SlideShare a Scribd company logo
1 of 44
As Guerras
 Médicas
  490 – 479 a.C.
Introdución
• As Guerras Médicas enfrontaron no séculoV a. C. aos gregos
  contra o crecente imperio persa.
• O nome de médicas se debe a que os gregos tamén chamaban
  ‘medos’ aos persas por ser Media unha das rexións do seu
  imperio.
• O imperio persa xurdira cando Ciro o Grande (558 – 530
  a.C.) conquistou Media e fundou a dinastía dos Aqueménidas:
  Cambises, Darío e Xerxes.
• A organización territorial do imperio persa estaba baseada na
  existencia de satrapías (provincias).
• Coñecemos con detalle a guerra e as súas causas grazas á obra
  do historiógrafo grego Heródoto.
O imperio persa antes da guerra
• 559 a. C. – Ciro o Grande se
  converte en rei de Persia e
  funda a dinastía dos
  aqueménidas.
• 530 a. C. – Morte de Ciro.
  Cambises herda o trono.
• 525 a. C. – Cambises invade
  Exipto e o converte nunha
  satrapía de Persia.
• 522 a. C. – Morte de Cambises.
  Darío o Grande se converte en
  rei de Persia despois de asasinar
  a Bardiya, o lexítimo herdeiro.
Organización do imperio persa
• O imperio persa estaba dividido en satrapías (provincias)
  administradas por un aristócrata (sátrapa). A palabra sátrapa significa
  “protector do territorio”. Se dicía que os persas só esperaban tres
  cousas dos seus fillos: montar a cabalo, tirar con arco e dicir a verdade.
• Ciro mantiña a política de respectar as tradicións dos pobos
  conquistados. Adoptou medidas de integración favorecendo os
  matrimonios entre os persas e os aristócratas locais.
• Os reis persas explotaban o seu territorio de dous xeitos: gravaban aos
  seu súbditos con impostos e utilizaban os recursos humanos en
  expedicións militares para conquistar novos territorios ou dominar
  revoltas. O imperio persa desenrolou unha complexa burocracia para
  administrar as satrapías e os impostos. Para favorecer o movemento do
  comercio, os tributos e o exército crearon un sistema de estradas que
  unía os centros máis importantes.
O exército persa
• A infantería do exército estaba
  formada por persas de nacemento
  que se protexían con grandes
  escudos de coro e mimbre e
  loitaban con armas diversas: lanzas,
  hachas, espadas, arcos e frechas. A
  armadura era mínima, apenas unha
  coraza acolchada de lino e un
  xelmo, aínda que podían levar
  gorros ou capuchas.
• Organizábanse en rexementos de
  1.000 homes que podían agruparse
  en divisións de 10.000. A máis
  importante era a dos Inmortais,
  cuio número era sempre de 10.000
  guerreiros. Un corpo de elite do rei
  integrado en exclusiva por
  membros da aristocracia.
Panoplia do soldado persa



           Casco   Arco
                            Armadura
                            laminada


                          a) Sparabara
                          “portador do escudo”
                          b) Arquero
                          c) Inmortal
                          d) Soldado
Makhaira                  con makhaira
Formación do exército persa. Primeira fila: soldado de infantería cun gran escudo e unha
  lanza, a continuación os arqueiros. Os últimos son os comandantes e supervisores. Esta
  formación era boa para a defensa, pero pobre para o ataque.




Inmortal
 persa




                                                          Soldado de cabalaría
A flota persa
• Ata a conquista de Chipre e Exipto os persas non se viron na necesidade de
  construír e manter unha mariña de guerra. Sen embargo, o dominio de todas
  as ribeiras do Mediterráneo oriental e o seu conflito permanente cos gregos
  lles forzou a elo.
• Cambises ordenou construír unha flota propia, que permitiu aos persas
  conquistar o país do Nilo e, posteriormente, atacar Europa.
• As fontes mencionan flotas constituídas por 600 e 300 barcos.
• Cada unha das naves tiña 30 mariñeiros e tropa do seu lugar de orixe, pero
  tamén ían en cada unha delas, persas, medos e sacas.
• O mando último dos barcos recaía nun oficial persa. Como ocorría no caso do
  exército de terra, os efectivos navais tiñan os seus propios xefes, subordinados
  aos almirantes persas da flota.
• Dos pobos citados por Heródoto, quenes
aportaban as naves máis rápidas eran os fenicios.
• As satrapías ou cidades marítimas estaban
encargadas de proporcionar os barcos e de
mantelos, aínda que co tempo se fixo necesario
construír astilleiros reais, entre os que se coñecen
os de Menfis.                                                     Trirremes
Extensión do imperio persa
Os gregos
•   Os gregos que se
    enfrontaron ao poder do
    Imperio persa no século
    V a. C. se organizaban en
    cidades-estado (polis) de
    configuración parecida
    pero de extensión
    territorial e poboación
    moi diversas. O centro
    urbano das polis reunía
    os edificios públicos máis
    importantes e as aforas
    eran unha extensa zona
    rural con granxas onde
    traballaban os cidadáns
    (varóns), as súas familias
    e os escravos.
    Incontables capas de
    mitos e lendas escurecen
    a orixe histórica das
    polis, que se facía
    remontar aos deuses ou
    heroes da mitoloxía.
Esparta antes das Guerras Médicas
•   Os espartanos descendían dun grupo de tribos
    grecofalantes que se asentaron a finais do século XI a.
    C. na rexión de Laconia, ao sureste do Peloponeso
    (de aí que foran chamados laconios ou
    lacedemonios). Cen anos máis tarde os cinco pobos
    establecidos na gran chaira do río Eurotas se uniron
    para formar unha soa cidade, Esparta.
•   Estableceron un goberno formado por dúas familias
    reais: os Agiadas e os Euripóntidas, que aportaban
    sendos reis. Lles asesoraba un consello de anciáns
    chamado gerousia, composto por 28 homes maiores
    de 60 anos.
•   A finais do século VIII a. C. os espartanos tomaron
    Mesenia, unha rexión vasta e fértil do suroeste do
    Peloponeso, convertendo en escravos (ilotas) á
    poboación mesenia. Os ilotas constituían unha forza
    de traballo servil que aseguraba as necesidades
    básicas.
•   Dada a exuberancia de recursos humanos e agrícolas
    que lles daba o dominio de Laconia e Mesenia os
    cidadáns espartanos se constituíron como un grupo
    sociopolítico de elite, os Iguais (homoioi), que se
    consagraron ao entrenamento militar e, co tempo,
    comporían o exército máis efectivo do mundo grego.
Atenas antes das Guerras Médicas
•   Atenas foi sempre unha das polis con maior poboación e
    extensión, o centro relixioso e político de toda a península da
    Ática, cuxa tradición sostiña que fora unificada polo heroe
    mítico Teseo.
•   A mediados do século VII a. C. os atenienses eran
    gobernados polos arcontes, nove oficiais escollidos cada ano
    entre os varóns dunhas poucas familias aristocráticas. A
    oligarquía controlaba a terra, cobrando elevadas rendas, e os
    homes libres podían converterse en escravos por culpa das
    débedas. Aínda que se enriqueceran, os cidadáns que non
    pertencían ás familias nobres non podían participar no
    goberno.                                                           Solón
•   A maioría da poboación da ática estaba cansa do réxime
    aristocrático, co cal Atenas pasou por unha época de revoltas
    sociais.
•   No ano 594 a. C. Solón foi designado para revisar a estrutura
    sociopolítica de Atenas. Eliminou a escravitude por débedas
    e ampliou o cargo de arconte máis alá da aristocracia. Tamén
    favoreceu a participación do pobo establecendo un consello
    popular de 400 membros. Pero, ao parecer, as súa reformas
    non foron todo o profundas que os seus concidadáns
    esperaban e os conflitos polo dereito a gobernar o Estado
    ateniense continuaron.                                            Clístenes
Os continuadores da obra de Solón:
      Pisístrato e Clístenes.
As reformas de Clístenes
•   Nos anos 508-507 a. C. Clístenes prometeu un plan de
    reformas radicais no sistema político.
•   Reorganizou aos atenienses en 140 novas
    circunscricións administrativas chamadas demos, onde
    se rexistraron todos os varóns maiores de 18 anos. Os
    novos demos se agrupaban en 10 novas tribos
    formadas con criterios xeográficos e racionais, e non
    por parentesco como as tradicionais que controlaban
    os nobres.
•   As tribos participaban na política de varios xeitos: por
    un lado, un home de cada tribo formaba parte dun
    consello de xenerais con poderes políticos e militares;
    por outro, cada unha aportaba 50 membros aos 500
    dun novo consello que debatía as propostas de novas
    leis e políticas. Ademais todas as propostas se
    sometían a voto na Asemblea, onde todos os cidadáns
    varóns tiñan dereito a asistir.
•   Clístenes instituíu un procedemento especial pensado
    para evitar máis conflitos internos. Unha vez ao ano os
    cidadáns votaban o desterro dun político importante
    por 10 anos. Se facía inscribindo o nome da persoa
    nunha peza de cerámica rota chamada ostrakon, polo
    que o proceso foi coñecido como ostracismo.
•   Todas as medidas compoñían o principio de igualdade
    política chamado isonomía.
                                                               Ostrakas
O exército grego




