SlideShare a Scribd company logo
1 of 14
Download to read offline
I.E.S. DE CURTIS
I
ALUMNADO DE 2º BACH - XUÑO 2017
IES DE CURTIS
1
I.E.S. DE CURTIS
INDICE:
1. Procedemento para a matrícula
2. Proba de Avaliación de Bacharelato para o Acceso á Universidade (ABAU)
3. Sistema de cualificación
4. Publicación das cualificacións das ABAU
5. Proceso de admisión e matrícula en centros con límite de prazas
6. Direccións de interese
7. Consellos prácticos
8. Becas e residencias universitarias
9. Proceso de admisión e matrícula en ciclos formativos de grao superior
2
I.E.S. DE CURTIS
1. PROCEDEMENTO PARA A MATRÍCULA
Martes 23 de maio : As 11:30 recollida de impresos e instruccións na biblioteca do centro
Do 23 ao 26 de maio: Entrega de documentación na secretaría
Na secretaría Elvira comunicará as datas para vir a comprobar os datos, recoller as tarxetas de
selectividade, o código de acceso á aplicación Nerta...
https://www.edu.xunta.es/nerta/alumnado
2.PROBA DE AVALIACIÓN DE BACHARELATO PARA O ACCESO Á
UNIVERSIDADE (ABAU)
Calendario: os exames terán lugar os días 7, 8 e 9 de xuño
http://ciug.gal/PDF/calendpabau2017n.pdf
Lugar: (Comisión delegada Nº2) No Campus Universitario Norte, Facultade de Ciencias
Económicas e Empresariais de Santiago, Avenida Xoan XXIII, Tlf: 981563100 ext. 11513. Fax.
981563637.
http://ciug.gal/PDF/convabau17.pdf (a Comisión Delegada do teu IES figura na páxina 12)
Horario: Consulta o documento en http://ciug.gal/PDF/horarioabau2017.pdf
3
I.E.S. DE CURTIS
Todos os alumnos/as deberán acudir à presentación o primeiro día as 9,00 horas e logo presentarse
à realización dos exercicios à hora convocada para o comezo de cada un deles, provistos do DNI ou
pasaporte, pluma ou bolígrafo, así como dicionarios de Latín e Grego para a realización dos exames.
Non está permitida a asistencia aos exames con teléfonos móbiles, nin outros dispositivos
electrónicos, excepto calculadoras non programables. O incumprimento desta norma poderá ser
motivo de medida disciplinaria.
No momento de presentación, o tribunal asignaralle un posto de exame a cada alumno/a, que
deberá ocupar en todas as probas.
Ao empezar as probas, o alumnado recibirá un xogo de adhesivos de código de barras que os
identifica. Estes adhesivos non deben dobrarse nin modificarse de ningún xeito. Recoméndaselle
tamén que non deixen os adhesivos nas aulas nen ao alcance de persoas estranas.
Os exames son anónimos e non poden asinarse nin deberán presentar marcas de ningún tipo.
Se a un alumno/a se lle sorprende copiando se lle sancionará coa expulsión do mesmo.
Ao comezo de cada proba se entrega a cada estudante un caderno de exame formado por dúas
follas A-3 (8 páxinas A-4) e unha cabeceira adhesiva. O alumnado pode utilizar para redactar as
respostas todas as páxinas agás a primeira. Non se poderán arrincar nin engadir follas.
O acceso a aula de exame implica sempre a entrega obrigatoria do caderno de exame debidamente
etiquetado, aínda que se deixase en branco.
Os exames deberán entregárselle a un membro do tribunal, esperando a que este comprobe que se
lle entrega no número e condicións debidas. En ningún caso se deixarán os exames enriba das
mesas.
ESTRUCTURA DA PAU
Parte Obrigatoria: Duración de cada exame máximo unha hora e media.
- Lingua castelá e literatura II
- Lingua galega e literatura II
- Historia de España
- Lingua estranxeira II
- A materia trocal obrigatoria de modalidade de 2º (Matemáticas II, Latín II, Matemáticas
aplicadas ás Ciencias Sociais II ou Historia da Arte II)
4
I.E.S. DE CURTIS
Parte Voluntaria: O/a estudante que queira mellorar a súa cualificación de admisión poderá exami-
narse dun máximo de catro materias, a elixir entre as materias de opción do bloque das troncais de
segundo curso de bacharelato de calquera modalidade, e as materias xerais troncais específicas de
modalidade distintas daquela da que se examinen na parte obrigatoria da proba. Duración de cada
exame: máximo unha hora e media
http://ciug.gal/PDF/estruabau17.pdf
3. SISTEMA DE CUALIFICACIÓN
Parte Obrigatoria:
- Cada exercicio cualificarase entre 0 e 10 puntos con dúas cifras decimais
- A cualificación da parte obrigatoria da proba será a media aritmética da cualificación de
tódolos exercicios.
- Para ser declarado/a apto/a deberase obter, alomenos, 4 puntos.
- Considerarase superada a proba de acceso á universidade cando o/a estudante obtivese
unha nota igual ou superior a 5 puntos como resultado da media ponderada do 60 por cen da
nota media do bacharelato e o 40 por cen da cualificación da parte obrigatoria.
5
I.E.S. DE CURTIS
-
A cualificación da Parte Obrigatoria terá validez indefinida, sempre que se teña superada a proba de
avaliación de Bacharelato para o acceso á Universidade.
Parte Voluntaria:
A Parte Voluntaria é completamente optativa e permíteche sumar ata 4 puntos a túa nota de
admisión, no caso de que as devanditas materias estean adscritas á rama de coñecemento do título
ao que se queira ser admitido.
• Cada unha das materias na Parte Voluntaria será cualificada de 0 a 10 puntos con dúas
cifras decimais. Considerarase superada a materia cando se obteña unha cualificación
igual ou superior a 5 puntos.
• Tomarase en consideración as dúas cualificacións que proporcionen mellor nota de acceso.
• Aos efectos do acceso á universidade, a cualificación das materias da Parte Voluntaria terá
validez durante os dous cursos académicos seguintes a súa superación. Así, por exemplo,
para alguén que superase a/as materia/s obxecto de exame na Parte Voluntaria da proba
na convocatoria ordinaria ou extraordinaria do ano 2017, a validez destas será para o
acceso á universidade no curso 2017-2018 e 2018-2019.
• Non é necesario ter cursado unha materia para examinarse dela.
É conveniente que te presentes á Parte Voluntaria para subir nota, casi todos os títulos de Grao do
SUG teñen límite de prazas. Consulta os parámetros de ponderación das distintas materias
publicados na CIUG e a túa disposición no departamento de orientación ou no enderezo:
http://ciug.gal/PDF/pon2017.pdf
A cantas materias me podo presentar na Parte Voluntaria?
Ti decides de cantas te examinas. En Galicia pódeste presentar ata 4 materias distintas das que te
examinaste na Parte Obrigatoria.
En que consisten os exercicios da Parte Voluntaria?
As notas que acadas en cada materia desta fase multiplícanse por 0´2 se a universidade designou a
materia como prioritaria para a titulación á que queres acceder ou 0´1 se non.
No mellor caso, se te examinas de dúas materias cualificadas como prioritarias para a titulación que
queres estudiar, e acadas un 10 en ambas, sumarás 4 puntos adicionais directamente á túa nota de
admisión. Calcúlase así: (10 x 0´2) + (10 x 0´2) = 4
Poñamos outro exemplo:
• Nota media de Bacharelato: 7´80
• Nota da Parte Obrigatoria: 7´200
6
I.E.S. DE CURTIS
• Nota de acceso: (0´60 x 7´80) + (0´40 x 7´200) = 7´560
Parte Voluntaria:
• Materia 1 (clasificada como prioritaria): 9´20
• Materia 2 (clasificada como non prioritaria): 8´40
• Cálculo puntuación fase específica: (9´20 x 0´2) + (8´4 x 0´1) = 2´68
Nota de admisión: 7´560 + 2´68 = 10´240
Por que é tan importante a nota de admisión?
Cando un título de grao ten límite de prazas, é dicir, ten menos prazas dispoñibles que número de
estudantes queren estudiar esa titulación en dita universidade, o único criterio que as universidades
públicas teñen para conceder ou denegar unha praza é a nota de admisión dos estudiantes.
O proceso é o seguinte: todas as solicitudes que a universidade recibe de estudiantes que queren
