4 cmc para o exame
Tema 4 cmc para o exameTema 4 cmc para o exame
Tema 4 cmc para o exame
 

Inmunoloxia agueda

  • 1. 1 INTRODUCIÓN Á INMUNOLOXÍA • A inmunoloxía é a rama da bioloxía encargada de estudar os mecanismos de defensa cos que contan os seres vivos • Tódolos seres vivos posúen mecanismos de defensa para protexerse, non só doutros organismos, senón tamén de substancias estrañas que poden invadir o seu medio interno. • Nos animais este sistema defensivo chámase sistema inmune (S.I.) e a súa misión é producir a inmunidade do individuo fronte aos xérmenes • Podemos definir a inmunidade como a capacidade dun organismo de diferenciar as estructuras propias das alleas mediante o seu sistema inmune, co fin da súa defensa • Os animais desenvolveron ao longo da evolución unha serie de mecanismos de defensa ou barreiras defensivas MECANISMOS DE DEFENSA. BARREIRAS DEFENSIVAS: Cando un microbio ou substancia estraña trata de introducirse no corpo dun animal ten que superar tres barreiras ou niveis defensivos: • Primeira barreira: • A pel (e as secrecións das superficies mucosas) que actúan como unha barreira: • mecánica, debido á súa estrutura • química, debido as secrecións que produce • e biolóxica debido á microflora que contén • Se o microbio invade os tecidos, actívase a • Segunda barreira ou resposta celular inespecífica, • cando as células afectadas reaccionan producindo sustancias antimicrobianas (como o interferón), e outras (como a histamina), que desencadean unha reacción inflamatoria co obxectivo de favorecer a chegada á zona afectada de fagocitos que se encargarán de dixerir ó microbio • Se os mecanismos de defensa anteriores non bastan para controlar a infección, actívase unha • Terceira barreira (sistema de defensa específico), • na que o organismo pon en marcha a resposta inmunitaria • para que os linfocitos produzan anticorpos que provocan a destrución do microbio (resposta humoral), • ou ben o ataquen directamente (resposta celular) Os mecanismos de defensa poden ser: • Mecanismos inespecíficos cando actúan sempre igual independentemente do axente invasor. Este mecanismos poden actuar como: • Defensas pasivas: Son as barreiras externas como a pel, as mucosas, etc. (primeira barreira) • Defensas activas: A resposta inflamatoria e as células fagocitarias (segunda barreira) • Mecanismos específicos: cando a resposta ven determinada pola natureza do antíxeno e é específica del. Desta resposta encárganse as células especializadas (linfocitos) do S.I. (terceira barreira).
  • 2. 2 MECANISMOS DE DEFENSA NATURAL E INESPECÍFICOS • A pel e as mucosas, como primeira barreira defensiva son bastante efectivas, impedindo a entrada dos microorganismos no noso corpo, pero no caso de feridas ou lesións na pel é preciso poñer en marcha a • segunda barreira: • Resposta inflamatoria • Cando as células da pel se lesionan segregan, entre outras, substancias como a histamina e as prostaglandinas que provocan: 1. a inflamación: distensión dos capilares, para que chegue máis sangue á zona e con ela máis células fagocitarias 2. aumento de temperatura na zona: isto produce un aumento do metabolismo local que favorece a acción dos fagocitos ao tempo que prexudica o desenvolvemento das bacterias • Células fagocitarias: • Son glóbulos brancos especializados na fagocitose. • Os fagocitos son: • Os granulocitos: • Tamén se lles pode chamar micrófagos • Son os primeiros en chegar á zona • Podemos distinguir tres tipos segundo o colorante que os tinxe: • Eosinófilos, con colorantes ácidos • Neutrófilos, con colorantes neutros. Son os máis • Basófilos, con colorantes básicos. Segregan máis histamina • Os macrófagos: • Son de maior tamaño que os anteriores e proceden da maduración dos monocitos • Outros mecanismos inespecíficos: • Sistema de complemento: • Actúa contra bacterias e virus membranosos. Amplifica o traballo dos anticorpos • Está formado por 20 proteínas (globulinas) circulantes, presentes no sangue e no líquido intercelular en forma inactiva • Estas proteínas actúan en cascada, • cando un anticorpo se une a unha destas 20 proteínas prodúcese a súa activación, esta proteína activa outra, e esta a outra, etc. • como resultado destas reaccións en cascada prodúcese a rotura das bacterias invasoras. • Interferón: • É unha glicoproteína, eficaz contra os virus • Cando unha célula é atacada por un virus, libera o interferón • O interferón únese ás células circundantes inducíndoas a sintetizar proteínas antivirais. • Tamén se une ós linfocitos activando a resposta do sistema inmune