•   Entre os gregos, os cidadáns de certa categoría económica, integrantes da polis, eran o
    nervio do exército, os guerreiros de elite. Os habitantes de máis escasos recursos, os
    servos e ata os escravos combatían tamén, pero o facían como infantería lixeira.
•   Datamos o modelo hoplita de facer a guerra a mediados do século VII a. C. Nesta
    época o rol do guerreiro de infantería pesada ou hoplita era primordial na guerra, e isto
    en gran parte se debía a súa gran fortaleza defensiva.
•   Os hoplitas se organizaban en falanxes, que eran corpos de infantería pesadamente
    armados, que se dispoñen en formación pechada e ordenando as súas filas moi preto
    unhas doutras. A falanxe clásica estaba formada por guerreiros armados con lanza de
    dous metros e espada, protexidos por un gran casco, placas de bronce que cubrían a
    tibia e os xeonllos (grebas) e un pesado escudo redondo de madeira forrada de
    bronce chamado hoplon. As corazas estaban formadas por capas de lino pegadas ata
    acadar certo grosor sobre as que se cosían plaquitas metálicas como reforzo nos
    puntos vitais.
Panoplia do hoplita grego
• O armamento do hoplita consistía nun equipo
  completo dun soldado de infantería pesada, ou
  hóplon. Podía variar algo dun soldado a outro
  pero, na época clásica a lo menos, había uns
  elementos comúns para todos eles. Éste equipo
  básico se compoñía dos seguintes elementos:
  lanza larga (dori), escudo redondo (aspis ou
  hoplon), espada corta (xifos), coraza de bronce
  (tórax) ou casaca de coiro reforzado, casco de
  tipo corintio (krános) e grebas (knemides)de
  bronce para as pernas. O peso de todo o equipo
  era considerable, podía oscilar de 22 a 35 kilos,
  polo que xeralmente cada hoplita, a lo menos os
  máis ricos, posuían un ou varios escravos que se
  ocupaban do coidado e transporte en mulas do
  material e do alimento perante as marchas. Entre
  estes escravos, un deles sempre mandaba sobre os
  demais, era o chamado “paxe de armas” do
  hoplita, e xeralmente tamén coñecían o uso das
  armas. Algúns destes paxes de armas acabaron
  participando nas batallas, xunto cos seus amos,
  integrados na falanxe.
O aspis ou hoplon
•   O aspis hoplita estaba formado por unha gran
    cunca, case plana, construída con láminas de
    madeira curvas, extraídas do sauce ou do chopo,
    e encoladas entre sí. A súa parte externa se
    reforzaba cunha fina prancha de metal (ferro ou
    bronce),mentres que a interior se facía cunha
    capa de coiro de lino. A parte externa do escudo
    soia decorarse cun motivo pintado; na época
    arcaica foron moi abundantes as efixies de
    animais e de temas mitolóxicos e relixiosos
•   Tiña un diámetro de 90-110 cms, e pesaba
    entre 6 e 8 kg, de modo que os hoplitas o
    descansaban no ombreiro perante as pausas do
    combate e, nas marchas, o colgaban do lombo
    cunha correa chamada talamón (telamoon). O seu
    modo de agarre era característico e único, o que
    permitía o sistema de formación hoplitica en
    falanxe. Este agarre, consistía nunha peza
    metálica central na parte interior do escudo
    (porpax), por onde se pasaba o antebrazo
    esquerdo, e máis preto do borde, había un asa de
    coiro (antilabè) que se agarraba coa man. Deste
    modo, o escudo quedaba pegado ao brazo, e
    permitía unha maior mobilidade desa
    extremidade. Era un sistema que proporcionaba
    máis comodidade e resistencia, aínda que tamén     O hoplón era unha arma tanto
    certa rixidez debido ao peso do escudo.
    Posteriormente comezou a chamárselle hoplón.        defensiva coma ofensiva.
A dory
•   Era a típica lanza dos hoplitas clásicos, cunha lonxitude de
    entre 1,80 e 2,50 metros, superior ás xavelinas pero
    bastante inferior ás futuras sarissas macedonias. Tiña a asta
    de madeira cilíndrica. A punta adoitaba ser de ferro e de
    forma lanceolada, dun dez centímetros. Ademais, no outro
    extremo da lanza, ao pé, adoitaba posuír unha contera
    metálica duns quince centímetros, ou mesmo unha segunda
    punta. Esta lanza era a principal arma de acometida do
    hoplita e un elemento fundamental da falanxe. En batalla
    non se empregaba como arma arroxadiza, senón que os
    hoplitas de vangarda suxeitábana horizontalmente co brazo
    dereito, e sostíñana baixo a axila, manténdoa apertada ao
    corpo, ou ben a alzaban sobre o seu ombreiro, sosténdoa co
    brazo levantado, á vez que avanzaban contra o inimigo. Con
    todo os hoplitas das filas posteriores sostíñana de maneira
    diagonal ou vertical, en espera de substituír a algún
    compañeiro caído da primeira liña. Podemos imaxinar o
    aspecto de ourizo que presentaría unha formación de
    combate con centos de lanzas en disposición de arremetida.
O Xiphos e o Kopis
• Eran as espadas máis utilizadas polos
  hoplitas. A máis común, o xiphos, era
  curto, duns 60 ou 65 cms de lonxitude, e
  estaba realizado en ferro, aínda que o
  pomo podía ser de bronce. Se levaba
  colgado do ombreiro e non da cintura, e ía
  envaiñado nunha funda ou vaina de
  madeira, recuberta de coiro e reforzada de
  bronce na súa boca e no extremo.
  Xeralmente só se usaba en combates                Xiphos
  corpo a corpo, por iso é polo que eran
  curtas, xa que os hoplitas cargaban
  empuñando a lanza. De feito, os hoplitas
  recorrían a espadas e puñais
  unicamente cando rompía a falanxe.
  Ademais do xiphos, tamén era empregada,
  sobre todo polos gregos das colonias
  occidentais, a espada denominada kopis
  ou machaira, de aparencia curta e co
  extremo curvo.
                                               Kopis ou machaira
Casco e coraza
•   O casco (kranos) era de bronce e existían diversos modelos, o
    máis difundido foi o corintio, que estaba dotado dun protector
    nasal e de dous grandes carrilleras que protexían as fazulas. Os
    cascos cubrían pois todas as partes da cabeza, excepto as
    rañuras dos ollos e a da boca e queixo. Con eles, reducíase
    notablemente a audición do soldado e, sobre todo, a
    visibilidade, xa que evitaba a visión cara aos lados e cara arriba
    se non se viraba o pescozo. O hoplita que avanzaba na falanxe
    con este tipo de helmos, só tería a vista posta na fronte.