estudiar un determinado título de Grao as ordena de máis a menos nota e vai asignando as prazas a
aqueles estudiantes que teñen mellor nota de admisión. O último estudiante que consigue entrar nun
determinado Grao da universidade é o que marca a nota de corte para ese ano, e sirve de
estimación para o ano seguinte. Por iso, as notas de corte cambian dun ano a outro, xa que
dependen do número de prazas que se oferten no título e do número e da nota media dos alumnos
que soliciten entrar nese Grao. Será sempre unha nota diferente para cada ano e para unha mesma
titulación. Son só unha orientación para o ano seguinte, porque podemos ver cal foi oalumno/a que
entrou coa peor nota.
Aquí podes consultar as notas de corte e a oferta de prazas do curso 16-17 :
http://ciug.gal/PDF/cortes16-17.pdf
4. PUBLICACIÓN DAS CUALIFICACIÓNS DA ABAU
VENRES 16 XUÑO: Publicación na CIUG, nos LERD e na internet das cualificacións provisionais
da ABAU (a partir das 20,00 horas)
DO 17-20 XUÑO: Prazo de solicitudes de 2ª corrección e/ou de solicitudes de reclamación ás
cualificacións das ABAU. Hai dous procedementos:
 Reclamación (compróbase que o exame se axusta aos criterios de avaliación, a cualificación
definitiva será a que resulta desta revisión, sempre que sexa superior agás nos casos de
erros de suma) Remata o proceso.
 Segunda corrección (corríxese outra vez o exame e fan media as dúas correccións) Os
alumnos que elixan esta vía poderán presentar despois reclamación. No caso de que existise
una diferenza de dous ou máis puntos efectuarase una terceira corrección, a cualificación final
será a media das tres cualificacións.
7
I.E.S. DE CURTIS
 Reclamación á segunda corrección (do 23 ao 27 de xuño)
http://ciug.gal/PDF/reclamacion17.pdf
A partir do 20 de xuño: os LERD enviarán por correo aos centros educativos as tarxetas de
cualificación das ABAU.
O día 22 de xuño faranse públicas as cualificacións despois da resolución das solicitudes de 2ª
corrección e reclamación (a partir das 13:00h)
DO 23-27: Prazo de solicitude de reclamación à 2ª corrección.
O día 29 de xuño faranse públicas as cualificacións definitivas despois das reclamacións ao
resultado da 2ª corrección (a partir das 15:00h).
5. PROCESO DE ADMISIÓN E MATRÍCULA EN CENTROS CON LÍMITE
DE PRAZAS
Para o acceso as titulacións do SUG é necesario cubrir unha solicitude de admisión
(preinscrición) dentro dos prazos establecidos: a través da aplicación NERTA ou entregandoa
debidamente cuberta nos LERD.
https://www.edu.xunta.es/nerta/Paxinalnicio.do
 Do 19 XUÑO ao 30 de XUÑO: Cada alumno/a, presente ou non revisión de cualificacións,
poderá presentar un único impreso de solicitude, no que indicará por orde de preferencia as
titulacións nas que desexa matricularse.
 Na solicitude de admisión poderanse solicitar ata cinco ensinanzas universitarias diferentes,
podendo chegar ata un máximo de dez peticións se as solicitudes se corresponden con
ensinanzas universitarias iguais impartidas en diferentes centros.
 É fundamental a orde de preferencia, posto que o/a alumno/a será admitido nunha única
titulación, que será aquela de maior preferencia na que acade a nota do último alumno/a
admitido. Unha vez admitido nunha titulación, o resto das titulacións solicitadas de menor
8
I.E.S. DE CURTIS
preferencia eliminaranse automaticamente da lista de agarda.
 11 DE XULLO: PREASIGNACIÓN DE PRAZAS PARA O 1º PRAZO DE MATRÍCULA
 12-14 XULLO: 1º PRAZO DE MATRÍCULA (ata as 14,00 h do día 14)
 18 DE XULLO: PREASIGNACIÓN DE PRAZAS PARA O 2º PRAZO DE MATRÍCULA
 19-21 XULLO: 2º PRAZO DE MATRÍCULA (ata as 14,00 h do día 21)
 26 XULLO: PREASIGNACIÓN DE PRAZAS PARA O 3º PRAZO DE MATRÍCULA
 27-31 XULLO: 3ª PRAZO DE MATRÍCULA ( ata as 14.00 h. do día 31)
 1 SETEMBRO: PREASIGNACIÓN DE PRAZAS PARA O 4º PRAZO DE MATRÍCULA
 4-6 SETEMBRO: 4º PRAZO DE MATRÍCULA (ata as 14.00 h do día 6)
 8 SETEMBRO: PREASIGNACIÓN DE PRAZAS PARA O 5º PRAZO DE MATRÍCULA.
 11-12-13 SETEMBRO: 5º PRAZO DE MATRÍCULA ( ata as 14.00 h. do día 13)
 18 SETEMBRO: PREASIGNACIÓN DE PRAZAS PARA O 6º PRAZO DE MATRÍCULA
 20-22 SETEMBRO: 6º PRAZO DE MATRÍCULA ( ata as 14.00 h do día 22)
 6 OUTUBRO: PREASIGNACIÓN DE PRAZAS PARA O 7º PRAZO DE MATRÍCULA
 9-11 OUTUBRO: 7º PRAZO DE MATRÍCULA ( ata as 14.00 h. do día 11) Primeiro prazo para
o alumnado de setembro.
 17 OUTUBRO: PREASIGNACIÓN DE PRAZAS PARA O 8º PRAZO DE MATRÍCULA
 18-20 OUTUBRO: 8º PRAZO DE MATRÍCULA (ata as 14:00 h do día 20)
CONSULTADE AS DATAS DE PUBLICACIÓN DE LISTAXES E PRAZOS DE MATRÍCULA NA PAX.
WEB DA CIUG.
http://ciug.gal/calendarioacceso.php
6. DIRECCIÓNS DE INTERÉS
O alumnado que así o desexe pode optar a unha praza en calquera Universidade Española.
É urxente que vos poñades en contacto coas distintas Universidades para saber cal é o seu prazo
de pre-inscrición.
http://ciug.gal/universidades.php (Listaxe universidades de España e direccións)
http://ciug.gal/PDF/serviciosinformacion.pdf (Servicios de información de preinscrición universitaria)
http://ciug.gal/index.html CIUG, Comisión Interuniversitaria de Galicia, Teléfono: 881813452
 http://ciug.gal/lerds.php Lugares de Entrega e Recollida de documentación, LERD. O correspondente ao IES
de Curtis é o LERD 3, Campus de Santiago de Compostela, Pavillón Estudantil, 2º andar-Campus Vida,
15782 Santiago de Compostela. Teléfono: 881812000
9
I.E.S. DE CURTIS
 www.udc.es Universidade da Coruña
 https://matricula.udc.es/matriculaprimero/
 www.usc.es Universidade de Santiago
 https://matricula.usc.es/matriculaPrimero/
 www.uvigo.esUniversidade de Vigo
 https://matricula.uvigo.es/matriculaprimero/
 www.uned.es UNED
 http://www.educacion.es/portada.html Ministerio de Educación e Ciencia
7. CONSELLOS PRÁCTICOS
Antes dos exames ten en conta que...
 Non debes quedarte a estudiar pola noite o día anterior. Descansa o mellor que poidas e
non intentes repasar todo no último momento: o único que vas conseguir é crear a
sensación de que non sabes nada.
 Asegúrate previamente do día, lugar e hora dos exames . Ten prevista a forma de
desprazamento e sae con tempo suficiente.
 Asegúrate de levar todo o material preciso: bolígrafos, material de debuxo... Lembrade
que as calculadoras programables e os diccionarios con gramática están prohibidos.
 Durante eses días aliméntate con normalidade, sen tomar calmantes….
 Procura chegar á convicción psicolóxica de que vas aprobar.
Durante os exames ten en conta que...
 Tódolos exames aparecen en galego e castelán, menos os exercicios específicos desas
materias. Podes facer o exame en calquera destas linguas, menos nos exames de
Linguas e Literaturas, que serán obrigatoriamente no idioma de que se traten.
 Tódolos exames ofrecen dobre opción. Debes empregar tempo en averiguar cal é a
opción que mais che convén (tendo en conta tamén a puntuación de cada pregunta).
Unha lectura precipitada pode levarte a escoller unha opción por só unha pregunta que
sabes ben. É mellor saber máis ou menos ben tódalas preguntas Fai unha valoración
puntuando o que sabes de cada pregunta nunha escala de 1 a 10 e suma o resultado de
cada opción. Se te atrancas nunha cuestión, pasa a outra; xa volverás a ela despois.
10
I.E.S. DE CURTIS
 Debes usar boa letra, de fácil lectura, con palabras e liñas espaciadas. A mala letra esixe
un maior esforzo por parte do corrector e se algunha parte fose ilexíble podería quedar
anulada.
 Debes deixar marxes superiores e laterais amplas e regulares.
 Numera claramente as respostas e deixa espacio entre unha e outra.
 Céntrate o máximo posible no que se che pregunta.
