SlideShare a Scribd company logo
1 of 83
MILLO
(Zea mays)
maíz
artoa
blat de moro
milho
maize
maïs
mais
mais
O millo é orixinario de
América. O seu cultivo
iniciouse hai máis de 7.000
anos en México, polo que é
unha das primeiras plantas
cultivadas.
Foi a base da alimentación
dos aztecas e outros pobos
centroamericanos e toda a
súa cultura aparece influída
por el.
Cando chegaron os europeos
cultivábanse nos terreos
montañosos de América
Central e México ata 300
variedades distintas de millo.
Representación dun deus con
forma de mazaroca
Teosinte
Zea mays mexicana Zea mays parviglumis
As plantas do millo que coñecemos non existen en estado silvestre porque
son o resultado de moitos anos de cultivo e selección. As plantas que lle
deron orixe non se asemellan nada ás actuais.
Duas das plantas das que se cre que tivo orixe o millo actual
Foi traído a Europa polos
conquistadores.
A primeira noticia do cultivo
do millo en Galiza é do ano
1604 en Mondoñedo.
Arredor de 1630 comezouse
a cultivar polas Rías Baixas e
foise introducindo polos
vales cara ao interior.
A importancia do seu cultivo
supuxo no século XVIII a
recuperación económica e
demográfica de Galiza, onde
foi unha das bases da
alimentación ata ben entrado
o século XX.
Na actualidade cultívase en
toda a costa, e no interior por
debaixo dos 400 m de
altitude.
O millo é unha planta
monocotiledonea,
herbácea, grande, de
ata 5 m de altura.
A PLANTA
A RAÍZ é fasciculada,
formada por un feixe de
ramificacións semellantes
en tamaño e grosor, e
ben desenvolvida.
O TALO é unha cana cilíndrica, co
interior esponxoso, cos nós ben
marcados
As FLORES MASCULINAS nacen
no extremo superior do talos
formando unha inflorescencia o
pendón ou candea un conxunto
de ramiños de espigas de cor
verdosa. Cada flor está formada
por unhas brácteas duras das
que se descolgan os estames de
cor amarela ou rosada
As FLORES FEMININAS nacen nas axilas das follas. Están agrupadas arredor dun
eixo groso, o carozo, e están formadas por un ovario globoso e un estilo longo,
branco amarelo ou rosado, a barba do millo, que sobresae das brácteas que
cobren o conxunto, follatos, para que poida depositarse neles o pole. Bota entre
unha e catro (habitualmente dúas).
Os FROITOS son os grans de
forma prismática ou globosa e
tamaños e cores diversos que se
desenvolven agrupados en
espigas ou mazarocas. O millo do
país bota unha espiga grande e
outra pequena e os híbridos dúas
ou tres grandes.
Xerminación
e ciclo
1
3
2
4
5
7
6
8
9 10
11
12
13 14
15
O millo ocupa máis do 50% da superficie cerealista de Galiza. Nos últimos
anos aumentou a extensión de cultivo para forraxe e diminuiu a de gran.
O CULTIVO
Seméntase en marzo-abril e
páñase en setembro-outubro.
Prepárase o terreo: abónase, lábrase e achánzase.
Seméntase á man ou con sementadoras tiradas por animais en parcelas
pequenas e sementadoras arrastradas por tractores nas grandes.
Ao longo do seu desenvolvemento realízanselle labores para eliminar as
malas herbas e, se é necesario, o exceso de plantas.
Régase porque é moi sensible á seca do verán.
Millo nun ano de seca.
Durante o
desenvolvemento pode
ser atacado por fungos e
animais (vermes, paxaros,
…)
Nas plantacións tradicionais cortábaselle o pendón despois da floración
para usalo como forraxe para o gando
Antigamente o millo pañabase,
e esfollábase despois porque
se aproveitaba a palla para
alimento do gando; agora, que
diminueu o número de
animais, esfóllase de pé e a
palla tritúrase para que serva
de fertilizante.
As espigas despois de esfolladas sécanse e seleccionanse antes
de almacénalas.
Tui
San Sadurniño
Carballeda (Salcedo)
Cambados
Bande
Cambre
Pontedeume
Pradocabalos
Monfero
Aínda que case todo o millo que se cultiva actualmente en Galiza é de
variedades híbridas consérvanse variedades con características propias
en moitas localidades.
O millo destinado ao ensilado páñase en verde, con colleitadoras