• Esta coraza, toda de bronce, converteuse na máis habitual entre os
hoplitas, feitas para eles a medida. A costa de ser pesada (entre 15 e 20 Kg.)
e incómoda (sobre todo no verán, ao propiciar unha gran acumulación de
calor), proporcionaba unha boa protección, pero só accesible para as
clases máis podentes debido ao seu alto custo. Constaba dun peto e un
espaldar, unidos entre si por dúas proxeccións tabulares que se introducían
por rañuras no lado dereito e dúas anelas no lado esquerdo. Nos ombreiros
do peto había dúas puntas que se introducían por buracos no espaldar. Na
zona da cadeira, o bordo da coraza viraba cara a fóra, dándolle un aspecto
acampanado. A pesar de todo, a coraza non cubría o pescozo nin o baixo
abdome. No interior da coraza ía colocado un peto de liño, coiro ou feltro
para evitar rozaduras co metal, aínda que isto aumentaría as dificultades de
transpiración.
As grebas e a Chlamys
•   As grebas (knèmides) eran utilizadas para
    protexer as espinillas. Facíanse con bronce
    dunha soa peza, e podían cubrir ou só a
    parte dianteira da perna, ou toda ela,
    incluída a pantorrilla, desde o xeonllo até os
    nocellos. Estas últimas, as que cubrían toda
    a perna, utilizáronse fundamentalmente nos
    séculos VII e VI a.C., sendo ademais, as
    máis elaboradas, profusamente decoradas
    con motivos xeométricos ou vexetais,
    realizadas por técnicas de punzado interno
    ou de soldadura dos adornos.
•   Por último hai que destacar que as capas
    ou clámides (Chlamys), aínda sen ser
    armas, formaban parte da vestimenta oficial
    do hoplita. Nun principio só debían de ter
    funcións de abrigo, pero desde mediados do
    século V a.C. convertéronse nun elemento
    de recoñecemento, primando agora as de
    liño sobre as de la. Convertéronse en algo
    así como un uniforme militar. As capas dos
    espartanos eran sempre de cor escarlata.
A flota grega: os trirremes
Enfrontamento




Hoplita grego loitando con guerreiro persa
Causas: o descontento xónico
• As colonias gregas de Xonia (Asia Menor) gozaban
  dunha puxante economía grazas ao comercio ata a
  chegada dos persas.
• No económico o imperio persa facía pagar tributos a
  estas cidades e favorecía en contra o comercio das
  cidades fenicias.
• No político os sátrapas persas exercían o seu despotismo
  instalando no goberno das cidades gregas un tirano
  para controlalas.
• Todo isto produciu un notable malestar entre as cidades
  gregas de Xonia.
Causas: a revolta xónica
• Aproveitando a situación o tirano de Mileto
  (Aristágoras) se sublevou e pediu axuda no continente.
• Atenas e Eretria enviaron tropas e saquearon Sardes,
  capital da satrapía de Lidia.
• Consecuentemente o rei Darío aplastou como
  reprimenda as cidades insurrectas (497 a.C.),
  deportando a moita poboación a Mesopotamia.
• Di Heródoto que o rei persa ordenou a un dos seus
  oficiais que todos os días lle dixera:
             «¡Señor! lémbrate dos atenienses»
Cronoloxía da revolta xónica
• 519-18 a. C. – Darío estende o control persa
  sobre os xonios.
• 499 a. C. – Os persas envían unha
  expedición naval contra Naxos que fracasa
  no seu intento de conquistala. Os xonios se
  preparan para sublevarse e piden axuda aos
  gregos occidentais.
• 494 a. C. – Os persas derrotan aos xonios
  na batalla de Lade (illa fronte á costa de
  Mileto).
• 492 a. C. – Os persas depoñen aos tiranos
  das polis xonias e impoñen o seu control.
• 491 a. C. – Darío esixe o sometemento de
  todos os Estados gregos, enviando
  embaixadores cun agasallo simbólico de
  terra e auga que debía ser devolto nos
  mesmos termos en sinal de sumisión. Os
  atenienses executaron aos mensaxeiros
  lanzándoos a un foso para castigo de
  criminais.
A primeira Guerra Médica
            (490 a.C.)
• Como pretexto para seguir expandindo
  o seu imperio, Darío ordena ao
  xeneral Mardonio unha expedición
  contra Atenas e Eretria no 490 a.C.
• Dende as Cícladas, os persas
  devastaron Eretria e desembarcaron na
  chaira de Maratón, ao norte de
  Atenas, guiados por Hipias, fillo de
  Pisístrato.
• Os atenienses se enfrontaron aos
  persas, dirixidos por Milcíades, na
  famosa Batalla de Maratón (490
  a.C.) na que venceron coa técnica.
A batalla de Maratón: 1º fase




•   Os persas desembarcaron na praia, fronte a unha zona pantanosa, e montaron o seu
    campamento ao norte da colina Cinosura. Atenienses e Plateos se situaron nun terreo
    elevado ao sur, preto da vía de Atenas. Cando Datis dirixiu aos persas cara eles e
    tomou posicións de combate, os gregos baixaron a terreo chan e atacaron. Os persas
    fixeron retroceder ao centro do fronte grego, pero as súas ás foron dezmadas e tiveron
    que fuxir.
A batalla de Maratón: 2ª fase




• Ao darse conta de que os seus francos quedaran expostos, os persas do centro
  se retiraron perseguidos polas dúas vitoriosas ás gregas. Parte das forzas
  persas alcanzou os barcos, pero o resto quedou atrapado entre o pantano e a
  praia e foi aniquilado.
Anécdotas da Batalla de Maratón
• Os atenienses derrotaron aos persas en Maratón cun exército de 1.500
  hoplitas (900 atenienses e 600 plateos). Mataron 6.400 soldados
  persas perdendo só a 192 hoplitas.
• Segundo a lenda Milcíades encargou ao mensaxeiro Filípides que fora
  de Maratón a Atenas para anunciar a vitoria grega. Tras percorrer os
  40 km que separan ambos puntos entrou en Atenas berrando
  «¡vitoria!» e afogado polo esforzo morreu.
• Ao día seguinte do enfrontamento, chegaron 2.000 espartanos a
  Maratón. Saíran seis días máis tarde da petición de auxilio por respectar
  as festas sagradas adicadas a Apolo Carneio (Carneias). Cando se
  mobilizaron marcharon a tal velocidade que chegaron ao lugar en só
  tres xornadas, aínda que xa era demasiado tarde. Os laconios
  examinaron as baixas persas e colmaron de eloxios aos atenienses.
  Inmediatamente despois volveron a Esparta.
A Segunda Guerra Médica
       (480 – 479 a. C.)
• Trala derrota persa Milcíades intentou reconquistar
  as Cícladas, cousa que lle custou o cargo e a vida. A
  partir de entón dirixirá a guerra en Atenas o
  estratego Temístocles.
• No ano 481 a.C. Esparta e Atenas firmaron un
  pacto de alianza militar ante a ameaza persa.
• Coa morte do rei Darío (486 a.C.) subiu ao poder o
  seu fillo Xerxes (486 – 465 a.C.) desexoso de
  conquistar Grecia.
Cronoloxía
• 481 a. C. – Despois de
  someter as rebelións das
  satrapías de Exipto e
  Babilonia, Xerxes se prepara
  para invadir Grecia cun
  exército de entre 100.000 e
  150.000 homes. Segundo
  Heródoto o rei persa reuniu
  uns 1.207 trirremes e 300
  cargueiros. As dotacións
  alcanzaban os 250.000 homes
  entre remeiros e mariñeiros.
• 480 a. C. – Xerxes ordena
  construír unha ponte de
  1.200 metros para pasar o
  Helesponto (hoxe estreito
  dos Dardanelos). A obra
  requiriu 674 trirremes.
• En agosto ou setembro dese
  ano se producen as batallas
  de Artemisio e as
  Termópilas.
A batalla das Termópilas
• Termópilas quería dicir “portas quentes” en
  referencia ás fontes termais que alí se atopaban.
• Na parte central o paso das Termópilas tiña uns
  escasos 15 metros de ancho. Aquí foi onde o rei
  espartano Leónidas organizou a defensa.
• A batalla durou tres días.
• No paso loitaron uns 5.800 hoplitas gregos, entre
  os que había: 300 espartanos, 2.120 arcadios,
  1.000 locros apuntios, 700 tespios, 400 tebanos,
  200 homes de Fliunte, 80 micenos e 1.000
  focenses que gardaban a senda anopea.                Situación das Termópilas
• Se calcula que as forzas persas se compoñían duns
  200.000 - 250.000 homes.
• Debido á traizón de Efialtes os persas rodearon
  as forzas gregas pola senda anopea. Cando
  estaba todo perdido Leónidas decidiu loitar ata a
  morte para retrasar ao inimigo cos seus 300
  espartanos, algúns beocios, uns 400 tebanos e 700
  hoplitas de Tespis.
• Segundo Heródoto, Leónidas e os seus homes lle
  custaron a Xerxes 20.000 homes.                     As Termópilas na actualidade
Mapa da Batalla das Termópilas
Leónidas nas Termópilas. Jacques Louis David (1814)
Das Termópilas a Salamina
• Despois de superar o paso das
  Termópilas Xerxes se dirixe a
  Atenas.
• Os atenienses evacúan a cidade
  retirándose á illa de Salamina. Os
  sacerdotes se negan a abandonar
  os templos da acrópole e algúns
  soldados se quedan a defendela.
• Xerxes saquea Atenas e prende
  lume aos templos da acrópole
  asasinando a todos os defensores.
• O 29 de setembro se produce a
  batalla naval de Salamina onde
  os gregos, comandados por
  Temístocles, afundiron 200
  barcos persas perdendo só 40.
A batalla de Salamina