 As tachaduras deberán ser mínimas, suficientemente visibles pero nunca recargadas.
 Se esqueces algún aspecto e queres engadilo, debes utilizar un asterisco ou un número
pequeno onde corresponda a aclaración e situar esta, co seu número correspondente ou
asterisco, ao final da pregunta (se tes espacio suficiente) ou do exame.
 REPASA O EXAME ANTES DE ENTREGALO.
 NON PODES ASINAR NIN POÑER NO EXERCICIO NINGÚN SINAL DE IDENTIFICA-
CIÓN. UN EXERCICIO ASINADO SERÍA CALIFICADO CUN CERO.
Despois dos exames
Xamais debes adicarte a comentar cos demais o que puxeches no exame, pois o normal é que
aparezan contradicións e te desanimes ao pensar que o fixeches mal (ou agobiar ós demais coa
mesma preocupación) Isto vai repercutir negativamente no exame seguinte.
8. BECAS E RESIDENCIAS UNIVERSITARIAS
- Consultade no enderezo do MEC e nas distintas Universidades, no Departamento de
orientación axudarémoste no que precises. A data para a solicitude da última convocatoria
xeral de becas comezou o 16 de agosto e rematou o 17 de outubro:
http://www.mecd.gob.es/servicios-al-ciudadano-mecd/becas-ayudas.html
- Hai outros tipos de becas. Teredes que estar atentos ás distintas convocatórias: consultade a
Guia Ti Elixes no blog “orientatron”.
- Todas as universidades contan nas súas páxinas web cunha listaxe de bolsas e axudas,
consúltao.
- A convocatoria de prazas nas residencias próprias das Universidades. A admisión realízase
segundo un baremo que ten en conta criterios económicos e académicos.
http://www.udc.es/sape/aloxamento/ Para consultar sobre o aloxamento na Universidade de
Coruña
11
I.E.S. DE CURTIS
http://www.usc.es/gl/servizos/sur/index.html Para consultar residencias na Universidade de
Santiago
http://estudantes.uvigo.es/estudantes_gl/siope/servizos/index.html Para consultar aloxamento
na Universidade de Vigo
6. PROCEDEMENTO NO CURSO 16-17 PARA A ADMISIÓN E
MATRÍCULA AOS CICLOS DE GRAO SUPERIOR
O prazo de presentación de solicitudes foi o seguinte:
 Período ordinário: do 27 de xuño ao 5 de xullo ás 13:00h.
 Período extraordinário: do 1 ao 9 de setembro ás 13:00h
As solicitudes presentadas no período ordinário terán prioridade sobre as presentadas no
período extraordinário.
Deberase presentar unha única solicitude, por duplicado, para cada grao, réxime e modalidade
que se desexe cursar. A solicitude farase empregando o asistente da aplicación informática que
se atopa no enderezo web http://www.edu.xunta.es/fp. A instancia que xera a aplicación
informática deberase imprimir, asinar e presentar, acompañada da documentación que se
requira, en calquera centro educativo de Galicia con oferta de formación profesional sostida con
fondos públicos. A solicitude enténdese como non válida sen o requisito de presentación nun
centro, agás que na propia solicitude xerada pola aplicación informática se indique que é unha
solicitude validada e que non precisa ser presentada nun centro educativo; neste caso a copia
impresa conservarase como resgardo.
Manifestaráse os ciclos que solicita nese documento, por orde de preferencia, indicando o centro
onde desexa cursar. Pódese consignar oito preferencias de ciclos como máximo. Os ciclos
solicitados e o centro onde se imparten deberán ser identificados mediante o código do ciclo e o
código do centro onde se ofrece. Poderedes consultar os códigos na páxina
web.http://www.edu.xunta.es/fp/webfm_send/5955
Poñede moita atención na consignación dos códigos, posto que aqueles que non correspondan
aos sinalados no documento non se terán en conta e perderedes esa opción na vosa solicitude.
Non esquezades asinar a solicitude e indicar a data, senon o documento carecerá de validez e
se vos pode excluir do procedemento. No caso de menores de idade, as solicitudes deberán ser
asinadas polo titor/a legal.
Calendario do proceso de admisión curso 16-17
12
I.E.S. DE CURTIS
Os solicitantes de 1º poderán renunciar á praza adxudicada e permanecer no proceso, á espera
de que lles sexa adxudicada alguna das opcións manifestadas nas opcións de maior prioridade á
adxudicada. A renuncia afectará á praza que fora adxudicada e a todas as preferencias sinala-
das en lugares posteriores a ese.
Entón, logo de adxudicárselle unha praza, a persoa solicitante ten dúas posibilidades:
• Matricularse: deberase facer no centro adxudicado e nos prazos establecidos. Estar ma-
triculado en calquera ensinanza, implica a renuncia a seguir participando no proceso de
admisión a ciclos formativos.
• Renunciar á praza: deberase facer nos prazos estabelecidos, en calquera centro público.
A renuncia afectará á praza que lle foi adxudicada e a todas as preferencias sinaladas en
lugares posteriores a esa. Seguirase no proceso de adxudicación para as preferencias
anteriores.
As persoas solicitantes de primeiro curso do réxime ordinario poderán renunciar a unha praza
adxudicada e permanecer no proceso de admisión, á espera de que lles sexa adxudicada al-
gunha das opcións de maior prioridade que a adxudicada. A renuncia afectará a praza que fose
adxudicada e a todas as preferencias sinaladas en lugares posteriores. A renuncia deberase rea-
lizar co impreso correspondente que estará dispoñible en http://www.edu.xunta.es/fp. Este docu-
mento, cuberto coa renuncia e asinado deberá entregarse no prazo de matrícula establecido
para a correspondente adxudicación en calquera centro de Galicia con oferta de formación pro-
fesional sostida con fondos públicos ou no centro no que lle fose adxudicada a praza á que vai
renunciar. No caso de solicitudes presentadas telematicamente tamén se poderá realizar a re-
nuncia a través de internet na aplicación informática que se atopa no enderezo web
http://www.edu.xunta.es/fp. O feito de renunciar á adxudicación dunha praza do réxime ordinario
é condición indispensable para permanecer na listaxe de espera nas opcións de maior preferen-
cia. As persoas solicitantes admitidas no réxime ordinario que non se matriculen e non presenten
13
I.E.S. DE CURTIS
renuncia no prazo indicado perderán o dereito á súa praza e só poderán matricularse no caso de
existir prazas vacantes
Distribución das prazas para cada ciclo
Dentro de cada grupo establécese a relación ordenada de requisitos de acceso de maior a menor
prioridade. Dentro de cada apartado, as solicitudes ordenaranse de maior a menor nota de acceso
Grupo A.
1. Alumnado con título de bacharelato da modalidade preferente, e coas materias vinculadas,
que se determina no currículo do ciclo. A nota media, de maior a menor, das materias
vinculadas empregarase nos casos de empate da nota media do bacharelato.
2. Alumnado con título de bacharelato da modalidade preferente, pero sen algunha das materias
vinculadas, que se determina no currículo do ciclo.
3. Alumnado con título de bacharelato sen modalidade preferente das determinadas no currículo
do ciclo.
Grupo B.
1. Alumnado con título de técnico de formación profesional da mesma familia profesional que o
ciclo formativo de grao superior que se solicita.
2. Alumnado con título de técnico de formación profesional de diferente familia profesional que o
ciclo formativo de grao superior que se solicita.
Grupo C.
1. Alumnado con proba de acceso a ciclos formativos de grao superior de formación profesional.
2. Alumnado con proba de acceso a universidade para maiores de 25 anos.
3. Alumnado con título de técnico superior ou de técnico especialista.
Este documento contén información extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contra-
dición resolverase atendendo a normativa vixente.
14