que o cortan e trituran.
APARELLOS, FERRAMENTAS E CONSTRUCIÓNS
Para realizar cada un dos traballos do cultivo do millo, a
colleita e o seu almacenamento a xente deseñou e
creou diferentes aparellos
Unha das sementadoras máis antigas e una
moderna colleitadora.
BASTÓN DE
SEMENTAR,
CORVO
É un tubo rematado
nunha punta que se
pode abrir. Úsase
para sementar o
millo, fabas...
ESPICHO ou PLANTADOR
É un pau afiado que se
emprega para facer os
buratos nos que se botan as
sementes ou se poñen as
plantas.
Sementando patacas na Limia
Plantando verdura cun bastón
SEMENTADORAS
Distribúen en ringleiras sementes ou
plantas. Abren a terra, depositan a
semente e logo apretan a terra enriba.
Teñen un depósito para a semente e un
mecanismo que regula a súa caída. As
antigas eran de tracción animal.
Sementadoras antigas de
tracción animal.
Plantando verdura cun bastón
CAVADORA
Formada por un marco de ferro no
que van suxeitos diferentes tipos de
sachos que desarraigan as malas
herbas e achegan terra ás plantas
para protexelas.
An antigas eran de tracción animal.
CABAZO
Recipiente cilíndrico cun mango que
se usaba para sacar auga de
regueiros ou pozos pouco fondos.
BIMBASTRO
Mecanismo formado por un soporte e
unha vara longa que xiraba nel. Nun
extremo da vara amarrábase unha
corda cun caldeiro para sacar auga do
pozo e do outro un contrapeso para
facilitar o traballo.
MOTOBOMBAS
Motores de combustión
interna ou eléctricos que fan
xirar unha bomba de succión
que aspira a auga para
levala, a través dunha
conducción, ata os cultivos.
ESFOLLADEIRAS
Pequenos aparellos
de formas variadas
rematados en punta
que se usan para
esfollar o millo (para
abrir os follatos e
facilitar a recollida das
espigas).
Esfolladeiras
(Museo Liste)
COLLEITADORA
Sega e tritura o millo.
Polo seu grande volume o millo fixo necesaria a creación de espazos
propios para o seu almacenamento e conservación
ESPAZOS PARA GARDAR O MILLO
Os hórreos, piornos, cabaceiros ou espigueiros son construcións illadas do chan
e ben aireadas para protexer o millo da humidade, ben orientadas para
favorecer a penetración do aire e impedir a da chuvia e mantelo a salvo dos
ratos e dos paxaros.
O cabaceiro conserva a
forma máis primitiva do
almacenamento de grans.
Cabaceiro en Casalderrique (Caldas de Reis).
Cabaceiro en Vivenzo (Melón).
O hórreo, mantendo sempre as súas
características, adaptou a forma e o
tamaño aos materiais, ás circunstancias
ambientais da zona e ás necesidades do
seu propietario.
Hórreo ourensán
Hórreo da Galicia nororiental
Hórreo metálico na comarca de Ferrol.
Hórreo con planta en “L” en Meaño
Hórreo en Pontedeume.
Hórreo de Lira, un dos máis grandes de Galiza
Pequenos hórreos en
Vilatuxe e Vilameá.
Para utilizar o gran hai
que separalo do carozo. O
millo debúllase: á man,
fregando a espiga cun
carozo, ou con
debulladoras mecánicas.
Debulladora
eléctrica
Debulladora
mecánica
manual
MUÍÑOS
Mecanismos para converter o
gran en fariña.
Hai moitos tipos, desde os máis
primitivos ata os modernos
muíños eléctricos.
Muíño hidráulico. En Galiza existen
moitísimos muíños hidráulicos. Cada río,
regato ou regueiro, das zonas nas que se
cultiven cereais está flanqueado por varios
muíños.
Muíño de marea da Seca
(Cambados)
Muíños de vento
de Catoira.
A palla, como tamén era moi voluminosa, deixábase nas propias leiras
amoreada en palleiros de forma cónica que a mantiñan seca e ben
conservada ata o momento da súa utilización
O millo é o cereal máis cultivado do mundo.
PRINCIPAIS PRODUTORES
DE MILLO (2013)
PAÍS
PRODUCIÓN
(toneladas)
ESTADOS UNIDOS 353.699.441
CHINA 217.730.000
BRASIL 80.516.571
ARXENTINA 32.119.211
UCRANIA 30.949.550
INDIA 23.290.000
MÉXICO 22.663.953
INDONESIA 18.511.853
FRANCIA 15.053.100
SUDÁFRICA 12.365.000
Mundo 1.016.431.783
USOS DO MILLO
Todas as partes da planta
teñen unha ou varias
utilidades pero, sen dúbida,
a máis importante é o gran.