•   En vésperas da batalla o corpo principal da flota persa deixou o fondeadoiro na baía de Falero
    (A) e vogou en silencio ata a posición da flota helena (B). Un escuadrón de 200 barcos exipcios
    foi enviado a rodear a illa de Salamina ata os estreitos de Megara (C) para bloquear a retirada dos
    gregos cara ao oeste. Os gregos saíron ao amencer e a batalla tivo lugar no estreito canal (D) ao
    norte da diminuta illa de Psitalea, onde Xerxes destacara unha tropa de elite de 400 homes. Os
    corintios deixaron a flota helena e navegaron ao norte en busca dos exipcios, pero ao chegar ao
    punto (E) sen contactar co inimigo, regresaron e se uniron á flota principal. Xerxes observou
    toda a batalla dende a súa posición no cabo fronte á cidade de Salamina.
Consecuencias de Salamina
                                   • 480 a. C. – Despois da derrota de
                                     Salamina Xerxes volve a Persia con
                                     parte do exército deixando a
                                     Mardonio (primo e xenro seu) ao
                                     mando das operacións en Grecia.
                                   • Os gregos pensaron que Xerxes
                                     volvera a casa tras perder os nervios,
                                     pero o feito é que tiña que reprimir as
                                     sublevacións das satrapías de Babilonia
                                     e Exipto. Ademais, dende a súa
                                     perspectiva cumprira unha serie de
                                     obxectivos: eliminara a un caudillo
                                     heleno importante (Leónidas),
                                     convertera en pasto das chamas a súa
Xerxes presenza a derrota da súa     odiada Atenas e estendeu o seu
        flota en Salamina            imperio ao oeste ata Tesalia.
                                   • 479 a. C. – Coa vitoria na batalla de
                                     Platea os gregos rematan coa ameaza
                                     persa no continente.
Batalla de Platea. 1ª fase
• O exército de Pausanias ocupou
  unha serie de colinas entre o río
  Asopo e a cidade de Platea. A
  cabalería persa e os seus aliados
  gregos cortaron a súa ruta de
  suministros e anularon a fonte que
  os abastecía, obrigando aos gregos a
  retirarse a Platea ao amparo da
  noite. Ao amencer, a ala esquerda
  (atenienses e megarenses) e a
  sección central (composta por
  peloponesios) estaban preto da
  cidade, pero a ala dereita (espartanos
  e tegeos) ía moi retrasada. Cando
  Mardonio tivo noticia da retirada
  grega, ordenou ao fin que todo o
  seu exército cruzara o Esopo e
  atacara.
Batalla de Platea. 2º fase
• Os atenienses e megarenses
  foron interceptados polos
  beocios e os demais gregos
  filopersas, que lles impediron
  axudar á ala dereita. Un total
  de 600 megarenses morreron
  cruzando a chaira intentando
  alcanzar as posicións
  espartanas. Os espartanos e
  os tegeos rechazaron aos
  seus atacantes e mataron a
  Mardonio. Ao final, os
  atenienses superaron aos seus
  atacantes e atacaron a súa vez
  o campamento persa.
Despois de Platea
             • 479 a. C. – Pouco despois da batalla de Platea os
               gregos atacan aos persas no seu propio territorio en
               Micala, onde conseguen outra gran vitoria que deu
               inicio á segunda sublevación de Xonia contra a
               dominación persa.
             • 478-77 a. C. – Constitución da Liga de Delos
               comandada por Atenas, que a utilizaría como
               instrumento para emprender unha política
               imperialista.
             • 454 a. C. – Os atenienses trasladan o tesouro da Liga
               de Delos á acrópole inaugurando unha época de gran
               prosperidade económica e cultural nas décadas de 440
               e 430 a. C. A acrópole é reconstruída. O líder político
               do momento será Pericles.
             • 449 a. C. – Paz de Calias entre Atenas e Persia na
               que se garantía a autonomía dos xonios.
Pericles
Consecuencias
1) Derrota do
   Imperio Persa.
2) Nacemento do
   Panhelenismo.
3) Hexemonía de
   Atenas.
4) As guerras do
   Peloponeso.       Hoplitas loitando

More Related Content

What's hot

Tema 13 O imperio romano
Tema 13 O imperio romanoTema 13 O imperio romano
Tema 13 O imperio romanorubempaul
 
"Hispania Romana" por Marina
"Hispania Romana" por Marina"Hispania Romana" por Marina
"Hispania Romana" por Marinaluisamariaarias
 
Unidade 9 grecia
Unidade 9 greciaUnidade 9 grecia
Unidade 9 greciacamposseijo
 
Desde el Neolítico a Egipto incluídos. T9 e 10
Desde el Neolítico a Egipto incluídos. T9 e 10Desde el Neolítico a Egipto incluídos. T9 e 10
Desde el Neolítico a Egipto incluídos. T9 e 10Dudas-Historia
 
Tema 10 Mesopotamia e Exipto
Tema 10 Mesopotamia e ExiptoTema 10 Mesopotamia e Exipto
Tema 10 Mesopotamia e Exiptorubempaul
 
A Grecia antiga
A Grecia antigaA Grecia antiga
A Grecia antigarubempaul
 
Tema 13. o imperio romano
Tema 13. o imperio romanoTema 13. o imperio romano
Tema 13. o imperio romanoDudas-Historia
 
A civilización romana
A civilización romanaA civilización romana
A civilización romanamasinisa
 
Tema 11 O mundo grego (Grecia antiga)
Tema 11 O mundo grego (Grecia antiga)Tema 11 O mundo grego (Grecia antiga)
Tema 11 O mundo grego (Grecia antiga)rubempaul
 
O Imperio Romano (doc)
O Imperio Romano (doc)O Imperio Romano (doc)
O Imperio Romano (doc)Dudas-Historia
 
Unidade 8 mesopotamia e exipto
Unidade 8 mesopotamia e exiptoUnidade 8 mesopotamia e exipto
Unidade 8 mesopotamia e exiptocamposseijo
 
Tema 15 Galicia na Hispania romana
Tema 15 Galicia na Hispania romanaTema 15 Galicia na Hispania romana
Tema 15 Galicia na Hispania romanarubempaul
 
12 13 c grecia
12 13 c grecia12 13 c grecia
12 13 c greciaroberto
 

What's hot (20)

Tema 13 O imperio romano
Tema 13 O imperio romanoTema 13 O imperio romano
Tema 13 O imperio romano
 
Os romanos. Por Uxía
Os  romanos. Por UxíaOs  romanos. Por Uxía
Os romanos. Por Uxía
 
Grecia, de polis a imperio
Grecia, de polis a imperioGrecia, de polis a imperio
Grecia, de polis a imperio
 
"Hispania Romana" por Marina
"Hispania Romana" por Marina"Hispania Romana" por Marina
"Hispania Romana" por Marina
 
Unidade 9 grecia
Unidade 9 greciaUnidade 9 grecia
Unidade 9 grecia
 
Desde el Neolítico a Egipto incluídos. T9 e 10
Desde el Neolítico a Egipto incluídos. T9 e 10Desde el Neolítico a Egipto incluídos. T9 e 10
Desde el Neolítico a Egipto incluídos. T9 e 10
 
Tema 10 Mesopotamia e Exipto
Tema 10 Mesopotamia e ExiptoTema 10 Mesopotamia e Exipto
Tema 10 Mesopotamia e Exipto
 
Hispania romana. Lidia
Hispania romana. LidiaHispania romana. Lidia
Hispania romana. Lidia
 
A antiga grecia
A antiga greciaA antiga grecia
A antiga grecia
 
A Grecia antiga
A Grecia antigaA Grecia antiga
A Grecia antiga
 
Tema 13. o imperio romano
Tema 13. o imperio romanoTema 13. o imperio romano
Tema 13. o imperio romano
 
A civilización romana
A civilización romanaA civilización romana
A civilización romana
 