More Related Content

What's hot

Sesión orientación sobre acceso á universidade 2016
Sesión orientación sobre acceso á universidade 2016Sesión orientación sobre acceso á universidade 2016
Sesión orientación sobre acceso á universidade 2016Mónica Diz Besada
 
Sesión orientación 2º bacharelato 2015
Sesión orientación 2º bacharelato 2015Sesión orientación 2º bacharelato 2015
Sesión orientación 2º bacharelato 2015Mónica Diz Besada
 
Orient 1º bach 2015
Orient 1º bach 2015Orient 1º bach 2015
Orient 1º bach 2015Loudes Otero
 
Sesión organización das pau e preinscripción e matrícula na universidade
Sesión organización das pau e preinscripción e matrícula na universidadeSesión organización das pau e preinscripción e matrícula na universidade
Sesión organización das pau e preinscripción e matrícula na universidadeMónica Diz Besada
 
Orient 1º bach 2014
Orient 1º bach 2014Orient 1º bach 2014
Orient 1º bach 2014Loudes Otero
 
Acceso e admisión en Formación Profesional Básica
Acceso e admisión en Formación Profesional BásicaAcceso e admisión en Formación Profesional Básica
Acceso e admisión en Formación Profesional BásicaMónica Diz Besada
 
Probas Acceso Universidade dende a FP
Probas Acceso Universidade dende a FPProbas Acceso Universidade dende a FP
Probas Acceso Universidade dende a FPLuis Prado
 
Preguntas frecuentes sobre a proba de acceso a ciclos superiores
Preguntas frecuentes sobre a proba de acceso a ciclos superioresPreguntas frecuentes sobre a proba de acceso a ciclos superiores
Preguntas frecuentes sobre a proba de acceso a ciclos superioreslaraveiga
 
Accesoaestudiosdegrado 090303133520-phpapp01
Accesoaestudiosdegrado 090303133520-phpapp01Accesoaestudiosdegrado 090303133520-phpapp01
Accesoaestudiosdegrado 090303133520-phpapp01laraveiga
 
Orientación 1º bach
Orientación 1º bachOrientación 1º bach
Orientación 1º bachLoudes Otero
 
As probas de acceso á universidade blog
As probas de acceso á universidade   blogAs probas de acceso á universidade   blog
As probas de acceso á universidade blogMónica Diz Besada
 
Acceso á universidade
Acceso á universidadeAcceso á universidade
Acceso á universidadeLoudes Otero
 

What's hot (14)

Sesión orientación sobre acceso á universidade 2016
Sesión orientación sobre acceso á universidade 2016Sesión orientación sobre acceso á universidade 2016
Sesión orientación sobre acceso á universidade 2016
 
Sesión orientación 2º bacharelato 2015
Sesión orientación 2º bacharelato 2015Sesión orientación 2º bacharelato 2015
Sesión orientación 2º bacharelato 2015
 
Orient 1º bach 2015
Orient 1º bach 2015Orient 1º bach 2015
Orient 1º bach 2015
 
Sesión organización das pau e preinscripción e matrícula na universidade
Sesión organización das pau e preinscripción e matrícula na universidadeSesión organización das pau e preinscripción e matrícula na universidade
Sesión organización das pau e preinscripción e matrícula na universidade
 
Orient 1º bach 2014
Orient 1º bach 2014Orient 1º bach 2014
Orient 1º bach 2014
 
Acceso e admisión en Formación Profesional Básica
Acceso e admisión en Formación Profesional BásicaAcceso e admisión en Formación Profesional Básica
Acceso e admisión en Formación Profesional Básica
 
Probas Acceso Universidade dende a FP
Probas Acceso Universidade dende a FPProbas Acceso Universidade dende a FP
Probas Acceso Universidade dende a FP
 
Preguntas frecuentes sobre a proba de acceso a ciclos superiores
Preguntas frecuentes sobre a proba de acceso a ciclos superioresPreguntas frecuentes sobre a proba de acceso a ciclos superiores
Preguntas frecuentes sobre a proba de acceso a ciclos superiores
 
Accesoaestudiosdegrado 090303133520-phpapp01
Accesoaestudiosdegrado 090303133520-phpapp01Accesoaestudiosdegrado 090303133520-phpapp01
Accesoaestudiosdegrado 090303133520-phpapp01
 
Charla orientación 4º eso
Charla orientación 4º esoCharla orientación 4º eso
Charla orientación 4º eso
 
Orientación 1º bach
Orientación 1º bachOrientación 1º bach
Orientación 1º bach
 
As probas de acceso á universidade blog
As probas de acceso á universidade   blogAs probas de acceso á universidade   blog
As probas de acceso á universidade blog
 
Charlapaisnovidadesesolomce
CharlapaisnovidadesesolomceCharlapaisnovidadesesolomce
Charlapaisnovidadesesolomce
 
Acceso á universidade
Acceso á universidadeAcceso á universidade
Acceso á universidade
 

Similar to Dossier convocatoria abau xuño 2017

OPCIONES AL FINALIZAR 1º PCPI
OPCIONES AL FINALIZAR 1º PCPIOPCIONES AL FINALIZAR 1º PCPI
OPCIONES AL FINALIZAR 1º PCPIorimugardos
 
Sesión preinscripción e matrícula nos ciclos de grao superior
Sesión preinscripción e matrícula nos ciclos de grao superiorSesión preinscripción e matrícula nos ciclos de grao superior
Sesión preinscripción e matrícula nos ciclos de grao superiorMónica Diz Besada
 