Toda a planta, verde ou seca, utilízase para alimento do gando
O gran de millo enteiro utilízase para
alimentar animais.
O follato usouse para encher xergóns e agora utilizase para a elaboración
de obxectos decorativos.
Xergón de follatos nunha cama antiga
Bonecas de follatos
Flor de follato
Os carozos ou carolos úsanse como
combustible, para facer mangos de
ferramentas menorese tamén se usou
moito como material de xogos infantís.
Xogo: castelo de carozos
O gran de millo triturado
ou moído utilízase na
elaboración de pensos.
O millo e o compoñente de
máis volume da maioría
dos pensos
O millo, pola súa alta produtividade e os diversos
aproveitamentos, foi un elemento fundamental no
desenvolvemento económico e no crecemento
demográfico de Galiza e unha das bases da
alimentación ata ben entrado o século XX.
Coa fariña de millo facíase pan, papas, bolos do
pote...
Hoxendía ten multitude de aplicacións e con el fanse
moitos produtos diferentes.
…máis de 1.200 produtos vendidos nos supermercados inclúen un ou
varios ingredientes derivados do millo (Hallauer, 1994).
Millo doce.
Consúmese en
gran, cocido
ou asado, e en
ensaladas
Fariñas e almidóns
para alimentación.
Pan de millo
Pan de millo con
pasas
empanada
Elaboración tradicional do pan de millo
1. Penéirase a fariña.
2. Mesturase con auga, amásase e
bótaselle o fermento.
3. Déixase levedar
Mentras quece o forno, que logo se
baleira e se limpa.
Por último enfórnase, tápase o
forno e déixase que o tempo e a
calor fagan o seu traballo.
Tamales, arepas, tortiñas…de
millo. Son moi populares nos
paises americanos onde se
coñecen por moi diferentes
nomes.
Torta de millo.
Unha especialidade
gastronómica de
Guitiriz.
aperitivos
Cereais de almorzo
Aceite e
margarina
Sirope
Bebidas alcohólicas
Bourbon (whisky americano)
Chicha (bebida
fermentada mexicana)
Cervexa
Almidón para
aprestos, xels,
pinturas,
pegamentos…
Biocombustibles
Plásticos e
celofan
Papel
Tamén ten usos mediciñais
populares: a fariña, en emplastos,
usouse para combater
enfermidades da pel e as papeiras
e a infusión das barbas como
diurético e para infeccións
intestinais. As espigas raíñas para
enfermidades das vacas...
TRADICIÓN ORAL
Ao ser unha planta
tan importante
arredor do millo
creouse un rico
vocabulario e unha
abondosa literatura
popular: refrans,
ditos, cantigas,
adiviñas e lendas.
REFRÁNS
-Cando a ruliña veña a rular, colle o millo e vai sementar.
-Non caves o millo con néboa, que como está, así queda.
-Polo San Pedro (xuño) abre o rego.
-O millo mesto vai no cesto, o millo raro vai no carro.
-No marzo abrigo, mozas e pan de millo.
-Por xuño, onde está o mozo?, ou está na aberta ou no pozo.
-O que rega o pendón, espera comer o terrón.
ADIVIÑAS
Ten barbas
e home non é;
ten dentes
e non pode comer.
(O MILLO)
Verde nai
de cabelo dourado,
leva o fillo no colo
nun coberto acochado.
(A MAZAROCA)
CANTIGAS
Sachade ben sachadoras,
sachade ben o meu millo;
se non queda ben sachado
¿Que farei pró San Martiño?
Sei cantar e sei bailar,
todo se me da na man
tamén sei cavar o millo
alá en chegando San Xoán.
Ata a folliña do millo
sabe tamén picardía,
garda do orballo da noite
para beber polo día.
As espigas raíñas, cos grans de
cor vermella, dan boa sorte
Cando aparecían varias espigas agrupadas
dentro dun mismo follato chamábanse
espigas das ánimas e colgábanse na casa
para que deran boa sorte.
Conta unha lenda
que cando San
Pedro andaba polo
mundo achegouse
un día a unha casa e
botáronlle os cans.
O santo fuxiu tan
lixeiro como puido
polo medio dunha
leira de millo, que
disque daquela
botaba unha espiga
en cada folla, e levou
tantos golpes e
furadas contra elas
que acabou cheo de
mazaduras; así que
cando estivo a salvo
botoulle unha
maldición dicindo:
“Maldito sexa tanto
corno!”…e desde
aquela o millo só
bota unha espiga ou
dúas.
Festas do millo
Montaxe: Adela Leiro, Mon Daporta
Fotos: Adela Leiro, Mon Daporta, Internet
Decembro 2014