Idade Antiga
Idade AntigaIdade Antiga
Idade Antiga
 
Tema 11 O mundo grego (Grecia antiga)
Tema 11 O mundo grego (Grecia antiga)Tema 11 O mundo grego (Grecia antiga)
Tema 11 O mundo grego (Grecia antiga)
 
O Imperio Romano (doc)
O Imperio Romano (doc)O Imperio Romano (doc)
O Imperio Romano (doc)
 
A IDADE ANTIGA
A IDADE ANTIGAA IDADE ANTIGA
A IDADE ANTIGA
 
Hispania Romana
Hispania RomanaHispania Romana
Hispania Romana
 
Unidade 8 mesopotamia e exipto
Unidade 8 mesopotamia e exiptoUnidade 8 mesopotamia e exipto
Unidade 8 mesopotamia e exipto
 
Tema 15 Galicia na Hispania romana
Tema 15 Galicia na Hispania romanaTema 15 Galicia na Hispania romana
Tema 15 Galicia na Hispania romana
 
12 13 c grecia
12 13 c grecia12 13 c grecia
12 13 c grecia
 

Similar to As guerras médicas

A civilización grega
A civilización gregaA civilización grega
A civilización gregarubempaul
 
A civilización grega (1º ESO)
A civilización grega (1º ESO)A civilización grega (1º ESO)
A civilización grega (1º ESO)rubempaul
 
A civilización grega 1ª parte
A civilización grega 1ª parteA civilización grega 1ª parte
A civilización grega 1ª parteSanti Pazos
 
A Grecia antiga
A Grecia antigaA Grecia antiga
A Grecia antigarubempaul
 
Unidade 9 grecia
Unidade 9 greciaUnidade 9 grecia
Unidade 9 greciacamposseijo
 
O mundo grego
O mundo gregoO mundo grego
O mundo gregomoulin293
 
Proxecto: Exipto
Proxecto: ExiptoProxecto: Exipto
Proxecto: Exiptololifreire
 
09 a civilización grega
09 a civilización grega 09 a civilización grega
09 a civilización grega roberto
 
Historia de Roma
Historia de RomaHistoria de Roma
Historia de Romadomenechino
 
Historia antiga
Historia antigaHistoria antiga
Historia antigamariocha2
 
Arquitectura clásica grega
Arquitectura  clásica gregaArquitectura  clásica grega
Arquitectura clásica gregaAgrela Elvixeo
 
A civilización romana
A civilización romanaA civilización romana
A civilización romanarubempaul
 

Similar to As guerras médicas (20)

A civilización grega
A civilización gregaA civilización grega
A civilización grega
 
A civilización grega (1º ESO)
A civilización grega (1º ESO)A civilización grega (1º ESO)
A civilización grega (1º ESO)
 
A civilización grega 1ª parte
A civilización grega 1ª parteA civilización grega 1ª parte
A civilización grega 1ª parte
 
A Grecia antiga
A Grecia antigaA Grecia antiga
A Grecia antiga
 
Unidade 9 grecia
Unidade 9 greciaUnidade 9 grecia
Unidade 9 grecia
 
O Imperio Romano
O Imperio RomanoO Imperio Romano
O Imperio Romano
 
A CIVILIZACIÓN GREGA.pdf
A CIVILIZACIÓN GREGA.pdfA CIVILIZACIÓN GREGA.pdf
A CIVILIZACIÓN GREGA.pdf
 
Grecia e roma
Grecia e romaGrecia e roma
Grecia e roma
 
O mundo grego
O mundo gregoO mundo grego
O mundo grego
 
A historia
A historiaA historia
A historia
 
Unidade 2 esa
Unidade 2 esaUnidade 2 esa
Unidade 2 esa
 
Proxecto: Exipto
Proxecto: ExiptoProxecto: Exipto
Proxecto: Exipto
 
09 a civilización grega
09 a civilización grega 09 a civilización grega
09 a civilización grega
 
Historia de Roma
Historia de RomaHistoria de Roma
Historia de Roma
 
Historia
HistoriaHistoria
Historia
 
Historia
HistoriaHistoria
Historia
 
Unidade 2 ESA
Unidade 2 ESAUnidade 2 ESA
Unidade 2 ESA
 
Historia antiga
Historia antigaHistoria antiga
Historia antiga
 
Arquitectura clásica grega
Arquitectura  clásica gregaArquitectura  clásica grega
Arquitectura clásica grega
 
A civilización romana
A civilización romanaA civilización romana
A civilización romana
 

More from honomastico

12 homes sen piedade
12 homes sen piedade12 homes sen piedade
12 homes sen piedadehonomastico
 
A sociedade grega I
A sociedade grega IA sociedade grega I
A sociedade grega Ihonomastico
 
A sociedade grega II
A sociedade grega IIA sociedade grega II
A sociedade grega IIhonomastico
 
Platón. O mito da caverna 1
Platón. O mito da caverna 1Platón. O mito da caverna 1
Platón. O mito da caverna 1honomastico
 
Platón. O mito da caverna 2
Platón. O mito da caverna 2Platón. O mito da caverna 2
Platón. O mito da caverna 2honomastico
 
Platón. O mito da caverna3
Platón. O mito da caverna3Platón. O mito da caverna3
Platón. O mito da caverna3honomastico
 

More from honomastico (8)

La mujer griega
La mujer griegaLa mujer griega
La mujer griega
 
12 homes sen piedade
12 homes sen piedade12 homes sen piedade
12 homes sen piedade
 
A sociedade grega I
A sociedade grega IA sociedade grega I
A sociedade grega I
 
A sociedade grega II
A sociedade grega IIA sociedade grega II
A sociedade grega II
 
Alejandro Magno
Alejandro MagnoAlejandro Magno
Alejandro Magno
 
Platón. O mito da caverna 1
Platón. O mito da caverna 1Platón. O mito da caverna 1
Platón. O mito da caverna 1
 
Platón. O mito da caverna 2
Platón. O mito da caverna 2Platón. O mito da caverna 2
Platón. O mito da caverna 2
 
Platón. O mito da caverna3
Platón. O mito da caverna3Platón. O mito da caverna3
Platón. O mito da caverna3
 