Preinscripción e matrícula FP.pdf
Preinscripción e matrícula FP.pdfPreinscripción e matrícula FP.pdf
Preinscripción e matrícula FP.pdfMónica Diz Besada
 
Organización da PAU 2014 en Galicia, preinscripción e matrícula no SUG e na FP
Organización da PAU 2014 en Galicia, preinscripción e matrícula no SUG e na FPOrganización da PAU 2014 en Galicia, preinscripción e matrícula no SUG e na FP
Organización da PAU 2014 en Galicia, preinscripción e matrícula no SUG e na FPMónica Diz Besada
 
En busca da igualdade concurso parlamento xove
En busca da igualdade concurso parlamento xoveEn busca da igualdade concurso parlamento xove
En busca da igualdade concurso parlamento xovesatelite1
 
Cuaderno de información académica para 3º ESO
Cuaderno de información académica para 3º ESOCuaderno de información académica para 3º ESO
Cuaderno de información académica para 3º ESOMónica Diz Besada
 
Sesión orientación fp para bacharelato 2016
Sesión orientación fp para bacharelato 2016Sesión orientación fp para bacharelato 2016
Sesión orientación fp para bacharelato 2016Mónica Diz Besada
 
Presentación 16 17-int 1_int
Presentación 16 17-int 1_intPresentación 16 17-int 1_int
Presentación 16 17-int 1_intPaula Gómez
 
Presentación selectividade 2010
Presentación selectividade 2010Presentación selectividade 2010
Presentación selectividade 2010fgsanz
 
Presentación selectividade 2010
Presentación selectividade 2010Presentación selectividade 2010
Presentación selectividade 2010fgsanz
 
Presentación 17 18-int 1_int
Presentación 17 18-int 1_intPresentación 17 18-int 1_int
Presentación 17 18-int 1_intpaulokagomez
 
Os programas de cualificación profesional inicial
Os programas de cualificación profesional inicialOs programas de cualificación profesional inicial
Os programas de cualificación profesional inicialSilvina Paricio Tato
 
Criterios de promoción e titulación na ESO
Criterios de promoción e titulación na ESOCriterios de promoción e titulación na ESO
Criterios de promoción e titulación na ESOMónica Diz Besada
 
Presentación selectividade 2010
Presentación selectividade 2010Presentación selectividade 2010
Presentación selectividade 2010fgsanz
 
Cuaderno de información académica para 4º ESO
Cuaderno de información académica para 4º ESOCuaderno de información académica para 4º ESO
Cuaderno de información académica para 4º ESOMónica Diz Besada
 
Os programas de cualificación profesional inical
Os programas de cualificación profesional inicalOs programas de cualificación profesional inical
Os programas de cualificación profesional inicalSilvina Paricio Tato
 

Similar to Dossier convocatoria abau xuño 2017 (20)

Presentación ABAU 2023.pdf
Presentación ABAU 2023.pdfPresentación ABAU 2023.pdf
Presentación ABAU 2023.pdf
 
Presentación ABAU 2017
Presentación ABAU 2017Presentación ABAU 2017
Presentación ABAU 2017
 
OPCIONES AL FINALIZAR 1º PCPI
OPCIONES AL FINALIZAR 1º PCPIOPCIONES AL FINALIZAR 1º PCPI
OPCIONES AL FINALIZAR 1º PCPI
 
Opcións pcpi
Opcións pcpiOpcións pcpi
Opcións pcpi
 
Sesión preinscripción e matrícula nos ciclos de grao superior
Sesión preinscripción e matrícula nos ciclos de grao superiorSesión preinscripción e matrícula nos ciclos de grao superior
Sesión preinscripción e matrícula nos ciclos de grao superior
 
Acceso a ciclos formativos 2017
Acceso a ciclos formativos 2017Acceso a ciclos formativos 2017
Acceso a ciclos formativos 2017
 
Preinscripción e matrícula FP.pdf
Preinscripción e matrícula FP.pdfPreinscripción e matrícula FP.pdf
Preinscripción e matrícula FP.pdf
 
Organización da PAU 2014 en Galicia, preinscripción e matrícula no SUG e na FP
Organización da PAU 2014 en Galicia, preinscripción e matrícula no SUG e na FPOrganización da PAU 2014 en Galicia, preinscripción e matrícula no SUG e na FP
Organización da PAU 2014 en Galicia, preinscripción e matrícula no SUG e na FP
 
En busca da igualdade concurso parlamento xove
En busca da igualdade concurso parlamento xoveEn busca da igualdade concurso parlamento xove
En busca da igualdade concurso parlamento xove
 
Cuaderno de información académica para 3º ESO
Cuaderno de información académica para 3º ESOCuaderno de información académica para 3º ESO
Cuaderno de información académica para 3º ESO
 
Sesión orientación fp para bacharelato 2016
Sesión orientación fp para bacharelato 2016Sesión orientación fp para bacharelato 2016
Sesión orientación fp para bacharelato 2016
 
Presentación 16 17-int 1_int
Presentación 16 17-int 1_intPresentación 16 17-int 1_int
Presentación 16 17-int 1_int
 
Presentación selectividade 2010
Presentación selectividade 2010Presentación selectividade 2010
Presentación selectividade 2010
 
Presentación selectividade 2010
Presentación selectividade 2010Presentación selectividade 2010
Presentación selectividade 2010
 
Presentación 17 18-int 1_int
Presentación 17 18-int 1_intPresentación 17 18-int 1_int
Presentación 17 18-int 1_int
 
Os programas de cualificación profesional inicial
Os programas de cualificación profesional inicialOs programas de cualificación profesional inicial
Os programas de cualificación profesional inicial
 
Criterios de promoción e titulación na ESO
Criterios de promoción e titulación na ESOCriterios de promoción e titulación na ESO
Criterios de promoción e titulación na ESO
 
Presentación selectividade 2010
Presentación selectividade 2010Presentación selectividade 2010
Presentación selectividade 2010
 
Cuaderno de información académica para 4º ESO
Cuaderno de información académica para 4º ESOCuaderno de información académica para 4º ESO
Cuaderno de información académica para 4º ESO
 
Os programas de cualificación profesional inical
Os programas de cualificación profesional inicalOs programas de cualificación profesional inical
Os programas de cualificación profesional inical
 