More Related Content

What's hot

Región pacífica de COLOMBIA
Región pacífica de COLOMBIARegión pacífica de COLOMBIA
Región pacífica de COLOMBIAandres0212
 
Historia de platos típicos
Historia de platos típicosHistoria de platos típicos
Historia de platos típicosPaulo Cesar
 
Región Amazónica del Ecuador
Región Amazónica del Ecuador Región Amazónica del Ecuador
Región Amazónica del Ecuador jennysilva45
 
gastronomia del ecuador 2012
gastronomia del ecuador 2012gastronomia del ecuador 2012
gastronomia del ecuador 2012saramullo1995
 
Estado Carabobo
Estado CaraboboEstado Carabobo
Estado Carabobopattycab
 
Primer premio sector ocio infantil (1)
Primer premio sector ocio infantil (1)Primer premio sector ocio infantil (1)
Primer premio sector ocio infantil (1)martitapower1987
 
Esmeraldas gastronomia
Esmeraldas gastronomiaEsmeraldas gastronomia
Esmeraldas gastronomiadaenys
 
Presentación yaracuy
Presentación yaracuyPresentación yaracuy
Presentación yaracuysanti19-06
 
Postal etnia embera chami (1)
Postal etnia embera chami (1)Postal etnia embera chami (1)
Postal etnia embera chami (1)Janet Rojas
 

What's hot (16)

Región pacífica de COLOMBIA
Región pacífica de COLOMBIARegión pacífica de COLOMBIA
Región pacífica de COLOMBIA
 
Historia de platos típicos
Historia de platos típicosHistoria de platos típicos
Historia de platos típicos
 
Región Amazónica del Ecuador
Región Amazónica del Ecuador Región Amazónica del Ecuador
Región Amazónica del Ecuador
 
gastronomia del ecuador 2012
gastronomia del ecuador 2012gastronomia del ecuador 2012
gastronomia del ecuador 2012
 
Periodo de integracion
Periodo de integracionPeriodo de integracion
Periodo de integracion
 
Surinam
SurinamSurinam
Surinam
 
Estado Carabobo
Estado CaraboboEstado Carabobo
Estado Carabobo
 
Lara
LaraLara
Lara
 
La identidad gastronómica de venezuela
La identidad gastronómica de venezuelaLa identidad gastronómica de venezuela
La identidad gastronómica de venezuela
 
FOLCLOR REGION CARIBE COLOMBIANA
FOLCLOR REGION CARIBE COLOMBIANAFOLCLOR REGION CARIBE COLOMBIANA
FOLCLOR REGION CARIBE COLOMBIANA
 
departamentos de la región caribe
departamentos de la región caribedepartamentos de la región caribe
departamentos de la región caribe
 
Primer premio sector ocio infantil (1)
Primer premio sector ocio infantil (1)Primer premio sector ocio infantil (1)
Primer premio sector ocio infantil (1)
 
Esmeraldas gastronomia
Esmeraldas gastronomiaEsmeraldas gastronomia
Esmeraldas gastronomia
 
Monagas
MonagasMonagas
Monagas
 
Presentación yaracuy
Presentación yaracuyPresentación yaracuy
Presentación yaracuy
 
Postal etnia embera chami (1)
Postal etnia embera chami (1)Postal etnia embera chami (1)
Postal etnia embera chami (1)
 

Similar to O millo

Os cereais-o pan (primaria)
Os cereais-o pan (primaria)Os cereais-o pan (primaria)
Os cereais-o pan (primaria)monadela
 
Os cereais: o pan (Adela Leiro)
Os cereais:  o pan (Adela Leiro)Os cereais:  o pan (Adela Leiro)
Os cereais: o pan (Adela Leiro)marichoni
 
Os cereais-o pan
Os cereais-o panOs cereais-o pan
Os cereais-o panmonadela
 
Os cereais: o pan (primaria) Adela Leiro
Os cereais:  o pan  (primaria) Adela LeiroOs cereais:  o pan  (primaria) Adela Leiro
Os cereais: o pan (primaria) Adela Leiromarichoni
 
Mural sobre o millo
Mural sobre o milloMural sobre o millo
Mural sobre o millopicasaponte
 
A agricultura en Galiza (traballos)
A agricultura en Galiza (traballos)A agricultura en Galiza (traballos)
A agricultura en Galiza (traballos)monadela
 
Aagriculturaengaliza traballos-141120124354-conversion-gate01
Aagriculturaengaliza traballos-141120124354-conversion-gate01Aagriculturaengaliza traballos-141120124354-conversion-gate01
Aagriculturaengaliza traballos-141120124354-conversion-gate01LOPEZMOURENZA
 
Ocenteo 141225035613-conversion-gate01
Ocenteo 141225035613-conversion-gate01Ocenteo 141225035613-conversion-gate01
Ocenteo 141225035613-conversion-gate01LOPEZMOURENZA
 
Otrigo 141226134036-conversion-gate01 (1)
Otrigo 141226134036-conversion-gate01 (1)Otrigo 141226134036-conversion-gate01 (1)
Otrigo 141226134036-conversion-gate01 (1)LOPEZMOURENZA
 
A vide-o viño
A vide-o viñoA vide-o viño
A vide-o viñomonadela
 
Presentación Ano Internacional dos Legumes
Presentación Ano Internacional dos LegumesPresentación Ano Internacional dos Legumes
Presentación Ano Internacional dos LegumesBibliotecaRevoltas
 

Similar to O millo (20)

Os cereais-o pan (primaria)
Os cereais-o pan (primaria)Os cereais-o pan (primaria)
Os cereais-o pan (primaria)
 