  • 3. 3 MECANISMOS DE DEFENSA ESPECÍFICOS a) ORGANIZACIÓN DO SISTEMA INMUNE ÓRGANOS E TECIDOS LINFOIDES: • Os órganos e tecidos linfoides están distribuídos por todo o corpo e o seu conxunto coñécese como sistema retículo-endotelial. • Podemos distinguir entre dous tipos de órganos: 1. Órganos linfoides primarios: Son aqueles onde se producen e maduran as células do sistema inmune (linfocitos) 2. Órganos linfoides secundarios: Son aqueles onde se almacenan os linfocitos. 1. Os órganos linfoides primarios son: a medula ósea e o timo • A medula ósea • É o tecido óseo esponxoso • Atópase situada no interior dos ósos curtos e nas cabezas dos ósos longos • Na medula ósea orixínanse os linfoblastos, que son as células nai dos linfocitos • Parte destes linfocitos maduran na medula ósea dando os linfocitos B (sintetizan anticorpos) • Outros linfocitos emigran ó timo para dar os linfocitos T • O timo: • Está situado na parte alta do tórax, na zona central próximo ó corazón • Neste órgano maduran os linfocitos procedentes da medula ósea dando os linfocitos T 2. Os órganos linfoides secundarios son: • o bazo, os ganglios linfáticos, as amígdalas, o apéndice vermiforme e as placas de Peyer na parede intestinal. De todos eles os máis importantes son o bazo e os ganglios linfáticos. • O bazo: • É un órgano situado debaixo do pulmón esquerdo que • filtra e almacena o sangue e polo tanto os linfocitos T e B • é tamén o lugar de contacto dos linfocitos B e T cos antíxenos • Os ganglios linfáticos: • Están distribuídos ó longo do sistema linfático acumulándose principalmente no pescozo, axilas e ingres. • Os ganglios actúan como filtros de linfa • Nos ganglios tamén se produce o contacto dos linfocitos B e T cos antíxenos
  • 4. 4 CÉLULAS DO SISTEMA INMUNE: 1. Linfocitos B: • Maduran na medula ósea • Interveñen na resposta humoral • Son os encargados da fabricación dos anticorpos para a loita contra os antíxenos. • Cando entran en contacto cun antíxeno diferéncianse en dous tipos de células: a) células plasmáticas que fabrican os anticorpos b) células de memoria que quedan no plasma en previsión de novos ataques do mesmo antíxeno. Son a base das vacinas. 2. Linfocitos T: • Maduran no timo • Interveñen na resposta celular • Segundo o tipo de receptor de membrana que teñen os linfocitos T podemos establecer dúas clases: os T4 e os T8 • Hai tres tipos básicos de linfocitos T, e cada un cumpre unha misión diferente: • Linfocitos (T4) coadxuvantes, auxiliares ou colaboradores • A súa misión é recoñecer o antíxeno e activar (segregando interleuquinas) • os linfocitos B para que fabriquen o anticorpo específico para ese antíxeno • os outros linfocitos T para que eliminen as células contaminadas • Estes linfocitos son os que ataca o VIH. • Linfocitos (T8) citotóxicos ou asasinos • Únense ás células marcadas co antíxeno ou as células anormais (cancros) para a súa destrución. • Linfocitos (T8) supresores • Encárganse de deter a acción inmune cando xa se destruíu o axente patóxeno CONCEPTO DE ANTÍXENO: • Coñecemos como antíxeno todas aquelas substancias capaces de estimular a resposta inmune. • Tamén o podemos definir como calquera partícula ou substancia considerada estraña polo organismo. • Para loitar contra un antíxeno concreto os linfocitos B sintetizan un anticorpo específico
  • 5. 5 OS ANTICORPOS, ESTRUCTURA E FUNCIÓN Estrutura: • Os anticorpos ou inmunoglobulinas (Ig) son proteínas globulares • Están formados por catro cadeas proteica unidas entre si por pontes disulfuro. O conxunto ten forma de Y grega. • Das catro cadeas polipeptídicas, • dúas son lixeiras ou L (light) • e outras dúas pesadas ou H (heavy) • Tanto as cadeas H como as cadeas L, presentan, • unha parte constante, que é igual en tódalas inmunoglobulinas, • e outra parte variable, adaptada ó antíxeno que hai que combater. Función: • A función dos anticorpos ou inmunoglobulinas é a loita contra os antíxenos para destruílos ou bloquealos • Os anticorpos únense ós antíxenos mediante unha reacción chamada antíxeno- anticorpo. • A principal característica desta reacción é a súa especificidade: • cada anticorpo recoñece e únese a un determinado antíxeno formándose o complexo antíxeno-anticorpo segundo o modelo de chave-pechadura • Na reacción antíxeno-anticorpo pódense dar os seguintes casos: • Opsonización: Os anticorpos recobren o antíxeno para que sexa recoñecido e inxerido polas células fagocitarias • Neutralización: Os anticorpos péganse ó antíxeno alterando algunha das súas funcións vitais. • Aglutinación: Os anticorpos rodean varios unidades de antíxeno provocando a formación de agregados microbianos que acaban sedimentando • Os anticorpos tamén poden activar o sistema de complemento ou loitar por si mesmos causando a lise de células estrañas MECANISMOS DA RESPOSTA INMUNITARIA. • Podemos distinguir dous tipos de resposta inmune • A resposta inmune primaria, nun primeiro contacto co antíxeno. • O S.I. ten que poñer en marcha a resposta inmunitaria desde cero. É moi lenta. • A resposta inmune secundaria, nun segundo contacto co antíxeno. • O S.I. xa conta con células de memoria preparadas para actuar e polo tanto é máis rápida