Dossier convocatoria abau xuño 2017

  • 1. I.E.S. DE CURTIS I ALUMNADO DE 2º BACH - XUÑO 2017 IES DE CURTIS 1
  • 2. I.E.S. DE CURTIS INDICE: 1. Procedemento para a matrícula 2. Proba de Avaliación de Bacharelato para o Acceso á Universidade (ABAU) 3. Sistema de cualificación 4. Publicación das cualificacións das ABAU 5. Proceso de admisión e matrícula en centros con límite de prazas 6. Direccións de interese 7. Consellos prácticos 8. Becas e residencias universitarias 9. Proceso de admisión e matrícula en ciclos formativos de grao superior 2
  • 3. I.E.S. DE CURTIS 1. PROCEDEMENTO PARA A MATRÍCULA Martes 23 de maio : As 11:30 recollida de impresos e instruccións na biblioteca do centro Do 23 ao 26 de maio: Entrega de documentación na secretaría Na secretaría Elvira comunicará as datas para vir a comprobar os datos, recoller as tarxetas de selectividade, o código de acceso á aplicación Nerta... https://www.edu.xunta.es/nerta/alumnado 2.PROBA DE AVALIACIÓN DE BACHARELATO PARA O ACCESO Á UNIVERSIDADE (ABAU) Calendario: os exames terán lugar os días 7, 8 e 9 de xuño http://ciug.gal/PDF/calendpabau2017n.pdf Lugar: (Comisión delegada Nº2) No Campus Universitario Norte, Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais de Santiago, Avenida Xoan XXIII, Tlf: 981563100 ext. 11513. Fax. 981563637. http://ciug.gal/PDF/convabau17.pdf (a Comisión Delegada do teu IES figura na páxina 12) Horario: Consulta o documento en http://ciug.gal/PDF/horarioabau2017.pdf 3
  • 4. I.E.S. DE CURTIS Todos os alumnos/as deberán acudir à presentación o primeiro día as 9,00 horas e logo presentarse à realización dos exercicios à hora convocada para o comezo de cada un deles, provistos do DNI ou pasaporte, pluma ou bolígrafo, así como dicionarios de Latín e Grego para a realización dos exames. Non está permitida a asistencia aos exames con teléfonos móbiles, nin outros dispositivos electrónicos, excepto calculadoras non programables. O incumprimento desta norma poderá ser motivo de medida disciplinaria. No momento de presentación, o tribunal asignaralle un posto de exame a cada alumno/a, que deberá ocupar en todas as probas. Ao empezar as probas, o alumnado recibirá un xogo de adhesivos de código de barras que os identifica. Estes adhesivos non deben dobrarse nin modificarse de ningún xeito. Recoméndaselle tamén que non deixen os adhesivos nas aulas nen ao alcance de persoas estranas. Os exames son anónimos e non poden asinarse nin deberán presentar marcas de ningún tipo. Se a un alumno/a se lle sorprende copiando se lle sancionará coa expulsión do mesmo. Ao comezo de cada proba se entrega a cada estudante un caderno de exame formado por dúas follas A-3 (8 páxinas A-4) e unha cabeceira adhesiva. O alumnado pode utilizar para redactar as respostas todas as páxinas agás a primeira. Non se poderán arrincar nin engadir follas. O acceso a aula de exame implica sempre a entrega obrigatoria do caderno de exame debidamente etiquetado, aínda que se deixase en branco. Os exames deberán entregárselle a un membro do tribunal, esperando a que este comprobe que se lle entrega no número e condicións debidas. En ningún caso se deixarán os exames enriba das mesas. ESTRUCTURA DA PAU Parte Obrigatoria: Duración de cada exame máximo unha hora e media. - Lingua castelá e literatura II - Lingua galega e literatura II - Historia de España - Lingua estranxeira II - A materia trocal obrigatoria de modalidade de 2º (Matemáticas II, Latín II, Matemáticas aplicadas ás Ciencias Sociais II ou Historia da Arte II) 4
  • 5. I.E.S. DE CURTIS Parte Voluntaria: O/a estudante que queira mellorar a súa cualificación de admisión poderá exami- narse dun máximo de catro materias, a elixir entre as materias de opción do bloque das troncais de segundo curso de bacharelato de calquera modalidade, e as materias xerais troncais específicas de modalidade distintas daquela da que se examinen na parte obrigatoria da proba. Duración de cada exame: máximo unha hora e media http://ciug.gal/PDF/estruabau17.pdf 3. SISTEMA DE CUALIFICACIÓN Parte Obrigatoria: - Cada exercicio cualificarase entre 0 e 10 puntos con dúas cifras decimais - A cualificación da parte obrigatoria da proba será a media aritmética da cualificación de tódolos exercicios. - Para ser declarado/a apto/a deberase obter, alomenos, 4 puntos. - Considerarase superada a proba de acceso á universidade cando o/a estudante obtivese unha nota igual ou superior a 5 puntos como resultado da media ponderada do 60 por cen da nota media do bacharelato e o 40 por cen da cualificación da parte obrigatoria. 5
  • 6. I.E.S. DE CURTIS - A cualificación da Parte Obrigatoria terá validez indefinida, sempre que se teña superada a proba de avaliación de Bacharelato para o acceso á Universidade. Parte Voluntaria: A Parte Voluntaria é completamente optativa e permíteche sumar ata 4 puntos a túa nota de admisión, no caso de que as devanditas materias estean adscritas á rama de coñecemento do título ao que se queira ser admitido. • Cada unha das materias na Parte Voluntaria será cualificada de 0 a 10 puntos con dúas cifras decimais. Considerarase superada a materia cando se obteña unha cualificación igual ou superior a 5 puntos. • Tomarase en consideración as dúas cualificacións que proporcionen mellor nota de acceso. • Aos efectos do acceso á universidade, a cualificación das materias da Parte Voluntaria terá validez durante os dous cursos académicos seguintes a súa superación. Así, por exemplo, para alguén que superase a/as materia/s obxecto de exame na Parte Voluntaria da proba na convocatoria ordinaria ou extraordinaria do ano 2017, a validez destas será para o acceso á universidade no curso 2017-2018 e 2018-2019. • Non é necesario ter cursado unha materia para examinarse dela. É conveniente que te presentes á Parte Voluntaria para subir nota, casi todos os títulos de Grao do SUG teñen límite de prazas. Consulta os parámetros de ponderación das distintas materias publicados na CIUG e a túa disposición no departamento de orientación ou no enderezo: http://ciug.gal/PDF/pon2017.pdf A cantas materias me podo presentar na Parte Voluntaria? Ti decides de cantas te examinas. En Galicia pódeste presentar ata 4 materias distintas das que te examinaste na Parte Obrigatoria. En que consisten os exercicios da Parte Voluntaria? As notas que acadas en cada materia desta fase multiplícanse por 0´2 se a universidade designou a materia como prioritaria para a titulación á que queres acceder ou 0´1 se non. No mellor caso, se te examinas de dúas materias cualificadas como prioritarias para a titulación que queres estudiar, e acadas un 10 en ambas, sumarás 4 puntos adicionais directamente á túa nota de admisión. Calcúlase así: (10 x 0´2) + (10 x 0´2) = 4 Poñamos outro exemplo: • Nota media de Bacharelato: 7´80 • Nota da Parte Obrigatoria: 7´200 6