Os cereais: o pan (Adela Leiro)
Os cereais:  o pan (Adela Leiro)Os cereais:  o pan (Adela Leiro)
Os cereais: o pan (Adela Leiro)
 
Os cereais-o pan
Os cereais-o panOs cereais-o pan
Os cereais-o pan
 
Os cereais: o pan (primaria) Adela Leiro
Os cereais:  o pan  (primaria) Adela LeiroOs cereais:  o pan  (primaria) Adela Leiro
Os cereais: o pan (primaria) Adela Leiro
 
O millo
O milloO millo
O millo
 
Mural sobre o millo
Mural sobre o milloMural sobre o millo
Mural sobre o millo
 
A agricultura en Galiza (traballos)
A agricultura en Galiza (traballos)A agricultura en Galiza (traballos)
A agricultura en Galiza (traballos)
 
Aagriculturaengaliza traballos-141120124354-conversion-gate01
Aagriculturaengaliza traballos-141120124354-conversion-gate01Aagriculturaengaliza traballos-141120124354-conversion-gate01
Aagriculturaengaliza traballos-141120124354-conversion-gate01
 
Millo miudo
Millo miudoMillo miudo
Millo miudo
 
O centeo
O centeoO centeo
O centeo
 
Ocenteo 141225035613-conversion-gate01
Ocenteo 141225035613-conversion-gate01Ocenteo 141225035613-conversion-gate01
Ocenteo 141225035613-conversion-gate01
 
Otrigo 141226134036-conversion-gate01 (1)
Otrigo 141226134036-conversion-gate01 (1)Otrigo 141226134036-conversion-gate01 (1)
Otrigo 141226134036-conversion-gate01 (1)
 
O trigo
O trigoO trigo
O trigo
 
O pan ok
O pan okO pan ok
O pan ok
 
Agricultura
AgriculturaAgricultura
Agricultura
 
Tempo de castañas2
Tempo de castañas2Tempo de castañas2
Tempo de castañas2
 
A vide-o viño
A vide-o viñoA vide-o viño
A vide-o viño
 
Centeo
CenteoCenteo
Centeo
 
A pataca
A patacaA pataca
A pataca
 
Presentación Ano Internacional dos Legumes
Presentación Ano Internacional dos LegumesPresentación Ano Internacional dos Legumes
Presentación Ano Internacional dos Legumes
 

More from monadela

rata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxrata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxmonadela
 
rata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxrata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxmonadela
 
Serra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptSerra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptmonadela
 
LIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptLIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptmonadela
 
Serra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxSerra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxmonadela
 
Vimianzo, A Costa
Vimianzo, A CostaVimianzo, A Costa
Vimianzo, A Costamonadela
 
Ria de Corme e Laxe
Ria de Corme e LaxeRia de Corme e Laxe
Ria de Corme e Laxemonadela
 
Ponteceso, A Costa
Ponteceso, A CostaPonteceso, A Costa
Ponteceso, A Costamonadela
 
Laxe, A Costa
Laxe, A CostaLaxe, A Costa
Laxe, A Costamonadela
 
Camariña. A Costa
Camariña. A CostaCamariña. A Costa
Camariña. A Costamonadela
 
Cabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A CostaCabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A Costamonadela
 
Malpica, A Costa
Malpica, A CostaMalpica, A Costa
Malpica, A Costamonadela
 
Carballo a costa
Carballo a costaCarballo a costa
Carballo a costamonadela
 
Arteixo, a costa
Arteixo, a costaArteixo, a costa
Arteixo, a costamonadela
 
A Laracha, A Costa
A Laracha, A CostaA Laracha, A Costa
A Laracha, A Costamonadela
 
LIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de DexoLIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de Dexomonadela
 
Ria da Coruña
Ria da CoruñaRia da Coruña
Ria da Coruñamonadela
 
Oleiros, A Costa
Oleiros, A CostaOleiros, A Costa
Oleiros, A Costamonadela
 
Culleredo, A Costa
Culleredo, A CostaCulleredo, A Costa
Culleredo, A Costamonadela
 
A Coruña, A Costa
A Coruña, A CostaA Coruña, A Costa
A Coruña, A Costamonadela
 

More from monadela (20)

rata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxrata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptx
 
rata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxrata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptx
 
Serra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptSerra do Suído.ppt
Serra do Suído.ppt
 
LIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptLIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.ppt
 
Serra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxSerra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptx
 
Vimianzo, A Costa
Vimianzo, A CostaVimianzo, A Costa
Vimianzo, A Costa
 
Ria de Corme e Laxe
Ria de Corme e LaxeRia de Corme e Laxe
Ria de Corme e Laxe
 
Ponteceso, A Costa
Ponteceso, A CostaPonteceso, A Costa
Ponteceso, A Costa
 
Laxe, A Costa
Laxe, A CostaLaxe, A Costa
Laxe, A Costa
 
Camariña. A Costa
Camariña. A CostaCamariña. A Costa
Camariña. A Costa
 
Cabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A CostaCabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A Costa
 