As guerras médicas

  • 1. As Guerras Médicas 490 – 479 a.C.
  • 2. Introdución • As Guerras Médicas enfrontaron no séculoV a. C. aos gregos contra o crecente imperio persa. • O nome de médicas se debe a que os gregos tamén chamaban ‘medos’ aos persas por ser Media unha das rexións do seu imperio. • O imperio persa xurdira cando Ciro o Grande (558 – 530 a.C.) conquistou Media e fundou a dinastía dos Aqueménidas: Cambises, Darío e Xerxes. • A organización territorial do imperio persa estaba baseada na existencia de satrapías (provincias). • Coñecemos con detalle a guerra e as súas causas grazas á obra do historiógrafo grego Heródoto.
  • 3. O imperio persa antes da guerra • 559 a. C. – Ciro o Grande se converte en rei de Persia e funda a dinastía dos aqueménidas. • 530 a. C. – Morte de Ciro. Cambises herda o trono. • 525 a. C. – Cambises invade Exipto e o converte nunha satrapía de Persia. • 522 a. C. – Morte de Cambises. Darío o Grande se converte en rei de Persia despois de asasinar a Bardiya, o lexítimo herdeiro.
  • 4. Organización do imperio persa • O imperio persa estaba dividido en satrapías (provincias) administradas por un aristócrata (sátrapa). A palabra sátrapa significa “protector do territorio”. Se dicía que os persas só esperaban tres cousas dos seus fillos: montar a cabalo, tirar con arco e dicir a verdade. • Ciro mantiña a política de respectar as tradicións dos pobos conquistados. Adoptou medidas de integración favorecendo os matrimonios entre os persas e os aristócratas locais. • Os reis persas explotaban o seu territorio de dous xeitos: gravaban aos seu súbditos con impostos e utilizaban os recursos humanos en expedicións militares para conquistar novos territorios ou dominar revoltas. O imperio persa desenrolou unha complexa burocracia para administrar as satrapías e os impostos. Para favorecer o movemento do comercio, os tributos e o exército crearon un sistema de estradas que unía os centros máis importantes.
  • 5. O exército persa • A infantería do exército estaba formada por persas de nacemento que se protexían con grandes escudos de coro e mimbre e loitaban con armas diversas: lanzas, hachas, espadas, arcos e frechas. A armadura era mínima, apenas unha coraza acolchada de lino e un xelmo, aínda que podían levar gorros ou capuchas. • Organizábanse en rexementos de 1.000 homes que podían agruparse en divisións de 10.000. A máis importante era a dos Inmortais, cuio número era sempre de 10.000 guerreiros. Un corpo de elite do rei integrado en exclusiva por membros da aristocracia.
  • 6. Panoplia do soldado persa Casco Arco Armadura laminada a) Sparabara “portador do escudo” b) Arquero c) Inmortal d) Soldado Makhaira con makhaira
  • 7. Formación do exército persa. Primeira fila: soldado de infantería cun gran escudo e unha lanza, a continuación os arqueiros. Os últimos son os comandantes e supervisores. Esta formación era boa para a defensa, pero pobre para o ataque. Inmortal persa Soldado de cabalaría
  • 8. A flota persa • Ata a conquista de Chipre e Exipto os persas non se viron na necesidade de construír e manter unha mariña de guerra. Sen embargo, o dominio de todas as ribeiras do Mediterráneo oriental e o seu conflito permanente cos gregos lles forzou a elo. • Cambises ordenou construír unha flota propia, que permitiu aos persas conquistar o país do Nilo e, posteriormente, atacar Europa. • As fontes mencionan flotas constituídas por 600 e 300 barcos. • Cada unha das naves tiña 30 mariñeiros e tropa do seu lugar de orixe, pero tamén ían en cada unha delas, persas, medos e sacas. • O mando último dos barcos recaía nun oficial persa. Como ocorría no caso do exército de terra, os efectivos navais tiñan os seus propios xefes, subordinados aos almirantes persas da flota. • Dos pobos citados por Heródoto, quenes aportaban as naves máis rápidas eran os fenicios. • As satrapías ou cidades marítimas estaban encargadas de proporcionar os barcos e de mantelos, aínda que co tempo se fixo necesario construír astilleiros reais, entre os que se coñecen os de Menfis. Trirremes
  • 10. Os gregos • Os gregos que se enfrontaron ao poder do Imperio persa no século V a. C. se organizaban en cidades-estado (polis) de configuración parecida pero de extensión territorial e poboación moi diversas. O centro urbano das polis reunía os edificios públicos máis importantes e as aforas eran unha extensa zona rural con granxas onde traballaban os cidadáns (varóns), as súas familias e os escravos. Incontables capas de mitos e lendas escurecen a orixe histórica das polis, que se facía remontar aos deuses ou heroes da mitoloxía.
  • 11. Esparta antes das Guerras Médicas • Os espartanos descendían dun grupo de tribos grecofalantes que se asentaron a finais do século XI a. C. na rexión de Laconia, ao sureste do Peloponeso (de aí que foran chamados laconios ou lacedemonios). Cen anos máis tarde os cinco pobos establecidos na gran chaira do río Eurotas se uniron para formar unha soa cidade, Esparta. • Estableceron un goberno formado por dúas familias reais: os Agiadas e os Euripóntidas, que aportaban sendos reis. Lles asesoraba un consello de anciáns chamado gerousia, composto por 28 homes maiores de 60 anos. • A finais do século VIII a. C. os espartanos tomaron Mesenia, unha rexión vasta e fértil do suroeste do Peloponeso, convertendo en escravos (ilotas) á poboación mesenia. Os ilotas constituían unha forza de traballo servil que aseguraba as necesidades básicas. • Dada a exuberancia de recursos humanos e agrícolas que lles daba o dominio de Laconia e Mesenia os cidadáns espartanos se constituíron como un grupo sociopolítico de elite, os Iguais (homoioi), que se consagraron ao entrenamento militar e, co tempo, comporían o exército máis efectivo do mundo grego.
  • 12.
  • 13. Atenas antes das Guerras Médicas • Atenas foi sempre unha das polis con maior poboación e extensión, o centro relixioso e político de toda a península da Ática, cuxa tradición sostiña que fora unificada polo heroe mítico Teseo. • A mediados do século VII a. C. os atenienses eran gobernados polos arcontes, nove oficiais escollidos cada ano entre os varóns dunhas poucas familias aristocráticas. A oligarquía controlaba a terra, cobrando elevadas rendas, e os homes libres podían converterse en escravos por culpa das débedas. Aínda que se enriqueceran, os cidadáns que non pertencían ás familias nobres non podían participar no goberno. Solón • A maioría da poboación da ática estaba cansa do réxime aristocrático, co cal Atenas pasou por unha época de revoltas sociais. • No ano 594 a. C. Solón foi designado para revisar a estrutura sociopolítica de Atenas. Eliminou a escravitude por débedas e ampliou o cargo de arconte máis alá da aristocracia. Tamén favoreceu a participación do pobo establecendo un consello popular de 400 membros. Pero, ao parecer, as súa reformas non foron todo o profundas que os seus concidadáns esperaban e os conflitos polo dereito a gobernar o Estado ateniense continuaron. Clístenes
  • 14. Os continuadores da obra de Solón: Pisístrato e Clístenes.
  • 15. As reformas de Clístenes • Nos anos 508-507 a. C. Clístenes prometeu un plan de reformas radicais no sistema político. • Reorganizou aos atenienses en 140 novas circunscricións administrativas chamadas demos, onde se rexistraron todos os varóns maiores de 18 anos. Os novos demos se agrupaban en 10 novas tribos formadas con criterios xeográficos e racionais, e non por parentesco como as tradicionais que controlaban os nobres. • As tribos participaban na política de varios xeitos: por un lado, un home de cada tribo formaba parte dun consello de xenerais con poderes políticos e militares; por outro, cada unha aportaba 50 membros aos 500 dun novo consello que debatía as propostas de novas leis e políticas. Ademais todas as propostas se sometían a voto na Asemblea, onde todos os cidadáns varóns tiñan dereito a asistir. • Clístenes instituíu un procedemento especial pensado para evitar máis conflitos internos. Unha vez ao ano os cidadáns votaban o desterro dun político importante por 10 anos. Se facía inscribindo o nome da persoa nunha peza de cerámica rota chamada ostrakon, polo que o proceso foi coñecido como ostracismo. • Todas as medidas compoñían o principio de igualdade política chamado isonomía. Ostrakas