  • 7. I.E.S. DE CURTIS • Nota de acceso: (0´60 x 7´80) + (0´40 x 7´200) = 7´560 Parte Voluntaria: • Materia 1 (clasificada como prioritaria): 9´20 • Materia 2 (clasificada como non prioritaria): 8´40 • Cálculo puntuación fase específica: (9´20 x 0´2) + (8´4 x 0´1) = 2´68 Nota de admisión: 7´560 + 2´68 = 10´240 Por que é tan importante a nota de admisión? Cando un título de grao ten límite de prazas, é dicir, ten menos prazas dispoñibles que número de estudantes queren estudiar esa titulación en dita universidade, o único criterio que as universidades públicas teñen para conceder ou denegar unha praza é a nota de admisión dos estudiantes. O proceso é o seguinte: todas as solicitudes que a universidade recibe de estudiantes que queren estudiar un determinado título de Grao as ordena de máis a menos nota e vai asignando as prazas a aqueles estudiantes que teñen mellor nota de admisión. O último estudiante que consigue entrar nun determinado Grao da universidade é o que marca a nota de corte para ese ano, e sirve de estimación para o ano seguinte. Por iso, as notas de corte cambian dun ano a outro, xa que dependen do número de prazas que se oferten no título e do número e da nota media dos alumnos que soliciten entrar nese Grao. Será sempre unha nota diferente para cada ano e para unha mesma titulación. Son só unha orientación para o ano seguinte, porque podemos ver cal foi oalumno/a que entrou coa peor nota. Aquí podes consultar as notas de corte e a oferta de prazas do curso 16-17 : http://ciug.gal/PDF/cortes16-17.pdf 4. PUBLICACIÓN DAS CUALIFICACIÓNS DA ABAU VENRES 16 XUÑO: Publicación na CIUG, nos LERD e na internet das cualificacións provisionais da ABAU (a partir das 20,00 horas) DO 17-20 XUÑO: Prazo de solicitudes de 2ª corrección e/ou de solicitudes de reclamación ás cualificacións das ABAU. Hai dous procedementos:  Reclamación (compróbase que o exame se axusta aos criterios de avaliación, a cualificación definitiva será a que resulta desta revisión, sempre que sexa superior agás nos casos de erros de suma) Remata o proceso.  Segunda corrección (corríxese outra vez o exame e fan media as dúas correccións) Os alumnos que elixan esta vía poderán presentar despois reclamación. No caso de que existise una diferenza de dous ou máis puntos efectuarase una terceira corrección, a cualificación final será a media das tres cualificacións. 7
  • 8. I.E.S. DE CURTIS  Reclamación á segunda corrección (do 23 ao 27 de xuño) http://ciug.gal/PDF/reclamacion17.pdf A partir do 20 de xuño: os LERD enviarán por correo aos centros educativos as tarxetas de cualificación das ABAU. O día 22 de xuño faranse públicas as cualificacións despois da resolución das solicitudes de 2ª corrección e reclamación (a partir das 13:00h) DO 23-27: Prazo de solicitude de reclamación à 2ª corrección. O día 29 de xuño faranse públicas as cualificacións definitivas despois das reclamacións ao resultado da 2ª corrección (a partir das 15:00h). 5. PROCESO DE ADMISIÓN E MATRÍCULA EN CENTROS CON LÍMITE DE PRAZAS Para o acceso as titulacións do SUG é necesario cubrir unha solicitude de admisión (preinscrición) dentro dos prazos establecidos: a través da aplicación NERTA ou entregandoa debidamente cuberta nos LERD. https://www.edu.xunta.es/nerta/Paxinalnicio.do  Do 19 XUÑO ao 30 de XUÑO: Cada alumno/a, presente ou non revisión de cualificacións, poderá presentar un único impreso de solicitude, no que indicará por orde de preferencia as titulacións nas que desexa matricularse.  Na solicitude de admisión poderanse solicitar ata cinco ensinanzas universitarias diferentes, podendo chegar ata un máximo de dez peticións se as solicitudes se corresponden con ensinanzas universitarias iguais impartidas en diferentes centros.  É fundamental a orde de preferencia, posto que o/a alumno/a será admitido nunha única titulación, que será aquela de maior preferencia na que acade a nota do último alumno/a admitido. Unha vez admitido nunha titulación, o resto das titulacións solicitadas de menor 8
  • 9. I.E.S. DE CURTIS preferencia eliminaranse automaticamente da lista de agarda.  11 DE XULLO: PREASIGNACIÓN DE PRAZAS PARA O 1º PRAZO DE MATRÍCULA  12-14 XULLO: 1º PRAZO DE MATRÍCULA (ata as 14,00 h do día 14)  18 DE XULLO: PREASIGNACIÓN DE PRAZAS PARA O 2º PRAZO DE MATRÍCULA  19-21 XULLO: 2º PRAZO DE MATRÍCULA (ata as 14,00 h do día 21)  26 XULLO: PREASIGNACIÓN DE PRAZAS PARA O 3º PRAZO DE MATRÍCULA  27-31 XULLO: 3ª PRAZO DE MATRÍCULA ( ata as 14.00 h. do día 31)  1 SETEMBRO: PREASIGNACIÓN DE PRAZAS PARA O 4º PRAZO DE MATRÍCULA  4-6 SETEMBRO: 4º PRAZO DE MATRÍCULA (ata as 14.00 h do día 6)  8 SETEMBRO: PREASIGNACIÓN DE PRAZAS PARA O 5º PRAZO DE MATRÍCULA.  11-12-13 SETEMBRO: 5º PRAZO DE MATRÍCULA ( ata as 14.00 h. do día 13)  18 SETEMBRO: PREASIGNACIÓN DE PRAZAS PARA O 6º PRAZO DE MATRÍCULA  20-22 SETEMBRO: 6º PRAZO DE MATRÍCULA ( ata as 14.00 h do día 22)  6 OUTUBRO: PREASIGNACIÓN DE PRAZAS PARA O 7º PRAZO DE MATRÍCULA  9-11 OUTUBRO: 7º PRAZO DE MATRÍCULA ( ata as 14.00 h. do día 11) Primeiro prazo para o alumnado de setembro.  17 OUTUBRO: PREASIGNACIÓN DE PRAZAS PARA O 8º PRAZO DE MATRÍCULA  18-20 OUTUBRO: 8º PRAZO DE MATRÍCULA (ata as 14:00 h do día 20) CONSULTADE AS DATAS DE PUBLICACIÓN DE LISTAXES E PRAZOS DE MATRÍCULA NA PAX. WEB DA CIUG. http://ciug.gal/calendarioacceso.php 6. DIRECCIÓNS DE INTERÉS O alumnado que así o desexe pode optar a unha praza en calquera Universidade Española. É urxente que vos poñades en contacto coas distintas Universidades para saber cal é o seu prazo de pre-inscrición. http://ciug.gal/universidades.php (Listaxe universidades de España e direccións) http://ciug.gal/PDF/serviciosinformacion.pdf (Servicios de información de preinscrición universitaria) http://ciug.gal/index.html CIUG, Comisión Interuniversitaria de Galicia, Teléfono: 881813452  http://ciug.gal/lerds.php Lugares de Entrega e Recollida de documentación, LERD. O correspondente ao IES de Curtis é o LERD 3, Campus de Santiago de Compostela, Pavillón Estudantil, 2º andar-Campus Vida, 15782 Santiago de Compostela. Teléfono: 881812000 9
  • 10. I.E.S. DE CURTIS  www.udc.es Universidade da Coruña  https://matricula.udc.es/matriculaprimero/  www.usc.es Universidade de Santiago  https://matricula.usc.es/matriculaPrimero/  www.uvigo.esUniversidade de Vigo  https://matricula.uvigo.es/matriculaprimero/  www.uned.es UNED  http://www.educacion.es/portada.html Ministerio de Educación e Ciencia 7. CONSELLOS PRÁCTICOS Antes dos exames ten en conta que...  Non debes quedarte a estudiar pola noite o día anterior. Descansa o mellor que poidas e non intentes repasar todo no último momento: o único que vas conseguir é crear a sensación de que non sabes nada.  Asegúrate previamente do día, lugar e hora dos exames . Ten prevista a forma de desprazamento e sae con tempo suficiente.  Asegúrate de levar todo o material preciso: bolígrafos, material de debuxo... Lembrade que as calculadoras programables e os diccionarios con gramática están prohibidos.  Durante eses días aliméntate con normalidade, sen tomar calmantes….  Procura chegar á convicción psicolóxica de que vas aprobar. Durante os exames ten en conta que...  Tódolos exames aparecen en galego e castelán, menos os exercicios específicos desas materias. Podes facer o exame en calquera destas linguas, menos nos exames de Linguas e Literaturas, que serán obrigatoriamente no idioma de que se traten.  Tódolos exames ofrecen dobre opción. Debes empregar tempo en averiguar cal é a opción que mais che convén (tendo en conta tamén a puntuación de cada pregunta). Unha lectura precipitada pode levarte a escoller unha opción por só unha pregunta que sabes ben. É mellor saber máis ou menos ben tódalas preguntas Fai unha valoración puntuando o que sabes de cada pregunta nunha escala de 1 a 10 e suma o resultado de cada opción. Se te atrancas nunha cuestión, pasa a outra; xa volverás a ela despois. 10