Malpica, A Costa
Malpica, A CostaMalpica, A Costa
Malpica, A Costa
 
Carballo a costa
Carballo a costaCarballo a costa
Carballo a costa
 
Arteixo, a costa
Arteixo, a costaArteixo, a costa
Arteixo, a costa
 
A Laracha, A Costa
A Laracha, A CostaA Laracha, A Costa
A Laracha, A Costa
 
LIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de DexoLIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de Dexo
 
Ria da Coruña
Ria da CoruñaRia da Coruña
Ria da Coruña
 
Oleiros, A Costa
Oleiros, A CostaOleiros, A Costa
Oleiros, A Costa
 
Culleredo, A Costa
Culleredo, A CostaCulleredo, A Costa
Culleredo, A Costa
 
A Coruña, A Costa
A Coruña, A CostaA Coruña, A Costa
A Coruña, A Costa
 

O millo

  • 1.
  • 2. MILLO (Zea mays) maíz artoa blat de moro milho maize maïs mais mais
  • 3. O millo é orixinario de América. O seu cultivo iniciouse hai máis de 7.000 anos en México, polo que é unha das primeiras plantas cultivadas. Foi a base da alimentación dos aztecas e outros pobos centroamericanos e toda a súa cultura aparece influída por el. Cando chegaron os europeos cultivábanse nos terreos montañosos de América Central e México ata 300 variedades distintas de millo. Representación dun deus con forma de mazaroca
  • 4. Teosinte Zea mays mexicana Zea mays parviglumis As plantas do millo que coñecemos non existen en estado silvestre porque son o resultado de moitos anos de cultivo e selección. As plantas que lle deron orixe non se asemellan nada ás actuais. Duas das plantas das que se cre que tivo orixe o millo actual
  • 5. Foi traído a Europa polos conquistadores. A primeira noticia do cultivo do millo en Galiza é do ano 1604 en Mondoñedo. Arredor de 1630 comezouse a cultivar polas Rías Baixas e foise introducindo polos vales cara ao interior. A importancia do seu cultivo supuxo no século XVIII a recuperación económica e demográfica de Galiza, onde foi unha das bases da alimentación ata ben entrado o século XX. Na actualidade cultívase en toda a costa, e no interior por debaixo dos 400 m de altitude.
  • 6. O millo é unha planta monocotiledonea, herbácea, grande, de ata 5 m de altura. A PLANTA
  • 7. A RAÍZ é fasciculada, formada por un feixe de ramificacións semellantes en tamaño e grosor, e ben desenvolvida.
  • 8. O TALO é unha cana cilíndrica, co interior esponxoso, cos nós ben marcados
  • 9. As FLORES MASCULINAS nacen no extremo superior do talos formando unha inflorescencia o pendón ou candea un conxunto de ramiños de espigas de cor verdosa. Cada flor está formada por unhas brácteas duras das que se descolgan os estames de cor amarela ou rosada
  • 10. As FLORES FEMININAS nacen nas axilas das follas. Están agrupadas arredor dun eixo groso, o carozo, e están formadas por un ovario globoso e un estilo longo, branco amarelo ou rosado, a barba do millo, que sobresae das brácteas que cobren o conxunto, follatos, para que poida depositarse neles o pole. Bota entre unha e catro (habitualmente dúas).
  • 11.
  • 12. Os FROITOS son os grans de forma prismática ou globosa e tamaños e cores diversos que se desenvolven agrupados en espigas ou mazarocas. O millo do país bota unha espiga grande e outra pequena e os híbridos dúas ou tres grandes.
  • 16. 9 10
  • 17. 11 12
  • 19. O millo ocupa máis do 50% da superficie cerealista de Galiza. Nos últimos anos aumentou a extensión de cultivo para forraxe e diminuiu a de gran. O CULTIVO
  • 20. Seméntase en marzo-abril e páñase en setembro-outubro.
  • 21. Prepárase o terreo: abónase, lábrase e achánzase.
  • 22. Seméntase á man ou con sementadoras tiradas por animais en parcelas pequenas e sementadoras arrastradas por tractores nas grandes.
  • 23.
  • 24. Ao longo do seu desenvolvemento realízanselle labores para eliminar as malas herbas e, se é necesario, o exceso de plantas.
  • 25. Régase porque é moi sensible á seca do verán.
  • 26. Millo nun ano de seca.
  • 27. Durante o desenvolvemento pode ser atacado por fungos e animais (vermes, paxaros, …)
  • 28. Nas plantacións tradicionais cortábaselle o pendón despois da floración para usalo como forraxe para o gando
  • 29. Antigamente o millo pañabase, e esfollábase despois porque se aproveitaba a palla para alimento do gando; agora, que diminueu o número de animais, esfóllase de pé e a palla tritúrase para que serva de fertilizante.