  • 6. 6 • Na resposta inmune podemos diferenciar dous tipos de inmunidade: a inmunidade celular e a inmunidade humoral • Inmunidade celular: • na inmunidade celular actúan as células fagocitarias, e os linfocitos T que destrúen os microorganismos. • Inmunidade humoral: • na inmunidade humoral o organismo produce anticorpos en resposta á presencia dun antíxeno Cooperación celular: • Cando un antíxeno entra nun organismo, atravesando as primeiras barreiras, ponse en marcha a resposta inmunitaria na que interveñen tódalas células do S.I. que cooperan entre si para a defensa do organismo. Basicamente o que acontece é: • Os macrófagos detectan un antíxeno e fagocítano e posteriormente presentan fragmentos do antíxeno ós linfocitos T que poden destruír directamente as células infectadas ou facilitar o desenvolvemento dos linfocitos B para a síntese dos anticorpos específicos para ese antíxeno. • Con máis detalle:
  • 7. 7 1. Os macrófagos detectan un antíxeno e fagocítano e posteriormente presentan fragmentos do antíxeno ós linfocitos T4 2. Os linfocitos T4 ou TH (auxiliares ou “helpers”) informa: • Ós linfocitos B para que sinteticen os anticorpos específicos e • Ós linfocitos T citotóxicos ou asasinos para que destrúan as células atacadas polos anticorpos ou as marcadas polos antíxenos 3. Finalmente entrarán en acción os Linfocitos supresores para deter o proceso cando xa estea destruído o antíxeno. • Algúns linfocitos TH, TC e linfocitos B quedan durante anos como células de memoria dispostos a provocar unha resposta secundaria ante o mesmo axente patóxeno. Nesta característica baséanse as vacinas Hipótese da selección clonal: • Esta hipótese postula que: • tódalas células formadoras de anticorpos son xeneticamente idénticas. • O organismo posúe moitas células inmunoloxicamente activas e cada unha delas só pode formar un único anticorpo, que se coñece como clon • cada clon ten un número baixo de células se non está presente o antíxeno, • pero no momento en que aparece o antíxeno, estas células, multiplícanse activamente aumentando considerablemente o seu número para loitar contra o antíxeno. A INMUNOESTIMULACIÓN: VACINAS E SOROS • A indución artificial da inmunidade fronte a unha enfermidade coñécese como inmunización e pode ser: activa ou pasiva Inmunización activa: Vacinas. • Unha vacina é un preparado artificial que contén o microorganismo patóxeno morto ou atenuado (ou a súa toxina) para que cando sexa inxectada no organismo estimule a fabricación de anticorpos e células de memoria, conseguindo inmunidade permanente fronte ao axente patóxeno. • As vacinas utilízanse como medida de prevención da enfermidade • O descubrimento da vacinas debémosllo a Jenner en 1796 • Jenner observou, entre os gandeiros británicos, que as persoas que muxían as vacas e que, polo tanto, estaban en contacto coas vexigas (viruela) vacinas, estaban libres desta enfermidade ou padecían só unha variedade moi benigna. Utilizando este material inoculou a primeira vacina da historia a un neno. Inmunización pasiva: Soros. • O soro é un preparado artificial que contén anticorpos específicos contra unha determinada enfermidade.
  • 8. 8 • Neste caso o sistema inmune do organismo non se activa polo que non se fabrican células de memoria. • Os soros úsase como medida curativa cando o individuo ten unha enfermidade e necesita anticorpos para combatela. ALTERACIÓNS DO SISTEMA INMUNITARIO • A hipersensibilidade: As alerxias • É un estado inmunitario que fai que o organismo responda de forma esaxerada a substancias que xeralmente son inofensivas • Esta resposta pode ser: Inmediata ou retardada como no caso da proba da tuberculina • Autoinmunidade: • Enfermidade na que o sistema inmune perde a capacidade para diferenciar o propio do estraño, reaccionando coa fabricación de anticorpos contra elementos do propio organismo. • exemplos: artrite reumatoide, esclerose múltiple, psoríase. • Transplantes de órganos: • O rexeitamento a un transplante é unha resposta inmunitaria A SIDA • Síndrome da inmunodeficiencia adquirida • O VIH ataca os linfocitos T4.
  • 9. 9
  • 10. 10