  • 11. I.E.S. DE CURTIS  Debes usar boa letra, de fácil lectura, con palabras e liñas espaciadas. A mala letra esixe un maior esforzo por parte do corrector e se algunha parte fose ilexíble podería quedar anulada.  Debes deixar marxes superiores e laterais amplas e regulares.  Numera claramente as respostas e deixa espacio entre unha e outra.  Céntrate o máximo posible no que se che pregunta.  As tachaduras deberán ser mínimas, suficientemente visibles pero nunca recargadas.  Se esqueces algún aspecto e queres engadilo, debes utilizar un asterisco ou un número pequeno onde corresponda a aclaración e situar esta, co seu número correspondente ou asterisco, ao final da pregunta (se tes espacio suficiente) ou do exame.  REPASA O EXAME ANTES DE ENTREGALO.  NON PODES ASINAR NIN POÑER NO EXERCICIO NINGÚN SINAL DE IDENTIFICA- CIÓN. UN EXERCICIO ASINADO SERÍA CALIFICADO CUN CERO. Despois dos exames Xamais debes adicarte a comentar cos demais o que puxeches no exame, pois o normal é que aparezan contradicións e te desanimes ao pensar que o fixeches mal (ou agobiar ós demais coa mesma preocupación) Isto vai repercutir negativamente no exame seguinte. 8. BECAS E RESIDENCIAS UNIVERSITARIAS - Consultade no enderezo do MEC e nas distintas Universidades, no Departamento de orientación axudarémoste no que precises. A data para a solicitude da última convocatoria xeral de becas comezou o 16 de agosto e rematou o 17 de outubro: http://www.mecd.gob.es/servicios-al-ciudadano-mecd/becas-ayudas.html - Hai outros tipos de becas. Teredes que estar atentos ás distintas convocatórias: consultade a Guia Ti Elixes no blog “orientatron”. - Todas as universidades contan nas súas páxinas web cunha listaxe de bolsas e axudas, consúltao. - A convocatoria de prazas nas residencias próprias das Universidades. A admisión realízase segundo un baremo que ten en conta criterios económicos e académicos. http://www.udc.es/sape/aloxamento/ Para consultar sobre o aloxamento na Universidade de Coruña 11
  • 12. I.E.S. DE CURTIS http://www.usc.es/gl/servizos/sur/index.html Para consultar residencias na Universidade de Santiago http://estudantes.uvigo.es/estudantes_gl/siope/servizos/index.html Para consultar aloxamento na Universidade de Vigo 6. PROCEDEMENTO NO CURSO 16-17 PARA A ADMISIÓN E MATRÍCULA AOS CICLOS DE GRAO SUPERIOR O prazo de presentación de solicitudes foi o seguinte:  Período ordinário: do 27 de xuño ao 5 de xullo ás 13:00h.  Período extraordinário: do 1 ao 9 de setembro ás 13:00h As solicitudes presentadas no período ordinário terán prioridade sobre as presentadas no período extraordinário. Deberase presentar unha única solicitude, por duplicado, para cada grao, réxime e modalidade que se desexe cursar. A solicitude farase empregando o asistente da aplicación informática que se atopa no enderezo web http://www.edu.xunta.es/fp. A instancia que xera a aplicación informática deberase imprimir, asinar e presentar, acompañada da documentación que se requira, en calquera centro educativo de Galicia con oferta de formación profesional sostida con fondos públicos. A solicitude enténdese como non válida sen o requisito de presentación nun centro, agás que na propia solicitude xerada pola aplicación informática se indique que é unha solicitude validada e que non precisa ser presentada nun centro educativo; neste caso a copia impresa conservarase como resgardo. Manifestaráse os ciclos que solicita nese documento, por orde de preferencia, indicando o centro onde desexa cursar. Pódese consignar oito preferencias de ciclos como máximo. Os ciclos solicitados e o centro onde se imparten deberán ser identificados mediante o código do ciclo e o código do centro onde se ofrece. Poderedes consultar os códigos na páxina web.http://www.edu.xunta.es/fp/webfm_send/5955 Poñede moita atención na consignación dos códigos, posto que aqueles que non correspondan aos sinalados no documento non se terán en conta e perderedes esa opción na vosa solicitude. Non esquezades asinar a solicitude e indicar a data, senon o documento carecerá de validez e se vos pode excluir do procedemento. No caso de menores de idade, as solicitudes deberán ser asinadas polo titor/a legal. Calendario do proceso de admisión curso 16-17 12
  • 13. I.E.S. DE CURTIS Os solicitantes de 1º poderán renunciar á praza adxudicada e permanecer no proceso, á espera de que lles sexa adxudicada alguna das opcións manifestadas nas opcións de maior prioridade á adxudicada. A renuncia afectará á praza que fora adxudicada e a todas as preferencias sinala- das en lugares posteriores a ese. Entón, logo de adxudicárselle unha praza, a persoa solicitante ten dúas posibilidades: • Matricularse: deberase facer no centro adxudicado e nos prazos establecidos. Estar ma- triculado en calquera ensinanza, implica a renuncia a seguir participando no proceso de admisión a ciclos formativos. • Renunciar á praza: deberase facer nos prazos estabelecidos, en calquera centro público. A renuncia afectará á praza que lle foi adxudicada e a todas as preferencias sinaladas en lugares posteriores a esa. Seguirase no proceso de adxudicación para as preferencias anteriores. As persoas solicitantes de primeiro curso do réxime ordinario poderán renunciar a unha praza adxudicada e permanecer no proceso de admisión, á espera de que lles sexa adxudicada al- gunha das opcións de maior prioridade que a adxudicada. A renuncia afectará a praza que fose adxudicada e a todas as preferencias sinaladas en lugares posteriores. A renuncia deberase rea- lizar co impreso correspondente que estará dispoñible en http://www.edu.xunta.es/fp. Este docu- mento, cuberto coa renuncia e asinado deberá entregarse no prazo de matrícula establecido para a correspondente adxudicación en calquera centro de Galicia con oferta de formación pro- fesional sostida con fondos públicos ou no centro no que lle fose adxudicada a praza á que vai renunciar. No caso de solicitudes presentadas telematicamente tamén se poderá realizar a re- nuncia a través de internet na aplicación informática que se atopa no enderezo web http://www.edu.xunta.es/fp. O feito de renunciar á adxudicación dunha praza do réxime ordinario é condición indispensable para permanecer na listaxe de espera nas opcións de maior preferen- cia. As persoas solicitantes admitidas no réxime ordinario que non se matriculen e non presenten 13
  • 14. I.E.S. DE CURTIS renuncia no prazo indicado perderán o dereito á súa praza e só poderán matricularse no caso de existir prazas vacantes Distribución das prazas para cada ciclo Dentro de cada grupo establécese a relación ordenada de requisitos de acceso de maior a menor prioridade. Dentro de cada apartado, as solicitudes ordenaranse de maior a menor nota de acceso Grupo A. 1. Alumnado con título de bacharelato da modalidade preferente, e coas materias vinculadas, que se determina no currículo do ciclo. A nota media, de maior a menor, das materias vinculadas empregarase nos casos de empate da nota media do bacharelato. 2. Alumnado con título de bacharelato da modalidade preferente, pero sen algunha das materias vinculadas, que se determina no currículo do ciclo. 3. Alumnado con título de bacharelato sen modalidade preferente das determinadas no currículo do ciclo. Grupo B. 1. Alumnado con título de técnico de formación profesional da mesma familia profesional que o ciclo formativo de grao superior que se solicita. 2. Alumnado con título de técnico de formación profesional de diferente familia profesional que o ciclo formativo de grao superior que se solicita. Grupo C. 1. Alumnado con proba de acceso a ciclos formativos de grao superior de formación profesional. 2. Alumnado con proba de acceso a universidade para maiores de 25 anos. 3. Alumnado con título de técnico superior ou de técnico especialista. Este documento contén información extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contra- dición resolverase atendendo a normativa vixente. 14