  • 16. O exército grego • Entre os gregos, os cidadáns de certa categoría económica, integrantes da polis, eran o nervio do exército, os guerreiros de elite. Os habitantes de máis escasos recursos, os servos e ata os escravos combatían tamén, pero o facían como infantería lixeira. • Datamos o modelo hoplita de facer a guerra a mediados do século VII a. C. Nesta época o rol do guerreiro de infantería pesada ou hoplita era primordial na guerra, e isto en gran parte se debía a súa gran fortaleza defensiva. • Os hoplitas se organizaban en falanxes, que eran corpos de infantería pesadamente armados, que se dispoñen en formación pechada e ordenando as súas filas moi preto unhas doutras. A falanxe clásica estaba formada por guerreiros armados con lanza de dous metros e espada, protexidos por un gran casco, placas de bronce que cubrían a tibia e os xeonllos (grebas) e un pesado escudo redondo de madeira forrada de bronce chamado hoplon. As corazas estaban formadas por capas de lino pegadas ata acadar certo grosor sobre as que se cosían plaquitas metálicas como reforzo nos puntos vitais.
  • 17. Panoplia do hoplita grego • O armamento do hoplita consistía nun equipo completo dun soldado de infantería pesada, ou hóplon. Podía variar algo dun soldado a outro pero, na época clásica a lo menos, había uns elementos comúns para todos eles. Éste equipo básico se compoñía dos seguintes elementos: lanza larga (dori), escudo redondo (aspis ou hoplon), espada corta (xifos), coraza de bronce (tórax) ou casaca de coiro reforzado, casco de tipo corintio (krános) e grebas (knemides)de bronce para as pernas. O peso de todo o equipo era considerable, podía oscilar de 22 a 35 kilos, polo que xeralmente cada hoplita, a lo menos os máis ricos, posuían un ou varios escravos que se ocupaban do coidado e transporte en mulas do material e do alimento perante as marchas. Entre estes escravos, un deles sempre mandaba sobre os demais, era o chamado “paxe de armas” do hoplita, e xeralmente tamén coñecían o uso das armas. Algúns destes paxes de armas acabaron participando nas batallas, xunto cos seus amos, integrados na falanxe.
  • 18. O aspis ou hoplon • O aspis hoplita estaba formado por unha gran cunca, case plana, construída con láminas de madeira curvas, extraídas do sauce ou do chopo, e encoladas entre sí. A súa parte externa se reforzaba cunha fina prancha de metal (ferro ou bronce),mentres que a interior se facía cunha capa de coiro de lino. A parte externa do escudo soia decorarse cun motivo pintado; na época arcaica foron moi abundantes as efixies de animais e de temas mitolóxicos e relixiosos • Tiña un diámetro de 90-110 cms, e pesaba entre 6 e 8 kg, de modo que os hoplitas o descansaban no ombreiro perante as pausas do combate e, nas marchas, o colgaban do lombo cunha correa chamada talamón (telamoon). O seu modo de agarre era característico e único, o que permitía o sistema de formación hoplitica en falanxe. Este agarre, consistía nunha peza metálica central na parte interior do escudo (porpax), por onde se pasaba o antebrazo esquerdo, e máis preto do borde, había un asa de coiro (antilabè) que se agarraba coa man. Deste modo, o escudo quedaba pegado ao brazo, e permitía unha maior mobilidade desa extremidade. Era un sistema que proporcionaba máis comodidade e resistencia, aínda que tamén O hoplón era unha arma tanto certa rixidez debido ao peso do escudo. Posteriormente comezou a chamárselle hoplón. defensiva coma ofensiva.
  • 19. A dory • Era a típica lanza dos hoplitas clásicos, cunha lonxitude de entre 1,80 e 2,50 metros, superior ás xavelinas pero bastante inferior ás futuras sarissas macedonias. Tiña a asta de madeira cilíndrica. A punta adoitaba ser de ferro e de forma lanceolada, dun dez centímetros. Ademais, no outro extremo da lanza, ao pé, adoitaba posuír unha contera metálica duns quince centímetros, ou mesmo unha segunda punta. Esta lanza era a principal arma de acometida do hoplita e un elemento fundamental da falanxe. En batalla non se empregaba como arma arroxadiza, senón que os hoplitas de vangarda suxeitábana horizontalmente co brazo dereito, e sostíñana baixo a axila, manténdoa apertada ao corpo, ou ben a alzaban sobre o seu ombreiro, sosténdoa co brazo levantado, á vez que avanzaban contra o inimigo. Con todo os hoplitas das filas posteriores sostíñana de maneira diagonal ou vertical, en espera de substituír a algún compañeiro caído da primeira liña. Podemos imaxinar o aspecto de ourizo que presentaría unha formación de combate con centos de lanzas en disposición de arremetida.
  • 20. O Xiphos e o Kopis • Eran as espadas máis utilizadas polos hoplitas. A máis común, o xiphos, era curto, duns 60 ou 65 cms de lonxitude, e estaba realizado en ferro, aínda que o pomo podía ser de bronce. Se levaba colgado do ombreiro e non da cintura, e ía envaiñado nunha funda ou vaina de madeira, recuberta de coiro e reforzada de bronce na súa boca e no extremo. Xeralmente só se usaba en combates Xiphos corpo a corpo, por iso é polo que eran curtas, xa que os hoplitas cargaban empuñando a lanza. De feito, os hoplitas recorrían a espadas e puñais unicamente cando rompía a falanxe. Ademais do xiphos, tamén era empregada, sobre todo polos gregos das colonias occidentais, a espada denominada kopis ou machaira, de aparencia curta e co extremo curvo. Kopis ou machaira
  • 21. Casco e coraza • O casco (kranos) era de bronce e existían diversos modelos, o máis difundido foi o corintio, que estaba dotado dun protector nasal e de dous grandes carrilleras que protexían as fazulas. Os cascos cubrían pois todas as partes da cabeza, excepto as rañuras dos ollos e a da boca e queixo. Con eles, reducíase notablemente a audición do soldado e, sobre todo, a visibilidade, xa que evitaba a visión cara aos lados e cara arriba se non se viraba o pescozo. O hoplita que avanzaba na falanxe con este tipo de helmos, só tería a vista posta na fronte. • Esta coraza, toda de bronce, converteuse na máis habitual entre os hoplitas, feitas para eles a medida. A costa de ser pesada (entre 15 e 20 Kg.) e incómoda (sobre todo no verán, ao propiciar unha gran acumulación de calor), proporcionaba unha boa protección, pero só accesible para as clases máis podentes debido ao seu alto custo. Constaba dun peto e un espaldar, unidos entre si por dúas proxeccións tabulares que se introducían por rañuras no lado dereito e dúas anelas no lado esquerdo. Nos ombreiros do peto había dúas puntas que se introducían por buracos no espaldar. Na zona da cadeira, o bordo da coraza viraba cara a fóra, dándolle un aspecto acampanado. A pesar de todo, a coraza non cubría o pescozo nin o baixo abdome. No interior da coraza ía colocado un peto de liño, coiro ou feltro para evitar rozaduras co metal, aínda que isto aumentaría as dificultades de transpiración.
  • 22. As grebas e a Chlamys • As grebas (knèmides) eran utilizadas para protexer as espinillas. Facíanse con bronce dunha soa peza, e podían cubrir ou só a parte dianteira da perna, ou toda ela, incluída a pantorrilla, desde o xeonllo até os nocellos. Estas últimas, as que cubrían toda a perna, utilizáronse fundamentalmente nos séculos VII e VI a.C., sendo ademais, as máis elaboradas, profusamente decoradas con motivos xeométricos ou vexetais, realizadas por técnicas de punzado interno ou de soldadura dos adornos. • Por último hai que destacar que as capas ou clámides (Chlamys), aínda sen ser armas, formaban parte da vestimenta oficial do hoplita. Nun principio só debían de ter funcións de abrigo, pero desde mediados do século V a.C. convertéronse nun elemento de recoñecemento, primando agora as de liño sobre as de la. Convertéronse en algo así como un uniforme militar. As capas dos espartanos eran sempre de cor escarlata.
  • 23. A flota grega: os trirremes
  • 24.
  • 26. Causas: o descontento xónico • As colonias gregas de Xonia (Asia Menor) gozaban dunha puxante economía grazas ao comercio ata a chegada dos persas. • No económico o imperio persa facía pagar tributos a estas cidades e favorecía en contra o comercio das cidades fenicias. • No político os sátrapas persas exercían o seu despotismo instalando no goberno das cidades gregas un tirano para controlalas. • Todo isto produciu un notable malestar entre as cidades gregas de Xonia.
  • 27. Causas: a revolta xónica • Aproveitando a situación o tirano de Mileto (Aristágoras) se sublevou e pediu axuda no continente. • Atenas e Eretria enviaron tropas e saquearon Sardes, capital da satrapía de Lidia. • Consecuentemente o rei Darío aplastou como reprimenda as cidades insurrectas (497 a.C.), deportando a moita poboación a Mesopotamia. • Di Heródoto que o rei persa ordenou a un dos seus oficiais que todos os días lle dixera: «¡Señor! lémbrate dos atenienses»