  • 30.
  • 31. As espigas despois de esfolladas sécanse e seleccionanse antes de almacénalas.
  • 32. Tui San Sadurniño Carballeda (Salcedo) Cambados Bande Cambre Pontedeume Pradocabalos Monfero Aínda que case todo o millo que se cultiva actualmente en Galiza é de variedades híbridas consérvanse variedades con características propias en moitas localidades.
  • 33. O millo destinado ao ensilado páñase en verde, con colleitadoras que o cortan e trituran.
  • 34. APARELLOS, FERRAMENTAS E CONSTRUCIÓNS Para realizar cada un dos traballos do cultivo do millo, a colleita e o seu almacenamento a xente deseñou e creou diferentes aparellos Unha das sementadoras máis antigas e una moderna colleitadora.
  • 35. BASTÓN DE SEMENTAR, CORVO É un tubo rematado nunha punta que se pode abrir. Úsase para sementar o millo, fabas... ESPICHO ou PLANTADOR É un pau afiado que se emprega para facer os buratos nos que se botan as sementes ou se poñen as plantas. Sementando patacas na Limia Plantando verdura cun bastón
  • 36. SEMENTADORAS Distribúen en ringleiras sementes ou plantas. Abren a terra, depositan a semente e logo apretan a terra enriba. Teñen un depósito para a semente e un mecanismo que regula a súa caída. As antigas eran de tracción animal. Sementadoras antigas de tracción animal. Plantando verdura cun bastón
  • 37. CAVADORA Formada por un marco de ferro no que van suxeitos diferentes tipos de sachos que desarraigan as malas herbas e achegan terra ás plantas para protexelas. An antigas eran de tracción animal.
  • 38. CABAZO Recipiente cilíndrico cun mango que se usaba para sacar auga de regueiros ou pozos pouco fondos. BIMBASTRO Mecanismo formado por un soporte e unha vara longa que xiraba nel. Nun extremo da vara amarrábase unha corda cun caldeiro para sacar auga do pozo e do outro un contrapeso para facilitar o traballo. MOTOBOMBAS Motores de combustión interna ou eléctricos que fan xirar unha bomba de succión que aspira a auga para levala, a través dunha conducción, ata os cultivos.
  • 39. ESFOLLADEIRAS Pequenos aparellos de formas variadas rematados en punta que se usan para esfollar o millo (para abrir os follatos e facilitar a recollida das espigas). Esfolladeiras (Museo Liste)
  • 41. Polo seu grande volume o millo fixo necesaria a creación de espazos propios para o seu almacenamento e conservación ESPAZOS PARA GARDAR O MILLO
  • 42. Os hórreos, piornos, cabaceiros ou espigueiros son construcións illadas do chan e ben aireadas para protexer o millo da humidade, ben orientadas para favorecer a penetración do aire e impedir a da chuvia e mantelo a salvo dos ratos e dos paxaros.
  • 43. O cabaceiro conserva a forma máis primitiva do almacenamento de grans. Cabaceiro en Casalderrique (Caldas de Reis). Cabaceiro en Vivenzo (Melón).
  • 44. O hórreo, mantendo sempre as súas características, adaptou a forma e o tamaño aos materiais, ás circunstancias ambientais da zona e ás necesidades do seu propietario. Hórreo ourensán Hórreo da Galicia nororiental
  • 45. Hórreo metálico na comarca de Ferrol. Hórreo con planta en “L” en Meaño Hórreo en Pontedeume.
  • 46. Hórreo de Lira, un dos máis grandes de Galiza Pequenos hórreos en Vilatuxe e Vilameá.
  • 47. Para utilizar o gran hai que separalo do carozo. O millo debúllase: á man, fregando a espiga cun carozo, ou con debulladoras mecánicas. Debulladora eléctrica Debulladora mecánica manual
  • 48. MUÍÑOS Mecanismos para converter o gran en fariña. Hai moitos tipos, desde os máis primitivos ata os modernos muíños eléctricos.
  • 49. Muíño hidráulico. En Galiza existen moitísimos muíños hidráulicos. Cada río, regato ou regueiro, das zonas nas que se cultiven cereais está flanqueado por varios muíños.
  • 50. Muíño de marea da Seca (Cambados) Muíños de vento de Catoira.
  • 51. A palla, como tamén era moi voluminosa, deixábase nas propias leiras amoreada en palleiros de forma cónica que a mantiñan seca e ben conservada ata o momento da súa utilización