  • 28. Cronoloxía da revolta xónica • 519-18 a. C. – Darío estende o control persa sobre os xonios. • 499 a. C. – Os persas envían unha expedición naval contra Naxos que fracasa no seu intento de conquistala. Os xonios se preparan para sublevarse e piden axuda aos gregos occidentais. • 494 a. C. – Os persas derrotan aos xonios na batalla de Lade (illa fronte á costa de Mileto). • 492 a. C. – Os persas depoñen aos tiranos das polis xonias e impoñen o seu control. • 491 a. C. – Darío esixe o sometemento de todos os Estados gregos, enviando embaixadores cun agasallo simbólico de terra e auga que debía ser devolto nos mesmos termos en sinal de sumisión. Os atenienses executaron aos mensaxeiros lanzándoos a un foso para castigo de criminais.
  • 29. A primeira Guerra Médica (490 a.C.) • Como pretexto para seguir expandindo o seu imperio, Darío ordena ao xeneral Mardonio unha expedición contra Atenas e Eretria no 490 a.C. • Dende as Cícladas, os persas devastaron Eretria e desembarcaron na chaira de Maratón, ao norte de Atenas, guiados por Hipias, fillo de Pisístrato. • Os atenienses se enfrontaron aos persas, dirixidos por Milcíades, na famosa Batalla de Maratón (490 a.C.) na que venceron coa técnica.
  • 30. A batalla de Maratón: 1º fase • Os persas desembarcaron na praia, fronte a unha zona pantanosa, e montaron o seu campamento ao norte da colina Cinosura. Atenienses e Plateos se situaron nun terreo elevado ao sur, preto da vía de Atenas. Cando Datis dirixiu aos persas cara eles e tomou posicións de combate, os gregos baixaron a terreo chan e atacaron. Os persas fixeron retroceder ao centro do fronte grego, pero as súas ás foron dezmadas e tiveron que fuxir.
  • 31. A batalla de Maratón: 2ª fase • Ao darse conta de que os seus francos quedaran expostos, os persas do centro se retiraron perseguidos polas dúas vitoriosas ás gregas. Parte das forzas persas alcanzou os barcos, pero o resto quedou atrapado entre o pantano e a praia e foi aniquilado.
  • 32. Anécdotas da Batalla de Maratón • Os atenienses derrotaron aos persas en Maratón cun exército de 1.500 hoplitas (900 atenienses e 600 plateos). Mataron 6.400 soldados persas perdendo só a 192 hoplitas. • Segundo a lenda Milcíades encargou ao mensaxeiro Filípides que fora de Maratón a Atenas para anunciar a vitoria grega. Tras percorrer os 40 km que separan ambos puntos entrou en Atenas berrando «¡vitoria!» e afogado polo esforzo morreu. • Ao día seguinte do enfrontamento, chegaron 2.000 espartanos a Maratón. Saíran seis días máis tarde da petición de auxilio por respectar as festas sagradas adicadas a Apolo Carneio (Carneias). Cando se mobilizaron marcharon a tal velocidade que chegaron ao lugar en só tres xornadas, aínda que xa era demasiado tarde. Os laconios examinaron as baixas persas e colmaron de eloxios aos atenienses. Inmediatamente despois volveron a Esparta.
  • 33. A Segunda Guerra Médica (480 – 479 a. C.) • Trala derrota persa Milcíades intentou reconquistar as Cícladas, cousa que lle custou o cargo e a vida. A partir de entón dirixirá a guerra en Atenas o estratego Temístocles. • No ano 481 a.C. Esparta e Atenas firmaron un pacto de alianza militar ante a ameaza persa. • Coa morte do rei Darío (486 a.C.) subiu ao poder o seu fillo Xerxes (486 – 465 a.C.) desexoso de conquistar Grecia.
  • 34. Cronoloxía • 481 a. C. – Despois de someter as rebelións das satrapías de Exipto e Babilonia, Xerxes se prepara para invadir Grecia cun exército de entre 100.000 e 150.000 homes. Segundo Heródoto o rei persa reuniu uns 1.207 trirremes e 300 cargueiros. As dotacións alcanzaban os 250.000 homes entre remeiros e mariñeiros. • 480 a. C. – Xerxes ordena construír unha ponte de 1.200 metros para pasar o Helesponto (hoxe estreito dos Dardanelos). A obra requiriu 674 trirremes. • En agosto ou setembro dese ano se producen as batallas de Artemisio e as Termópilas.
  • 35. A batalla das Termópilas • Termópilas quería dicir “portas quentes” en referencia ás fontes termais que alí se atopaban. • Na parte central o paso das Termópilas tiña uns escasos 15 metros de ancho. Aquí foi onde o rei espartano Leónidas organizou a defensa. • A batalla durou tres días. • No paso loitaron uns 5.800 hoplitas gregos, entre os que había: 300 espartanos, 2.120 arcadios, 1.000 locros apuntios, 700 tespios, 400 tebanos, 200 homes de Fliunte, 80 micenos e 1.000 focenses que gardaban a senda anopea. Situación das Termópilas • Se calcula que as forzas persas se compoñían duns 200.000 - 250.000 homes. • Debido á traizón de Efialtes os persas rodearon as forzas gregas pola senda anopea. Cando estaba todo perdido Leónidas decidiu loitar ata a morte para retrasar ao inimigo cos seus 300 espartanos, algúns beocios, uns 400 tebanos e 700 hoplitas de Tespis. • Segundo Heródoto, Leónidas e os seus homes lle custaron a Xerxes 20.000 homes. As Termópilas na actualidade
  • 36. Mapa da Batalla das Termópilas
  • 37. Leónidas nas Termópilas. Jacques Louis David (1814)
  • 38. Das Termópilas a Salamina • Despois de superar o paso das Termópilas Xerxes se dirixe a Atenas. • Os atenienses evacúan a cidade retirándose á illa de Salamina. Os sacerdotes se negan a abandonar os templos da acrópole e algúns soldados se quedan a defendela. • Xerxes saquea Atenas e prende lume aos templos da acrópole asasinando a todos os defensores. • O 29 de setembro se produce a batalla naval de Salamina onde os gregos, comandados por Temístocles, afundiron 200 barcos persas perdendo só 40.
  • 39. A batalla de Salamina • En vésperas da batalla o corpo principal da flota persa deixou o fondeadoiro na baía de Falero (A) e vogou en silencio ata a posición da flota helena (B). Un escuadrón de 200 barcos exipcios foi enviado a rodear a illa de Salamina ata os estreitos de Megara (C) para bloquear a retirada dos gregos cara ao oeste. Os gregos saíron ao amencer e a batalla tivo lugar no estreito canal (D) ao norte da diminuta illa de Psitalea, onde Xerxes destacara unha tropa de elite de 400 homes. Os corintios deixaron a flota helena e navegaron ao norte en busca dos exipcios, pero ao chegar ao punto (E) sen contactar co inimigo, regresaron e se uniron á flota principal. Xerxes observou toda a batalla dende a súa posición no cabo fronte á cidade de Salamina.
  • 40. Consecuencias de Salamina • 480 a. C. – Despois da derrota de Salamina Xerxes volve a Persia con parte do exército deixando a Mardonio (primo e xenro seu) ao mando das operacións en Grecia. • Os gregos pensaron que Xerxes volvera a casa tras perder os nervios, pero o feito é que tiña que reprimir as sublevacións das satrapías de Babilonia e Exipto. Ademais, dende a súa perspectiva cumprira unha serie de obxectivos: eliminara a un caudillo heleno importante (Leónidas), convertera en pasto das chamas a súa Xerxes presenza a derrota da súa odiada Atenas e estendeu o seu flota en Salamina imperio ao oeste ata Tesalia. • 479 a. C. – Coa vitoria na batalla de Platea os gregos rematan coa ameaza persa no continente.
  • 41. Batalla de Platea. 1ª fase • O exército de Pausanias ocupou unha serie de colinas entre o río Asopo e a cidade de Platea. A cabalería persa e os seus aliados gregos cortaron a súa ruta de suministros e anularon a fonte que os abastecía, obrigando aos gregos a retirarse a Platea ao amparo da noite. Ao amencer, a ala esquerda (atenienses e megarenses) e a sección central (composta por peloponesios) estaban preto da cidade, pero a ala dereita (espartanos e tegeos) ía moi retrasada. Cando Mardonio tivo noticia da retirada grega, ordenou ao fin que todo o seu exército cruzara o Esopo e atacara.
  • 42. Batalla de Platea. 2º fase • Os atenienses e megarenses foron interceptados polos beocios e os demais gregos filopersas, que lles impediron axudar á ala dereita. Un total de 600 megarenses morreron cruzando a chaira intentando alcanzar as posicións espartanas. Os espartanos e os tegeos rechazaron aos seus atacantes e mataron a Mardonio. Ao final, os atenienses superaron aos seus atacantes e atacaron a súa vez o campamento persa.
  • 43. Despois de Platea • 479 a. C. – Pouco despois da batalla de Platea os gregos atacan aos persas no seu propio territorio en Micala, onde conseguen outra gran vitoria que deu inicio á segunda sublevación de Xonia contra a dominación persa. • 478-77 a. C. – Constitución da Liga de Delos comandada por Atenas, que a utilizaría como instrumento para emprender unha política imperialista. • 454 a. C. – Os atenienses trasladan o tesouro da Liga de Delos á acrópole inaugurando unha época de gran prosperidade económica e cultural nas décadas de 440 e 430 a. C. A acrópole é reconstruída. O líder político do momento será Pericles. • 449 a. C. – Paz de Calias entre Atenas e Persia na que se garantía a autonomía dos xonios. Pericles
  • 44. Consecuencias 1) Derrota do Imperio Persa. 2) Nacemento do Panhelenismo. 3) Hexemonía de Atenas. 4) As guerras do Peloponeso. Hoplitas loitando