  • 52. O millo é o cereal máis cultivado do mundo. PRINCIPAIS PRODUTORES DE MILLO (2013) PAÍS PRODUCIÓN (toneladas) ESTADOS UNIDOS 353.699.441 CHINA 217.730.000 BRASIL 80.516.571 ARXENTINA 32.119.211 UCRANIA 30.949.550 INDIA 23.290.000 MÉXICO 22.663.953 INDONESIA 18.511.853 FRANCIA 15.053.100 SUDÁFRICA 12.365.000 Mundo 1.016.431.783
  • 53. USOS DO MILLO Todas as partes da planta teñen unha ou varias utilidades pero, sen dúbida, a máis importante é o gran.
  • 54. Toda a planta, verde ou seca, utilízase para alimento do gando
  • 55. O gran de millo enteiro utilízase para alimentar animais.
  • 56. O follato usouse para encher xergóns e agora utilizase para a elaboración de obxectos decorativos. Xergón de follatos nunha cama antiga Bonecas de follatos Flor de follato
  • 57. Os carozos ou carolos úsanse como combustible, para facer mangos de ferramentas menorese tamén se usou moito como material de xogos infantís. Xogo: castelo de carozos
  • 58. O gran de millo triturado ou moído utilízase na elaboración de pensos. O millo e o compoñente de máis volume da maioría dos pensos
  • 59. O millo, pola súa alta produtividade e os diversos aproveitamentos, foi un elemento fundamental no desenvolvemento económico e no crecemento demográfico de Galiza e unha das bases da alimentación ata ben entrado o século XX. Coa fariña de millo facíase pan, papas, bolos do pote... Hoxendía ten multitude de aplicacións e con el fanse moitos produtos diferentes.
  • 60. …máis de 1.200 produtos vendidos nos supermercados inclúen un ou varios ingredientes derivados do millo (Hallauer, 1994).
  • 61. Millo doce. Consúmese en gran, cocido ou asado, e en ensaladas
  • 62. Fariñas e almidóns para alimentación.
  • 63. Pan de millo Pan de millo con pasas empanada
  • 64. Elaboración tradicional do pan de millo 1. Penéirase a fariña. 2. Mesturase con auga, amásase e bótaselle o fermento.
  • 66. Mentras quece o forno, que logo se baleira e se limpa.
  • 67. Por último enfórnase, tápase o forno e déixase que o tempo e a calor fagan o seu traballo.
  • 68. Tamales, arepas, tortiñas…de millo. Son moi populares nos paises americanos onde se coñecen por moi diferentes nomes. Torta de millo. Unha especialidade gastronómica de Guitiriz.
  • 72. Bebidas alcohólicas Bourbon (whisky americano) Chicha (bebida fermentada mexicana) Cervexa
  • 75. Tamén ten usos mediciñais populares: a fariña, en emplastos, usouse para combater enfermidades da pel e as papeiras e a infusión das barbas como diurético e para infeccións intestinais. As espigas raíñas para enfermidades das vacas...
  • 76. TRADICIÓN ORAL Ao ser unha planta tan importante arredor do millo creouse un rico vocabulario e unha abondosa literatura popular: refrans, ditos, cantigas, adiviñas e lendas.
  • 77. REFRÁNS -Cando a ruliña veña a rular, colle o millo e vai sementar. -Non caves o millo con néboa, que como está, así queda. -Polo San Pedro (xuño) abre o rego. -O millo mesto vai no cesto, o millo raro vai no carro. -No marzo abrigo, mozas e pan de millo. -Por xuño, onde está o mozo?, ou está na aberta ou no pozo. -O que rega o pendón, espera comer o terrón.
  • 78. ADIVIÑAS Ten barbas e home non é; ten dentes e non pode comer. (O MILLO) Verde nai de cabelo dourado, leva o fillo no colo nun coberto acochado. (A MAZAROCA)
  • 79. CANTIGAS Sachade ben sachadoras, sachade ben o meu millo; se non queda ben sachado ¿Que farei pró San Martiño? Sei cantar e sei bailar, todo se me da na man tamén sei cavar o millo alá en chegando San Xoán. Ata a folliña do millo sabe tamén picardía, garda do orballo da noite para beber polo día.
  • 80. As espigas raíñas, cos grans de cor vermella, dan boa sorte Cando aparecían varias espigas agrupadas dentro dun mismo follato chamábanse espigas das ánimas e colgábanse na casa para que deran boa sorte.
  • 81. Conta unha lenda que cando San Pedro andaba polo mundo achegouse un día a unha casa e botáronlle os cans. O santo fuxiu tan lixeiro como puido polo medio dunha leira de millo, que disque daquela botaba unha espiga en cada folla, e levou tantos golpes e furadas contra elas que acabou cheo de mazaduras; así que cando estivo a salvo botoulle unha maldición dicindo: “Maldito sexa tanto corno!”…e desde aquela o millo só bota unha espiga ou dúas.
  • 83. Montaxe: Adela Leiro, Mon Daporta Fotos: Adela Leiro, Mon Daporta, Internet Decembro 2014